Novo cinema galego. Autores

Page 1

NOVO CINEMA GALEGO AUTORES CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA 28 de abril, 5,19 e 26 de maio e 9 e 16 xuño de 2011

Peque Varela: 1977, 2007

O éxito do filme Todos vós sodes capitáns na Quincena de Realizadores de Cannes 2010, co seu director, o galego Oliver Laxe, convertido no único representante español no festival, puxo de manifesto a existencia dunha nova xeración de creadores cinematográficos no noso país. As obras máis interesantes, as que teñen maior repercusión fóra de Galicia, están feitas á marxe da industria por un grupo heteroxéneo de autores novos, con intereses e actitudes moi diversas, mais con certos puntos comúns que autorizan a pensar en termos xeracionais. Autores que rachan cunha liña continuísta empeñada en seguir fórmulas industriais que hai anos que se demostraron caducas, non xa no que atinxe aos seus méritos artísticos senón tamén no que se refire á súa viabilidade financeira nun momento de cambio de paradigma coma o que estamos a vivir.

El éxito de la película Todos vosotros sois capitanes en la Quincena de Realizadores de Cannes 2010, con su director, el gallego Oliver Laxe, convertido en el único representante español en el festival, ha puesto de manifiesto la existencia de una nueva generación de creadores cinematográficos en nuestro país. Las obras más interesantes, las que tienen mayor repercusión fuera de Galicia, están hechas al margen de la industria por un grupo, heterogéneo de autores jóvenes, con intereses y actitudes muy diversas pero con ciertos puntos comunes que autorizan a pensar en términos generacionales. Autores que rompen con una línea continuista empeñada en seguir fórmulas industriales que hace años que se demostraron caducas, no ya en lo que atañe a sus méritos artísticos sino también en lo que se refiere a su viabilidad financiera en un momento de cambio de paradigma como el que estamos viviendo hoy.

A etiqueta “novo cinema galego”, tan provocadora como eficaz, foi cobrando peso ao longo dos últimos meses, mais... que hai de novo nese novo cinema? A asunción de riscos, a certeza de que non hai máis límites para facer arte que os do talento que cada un teña, a vontade de participar nos mesmos debates estéticos e argumentais que sacoden o cinema no resto do planeta.

La etiqueta “novo cinema galego”, tan provocadora como eficaz, ha ido cobrando peso a lo largo de los últimos meses, pero... ¿qué hay de nuevo en ese nuevo cine? La asunción de riesgos, la certeza de que no hay más límites para hacer arte que los del talento que cada uno tenga, la voluntad de participar en los mismos debates estéticos y argumentales que sacuden el cine en el resto del planeta.

Por primeira vez temos un cinema que non chega tarde, que se suma ás tendencias e correntes creativas en tempo presente. Tamén hai críticos, polo xeral fóra dos grandes medios, e mesmo entidades culturais, que perciben estes movementos como unha oportunidade que non hai que perder.

Por primera vez tenemos un cine que no llega tarde, que se suma a las tendencias y corrientes creativas en tiempo presente. También hay críticos, en general fuera de los grandes medios, e incluso entidades culturales, que perciben estos movimientos como una oportunidad que ho hay que perder.

Estas xornadas, dedicadas aos novos creadores cinematográficos galegos, constarán de 6 sesións que terán lugar ás 19:30 h no auditorio do CGAC. Cada unha delas será presentada por un dos comisarios do ciclo e contará coa presenza do director correspondente. Ao finalizar a proxección de cada filme abrirase un coloquio cos asistentes.

Estas jornadas, dedicadas a los nuevos creadores cinematográficos gallegos, constarán de 6 sesiones que tendrán lugar a las 19:30 h en el auditorio del CGAC. Cada una de ellas será presentada por uno de los comisarios del ciclo y contará con la presencia del director correspondiente. Al finalizar la proyección de cada film se abrirá un coloquio con los asistentes.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.