Imos ler A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Trátase dun relato sinxelo, con estrutura de álbum ilustrado, onde o autor aborda con delicadeza un tema que afecta aos máis pequenos: o medo á escuridade e os terrores nocturnos. VI Premio Lecturas Gálix ao mellor libro ata 7 anos e como mellor libro ilustrado, 2006. SIGNATURA: C (PASE) FER raq [+ 3 anos]
Unha historia onde a maxia e a fantasía introdúcense na realidade cotiá e na que se recorre ao humor para conseguir a complicidade dos lectores. SIGNATURA: C FER noi (+ 6 anos) DISPOÑIBLE EN FORMATO ELECTRÓNICO: http://www.galiciale.gal/
A dama da Luz é un fermoso álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis ambientado nun Vigo vello e mariñeiro, envolto nunha atmosfera de misterio, e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera. SIGNATURA: C FER dam (+6 anos)
Este relato propón un achegamento á marxinación social dos sen teito. A narración céntrase na relación entre os dous personaxes, unha amizade que desemboca nun desenlace inesperado. Ao tempo, ofrécese unha visión respectuosa e solidaria das persoas que viven marxinadas nunha sociedade que as invisibiliza. Incluido en the White Ravens 2003 da Internationale Jugenbibliotehk de Munich. Premio O BARCO DE VAPOR 2003. SIGNATURA: N FER meu (+ 9 anos)
A imaxinación revélase como a única forza capaz de cambiar o mundo, e máis se se actúa de forma conxunta. Este é a fermosa mensaxe da novela, na que resoan os ecos da mellor literatura nada en defensa da fantasía e o poder da imaxinación. Premio Edebé de Literatura Infantil 2005 SIGNATURA: N FER esc (+ 9 anos) http://agustinfernandezpaz.gal/es/libros/a-escola-dos-piratas-la-escuela-de-los-piratas/
O segredo da Illa Negra / Agustín Fernández Paz ; ilustracións de Miguelanxo Prado. Vigo : Xerais, 2015. Nunha aldea de beiramar, onde a pesca é o único medio de vida os barcos comezan a vir baleiros. Só hai peixes na Illa Negra onde habita unha cruel Serea. Sara ten que emprender unha perigosa aventura na procura do seu irmán Uriel, que caeu prisionero da Serea. 978-84-9914-847-2 SIGNATURA: N FER seg (+ 9 anos) http://agustinfernandezpaz.gal/publicacions/
Valados / Agustín Fernández Paz ; ilustracións de Xan López Domínguez. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, [2009] Helena e Xoel son amigos inseparables. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan ; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo. Érguense altos valados para separar e illar unhas persoas doutras. 978-84-9914-049-0 SIGNATURA: N FER val (+ 9 anos)
Valados aborda unha historia de alcance universal. Na actualidade, existen no mundo máis de 7.600 Km. de muros, erixidos para separar ás persoas ou para impedir as migracións. A estes hai que sumarlles outros máis numerosos: os muros invisibles, que favorecen a exclusión social e a inxustiza. (http://agustinfernandezpaz.gal/libros/valados/
Contos por palabras / Agustín Fernández Paz ; ilustracións de Enjamio. Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2007. 978-84-8302-634-2 Incluído na selección «Dez títulos imprescinidibles da literatura infantil e xuvenil española do século XX» Premio lecturas Galix, 2003 Finalista do Premio Nacional de Literatura no ano 1992 Lista de Honra do IBBY para o bienio 1990-1992 Premio Lazarillo, 1990 SIGNATURA: N FER com (+12 anos) DISPOÑIBLE EN FORMATO ELECTRÓNICO: http://www.galiciale.gal/
Dez relatos escritos nun amplo marco temporal. Todos exploran, desde variadas perspectivas e rexistros, diversas concepcións do amor e do desamor.. Os relatos indagan con gran profundidade nos sentimentos humanos, ás veces desde a melancolía ou desde unha profunda tristeza; con todo, conteñen un pouso de alegría que pon de manifesto o amor, unha paixón capaz de cambiar completamente a vida das persoas, pois sempre queda algo, aínda que sexa en forma de recordo. Lista de Honra do IBBY 2010 Premio Frei Martín Sarmiento 2009 Premio da AELG á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil do ano 2007 Premio Neira Vilas 2007 da Asociación de Editores Galegos Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura do ano 2008 SIGNATURA: N FER um (+15 anos) DISPOÑIBLE EN FORMATO ELECTRÓNICO: http://www.galiciale.gal/ http://agustinfernandezpaz.gal/es/libros/o-ubico-que-queda-e-o-amor-lo-unico-que-queda-es-el-amor/
Novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Unha narración que aposta por un mundo onde a paz sexa unha realidade. Premio Merlín de literatura para nenos, 1989 http://agustinfernandezpaz.gal/es/libros/as-flores-radioactivas-las-floresradiactivas/ SIGNATURA: N FER flo (+ 12 anos) DISPOÑIBLE EN FORMATO ELECTRÓNICO: http://www.galiciale.gal/
Cartas de inverno / Agustín Fernández Paz. Vigo : Ediciós Xerais de Galicia, 2007.-- 978-84-9782-543-6 Novela desenvolvida mediante a forma epistolar, a través de diversas voces narradoras que, como bonecas rusas, se van sucedendo ao longo do libro. Unha novela de terror, ben estruturada e narrada con bo pulso, na que destaca a lograda progresión do relato, que gaña intensidade e misterio a cada páxina. http://agustinfernandezpaz.gal/libros/cartas-de-inverno/ Premio Rañolas do ano 1995. Seleccionado pola revista CLIJ. Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil como un dos cen mellores libros de LIJ publicados en España no século XX. SIGNATURA: N FER car (+12 anos) COM SEI car DISPOÑIBLE EN FORMATO ELECTRÓNICO: http://www.galiciale.gal/
O relato aborda a emigración desde o punto de vista do desarraigamento e a intensa tristeza que a rodean e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro. Lista de Honor da CCEI do ano 2010 Premio da AELG á mellor obra de LIX do ano 2009 http://agustinfernandezpaz.gal/es/libros/lua-do-senegal-luna-del-senegal/ SIGNATURA: N FER lua (+ 12 anos) O doce de abril de 1961, o cosmonauta Yuri Gagarin, a bordo da nave Vostok 1, convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, que culminaría o 20 de xullo de 1969, cos primeiros pasos de Neil Armstrong sobre a superficie da Lúa. E comezaba tamén unha década que traería grandes cambios sociais e políticos. Premio de Narrativa 2015 da AELG, ao mellor libro publicado no 2014 Premio “Fervenzas Literarias” ao mellor libro de ficción de 2014 Premio “Ánxel Casal” 2014, da Asociación Galega de Editores (AGE) SIGNATURA: N FER via (+ 12 anos) http://agustinfernandezpaz.gal/es/libros/el-viaje-de-gagarin/
Aire negro combina elementos dos xéneros fantástico e de terror para construír un thriller absorbente. Unha intensa e inquietante historia de amor, narrada cun uso maxistral do suspense e da intriga, que mantén a tensión ata a última liña. Incluido no The White Ravens 2001 Lista de Honra do IBBY do ano 2001 SIGNATURA: N FER air (+ 12 anos) DISPOÑIBLE EN FORMATO ELECTRÓNICO: http://www.galiciale.gal/ http://agustinfernandezpaz.gal/es/libros/aire-negro-2/