CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
PROXECTO LECTOR
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
INDICE 1. XERALIDADES .................................................................................... 3 2. CONTEXTO. .......................................................................................... 3 3. MARCO LEGAL.................................................................................... 4 4. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS CLAVE. .................................... 7 5. ORGANIZACIÓN ................................................................................ 12 6. MEDIDAS E ACTUACIÓNS .............................................................. 14 7. AVALIACIÓN ..................................................................................... 18 ANEXO I: ENQUISA DE AVALIACIÓN DO PROXECTO LECTOR .. 19
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
1. XERALIDADES. O proxecto lector de centro é un documento deseñado para o desenvolvemento a medio prazo en que, a partir da análise do contexto en materia de lectura, se articulan todas as intervencións que se van realizar na nosa escola en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas, e coa alfabetización informacional, tomando coma definición a que segue: “
Alfabetización informacional é saber cando e por que necesitas información, onde
atopala e como avaliala de maneira ética. Esta definición é a do Colexio de Bibliotecarios e profesionais da información británico (CLIP).
Coa participación de todo o profesorado e partindo da biblioteca escolar coma o centro de recursos fundamental para a posta en marcha deste P.L., pretendemos potenciar o gusto pola lectura nos diferentes soportes que o noso alumnado poida atopar e que sexan capaces eles mesmos de interpretar e comprender a información que se lles presenta en todos os textos.
2. CONTEXTO. O CEIP Plurilingüe de Carballedo está situado no Concello de Cotobade, a uns 23 kilómetros aproximadamente da cidade de Pontevedra e contamos cunha Biblioteca Municipal no noso pobo coa cal temos contacto e colaboramos, posto que nas nosas reunións da comisión de biblioteca contamos tanto coa Concelleira de Cultura coma coa bibliotecaria sinalada para informalas tanto do que nós fixemos, coma do que pretendemos facer, dos nosos orzamentos… e elas fan o mesmo coas actividades do Concello para ver en que poden colaborar
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
con nós ou para informarnos do que tiñan pensado levar a cabo e que nós, se é posible, acudamos alí co noso alumnado. Para a nosa biblioteca contamos cun espazo aproximado duns 60 metros cadrados, no cal atopamos unha pizarra para facer proxeccións, un canón, uns altofalantes, seis tabletas, e catro ordenadores, dous para o servizo do empréstito, que son empregados polo equipo de dinamización e polos axudantes de biblioteca, aos que denominamos “gardabiblio” e que é o alumnado de 5º e 6º, e os outros dous restantes son para uso e goce dos usuarios. Ademais temos unha conexión wifi propia polo que se pode deducir que para nós é fundamental a alfabetización dixital entre o noso alumnado. Levamos inmersos no PLAMBE dende o curso 2014-2015 e o programa de xestión informática que empregamos é o MEIGA, dando a coñecer todas as nosas novas través do noso blogue: bibliocarballedo.blogspot.com.es.
3.
MARCO LEGAL.
Os referentes legais para a realización do proxecto que aquí se presenta serán, por unha banda, a Lei Orgánica de Educación 2/2006, de 3 de maio, xunto coas modificacións introducidas da mesma na Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa 8/2013, de 9 de decembro. Porén, tamén serán de vital importancia o Decreto 105/2014, do 4 de setembro polo que se establece o currículo de educación primaria na comunidade
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
autónoma de Galicia xunto co Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo de educación infantil da comunidade autónoma de Galicia. A xustificación legal do porque deste proxecto atopase no Decreto 105/2014, concretamente no seu artigo 18 “Bibliotecas escolares e lectura” onde se di que: Os centros deberán incluír no seu Proxecto Educativo un programa de promoción de lectura (O Proxecto lector do centro) onde se incluirán as actuacións destinadas ao fomento da lectura, a escritura xunto co tratamento e a produción de información en apoio a adquisición das competencias clave. Antes de dar paso ao seguinte epígrafe deste proxecto, consideramos fundamental facer unha breve análise do punto do cal partimos, no referente á escrita, a lectura e ao tratamento da información. A) PUNTO DE PARTIDA NO TOCANTE Á LECTURA. Debemos dicir que o noso alumnado acode de maneira regular a biblioteca, tanto de xeito voluntario coma nas horas marcadas pola biblioteca para acudir co seu profesorado titor. Pero o que atopamos cando revisamos os empréstitos realizados ao longo do curso, é que pertencen fundamentalmente ao apartado 8 da C.D.U. (Catalogación Decimal Universal), que é a literatura. No tocante á lectura, tamén é preciso dicir que nos temos 20 minutos de lectura exclusiva na “HORA DE LER” (Art. 15, Decreto 105/2014) e que facemos á volta do recreo. Para facer estas lecturas empregamos varios recursos: por unha banda, unha escolma de lecturas seleccionadas polo equipo de dinamización de biblioteca que denominamos “CAIXAS LECTORAS” contando cunha por
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
aula ou nivel, a cal revisamos e variamos ao longo do curso; por outra, temos á nosa disposición nun local na planta baixa COLECCIÓNS repetidas para prestar ás aulas e así favorecer a compensación de desigualdades e poder ler todos ao mesmo tempo un exemplar, sen necesidade de que o merquen, con carácter xeral, as súas familias. E o último recurso que temos a nosa disposición é 20 LECTORES DE LIBROS ELECTRÓNICOS, 12 que son de empréstito para as aulas e 8 que son de empréstito para os usuarios da biblioteca, sempre e cando conten coa debida autorización familiar. Ademais, é preciso decir que os mércores lemos o xornal na “Hora de ler”, posto que estamos inscritos no programa “PRENSA ESCUELA” e contamos cun exemplar para cada un do noso alumnado dos cursos máis elevados de primaria. B) PUNTO DE PARTIDA NO TOCANTE Á ESCRITA. No noso centro dámoslle moita importancia á oralidade, e non podemos entendela desligada da escrita. Para isto facemos numerosas actividades ao longo do curso, inmersas no noso P.D.I (Proxecto Documental Integrado). Algunha das cales xa temos estandarizadas é a Semana do Kamishibai, que consiste na elaboración de diferentes contos para o teatriño xaponés que posteriormente cóntana ao resto do alumnado. Ademais dista temos ao longo de todo o curso pequenas tarefas que encomenda o equipo de dinamización da biblioteca en coordinación co equipo de dinamización da lingua galega,a través da nosa mascota, mediante cartas que envía as aulas ou pequenos artigos que pon no noso blogue.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
C) PUNTO DE PARTIDA NO TOCANTE AO TRATAMENTO DA INFORMACIÓN. No tocante a este apartado temos que sinalar que para o tratamento da información empregamos un documento que temos enlazado no noso blogue sobre “ Aprender a buscar con eficiencia na rede” de Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro, de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, que consideramos de grande interese e eficiencia para a formación ALFIN do noso alumnado. Tal é como se sinalou no epígrafe anterior levamos a cabo numerosas tarefas implícitas noso Proxecto de cada ano, e a última delas é unha especie de resumo no cal traballamos ao mesmo tempo as tres destrezas, consiste en facer unha investigación, selección, resumo, escribir e tratar a información atopada para posteriormente contala ao resto do noso alumnado e finalizar a actividade cunha posta en común, que de xeito habitual encadernamos e elaboramos un libro que pasa a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
4.
OBXECTIVOS E COMPETENCIAS CLAVE. Xerais:
-
Facer da biblioteca un centro de recursos que apoie a aprendizaxe activa de todas as áreas e niveis, incentivando así o uso da biblioteca por parte de todos os membros da comunidade educativa.
-
Proporcionar un continuo apoio ao programa de ensinanza-aprendizaxe, contribuíndo ao desenvolvemento das competencias básicas.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
-
Converter a biblioteca no recurso fundamental para o Proxecto Lector do Centro, fornecendo de materiais axeitados ás aulas.
-
Acrecentar o vínculo escola-comunidade mediante a lectura.
-
Aprender a buscar información en distintos soportes e formatos a elixir a fonte máis axeitada.
-
Formar usuarios intelixentes e potenciar o seu espírito crítico.
-
Implicar ás familias no desenvolvemento do Proxector Lector para favorecer a lectura diaria das súas fillas/os, a colaboración na procura de información e o apoio en todas aquelas actividades que sexan requiridos.
-
Desenvolver unha proposta máis ampla de actividades co fin de acadar os obxectivos descritos.
-
Desenvolver a imaxinación e a creatividade a través dos recursos que ofrece a biblioteca.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
Específicos: ALUMNADO
PROFESORADO
A PROL DA Desenvolver hábitos Aumentar o interese e o gusto de coidado e pola literatura como expresión responsabilidade cos de coñecemento e cultura. fondos da biblioteca. Espertar no alumnado a necesidade de elaborar as súas propias producións. Fomentar as actividades interaula, coma os apadriñamentos. Traballar a competencia lectora a través de diferentes textos e de recursos. Potenciar a competencia lingüística, a través da lectura.
FAMILIAS LECTURA Implicarse para favorecer a lectura diaria das súas fillas/os. Colaboración na procura de información. Apoio en todas aquelas actividades que sexan requiridos.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
ALUMNADO PROFESORADO FAMILIAS A PROL DA ESCRITA Comprender e Explicar os diferentes tipos Participar en todas as producir diferentes de textos. actividades que se fomenten tipos de textos. tanto dende a biblioteca coma dende as diferentes aulas. Participar en todas as Producir diferentes tipos de dinámicas tanto de textos. aula coma de centro. Potenciar a competencia lingüística a través da escrita e da oralidade, con diferentes dinámicas coma exposicións orais,creación de contos en cadea, de historias, de artigos periodísticos, da dramatización de textos. ALUMNADO
PROFESORADO
A PROL DE Facer unha percura con Alfabetización mediática, eficiencia e criterio pola comprendendo e rede. aplicando as diferentes linguaxes. Seleccionar e resumir a Potenciar a competencia información que se atope . dixital.
FAMILIAS
ALFIN Proporcionar, na medida das súas posibilidades, o achegamento ás novas tecnoloxías aos seus fillos. Potenciar a participación dos seus fillos nos blogues da escola. Producir información en Seleccionar as fontes Empregar as ferramentas formato dixital. informativas para a dixitais, coma o achega ao alumnado. TokappSchool.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
Consideramos que as actividades programadas dende a biblioteca do centro están estreitamente vinculadas á consecución das COMPETENCIAS CLAVE.Posto que a biblioteca escolar é, entre outras cousas, un lugar de achegamento aos textos literarios adaptados aos intereses do alumnado (Competencia en comunicación lingüística). A través das historias destes textos o alumnado adquire nocións de secuencia temporal (Competencia matemática e básica en ciencia e tecnoloxía). Por outra banda, permítelles ampliar os seus coñecementos do entorno que os rodea (Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico). A través da biblioteca, foméntase a procura da información en diferentes soportes (Competencia dixital). A lectura permite que o alumnado tome contacto con realidades sociais diferentes á súa, emitindo xuízos críticos sobre o lido (Sentido crítico e espírito emprendedor). Ademais a Biblioteca é o lugar apropiado de convivencia (Competencia e expresión clave e cidadá). A través dos libros, o alumnado pode achegarse a outras realidades culturais e desenvolver habilidades de creación artística (Competencia cultural e artística). A lectura é un instrumento de aprendizaxe en si mesmo (Competencia para aprender a aprender) que favorece que o alumnado vaia elixindo os seus libros en función dos seus gustos e intereses persoais (Autonomía e iniciativa persoal).
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
5.
ORGANIZACIÓN.
A) HORARIOS A biblioteca permanecerá aberta ao longo da xornada escolar, é dicir, de 09.50 ata as 14.50 horas e posteriormente de 15.40 ata as 16.30, xestionada neste período polos mestres de garda do centro. Ao principio de cada curso escolar a coordinadora da biblioteca entregaralle a cada titor un horario no cal aparecerá reflictido cal é a hora reservada para cada grupo de asistencia á mesma co seu grupo, en que horas estará ocupada, cando é quen estará nela e así poder saber
B) ESPAZOS Nós contamos cunha biblioteca duns 60 metros cadrados aproximadamente, a cal é o centro de recursos para todo o noso alumnado, pero ademais disto e coa finalidade de que o noso alumnado teña aceso á lectura, temos un local, tamén na parte baixa do centro no cal gardamos libros que temos repetidos, e que se mercaron hai xa algúns cursos, coa intención de compensar as desigualdades económicas e sociais ao noso alumnado, e facilitarlle así o acceso á lectura. É importante sinalar que agora mudamos o noso pensamento e preferimos mercar máis exemplares diferentes e non varios exemplares dun mesmo título. Pero como iste é un recurso co que contamos, témolos todos nun espazo a disposición do profesorado, onde poden ir buscar en empréstito para traballar nas súas respectivas aulas, pero é preciso sinalar que estes exemplares ao igual caos do resto dos da biblioteca están rexistrados no MEIGA e, polo tanto, hai que facer o rexistro do seu empréstito.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
c) RESPONSABLES: Este Proxecto Lector está elaborado polo equipo de Dinamización da Biblioteca, formado por : Sandra Álvarez Alonso. Pilar Gesteira Sieiro. F.Javier Guimarey Mariño. Jacobo Núñez Quintela. Cristina Posada Castro. María Paz Rodríguez Barros. María José Viesca Fernández. É coordinado pola mestra responsable do equipo de dinamización da biblioteca e a colaboración e aportación das diferentes aulas. É importante sinalar que o proxecto lector é elaborado polo equipo de dinamización da biblioteca, pero que é fundamental a implicación por parte de todos os membros do Claustro para a súa execución posto que senón non é unha tarefa posible.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
6.
MEDIDAS E ACTUACIÓNS. 1. APLICADAS Á BIBLIOTECA ESCOLAR:
A nosa biblioteca escolar pretende ser: -
Por unha banda, un centro de recursos multimedia ao servizo da comunidade escolar totalmente integrado no proxecto educativo e curricular do centro que fomente métodos activos de ensinanzaaprendizaxe.
-
Por outra banda, tamén pretendemos que continúe a ser un centro de recursos intelectuais xerador dunha dinámica transformadora que vaia traendo o cambio curricular, e isto leve con sigo unha potenciación da educación en valores, pretendendo acadar así un alumnado máis xusto, solidario e crítico, e que isto se reflicta na sociedade. O noso obxectivo fundamental é crear lectores polivalentes capaces de comprender e expresarse en calquera linguaxe (escrita, cinematográfica, musical, plástica…) e conseguir colaborar na súa alfabetización informacional, acadando así a posibilidade de aprender por si mesmos calquera cousa que lles esperte interese e ser quen de seleccionar a información que reciben, nesta sociedade en que estamos inmersos, a sociedade da información, e participar na formación global da súa personalidade. Queremos desbotar a visión dunha biblioteca entendida coma un contido curricular máis ou coma unha visita cultural, e queremos inculcar a idea dunha biblioteca viva, moderna e operativa, entendida coma un centro de aprendizaxe,
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
comunicación, información e ocio, coma un verdadeiro núcleo da labor educativa e como fonte de documentación e investigación. 2. APLICADAS AO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN. O equipo de dinamización da biblioteca escolar levará a cabo diferentes actividades establecidas e programadas no Plan Anual de Lectura. Establecerase un sistema de préstamos de libros e material audiovisual, supervisado polos profesores encargados da biblioteca escolar e o alumnado de 5 º e 6º de primaria. Ao comezo de curso o equipo de dinamización entregará aos titores de cada curso un horario no cal aparecerá unha hora reservada para que poidan acudir á biblioteca realizar o servizo de préstamo. Os fondos da biblioteca escolar están catalogados mediante a C.D.U. (catalogación decimal universal) e o emprego dun programa informático de xestión da biblioteca, o MEIGA, e polo tanto o equipo deberá manter esta catalogación nas seguintes incorporacións. O equipo de dinamización,escoitando ao alumnado, as familias e ao resto dos mestres, proporá un tema para levar a cabo un proxecto documental integrado (P.D.I) no cal participará tanto o alumnado do centro coma o resto da comunidade educativa., e a Biblioteca será o eixe do mesmo , tanto para levar a cabo as diferentes actividades do proxecto, como sesións de charlas,
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
contadores de historias, contacontos… coma para expor os traballos do alumnado. Ao comezo de cada curso elaborarase un Plan Anual de Biblioteca, no cal se reflectiran os horarios de funcionamento, o persoal encargado, as actividades previstas, e toda aquela información que se considere relevante para o correcto funcionamento da mesma. Cómpre sinalar que o obxectivo fundamental ou principal do Proxecto Lector é o fomento da lectura e da escritura e a adquisición das competencias básicas, programarase anualmente un Plan de Lectura Anual onde aparecerán os diferentes plans para cada unha das etapas educativas impartidas no noso centro (infantil e primaria) que incidirán na consecución destes obxectivos. 3. APLICADAS AO EIDO DA AULA. Destacamos aquí a impartición dunha sesión diaria dedicada á lectura de vinte minutos de duración á volta do recreo, e será impartida, con carácter xeral, polo profesorado titor do grupo. Esta medida é consonte co expresado no artigo 19.3 da LOE, xa que a formación da lectura comprensiva esixe un traballo progresivo e continuado. Cada mestre, en función das características de cada grupo en xeral e do alumnado en particular,levará a cabo diferentes actividades referidas á lectura, tanto na aula coma na biblioteca, xa que cada día acode un grupo á biblioteca, en función do marcado no horario da mesma.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
Algunhas das estratexias xerais para levar a bo remate estas sesións serán as seguintes: Antes de ler: Activar o coñecemento previo. Establecer predicións sobre o texto. Fomentar a preguntas sobre o texto. Durante a lectura: Lectura silenciosa individual previa a calquera actividade de lectura. Lectura en viva voz para favorecer a entoación e o ritmo lector. Despois da lectura: Facer dinámicas de comprensión lectora. Dramatizacións interaulas. 4. COLABORACIÓN HORIZONTAL E TRANSVERSALIDADE. No deseño de actividades nos Plan Anual de Lectura é fundamental a implicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A integración de diferentes programas nun proxecto máis amplo posibilita unha máis grande coherencia e riqueza nos contidos propostos para desenvolver ao longo do curso escolar.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
7. AVALIACIÓN. Ao final do curso, o equipo de dinamización da biblioteca escolar, coordinados polo mestre responsable farán unha análise dos resultados e así comprobarán a consecución dos obxectivos propostos .Nesta reunión participará o profesorado encargado de impartir a sesión de lectura, así poderán achegar información sobre o desenvolvemento dos Plans Anuais de Lectura. Así mesmo cómpre sinalar que se pasará unha enquisa a todos os mestres sobre os hábitos lectores, a comprensión lectora, as dificultades atopadas ao longo do curso, propostas de mellora, etc. Esta enquisa pode observarse no ANEXO I, do presente documento. Con estes datos o mestre responsable da biblioteca escolar elaborará unha memoria anual das actividades realizadas que formará parte da Memoria do Curso. Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha do proxecto lector e das súas concrecións nos plans anuais de lectura. Para a avaliación de aspectos relacionados co hábito lector teranse en conta non só os índices de lectura, senón tamén a capacidade do alumnado para avanzar na súa competencia literaria e ser quen de se enfrontar a textos progresivamente máis complexos e de diferentes tipoloxías, así coma a súa actitude diante da lectura como medio de aprendizaxe, fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO Cuqueira s/n – Carballedo – 36856 Cotobade Tfno.: 986 760901 Fax: 986 760998 e-mail:ceip.carballedo@edu.xunta.es
ANEXO
I:
ENQUISA
DE
AVALIACIÓN
DO
PROXECTO LECTOR. 1. Coñeces o Proxecto Lector de centro? SI NON 2. Consideras que o proxecto lector é funcional e realista? 1-2-3-4-5 3. Paréceche que se acadaron os obxectivos propostos neste P.L.? 1-2-3-4-5 4. Consideras que a través do Proxecto Lector melloramos a competencia lectora do noso alumnado? 1-2-3-4-5 5. As actividades de dinamización da biblioteca fomentan os hábitos lectores entre o noso alumnado? 1-2-3-4-5 6. O P.L. axuda a adquirir destrezas para o tratamento da información? 1-2-3-4-5 7. Consideras que o P.L. axuda a desenvolver a competencia lingüística? 1-2-3-4-5 8. Que propostas ou melloras farías?