Casta Revista
LAS U A S A N S E D A ACTIVID
e c i d u j e r P d n a e o d d i e r l l P a b r a C o Bibli CURSO 2017/2018
OUTUBRO Mes das bibliotecas escolares O día 24 de outubro é o día internacional das Bibliotecas escolares, e coma cada ano nós celebramos dous acontecementos moi importantes. Por unha banda o aniversario de Castañón, a nosa mascota e por outra o IV Concurso de Ambientación de Portas, co que da comezo o noso P.D.I. de cada curso, e que este ano é…OA ANO DA ARTE EN BIBLIOCARBALLEDO. O ANIVERSARIO DE CASTAÑÓN: Como se pode observar na primeira fotografía este ano tivo moitísimos agasallos do noso alumnado. IV CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS Este curso, levamos a cabo a IV edición do noso concurso de ambientación de portas. Os vencedores foron o alumnado de infantil, en segundo lugar quedou o alumnado de 3º e 4º e na terceira posición o alumnado de 2º de primaria. Pero como o importante non é gañar senón participar, aquí se poden observar as fotografías de todas as portas participantes. CONTOS DE MEDO QUE DEIXAN DURMIR O pasado 26 de outubro o alumnado de infantil ata 2º de primaria acudiu á biblioteca Municipal para ver a Caxoto Contacontos . Estiveron moi atentos e moi ledos como se pode comprobar nas fotografías do evento.
E... CHEGOU O SAMAÍN
O día 30 de outubro celebramos na nosa escola o Samaín. Este ano fixemos catro obradoiros e outros tantos grupos, morcegos, pantasmas, bruxas e cabazas onde había rapaces e rapazas de todos e cada un dos cursos do centro. Unha vez agrupados foron rotando polos catro obradoiros, o de maquillaxe, o de comida creativa, de creación de cadros e o derradeiro e de elaboración de manualidades e de fotografías terroríficas. Fixemos dúas quendas e de seguido levamos a cabo uns APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOSSS, onde o alumnado de 6º leulle ao alumnado de 3 anos, o de 5º aos de 4 e 5 anos, e o de 3º e 4º a 1º e 2º. E para rematar a xornada tivemos unha comida de medo onde non podía faltar a crema de cabaza.
Novembro. Día da palabra O 20 de novembro celebramos na escola o día da palabra. Este curso relacionamos a Arte e as emocións e realizamos un mural ao que chamamos EmociónARTE, que consistía en que cada alumno elixise unha emoción e posteriormente, nunha folla en forma de bandeira a ilustrase. Durante a hora de ler desta xornada fixéronse as exposicións e colgáronse os debuxos no corredor da escola.
POLO CORREO DO VENTO
O mércores día 29 de novembro tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca aos compoñentes de POLO CORREO DO VENTO que viñeron facernos un pequeno percorrido da man de Petra polas terras de Pontevedra. Foi unha experiencia estupenda posto que un dos membros do grupo contaba a historia, e o outro ía facendo a ilustración. Unha vez rematada esta parte, chegou a quenda para facer unha rolda de preguntas, e posteriormente, ensináronnos como facer unha ilustración, cunhas pequenas pautas para levar a cabo un personaxe cómico ou caricaturizado. O certo é que nos resultou unha experiencia marabillosa posto que como xa sabedes, estamos a traballar A ARTE e ver de preto uns artistas tanto da palabra coma da ilustración resulta sempre gratificante.
Ed. Infantil 3 anos UNS RETRATOS MONSTRUOSOS CON MOTIVO DO SAMAÍN AS NENAS E OS NENOS DE 3 ANOS PINTAMOS UNS RETRATOS DE MONSTRUOS TERRORÍFICOS.
DECEMBRO NADAL Cada ano relacionamos as celebracións de obrigado cumprimento coa temática do noso P.D.I. do curso, que este ano é a ARTE. O primeiro que fixemos foi un traballo de investigación nas aulas sobre os diferentes tipos de arte que imos traballar ao longo do curso. De seguido elaboramos un código de cores onde se representa cada unha delas, tal é como se pode ver na fotografía da esquerda.
Despois en cada aula buscamos artistas e as súas obras características de cada un deles e posteriormente seleccionamos a información e plasmámola graficamente en varias árbores de Nadal. Ademais deste traballiño, celebramos o remate do trimestre visualizando dúas películas, xa que o cine é considerada unha arte. Por unha banda o alumnado de infantil e 1º de primaria visualizaron “Nico o reno que quere voar” e o alumnado de 2º ata 6º viron “Ballerina”. Unha vez finalizada a visualización das películas, tivo lugar unha festa de Nadal no comedor da escola, onde mestres e alumnado compartiron un xantar, e tempo de troula.
MANUALIDADES DE 1º
CÁMARA DE FOTOS PORTA CASTAÑAS MATERIAIS:
o Cartolina.
o Cartón de leite baleiro.
o Rotulador.
o Tubo de papel hixiénico.
o Silicona quente.
o Cola branca.
o Velcro.
o Pintura e pincel.
o Cordel.
o Papel hixiénico ou de cociña.
o Tapón de auga.
1. Pegamos o tubo de papel hixiénico no centro do cartón de leite, empregando adhesivo de barra.
2. Recubrimos todo con papel hixiénico e imos empapando con axuda dun pincel coa mestura ArtAtack (auga e cola branca en partes iguais), isto fará mais resistente a nosa cámara. Esperamos a que seque. 3. Dámoslle cor, o interior do tubo irá de negro, o exterior deixámolo á vosa elección. Esperamos a que seque.
ODNATNIP
Temos que esperar a que seque.
4. A continuación e coa axuda dun adulto cortamos un dos lados, que usaremos como tapa. Sempre deixando un dos lados unidos. 5. Con cartolina facemos un cadrado e unímolo con axuda dunha grapadora, para facer a nosa mira. 6. O tapón pegarémolo nunha esquina para que sexa o noso botón de disparo, nos empregamos silicona quente. 7. Cun rotulador negro fixemos o resto
POSANDO
de detalles. 8. Por último, engadimos un cordel para poder levala ao pescozo, e unha tira de velcro para que a tapa quedara pechada.
XANEIRO MES DA PINTURA Este curso estamos a traballar a Arte e cada mes dedicámola a unha delas, este primeiro mes do ano dedicámolo á PINTURA. E cada aula traballou un pintor ou pintora, que o derradeiro venres do mes, expuxo ante o resto do alumnado. Os vídeos das exposicións, ordenados dende o alumnado de 3 anos ata o de 6º de primaria, pódense ver no blog da biblioteca (bibliocarballedo.blogs pot.com.es).
3 ANOS
O Alumnado de 3 anos traballou a Paul Klee.
O alumnado de 4 e 5 anos a Joan Miró.
4 e 5 ANOS
O alumnado de 1º traballou a Vicent Van Gogh.
1º
Os de 2º investigaron sobre Leandro Lamas.
2º
MES DA PINTURA
ORIENAX
Os de 3º traballaron a figura de Velázquez.
3º
Os de 4º traballaron sobre Picasso.
4º
Os de 5º homenaxearon a figura de Salvador Dalí.
5º
E os de 6º traballaron a Frida Kahlo.
6º
E X P L O R E
|
B A R C E L O N A
E D I T I O N
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR O día 30 de xaneiro é o día da Paz e da
interpretando a canción "Paz" de Juanes
non Violencia escolar e nós celebrámolo,
no patio. E por outra, continuamos
facendo dúas actividades, por unha
traballando a arte por medio da pintura,
banda relacionamos esta celebración coa
xa que elaboramos un mural cunha
arte, polo medio da danza e da música,
pomba debuxada e plasmamos as nosas
cantando e
mans, como símbolo da Paz mundial.
EXPOSICIÓN DE LEONARDO DA VINCI Aproveitamos a exposición de
algunhas obras pictóricas, e
LEONARDO DA VINCI “THE
mesmo ata o primeiro coche, e
EXHIBITION”, en Vigo, para que
aprendemos cousas tan
o alumnado de primaria se
interesantes coma que Da Vinci
achegase á figura do xenio
foi o inventor de cousas tan
italiano.
cotiás coma a calefacción ou os
Na exposición de, primeiro viron
sumidoiros. Así mesmo tamén
un documental sobre a vida de
estudou máquinas voadoras
Leonardo e posteriormente
dando lugar ao primeiro
visualizaron réplicas dalgúns dos
helicóptero.
seus inventos, as litografías que
Ao remate acudiron ao Parque
fixo sobre a anatomía humana,
de Castrelos,para visitar o
LEONARDO DA VINCI máquinas de guerra,
Museo Quiñones de León.
IMPRESIÓN 3D Dende o pasado mes de xuño temos na
programas como o Mblock, montan e
escola unha impresora 3D, que nos
desmontan Escornabots e os robots
achegou a Asesoría por formar parte do
doutro proxecto de Iniciación a robótica
Proxecto Escornabot na biblioteca
(Mbots). Ademais andan a artellar, con
escolar.
axuda dos seus mestres, con esta
Dende comezo deste curso,o alumnado
impresora.
de 5º e 6º está tendo unha hora
Aquí unha fotiño do que levan feito ata
semanal de robótica, onde empregan
o momento.
RADIO NA BIBLIO Este curso presentámonos á iniciativa que sacou a Asesoría de bibliotecas como proxecto piloto e tivemos a sorte de ser un dos 20 centros seleccionados de toda Galicia. Grazas ao orzamento desta iniciativa elaboramos na escola a nosa Cast@_radio que é unha emisora de radio que aínda que non está situada dentro da biblioteca, forma parte da mesma.
Ponte nas Ondas cos de 5º e 6º. IAo carón desta iniciativa o alumnado de 5º e 6º participou nun obradoiro de formación a cargo da asociación “Ponte nas Ondas”. Foi unha experiencia marabillosa, para comezar a ter contacto co mundo radiofónico, posto que acudiron Damián, un actor de dobraxe que lles ensinou a modelar a voz e o ton, e Xerardo , un mestre xubilado que lles ensinou a parte máis práctica. Con eles fixemos unha proba de como sería un programa de radio.
VALOR-ARTE 2º Na clase de 2º curso, durante este primeiro trimestre, estivemos traballando os valores de diversos xeitos. Fixemos dinámicas en torno a esta temática das que falaremos brevemente para dar conta do que aprendemos. Unha delas foi a lectura compartida do libro “Te quiero casi siempre”, de Anna Llenas. Foi unha historia que nos gustou moito e que fixo que nos déramos conta de que cada un ou unha de nós é diferente, un ser único e irrepetible; e que , por conseguinte, debemos respectar esas diferenzas nos demais. Ademais como artistas que somos, e este ano co proxecto do cole máis aínda se cabe, debuxamos anacos do conto recollendo algún fragmento do mesmo… quedaron ben bonitos!
Outra dinámica foi en torno ás “caricias positivas”. Cada un de nós tiña pegado un papel nas costas co seu nome e, mentres bailabábamos, escribíamos características positivas desa persoa. Logo, fixemos unha posta en común, na que saíron expresións tan bonitiñas como as que seguen: “hai moito amor entre nós”, “todos somos amigos”, “todos temos cousas boas” e “é importante destacar as cousas boas”. Case nada! Finalmente e para finalizar algunhas das sesións, realizamos algunha dinámica de relaxación: escoitamos música suave e tranquila, respiramos profundamente, démonos masaxes uns aos outros… e démonos conta de que estes momentos nos gustan, son necesarios e positivos para levar mellor a mañá! Seguiremos contándovos o que facemos neste pequeno mundo. Un saúdo!
FEBREIRO MES DA ESCULTURA Este curso estamos a traballar a Arte e cada mes dedicámola a unha delas, este mes dedicámolo á ESCULTURA. E cada aula traballou un escultor ou escultora, que o derradeiro venres do mes, expuxo ante o resto do alumnado. Os vídeos das exposicións, ordenados dende o alumnado de 3 anos ata o de 6º de primaria, pódense ver no blog da biblioteca (bibliocarballedo.blogs pot.com.es).
O Alumnado de 3 anos traballou a César Manríquez.
3 ANOS
O alumnado de 4 e 5 anos a Alexander Calder.
4 e 5 ANOS
O alumnado de 1º traballou a Niki de Saint Phalle.
1º
Os de 2º investigaron sobre Ibarrola.
2º
MES DA ESCULTURA
ORIERBEF
3º
Os de 3º traballaron a figura de Eduardo Chillida.
Os de 4º traballaron sobre Rodin.
4º
Os de 5º homenaxearon a figura de Andy Warhol.
5º
E os de 6º traballaron a Fernando Botero.
6º
Entroido Este ano no entroido tivemos un visitante, chamábase Gusmalote, e era un verme moi fedello. Levaba moito tempo agachado no patio da escola observando o ben que o pasabades na escola co voso amiguiño Castañón. Descubriu que facíades unha morea de traballiños, que lle facíades agasallos polo seu aniversario, que iades velo a biblioteca. Pero cansou de ver iso e quixo ocupar o lugar da nosa mascota, polo que secuestrou a Castañón e foinos facendo uns mandatos que cumprimos sen rechiar para rescatalo san e salvo.
Festa do Entroido E despois disto chegou o ansiado día da
das páxinas seguintes.
festa do entroido e levamos a cabo varias
Por outro lado tivemos varios concursos:
actividades.
un de disfraces tanto para o alumnado
Por unha banda, participamos nun desfile
coma para as súas familias e outro de
de moda artístico, onde desfilaron
sobremesas.
personaxes tan coñecidos coma Dalí,
A derradeira actividade antes da entrega de
Picasso, Frida, Agatha, Van Gogh, Cocó
diplomas e da troula foi a queima de
Chanel, as Meninas, o cadro do Grito e
Gusmalote.
outros moitos que podedes ver nas fotos
DÍA DA POESÍA
O pasado 21 de marzo celebramos na nosa escola o día mundial da poesía e para isto levamos a cabo uns APADRIÑAMENTOS POÉTICOS, nos cales o alumnado de 3º ata 6º apadriñaron ao alumnado de infantil e de 1º e 2º. Nesta ocasión decidimos elaborar os apadriñamentos con poemas en beizos de muller, fixemos varias listaxes en función da linguaxe na que estaban escritos e en función da boca na que estaban escritas, se estaban en beizos de homes ou de mulleres.
RADIO TEATRO DE 5º OBRA TEATRAL CREADA E INTERPRETADA NA CAST@RADIO POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA NO CEIP PLURILÍNGÜE DE CARBALLEDO NO CURSO ESCOLAR 2017/2018 QUEN ME ROUBOU A MERENDA?
(Era un día máis no colexio de Carballedo. O alumnado de 5º dirixíanse ao recreo cando...) NEREA: E o meu bocadillo? Onde está? Coméronme o meu bocadilliñooo... SARA: Tranquilízate Nerea que o vamos a recuperar! ALAIN: Si! Imos a investigar... NEREA: Óscar, Alain! vos ides ir á biblioteca. Andrea e Paula, vos ó espazo da impresora 3D; Sabela e Fernando iredes mirar á sala de robótica e Sara mais eu ao despacho do director. TODOS: Vale!!!! (Óscar e Alain dirixíronse á biblioteca e unha vez alí...) ÓSCAR: Aha, pilleite Anxo! ALAIN: Mellor dito o pillamos, eu tamén participo. ANXO: Vale... si... admítoo! fun eu quen lle roubou o bocadillo a túa nai Alain. ÓSCAR: Pero, pero... ALAIN: Nos buscábamos o de Nerea, pero aínda así moi mal! Larpeiro!! (Mentres... noutra zona do colexio, Andrea e Paula dirixíanse á sala da impresora 3D...) PAULA: Imos a buscar... ANDREA: Ei, non corras larpeiriño que te pillamos. KEVIN: Ai, perdón perdón... e que necesito vitaminas! PAULA: Si si... devólvelle o bocadillo a Nerea. KEVIN: Este non é de Nerea, é do cociñeiro! ANDREA: Ai, búsqueda fallida....
RADIO TEATRO DE 5º (O colexio seguía sendo investigado, os alumnos Sabela e Fernando entraban na clase de robótica...) FERNANDO: Sabela, eu non vexo a ninguén! SABELA: Eu tampouco. FERNANDO: Vou mirar detrás da porta... (E cando miraron....) SABELA: Que fas profe? PROFE: Comendo meu bocadillo e... preparándovos un... SUSTOOOOO!!!!! FERNANDO E SABELA: Aaaaiiii, uff que sustoooo!!! PROFE: Hi hi hi... SABELA: Outro susto mais!!! (A última parella en investigar, Sara e Nerea, dirixíase ao despacho do Director...) SARA: Hai alguén aquí? (Aparece de súpeto Naiala...) NAIALA: Parabéns para ti... NEREA: Pero que dis? (Detrás de Naiala aparecen tamén o resto dos compañeiros) NAIALA E DEMAIS COMPAÑEIROS: Parabéns para ti... NEREA: Pero repito... que dicides?? NAIALA: Logo non e o teu aniversario Nerea? NEREA: Pois non! NAIALA: Vaia chasco rapazada! Argallei toda esta trama, escondendo o bocadillo para que chegaras ata aquí e cantarche a canción do teu aniversario. NEREA: Naiala e compañeiros, agradézovos a intención pero... como di meu avó... “Acabades de meter a zoca na sachadeira” TODOS: Ha ha ha ha.....
FIN
ENTREVISTA AO CONSELLEIRO Entrevistamos ao conselleiro de educación na Cast@radio Durante o pasado mes de febreiro o Conselleiro de Educación, D. Román Rodríguez, acompañado doutras autoridades, acudiu á nosa escola, para coñecer a nosa Cast@radio posto que fomos un dos vinte centros seleccionados para participar no programa Radio na Biblio, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. O alumnado de 5º e 6º non deixou pasar a ocasión para facerlle unha entrevista.
Actividades durante os recreos do comedor
Bibliocarballedo
Durante este curso, bibliocarballedo, presentou outra novidade, xa que en todos os recreos do comedor se realizaron actividades, para que o noso alumnado puidese acudir å biblio, ben fose para facer a actividade correspondente ou de xeito libre para gozar da lectura, para xogar, para investigar ‌ aproveitando todas e cada unha das posibilidades que se ofrecen para o alumnado. Foron moitas as actividades realizadas.
Ed. Infantil 3 anos SOMOS UNS ARTISTAS AS NENAS E OS NENOS DE 3 ANOS XOGAMOS A SER PINTORES. AQUÍ VOS PRESENTAMOS ALGUNHAS DAS NOSAS OBRAS.
MARZO MES DA ARQUITECTURA O pasado mes de marzo tocounos traballar a arquitectura tanto nas aulas coma nas casas coas vosas familias. Nesta ocasión, Castañón agasallou ao noso alumnado cuns crebacabezas dun monumento famoso, a cada aula tocoulle un diferente e a partir de aí comezou a investigación. Os vídeos das exposicións, ordenados dende o alumnado de 3 anos ata o de 6º de primaria, pódense ver no blog da biblioteca (bibliocarballedo.blogs pot.com.es).
O Alumnado de 3 anos traballou a Torre Eiffel.
3 ANOS
O alumnado de 4 e 5 anos o Taj Mahal
4 e 5 ANOS
O alumnado de 1º traballou a Catedral de San Pablo.
1º
Os de 2º investigaron sobre Tower Bridge.
2º
MES DA ARQUITECTURA
Os de 3º traballaron a Catedral de Santiago.
OZRAM
3º
Os de 4º traballaron sobre a Catedral de Notre Dame.
4º
Os de 5º homenaxearon a Sagrada Familia.
5º
E os de 6º traballaron a Catedral de San Basilio.
6º
PROGRAMA XOGADE
CROSS SOUTELO DE MONTES Outro ano mais os nenos e
de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º
nenas do noso cole
participou nunha carreira de
participaron no Programa
cross adaptada a cada idade. A
Xogade, destinado a fomentar
mágoa foi que o clima non nos
a práctica de actividade física
acompañou, pero para repoñer
baixo uns parámetros
forzas e quentar un pouquiño o
educativos saudables.
corpo, puidemos gozar dun
No mes de novembro fomos á
rico chocolate quente.
localidade de Soutelo de Montes. Alí o alumnado
COMPETICIÓNS ESCOLARES Despois durante os meses de
lúdica e divertida de acercarnos
marzo e abril, o alumnado de
ao mundo do deporte, de
3º, 4º, 5º e 6º competiu contra
coñecer outros colexios e de
outros colexios en fútbol,
facer novos amigos.
baloncesto, xadrez, balonmán,
Este ano concretamente
bádminton, tenis de mesa e o
visitamos os colexios de A Lama
maior descubrimento do ano, o
e de Fornelos de Montes. Por
datchball. Nestas competicións
outro lado, recibidos cos brazos
sempre se premiou a
abertos aos coles da Reigosa e
participación por enriba do
de Ponte Candelas.
resultado. Foi unha forma
VISITAS AOS COLES
VISITAS AOS COLES
TRAEMOS VIDA Á AULA!
Coa chegada da primavera pensamos que era boa idea traer un pouco desta estación á nosa aula. Por iso decidimos plantar lentellas e fabas. Ímosvos explicar como o realizamos, por se vos apetece facelo na casa. É ben doado!
O primeiro que fixemos foi poñerlle o noso nome e o da planta a cada vaso. Logo, collemos un anaco de algodón e humedecémolo un pouco en auga. Despois, metemos o algodón no bote xunto cunhas poucas lentellas e fabas, por separado. Finalmente, colocamos todos os vasos xunto á ventá, para que lles dea a luz do sol (cando a hai …). Cada día, ao chegar ao colexio, todas e todos imos ver como van medrando as
nosas legumes. Empezando polas raíces, o talo e rematando polas follas. Cando máis nos gusta é despois da fin de semana, é emocionante! Medran unha barbaridade! Todo este proceso, ademais, recollémolo nuns apuntamentos. Ah! Por certo, de cando en vez tamén é necesario regalas, pero moi pouquiño, non vaia a ser que afoguen! Esperemos que o intentedes facer na casa. Un saúdo!
Ed. Infantil DÍA DO PAI O 19 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA DO PAI E AS NENAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXÉMOSLLE UN AGASALLO QUE CONSISTIU NUN CADRO FEITO POR NÓS:
ABRIL MES DAS ARTES ESCÉNICAS O pasado mes de abril tocounos traballar AS ARTES ESCÉNICAS tanto nas aulas coma nas casas coas vosas familias. Nesta ocasión decidimos traballar tres artes, A MÚSICA(O alumnado de 3 anos e de 5º de E.P), A DANZA ( 4 e 5 anos e 3º e 4º) E O TEATRO( Alumnado de 1º,2º e 6º). Os vídeos das exposicións, ordenados dende o alumnado de 3 anos ata o de 6º de primaria, pódense ver no blog da biblioteca (bibliocarballedo.blogs pot.com.es).
O Alumnado de 3 anos traballou a Música.
3 ANOS
O alumnado de 4 e 5 anos a Danza.
4 e 5 ANOS
O alumnado de 1º traballou o Teatro.
1º
Os de 2º investigaron sobre o Teatro..
2º
MES DAS ARTES ESCÉNICAS
Os de 3º e 4º traballaron a Danza.
3º e 4º
LIRBA
Os de 5º homenaxearon a Música.
5º
E os de 6º traballaron o Teatro.
6º
IV SEMANA DO KAMISHIBAI
8102 ED LIRBA ED 72 OA 32 OD
EXPOSICIÓN Este curso para conmemorar a semana do libro, levamos a cabo a IV SEMANA DO KAMISHIBAI, que consiste en elaborar un conto para o Kamishibai, que é un teatriño xaponés sobre o tema do P.D.I. do curso, e nesta ocasión, como xa sabedes versa sobre A ARTE.
Ademais de facer os contos para o Kamishibai, nesta semana tamén fixemos os APADRIÑAMENTOS LECTORES.
APADRIÑAMENTOS
MAIO MES DA LITERATURA O pasado mes de maio, mes das letras galegas, tocounos traballar, como non podía ser doutra maneira A LITERATURA tanto nas aulas coma nas casas coas vosas familias. Os vídeos das exposicións, ordenados dende o alumnado de 3 anos ata o de 6º de primaria, pódense ver no blog da biblioteca (bibliocarballedo.blogs pot.com.es).
O Alumnado de 3 anos traballou a Antonio García Teijeiro.
3 ANOS
O alumnado de 4 e 5 anos a María Victoria Moreno.
4 e 5 ANOS
O alumnado de 1º traballou a Pepe Carreiro.
1º
Os de 2º investigaron sobre Fina Casalderey.
2º
MES DA LITERATURA
Os de 3º e 4º traballaron a figura Castelao.
3º e 4º
OIAM
Os de 5º homenaxearon a figura de Agustín Fernández Paz.
5º
E os de 6º traballaron a Rosalía de Castro.
6º
PRESENTACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE ANTÓN FRAGUAS O noso Concello, foi o encargado de repartir as unidades didácticas, que se realizaron para homenaxear a figura de Antón Fraguas, que foi un veciño do noso Concello que foi escritor, historiador e etnógrafo de Cotobade, cando se cumpren 20 anos do seu pasamento. Este acto fíxose na nosa escola, na cal participou o Alcalde Jorge Cubela, o secretario Xeral de Política Lingüística D. Valentín García e a vicepresidenta da Fundación Fraguas Dna. Concepción Losada. Remataron a presentación entregándonos un díptico sobre Antón Fraguas.
Ed. Infantil SEMENTAR, SEMENTAREI ... ESTE ANO, EN E. INFANTIL DECIDIMOS FACER UNHA HORTA E NELA SEMENTAMOS: PEMENTOS, LEITUGAS, COLES, CENORIAS, PIRIXEL E NÉSPERAS.
CO ME MO DR AN !!!
EN 1º APRENDEMOS SOBRE AS PRANTAS En naturais os nenos e nenas de primeiro estudamos as plantas. As súas partes e a forma que teñen de reproducirse. Para poder entender mellor estes procesos decidimos investigar. Un día saímos ao xardín do cole e rebuscamos baixo os carballos ata atopar unha landra que estivese xerminando, deste xeito comprendemos como nace unha nova planta dunha semente.
Por outro lado tamén aprendemos que había plantas como o xeranio, que se reproducen collendo un anaquiño do seu talo e plantándoo na terra. Ese anaco forma raíces e sae unha nova planta. Para entendelo mellor, o mestre trouxo tres anacos dunha planta, que puxemos nun vaso con abundante auga. Despois de varias semanas vimos que as raíces comezaban a crecer nun deles.
Ed. Infantil 3 anos
DÍA DA NAI O 6 DE MAIO CELEBROUSE “O DÍA DA NAI” E, CON TAL MOTIVO, AS NENAS E NENOS DE INFANTIL FIXEMOS UNHAS PULSEIRAS CON PASTA DE MODELAR E PINTADAS COA TÉCNICA DE IMPRESIÓN EN AUGA.
CLASE DE 2º
EXPERIMENTAMOS Para traballar os contidos sobre os distintos materiais e as súas propiedades estivemos experimentando para ver os que flotaban e os que non. Para facelo collemos a bandexa de plástico na que temos os vasos de todas e todos os da clase, e enchémola de auga. Logo, preparamos distintos obxectos e materiais que tiñamos na clase: ALGODÓN, BARCO DE PAPEL, LENTELLAS, BOTE DE CRISTAL, VIRUTAS DE CORES, VASO DE PLÁSTICO, REGRA, PEDRA, PLASTILINA, PAU. Cada un de nós ía metendo un dos
obxectos e explicando como era a súa reacción; é dicir, se flotaba ou non. As nosas ideas previas foron cambiando ao longo do experimento, pois ás veces críamos que algún non flotaba e si o facía! Pouco a pouco, fomos recollendo estes datos no caderno a modo de ficha, como podedes ver na imaxe. Cando conseguimos meter na auga os dez materiais … o resultado é o que vedes! Unha enleada! Vós tamén experimentades? Un saúdo!
Os periodistas de sexto
Nesta secciĂłn poderemos atopar unha serie de artigos periodĂsticos feitos polo alumnado de sexto de primaria.
A CLASE DE ROBÓTICA Esta “materia” é unha nova optativa que tomaron os cursos de 5º e 6º do CEIP Plurilingüe de Carballedo. A duración é de 50 minutos, unha vez á semana. Neste tempo utilizamos os ordenadores para facer xogos, desmontar aparatos eléctricos coma ordenadores ou Escornabots. Nestes momentos estamos a traballar cuns robots chamados MBots facemos moitos programas con gran utilidade: termómetros, calculador de distancia ou un xogo de sumo. Á maioría dos nenos gústalle. Esta optativa é moi interesante, é unha gran idea, e non estaría mal utilizala noutros colexios. Eu recomendaríaa xa que é moi innovadora e interesante. Mateo e Martín
A CAST@RADIO POR JOSE UCHA BOUZAS No colexio Plurilingüe de Carballedo, xa temos radio! E xa temos todo preparado. Todos os nenos e nenas de sexto estamos moi orgullosos que ser seleccionados entre trescentos colexios para ter radio. Todas as semanas facemos un programa de radio no que hai as seguintes seccións: “O refraneiro de primeiro”, ”Os infantís opinan de…”, “Sacando a lingua a pacer”, “O Castaconcurso de terceiro e cuarto”, “Os de segundo lemos un mundo”, e os de quinto e sexto encargámonos da sección variable, de facer entrevistas e de ser os cast@reporteiros facendo reportaxes dos diferentes eventos. Tamén queremos informarvos de que temos unha Web moi chula na que podedes entrar; o seu nome é www.bibliocarballedo.blogspot.com.es na que tedes toda a información de todo o que facemos: traballos, proxectos, exposicións, fotos de excursións, concursos, días de celebracións, etc.
A HORTA By Kibrom
Neste curso os nenos de sexto, fixemos unha horta na clase. Primeiro movemos a terra para airear, e regรกmola. Despois sementamos as plantas que nos deu a mestra Paz, deunos leitugas, cenorias e pementos . Mentres as plantas medraban tivemos que regalas e arrancar as malas herbas. Cada un de nรณs foi responsable dunha planta pero todos e todas coidabamos de toda a horta . Foi unha experiencia moi bonita e moi divertida.
Alberto e Sofía
OS RAPACES DO COLEXIO DE CARBALLEDO QUEDAN SEN FÚTBOL
Tras moitas pelexas por culpa do fútbol os nenos e nenas do Colexio de Carballedo quedan sen fútbol ata novo aviso.
By Fabio
CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS Os nenos de sexto fixemos un traballo, no que tiñamos que facer uns circuÍtos elétricos .
1
2
3
1. En serie. 2. En paralelo. 3. Mixto.
By Fabio
CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS DESPOIS DESTA PEQUENA LECCIÓN TEÓRICA... Seredes quen de adiviñar o tipo de circuíto que fixo cada un dos alumnos de sexto? Aquí vos deixo as fotos das nosas obras de arte!!
O PASO POLA ESCOLA DO ALUMNADO DE 6º BY ALUMNADO DE 6º Somos os rapaces de sexto, e estamos aquí para despedirnos de todos vos e facer un pequeno resumo do noso paso por esta escola despois de tantos anos. Eu son Fabio, levo nesta escola só dous cursos porque antes estaba no colexio Sagrado Corazón de Placeres, e o que máis me gustou do colexio foi a saída a Madrid e o que menos os chistes de Javier, tampouco me gusta ir a robótica nin os deberes . Eu son Mateo comecei neste cole cando tiña 3 anos, era moi pequeno, e este é un gran colexio. Infantil encantoume e fun pasando de cursos ata chegar a sexto. Unha cousa que me gustou moito foi a saída a Madrid os grandes entroidos e as exposicións tamén foi un éxito para min chegar a sexto curso e ser dos máis grandes do cole encantáronme todas as optativas que o cole fixo como radio e robótica, e o que menos me gustou foron os deberes. Eu son Martín e levo dende os tres anos no colexio e o que máis me gusta e ir á radio, facer robótica, ir a Madrid de viaxe co colexio e o que menos e ser gardabiblio na biblioteca. O meu nome é Sofía e comencei no colexio en segundo, a min gustoume moito esta escola xa que ten moitas cousas que outros colexios non
teñen como por exemplo unha radio na cal todos temos oportunidade de falar se queremos. Tamén facemos unhas festas moi divertidas como o entroido ou o festival de fin de curso que xa se aproxima cada día máis, facemos moitas excursións, o que menos me agrada é que teñamos deberes. Chamome Alberto e estou neste colexio dende os tres anos. A min gústame moito xa que facemos moitas actividades moi divertidas coma a radio ou o proxecto da arte, a saída a Madrid, pero tamén hai cousas que non me gustan coma os deberes ou o Castaporte. Eu son Kibrom e levo neste colexio CEIP de Carballedo dous anos e medio e paseino ben e a cousa que me gustou moito foi xogar cos xogos da clase coma as damas ou o xogo do Uno e o que menos me gustou foron as nais do comedor. Chámome Jose levo neste colexio dende os tres anos e todo o tempo que pasei aqui hai cousas que me gustan e outras que non. As cousas que me gustan son: as excursións, as actividades na biblioteca, as charlas, o recreo, os campionatos, as entregas de medallas, xogar ao fútbol e educación física. E o que non me gusta do colexio son: os deberes, estudar, ser gardabilio da biblioteca e as nais do comedor.
O PASO POLA ESCOLA DO ALUMNADO DE 6º BY ALUMNADO DE 6º Para rematar este artigo e a nosa etapa de primaria,imos describir a cada un dos nosos compañeiros/as cunha verba, aquela que pensemos que máis os representa a cada un deles: SOFÍA:SOLITARIA MATEO: TRABALLADOR FABIO: GRACIOSO ALBERTO:TÍMIDO KIBROM:PESADITO MARTÍN:PICÓN JOSE:FEDELLEIRO E cando remata unha etapa sempre hai algunha anécdota que contar e aquí van as nosas… A primeira vez que fomos á radio, porque alucinamos xa que diciamos que era moi fermoso...pero algún dos nosos compañeiros
non paraba quieto e a coma sempre tiñamos que dicirlle: ….Para quieto!!! Sabedes de quen estamos a falar? -Cando íamos de excursión e cortabamos o rollo ao resto dos compañeiros que nos invitaban a participar na súa canción “.... fixo pis no saco de durmir” E nós si si… e acabouse o xogo. -Cando nos convertimos en actores e actrices por un día e fixemos a curtametraxe “ O que crees non é o que ves” porque ao rematar comemos as galletas e bebemos o Chimpin. -Cando fomos a Atalaia, e o alcalde xogou con nós… -As moitas veces que tivemos que espertar ao noso compañeiro Jose… -Cando fixemos teatro negro e Kibrom perdeu os papeis e non soubo continuar...
VISITA AO MUPEGA E AO STEMLAB O pasado mes de abril o alumnado de 5º e 6º desprazouse ata Santiago de Compostela para acudir a xornada STEMLAB, na cal había unha exposición de robótica e de impresión 3D por parte de varios centros seleccionados de toda Galicia. Aproveitamos o desprazamento, para visitar o Mupega, o museo pedagóxico de Galicia. Foi unha experiencia moi gratificante.
ESPAZO CAST@MAKER
Como xa sabedes a biblioteca do colexio, é un espazo onde non só ten cabida a lectura, senón que abrangue moito máis. Hoxe presentamos o Cast@maker, que é unha zona maker móbil, que realizamos durante este curso. Decidimos que fose un espazo móbil, posto que para nós bibliocarballedo é un espazo vivo,onde en función das nosas necesidades mudamos os espazos. Este espazo dividímolo en dúas partes (coincidindo con ambas caras do moble onde o fixemos). Nunha parte dedicámolo a impresora 3D, un espazo dedicado á robótica, onde temos diferentes robots, Escornabots, Mbots,e un en forma de rato para a iniciación do alumnado de infantil, ademais disto tamén temos unha serie de libros desta temática e diferentes paneis onde se elaboran diferentes percorridos para os robots. A outra cara do moble deixámolo para o material manipulativo, debuxos, papeis, realización para as diferentes manualidades, rotuladores,témperas, plastilina, pinturas... Ademais disto, e como non podía ser de outra maneira tamén temos diferente material de construción para as diferentes idades do noso alumnado. Legos, construcións de plástico, construcións de madeira, mecanos, pezas Duplo,teselas... Tanto o material manipulativo coma o dedicado a robótica, programación e deseño 3D iremos ampliándoo en función das necesidades e da demanda do noso alumnado.
ESPAZO CAST@MAKER
AS FAMILIAS PINTAN MOITO
Durante todo o curso estivemos a facer un P.D.I. sobre a Arte, e por isto decidimos que íamos traballar dende o centro unha arte mes a mes, pero que tamén íamos traballar en familia, polo que potenciamos a investigación en familia e ... fixemos uns libros que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca. Aquí vos deixo unha escolma dos libros e dalgún dos vosos traballos. É imposible sacalos todos, nesta páxina pero están á vosa disposición na entrada do centro, para que os observedes con detemento, porque hai traballos moi bos e interesantes. Antes de deixarvos as fotos gustaríame agradecervos dende aquí a vosa colaboración e esforzo coa vosa participación mes a mes en todos e cada un dos nosos traballos en familia.
SAILIMAF SOLLABART
CASTA MUSEO DA CUQUEIRA
Para rematar o curso, decidiuse crear un museo no que as familias poderían ver de primeira man todo o traballo realizado polos seus fillos e fillas durante todo o curso. Este estivo dividido en diferentes salas ou espazos, segundo o tipo de arte. Deste xeito podíanse visitar a sala da literatura, da arquitectura, das artes escénicas (danza, música e teatro), da escultura e a sala da pintura. As familias puideron desfrutar dunha visita guiada polo alumnado de sexto, que lles explicaron todo o necesario sobre o traballo de todos os cursos.
Excursión de fin de curso Visita ao parque do Castro, á exposición "A Arte no Cómic" e á praia de Samil. Como todo os anos, rematamos o curso cunha viaxe escolar. Desta volta fomos á cidade de Vigo. Para comezar a mañá decidimos ir xogar un pouquiño ao parque do Castro. Despois de xogar e merendar, visitamos a exposición “A arte no cómic”, tan relacionada co tema da arte, traballado durante todo o curso en tódalas aulas, polo que os nosos nenos e nenas eran todos uns expertos e deixaron abraiados aos propios guías do museo. Para rematar a mañá fomos comer a praia de Samil, onde ao rematar realizamos un concurso de esculturas na area. A verdade é que o resultado foi abraiante, como podedes comprobar nas seguintes fotos.
Isto foi todo!