Marcos Martín Gañador do premio Eisner 2015 Autor español de cómic americano louvado pola crítica. O premio Eisner,(Will Eisner Comic Industry Award) é un recoñecido premio da industria do cómic polo logro creativo no devandito campo en Estados Unidos. É o equivalente aos Oscars da industria do cómic
A Comic-Con de San Diego, levouse a cabo a 27ª edición dos prestixiosos Premios Eisner, os máis importantes da industria do cómic en Estados Unidos. Entre os premiados encontrábanse varios autores españois. Marcos Martín, xunto ao guionista estadounidense Brian Vaughan, por The Private Eye como Mellor Cómic Dixital. Pola súa parte, Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido leváronse o premio á Mellor Edición Estadounidense de Material Internacional por Blacksad: Amarelo. (http://ficomic.com/noticias.cfm/id/15244/esp/los-autores-espanyoles-brillanlos-premios-eisner.htm)
GAÑADORES Mejor cómic digital/webcómic: 'The Private Eye' de Brian Vaughan & Marcos Martin Mejor edición para Estados Unidos de material internacional Blacksad: Amarillo, de Juan Díaz Canales & Juanjo Guarnido (Dark Horse) Mejor álbum gráfico: 'This One Summer', de Mariko Tamaki & Jillian Tamaki (First Second) Mejor guionista: Gene Luen Yang, Avatar: The Last Airbender (Dark Horse); The Shadow Hero (First Second) Mejor escritor/artista: Raina Telgemeier, Sisters (Graphix/Scholastic) Mejor dibujante/entintador: Fiona Staples, Saga (Image) Mejor pintor/artista multimedia: J. H. Williams III, The Sandman: Overture (Vertigo/DC) Mejor historia corta: “When the Darkness Presses” de Emily Carroll
Marcos Martín Milanés (Barcelona, 1972) é licenciado en Belas Artes coa especialidade de pintura. Afeccionado ós cómics dende neno ó descubrir os superhéroes da Marvel (cun especial impacto dos traballos de John Byrne ou John Romita Jr. daqueles tempos),
Martín
deuse a coñecer precisamente realizando nos 90 ilustracións e portadas ocasionais para as edicións españolas de Marvel de Planeta-De Agostini. Pese a traballares en varios proxectos (entre eles un albúm en francés con guión de Jorge Zentner, e dous cómics para a liña Laberinto de Planeta De Agostini, con guión de Germán García e David Muñoz respectivamente) por unha ou outra razón, ningún chegaría a materializarse de xeito que animado pola interese que o seu traballo espertara no guionista Mark Waid durante as Segundas Jornadas de Comic de Avilés, Martín decidiu probar sorte no mercado americano marchando cara New York. Marcos Martín é un debuxante coñecido polo seu traballo en Amazing Spiderman e Daredevil, a pesares de que tamén traballou en Batgirl, Doctor Strange e Capitán América. Salienta a súa elegancia e brillantez como narrador gráfico e o seu bo ollo para o diseño de portadas (para Marvel e DC), ao que dende 2008 engade solucións gráficas desacostumadas, o que reverte en tres nominacións ós Premios Eisner 2012.
Martín conseguiu publicar en 1999 nunha das grandes editoriais dos USA sen publicar antes historietas en España.
No 2008 debuxa seis cómics de Spiderman, traballos nos que chama definitivamente a atención incorporando xa de forma habitual composicións de páxina atípicas, recursos gráficos inusuais e deseños de cuberta chamativos. Martín seguiría vinculado a Amazing Spiderman ata o 2011,
No 2013, fundou “Panel Syndicate” unha publicación online “DRM-Free (Digital Rights Management) ” para publicar o seu cómic xunto a Brian K.Vaughan The Private Eye. A serie foi aclamada pola crítica, chamando a atención dos medios pola salientable arte de Marcos Martín . A serie foi nominada a tres Eisner este ano.
NA BIBLIOTECA
JSA ; Tierra de tinieblas / guión, David S. Goyer, Geoff Johns ; debuxo, Marcos Martín, Stephen Sadowski, Derec Aucoin. -Barcelona : Norma, [2004] ISBN 84-8431-954-7 SIGNATURA: COM (JSA) GOY
Batgirl : ano un / guión, Scott Beatty, Chuck Dixon ; debuxo, Marcos Martín ; tinta, Álvaro López ; cor, Javier Rodríguez. -- Barcelona : Norma, 2004. ISBN 84-96325-42-3 SIGNATURA: COM (BAT) BEA
JUANJO GUARNIDO JUAN DÍAZ CANALES
Blacksad : integral / guión, Juan Díaz Canales; dibujo y color, Juanjo Guarnido. -Barcelona : Norma, 2014. ISBN 978-84-679-1791-8 SIGNATURA: CU DIA bla Blacksad, 1 : Un lugar entre las sombras / guión, Juan Díaz Canales; dibujo y color, Juanjo Guarnido. -- 10ª ed. -- Barcelona : Norma, 2014. ISBN 978-84-8431-245-1 SIGNATURA:CU DIA bla-1 Blacksad 5. Amarillo / guión Juan Díaz Canales ; dibujo y color Juanjo Guarnido. -Barcelona : Norma, 2013. ISBN 978-84-679-1425-2 SIGNATURA: CU DIA bla-5
NA BIBLIOTECA