Titirideza2014

Page 1

Cartel: José Luis Abeledo (Bibí)


PROGRAMA Xoves, 28 de agosto Yheppa (Asturies) “as, os, @s” ¡Pasen y vean! 20:30 h. Salón Teatro (Entrada 2,50 €) Venres, 29 de agosto Trompicallo (Galicia) “Osiño” 20:30 h. Salón Teatro (Entrada 2,50 €) Sábado 30 de agosto Pa Sucat (Catalunya) “Maravillas de oriente” 19:00 h. Praza da Igrexa (Se chove, Salón Teatro) Teatro Urgente (Madrid) “Historias para un desván” 22:30 h. Praza interior do concello novo (Entrada 3 €) (Se chove, Museo Ramón Mª Aller) Domingo 31 de agosto La Gotera de Lazotea (Andalucía) “La mata de albahaca” 19:00 h. Praza do Concello (Barrio de Abaixo) (Se chove, Museo Ramón Mª Aller) Producciones Viridiana (Aragón) “En la Cadiera” 21:30 h. Praza da Igrexa (Se chove, Salón Teatro)


"as, os, @S" ¡Pasen y vean! Lilith é unha cucuyé e como tal, debe ter a pel suave e rosa. Pero a ela entristécelle estar pechada nun xardín e comer só flores de sabor nada agradable mentres os cucuyés corren polo bosque, nadan no río e comen os froitos das árbores. Pasarán moitas cousas ata que Lilith tome unha importante decisión. Yheppa desenvólvese desde os seus inicios (1990) como un colectivo de investigación e experimentación de diferentes medios de expresión que se interrelacionan e integran na arte escénica.


“Osiño” A vida nun anaquiño de fraga, transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao abó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levarános a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle a súa mamá un anaco de queixo moi especial. E no outono celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario. Trompicallo traballa desde 1997 na produción, investigación e difusión da arte dos títeres.


“Maravillas de Oriente” Un xograr musulmán, experto romanceiro, e un soldado recentemente chegado das Cruzadas, nobre cabaleiro vido a menos que non quere perder a súa antiga condición e que está obrigado a facer o que sexa para sobrevivir; trouxeron das terras de Oriente a arte de manipular monicreques. Acompáñaos un pastor introvertido e rudo. Perdeu o seu rabaño e toca a cornamusa para poder comer. Estes tres personaxes forman unha pintoresca compañía que percorre vilas e pobos contando historias cun guiñol ambulante, música en vivo e o dinamismo característico do monicreque tradicional. Nun castelo unha fermosa dama borda un tapiz na soidade da noite, de súpeto é sorprendida por un capitán sarraceno que a rapta para o seu harén. O noso protagonista, un valoroso cabaleiro, empeza a súa carreira de fazañas enfrontándose ao capitán e liberando a dama grazas á súa astucia. Pero, de novo, a dama está en perigo; un dragón terrible retena nunha sinistra cova. Moitos intentárono antes sen fortuna pero el, despois dunha loita feroz vence o monstro e gaña o amor da doncela. A Compañía de Espectáculos Pa Sucat nace no ano 1986. Actualmente e despois dunha longa traxectoria de traballo no campo artístico, existe baixo o formato dunha Sociedade Cooperativa Catalá Limitada, onde os socios, desenvolven as tarefas profesionais de creación, produción, construción e posta en escena de espectáculos para todos públicos. A Compañía produce, na actualidade, espectáculos de animación, teatro de monicreques e teatro de rúa ademais de montaxes á medida. A Compañía Pa Sucat é socio fundacional da Asociación Profesional de Teatro para Todos Públicos, "TTP"


“Historias para un desván” Dous ladróns de pouca monta, "O Calabrés" e "O Tuerto", foxen ao ser descubertos pola policía cando exercían libremente o seu oficio. Na súa fuxida atopan un faio que parece abandonado. Si parece un bo sitio para agocharse. Unha vez dentro encontraranse nun mundo de farsa, no que vivirán unha aventura absurdamente cómica, con avarentos desmedidos, propietarios tolos, namoradas furibundas e policías encomendados á lei da cachiporra. Obra de monicreques para adultos e nenos. Dramaturxia: Concha Párraga e Paulo Alexandre. Baseada na obra “La República del caballo muerto” de Roberto Espina. Técnica de manipulación: Luva Dirección: Paulo Alexandre Compañía formada en 1996 que conxuga en harmonía a linguaxe das marionetas, os actores e a música en vivo.


“La mata de albahaca” É a historia de Mariquilla, a rapaza que encontrou o amor no inxenuo bocexo dun rapaz. Tamén é a historia do príncipe, un rapaz, que ferido no seu orgullo por Mariquilla esperta por fin e confunde o bocexo co amor. A raíña que é a que decide a historia por tradición, decátase de que a pedra onde estaba escrita a devandita historia non é tan indestrutible nin a tinta tan imborrable. E mentres todo isto acontece, os espectadores asisten a unha aventura que non se parece en case nada ao descrito. Compañía creada no ano 1981 en Jerez de la Frontera (Cádiz) Como sinais de identidade hai que resaltar o carácter artesanal do seu traballo e que diálogos e música, xogos e cancións tanto populares coma de creación propia son interpretados en directo.


“En la Cadiera” Dous divertidos solteiróns que manteñen viva unha das últimas casas habitadas do pobo grazas ao seu enxeñ, conseguirán atopar arredor da cadiera (banco tradicional da cociña aragonesa), suficientes aparellos cos que axudarse para contarnos máis dunha ducia de historias, sempre coa axuda do laúde, a guitarra ou Un mundo con raíces En la cadiera pretende achegar o seu gran de area na recuperación do riqco patrimonio xerado no mundo rural, unha cultura moi próxima ao mundo natural (e tamén en ocasións ao sobrenatural), que lamentablemente vai quedando no esquecemento. En la cadiera recolle algunhas das historias nacidas nos nosos pobos e sérveas acompañadas dalgunhas das cancións máis entrañables da tradición popular, sen desdeñar por eso temas actuais de bandas con raíces. A compañía Producciones Viridiana é unha estrutura de teatro profesional asentada en Huesca desde o ano 1994. Mozos profesionais formados en distintas escolas (Institut del Teatre de Barcelona, Teatro de La Abadía, Escuela de Teatro de Zaragoza) forman esta compañía coa idea de crear unha estrutura de produción consistente que permita levar adiante propostas artísticas.


DIRECTORIO

Patrocina Concello de Lalín @: cultura@lalin.org Tf. : 986 784 004 http://www.lalin.org/

Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de Cultura http://xunta.es

Organiza Viravolta títeres @: info@viravolta.es Tf. : 635 17 5 1 43 / 645 13 7 0 31 http://www.viravoltatiteres.com/


Compañías @: yheppa@yheppa.com Tf. : 629 89 13 48 http://yheppa.com @: @gmail.com Tf. : 636 860 927 http://www.trompicallo.com @: info@pasucat.cat TF.: 977 61 30 97 http://pasucat.cat

@: titere@teatrourgente.es/ titur1996@gmail.com Tf.: 912 25 29 79 / 686 25 57 88 http://titereteatrourgente.wordpress.com @: lagoteradelazotea@yahoo.es Tf.: 956 34 04 87 / 636 96 00 19 http://www.lagoteradelazotea.es @: viridiana@viridiana.es Tf: 974 24 51 18 / 615 59 77 70 http://www.viridiana.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.