CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
PLAN ANUAL DE LECTURA CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO CARBALLEDO (CERDEDO-COTOBADE)
CURSO 2018-19
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
PLAN ANUAL DE LECTURA Durante este curso, o equipo de dinamización da biblioteca levará a cabo unha serie de actividades comúns para o fomento e o gusto pola lectura. Ademais destas actividades, haberá outras que se efectuarán dentro das aulas tanto na hora de ler (20 minutos á volta do recreo) como no resto do quefacer diario en todas e cada unha das nosas aulas. Cómpre sinalar que entendemos a biblioteca como a ferramenta escolar para que o proxecto educativo teña éxito. O equipo de dinamización da biblioteca estará composto por: Sandra Álvarez Alonso. Pilar Gesteira Sieiro. Mª Elena Quiñoy García. F. Javier Guimarey Mariño. Alejandro Simón Campañó. Mª Paz Rodriguez Barros. Lucía García Alonso. Beatriz Araujo Vázquez. Estefanía Fontenla Fraguas. Sandra Pinto Menéndez. Para o desenvolvemento do Plan Anual de Lectura, o equipo de dinamización realizará co alumnado ao longo deste curso unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e para continuar a convertir a nosa biblioteca no eixo do noso centro escolar. É importante sinalar que cada grupo ten asignada unha hora semanal para o uso da biblioteca, tal é como se pode ver no horario que se xunta, e no que procuramos, na
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
medida do posible, que estea un membro do equipo de dinamización. Ademais, durante os vinte minutos da hora de ler, o espazo da biblioteca está asignado a un grupo para levar a cabo diferentes dinámicas e experiencias.
Temos unhas actividades programadas, aínda que ao longo do curso irán aparecendo novas ideas a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou se plantexen posibles actividades ao centro dende diferentes institucións ou asociación culturais. Dentro das actividades programadas podemos sinalar as seguintes: Elaboración e participación no proxecto documental integral (PDI) potenciando así á animación á lectura. A temática elexida para este curso e decidida no Claustro versará ao redor da CIENCIA. A intención ao escoller este tema é dar a coñecer o papel da ciencia na nosa sociedade a relevancia dos inverntos e dos descubrimentos científicos,o papel das mulleres dentro deste ámbito polo medio da indagación e da investigación querémoslle achegar a ciencia ao noso
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
alumnado e que coñezamos entre todos o amplo abano de posibilidades que nos ofrece este recurso. Participación no concurso para a ambientación das aulas en torno ao P.D.I. Todo o alumnado participará na dinámica das “CAIXAS LECTORAS”, consistindo a mesma en que dende a biblioteca se fai unha escolma de lecturas axeitadas á idade do alumnado ao que vai dirixido e posteriormente se leva ás aulas. Unha vez traballados estes libros volvense a levar á biblioteca para facer a devolución e renovación dos libros da mesma. O equipo de dinamización facilitará aos coordinadores de cada nivel unha escolma de lecturas sobre o Samaín, o Magosto, o Nadal, o Entroido, de Antón Fraguas, o autor, veciño do noso Concello e ao que se lle adican este curso as letras galegas,…, así coma unha proposta de actividades para realizar na hora de ler, que se efectuarán en cada curso e despois levaranse a cabo diferentes postas en común dos traballos. Levar a cabo o concurso de banda deseñada do Samaín. Levar a cabo un concurso de poesía a través do noso blogue. Continuar coas Mochilas Viaxeiras, destinadas ao alumnado de primaria e os Libros que van e veñen para o alumnado de infantil. Participar na Xornada de Bibliotecas Escolares e na celebración do Día da Palabra en coordinación co E.D.L.G. e coa Biblioteca Pública Municipal de Carballedo. Continuamos a formar parte do proxecto Escornabot na biblioteca escolar, que agora muda de nome e pasa a chamarse Biblioteca Creativa, continuamos a formar parte de Radio na Biblio, e continuaremos a ampliar o noso espazo maker da escola que chamamos cast@maker e co que pretendemos continuar a formar ao noso alumnado o mundo na cultura maker e no que se traballa a robótica a a impresión 3D .
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
O alumnado de 5º e 6º participa no programa da Voz de Galicia “Prensa Escuela” que consiste en traballar o xornal na aula. Todos os mércores o alumnado leva un exemplar para a súa casa. Colaborar na celebración do Día da Paz e da Non Violencia Escolar. Participar na exposición de traballos vencellados co P.D.I. Participar nas sesións de lecturas interaulas e nos “Apadriñamentos lectores”. Introducir a lectura de prensa nas aulas, tanto en papel coma en formato dixital, a través do noso blogue. Empregar os lectores de libros electrónicos nas aulas dende 3º a 6º así coma o empréstito dos mesmos dende o equipo de biblioteca. Ser partícipe e colaborar de forma activa na visita dun de diferentes expertos vencelladas co P.D.I. Contribuir as actividades de dinamización en torno ao Día do Libro, cos nosos “apadriñamentos lectores” e á Semana das Letras Galegas en coordinación co E.D.L.G. Elaboración da V Semana do Kamishibai. Participación e colaboración na elaboración da revista escolar. Cómpre sinalar que entre todo o Claustro, ao remate de cada curso elaboramos unhas propostas de mellora coa intención de acadar mellores resultados en todos os ámbitos académicos do centro. Pensamos que a comprensión lectora é fundamental para poder acadar os obxectivos e contidos propios de cada nivel de educación primaria. A continuación aparecen as propostas detalladas por niveis e materias. En xeral, as actividades temporalizaranse para que o alumnado saiba o tempo do que dispón para a súa realización e así poidan administralo axeitadamente. Terán que deixar de facelas cando o tempo remate. Cómpre sinalar que durante o curso pasado ao abeiro do P.D.I. elaboramos cada mes unha exposición oral na cal todo o alumnado do centro tivo que enfrontarse a expor e
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
falar en público en galego e debido ao éxito da experiencia decidimos continuar durante este curso elaborando unha exposición cada mes e medio, para fomentar a oralidade. 1º E 2º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá 1) Incidir especialmente na lectura comprensiva, tanto de forma oral como escrita, acompañada de preguntas e imaxes. 2) Fomentar a comprensión de enunciados, coa finalidade de que adquiran una maior autonomía na compresión das tarefas. 3) Na hora de ler o traballo individual e en grupo dos contos estará apoiado e argumentacións orais e escritas.
Ciencias naturais e sociais 1) Traballar máis a comprensión oral, apoiándose de recursos interactivos e traballos individuais e colectivos. 2) Realizar máis asociacións de imaxes e palabras.
Matemáticas 1) Empregar máis situacións reais da vida cotiá para a asimilación de conceptos e a resolución de problemas.
3º e 4º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá 1) Na hora de ler traballar con insistencia a comprensión lectora con diferentes tipos de textos: narracións, poesías, teatrais, cartas, libros dixitais.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
2) Facer máis escoitas orais nas dúas linguas, traballando a comprensión sobre as mesmas.
Ciencias naturais e sociais 1) Potenciar os traballos de investigación, onde o alumnado teña que ser crítico e comprender e seleccionar a información atopada para realizar o traballo final.
Matemáticas 1) Facer fincapé na comprensión lectora á hora da resolución de problemas e do tratamento da información (diagramas de barras, gráficos,…), partindo de situacións cercanas ao alumnado.
5ºe 6º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá Prestar máis atención e tempo a: 1) Comprender o sentido global dos textos orais e recoñecer as ideas principais. 2) Resumir un texto escrito sinxelo, distinguindo as partes do texto e as súas ideas principais. 3) Expresarse de forma oral, con vocabulario, ritmo e entoación axeitados. 4) Producir textos cunha estrutura narrativa coherente, aplicando correctamente as normas básicas de ortografía (normas ortográficas, acentuación, signos de puntuación,…).
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
5) Facer comprensións orais de diferentes tipos de textos, e posteriormente traballar os textos para comprobar se son quen de comprender textos orais sen ter a posibilidade de lelos. 6) Elaborar xogos de vocabulario, de construcción de verbas, listaxes de sinónimos e antónimos, elaborar fichas de verbas descoñecidas ou con dificultade ortográfica…
Ciencias naturais e sociais 1) Facer fincapé na interpretación de gráficos, táboas e diagramas, realizando máis fichas con actividades deste tipo. 2) Resumir os textos de cada unidade, indicando as partes principais. 3) Expresar as ideas oralmente, co vocabulario, ritmo e entoación axeitados. 4) Mellorar a expresión oral memorizando textos curtos e definicións. 5) Realizar máis actividades que melloren o procesamento cognitivo: percepción, memoria a curto e longo prazo, vocabulario,… 6) Realizar máis actividades que estimulen o proceso de razoamento: ordenar secuencias, completar series, relacionar obxectos, deducir situacións,… 7) Fomentar o traballo de textos de comprensión lectora: recompoñer textos, poñer titulares a noticias, buscar información en dicionarios, xornais e revistas; identificar e correxir incoherencias en frases,…
Matemáticas 1) Realizar máis xogos matemáticos (de inxenio, lóxica, sentido común ou intuición) ou actividades relacionadas coa vida cotiá. 2) Fomentar un maior cálculo mental, propoñendo exercicios verbais nos que o alumnado os deberá resolver o máis rápido posible.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
3) Adicar algunha hora de á lectura de artigos periodísticos nos que haxa que interpretar táboas ou gráficos. É importante sinalar que para favorecer a educación para a competencia dixital seguiremos a empregar como canle de comunicación co exterior o blogue da biblioteca (bibliocarballedo.blogspot.com.es) no cal implicaremos ao noso alumnado e ás súas familias na participación e seguemento das actividades levadas a cabo polo equipo de dinamización citado con anterioridade. E continuaremos a emitir un programa de radio semanal no cal participará todo o alumnado do centro e que posteriormente difundiremos os Podcast elaborados no noso blogue. Ademais destas actividades comúns de centro tamén cómpre sinalar algunhas actividades previstas e programadas para cada un dos niveis educativos presentes no noso centro.
PLAN ANUAL DE LECTURA DE EDUCACIÓN INFANTIL O ciclo de educación infantil está dividido en dúas aulas. Por unha banda, o alumnado de 3 anos que son cinco alumnos/as de tres anos que comparten aula co alumnado de 5 anoss composto por outros cinco alumnos e alumnas e por outra banda o alumnado de 4 anos composto por dez alumnos e alumnas,. Consideramos de relevante importancia espertar o interese pola lectura nesta etapa. Para o desenvolvemento anual do plan anual de lectura, as titoras de ambos niveis, tratan de realizar tanto actividades de tipo conxunto para todo o ciclo como a nivel de aula coa finalidade de favorecer e fomentar o gusto e o interese tanto pola lectura. coma pola escrita Algunhas destas actividades están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar e do interese do alumnado. Lectura diaria de contos (na hora de ler).
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Dramatización de contos lidos. Actividades diversas sobre os contos lidos. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma. Lectura e secuenciación de imaxes. Xogos con marionetas (contos coñecidos ou historias inventadas).
Interpretación e comprensión de cantigas e de poesías
Memorización de adiviñas, trabalinguas e refráns. Realización de actividades de investigación sobre o tema do P.D.I. “ A ciencia”. Participación, colaboración das familias no programa da Asesoría “ Libros que van e veñen”. Utilización de diferentes tipos de textos: contos, xornais, revistas, catálogos Elaboración de pequenos contos ou historias por parte do alumnado. Participación en actividades en colaboración co Concello de Cerdedo-Cotobade. Construción de palabras con diferentes tipos de letras: imantadas, de madeira, recortadas de xornais ou de revistas… Xogos con palabras. Utilización do ordenador e a pantalla dixital para a pescuda de información , a lectura de imaxes e a realización de xogos. Visitas semanais á biblioteca para contar contos e entrar en contacto cos libros. Participación na iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e O.U. “Libros que van e veñen” que consiste en levar un libro da biblioteca ata as súas casas nunhas mochilas, para experimentar o pracer da lectura coa súa familia, fortalecendo así os lazos e vínculos familiares a través da lectura.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Aumento do vocabulario a través de experiencias. Facer rimas sinxelas. Participar na “V semana do Kamishibai”. Participación do lectómetro da aula, no cal irán coloreando diferentes libros ata completar un andel e posteriormente obteran un premio lector. A prol da escrita: Implicación no P.D.I.coa elaboración de rótulos ou carteis. Elaboración dun calendario individual utilizando o vocabulario específico. Participación na revista do colexio. Uso do ordenador para escribir pequenos textos. Maior utilización para escribir pequenas palabras e posteriormente pequenos textos. Traballar o vocabulario específico do tema escollido para o P.D.I. deste ano “A CIENCIA” Elaboración de historias e pequenos contos. Secuenciación de frases. Traballar con diferentes tipos de letras, dos xornais, de revistas, imantadas, móviles…
PLAN ANUAL DE LECTURA DO PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento do plan anual de lectura, cómpre sinalar que as aulas de 1º e 2º son aulas agrupadas por tanto comparten espazo e titoría. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza da auxiliar de conversa para fomentar a lectura en inglés. Algunhas destas
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
actividades están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar: Sesión diaria adicada á lectura, chamada Hora de ler, na cal o alumnado lerá diferentes tipos de textos, e levaranse a cabo tamén dinámicas grupais. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc. Lecturas competenciais. Visualización de contos interactivos e videocontos. Lecturas variadas en galego, castelán e inglés relacionadas coa temática do P.D.I. Escoita de novas dos medios de comunicación, por exemplo as novas da TVG. Dramatización de contos e pequenas obras de teatro. Creación de contos sinxelos por parte do alumnado. Realización de xogos cooperativos relacionados cos contos. Lectura de fábulas e reflexión en común do que nos ensinan. Realización de pequenas fichas relacionadas co conto/fábula. Busca de contos ou historias populares da comarca. Creación de xeito cooperativo de cancións relacionadas coa lectura. Lectura de relatos de terror no Samaín. Recopilación de tradicións populares coma “O apalpador”. Participación na “V Semana do Kamishibai”. Elaboración de cartas e carteis cos titulares dos xornais.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Participación do lectómetro da aula, no cal irán coloreando diferentes libros ata completar un andel e posteriormente obteran un premio lector. Participación da iniciativa da Asesoría “ Mochilas Viaxeiras”.
A prol da escrita: Realización de exercicios e actividades de comprensión escrita. Escribir o título e as ideas principais do libro. Realización de dictados de palabras relacionados coas lecturas. Elaboración dun libro sobre diferentes valores traballados nas lecturas. Participación na confección de cartaces informativos. Participación da inicativa da Asesoría “Mochilas Viaxeiras”. PLAN ANUAL DE LECTURA DO SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento do plan anual de lectura, a titora do segundo curso, realizará ao longo deste curso, actividades conxuntas co alumnado de primeiro de primaria, posto que están agrupados na mesma aula. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza da auxiliar de conversa para fomentar a lectura en inglés. Algunhas destas actividades están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar: Lecturas competenciais. Contos interactivos e videocontos para favorecer a comprensión oral. Lecturas variadas en galego, castelán e inglés. Lectura do xornal na aula seleccionando diferentes noticias. Escoita de novas en galego.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Lectura de contos dramatizados. Lectura e representación de obras teatrais sinxelas. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc. Selección de novas do xornal adecuadas a súa idade, lectura e comprensión de información das mesmas. Traballo con material impreso de lecturas comprensivas. Creación de contos individuais e grupais e posterior lectura e traballo do mesmos. Participación na “V semana do Kamishibai”. Visionado de diferentes videocontos pola rede e posterior comentario e rolda de preguntas. Role-playing de historias lidas con anterioridade. Traballo de elaboración de cartas e cartaces cos titulares dos xornais. Participación do lectómetro da aula, no cal irán coloreando diferentes libros ata completar un andel e posteriormente obteran un premio lector. Participación da inciativa da Asesoría “ Mochilas Viaxeiras”.
A prol da escrita: Participación na confección de cartaces informativos. Elaboración de cartaces sobre a ciencia. Elaboracións de murais sobre os diferentes libros. Inventar historias orixinais.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Realización de escritura colaborativa en grupos ou parellas. Elaboración de xogos con palabras: Acrósticos,palabras encadeadas, disparates, o xogo do aforcado,crucigramas, sopas de letras… Elaboración de pequenos poemas e traballos coa rima. Participación da iniciativa da Asesoría “Mochilas Viaxeiras”.
PLAN ANUAL DE LECTURA DO TERCEIRO NIVEL DE PRIMARIA A titora, realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e a escrita. Este nivel está agrupado co alumnado pertencente ao nivel de 4º, polo que as actividades propostas realizaranse practicamente de xeito compartido entre ambos niveis. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza do auxiliar de conversa para fomentar a lectura en inglés. Outras actividades irán xurdindo ao longo do curso a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar.
ACTIVIDADES DE FOMENTO DA LECTURA
Lecturas comprensivas, elaboración de fichas e resumos.
Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc.
Lecturas dixitais e emprego dos lectores de libros electrónicos na aula.
Lecturas ao aire libre, aproveitando os distintos espazos naturais da escola.
Representación das obras teatrais.
Pequenas dramatizacións grupais.
Participación na “V semana do Kamishibai”.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Fomentar a memorización a través da aprendizaxe de poemas curtos, trabalinguas, cantigas,… Lecturas en voz alta para todo o alumnado, facendo fincapé na entoación, pausas e articulación axeitada. Fomento de actividades de contacontos interaulas, das familias… ao resto da comunidade educativa. Clube de lectura, unha vez ao mes xuntaranse alumnos para tratar un libro concreto.
Participación do lectómetro da aula, no cal irán coloreando diferentes libros ata completar un andel e posteriormente obteran un premio lector.
Participación da inciativa da Asesoría “Mochilas Viaxeiras” A prol da escrita:
Realizar pequenos relatos curtos de maneira individual e grupal.
Traballar a escritura creativa.
Inventar finais alternativos para contos xa editados.
Organización de obradoiros de escritura creativa.
Facer fichas de lectura.
Elaborar escrituras en cadea.
Participación da iniciativa da Asesoría “Mochilas Viaxeiras”
PLAN ANUAL DE LECTURA DO CUARTO NIVEL DE PRIMARIA. Para o desenvolvemento deste plan a titora do curso realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e a escritura. Este nivel está agrupado co alumnado pertencente ao nivel de 3º, polo que as actividades
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
propostas realizaranse practicamente de xeito compartido entre ambos niveis. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza do auxiliar de conversa para fomentar a lectura en inglés. Outras actividades irán xurdindo ao longo do ano a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar. Sesión diaria adicada á lectura de libros na aula ou na biblioteca. Ao longo destas sesións os rapaces terán a oportunidade de expoñer as súas impresións acerca das lecturas que vaian facendo. Durante esta hora lerán, por semanas alternas, tanto libros en galego como en castelán. Ficha de rexistro individualizada para o alumnado no cal se anotarán as lecturas que vaian facendo ao longo do curso. Como norma xeral, na hora de ler, todo o alumnado, terá o mesmo libro, para favorecer postas en común, pero de cando en vez cada alumno poderá elixir un libro distinto ao dos seus compañeiros, de xeito que se incline cara aquel que máis lle chame a atención en función dos seus gustos e intereses. Ao remate da lectura de cada libro, iremos á biblioteca, na hora asignada, e levaremos a cabo un debate, ou posta en común, centrada nos compoñentes das historias: protagonistas, o narrador, o tempo da historia, o lugar, as diferentes escenas, o desenlace, etc. Lecturas dixitais e emprego dos lectores de libros electrónicos na aula. Clube de lectura: Faranse lecturas de texto escollidos. Ao remate de cada lectura iniciarase un coloquio sobre a mesma, consonte ao nivel do alumnado, ao xeito dunha tertulia literaria. Facer unha seleción de diferentes coleccións de libros relacionados cos temas que se están traballando nas Unidades didácticas das diferentes materias. Organización de obradoiros de lectura. Composición de diferentes producións literarias.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Participación nos talleres e obradoiros propostos polo equipo de dinamización da biblioteca de centro. Lecturas ao aire libre nas diferentes dependencias da escola. Traballar a lectura en voz alta, a entonación e a interpretación. Emprego as novas tecnoloxías para elaborar traballos sobre autores literarios de maneira responsable. Traballar a velocidade e a comprensión lectora. Participación do lectómetro da aula, no cal irán coloreando diferentes libros ata completar un andel e posteriormente obterán un premio lector. Participación na iniciativa da Asesoría “ Mochilas Viaxeiras”.
A prol da escrita: Traballar diferentes tipos de textos tanto literarios (poético, teatral, banda deseñada, narrativo,…) coma non literarios (informativos). Emprego de diferentes plataformas para a elaboración e a produción de textos orais ou escritos. Organización de certames literarios con temas propostos ou libres para favorecer a expresión escrita. Inventar, escribir e ilustrar un conto en forma de libriño. Facer resumos de textos. Inventar diálogos e finais diversos para un conto. Elaboración de contos a partir de frases. Participación na iniciativa da Asesoría “ Mochilas Viaxeiras”
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
PLAN ANUAL DE LECTURA DO QUINTO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento deste plan, a titora realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura a escrita. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe polo tanto durante unha hora á semana a hora de ler será realizada en inglés coa colaboración do auxiliar de conversa. Outras actividades irán xurdindo ao longo do ano a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar.
Sesión diaria adicada á lectura de libros na aula ou na biblioteca. Ao longo destas sesións os rapaces terán a oportunidade de expoñer as súas impresións acerca das lecturas que vaian facendo. Durante esta hora lerán, por semanas alternas, tanto libros en galego como en castelán. Ficha de rexistro individualizada para o alumnado no cal se anotarán as lecturas que vaian facendo ao longo do curso. Como norma xeral, na hora de ler, todo o alumnado, terá o mesmo libro, para favorecer postas en común. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, realizar empréstitos e devolucións, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, conectarnos á rede facer mesas redondas, etc. Lecturas dixitais e emprego dos lectores de libros electrónicos na aula. Clube de lectura: Faranse lecturas de texto escollidos. Ao remate de cada lectura iniciarase un coloquio sobre a mesma, consonte ao nivel do alumnado, ao xeito dunha tertulia literaria. Creación de fichas individuais avaliativas dos libros lidos. Participación nas actividades e obradoiros propostos polo equipo de dinamización da biblioteca.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Emprego das novas tecnoloxías para elaborar biografías dalgúns autores dos libros escollidos nas lecturas. O alumnado de quinto curso colaborará, xunto co alumnado de sexto (en parellas, un de cada curso), como axudantes de biblioteca durante os recreos semanais. Traballo cos xornais nas aulas. Este curso, en colaboración co xornal «La Voz de Galicia» participaremos no Programa Prensa Escola. Cada mércores durante todo o curso e durante a Semana da Prensa leranse novas do xornal, de interese para o alumnado, e comentarase non só o contido do lido, senón tamén aspectos lingüísticos do texto: estilo, posibles erros, etc. Participación na “V semana do Kamishibai”. Lecturas ao aire libre nas diferentes dependencias da escola. Traballar a lectura en voz alta, a entonación e a interpretación. Traballar a velocidade e a comprensión lectora. Procura e selección de información a través da rede. Participación do lectómetro da aula, no cal irán coloreando diferentes libros ata completar un andel e posteriormente obteran un premio lector. Participación na iniciativa da Asesoría “Mochilas Viaxeiras” A prol da escrita: Elaborar diferentes textos tanto literarios (poético, teatral, banda deseñada, narrativo,…) coma non literarios (informativos), cumprindo as características e as pautas propias de cada un deles. Tratamento dixital de diferentes tipos de textos. Emprego de diferentes plataformas para a elaboración e a produción de textos orais ou escritos.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Elaborar un obradoiro de creación literaria. Os materiais elaborados exporanse na aula e, si se consideran traballos de calidade literaria pasaran a formar parte dos rexistros da biblioteca. Emprego as novas tecnoloxías para elaborar traballos sobre autores literarios de maneira responsable. Creación de artigos xornalísticos e de opinión para a revista escolar. Realización de cartaces informativos para o P.D.I. do centro, investigando sobre a ciencia. Participación na iniciativa da Asesoría “Mochila Viaxeiras”.
PLAN ANUAL DE LECTURA DO SEXTO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento deste plan, a titora realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e a escrita. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe e polo tanto un día á semana a hora de ler realizarase en inglés coa colaboración do auxiliar de conversa. Outras actividades irán xurdindo ao longo do ano a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debater, facer mesas redondas, etc. Elaborar un obradoiro de creación literaria. Os materiais elaborados exporanse na aula. Lecturas dixitais e emprego dos lectores de libros electrónicos na aula. Clube de lectura: Faranse lecturas de texto escollidos. Ao remate de cada lectura iniciarase un coloquio sobre a mesma, consonte ao nivel do alumnado, ao xeito dunha tertulia literaria. Creación de fichas individuais avaliativas dos libros lidos.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Participación nos talleres e obradoiros propostos polo equipo de dinamización da biblioteca. Emprego das novas tecnoloxías para elaborar biografías dalgúns autores dos libros escollidos nas lecturas. O alumnado de sexto curso colaborará, xunto co alumnado de quinto (en parellas, un de cada curso), como axudantes de biblioteca durante os recreos semanais. Asistencia a un contacontos Traballo coa prensa nas aulas. Este curso, en colaboración co xornal «La Voz de Galicia» participaremos no Programa Prensa Escola. Cada mércores durante todo o curso e durante a Semana da Prensa leranse novas do xornal, de interese para o alumnado, e comentarase non só o contido do lido, senón tamén aspectos lingüísticos do texto: estilo, posibles erros, etc. Participación na “V semana do Kamishibai”. Libro e cine: visionado de películas que proceden de adaptacións de libros e posteriormente lese o libro e faise unha comparativa. Lecturas silenciosas e comentadas dos diferentes tipos de textos. Partindo da lectura dunha noticia realizar coloquios, debates,… Participación do lectómetro da aula, no cal irán coloreando diferentes libros ata completar un andel e posteriormente obteran un premio lector. Participación da Asesoría “Mochilas Viaxeiras”.
A prol da escrita: Elaboración de certames literarios tanto con temas propostos coma libres. Obradoiros de literatura (narrativa, poesía teatro, ensaio,…)
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Buzón de aula: o alumnado escríbese mensaxes entre eles. Elaborar diferentes textos tanto literarios (poético, teatral, banda deseñada, narrativo,…) coma non literarios (informativos).cumprindo as características e as pautas propias de cada un deles. Emprego de diferentes plataformas para a elaboración e a produción de textos orais ou escritos. Elaborar un obradoiro de creación literaria. Os materiais elaborados exporanse na aula e, si se consideran traballos de calidade literaria pasaran a formar parte dos rexistros da biblioteca. Emprego as novas tecnoloxías para elaborar traballos sobre autores literarios de maneira responsable. Caixa dos segredos: Esta iniciativa é unha canle de comunicación entre o alumnado e o profesorado, posto que nesta caixa escriben de xeito anónimo, as súas inquedanzas, preocupacións,… Elaboración de diferentes “lapboks” para a presentación dos contidos das diferentes materias curriculares. Creación de dípticos e trípticos informativos. Creación de artigos xornalísticos e de opinión para a revista escolar. Confeción de historias cos “history cubes”. Realización de cartaces informativos para o P.D.I. do centro, investigando sobre a ciencia. Participación na iniciativa da Asesoría “Mochilas Viaxeiras”.
AVALIACIÓN DO PLAN.
Avaliación da adecuación e o funcionamento do Plan de Lectura.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Mecanismos para a incorporar melloras por mor da avaliación.
UTILIZACIÓN DE RECURSOS E IMPLICACIÓNS ORGANIZATIVAS. Biblioteca do centro: funcionamento, implicación do alumnado. Recursos externos ao centro: o Orientacións ás familias. o Coordinación con diversas institucións: editoriais, Concello, etc. o Biblioteca local. Tecnoloxía da información e a comunicación. o Uso de internet. o Recursos informáticos.(Lectores electrónicos, tabletas, autofalantes, ordenadores, impresora 3D…) o Cast@radio ( Emisora de radio do centro creada ao abeiro do proxecto Radio na biblio)
MATERIAL BIBLIOGRÁFICO EMPREGADO. Este é un centro plurilingüe, e temos asinado un auxiliar de conversa en lingua inglesa. Isto aproveitámolo para traballar nas horas de ler cos cursos que son plurilingües durante unha sesión á semana para facer esa lectura en inglés. Ademais disto, tamén é importante sinalar que a biblioteca ten un local anexo no que contamos aproximadamente con quince exemplares do mesmo título. Así o mestre, cando selecciona un libro, despois de rexistrar o empréstito na biblioteca no carné de
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cerdedo-Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
cada aula, levao á clase e cada rapaz/a ten un exemplar para lelo e gozar do pracer da lectura sen ningún custo económico para as súas familias. É preciso sinalar que a biblioteca é a fonte de recursos fundamental para desenvolver este plan anual de lectura. Cómpre por de manifesto que este ano temos á disposición do noso alumnado 18 lectores de libros electrónicos, dez son para o empréstito ás aulas para empregar na hora de ler, e os oito restantes son para o empréstito da biblioteca, dende 3º a 6º, cunha autorización previa por parte das familias, na cal se comprometen ao bo uso dos mesmos. Ademais disto tamén é importante ou convinte sinalar a colaboración directa coa biblioteca municipal do Concello, para a elaboración de diferentes actividades así coma para o empréstito de diferentes exemplares.