CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
PLAN ANUAL DE LECTURA
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Durante este curso, o equipo de dinamización da biblioteca levará a cabo unha serie de actividades comúns para o fomento e o gusto pola lectura. Ademais destas actividades, haberá outras que se efectuarán dentro das aulas tanto na hora de ler (20 minutos á volta do recreo) como no resto do quefacer diario en todas e cada unha das nosas aulas. Cómpre sinalar que entendemos a biblioteca como a ferramenta escolar para que o proxecto educativo teña éxito. O equipo de dinamización da biblioteca estará composto por: Sandra Álvarez Alonso. Lorena Negreira López. Mª Carmen Freire Vila. Pilar Gesteira Sieiro. F. Javier Guimarey Mariño. Verónica Simón Mejuto. Alejandro Simón Campañó. Mª Paz Rodriguez Barros. María José Viesca Fernández. Para o desenvolvemento do Plan Anual de Lectura, o equipo de dinamización realizará co alumnado ao longo deste curso unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e para convertir a nosa biblioteca no eixo do noso centro escolar. É importante sinalar que cada grupo ten asignada unha hora semanal para o uso da biblioteca, tal é como se pode ver no horario que se xunta, e no que procuramos, na medida do posible, que estea un membro do equipo de dinamización. Ademais, durante os vinte minutos da hora de ler, o espazo da /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
biblioteca está asignado a un grupo para levar a cabo diferentes dinámicas e experiencias.
Temos unhas actividades programadas, aínda que ao longo do curso irán aparecendo novas ideas a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou se plantexen posibles actividades ao centro dende diferentes institucións ou asociación culturais. Dentro das actividades programadas podemos sinalar as seguintes: Elaboración e participación no proxecto documental integral (PDI) potenciando así á animación á lectura. A temática elexida para este /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
curso e decidida no Claustro versará ao redor do cine. A intención ao escoller este tema é dar a coñecer as orixes do cine, coñecer as diferentes posibilidades que nos ofrece este recurso, e xorde ao decatarnos de que algúns dos nosos alumnos nunca asistiron a un cine, pese a estar situados a tan só 23 quilómetros de Pontevedra. Ante esta realidade decidimos que o próximo proxecto trate sobre o cine para que coñezamos entre todos o amplo abano de posibilidades que nos ofrece este recurso. Participación no concurso para a ambientación das aulas en torno ao P.D.I. Todo o alumnado participará na dinámica das “CAIXAS LECTORAS”, consistindo a mesma en que dende a biblioteca se fai unha escolma de lecturas axeitadas á idade do alumnado ao que vai dirixido e posteriormente se leva ás aulas. Unha vez traballados estes libros volvense a levar á biblioteca para facer a devolución e renovación dos libros da mesma. O equipo de dinamización facilitará aos coordinadores de curso unha escolma de lecturas sobre o Samaín, o Magosto, o Nadal, o Entroido, de Carlos Casares, o autor ao que se lle adican este curso as letras galegas,…, así coma unha proposta de actividades para efectuar na hora de ler, que se efectuarán en cada curso e despois levaranse a cabo diferentes postas en común dos traballos. Levar a cabo o concurso de banda deseñada do Samaín. Levar a cabo un concurso de poesía a través do noso blogue. Continuar coas Mochilas Viaxeiras, destinadas ao alumnado de primaria e os Libros que van e veñen para o alumnado de infantil. Participar na Xornada de Bibliotecas Escolares e na celebración do Día da Palabra en coordinación co E.D.L.G. e coa Biblioteca Pública Municipal de Carballedo.
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
O alumnado de 5º e 6º participa no programa da Voz de Galicia “Prensa Escuela” que consiste en traballar o xornal na aula. Todos os mércores o alumnado leva un exemplar para a súa casa. Colaborar na celebración do Día da Paz e da Non Violencia Escolar. Participar na exposición de traballos vencellados co P.D.I. Participar nas sesións de lecturas interaulas. Introducir a lectura de prensa nas aulas, tanto en papel coma en formato dixital, a través do noso blogue. Empregar os lectores de libros electrónicos nas aulas dende 3º a 6º así coma o empréstito dos mesmos dende o equipo de biblioteca. Ser partícipe e colaborar de forma activa na visita dun contador de historias e de diferentes persoas vencelladas co P.D.I. Contribuir as actividades de dinamización en torno ao Día do Libro, cos nosos “apadriñamentos lectores” e á Semana das Letras Galegas en coordinación co E.D.L.G. Elaboración da III Semana do Kamishibai. Participación e colaboración na elaboración da revista escolar. Cómpre sinalar que entre todo o Claustro durante o curso pasado elaboramos unhas propostas de mellora coa intención de mellorar os resultados en todos os ámbitos académicos do centro. Pensamos que a comprensión lectora é fundamental para poder acadar os obxectivos e contidos propios de cada nivel de educación primaria. A continuación aparecen as citadas propostas detalladas por niveis e materias.
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
En xeral, as actividades temporalizaranse para que o alumnado saiba o tempo do que dispón para a súa realización e así poidan administralo axeitadamente. Terán que deixar de facelas cando o tempo remate.
1º E 2º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá 1) Incidir especialmente na lectura comprensiva, tanto de forma oral como escrita, acompañada de preguntas e imaxes. 2) Fomentar a comprensión de enunciados, coa finalidade de que adquiran unha maior autonomía na compresión das tarefas. 3) Na hora de ler o traballo individual e en grupo dos contos estará apoiado e argumentacións orais e escritas.
Ciencias naturais e sociais 1) Traballar máis a comprensión oral, apoiándose de recursos interactivos e traballos individuais e colectivos. 2) Realizar máis asociacións de imaxes e palabras.
Matemáticas 1) Empregar máis situacións reais da vida cotiá para a asimilación de conceptos e a resolución de problemas.
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
3º e 4º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá 1) Na hora de ler traballar con insistencia a comprensión lectora con diferentes tipos de textos: narracións, poesías, teatrais, cartas, libros dixitais. 2) Facer máis escoitas orais nas dúas linguas, traballando a comprensión sobre as mesmas.
Ciencias naturais e sociais 1) Potenciar os traballos de investigación, onde o alumnado teña que ser crítico e comprender e seleccionar a información atopada para realizar o traballo final.
Matemáticas 1) Facer fincapé na comprensión lectora á hora da resolución de problemas e do tratamento da información (diagramas de barras, gráficos,…), partindo de situacións cercanas ao alumnado.
5ºe 6º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá Prestar máis atención e tempo a: 1) Comprender o sentido global dos textos orais e recoñecer as ideas principais.
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
2) Resumir un texto escrito sinxelo, distinguindo as partes do texto e as súas ideas principais. 3) Expresarse de forma oral, con vocabulario, ritmo e entoación axeitados. 4) Producir textos cunha estrutura narrativa coherente, aplicando correctamente as normas básicas de ortografía (normas ortográficas, acentuación, signos de puntuación,…).
Ciencias naturais e sociais 1) Facer fincapé na interpretación de gráficos, táboas e diagramas, realizando máis fichas con actividades deste tipo. 2) Resumir os textos de cada unidade, indicando as partes principais. 3) Expresar as ideas oralmente, co vocabulario, ritmo e entoación axeitados. 4) Mellorar a expresión oral memorizando textos curtos e definicións. 5) Realizar máis actividades que melloren o procesamento cognitivo: percepción, memoria a curto e longo prazo, vocabulario,… 6) Realizar máis actividades que estimulen o proceso de razoamento: ordenar secuencias, completar series, relacionar obxectos, deducir situacións,… 7) Fomentar o traballo de textos de comprensión lectora: recompoñer textos, poñer titulares a noticias, buscar información en dicionarios, xornais e revistas; identificar e correxir incoherencias en frases,…
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Matemáticas 1) Realizar máis xogos matemáticos (de inxenio, lóxica, sentido común ou intuición) ou actividades relacionadas coa vida cotiá. 2) Fomentar un maior cálculo mental, propoñendo exercicios verbais nos que o alumnado os deberá resolver o máis rápido posible. 3) Adicar algunha hora de á lectura de artigos periodísticos nos que haxa que interpretar táboas ou gráficos. É importante sinalar que para favorecer a educación para a competencia dixital seguiremos a empregar como canle de comunicación co exterior o blogue da biblioteca (bibliocarballedo.blogspot.com.es) no cal implicaremos ao noso alumnado e ás súas familias na participación e seguemento das actividades levadas a cabo polo equipo de dinamización citado con anterioridade. Ademais destas actividades comúns de centro tamén cómpre sinalar algunhas actividades previstas e programadas para cada un dos niveis educativos presentes no noso centro.
PLAN ANUAL DE LECTURA DE EDUCACIÓN INFANTIL O ciclo de educación infantil está dividido en dúas aulas. Por unha banda, o alumnado de 3 e 4 anos que son catro alumnos/as de tres anos e seis alumnos/as de 4 anos. E, por outra banda, os de cinco que son once alumnos/as. Consideramos de relevante importancia espertar o interese pola lectura nesta etapa. Para o desenvolvemento anual do plan anual de lectura, as titoras de ambos niveis, tratan de realizar tanto actividades de tipo conxunto para todo o ciclo como a nivel de aula coa finalidade de favorecer e fomentar o gusto e o interese tanto pola lectura.coma pola escrita Algunhas destas actividades /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar e do interese do alumnado. Lectura diaria de contos (na hora de ler). Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma. Dramatización de contos lidos. Fichas de contos. Lectura e secuenciación de imaxes. Xogos con marionetas (contos coñecidos ou historias inventadas). Cantigas (comprensión e interpretación). Trabalinguas. Adiviñas. Construción de palabras con letras imantadas. Percura de palabras en revistas, recortado e pegado das mesmas. Visitas semanais á biblioteca para contar contos e de paso entrar en contacto cos libros. Participación na iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e O.U. “Libros que van e veñen” que consiste en levar un libro da biblioteca ata as súas casas nunhas mochilas, para experimentar o pracer da lectura coa súa familia, fortalecendo así os lazos e vínculos familiares a través da lectura. Aumento do vocabulario a través de experiencias. Xogos con palabras. /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Descubrir palabras novas a partir da raíz. Facer rimas sinxelas. Participar na “III semana do Kamishibai”. Utilizar a pantalla dixital para a lectura de imáxes e para a realización dos xogos.
A prol da escrita: Implicación no proxecto coa elaboración de rótulos ou carteis. Maior utilización para escribir pequenas palabras e posteriormente pequenos textos.
PLAN ANUAL DE LECTURA DO PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento do plan anual de lectura, a titora de primeiro realizará ao longo deste curso, actividades conxuntas co alumnado de segundo de primaria, tanto a nivel de centro e outras de xeito individual a nivel de aula. Este ano o alumnado de 1º e 2º están agrupados nunha mesma aula.Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza da auxiliar de conversa para fomentar a lectura en inglés. Algunhas destas actividades están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar: Sesión diaria adicada á lectura, chamada Hora de ler, na cal o alumnado lerá diferentes tipos de textos, e levaranse a cabo tamén dinámicas grupais. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc. /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Dramatización de contos e pequenas obras de teatro. Musicalización de contos e inclusión de cancións dos mesmos. Creación de contos sinxelos por parte do alumnado. Realización de xogos cooperativos relacionados cos contos. Lectura de fábulas e reflexión en común do que nos ensinan. Realización de pequenas fichas relacionadas co conto/fábula. Narración de contos e montaxe posterior en colaboración co traballo de plástica e música para facer a presentación do traballo en powerpoint ou outro soporte audiovisual. Busca de contos ou historias populares da comarca. Creación de xeito cooperativo de cancións relacionadas coa lectura. Lectura de relatos de terror no Samaín. Recopilación de tradicións populares coma “O apalpador”. Participación na “III semana do Kamishibai”. Elaboración de cartas e carteis cos titulares dos xornais. Ler a cartilla de lectura proxectada na pizarra dixital. A prol da escrita: Participación na confección de cartaces informativos. Elaboración de cartaces sobre o cine.
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
PLAN ANUAL DE LECTURA DO SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento do plan anual de lectura, a titora do segundo curso, realizará ao longo deste curso, actividades conxuntas co alumnado de primeiro de primaria, posto que están agrupados na mesma aula. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza da auxiliar de conversa para fomentar a lectura en inglés. Algunhas destas actividades están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar: Lectura de contos dramatizados. Lectura e representación de obras teatrais sinxelas. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc. Selección de novas do xornal adecuadas a súa idade, lectura e comprensión de información das mesmas. Traballo con material impreso de lecturas comprensivas. Creación de contos individuais e grupais e posterior lectura e traballo do mesmos. Participación na “III semana do Kamishibai”. Traballo de elaboración de cartas e cartaces cos titulares dos xornais.
A prol da escrita: Participación na confección de cartaces informativos. Elaboración de cartaces sobre o cine
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
PLAN ANUAL DE LECTURA DO TERCEIRO NIVEL DE PRIMARIA A titora, realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e a escrita. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza da auxiliar de conversa para fomentar a lectura en inglés. Outras actividades irán xurdindo ao longo do curso a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar.
ACTIVIDADES DE FOMENTO DA LECTURA Lecturas comprensivas, elaboración de fichas e resumos. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc. Lecturas dixitais e emprego dos lectores de libros electrónicos na aula. Lecturas ao aire libre, aproveitando os distintos espazos naturais da escola. Representación das obras teatrais. Pequenas dramatizacións grupais. Participación na “III semana do Kamishibai”. Fomentar a memorización a través da aprendizaxe de poemas curtos, trabalinguas, cantigas,… Lecturas en voz alta para todo o alumnado, facendo fincapé na entoación, pausas e articulación axeitada.
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
A prol da escrita: Realizar pequenos relatos curtos de maneira individual e grupal. Traballar a escritura creativa. Inventar finais alternativos para contos xa editados.
PLAN ANUAL DE LECTURA DO CUARTO NIVEL DE PRIMARIA. Para o desenvolvemento deste plan a titora do curso realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e a escritura. Outras actividades irán xurdindo ao longo do ano a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar. Sesión diaria adicada á lectura de libros na aula ou na biblioteca. Ao longo destas sesións os rapaces terán a oportunidade de expoñer as súas impresións acerca das lecturas que vaian facendo. Durante esta hora lerán, por semanas alternas, tanto libros en galego como en castelán. Ficha de rexistro individualizada para o alumnado no cal se anotarán as lecturas que vaian facendo ao longo do curso. Como norma xeral, na hora de ler, todo o alumnado, terá o mesmo libro, para favorecer postas en común, pero de cando en vez cada alumno poderá elixir un libro distinto ao dos seus compañeiros, de xeito que se incline cara aquel que máis lle chame a atención en función dos seus gustos e intereses. Ao remate da lectura de cada libro, iremos á biblioteca, na hora asignada, e levaremos a cabo un debate, ou posta en común, centrada nos compoñentes das historias: protagonistas, o narrador, o tempo da historia, o lugar, as diferentes escenas, o desenlace, etc. /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Lecturas dixitais e emprego dos lectores de libros electrónicos na aula. Clube de lectura: Faranse lecturas de texto escollidos. Ao remate de cada lectura iniciarase un coloquio sobre a mesma, consonte ao nivel do alumnado, ao xeito dunha tertulia literaria. Composición de diferentes producións literarias. Participación nos talleres e obradoiros propostos polo equipo de dinamización da biblioteca de centro. Lecturas ao aire libre nas diferentes dependencias da escola. Traballar a lectura en voz alta, a entonación e a interpretación. Emprego as novas tecnoloxías para elaborar traballos sobre autores literarios de maneira responsable. Traballar a velocidade e a comprensión lectora.
A prol da escrita: Traballar diferentes tipos de textos tanto literarios (poético, teatral, banda deseñada, narrativo,…) coma non literarios (informativos). Emprego de diferentes plataformas para a elaboración e a produción de textos orais ou escritos.
PLAN ANUAL DE LECTURA DO QUINTO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento deste plan, a titora realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura a escrita. Outras /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
actividades irán xurdindo ao longo do ano a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar. Sesión diaria adicada á lectura de libros na aula ou na biblioteca. Ao longo destas sesións os rapaces terán a oportunidade de expoñer as súas impresións acerca das lecturas que vaian facendo. Durante esta hora lerán, por semanas alternas, tanto libros en galego como en castelán. Ficha de rexistro individualizada para o alumnado no cal se anotarán as lecturas que vaian facendo ao longo do curso. Elaboración dun mural que chamaremos “hora de ler” no cal iremos plasmando de maneira gráfica as aprendizaxes sobre as lecturas elaboradas na aula. Como norma xeral, na hora de ler, todo o alumnado, terá o mesmo libro, para favorecer postas en común. Dous días á semana adicarémolos a lectura silenciosa, no que cada membro da aula poderá elixir un libro da “Caixa Lectora” de xeito que se incline cara aquel que máis lle chame a atención en función dos seus gustos e intereses persoais. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma,facer empréstitos e devolucións, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, conectarnos á rede facer mesas redondas, etc. Lecturas dixitais e emprego dos lectores de libros electrónicos na aula. Clube de lectura: Faranse lecturas de texto escollidos. Ao remate de cada lectura iniciarase un coloquio sobre a mesma, consonte ao nivel do alumnado, ao xeito dunha tertulia literaria. Creación de fichas individuais avaliativas dos libros lidos. Participación nas actividades e obradoiros propostos polo equipo de dinamización da biblioteca. /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Emprego das novas tecnoloxías para elaborar biografías dalgúns autores dos libros escollidos nas lecturas. O alumnado de quinto curso colaborará, xunto co alumnado de sexto (en parellas, un de cada curso), como axudantes de biblioteca durante os recreos semanais. Traballo cos xornais nas aulas. Este curso, en colaboración co xornal «La Voz de Galicia» participaremos no Programa Prensa Escola. Cada mércores durante todo o curso e durante a Semana da Prensa leranse novas do xornal, de interese para o alumnado, e comentarase non só o contido do lido, senón tamén aspectos lingüísticos do texto: estilo, posibles erros, etc. Participación na “III semana do Kamishibai”. Lecturas ao aire libre nas diferentes dependencias da escola. Traballar a lectura en voz alta, a entonación e a interpretación. Traballar a velocidade e a comprensión lectora. Procura e selección de información a través da rede.
A prol da escrita: Elaborar diferentes textos tanto literarios (poético, teatral, banda deseñada, narrativo,…) coma non literarios (informativos), cumprindo as características e as pautas propias de cada un deles. Emprego de diferentes plataformas para a elaboración e a produción de textos orais ou escritos. Elaborar un obradoiro de creación literaria. Os materiais elaborados exporanse na aula e, si se consideran traballos de calidade literaria pasaran a formar parte dos rexistros da biblioteca. /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Emprego as novas tecnoloxías para elaborar traballos sobre autores literarios de maneira responsable. Caixa dos segredos: Esta iniciativa é unha canle de comunicación entre o alumnado e o profesorado, posto que nesta caixa escriben de xeito anónimo, as súas inquedanzas, preocupacións… Elaboración de diferentes “lapboks” para a presentación dos contidos das diferentes materias curriculares. Creación de dípticos e trípticos informativos. Elaboración dun diario persoal en lingua galega. Creación de artigos xornalísticos e de opinión para a revista escolar. Confeción de historias cos “history cubes”. Realización de cartaces informativos para o P.D.I. do centro, investigando sobre diferentes técnicas do cine, autores, películas,…
PLAN ANUAL DE LECTURA DO SEXTO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento deste plan, o titor realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e a escrita. Outras actividades irán xurdindo ao longo do ano a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar. Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc. Elaborar un obradoiro de creación literaria. Os materiais elaborados exporanse na aula. /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Lecturas dixitais e emprego dos lectores de libros electrónicos na aula. Clube de lectura: Faranse lecturas de texto escollidos. Ao remate de cada lectura iniciarase un coloquio sobre a mesma, consonte ao nivel do alumnado, ao xeito dunha tertulia literaria. Creación de fichas individuais avaliativas dos libros lidos. Participación nos talleres e obradoiros propostos polo equipo de dinamización da biblioteca. Emprego das novas tecnoloxías para elaborar biografías dalgúns autores dos libros escollidos nas lecturas. O alumnado de quinto curso colaborará, xunto co alumnado de sexto (en parellas, un de cada curso), como axudantes de biblioteca durante os recreos semanais. Asistencia a un contacontos que acudirá á nosa escola nunha data que se fixará posteriormente. Traballo coa prensa nas aulas. Este curso, en colaboración co xornal «La Voz de Galicia» participaremos no Programa Prensa Escola. Cada mércores durante todo o curso e durante a Semana da Prensa leranse novas do xornal, de interese para o alumnado, e comentarase non só o contido do lido, senón tamén aspectos lingüísticos do texto: estilo, posibles erros, etc. Participación na “III semana do Kamishibai”. Libro e cine: visionado de películas que proceden de adaptacións de libros e posteriormente lese o libro e faise unha comparativa. Lecturas silenciosas e comentadas dos diferentes tipos de textos. Partindo da lectura dunha noticia realizar coloquios, debates,…
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
A prol da escrita: Elaboración de certames literarios tanto con temas propostos coma libres. Obradoiros de literatura (narrativa, poesía teatro, ensaio,…) Elaboración dun diario en lingua galega. Buzón de aula: o alumnado escribese mensaxes entre eles. Elaborar diferentes textos tanto literarios (poético, teatral, banda deseñada, narrativo,…) coma non literarios (informativos).cumprindo as características e as pautas propias de cada un deles. Emprego de diferentes plataformas para a elaboración e a produción de textos orais ou escritos. Elaborar un obradoiro de creación literaria. Os materiais elaborados exporanse na aula e, si se consideran traballos de calidade literaria pasaran a formar parte dos rexistros da biblioteca. Emprego as novas tecnoloxías para elaborar traballos sobre autores literarios de maneira responsable. Caixa dos segredos: Esta iniciativa é unha canle de comunicación entre o alumnado e o profesorado, posto que nesta caixa escriben de xeito anónimo, as súas inquedanzas, preocupacións,… Elaboración de diferentes “lapboks” para a presentación dos contidos das diferentes materias curriculares. Creación de dípticos e trípticos informativos. Creación de artigos xornalísticos e de opinión para a revista escolar. Confeción de historias cos “history cubes”. /
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Realización de cartaces informativos para o P.D.I. do centro, investigando sobre diferentes técnicas do cine, autores, películas,…
AVALIACIÓN DO PLAN. Avaliación da adecuación e o funcionamento do Plan de Lectura. Mecanismos para a incorporar melloras por mor da avaliación.
UTILIZACIÓN DE RECURSOS E IMPLICACIÓNS ORGANIZATIVAS. Biblioteca do centro: funcionamento, implicación do alumnado. Recursos externos ao centro: o Orientacións ás familias. o Coordinación con diversas institucións: editoriais, Concello, etc. o Biblioteca local. Tecnoloxía da información e a comunicación. o Uso de internet. o Recursos informáticos.
MATERIAL BIBLIOGRÁFICO EMPREGADO. Este é un centro plurilingüe, e contamos cunha auxiliar de conversa en lingua inglesa. Isto aproveitámolo para traballar nas horas de ler cos cursos que son plurilingües durante unha sesión á semana para facer esa lectura en inglés.
/
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 886 151213/14 Fax: 886 151215 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es
Ademais disto, tamén é importante sinalar que a biblioteca ten un local anexo no que contamos aproximadamente con quince exemplares do mesmo título. Así o mestre, cando selecciona un libro, despois de rexistrar o empréstito na biblioteca no carnet de cada aula levao á clase e cada rapaz/a ten un exemplar para lelo e gozar do pracer da lectura sen ningún custo económico para as súas familias. É preciso sinalar que a biblioteca é a fonte de recursos fundamental para desenvolver este plan anual de lectura. Cómpre por de manifesto que este ano temos á disposición do noso alumnado 20 lectores de libros electrónicos, doce son para o empréstito ás aulas para empregar na hora de ler, e os oito restantes son para o empréstito da biblioteca, dende 3º a 6º, cunha autorización previa por parte das familias, na cal se compromenten ao bo uso dos mesmos. Ademais disto tamén é importante ou convinte sinalar a colaboración directa coa biblioteca municipal do Concello, para a elaboración de diferentes actividades así coma para o empréstito de diferentes exemplares.
/