Guía turística do Porriño
1 - Cómo Chegar 1-2Cómo - Xeografía Chegar 1- Cómo 3 - Historia Chegar 1-4 Cómo - Que Chegar Visitar 15 -Cómo Onde Chegar Xantar 6 -1-Onde Cómo Divertirmos Chegar
Técnicas de Expresión Escrita 4º ESO A-C. IES Pino Manso
7-1Falando Cómo de Chegar Festas 18 -Cómo Onde Chegar Durmir
1 - Cómo Chegar Para chegarmos ao Porriño temos diferentes posibilidades dependendo dende que grande núcleo partamos: • Para vir dende Vigo situado a uns quince quilómetros de distancia tomaremos A-55. • A mesma distancia encóntrase Portugal, ao que accederemos a través da estrada anterior . • Dende Santiago (100km) ou Pontevedra (40km) utilizaremos a autopista de peaxe AP-9 e dende Ourense (100km) a A-52 ou a N-540, gratuítas.
No propio pobo temos unha estación de tren e a 10km está o aeroporto de Vigo (Peinador).
Estación de Tren
Aeroporto de Peinador
Situación
2 - Xeografía O noso concello, O Porriño sitúase na provincia de Pontevedra, ao sudoeste de Galicia, a 36 km da capital provincial. Ten unha superficie de 61,31 km2. Ao norte de Porriño atopamos os municipios de Mos e Vigo, ao leste Salceda de Caselas e Ponteareas; ao sur Tui e ao oeste Gondomar. En total somos uns 17.717 habitantes que nos establecemos en sete parroquias que son: Atios, Budiño, Carracido, Torneiros, Cans, Pontellas e Mosende. O noso municipio pertence ao Val da Louriña e está bañado por un afluente do río Miño, o Louro. No curso do río, fórmase o humedal das Gándaras de Budiño, moi apreciado polo seu nivel paisaxístico e polas súas lagoas. De non vermos afectados por futuros cambios, o clima do Porriño é de carácter atlántico con variacións mediterráneas, o que dá lugar a unha sequía estival que dura tres meses (xullo, agosto e setembro). Na vexetación predominan as formacións constituídas polas masas de repoboación, fundamentalmente piñeiros e eucaliptos e algúns exemplares de carballos e acacias
Cruceiro do Parque do Cristo (1552)
3 - Historia Os primeiros restos humanos dos que temos noticia na nosa bisbarra pertencen ao Paleolítico (fai uns 26.000 anos), e foron atopados nas Gándaras de Budiño. Noutras partes da nosa comarca tamén se localizaron vestixios de épocas posteriores, concretamente da Etapa de Bronce; pero é novo na parroquia de Budiño, concretamente Monte do Faro, onde localizamos restos da cultura Castrexa, o que nos demostra a grande importancia estratéxica e comercial que sempre tivo a nosa vila. Séculos despois, durante a invasión dos Suevos prodúcese en toda Galicia unha consolidación do réxime señorial; as torres e os castelos convértense en exemplos desta nova organización social e sabemos dun desaparecido castelo de Miravel, ubicado nun lugar moi coñecido en Santo Estebo de Cans. O s. XVI comeza coa integración de Galicia na política do Novo Estado, instituído polos Reis Católicos. Foi neste século cando se ergueu a Igrexa Parroquial do Porriño; unha construcción que foi testemuña e pacedeu os dous únicos enfrontamentos bélicos que viviu ao longo da súa historia O Porriño: a guerra fronteiriza contra Portugal do século XVII e Guerra da Independencia (s. XIX) Ao redor de 1750, a nosa vila aínda era un núcleo urbano compacto, con só 200 casas, segundo o Catastro de Ensenada. Os sitios máis importantes eran “A Praza pública” e “O campo da feira”. De aquela os porriñeses traballabamos fundamentalmente en dúas profesións: na fábrica de pan e na confección de zapatos (iso explica o alcume con que se nos coñece na bisbarra de “zoqueiros”). No s. XIX a nosa localidade beneficiouse en dúas grandes melloras: a apertura da estrada de Castela entre Vigo e Villacastín, en 1833, e tamén a inauguración da liña do ferrocarril Ourense - Vigo, en 1881. A apertura desta estrada provocou a que O Porriño medrase de norte a sur. Pola súa banda, o ferrocarril axudou ao noso desenvolvemento económico, xa que foi un motor de modernización. Grazas a el, comunicabámonos co exterior, enviando gando e madeira sobre todo a Madrid e a Barcelona. Tamén exportabamos pedra das Canteiras de Atios, que empezaban xa a funcionar; xa daquela os lastros extraídos das canteiras utilizábanse para pavimentar as rúas. No 1928 inaugurouse o matadoiro de Maracouga, agora chamado Frigolouro, a primeira gran industria porriñesa. A ela seguíronlle outras grandes empresas, que fixeron de Porriño (“un pobo de desenvolvemento”) durante a época franquista. Hoxe a maioría das empresas asentáronse no polígono industrial das Gándaras, fóra do casco urbano da nosa localidade.
Fonte do Cristo
4 - Que Visitar (1) Se algún día os que len esta guía se dedicisen a visitar a nosa localidade, atoparían unha serie de edificios que paga a pena coñecer: Situándonos no centro do pobo, ao principio da única rúa peonil do Porriño o primeiro que atopamos é o Parque do Cristo, coa capela que dá nome ao parque no centro e un humilde mais fermoso cruceiro, que segundo os estudosos é un dos máis antigos da provincia, xa que data de 1552. Pechando parque, tras baixar as escaleiras que o rematan encontramos a fonte do Cristo, obra –ao igual que o edificio do Concello- do arquitecto porriñés Antonio Palacios. Trátase dunha fonte moi aprezada polos porriñeses, tanto pola súa beleza como porque o guerreiro que a culmina ten nun dos extremos o escudo do Porriño. Seguindo pola rúa peonil, atopámonos co edificio do Concello, unha obra do ano 1924. Podemos deternos a contemplar a súa torre e fachada e, de acceder ás dependencias municipais, deleitarnos coas súas vidrieiras e os seus capiteis. Concello do Porriño (obra de Antonio Palacios) Abaixo a súa estatua fronte o edificio
Palcos da Música do Cristo e de San Bieito
4 - Que Visitar (2) Xa na rúa Manuel Rodríguez, -un indiano que construíu algúns dos edificios máis antigos e fermosos do Porriño- topámonos coa Igrexa Santa María do Porriño; data de 1906, pero está levantada enriba doutra capela anterior, cando esta última “quedou pequena” para os habitantes do Porriño. Percorrendo a rúa Manuel Rodríguez, encontrámonos con outras dúas capelas ou ermidas, a de San Bieito e a de San Sebastián, a máis antiga do casco urbano do Porriño, porque segundo reza un rótulo situado no lintel da súa porta foi construída en 1622. Detrás desta última capela, hai un parque infantil que garda no seu interior o Templete da Rede de San Luís, realizado en 1919 por Antonio Palacios como un dos accesos exteriores o metro de Madrid e traído á nosa localidade en 1971. Realizando o percorrido en sentido inverso e tomando pola antiga estrada O Porriño-Tui, encontrámonos co Cristo dos Cachos, un dos cruceiros do Porriño que ten unha cubrición que recorda ás casas inglesas. O seu nome vén da festa con “cachos” (centolos) que se desenvolvía antigamente no primeiro domingo de maio. Continuando pola anterior rúa, atopámonos co Centro Cultural Municipal, antigamente eran a Escola Graduada (1926), mais hoxe, tras a súa rehabilitación no ano 1991, este edificio conta cun auditorio interior e outro exterior, dúas salas de exposicións, unha biblioteca e unha sala de internet. Se queres encontrar máis información sobre o Porriño, debes dirixirte a el, porque nel se atopa a Oficina Turística do Porriño. Na antiga estrada cara a Pontereas, a man esquerda, encontrámonos co Parque de Gonzalo Ordóñez, inaugurado tamén en 1991 é obra do arquitecto Vicente Vázquez Canónico, de aí que o seu popular nome sexa o “Parque do Canónigo”. Moi preto del atópase o IES Pino Manso, o centro onde os alumnos que realizamos esta guía estudamos.
Capela de S. Bieito (arriba) e Estacion do Metro da Rede de San Luis (Madrid)
5 - Onde Xantar No Porriño temos diferentes locais para deleitar o noso padal e sen que os nosos puchos se resintan. • Se gustamos da comida italiana, temos o Argentino 2, situado na rúa Antonio Palacios e concretamente na urbanización O Sol. • Para xantares caseiros podemos optar polo Copton, moi preto do anterior ou O Celtiña, na rúa Manuel Rodríguez. • Se queremos gorentar dunhas tapas, podemos elexir entre o Boa Tallada (ubicado na rúa Parque Infantil) ou o tamén pequeño e acolledor La Cueva, situado no centro do pobo, moi preto do Concello, na rúa Ramón González. Se o que che apetece é tomar un bocata, a variedade é moito maior, xa que podes escoller entre Don Kebab, un novo restaurante con especialidades estranxeiras; o Alhambra, a súa barra ocupa un pequeno corredor, pero no Porriño é coñecido polas súas hamburguesas ou Daira, que situado enfrente do Argentino 2, é o mellor sitio para comer un bocadillo. Pero se o que desexas é unha boa mariscada, debes ir ao Manolo, situado case enfronte do noso centro de estudos, este asador é o ideal para puchos selectos.
Círculo Recrea,vo do Porriño
6 - Onde Divertirmos
Parque Infan,l
No Porriño, dependendo da idade e de gusto de cada un, temos varios lugares onde nos podemos divertir uns e outros . Para os máis pequenos están os parques; por exemplo, o parque infantil en Domingo Bueno, o parque da Fontevella que está na rúa Pío XII ou o parque do Louro, que se atopa ao lado do río e do albergue . Os mozos podemos disfrutar do noso lecer en diferentes locais; as cafeterías como a chamada Paso a Nivel é a nosa preferida durante o día; mais xa de noite os máis novos preferimos as discotecas ou bares : o Kuorum é o máis popular para os sábados pola noite e os domingos pola tarde. Pero se procuras a compaña duns incansables “carrozas marchosos”, poderás atopalos en A Cova dos Trasnos, o Liceum ou na cervecería O Iris.
Café Liceum
7- Falando de Festas No Porriño gustamos das festas; o Entroido é unha festa máis popular da nosa localidade, non só para os porriñeses, senón tamén para os de fóra. Comezamos a preparar os disfraces e comparsas do ano vindeiro, case cando se acaba o Entroido actual. O verán saudámolo coa festa de San Bieito; dende os días 11 de xullo ata o 14, os porriñeses asistimos ás poxas cos agasallos ou promesas ofrecidas ao santo. A chegada do outono e o comezo das clases gustamos de alivialos coa Festas do Cristo (e o Re-Cristo) son as celebracións máis importantes e tamén conta cunha sección gastronómica (a coñecida “Festa dos callos”) Festa dos Callos 2006 (foto Ricardo Grobas, Faro de Vigo)
Xigantes nas Festas do Cristo
8 - Onde Durmir No Porriño temos diversos lugares de descanso, pero se nos centramos só nos hoteis, atoparemos tres que se adecúan a diferentes presupostos: O Internacional, o Parque e o Azul • O Internacional: situado mesmamente en fronte do IES Pino Manso é un hotel de dúas estrelas, pero que conta cos servizos para os clientes máis esixentes: acceso a minusválidos, cafeteria, e restaurante, aire acondicionado, antena parabólica, terraza, sala de reunións, telefono, Internet, televisión, video e dvd nos cuartos, etc. • Parque: este hotel de tres estrelas, é quizais o máis céntrico de todos, o que lle permite aos seus clientes acceder ao pequeño comercio da nosa vila; atópase ao lado da capela do Cristo, no fermoso e tranquilo parque que dá nome ao hotel. • Azul: ubicado en Ramiranes 38, ten só unha estrela, pero é o máis acolledor de todos; podemos recoñecelo porque cando entramos no Porriño procedente de Mos ou Redondela é un edificio pintado dunha serena cor azul na súa fachada.
Autores do traballo: Biah Abd El Khalek; María Alonso del Campo; Melodía Álvarez Costas; Lorena Besada Domínguez; David Cao González; Eliana Domínguez Pereira; María Lago Gacía; An-a Pereira Rodríguez; Antón Puga Pazo; Andrea Rodríguez Díaz e Elena Represas Rivera. Profesora: Rosa Fernández Calvo