Plan anual de lectura

Page 1

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

PLAN ANUAL DE LECTURA

/


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

Durante este curso, o equipo de dinamización da biblioteca, levará a cabo unha serie de actividades comúns para o fomento e o gusto pola lectura. Ademais destas actividades, haberá outras que se efectuarán dentro das aulas tanto na hora de ler (20 minutos á volta do recreo) como no resto do quefacer diario en todas e cada unha das nosas aulas. Cómpre sinalar que entendemos a biblioteca como a ferramenta escolar para que o proxecto educativo teña éxito. O equipo de dinamización da biblioteca estará composto por: Sandra Álvarez Alonso. Miguel García Patiño. Pilar Gesteira Sieiro. F. Javier Guimarey Mariño. Jacobo Núñez Quintela. Cristina Posada Castro Mª Paz Rodriguez Barros. María José Viesca Fernández. Para o desenvolvemento do Plan Anual de Lectura, o equipo de dinamización realizará co alumnado ao longo deste curso unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura e para convertir a nosa biblioteca no eixo do noso centro escolar. É importante sinalar que cada grupo ten asignada unha hora semanal para o uso da biblioteca, tal é como se pode ver no horario que se xunta, e no que procuramos, na medida do posible, que estea un membro do equipo de dinamización. Ademais, durante os vinte minutos da hora de ler, o espazo da biblioteca está asignado a un grupo para levar a cabo diferentes dinámicas e experiencias. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

Temos unhas actividades programadas, aínda que ao longo do curso irán aparecendo novas ideas a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou se plantexen posibles actividades ao centro dende diferentes institucións ou asociación culturais. Dentro das actividades programadas podemos sinalar as seguintes:  Elaboración e participación no proxecto documental integral (PDI) potenciando así á animación á lectura. A temática elexida para este curso e decidida no Claustro versará ao redor das feiras tradicionais. A intención ao escoller este tema é traballar a tradición e a cultura dos nosos ancestros, así coma a xeografía a través das súas feiras gastronómicas, de gando, de maquinaria, de época, de libros, de ciencia,… Ademais disto, traballaremos a competencia matemática, tanto polas medidas como polos pagamentos, comezando co troco, pasando polas pesetas e chegando aos euros. Pretendemos igualmente traballar a tradición cultural, por medio dos oficios artesanais, os produtos típicos...; en definitiva, as tradicións culturais tanto do Concello coma do resto da xeografía. Tamén pretendemos potenciar a /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

oralidade polo medio de conversas cos nosos maiores e continuar coas exposicións e creación orais. Cómpre sinalar que consideramos fundamental achegar ao noso alumnado a historia da nosa comunidade e darlle a coñecer tradicións que se están a perder.  Participación no concurso para a ambientación das aulas en torno ao P.D.I.  Todo o alumnado participará na dinámica das “CAIXAS LECTORAS”, consistindo a mesma en que dende a biblioteca se fai unha escolma de lecturas axeitadas á idade do alumnado á que vai dirixido e posteriormente se leva ás aulas. Unha vez traballados estes libros volvense a levar á biblioteca para facer a devolución e renovación dos libros da mesma.  O equipo de dinamización facilitará aos coordinadores de curso unha escolma de lecturas sobre o Samaín, o magosto, o Nadal, o Entroido, de Manuel María, o autor ao que se lle adican este curso as letras galegas,…, así coma unha proposta de actividades para efectuar na hora de ler, que se efectuarán en cada curso e despois levaranse a cabo diferentes postas en común dos traballos.  Levar a cabo o concurso de cómics do Samaín.  Levar a cabo un concurso de poesía a través do nos blogue.  Continuar coas Mochilas Viaxeiras, destinadas ao alumnado de primaria e os Libros que van e veñen para o alumnado de infantil.  Participar na Xornada de Bibliotecas Escolares e na celebración do Día da Palabra en coordinación co E.D.L.G. e coa Biblioteca Pública Municipal de Carballedo. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

 O alumnado de 5º e 6ºparticipa no programa da Voz de Galicia “Prensa Escuela” que consiste en traballar o xornal na aula. Todos os mércores o alumnado leva un exemplar para a súa casa.  Colaborar na celebración do Día da Paz e da Non Violencia Escolar.  Participar na exposición de traballos vencellados co P.D.I.  Participar nas sesións de lecturas interaulas.  Introducir a lectura de prensa nas aulas, tanto en papel coma en formato dixital, a través do noso blogue.  Empregar os ebooks nas aulas dende 3º a 6º así coma o empréstito dos mesmos dende o equipo de biblioteca.  Empregar a plataforma de empréstito dixital “GALICIALE”. Para isto previamente o alumnado ten que ser socio da biblioteca municipal e ter unhas claves de acceso aportadas pola bibliotecaria da mesma.  Ser partícipe e colaborar de forma activa na visita dun contador de historias e de diferentes persoas vencelladas co P.D.I.  Contribuir as actividades de dinamización en torno ao Día do Libro, cos nosos “apadriñamentos lectores” e á Semana das Letras Galegas en coordinación co E.D.L.G.  Elaboración da II Semana do Kamishibai.  Participación e colaboración na elaboración da revista escolar. Cómpre sinalar que entre todo o Claustro durante o curso pasado elaboramos unhas propostas de mellora coa intención de mellorar os resultados en todos os ámbitos académicos do centro. Pensamos que a comprensión lectora é fundamental para poder acadar os obxetivos e /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

contidos propios de cada nivel de educación primaria. A continuación aparecen as citadas propostas detalladas por niveis e materias. En xeral, as actividades temporalizaranse para que o alumnado saiba o tempo do que dispón para a súa realización e así poidan administralo axeitadamente. Terán que deixar de facelas cando o tempo remate.

1º E 2º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá 1) Incidir especialmente na lectura comprensiva, tanto de forma oral como escrita, acompañada de preguntas e imaxes. 2) Fomentar a comprensión de enunciados, coa finalidade de que adquiran una maior autonomía na compresión das tarefas. 3) Na hora de ler o traballo individual e en grupo dos contos estará apoiado e argumentacións orais e escritas. Ciencias naturais e sociais 1) Traballar máis a comprensión oral, apoiándose de recursos interactivos e traballos individuais e colectivos. 2) Realizar máis asociacións de imaxes e palabras. Matemáticas 1) Empregar máis situacións reais da vida cotiá para a asimilación de conceptos e a resolución de problemas.

/


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

3º e 4º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá 1) Na hora de ler traballar con insistencia a comprensión lectora con diferentes tipos de textos: narracións, poesías, teatrais, cartas, libros dixitais. 2) Facer máis escoitas orais nas dúas linguas, traballando a comprensión sobre as mesmas. Ciencias naturais e sociais 1) Potenciar os traballos de investigación, onde o alumnado teña que ser crítico e comprender e seleccionar a información atopada para realizar o traballo final. Matemáticas 1) Facer fincapé na comprensión lectora á hora da resolución de problemas e do tratamento da información (diagramas de barras, gráficos,…), partindo de situacións cercanas ao alumnado.

5ºe 6º DE ED. PRIMARIA Lingua galega/castelá Prestar máis atención e tempo a: 1) Comprender o sentido global dos textos orais e recoñecer as ideas principais. 2) Resumir un texto escrito sinxelo, distinguindo as partes do texto e as súas ideas principais. 3) Expresarse de forma oral, con vocabulario, ritmo e entoación axeitados. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

4) Producir textos cunha estrutura narrativa coherente, aplicando correctamente as normas básicas de ortografía (normas ortográficas, acentuación, signos de puntuación,…). Ciencias naturais e sociais 1) Facer fincapé na interpretación de gráficos, táboas e diagramas, realizando máis fichas con actividades deste tipo. 2) Resumir os textos de cada unidade, indicando as partes principais. 3) Expresar as ideas oralmente, co vocabulario, ritmo e entoación axeitados. 4) Mellorar a expresión oral memorizando textos curtos e definicións. 5) Realizar máis actividades que melloren o procesamento cognitivo: percepción, memoria a curto e longo prazo, vocabulario,… 6) Realizar máis actividades que estimulen o proceso de razoamento: ordenar secuencias, completar series, relacionar obxectos, deducir situacións,… 7) Fomentar o traballo de textos de comprensión lectora: recompoñer textos; poñer titulares a noticias; buscar información en dicionarios, xornais e revistas; identificar e correxir incoherencias en frases;… Matemáticas 1) Realizar máis xogos matemáticos (de inxenio, lóxica, sentido común ou intuición) ou actividades relacionadas coa vida cotiá. 2) Fomentar un maior cálculo mental, propoñendo exercicios verbais nos que o alumnado os deberá resolver o máis rápido posible. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

3) Adicar algunha hora de á lectura de artigos periodísticos nos que haxa que interpretar táboas ou gráficos. É importante sinalar que para favorecer a educación para a competencia dixital seguiremos a empregar como canle de comunicación co exterior o blogue da biblioteca (bibliocarballedo.blogspot.com.es) no cal implicaremos ao noso alumnado e ás súas familias na participación e seguemento das actividades levadas a cabo polo equipo de dinamización citado con anterioridade. Ademais destas actividades comúns de centro tamén cómpre sinalar algunhas actividades previstas e programadas para cada un dos niveis educativos presentes no noso centro.

PLAN ANUAL DE LECTURA DE EDUCACIÓN INFANTIL O ciclo de educación infantil está dividido en dúas aulas. Por unha banda, o alumnado de 3e 4 anos que son seis alumnos/as de tres anos e doce alumnos/as de 4 anos. E, por outra banda, os de cinco que son nove alumnos/as. Consideramos de relevante importancia espertar o interese pola lectura nesta etapa. Para o desenvolvemento anual do plan anual de lectura, as titoras de ambos niveis, tratan de realizar tanto actividades de tipo conxunto para todo o ciclo como a nivel de aula coa finalidade de favorecer e fomentar o gusto e o interese pola lectura. Algunhas destas actividades están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar e do interese do alumnado.  Lectura diaria de contos (na hora de ler).  Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

 Dramatización de contos lidos.  Fichas de contos.  Lectura e secuenciación de imaxes.  Xogos con marionetas (contos coñecidos ou historias inventadas).  Cantigas (comprensión e interpretación).  Trabalinguas.  Adiviñas.  Construción de palabras con letras imantadas.  Búsqueda de palabras en revistas, recortado e pegado das mesmas.  Visitas semanais á biblioteca para contar contos e de paso entrar en contacto cos libros.  Participación na iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e O.U. “Libros que van e veñen” que consiste en levar un libro da biblioteca ata as súas casas nunhas mochilas, para experimentar o pracer da lectura coa súa familia, fortalecendo así os lazos e vínculos familiares a través da lectura.  Aumento do vocabulario a través de experiencias.  Xogos con palabras.  Descubrir palabras novas a partir da raíz.  Facer rimas sinxelas.  Participar na “II semana do Kamishibai”. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

PLAN ANUAL DE LECTURA DO PRIMEIRO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento do plan anual de lectura, a titora de primeiro realizará ao longo deste curso, actividades conxuntas co alumnado de segundo de primaria, tanto a nivel de centro e outras de xeito individual a nivel de aula. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza da auxiliar de conversa (se finalmente ven) para fomentar a lectura en inglés. Algunhas destas actividades están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar:  Sesión diaria adicada á lectura, chamada Hora de ler, na cal o alumnado lerá diferentes tipos de textos, e levaranse a cabo tamén dinámicas grupais.  Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc.  Dramatización de contos e pequenas obras de teatro.  Musicalización de contos e inclusión de cancións dos mesmos.  Creación de contos sinxelos por parte do alumnado.  Realización de xogos cooperativos relacionados cos contos.  Lectura de fábulas e reflexión en común do que nos ensinan.  Realización de pequenas fichas relacionadas co conto/fábula.  Narración de contos e montaxe posterior en colaboración co traballo de plástica e música para facer a presentación do traballo en powerpoint ou outro soporte audiovisual. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

 Busca de contos ou historias populares da comarca.  Creación de xeito cooperativo de cancións relacionadas coa lectura.  Lectura de relatos de terror no Samaín.  Recopilación de tradicións populares coma “O apalpador”.  Participación na “II semana do Kamishibai”.

PLAN ANUAL DE LECTURA DO SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA Para o desenvolvemento do plan anual de lectura, a titora do segundo curso, realizará ao longo deste curso, actividades conxuntas co alumnado de primeiro de primaria, tanto a nivel de centro e outras de xeito individual a nivel de aula. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza da auxiliar de conversa (se finalmente ven) para fomentar a lectura en inglés. Algunhas destas actividades están xa programadas e outras irán xurdindo a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou alternativas no centro escolar:  Lectura de contos dramatizados.  Lectura e representación de obras teatrais sinxelas.  Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc.  Selección de novas do xornal adecuadas a súa idade, lectura e comprensiónde información das mesmas.  Traballo con material impreso de lecturas comprensivas.

/


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

 Creación de contos individuais e grupais e posterior lectura e traballo do mesmos.  Participación na “II semana do Kamishibai”.

PLAN ANUAL DE LECTURA DO TERCEIRO NIVEL DE PRIMARIA A titora, realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura. Cómpre sinalar que esta é unha aula plurilingüe, e que na hora de ler tamén contarán, un día á semana, coa presenza da auxiliar de conversa (se finalmente ven) para fomentar a lectura en inglés. Outras actividades irán xurdindo ao longo do curso a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar. ACTIVIDADES DE FOMENTO DA LECTURA  Lecturas comprensivas, elaboración de fichas e resumos.  Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc.  Lecturas dixitais e emprego dos ebooks na aula.  Emprego da plataforma de empréstito dixital GALICIALE.  Lecturas ao aire libre, aproveitando os distintos espazos naturais da escola.  Representación das obras teatrais.  Pequenas dramatizacións grupais.  Participación na “II semana do Kamishibai”.

/


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

PLAN ANUAL DE LECTURA DO CUARTO NIVEL DE PRIMARIA. Para o desenvolvemento deste plan a titora do curso realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura. Outras actividades irán xurdindoao longo do ano a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar.  Sesión diaria adicada á lectura de libros na aula ou na biblioteca. Ao longo destas sesións os rapaces terán a oportunidade de expoñer as súas impresións acerca das lecturas que vaian facendo. Durante esta hora lerán, por semanas alternas, tanto libros en galego como en castelán.  Ficha de rexistro individualizada para o alumnado no cal se anotarán as lecturas que vaian facendo ao longo do curso.  Como norma xeral, na hora de ler, todo o alumnado, terá o mesmo libro, para favorecer postas en común, pero de cando en vez cada alumno poderá elixir un libro distinto ao dos seus compañeiros, de xeito que se incline cara aquel que máis lle chame a atención en función dos seus gustos e intereses.  Ao remate da lectura de cada libro, iremos á biblioteca, na hora asignada, e levaremos a cabo un debate, ou posta en común, centrada nos compoñentes das historias: protagonistas, o narrador, o tempo da historia, o lugar, as diferentes escenas, o desenlace, etc.  Lecturas dixitais e emprego dos ebooks na aula.  Emprego da plataforma de empréstito dixital GALICIALE.  Clube de lectura: Faranse lecturas de texto escollidos. Ao remate de cada lectura iniciarase un coloquio sobre a mesma, consonte ao nivel do alumnado, ao xeito dunha tertulia literaria.  Composición de diferentes producións literarias. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

 Participación nos talleres e obradoiros propostos polo equipo de dinamización da biblioteca de centro.  Lecturas ao aire libre nas diferentes dependencias da escola.  Emprego das novas tecnoloxías para elaborar traballos sobre autores literarios.

PLAN ANUAL DE LECTURA DO QUINTO E SEXTO NIVEL DE PRIMARIA Ambos cursos están unidos na mesma aula. Para o desenvolvemento deste plan, o titor realizará unha serie de actividades xa programadas para animalos á lectura. Outras actividades irán xurdindo ao longo do ano a medida que se presenten novas situacións, necesidades ou propostas no centro escolar.  Acudir na hora asignada á biblioteca a facer uso da mesma, a ler, consultar, estudar, traballar en equipo, debatir, facer mesas redondas, etc.  Elaborar un obradoiro de creación literaria. Os materiais elaborados exporanse na aula.  Lecturas dixitais e emprego dos ebooks na aula.  Emprego da plataforma de empréstito dixital GALICIALE.  Clube de lectura: Faranse lecturas de texto escollidos. Ao remate de cada lectura iniciarase un coloquio sobre a mesma, consonte ao nivel do alumnado, ao xeito dunha tertulia literaria.  Creación de fichas individuaisavaliativas dos libros lidos.  Participación nos talleres e obradoiros propostos polo equipo de dinamización da biblioteca. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

 Emprego das novas tecnoloxías para elaborar biografías dalgúns autores dos libros escollidos nas lecturas.  O alumnado de quinto curso colaborará, xunto co alumnado de sexto (en parellas, un de cada curso), como axudantes de biblioteca durante os recreos semanais.  Asistencia a un contacontos que acudirá á nosa escola nunha data que se fixará posteriormente.  Traballo coa prensa nas aulas. Este curso, en colaboración co xornal «La Voz de Galicia» participaremos no Programa Prensa Escola. Cada mércores durante todo o curso e durante a Semana da Prensa leranse novas do xornal, de interese para o alumnado, e comentarase non só o contido do lido, senón tamén aspectos lingüísticos do texto: estilo, posibles erros, etc.  Participación na “II semana do Kamishibai”.

AVALIACIÓN DO PLAN.  Avaliación da adecuación e o funcionamento do Plan de Lectura.  Mecanismos para a incorporar melloras por mor da avaliación. UTILIZACIÓN DE RECURSOS E IMPLICACIÓNS ORGANIZATIVAS.  Biblioteca do centro: funcionamento, implicación do alumnado.  Recursos externos ao centro: o Orientaciónsás familias. o Coordinación con diversas institucións: editoriais, Concello, etc. /


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail: ceip.carballedo@edu.xunta.es

o Biblioteca local.  Tecnoloxía da información e a comunicación. o Uso de internet. o Recursos informáticos. MATERIAL BIBLIOGRÁFICO EMPREGADO. Este é un centro plurilingüe, e, se finalmente ven, contaremos cun/cunha lector/a en lingua inglesa. Isto aproveitámolo para traballar nas horas de ler cos cursos que son plurilingües durante unha sesión á semana para facer esa lectura. Ademais disto, tamén é importante sinalar que a biblioteca ten un local anexo no que contamos aproximadamente con quince exemplares do mesmo título. Así o mestre, cando selecciona un libro, despois de rexistrar o empréstito na biblioteca no carnet de cada aula levao á clase e cada rapaz/a ten un exemplar para lelo e desfrutar do pracer da lectura sen ningún custo económico para as súas familias. É preciso sinalar que a biblioteca é a fonte de recursos fundamental para desenvolver este plan anual de lectura. Cómpre por de manifesto que este ano temos á disposición do noso alumnado 20 ebooks, doce son para o empréstito ás aulas para empregar na hora de ler, e os oito restantes son para o empréstito na biblioteca, cunha autorización previa por parte das familias, na cal se compromenten ao bo uso dos mesmos. Ademais disto tamén é importante ou convinte sinalar a colaboración directa coa biblioteca municipal do Concello, tanto para empréstito de exemplares coma efectuar a alta na plataforma de empréstito dixital GALICIALE.

/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.