CEP FLEMING
Vigo
Xosé Mª Díaz Castro 17 de maio de 2014 DÍA DAS LETRAS GALEGAS
¿Quen foi Xosé Mª Díaz Castro? Dous poemas de Nimbos Proposta Nimbos coma cinza de rosas
¿Quen foi Xosé Mª Díaz Castro? Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de PargaGuitiriz (Lugo) no ano 1914. De orixe labrega, ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras (coñecía case todas as linguas europeas).
En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX; porén, os seus primeiros poemas xa apareceran na Escolma de poesía galega, IV. Os Contemporáneos, editada por Galaxia en 1955. A singularidade do seu posicionamento estético e ideolóxico e a forza expresiva dos seus versos concédenlle un lugar destacado no panorama da poesía de posguerra.
O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, a morte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade (enfocada desde o ascetismo e desde a necesidade de aprofundar na esencia das cousas) e a preocupación por Galicia; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión sobre a realidade do país.
Díaz Castro revelouse como un grande mestre da técnica versificadora e dos recursos estilísticos. Un dos principais trazos característicos da súa obra, fortemente influída pola lectura dos clásicos antigos e modernos, é a cuidada selección do léxico (a pesar de tender ao emprego de ruralismos e dialectalismos) e o evidente interese pola lingua, que se manifesta nunha poesía elegante e sinxela.
Tras unha vida entregada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lugués faleceu en Lugo en 1989.
Dous poemas de Nimbos
NIMBOS “SI é que o poema é un nimbo de lus que os ollos cegos póñenlles as cousas soñadas, ou amadas nas teebras, das cousas que xa foron e se foron pro seguen sendo en non se van xa máis, das sombras que xogando cos meus ollos, na miña vida en lume se enxeriron, eu deixo equí os nimbos, coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo, morto xove, dalgún soño”.
COMA BRASAS Poeta ou non, eu cantarei as cousas que na soleira de min mesmo agardan. Alumarei con fachas de palabras, ancho herdo meu, o mundo que me deron. Eí están, coma brasas contra noite, As vellas cousas, cheas de destinos. Ollos que piden, de famentos nenos. Ollos que esperan, dunha adoescente. Galiza en min, meu Deus, pan que me deron, leite e centeo e soño e lus de aurora! Longa rúa da mar, fogar da terra, I esta crus que nos mide de alto a baixo. Con este alento, eu lles darei ás cousas o drama cheo que lles nega a vida: dareilles rostos, para que se conozan, palabras lles darei para que se entendan...
Proposta
Si é que o poema é un nimbo de lus, eu deixo equí os nimbos, coma cinza de rosas que onte encheron de perfume o mundo dalgún soño.
Nimbos coma cinza de rosas
Curso: 1ºA
Sofía Pérez
Curso: 1ยบB
Daniel Riveira
Curso: 1ยบC
Adriรกn Iglesias
Curso: 1ยบD
Tania Otero
Curso: 2ยบA
ร frica Otero
Curso: 2ยบB
Nora Barros
Curso: 2ยบC
Marcos Rascado
Curso: 2ยบD
Marta Alfaya
Curso: 3ยบA
Naila ร lvarez
Curso: 3ºB
María Sánchez
Curso: 3ยบC
Pablo Nogueira
Curso: 3ยบD
Nicolรกs Magdalena
Curso: 4ยบA
Samanta Malca
Curso: 4ºB
Javier Martínez
Curso: 4ºC
Carmen Castañas
Curso: 4ยบD
Maya Candedo
Curso: 5ºA
Helena García
Curso: 5ºB
María Canosa
Curso: 5ºC
Alejandro José Sanchez
Curso: 5ยบD
Cristina Magdalena
Curso: 6ยบA
Martina Migliarini
Curso: 6ยบB
Claudia Vallejo
Curso: 6ºC
Eva S. García
Curso: 6ยบD
Marta Fernรกndez