Titerentroido 2014

Page 1


Programación

Organiza: Viravolta Títeres en colaboración co Concello de Lalín e a Asociación de Amigos do Museo da Marioneta Espazo: Museo Ramón Mª Aller Ulloa Días: 1, 2, 3 e 4 de marzo Entradas: 2,50 € (Espectáculos familiares) 4,00 € (Espectáculo adultos)

DATA

HORA

01/03/2014

18:00

Títeres Alacrán

“Mr. Pancho e a última función”

02/03/2014

18:00

“Martín Martín”

03/03/2014

22:00

Mircromina Teatro de Títeres Fantoches Baj

“Poesía última de LP – PULP”

04/03/2014

18:00

El retrete de Dorian Gray

“Cabaret de mans”

COMPAÑÍA

ESPECTÁCULO


COMPAÑÍAS


TÍTERES ALAKRÁN http://titeresalakran.wordpress.com/ @: borxainsua@gmail.com Tf.: 616 45 04 90 Obra: Mr. Pancho e a última función

Mr Pancho e a última función relata o devir dun histórico teatro, que despois de toda unha vida de espectáculo vese obrigado a pechar as súas portas. Aproveitando a súa inminente caída, o diaño aparece no mesmo, co obxectivo de montar no seu lugar un negocio. Mr. Pancho, figura mítica do elenco artístico do teatro, enfrontase ó demo facendo imposible pola supervivencia da sala. Toda esta situación se desenvolve en paralelo ó ensaio da última función, no que irán desfilando tódolos artistas deste teatro de variedades en declive. Don Pancho Monserrat Carallé O Paiaso Rolín Dirección: Borja Insua Manipuladores: Borja Insua e Lázaro Duyos


MIRCROMINA TEATRO DE TÍTERES www.mircromina. es @: tonarenas@gmail.com Tf.: 617 35 31 40

Obra: Martín Martín

Martín Martín é un tenro e intenso espectáculo de títeres de luva‐actor dirixido ao público infantil e familiar que conta como o neno Martín, inmerso no universo da televisión e os videoxogos entra en contacto con outro xeito de sentir e facer, o da súa avoa. Ela é quen lle amosa o valor da atención e do traballo coa propia creatividade, cando lle regala un lapiseiro “máxico”. A manipulación dos monicreques ten lugar a man descuberta, isto e o feito de que cada personaxe está caracterizado por un obxecto que se repite no títere e no actor (un pano, unhas lentes verdes, unha diadema vermella...) ten como resultado un espectáculo poético e sutil, cunha forte carga metafórica que desenvolve unha interesante galería de arquetipos actuais. Dirección: Marcelino de Santiago “Kukas” Actor: Simón Piñón Manipulador: Ton Arenas Dramaturxia: Antonio Rodríguez Deseños e construción: Mircromina Selección musical: Falsario e Tanque de Zinc


http://www.urdime.net/#!paxina‐fantoches @: infofantochesbaj@fantochesbaj.com Tfs. 881 940 969, 679 946 957 Obra: Poesía última de LP ‐ PULP

Espectáculo de teatro de obxectos baseado en textos do poeta Lois Pereiro. Xira en torno ao libro “Poesía última de amor e enfermidade” Acompañando á poesía, a música composta e interpretada por Benxamín Otero axuda a crear os ambientes necesarios e ilustrar os espazos que percorre Lois Pereiro.

Fotografía: Otto Roca Actor‐manipulador: Inacio Vilariño. Música: Benxa Otero


el RETRETE de

DORIANGRAY

www.elretretededoriangray.com @: elretretededoriangray@gmail.com Tfs.: 657 62 60 61, 659 55 61 61

Obra: CABARET DE MANS

O retrete de Dorian Gray mestura e recopila neste espectáculo varios dos seus números curtos. Sete anos de manipulación máxica, de globos, de virtuosismo coas súas mans... O Retrete de Dorian Gray pretende explorar os escabrosos territorios do teatro visual, o teatro físico, a manipulación de obxectos... todo iso sen esquecer que o espectador está aí, diante, ou aos lados, e mesmo detrás, de modo que para non deixalo de lado, investigan formatos próximos, nos que ver un espectáculo sexa algo máis que un estímulo ocular e auditivo. Iso é o que pretenden. Que o consigan, xa é outra cousa.

Manipuladores: Marcos PTT, Ezra Moreno


CARTELERÍA


Cartel máis votado entre os realizados polos alumnos e alumnas de 4º de educación primaria do CEIP Manuel Rivero.


outras propostas:



DIRECTORIO


Patrocina ☻ Concello de Lalín @: museo@lalin.org Tf. : 986 784 004 http://www.lalin.org/ Organización ☻ Viravolta títeres @: info@viravolta.es Tf. : 635 175 143 – 645 137 031 http://www.viravoltatiteres.com/ Compañías  TÍTERES ALAKRÁN http://titeresalakran.wordpress.com/ @: borxainsua@gmail.com Tf.: 616 45 04 90 Contacto: Borxa Insúa  MIRCROMINA TEATRO DE TÍTERES www.mircromina.es @: tonarenas@gmail.com Tf.: 617 35 31 40 Contacto: Ton Arenas  EL RETRETE DE DORIAN GRAY www.elretretededoriangray.com http://ciaelretrete.blogspot.com.es/ @: elretretededoriangray@gmail.com Tfs.: 657 62 60 61 // 659 55 61 61 Contacto: Marcos PTT // Ezra Moreno  FANTOCHES BAJ http://www.urdime.net/#!paxina‐fantoches @: infofantochesbaj@fantochesbaj.com Tfs.: 881 940 969, 679 946 957


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.