Titerentroido 2013

Page 1

TITERENTROIDO 2013 9 ao 12 de febreiro Museo Ramón Mª Aller


CARTEL


Programación Organiza: Viravolta títeres en colaboración co Concello de Lalín e a Asociación de Amigos do Museo Galego da Marioneta Espazo: Museo Ramón Mª Aller Ulloa Días: 9, 10, 11 e 12 de febreiro Entradas: 2,50 € (espectáculos familiares), 4€ (espectáculo adultos)

DATA

HORA

COMPAÑÍA

ESPECTÁCULO

09/02/2013

18:00

Trompicallo

“ o día que chegou unha nube e choveu”

10/02/2013

18:00

Os Monicreques de Kukas

“ Xan Perillán e a maleta máxica”

11/02/2013

22:00

Teatro de Marionetas do Porto

“Capuchinho Vermelho XXX”

12/02/2013

18:00

Teatro de Marionetas do Porto

“ Dom Roberto”


COMPAÑÍAS


A compañía de títeres Trompicallo inicia a sua andaina no ano 1997 integrada por Marian González, e Luis González, profesionais do mundo dos títeres que se xuntan co propósito de producir, investigar e difundir a arte dos títeres. “o día que chegou unha nube e choveu” Teatro para gozar cos cinco sentidos, teatro para os que descobren as cousas por primeira vez e poñen o corazón en todo canto fan, para eles que están no principio da vida é este espectáculo sobre o orixe da mesma, a auga... Sinopse: Había unha vez que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceron os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo ... en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece? .


Os Monicreques de Kukas No ano 1979, Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rey Pousada fundan en Santiago de Compostela Os Monicreques de Kukas, a compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia, e unha das máis estables do panorama teatral galego. O seu traballo céntrase na investigación e creación de novos prototipos de marionetas que lles permiten realizar espectáculos de gran e pequeno formato dirixidos a todo tipo de público.

“ Xan Perillán e a maleta máxica” Xan Perillán é un home moi ocupado, hoxe ten que preparar a maleta para viaxar ao lonxano Oriente. Xunta todas as súas cousas e vainas metendo dunha e unha nunha maleta que non é calquera… é unha maleta máxica!. Ai, Xan Perillán, ¡que traballaos está a pasar! E por riba o seu loro Rovachol aparece e desaparece…


O Teatro de Marionetas do Porto constitúese en 1988 e, nunha primeira fase, centra a súa actividade na creación de espectáculos que resultan da pescuda do patrimonio popular. Desta fase, destaca o estudo e recuperación da vella tradición portuguesa do teatro Dom Roberto. A partir das raíces, a compañía evoluciona ao longo de diversas creacións de caracter experimental, no sentido da procura de elementos de modernidade na marioneta. A práctica teatral da compañía, actualmente, revela unha visión non convencional da marioneta, concepto continuamente actualizado, e o entendemento do teatro de marionetas como unha linguaxe poética e metafórica evocativa da contemporaneidade. Atopar novas formas de concepción da marioneta, no límite obxectos en movemento, e novas posibilidades de explotar a gramática desta linguaxe teatral, en relación á interpretación e á relación transversal con outras áreas de expresión como a danza, as artes plásticas, a música e a imaxe. Capuchinho Vermello XXX Unha experiencia de animación de obxectos nunha desconcertante adaptación teatral de "O Capuchinho Vermello". Rigorosamente para adultos con sólida formación moral. Teatro Dom Roberto Representado desde hai cerca de tres séculos nas feiras, nas romarías, nas praias e nas rúas, o reportório do Teatro Dom Roberto inspírase simultaneamente na tradición europea, que lle deu orixe, e nas pezas populares do Teatro de Cordel. Programa: O Barbeiro O día do seu casamento, Don Roberto decide ir ao barbeiro facer a barba. Ao longo de moitas peripecias o barbeiro executa a súa tarefa e finalmente preséntalle a conta. Don Roberto rexéitase a pagar. Loitan e Don Roberto acaba por matar o barbeiro. Vén a Morte buscar a vítima e pretende tamén levar a Don Roberto consigo. Loita de vida ou de morte que Don Roberto, naturalmente, vence. A Tourada Non contén propiamente un enredo dramático, esta peza descríbe as distintas fases dunha Corrida de touros á Portuguesa, cos seus personaxes típicos: o campino, o toureiro, o cabaleiro e , claro, o touro.


DIRECTORIO Organización: Viravolta títeres Tfs. 986 784 694 // 635 175 143 // 630 166 194 E‐mail: viravolta@viravolta.es http://www.viravoltatiteres.com/index.asp

Compañías: ☻ Trompicallo (Galicia) Tf. 636 860 927 E‐mail: marian@trompicallo.com http://www.trompicallo.com/g/inicio.htm ☻ Os Moniqreques de Kukas (Galicia) Tfs. 609 884 630 // 660 298 070 E‐mail: monicreques@hotmail.com http://www.kukas.redbiocultural.net/ ☻ Teatro de Marionetas do Porto (Portugal) Tf. 00 351 22 208 33 41 E‐ mail: teatro@marionetasdoporto.pt http://www.marionetasdoporto.pt


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.