EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA E.D.L.G. CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO bibliocarballedo.blogspot.com.es dinamizacioncarballedo.blogspot.com.es
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. I CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS. BACK TO SCHOOL. 30 DE OUTUBRO: SAMAÍN. 23 DE NOVEMBRO : DÍA DA PALABRA. EN DECEMBRO: “LECTURAS POLA PAZ”. BENVIDO A CARBALLEDO, PEPE!. É TEMPO DE ENTROIDO NOS NOSOS BOSQUES. 23 DE FEBREIRO A VOLTAS POLA CORUÑA. OS LARPEIROS DE CARBALLEDO. 8 DE MARZO: “ A MIÑA NAI TRABALLA”. CARMEN DOMECH VISITA BIBLIOCARBALLEDO. EN MARZO CELEBRAMOS O MES DAS ÁRBORES. APADRIÑAMENTOS DAS NOSAS ÁRBORES. I SEMANA DO KAMISHIBAI. DE RUTA POLO CANTÁBRICO. EN MAIO CHEGARON OS MONICREQUES. MARJOLIJN DKIJHUIS OUR ENGLISH LANGUAGE ASISTANT. OS DE 2º E AS SÚAS HISORIAS EN RADIOCARBALLEDO. CARTAS AO DIRECTOR. DEPORTE ESCOLAR UNS VIMOS …E OUTROS ÍMONOS.
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Este curso celebramos a primeira festa de aniversario da nosa mascota Castañón e para iso decidimos facer unha festa chea de xogos matemáticos. Tamén convocamos dende a biblioteca un ”Concurso de Ambientación de Portas“ para dar a coñecer o tema do proxecto documental integrado deste ano, que non foi outro que ”OS NOSOS BOSQUES“ e investigamos e traballamos ao redor desta temática.
I CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS Este curso foi o primeiro ano que levamos a cabo un concurso de ambientación de portas e despois os nenos e nenas decidiron cal era a porta que mellor reflexaba o lema do curso. A gañadora resultou ser a clase de 5º de primaria seguida de preto pola aula de 6º e a de 4 e 5 anos.
BACK TO SCHOOL En outubro, contamos na nosa escola cun mestre xubilado, que adica o seu tempo a dar coloquios sobre a Unión Europea. Ademais da súa sabedoría, tamén nos trouxo numerosos folletos de información para que os nosos rapaces coñeceran mellor todas as institucións europeas e o seu funcionamento.
30 DE OUTUBRO: SAMAÍN Nesta ocasión transformamos o colexio nun bosque terrorífico! E contamos con Andrea Bayer do grupo ”Baobab Teatro” que nos trouxo a Roque á nosa biblio. Todos desfrutamos moito da súa compaña. Ademais tamén levamos a cabo numerosos concursos coma o de cabazas, o de sobremesas ou o de desfraces. De seguido pódese ver unha escolma da celebración:
23 DE NOVEMBRO DÍA DA PALABRA Este curso celebramos o Día da Palabra en colaboración con Emilia, a bibliotecaria do Concello de Carballedo. Fixemos uns diccioárbores, nos cales todos os grupos buscamos e investigamos sobre o vocabulario das árbores e dos bosques e despois puxémolas en común o citado día Ademais disto, dende 3º para arriba preparamos a lectura do libro “O monstro das palabras“ e posteriormente contámosllo ao alumnado restante.
EN DECEMBRO… CHEGOU O NADAL! Nesta ocasión levamos a cabo dúas actividades. Por unha banda, fixemos unha árbore cos libros expurgados da biblioteca do curso pasado e, por outra, elaboramos entre todos un bosque de desexos de Nadal onde cada familia decorou unha bola e escribiu nela unha mensaxe, pero non podía ser nada material.
30 DE XANEIRO: “LECTURAS POLA PAZ” Como cada ano, celebramos na escola o Día da Paz e da Non Violencia Escolar. Este ano decidimos facer unha escolma de lecturas e que cada curso fixera unha posta en común para o resto do alumnado. Era fundamental ilustrar as lecturas para que o alumnado máis pequeno poidera seguir as mesmas soamente cos apoios visuais. Ademais disto, aproveitamos que a árbore é o símbolo da Paz en África para que o alumnado de infantil elaborara dúas árbores no corredor da escola.
BENVIDO A CARBALLEDO, PEPE! Chegou a neve a Carballedo e os nenos da escola saímos ao patio para gozar deste fenómeno atmosférico, xa que é algo que pasa de cando en vez. Entre todos creamos a Pepe e … agardamos que vos guste tanto coma a nós!
É TEMPO DE ENTROIDO: NOS NOSOS BOSQUES En febreiro chegou o tempo da troula, e decidimos continuar a traballar a nosa temática e transformamos á escola nunha fermosa fraga, onde non faltaron as fadas, os bufos, as bruxas, as meigas, as carrapuchiñas vermellas, os lobos, os elfos… Ademais levamos á cabo os concursos tradicionais de desfraces, e de sobremesas, pero … nesta ocasión contamos cunha novidade posto que o noso alumnado deleitounos cunhas versións musicais e cunhas coplas de entroido onde non deixaron títere con cabeza!
23 DE FEBREIRO: A VOLTAS POLA CORUÑA! O luns 23 de febreiro de 2015 o segundo e o terceiro ciclo de Primaria foron de excursión á cidade da Coruña. O obxecto da viaxe era visitar o Domus, a Casa das Ciencias e o Acuario. Non temos moitas fotos da actividade e o tempo non nos acompañou. Había alerta laranxa na zona, pero o alumnado pasouno moi ben e aprenderon moitas cousas novas. Aí van algunhas mostras:
OS LARPEIROS DE CARBALLEDO
OS LARPEIROS DE CARBALLEDO Os nenos e nenas de terceiro e cuarto invitámosvos a comer connosco unha exquisita pizza, pero imos paso a paso: Primeiro facemos a masa, pero … haberá que calcular as cantidades, non si?
Preparamos a base co seu tomatiño caseiro, mmmm…
Botámoslle os ingredientes. E…. pichiclán … aquí tendes o resultado. E sabedes unha cousa, todo con ingredientes naturais e feito na casa, bueno no colexio queremos dicir. Alguén se atreve a dicir que non é unha comida sa?
8 DE MARZO: “A MIÑA NAI TRABALLA” Como cada ano participamos no concurso do Concello “A miña nai traballa“ e resultou gañadora na súa categoría a do noso compañeiro Suso Moldes Pérez de 6º de primaria:
CARMEN DOMECH VISITA BIBLIOCARBALLEDO O pasado 21 de marzo e para conmemorar o Día da Poesía o Concello tróuxonos a Carmen Domech para contarnos uns divertidos contos en verso. Pasámolo de medo!
EN MARZO: CELEBRAMOS O MES DAS ÁRBORES Durante este mes fixemos dúas actividades moi importantes. Primeiramente fixemos unha investigación sobres as árbores do noso patio. Cada curso tiña asinada unha e tiveron que elaborar unhas láminas recopilando información do tipo de árbore, se dan froito ou non, onde se dan, as características e as propiedades do mesmo … Ademais disto tamén ”Apadriñamos“ estas árbores buscando un nome cariñoso para eles e despois identificámolos no patio cun cartace para que todos os recoñeceran. Posteriormente realizamos unha exposición á que convidamos ás familias e, unha vez finalizada, recopilamos as láminas nun libro que pasou a formar parte da nosa biblioteca.
APADRIÑAMENTOS DAS NOSAS ÁRBORES
I SEMANA DO KAMISHIBAI Este ano decidimos celebrar o Día do Libro dunha maneira moi especial. Adicamos toda a semana á celebración e, para isto, cada curso elaborou un conto para o Kamishibai, o teatriño xaponés que incorporamos este ano á biblioteca. Ademais, tamén contamos con dúas sesións de ”Pavís-Pavós“ financiadas pola ANPA. Rematamos a semana cos xa tradicionais “Apadriñamentos lectores” onde cada neno de 3º, 4º 5º e 6º trae un conto á escola para compartilo cun alumno/a máis pequeno.
DE RUTA POLO CANTÁBRICO O pasado 11 de maio o alumnado de 5º e 6º comezou a súa aventura poñendo rumbo cara ao Cantábrico Alí desfrutaron dunha viaxe inolvidable e inesquecible chea de aventuras, tal é como se aprecia nas seguintes imaxes.
EN MAIO CHEGARON OS MONICREQUES! O 15 de maio fomos a Biblioteca Municipal para gozar dun obradoiro de monicreques.
MARJOLIJN DKIJKHUIS, OUR ENGLISH LANGUAGE ASSISTANT. Marjolijn Dijkhuis was born on October 25th 1982 in Deventer, The Netherlands. Marjolijn doesn´t have any siblings. She lived in Deventer with her parents until she was 18 years old. After highschool she went to Australia for a year. When she came back, she started studying Health Sciences and Psychology at the University of Maastricht. In 2012 she moved to Burgos, Spain, to participate in a European Voluntary Service (EVS) project. She liked Spain so much that she decided to stay and work as an English language assistant. In her free time she likes to travel, to learn languages and to go ice skating.
David: Have you ever been to Spain before coming to our school?
Marjolijn: Yes, it’s my third year in Spain actually. In 2012 I was working as a European Volunteer at a school for special education in Burgos and last year I was an English language assistant at a bilingual school in Alcalá de Henares. Adrián: Was it hard to leave your country during this year?
Marjolijn: No, not so much as I am used to it by now. Also, I knew my parents would come visit me. Going back to the Netherlands in July will be much harder! Diego: Did you like Galicia?
Marjolijn: Galicia has become my favourite region of Spain as the people are very nice, the beaches are great and everything is bright green (and the rain reminds me of the Netherlands). David: Which is your favourite Galician meal?
Marjolijn: I like caldo gallego a lot. And empanada. I was rather shocked by the chocos en su tinta that was served the 2nd day I was at school though…definitely NOT my favourite… Diego: What do you prefer: to live in the Netherlands or to live in Galicia? Marjolijn: That’s a hard question. I think Galicia is more beautiful, but in the
long run I would miss my family and friends too much. And it’s quite hard to find a job here… Diego: Would you come back to Spain if you had the chance? Where to? Marjolijn: Yes, I would love to come back to Galicia. Also, I went on a short trip
to Asturias over the easter break and I was stunned by the Picos de Europa. And there’s lots of other regions of Spain I haven’t visited yet so.
Silvia: Did you like our school? Marjolijn: Siiii! Everyone was very welcoming and friendly. I especially liked that it’s such a small school, so I was able to assist in every class and get to know all of you! I was also surprised by all the special activities that took place, such as celebrating Samaín and Carnival, Japanese storytelling, making a stop-motion movie with class 1 & 2, cookie- and pizza baking… Raúl: Did you like the English class?
Marjolijn: Yes, especially the theatre and conversation classes and the projects we did on Sinterklaas, Christmas, planting tulips… The music classes were fun too, dancing the cha cha cha slide and hokey pokey. Matías: Who´s your favourite pupil?
Marjolijn: Infantil to 6th grade. Os voy a echar de menos a todos! Naiara: Have you made many Spanish friends?
Marjolijn: Yes, I have made some Spanish friends. And quite a few international ones too (other auxiliaries living in Pontevedra). Naiara: Have you met your prince charmant in Spain?
Marjolijn: No, unfortunately not (yet ) hahaha.
OS DE 2º E AS SÚAS HISTORIAS EN RADIOCARBALLEDO!
No inverno de fai 1000 anos, nas Lagoas, un xigante atacou a un dinosaurio que foi defendido por tres baleas axudadas por un tiburón. Os nenos do pobo presenciaron a épica batalla e ao día seguinte, buscaron ao xigante para pedirlle un autógrafo. El vivía no mundo máxico, noutra dimensión. Un trasno axudounos a facela viaxe, pero o xigante non quixo atendelos. Os nenos voltaron tristes ás súas casas.
Un oso carnívoro anda solto. É un oso raro pois só come carne e xa papou a 200 persoas. Se alguén o mira, que chame axiña ao 654783293. Tede coidado, non andedes polo monte sen una prenda de cor verde fosforito, pois sabemos que a este tipo de osos non lles gusta esa cor e prefiren non vela diante. Pechade ben ás galiñas e non lle botedes a culpa á raposa, que está indignada co oso, pois este tamén papou a maior parte das aves de curral do concello, e ela está a aguantar todo tipo de acusacións e é inocente.
Un equizna converteuse na mascota de 2º por vontade propia. Este animal australiano de cor escura, con púas e ovíparo, viaxou ata Galicia dende o seu continente debido ás fabulosas historias que o profe Miguel lle contou sobre Cotobade. A viaxe realizouna en camión, pois o pai de Anxo atopábase en Australia traballando co seu vehículo. Iso si, ninguén sabe que facía Miguel alí, cando en teoría tiña que estar na aula de 5º a traballar.
CARTAS AO DIRECTOR O alumnado de Quinto de Primaria expresa as súas propostas de mellora para o vindeiro curso. Eles esperan que se cumplan case todas. Carballedo, 18 de xuño de 2015.
Carballedo, 18 de xuño de 2015.
Estimado señor director:
Estimado señor director:
Diríxome a vostede para seguinte:
solicitarlle o Diríxome a vostede para solicitarlle o seguinte:
UNHA PISCINA PARA O COLEXIO
UN CAN BÓXER FEMIA
Á poboación do colexio gustaríalle poder ter Poderíanos facer o favor de traer unha unha piscina para cando fai calor e mascota ao colexio. Pode ser un bóxer femia refrescarnos nos recreos. para que os nenos souberan o sacrificio que dá coidar un animal e, sobre todo, a De paso, para poder comprar produtos para a responsabilidade que se necesita. piscina, como o toldo, poderíamos facer un mercadiño e vender refrescos, chuches, Asinado: Carla Pérez Cortizo. biquinis, bañadores, toallas, crema solar, etc. Asinado: Lucía Codeso Zamora.
Carballedo, 18 de xuño de 2015. Estimado señor director: Diríxome a vostede para solicitarlle que faga unha pequena obra no colexio: CAMPO DE TIRO CON ARCO Solicítolle que constrúa un campo de tiro con arco para que os maiores, os alumnos de 5º e 6º, poidamos disfrutar ainda máis do recreo. E se poidera poñelo cuberto, non se nos escapaban as frechas se tiramos mal e non as perdíamos e aforrabamos cartos. Asinado: Jorge Ferreiro Peleteiro. Carballedo, 18 de xuño de 2015.
Carballedo, 18 de xuño de 2015.
Estimado señor director:
Estimado señor director:
Diríxome a vostede para solicitarlle o Diríxome a vostede para solicitarlle o seguinte: seguinte: TONI VOLVE AO COLEXIO
PARQUE DE TIROLINAS
Aproveitando que veñen as vacacións de Aproveitando que o patio do colexio é dos verán, podería facer vir a Toni para o máis grandes de Galicia e que ten moitas seguinte curso. árbores, poderíanse facer unhas tirolinas de distintas alturas e varios niveis de dificultade. Moitas grazas por adicar un chisco do seu tempo a mín. Con esto conseguiriamos que viñesen máis rapaces/as ao colexio. Asinado: Erika Abilleira Costal. Asinado: Alba Gallego Blanco.
Carballedo,18 de xuño de 2015. Estimado señor director: Diríxome a vostede para facerlle a seguinte proposta: PARQUE INFANTIL Xa que temos moito espazo no noso patio gustaríame pedirlle se podería montar un parque infantil para os alumnos de todo o colexio. Asinado: Mariana Rodríguez Pazos. Carballedo, 18 de xuño de 2015. Por último, estimado señor director, as alumnas e alumnos de Quinto Curso dirixímonos a vostede para solicitarlle o seguinte: QUE O PROFE ANDRÉS NON SE VAIA Asinado: Erika, Gabriel, Lucía, Alba, Jorge, Lina, Carla e Mariana.
DEPORTE ESCOLAR Como xa sabedes, o noso Colexio participa no Programa Xogade, xunto cos colexios da bisbarra. Amosamos a continuación un vídeo e fotos de diversas competicións realizadas no circuito de "A Madalena" (Soutelo de Montes) en xaneiro de 2014, así como da entrega de medallas do día 5 de xuño de 2015 no Pavillón Municipal de Pontecaldelas. Neste cross participou o alumnado desde 2º a 6º de Primaria. O día estaba poallento, pero as nenas e nenos puxeron da súa parte moito entusiasmo e, sobre todo, moito, moito esforzo; non para quedar de primeiros, pero si para participar, fortalecer o corpo e pasar unha mañá divertida cos rapaces dos colexios da bisbarra. Un premio a todos polo esforzo posto na realización da actividade.