A Literatura infantil e xuvenil galega máis premiada

Page 1

A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

GALEGA A Mテ!S PREMIADA


PREMIO HANS CHRISTIAN ANDERSEN DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL Considerado como “O Nobel” da narrativa infantil e xuvenil, este galardón bianual, entregado pola raíña de Dinamarca dende 1956, recoñece a labor de autores e ilustradores a nivel internacional. Xunto co premio, publícase tamén unha Lista de Honra.

Agustín Fernández Paz Candidato español ao Premio Hans Christian Andersen de Literatura Infantil e Xuvenil 2012

Xan López Domínguez Nominado ao Premio Hans Christian Andersen de Literatura Infantil e Xuvenil 2010 na categoría de ilustradores


PREMIO ASTRID LINGRED (The Astrid Lindgren Memorial Award) Galardón anual concedido polo Goberno sueco dende o ano 2003 que recoñece o traballo de autores, ilustradores, narradores orales e todos aqueles que levan a cabo un labor activo na promoción da lectura. O premio leva o nome da autora da coñecida serie Pippi Långstrumpf , en castelán “Pippi Calzaslargas”

Fina Casalderrey Candidata nominada ao Premio Astrid Lindgren 2010

Agustín Fernández Paz Candidato nominado ao premio Astrid Lindgren nos anos 2008, 2009, 2010 e 2011


Xan L贸pez Dom铆nguez Candidato nominado ao premio Astrid Lindgren no ano 2008


LISTA DE HONRA DO IBBY (International Board on Books for Young People)

IBBY Honour List Trátase dunha selección bienal de libros sobresaíntes, recentemente publicados en todos os países membros do IBBY. As Seccións Nacionais propoñen un libro en cada unha das tres categorías existentes: Autores, Ilustradores, Tradutores. Os países que teñen unha produción importante e continua de libros para nenos en máis dun idioma, poden nomear ata tres libros nas categorías de Autores e Tradutores en cada idioma oficial. Os libros teñen que ser representativos da mellor literatura infantil de cada país e que sexan adecuados para publicar en calquera parte do mundo.

Agustín Fernández Paz Categoría: Autores (2010) “O único que queda é o amor”

O único que queda é o amor / Agustín Fernández Paz ; ilustración, Pablo Auladell-Vigo : Xerais, 2007 (Fuenlabrada, Madrid : Peñalara) ISBN 978-84-9782-628-0 Signatura: N FER oun (amarillo)


Ignacio Chao Categoría: Tradutores (2010) “A noite d'O Risón”

An Alfaya Categoría: Autores (2008) “A Sombra Descalza”

A sombra descalza / An Alfaya-- Vigo : Xerais, 2006 Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005 ISBN 84-9782-426-1 Signatura: N ALF som amarillo


Ana María Fernández Categoría: Autores (2006) “O país de amarnos “

Eva M. Almazán García Categoría: Tradutores (2006) “Harry Potter e a Cámara dos Segredos”

Xosé Miranda Categoría: Autores (2004) “Pel de lobo”

Pel de lobo / Xosé Miranda-- 2ª ed.-- Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2002 Premio Merlín 2002 ISBN 84-8302-865-4 Signatura: N MIR pel amarillo


Moisés Rodríguez Barcia Categoría: Tradutores (2004) “O señor dos aneis. A Irmandade do Anel”

Agustín Fernández Paz Categoría: Autores (2002) “Aire negro “

Miguel Vázquez Freire Categoría: Autores (2000) “Anxos en tempos de chuvia”


Alberto Avendaño Categoría: Tradutores (2000) “As aventuras de Arthur Gordon Pym”


THE WHITE RAVENS Dende 1996, a Internationale Jugend Bibliothek de Múnich selecciona, de entre os miles de libros publicados cada ano, 250 infantís e xuvenís en máis de 30 idiomas e duns 50 países para organizar a exposición “The White Ravens”, que cada ano se inaugura na Feria del Libro per Ragazzi de Bologna. White raven significa literalmente “corvo branco”, unha expresión inglesa equivalente á nosa mirlo branco: un ser que posee unha rareza extraordinaria.

Marcos S. Calveiro “O pintor do sombreiro de malvas” The White Ravens 2011

O pintor do sombreiro de malvas / Marcos Calveiro-- Vigo : Xerais, [2010] (Salamanca : Gráficas Varona) Premio Lazarillo 2009 ISBN 978-84-9914-135-0 Signatura: N CAL pin (amarillo)

Pinto&Chinto “Contos para nenos que dormen deseguida” The White Ravens 2011

Contos para nenos que dormen deseguida / Pinto & Chinto ; [deseño dos logotipos da colección de Óscar Villán]-- Pontevedra : Kalandraka, [2010] ISBN 978-84-8464-700-3 Signatura: C (KAL) PIN con (rojo)


Xosé A. Neira Cruz “O prodixio dos zapatos de cristal” The White Ravens 2009

O prodixio dos zapatos de cristal / Xosé A. Neira Cruz ; ilustracións, Rodrigo Chao-- Vigo : Galaxia, D.L. 2008 ([s.l.] : C.A.Gráfica) Incluído en "The White Ravens List 2009"" da Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich ISBN 978-84-9865-141-6 Signatura: C NEI pro (rojo)

Marilar Aleixandre “A Cabeza de Medusa” The White Ravens 2009

A cabeza da Medusa / Marilar Aleixandre-- Vigo : Xerais, 2008 Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008 Incluído en "The White Ravens List 2009"" da Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich ISBN 978-84-9782-900-7 Signatura: N ALE cab (amarillo)


PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL Recoñecemento á mellor obra dun autor español editada por primeira vez no ano inmediatamente anterior. Convócase dende 1978 e o concede o Ministerio de Cultura.

Agustín Fernández Paz (2008) “O único que queda é o amor”

FINA CASALDERREY (1996) “O misterio dos fillos de Lúa”

O Misterio dos fillos de lúa / Fina Casalderrey ; [ilustracións Manuel Uhía]-- [2ª ed.]-- Vigo : SM, 1996 Premio O Barco de Vapor 1994 ISBN 84-348-4674-8 Signatura: N CAS mis (verde)


XABIER P. DOCAMPO (1995) “Cando petan na porta pola noite”

Cando petan na porta pola noite / Xabier P. Docampo ; ilustracións, Fran Jaraba-- [1ª ed.]-Vigo : Xerais, 1994 Premio do Concello de Xantada Premio Nacional de Literatura Infantil,1995 ISBN 84-7507-804-4 Signatura: N DOC can (amarillo)

Paco Martín (1986) “Das cousas de Ramón Lamote”


PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL Premio convocado pola editorial Edebé dende o ano 1993 coa finalidade de promover a creación de obras para nenos e mozos.

Agustín Fernández Paz (2005) “A escola dos piratas”

Gloria Sánchez García (1995) “Doutor Rus”

Agustín Fernández Paz (1994) “Trece anos de Branca”


PREMIO LAZARILLO Este galardón, o máis antigo na literatura infantil e xuvenil española, foi convocado polo INLE (Instituto Nacional do Libro Español) no ano 1958 co fin de estimular a literatura infantil e xuvenil a través da produción de bos libros. Convócase anualmente pola OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil), co patrocinio do Ministerio de Cultura, dende o ano 1996, nas modalidades de Creación Literaria e Álbum Ilustrado.

Marcos S. Calveiro (2009) “O pintor do sombreiro de malvas”

An Alfaya (2005) “A ollada de Elsa”


Xosé Antonio Neira Cruz (2004) “A noite da raíña Berenguela”

Ana María Fernández Martínez (2001) “Amar e outros verbos”

Gloria Sánchez (2000) “Cándida Viladecruces”


Marilar Aleixandre (1999) “A banda sen futuro”

Agustín Fernández Paz (1990) “Contos por palabras”


PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN O “Premio a las mejores ilustraciones infantiles y juveniles”, rebautizado oficialmente dende 2008 como “Premio Nacional de Ilustración”, entrégase en España dende 1978, por iniciativa do Ministerio de Cultura, con diversas subcategorías (primeiro e segundo premio, premio único e accésit, premio á ilustración infantil e xuvenil, etc.) Premia os mellores traballos inéditos de ilustración dirixidos a nenos e mozos incluidos en obras que sexan publicadas por primeira vez en España.

Óscar Villán Seoane “O coelliño branco” (ed. Kalandraka)


PREMIO NACIONAL DE EDICIÓN Kalandraka

“Dióxenes”

“Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados”


PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL O Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil, convocado anualmente pola Fundación SM, comezou no ano 2005, Ano Iberoamericano da Lectura, co obxectivo de impulsar a literatura infantil e xuvenil en toda Iberoamérica. Recoñece o labor daqueles autores vivos que teñen unha valiosa traxectoria de creación literaria para o público infantil e xuvenil, cuxa obra sexa considerada de trascendencia para o ámbito iberoamericano, e que fora escrita en calquera das linguas dos países de Iberoamérica.

VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil 2011 Premio á súa traxectoria


1961-2011 CINCUENTA ANOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xosé Neira Vilas Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega. Ao longo da súa vida, Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.