O galo Quirico e os seus amigos. Unidade Didácitca

Page 1

CAMPAÑA ESCOLAR

SEISDEDOS MARIONETAS TRADICIONAIS www.viravolta.es info@viravolta.es 630 166 194


2


INDICE

QUEN SOMOS?

4

QUE PROPOÑEMOS?

5

QUE IMOS VER?

6

QUE PROCURAMOS?

7

SOBRE QUE IMOS TRABALLAR?

8

QUE IMOS FACER?

11

COMO IMOS A VALORAR?

14

BIBLIOGRAFÍA

15

ANEXOS

16

3


QUEN SOMOS? Títeres Seisdedos xurde no seo da compañía Viravolta creada no ano 1982. Especializado en espectáculos de pequeno formato, adáptase a calquera espazo escénico. As propostas que adoitamos presentar conxugan os distintos monicreques tradicionais con música en directo.

4


QUÉ PROPOÑEMOS? Neste documento o profesorado de Educación Infantil e Primaria atopará propostas de actividades e recursos para traballar nas aulas coa temática desta produción da Compañía Seisdedos. Así, a nosa proposta inclúe: è a representación de “O Galo Quirico e os seus amigos”. è a unidade didáctica para realizar nas aulas de Educación Infantil e nas de Educación Primaria, preferentemente nas áreas de lingua galega e literatura, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación artística, na que se inclúen tanto actividades previas á representación, como de desenvolvemento posterior á función, baseadas nunha metodoloxía activa e flexible, adaptable ás diferentes idades, capacidades e intereses dos/as rapaces/as garantindo, así, a atención á diversidade do alumnado. Deste xeito, desde Seisdedos queremos participar como axentes educativos da contorna, apoiando a tarefa educativa, coa finalidade de proporcionar a todos os nenos e nenas unha educación de calidade que permita afianzar o seu desenvolvemento integral e o seu propio benestar, incidindo na programación de actividades complementarias como medida en prol da igualdade de oportunidades ao facilitar o acceso e o gozo de todos/as os/as rapaces/as dunha representación de títeres de calidade.

5


QUE IMOS VER? “O galo Quirico e os seus amigos” achega aos/ás nenos/as diferentes personaxes e costumes populares. Para elo, contaremos con recursos tan motivadores como a música, as cancións, a dramatización con monicreques … O inicio desta historia toma como punto de partida a construción dos túneles do tren en Lalín. Dende este momento, titiriteiros, artistas de circo, músicos … e outros personaxes recrean diferentes situacións que dan lugar a xogos, cancións … e actividades nas que a interacción e participación dos/as nenos/as é continua, para, finalmente, dar lugar a representación da adaptación que, do conto popular do “Galo Quirico”, crea Bernardino Graña. Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía Seisdedos para esta ocasión e con música en directo, interpretada polo acordeonista Carlos Quintá. 6


QUE PROCURAMOS? • Coñecer o conto popular do Galo Quirico segundo a versión de Bernardino Graña. • Participar activamente dunha actividade de dramatización, música …. • Contribuír ao coñecemento e utilización de xeito apropiado a lingua galega e desenvolver hábitos de lectura. • Contribuír ao coñecemento e valorización do seu contorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e de coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia. Coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galegas. • Fomentar as actitudes positivas e interiorización dalgúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega: música, costumes, festas populares, etc. • Espertar o gusto por gozar de espectáculos de títeres chegando a instaurarse progresivamente como unha opción real no tempo de lecer.

7


SOBRE QUE IMOS TRABALLAR? Os contidos sobre os que imos a traballar relaciónanse coas áreas de: - Educación artística § A música tradicional galega. A música tradicional de Galicia caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, alalás, etc) como polos instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e as agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental. - Lingua galega e literatura § Bernardino Graña e o “Quirico Lambón”. Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura en secundaria, até a súa xubilación en 1991. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). 8


É autor dunha ampla obra que abrangue diferentes xéneros. Como autor de narrativa para público infantil son de notar O león e o paxaro rebelde (1991, Premio de Contos para rapaces O Facho), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994, Premio Merlín 1993), O lobo e o grilo (1995), Contra o león covarde (1995), Xan Guindán e os Salvaxes (1995). § Galicia e a súa tradición popular. O gran repertorio oral galego está encadrado dentro do inxente acervo da cultura tradicional. Todas estas manifestacións populares funcionan como discursos sociais sobre os sistemas de valores e crenzas que serven para a creación e recreación dos sinais de identidade da cultura galega. É necesario o mantemento do acervo inmaterial que supón a cultura oral para avanzar cara o futuro. - Coñecemento do medio natural, social e cultural § Os medios de transporte. É necesario destacar a importancia que teñen os diferentes medios para o desprazamento do ser humano e a incidencia do transporte nas actividades que levamos a cabo de forma cotiá e no medio ambiente .

9


§ O tren. É importante analizar o tren como medio transporte de persoas e mercadorías, deténdose na súa historia e construción en Galicia. Tamén se examinarán os tipos de tren actuais e a súa presenza en Galicia para provocar un exercicio de creatividade sobre os trens do futuro e a súa relación co medio ambiente: ruído, contaminación ambiental e impacto no patrimonio natural. - Contidos transversais en todas as áreas § Educación ambiental. A educación ambiental axuda no desenvolvemento da responsabilidade ambiental dos nenos e nenas para entender e coidar o planeta, ter conciencia do dano que se xera coa contaminación e manter un ambiente san para todos os que vivimos nel. Ademais de xerar unha conciencia trata de reflexionar sobre as solucións pertinentes aos problemas ambientais actuais causados pola actividade humana e os efectos da relación entre o ser humano e o medio ambiente.

10


QUE IMOS FACER? Actividades E.I e 1º ciclo de E.P A. Actividades de Inicio. Contidos: Os medios de transporte. Educación ambiental. • Remuíño d ideas sobre os medios de transporte. (Anexo 1) • Mural medios de transporte. (Anexo 2) • Xogo de imitación. (Anexo 3) • Posta en común.(Anexo 4) B. Actividades de continuación. Contidos: O tren. Educación ambiental. • Posta en común sobre a función en relación ao tren. (Anexo 5). • Construción dun tren con material de refugallo. (Anexo 6). • Puzzle. (Anexo 7). • Posta en común. (Anexo 8). • Xogamos a viaxar en tren. (Anexo 9). Contidos: Bernardino Graña e o “Quirico lambón”. Galicia e a súa tradición popular. • Lectura e posta en común. (Anexo 10) • Debuxo dos personaxes da historia. (Anexo 11)

11


Contidos: A música tradicional galega. • Aprendizaxe das cancións “Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 12) • Percusión corporal sobre as cancións“Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 13) • Exercicio de creatividade sobre canción “Nena”. (Anexo 14) Actividades 2º e 3º Ciclos de E.P A. Actividades de Inicio. Contidos: Galicia e a súa tradición popular. Medios de transporte. Educación ambiental. • Cuestionario individual. (Anexo 15). • Táboa sobre os medios de transporte. (Anexo 16). • Pescuda de cantos populares. (Anexo 17). B. Actividades de continuación. Contidos: O tren. Educación ambiental. • Posta en común sobre o tren. (Anexo 18). • Sopa de letras. (Anexo 19). • Construción dun tren con material de refugallo. (Anexo 6). Contidos: Bernardino Graña e “O Quirico lambón”. • Lectura e posta en común do “Quirico lambón”. (Anexo 20) 12


• • • •

• •

• • • • • • • • •

Creación de versos. (Anexo 21) Creación de encadeados e trabalinguas. (Anexo 22) Debuxar un cómic. (Anexo 23). Mural de Bernardino Graña. (Anexo 24). Contidos: Galicia e a súa tradición popular. Eixe cronolóxico. (Anexo 25). Pescuda sobre as festas populares. (Anexo 26). Contidos: A música tradicional galega. Aprendizaxe da canción “Nena”. (Anexo 27) Percusión corporal sobre a canción “Nena”. (Anexo 28) Exercicio e creatividade sobre a canción Nena. (Anexo 29) Exercicio sobre a linguaxe musical da canción Nena. (Anexo 30) Dramatización. (Anexo 31) Aprendizaxe da canción “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 32) Percusión corporal sobre a canción “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 33) Exercicio sobre a linguaxe musical da canción “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 34) Audicións de muiñeiras e posta en común. (Anexo 35)

13


COMO IMOS A VALORAR? Para facer a avaliación da unidade didáctica tanto mestres/as como alumnos/as valorarán: - Grao de consecución dos obxectivos - Participación - interese amosado - satisfacción - impacto. Por unha parte, poñemos a disposición do profesorado unha escala de valoración (Anexo 36) e, para a avaliación feita polos rapaces/as, propoñemos a dinámica do semáforo para que valoren a satisfacción tanto coas actividades como coa representación de “O Galo Quirico e os seus amigos” (Anexo 37).

14


BIBLIOGRAFÍA - Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. - Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. - Graña, Bernardino “O QUIRICO LAMBÓN” Edicións Xerais de Galicia. 2008.

15


ANEXOS

16


COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE INICIO

ANEXO 1 •

Actividade: remuíño de ideas sobre os medios de transporte.

Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo no chan. O grupo debe responder de forma espontánea ás cuestións que lle formula o/a mestre/a sobre os medios de transporte.

Duración: 25 minutos.

Materiais: ficha de preguntas guía.

REMUÍÑO DE IDEAS SOBRE OS MEDIOS DE TRANSPORTE PREGUNTAS GUÍA è Que son os medios de transporte?

è Que medios de transporte coñecemos? è Que medios de transporte podemos ver desde a aula? è Que medios de transporte van pola terra? E polo aire? E pola auga? è Que medios de transporte teñen dúas rodas? E tres? E catro? E ningunha? è Que pasaría se desaparecesen os medios de transporte?

17


COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE INICIO

ANEXO 2 •

Actividade: Mural medios de transporte.

Dinámica: en pequenos grupos, de catro ou cinco membros, os nenos/as deben buscar en revistas, xornais, publicidade e/ou láminas facilitadas polo/a mestre/a, e recortar os medios de transporte que atopen. Unha vez recortadas, en gran grupo e por quendas, cada neno/a pegará unha das súas imaxes no mural, previamente preparado polo/a mestre/a, no lugar correspondente, mentres os/as compañeiros/as colaboran na súa tarefa.

Duración: 45 minutos.

Materiais: papel de estraza con tres zonas diferenciadas (terra – mar -­‐ aire),

tesoiras,

cola,

revistas,

xornais, etc.

18


ANEXO 3 •

Actividade: Xogo de imitación

Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo no chan para imitar

COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE INICIO

entre todos o son dun coche, unha bici, unha moto, un avión, un tren... •

Duración: 10 minutos.

Materiais: ningún específico.

19


COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE INICIO

ANEXO 4 •

Actividade: posta en común.

Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo no chan para facer unha posta en común do léxico que os nenos/as dominan en torno aos medios de transporte.

Duración: 15 minutos.

Materiais: ningún específico.

LÉXICO ESPECÍFICO SOBRE OS MEDIOS DE TRANSPORTE PREGUNTAS GUÍA

è Cada un debe dicir unha parte do coche, da bici, dunha barca … è Como se chama o lugar onde están os barco atracados, os coches aparcados, os avión, os trens … è Como se chama o que conduce un tren, un avión, un autobús, etc.

20


ANEXO 5 • Actividade: posta en común. •

COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo no chan para facer unha posta sobre o visto na función. Incidirase no tren como punto de partida e de unión da obra.

Duración: 15 minutos.

Materiais: ningún específico.

21


ANEXO 6

COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. -­‐E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Actividade: elaboración dun tren con material de refugallo.

Dinámica: cada un dos/as nenos/as elaborará de xeito individual un tren con material de refugallo. Cada alumno/a debe levar material de refugallo da casa. Exporase todo o material e cada neno/a escollerá o que prefira para elaborar o seu tren cunha técnica libre a partir das indicacións do/a mestre/a.

Duración: 60 minutos.

Materiais: botellas de plástico, tetrabrics, vasos de plástico con tapa, paus de brochetas, papeis vellos, ceras, tesoiras, las, cola, cinta adhesiva, cartóns...

22


COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 7 • Actividade: elaboración dun puzzle de papel.

• Dinámica: cada un dos/as nenos/as individualmente coloreará o debuxo do tren, pegarano nunha cartolina e a continuación o recortarán polos puntos. Logo os nenos/as intercambiarán os puzzles para facelos. • Duración: 30 minutos. • Materiais: copias do debuxo, cartolinas, tesoiras, cola e cores.

23


COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 8 •

Actividade: Xogo de léxico.

Dinámica: todos os membros do grupo aula

LÉXICO ESPECÍFICO SOBRE O TREN PREGUNTAS GUÍA

séntanse en círculo no chan para facer unha posta en común sobre léxico específico dos trens apoiándose con imaxes.

Duración: 15 minutos.

Materiais: imaxes variadas.

è è è è è è

Que nomes que lle podemos dar ao tren? Como se chama o sitio onde están? Como se chama o lugar onde a xente sube ou baixa deles? Como se chaman as “estradas” polas que circulan? Como se chama o que o conduce? ...

24


ANEXO 9 • Actividade: Role-­‐playing de viaxar en tren. •

COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Dinámica: disporanse as cadeiras na aula de maneira que representen os asentos. O/a docente será o maquinista e un /ha voluntario/a fará de revisor. Os/as nenos/as terán na súa man o billete e irán subindo paulatinamente. Unha vez que todos os pasaxeiros/as estean no tren dramatízase o tren arrancando, apurando, freando, facendo manobras ... Repetiremos cambiando os papeis de maquinista e revisor.

Duración: 25 minutos.

Materiais: cachiños de papel que serán os billetes (podemos telos realizados nunha actividade previa), unha viseira de “maquinista”, un pito, unha campaíña, etc.

25


LINGUA GALEGA E LITERATURA E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 10 •

Actividade: lectura e posta en común do “Quirico lambón”.

Dinámica: o/a mestre/a le o texto. Logo comentamos a historia en gran grupo, para o cal o/a docente pode empregar as preguntas guía.

Duración: 20 minutos.

Materiais: a historia.

PREGUNTAS GUÍA

§ Que comen os galos e galiñas? § Onde acostuman vivir os galos? E este onde o fai? § Como é Quirico? § Cres que o galo é lambón? E mandón? § Por que non limpa o galo o seu pico? § A quen invitou Perico ao seu casamento? Alguén obedece ao galo Quirico? § Cando chaman as estrelas polo sol? Cando cantan os galos? § Como empeza e como remata o conto do galo Quirico? § Poñémoslle nomes: — Galo Quirico — Ovella... — Burro Perico — Pau... — Herba... — Lume...

— Auga...

26


ANEXO 11 • Actividade: debuxo personaxes da historia. •

Dinámica: os/as nenos/as deberán debuxar cada un dos personaxes da historia do “Galo Quirico”. Entre todos iremos recordando os personaxes que vimos na función mentres cada un dos nenos/as os van debuxando.

LINGUA GALEGA E LITERATURA E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Duración: 25 minutos.

Materiais: copias das viñetas, ceras, lapis de cores...


EDUCACIÓN ARTÍSTICA E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 12 •

Actividade: aprendizaxe das cancións “Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”.

Dinámica: en gran grupo aprenderemos as cancións a partir de diferentes técnicas: o Aprendizaxe por imitación “Recurso Eco”. o Aprendizaxe por asociación con xestos. o Substitución de frases por xestos.

Duración: 30 minutos.

Materiais: ningún específico.

Nena, Perdoa se cho pido Un pouco pan de millo Que outro non o hai Por que nós vimos Da costa do Navallo Cansados de traballo Queremos merendar

Quíquiri, quíquiri, Cácara, cácara, Quíquiri, quíquiri, Cacará. Quíquiri, quíquiri, Cácara, cácara, Quíquiri, quíquiri, Cacará. ¡Quiquiriquí!

28


EDUCACIÓN ARTÍSTICA E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 13 •

Actividade: percusión corporal sobre as cancións “Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”.

Dinámica: en gran grupo palmear o ritmo das cancións.

Duración: 10 minutos.

Materiais: ningún específico.

29


ANEXO 14 •

EDUCACIÓN ARTÍSTICA E.I. 1º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Actividade: exercicio e creatividade sobre a canción Nena.

Dinámica: en gran grupo deberán re-­‐ inventar a letra da canción, por exemplo Mozo, perdoa se che pido un saco de castañas ….

Duración: 7 minutos.

Materiais: ningún específico

30


Realiza as seguintes actividades: 1. Rodea os medios de transporte nos que viaxaches de cor vermello e de azul nos que che gustaría viaxar:

COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE INICIO ANEXO 15 • Actividade: cuestionario individual.

• Dinámica: cada neno/a responderá de forma

individual ao cuestionario (esta pode ser unha tarefa 2. Que medio de transporte che parece máis seguro? _________________________________________________________________________________ 3. Que medio de transporte che parece máis cómodo? _________________________________________________________________________________ 4. Pescuda o tipo de contaminación que producen os medios de transporte. Cal che parece o máis contaminante? E o menos? __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ 5. Pescuda e describe o percorrido que terías que facer e que medios de transporte empregarías para ir desde a túa casa a Barcelona. __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ 6. Como che gustarían que foran ós medios de transporte do futuro? Contesta as seguintes cuestións e debuxa o transporte do futuro que ti imaxines. Iría polo/a … Aire Terra Auga Nel poderían viaxar __________________________ persoas. Alimentaríase de__________________________________________________________________________________________ Debuxa o teu medio de transporte do futuro na parte de atrás.

para a casa). Unha vez rematado farase unha posta en común en gran grupo. • Duración: 35 minutos. • Materiais: copias da ficha.

31


COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE INICIO

ANEXO 16 •

Actividade: completar a táboa sobre os medios de transporte.

Dinámica: por parellas deberán completar a seguinte táboa. Unha vez rematado farase unha posta en común en gran grupo.

Duración: 20 minutos.

Materiais: copias da táboa. Cuestións É de aire, terra ou auga? Como se chama o lugar onde se estacionan? Como se chama a persoa que os dirixe? Que máis profesionais traballan nel ou para que funcione? Que aparellos podemos atopar nel? Que combustible emprega? Que tipos deste medio coñecedes?

Autobús

Avión

Barco

Tren

32


ANEXO 17 • Actividade: pescuda de cantos populares de traballo, de festa (voda, seráns...), de lecer, de berce... •

LINGUA E LITERATURA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE INICIO

Dinámica: cada neno/a deberá buscar na casa ou na veciñanza alguén que lle cante, aló menos, unha canción popular. Deberán cubrir a ficha correspondente para logo facer unha posta en común na clase.

Duración: indeterminada.

Materiais: copias da ficha. Escribe a letra do canto:

Título do canto: ____________________________________ En que ocasións se cantaba?

____________________________________ Quen che cantou a canción? ____________________________________

Quen lla aprendeu a el/ela? ____________________________________ Ti xa a coñecías? Por que? ____________________________________

______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________ ______________________________________________________

33


ANEXO 18

COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-­‐ 3º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Actividade: posta en común.

Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo para facer unha posta sobre o visto na función. Incidirase no tren como punto de partida e de unión da obra: o que custou levar o tren a Lalín e a Galicia, as condicións de traballo da época, as cancións para facer o traballo máis doado …

Duración: 25 minutos.

Materiais: ningún específico.

34


COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-­‐ 3º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 19 •

Actividade: sopa de letras de medios de transporte.

Dinámica: cada un dos membros do grupo debe facer individualmente esta sopa de letras.

Duración: 12 minutos.

Materiais: copias da sopa de letras.

SOPA DE LETRAS

35


LINGUA E LITERATURA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 20 •

Actividade: lectura e posta en común de “O Quirico lambón”.

Dinámica: distribuímos os papeis (narrador, galo, herba, ovella, pau, lume, auga, vaca, pastor) e logo lemos o texto de forma dialogada. Logo comentamos a historia en gran grupo, para o cal o/a docente pode empregar as preguntas guía.

Duración: 20 minutos.

Materiais: a historia.

PREGUNTAS GUÍA Que comen os galos e galiñas? Onde acostuman vivir os galos? E este onde o fai? Como é Quirico? Cres que o galo é lambón? E mandón? Por que non limpa o galo o seu pico? A quen invitou Perico ao seu casamento? Alguén obedece ao galo Quirico? Cando chaman as estrelas polo sol? Cando cantan os galos? § Como empeza e como remata o conto do galo Quirico? § Poñémoslle nomes: — Galo Quirico — Ovella... — Burro Perico — Pau... — Auga... — Herba... — Lume... § § § § § § §

36


ANEXO 21

LINGUA E LITERATURA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Actividade: creación de versos.

Dinámica: en parellas, os/as rapaces/as debe recordar algunha rima do texto (sorte / forte , pico / bonito / Perico …) e, a continuación, elaborar os seus propios versos utilizándoas.

Duración: 10 minutos.

Materiais: ningún específico.

37


ANEXO 22

LINGUA E LITERATURA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Actividade: creación de encadeados e trabalinguas.

Dinámica: en parellas, os/as rapaces/as deben elaborar os seus propios encadeados Por exemplo, « Eu díxenlle a María que vira unha estrela. María díxolle a Xoán que eu vira unha estrela. Xoán díxolle a Pedro que lle dixera María que eu vira unha estrela. Pedro díxolle a Mariña que lle dixera Xoán que lle dixo María que eu vira unha estrela...».

Duración: 10 minutos.

Materiais: ningún específico.

38


LINGUA E LITERATURA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 23 • Actividade: debuxar un cómic.

• Dinámica: os/as nenos/as deberán debuxar un cómic baseado na historia do “Galo Quirico”. • Duración: 25 minutos. • Materiais: copias das viñetas, ceras, lapis de cores...

39


LINGUA E LITERATURA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 24 •

Actividade: mural de Bernardino Graña

Dinámica: en pequeno grupo, os/as alumnos/as deben elaborar un mural onde se recollan imaxes e información sobre o Bernardino Graña. Deben indagar e reflectir, aló menos, información da ficha.

Duración: 20 minutos.

Materiais: cartolinas, tesoiras, cola, cores... FICHA - Onde naceu? - Cantos naos ten? - Que estudou? - Que xéneros publicou? - Nomes doutros libros. - Cando publica o Quirico lambón? - Onde e cando escoutou a historia?

40


COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-­‐ 3º E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 25 • Actividade: eixe cronolóxico do tren. •

Dinámica: en pequeno grupo (de catro ou cinco membros) os/as alumnos/as deberán facer, nunha cartolina, un eixe cronolóxico onde se reflictan feitos tales como, as orixes remotas do tren quen e cando se inventou a locomotora, o primeiro tren a Galicia e o percorrido que fixo, feitos destacables en Galicia e no mundo entre o 1850 e o 1960, a evolución do tren ate a actualidade, etc. A información deberá ir acompañada de imaxes. Dependendo do nivel dos alumnos/as poderemos dar unha guía da información que deberán atopar.

Duración: 120 minutos.

Materiais: copias das imaxes, cartolinas, tesoiras, cola... e para a busca da información, libros da biblioteca, internet...

Grecia

Reino Unido

¿?

Galicia

¿?

España

¿?

¿?

¿?

¿?

s.VII a.C

Diolkos Primeira liña de ferrocarril que existe. Mide 6 km e cruzaba o istmo de Corinto.

1804 Richard Trevithick construíu a primeira locomotora capaz de arrastrar dun tren.

...

1873

...

...

1939

...

...

...2012

41


LINGUA E LITERATURA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 26 • Actividade: Pescuda sobre as festas populares. •

clase farase unha posta en común para analizar entre todos as diferenzas entre as festas de tres xeracións distintas.

Dinámica: os/as nenos/as deberán recoller información das súas familias e veciñanza e cubrir o cuestionario. Na seguinte

Duración: 20 minutos.

Materiais: copias do cuestionario.

Empeza contestando ti ás preguntas seguintes: Fuches a algunha festa ultimamente? A cal? Como soubeches que había festa? Con quen fuches? Que se celebraba? Eran as festas patronais? A que hora fuches? Ata que hora estiveches? Comiches ou ceaches alí? Que comiches? Había música? De que tipo? Había atraccións? Cales? Había outro tipo de espectáculos, como títeres, pasarrúas, malabaristas, contacontos, etc? Cal/es? Os viches? Gustáronche?

Agora deberás preguntarlle cousas moi parecidas a túa nai, pai, tío, tía, veciño, veciña ou a quen ti queiras e anotar as súas repostas: Cantos anos tes? Cando tiñas a miña idade a que festas ías? Onde se facía a festa (na rúa, nun campo, nunha carballeira...)? Como sabías que había festa? Con quen ías? A que hora ías? Ata que hora te quedabas? Comías ou ceabas na festa? Que se comía? Había música? De que tipo? Había atraccións? Cales? Había outro tipo de espectáculos, como títeres, pasarrúas, malabaristas, etc? Cal/es? Gustábache?

Agora pregúntalle á persoa de máis idade que coñezas e anota as súas repostas: Cantos anos tes? Cando tiñas a miña idade a que festas ías? Onde se facía a festa (na rúa, nun campo, nunha carballeira...)? Como sabías que había festa? Con quen ías? A que hora ías? Ata que hora te quedabas? Comías ou ceabas na festa? Que se comía? Había música? De que tipo? Había atraccións? Cales? Había outro tipo de espectáculos, como títeres, pasarrúas, malabaristas, etc? Cal/es? Gustábache? Que se facía para pasalo ben? Pódesme contar algunha anécdota?

42


EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 27 •

Actividade: aprendizaxe da canción “Nena” .

Dinámica: en gran grupo aprenderemos a canción a partir de diferentes técnicas: o Aprendizaxe por imitación “Recurso Eco”. o Aprendizaxe por asociación con xestos. o Substitución de frases por xestos.

Nena, Perdoa se cho pido Un pouco pan de millo Que outro non o hai Por que nós vimos Da costa do Navallo Cansados de traballo Queremos merendar

o Interpretación con apoio de instrumento Harmónico. o Aprendizaxe do ritmo (sílabas rítmicas) o Aprendizaxe das notas. o Substitución de notas por palabras.

Duración: 45 minutos.

Materiais: instrumentos harmónicos.

43


EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 28 •

Actividade: Percusión corporal sobre a canción “Nena” .

Dinámica: en gran grupo o Palmear o ritmo da canción. o Camiñar a negras cantando a canción. o Camiñar a negras palmeando o ritmo da canción. o Palmear dúas negras nos pulsos de silencio da 1ª parte. o Cantar a 2ª parte palmeando o pulso.

Duración: 20 minutos.

Materiais: ningún específico.

44


EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 29 •

Actividade: exercicio e creatividade sobre a canción Nena.

Dinámica: en parellas deberán re-­‐ inventar a letra da canción, por exemplo Mozo, perdoa se che pido un saco de castañas ….

Duración: 10 minutos.

Materiais: ningún específico.

45


ANEXO 30 • Actividade: exercicio sobre a linguaxe musical da

EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

canción Nena. •

Dinámica:

individualmente

os/as

rapaces/as

deberán o Escribir o ritmo. o Escribir as notas. o Identificar a célula rítmica ( ¨ e ee) o Identificar o acento e o compás. o Marcar a subdivisión.

Duración: 20 minutos.

Materiais: ningún específico.

46


ANEXO 31 • Actividade: Dramatización

EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Dinámica: en pequeno grupo os/as nenos/as deberán elaborar un conto baseado na canción Nena e representar este conto.

Duración: 40 minutos.

Materiais: ningún específico.

47


ANEXO 32 • Actividade: Aprendizaxe da canción “Quiquiriquí, cacaracá” •

Dinámica: en gran grupo aprenderemos a canción a partir de diferentes técnicas: o Aprendizaxe por imitación “Recurso Eco”. o Aprendizaxe por asociación con xestos. o Substitución de frases por xestos. o Interpretación con apoio de instrumento Harmónico. o Aprendizaxe do ritmo (sílabas rítmicas)

EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

Quíquiri, quíquiri, Cácara, cácara, Quíquiri, quíquiri, Cacará. Quíquiri, quíquiri, Cácara, cácara, Quíquiri, quíquiri, Cacará. ¡Quiquiriquí!

o Aprendizaxe das notas. o Substitución de notas por palabras. •

Duración: 45 minutos.

Materiais: instrumentos harmónicos.

48


EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 33 •

Actividade: Percusión corporal sobre a canción “Quiquiriquí, cacaracá”.

Dinámica: en gran grupo o Palmear o pulso da canción. o Camiñar a pulso cantando a canción. o Tocar con dedos sobre a mesa o ritmo da canción.

Duración: 10 minutos.

Materiais: ningún específico.

49


EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 34 •

Actividade: exercicio sobre a linguaxe musical da canción “Quiquiriquí, cacaracá”.

Dinámica: individualmente os/as rapaces/as deberán o Identificar o motivo rítmico (eee eee) co ritmo base da muiñeira. o Practicar tresillos con diferentes prosodias (kíkiri, títiri, cántaro, música, xílgaro...).

Duración: 10 minutos.

Materiais: ningún específico.

50


EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-­‐ 3º CICLOS E.P ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN

ANEXO 35 •

Actividade: audicións de muiñeiras e posta en común.

Dinámica: en gran grupo, a partir dunha breve introdución acerca dos xéneros e os ritmos da música popular galega, faranse audicións de diferentes tipos de muiñeira, de instrumentos da música popular de Galicia, interpretando muiñeiras e de ritmos análogos doutras partes do mundo (jigas irlandesas, relámpagos mexicanos ...)

Duración: 40 minutos.

Materiais: gravacións para as audicións.

51


ANEXO 36

Mestre/a de E.I

CUESTIONARIO DE VALORACIÓN PARA MESTRES/AS

Mestre/a E.P o o

Titor/a Mestre/a de música

-­‐Valoración das actividades. Faga unha valoración cualitativa e cuantitativa das actividades realizadas.

Actividades E.I e 1º ciclo de E.P

VALORACIÓN

1

2

3

4

5

6

7

8 9

Remuíño d ideas sobre os medios de transporte.

Mural medios de transporte. Xogo de imitación. Posta en común. Posta en común sobre a función en relación ao tren. Construción dun tren con material de refugallo. Puzzle. Posta en común. Xogamos a viaxar en tren. Lectura e posta en común. Debuxo dos personaxes da historia. Aprendizaxe das cancións “Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”. Percusión corporal sobre as cancións“Nena” e “Quiquiriquí” Exercicio de creatividade sobre canción “Nena”.

52


Actividades 2º e 3º Ciclos de E.P

VALORACIÓN

1

2

3

4

5

6

7

8 9

Cuestionario individual.

Táboa sobre os medios de transporte. Pescuda de cantos populares. Posta en común sobre o tren. Sopa de letras. Construción dun tren con material de refugallo. Lectura e posta en común do “Quirico lambón”. Creación de versos. Creación de encadeados e trabalinguas. Debuxar un cómic. Mural de Bernardino Graña. Eixe cronolóxico. Pescuda sobre as festas populares. Aprendizaxe da canción “Nena”. Percusión corporal sobre a canción “Nena”. Exercicio e creatividade sobre a canción Nena. Exercicio sobre a linguaxe musical da canción Nena. Dramatización. Aprendizaxe da canción “Quiquiriquí, cacaracá”. Percusión corporal sobre a canción “Quiquiriquí, cacaracá”.

53


Exercicio sobre a linguaxe musical da canción “Quiquiriquí” Audicións de muiñeiras e posta en común.

-­‐Grao de consecución dos obxectivos. Valore do 1 ao 10 (sendo 1 a mínima puntuación, e 9 a máxima) OBXECTIVOS Coñecer o conto popular do Galo Quirico segundo a versión de Bernardino Graña.

1 2 3 4 5 6 7 8 9

Participar activamente dunha actividade de dramatización, música ….

Contribuír ao coñecemento e utilización de xeito apropiado a lingua galega e desenvolver hábitos de lectura.

Contribuír ao coñecemento e valorización do seu contorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e de coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia. Coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura galega. Fomentar as actitudes positivas e interiorización dalgúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega: música, costumes, festas populares. Espertar o gusto por gozar de espectáculos de títeres chegando a instaurarse progresivamente como unha opción real no tempo de lecer.

54


-­‐Participación e interese amosado. Risque no enunciado que mellor reflicta a súa opinión: •

Durante o desenvolvemento das actividades previas os/as alumnos/as participaron activamente, formulando preguntas, facendo aportacións...

Durante todo o tempo

Case todo o tempo

A metade do tempo

Só nalgúns momentos

Practicamente en ningún momento

Durante o desenvolvemento das actividades previas mostráronse participativos...

Todos/as os/as alumnos/as da clase

Case todos/as os/as alumnos/as

A metade dos/as alumnos/as

Só algúns/as alumnos/as

Practicamente en ningún alumno/a

Durante o desenvolvemento da función “O Galo Quirico e os seus amigos” os/as alumnos/as participaron activamente...

Durante todo o tempo

Case todo o tempo

A metade do tempo

Só nalgúns momentos

Practicamente en ningún momento

Durante o desenvolvemento da función “O Galo Quirico e os seus amigos”mostráronse participativos...

Todos/as os/as alumnos/as da clase

Case todos/as os/as alumnos/as

A metade dos/as alumnos/as

Só algúns/as alumnos/as

Practicamente en ningún alumno/a

Durante o desenvolvemento das actividades de continuación os/as alumnos/as participaron activamente, formulando preguntas, facendo aportacións...

Durante todo o tempo

Case todo o tempo

A metade do tempo

Só nalgúns momentos

Practicamente en ningún momento

Durante o desenvolvemento das actividades de continuación mostráronse participativos...

Todos/as os/as alumnos/as da clase

Case todos/as os/as alumnos/as

A metade dos/as alumnos/as

Só algúns/as alumnos/as

Practicamente en ningún alumno/a

55


-­‐ Valoración do impacto.

Indique o grao de acordo cos seguintes enunciados: •

As aprendizaxes das actividades desenvolvidas paréceme moi significativas En total acordo Algo de acordo Algo en desacordo

En total desacordo

As actividades desenvolvidas parécenme moi útiles dentro conxunto da área coa que se relaciona

En total acordo

Algo de acordo

Algo en desacordo

En total desacordo

As actitudes manifestadas polo alumnado en relación aos obxectivos parécenme que se manteñen no tempo En total acordo

Algo de acordo

Algo en desacordo

En total desacordo

56


ANEXO 37 Cada neno/a debe “votar” para expresar o seu grao de satisfacción coa actividade. O mestre/a só debe anotar o número de votos de cada un dos cores. Papeliño verde (gustoume moito) Papeliño vermello (non me gustou) Papeliño amarelo (nin fu nin fa) Anexo Actividades Votos nº Verdes

Amarelos

Vermellos

57


58


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.