Se eu fose... Relato de Alba Rodríguez Doval

Page 1

Relato premiado no concurso convocado pola Biblioteca do IES Castro Alobre. Curso 2019-20

Alba Rodríguez Doval 2º ESO A

SE EU FOSE


20/5/2019 Querido diario: Hoxe empeceite. Estouche escribindo por primeira vez. A verdade é que non entendo porque miña tía me deu un diario. Non entendo o que teño que escribir nin porque querería escribir nun libro o que penso. Miña nai quedou de explicarme todo á tarde. Mañá seguireite escribindo, pero polo de agora... É unha despedida.

21/5/2019 Querido diario: Pensei moito sobre o que escribir. Ao final, penso que o mellor é empezar por unha pequena presentación. Ola, chámome Claudia e teño 13 anos. Son unha nena moi tímida e non teño moitos amigos e, por se non te decataches aínda, son muda. Mañá é luns, polo que teño que volver ao colexio, pero prometo escribir máis cando chegue a casa. 22/5/2019 Querido diario: Hoxe paseino realmente mal. Pero se estou sendo honesta, non me sorprende. Odio o colexio, non sei se todos son así, pero o meu está cheo de nenos e nenas que se rin da miña discapacidade. Fan bromas dicindo que, se algún día se lles dese por facerme dano, ninguén podería escoitar os meus chíos. Aos meus pais non lles gusta que fale da miña mudez coma unha discapacidade. Xa que eles din que non hai maior virtude que saber escoitar. 29/5/2019 Querido diario: Sinto non te escribir desde hai unha semana. Tiven problemas na escola hoxe. Un neno pegoume e os profesores chamaron ós meus pais. Non sei que imos facer. Pero estou moi cansa e voume deitar. Ata logo, diario. 5/6/2019 Querido diario: Hoxe é o día. Ímonos desta cidade. Mudámonos a Madrid polo traballo do meu pai. Por agora vou seguir na escola pública. Polo menos, espero que a xente sexa máis amable. 18/6/2019 Querido diario: Hai case dúas semanas que non te escribo. Agora mesmo son feliz na nova cidade. Teño moitos máis amigos dos que tiña antes. Meu mellor amigo chámase Xulián e el compréndeme coma ninguén. Xulián, coma min, tamén descartou a idea de ir a unha escola especial debido a súa xordeira. Aínda que estraño a miña terra, aquí son feliz. Penso que será un bo ano.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.