Proxecto lector do IES PIno Manso

Page 1

PROXECTO LECTOR IES PINO MANSO O Porri単o (Pontevedra)


1. Análise da situación da lectura e da escritura no centro

1.1. Prácticas lectoras e de escritura do alumnado. 1.2. Identificación de logros e dificultades. 1.3. Análise das metodoloxías empregadas. 1.4. Recursos materiais e humanos: situación da biblioteca escolar e outros recursos. 1.5. Necesidades de formación do profesorado neste ámbito. 2.

Obxectivos, fundamentos e organización:

2.1. Obxectivos 2.2. Metodoloxías: 2.2.1. Para desenvolver a competencia lectora e de escritura. 2.2.2. Para favorecer o hábito de lectura. 2.2.3. Para educar no uso crítico da información e incorporar as TIC no proceso de aprendizaxe. 2.3. Organización de espazos e tempos. Creación de ambientes lectores. 2.4. A biblioteca escolar como recurso imprescindible e factor de compensación social. Recursos culturais do contorno (bibliotecas e outros). 2.5. Coordinación do proxecto. Modo de organización. 2.6. Modo de difusión e apoios necesarios. 3. Intervencións:

3.1. Ensinanza de estratexias de comprensión lectora en tódalas áreas. 3.2. Fomento de hábitos de lectura en tódalas áreas 3.3. Actividades de educación documental (educación en información). 3.4. Integración das TIC. 3.5. Implicación das familias e do contorno. 4. Criterios e procedementos de avaliación


1. Análise da situación da lectura e da escritura no centro

Os seguintes puntos referidos ás prácticas lectoras e de escritura do alumnado foron sinalados polos departamentos tras tratar o proxecto lector nun claustro e plantexados nunha comisión pedagóxica que tivo lugar en maio de 2009. Tamén se tiveron en conta os resultados da enquisa sobre uso da biblioteca escolar e hábitos de lectura que fixeron tódolos alumnos de secundaria do centro no curso 2008-2009. 1.1. Prácticas lectoras e de escritura do alumnado. Prácticas de escritura: Os alumnos consideran que as únicas áreas nas que é preciso redactar e escribir correctamente son aquelas relacionadas co ámbito lingüístico mentras que no resto, cren que o único importante é o contido. Saben manexar o ordenador no ámbito lúdico pero cando se trata de utilizar programas de tratamento de textos e imaxes presentan moitas carencias. Ademais das prácticas de escritura que habitualmente se realizan nas aulas (tanto en soporte impreso como dixital) ao longo do ano escolar convócanse varios concursos de redacción. Constatamos que a participación é escasa se non se lles anima dende as aulas con algún tipo de incentivo (especialmente a nota). Xeralmente, os alumnos non escriben por gusto no plano académico. Prefiren o soporte informático que utilizan maioritariamente no ámbito das súas relacións sociais: chats, Tuenti, Facebook. Estas prácticas con códigos propios lévaos a utilizar, tanto nas aulas como nos exames, unha linguaxe moi sintética cun vocabulario pobre e con faltas de ortografía. Tamén constatamos que cando se trata de redactar textos extensos, o alumnado acostuma escribir sen borrador previo. Prácticas lectoras: O alumnado ten pouco hábito de lectura; le os libros de lectura obrigatoria de cada departamento e se le por gusto, prefire o xénero narrativo, especialmente libros de literatura xuvenil en castelán e as revistas. Incluso cos libros de lectura obrigatoria buscan “atallos” para tratar de non lelos: resumes en Internet, exposicións orais dos seus propios compañeiros… O hábito lector redúcese a medida que van avanzando na ESO: os alumnos de 1º ESO len máis cós de 4º. Só fan un esforzo extra de lectura cando se lles incentiva coa nota. Desde o curso 2007-2008 contamos co dous clubs de lectura. Lense libros que non forman parte de ningún currículo, de forma libre aínda que algúns departamentos premian ao alumnado que participa.. Son menos reacios á lectura se esta se presenta nun medio dixital.


A continuación, algúns resultados das enquisas sobre hábitos de lectura no centro realizadas a finais do curso 2008-2009:

Datos de 1º ESO



Datos de 2ยบ ESO



Datos de 3ยบ ESO



Datos de 4ยบ ESO



1.2. Identificación de logros e dificultades. A maioría das dificultades parecen proceder dun escaso interese pola lectura que é á vez, froito da pouca comprensión do que están a ler. Pouca comprensión dos textos xa sexan literarios ou non, polo que ao alumnado lle resulta complicado plasmar as ideas principais nun esquema ou facer resumes do leído. Mala entonación na lectura en voz alta por falta de hábito lector. Tamén se aprecia a tendencia ao silabeo e a non realización das pausas que marcan os signos de puntuación nalgúns casos. En exames, cuestións ou indicacións escritas, os alumnos tenden a facer unha lectura superficial, especialmente se os enunciados son extensos, dando por suposto o que se lles pide, moitas veces de forma errónea. Tamén existe a tendencia a ler só a primeira parte dos enunciados das preguntas o que trae consigo o erro nas respostas que son automáticas e sen unha reflexión previa. Dificultade para seguir unhas pautas sinxelas escritas no momento de elaborar calquera traballo. Cóstalles seleccionar as ideas máis importantes dun texto e realizar resumos coherentes. Tamén a redacción é unha tarefa pendente. Pese a ser nativos dixitais, o alumnado ten pouca pericia en atopar información académica en Internet. Limítase aos primeiros resultados que ofrece Google, sen pararse a analizar a procedencia e o rigor da información. Cando teñen que elaborar un traballo en formato dixital, non len os documentos que obteñen e en lugar de redactar os seus propios textos, a miudo, copian e pegan. Pobreza de vocabulario na expresión oral e escrita. É habitual encontrar nos seus escritos interferencias entre as dúas linguas oficiais; se escriben en castelán, aparecen errores ortográficos ligados ao galego e se redactan en galego, abusan dos castelanismos. Acostuman presentar os traballos de investigación sen guión previo, nun formato arbitrario e sen citar a procedencia. En canto a redacción: o Non coidan os aspectos formais. o Sintetizan en exceso (nas respostas, nos exames, nos exercicios…) o Presentan multitude de faltas de ortografía. o Non seguen un esquema previo nen organizan a súas ideas. Entre os aspectos positivos, atopamos a participación dalgúns alumnos nos clubs de lectura desde o curso 2007-2008, a boa acollida que tivo a acvitividade Hora de Ler durante o curso 2009-2010 entre o profesorado e o alumnado e a participación noutras actividades de fomento da lectura organizadas desde a biblioteca escolar ou os departamentos.


1.3. Análise das metodoloxías empregadas Aínda que unha parte considerable do profesorado foi incorporando na súa práctica pedagóxica medios dixitais, a maioría de nós perpetúa un sistema tradicional ligado ao libro de texto. Entre as metodoloxías empregadas atopamos: Lectura do libro de texto en voz alta, ditados do profesor. Lectura silenciosa e comprensiva dos textos que aparecen no libro. Preguntas sobre comprensión de contido, escritas e orais. Realización de esquemas, resumes, redaccións. Escritura en blogs. Traballos de investigación-xeneralmente na rede- nas distintas materias. Uso de presentacións powerpoint, webquests, videos, nas clases. Libros de lectura obrigatoria e exames de comprensión de cada un por trimestre nas materias de Lingua e Literatura Galega e Castelá. Lectura de capítulos de libros con contidos relacionados coa materia e artículos de prensa ocasionais. Xogos con dicionarios. Formación de usuarios e traballos de educación documental desde a biblioteca.

1.4. Recursos materiais e humanos: situación da biblioteca escolar e outros recursos. O centro conta cunha biblioteca duns 150 m2 situada no derradeiro andar. Aínda que esta situación non é a máis adecuada, contamos cun espazo amplo, luminoso e, cremos, acolledor (como evidencian o propio alumnado nos seus comentarios e o profesorado recén chegado ao centro) Desde o curso 2008-2009 a biblioteca está distribuida en varios ambientes: unha zona de lectura informal cun sofá de dúas prazas e dúas butacas, zonas de traballo para pequenos e grandes grupos, unha zona de audiovisuais (equipo musical, dous monitores de vídeo e un proxector), unha zona para a xestión e o préstamo, catorce postos informáticos con acceso a Internet (dous ordenadores destinados ao uso do profesorado e o equipo da biblioteca e doce para o alumnado) e dúas impresoras. O mobiliario foise renovando, pero conviven seis antigas mesas con escanos cunha capacidade duns doce alumnos para traballar en grupos grandes ou estudar individualmente e dúas mesas redondas con catro cadeiras para os grupos pequenos. Os fondos dispoñense seguindo os criterios da CDU (Clasificación Decimal Universal) por orde alfabética e en andeis abertos de forma que tanto profesorado como alumnado poida acceder a eles libremente. Existen 10.477 rexistros bibliográficos dos cales 10084 son libros, 259 DVDs, 96 CDs, 24 arquivos de ordenador e 14 varios (música impresa, mapas, manuscritos). Pese a que esta cantidade pode parecer considerable, unha parte dos fondos está obsoleta xa que ata o curso 2008-2009 no se realizóu o primeiro expurgo. Tamén se reciben suscricións de publicacións periódicas como xornais, revistas sobre natureza, informática, curiosidades, música, cine e lingua e literatura que poden consultarse na zona de lectura relaxada.


A xestión e o préstamo realizase a través do programa informático Meiga, facilitado por o Centro Bibliográfico Superior de Galicia no ano 2006. Os fondos poden consultarse tanto no propio centro- xa que hai conexión a Internet na sala de profesores, departamentos, aulas de informática e nalgunhas aulas específicas-, como desde a casa na seguiente dirección: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED059 e a través do

blog da biblioteca, http: //www.bibliotecapinomanso.blogspot.com en funcionamento desde finais do 2007. No blog da biblioteca publícanse todas aquelas actividades que se realizan no centro a prol da lectura, actividades culturais, reseñas de libros, recomendacións de páxinas web, recursos para o profesorado, etc. A renovación dos fondos foise producindo grazas ás aportacións puntuais do MEC, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polas compras dos distintos departamentos do centro e a ANPA e especialmente, a través do Programa de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), do que formamos parte desde a IV Convocatoria (curso 2008-2009). Esta dotación ao noso proxecto supuso a ampliación durante estes últimos cursos do espazo, os fondos, o equipamiento e a asignación dunha partida específica dentro do orzamento anual do centro. Actualmente, existe un horario de biblioteca para uso dalgúns profesores nas súas materias estando, no resto das horas, atendida polos membros do equipo da biblioteca; un grupo de profesores multidisciplinar, con formación específica, que se encarga ademais de dinamizar as actividades relacionadas coa lectura. O préstamo prodúcese só durante os recreos. Este grupo conta tamén coa colaboración dos titores dos diferentes cursos, o equipo de dinamización e normalización lingüística e profesores de apoio. Ademáis da biblioteca escolar, o centro ten outros recursos para acceder a información: Dúas aulas de informática. Dúas aulas específicas para os idiomas. Unha aula multidisciplinar co proxector. Aulas con encerados dixitais(desdobre 7 e desdobre 4) Unha aula de apoio con material específico. 1.5. Necesidades de formación do profesorado neste ámbito. Aínda que no Proxecto Lector se formulan medidas de reforzo para a comprensión lectora e o desenvolvemento da competencia informacional, unha gran parte do profesorado do centro necesitaría formarse para utilizar estas estratexias co seu alumnado, especialmente aqueles que non imparten materias do ámbito lingüístico. Constatamos que cada vez se utilizan nas aulas máis medios dixitais, pero unha parte do profesorado descoñece a tipoloxía dos mesmos e como deseñar actividades con ferramentas informáticas. 2.

Obxectivos, fundamentos e organización: 2.1. Obxectivos:


1. 2. 3. 4. 5. 6.

Desenvolver a competencia lectora. Favorecer a competencia literaria. Educar no uso crítico da información (Competencia informacional). Fomentar o hábito da lectura. Apoiar a adquisición das competencias básicas. Favorecer a incorporación das novas tecnoloxías na aula e educar no seu uso.

2.2. Metodoloxía: A partir dos obxectivos propostos coa elaboración deste Proxecto Lector, plantexamos unha metodoloxía para acadalos: 2.2.1. Para desenvolver a competencia lectora e de escritura: -

Incidir na lectura previa da totalidade das preguntas dos exames para resolver dúbidas de comprensión. Lecturas en voz alta nas clases, especialmente con aqueles alumnos que máis dificultade teñen. Facer especial fincapé en que as preguntas dos exames estean o máis e mellor redactadas posible e se así se lle demanda, xustificadas. Corrixir aos alumnos o uso de determinadas expresións de carácter coloquial nas súas respostas, redaccións, traballos... Intentar utilizar outros materiais distintos ao libro de texto tradicional, empregando textos variados (formularios, noticias, instrucións de montaxe, textos extraídos da literatura, gráficos, mapas, receitas de cociña, partituras...) Incorporar as TICs ao proceso de ensino-aprendizaxe, utilizando nas clases páxinas web de interese, blogs, wikies, o encerado dixital, webquests, obradoiros virtuais (aula cesga), etc. Intentar combinar as clases tradicionais con actividades máis lúdicas como “pasapalabras”, declamación de textos, xogos con dicionarios… onde a linguaxe sexa a ferramenta básica. Fomentar o uso dunha caligrafía coidada e unhas pautas de presentación tendo en conta cuestións coma a orde e a limpeza. Ensinanza de estratexias de comprensión lectora en todas as áreas como: Dedución de termos descoñecidos a partir do sentido xeral do texto. Selección de ideas principais. Formular a idea principal tras a lectura dun texto ou resolución dun problema. Realización de esquemas. Elaboración de glosarios de termos propios de cada materia ao final da libreta. Incidir na necesidade da creación dun borrador ou esquema previos coas ideas que se van desenvolver posteriormente na redacción. 2.2.2. Para fomentar o hábito da lectura

É necesario ter en conta o que indicaron as enquisas feitas a finais do curso 20082009 e o que percibimos os profesores referido a este hábito: nos primeiros cursos da ESO os alumnos acostuman a telo bastante definido, pero a medida que medran pérdeno. Constatamos que no segundo ciclo da ESO a meirande parte do alumnado soamente le os libros de lectura obrigatoria das distintas materias.


Unha actividade que fomenta a lectura é a Hora de Ler, en funcionamento por primeira vez no curso 2009-2010: 15 minutos diarios cedidos polos profesores interesados en tódolos grupos da ESO. A actividade programase a comezos do curso e o cumprimento das seguintes normas garantiría a boa marcha da mesma: O funcionamento da Hora de Ler explicarase aos alumnos na biblioteca e nese momento collerán en préstamo o primeiro libro. O equipo da biblioteca levará un reconto dos fondos prestados para dita actividade ao longo do curso que serán mostrados ao remate deste. Os horarios da Hora de Ler estarán expostos nos taboleiros das aulas e no taboleiro da biblioteca que hai na sala de profesores. Nun caderniño entregado a cada alumno anotarán o título do libro e o seu autor coa data de comezo e remate, un pequeño resume sobre o contido e calificación ou valoración persoal. Unha vez rematado o libro, os alumnos cambiarano por outro da biblioteca ou ben, da súa casa. O cambio soamente se fará nos recreos. As caixas que conteñen os libros de cada grupo lévaas á clase o delegado e o subdelegado, asegurándose da súa devolución una vez rematada a clase. A Hora de Ler suspéndese en caso de mal comportamento. O profesorado tamén le. O periodo de realización da actividade sería de principios de novembro á finais de maio. Os grupos son responsables da caixa da Hora de Ler e do seu contido. En caso de desperfectos por uso indebido, todo o grupo deberá repor o material. A Hora de Ler non conta para a nota pero avalíase; o profesorado deberá ter en conta que todos os alumnos cubren o caderniño e finalmente, a finais de maio ou principios de xuño o equipo da biblioteca pasará una enquisa ao profesorado e alumnos para comprobar a efectividade da actividade. O profesor correspondente velará polo cumprimento destas normas. Outro medio de fomento da lectura no centro, organizado pola biblioteca escolar desde o curso 2006-2007 para o alumnado de 1º ESO é a de mochilas viaxeiras. Unhas mochilas que cediu a Asesoría de Bibliotecas Galegas cheas do material máis representativo: libros de literatura xuvenil en galego e castelán, de literatura para adultos, revistas, Cds, cómics e películas a fin de presentar ao novo alumnado que chega de E.primaria e a súas familias o que lles ofertamos desde a biblioteca escolar. Tamén contan cun caderno en branco onde plasmar as súas suxestións, opinión ou escribir textos que lles gustaran. Cada mochila permanece coas familias aproximadamente unha semana de forma que ao rematar o curso teña pasado por tódalas casas. Tamén o profesorado pode: -

Incentivar no alumnado o gusto pola lectura a través de recomendacións de libros, comentarios persoais, difusión das actividades da biblioteca, etc.


-

Ofertar itinerarios lectores 1atractivos. Estes libros pódense presentar nas clases dunha maneira informal, dar a posibilidade de lectura para subir nota nas diferentes materias, usar algún texto ou capítulo deles nun momento determinado, etc.

-

Apoiar a aqueles alumnos e alumnas que participen nos Clubs de Lectura ou participar neles, como coordinadores ou lectores.

-

Formular proxectos de lectura conxunta nas reunións de principios de curso. 2.2.3. Para favorecer a competencia informacional

-

Desde a biblioteca, a principio de curso realizarase a formación de usuarios entre os alumnos do primeiro ciclo da ESO e 1º Bacharelato (como está ordenada a biblioteca, o tipo de documentos que poden atopar, que é a CDU…)

-

Ao longo do curso, tratarase de formar ao alumnado nos diferentes recursos dixitais e desde a biblioteca, no uso do seu propio catálogo.

-

Formación de usuarios para coñecer outras utilidades dos buscadores (imaxes, vídeos, traductores), as distintas tipoloxías de páxinas web, as ferramentas 2.0 (foros, blogs, wikies) e os seus protocolos, os dicionarios e enciclopedias online, etc

-

Creación dunha biblioteca dixital que poida consultarse desde a páxina web do centro ou desde o blog da biblioteca coas ligazóns suxeridas polos departamentos.

-

Traballos de Educación documental coordinados entre o equipo da biblioteca e os profesores de ciclos con temas significativos das súas materias ou conmemoracións específicas de cada curso.

-

Nas aulas, favorecer o uso de diferentes soportes e se fose necesario, explicar as súas características (glosarios, índices, abreviaturas,…)

-

A materia de PRIN (Proxecto Interdisciplinar) de 1º ESO impartirase preferentemente na biblioteca, por estar centralizada nela tódolos recursos. Partiríase da formación de usuarios por parte do equipo da biblioteca como paso previo ao traballo de investigación que despois desenvolvan cos seus titores.

2.2.4. Organización de espazos e tempos. Creación de ambientes lectores. A biblioteca estará aberta durante o maior tempo posible ao longo da xornada lectiva. O profesorado que quera utilizar este espazo para a súa docencia anotarase nunha 

.

1

Son seleccións de títulos axeitados para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade e en función de obxectivos recollidos no Proxecto Lector de Centro.


folla destinada a tal efecto nun dos paneis da sala de profesores, tendo en conta a non coincidencia coas materias que se imparten alí. Cando falte algún profesor é posible levar aos grupos que así llo demanden, sempre que a biblioteca non estea ocupada con algunha outra clase e baixo a supervisión do profesorado de guarda. Este permanecerá co grupo o tempo correspondente, independentemente que haxa ou non un profesor do equipo da biblioteca. Tamén é a súa responsabilidade garantir un ambiente de silencio na mesma e o cumprimento das normas no uso dos fondos e especialmente, dos equipos informáticos e audiovisuais. Principais tempos e ambientes lectores que se desenvolven no centro: -

Desde o curso 2009-2010, previa presentación no Claustro, na CP e no Consello Escolar, establecese un tempo diario dedicado á lectura en tódolos grupos da ESO chamado Hora de Ler2, tal como contempla o Artigo 26.2 do currículo “A fin de promover o hábito da lectura, dedicarase un tempo á mesma na práctica docente de todas as materias”. Participa o profesorado voluntario das distintas materias que ceden entre 15 e 20 minutos para a lectura silenciosa nas aulas.

-

Clubs de Lectura; cada curso desde o 2007-2008. A súa creación publicitase a través dos paneis de biblioteca do centro e por medio dos titores ou ben, directamente nas aulas.

-

Bookrings ou Lecturas compartidas entre profesores e persoal do instituto: un andel na sala de profesores no que se van incorporando aqueles libros que queremos compartir a través do autopréstamo.

-

Mochilas viaxeras nos grupos de 1º ESO.

-

As efemérides relacionadas coa lectura ou outras datas importantes: Día do Libro, Día da biblioteca escolar, Día das Letras Galegas, Día da muller, Día contra a violencia de xénero, Día da Paz…

-

Concursos dos departamentos ou da biblioteca.

-

A asignatura de PRIN no 1º curso da ESO, impartida polos titores e co centro de traballo na biblioteca.

-

A formación de usuarios, especialmente para o alumnado que se incorpora ao centro en 1º ESO e 1º Bacharelato.

2.2.5. A biblioteca escolar como recurso imprescindible e factor de compensación social. Recursos culturais do contorno. A biblioteca é un recurso de compensación social xa que pon a disposición do alumnado e as familias todo tipo de fondos. Ofrece tamén a posibilidade de consulta in situ de Internet a través de 12 postos informáticos e unha impresora, ademais da consulta virtual do catálogo por medio da OPAC Meiga e de todas aquelas actividades que se realizan no centro relacionadas coa lectura no blog de biblioteca: www.bibliotecapinomanso.blogspot.com. Desde comenzo de curso, o Equipo de

2

As normas para o seu funcionamento quedaron establecidas na páxina X


biblioteca establece un plan anual no que se plasman as actividades que se van a realizar por trimestre e os obxectivos do curso. Tratamos de ter unha certa relación coa biblioteca municipal e o centro cultural de O Porriño, mediante a divulgación das súas propostas, a consulta de dudas, visitas temáticas para o alumnado, e tamén coas bibliotecas dos centros cercanos: o CPI José Fernández López e o IES Ribeira do Louro. 2.2.6. Coordinación do proxecto. Modo de organización. A pesar de que algunhas actuacións contempladas no Proxecto Lector veñen plasmándose nas diferentes programacións desde o curso 2006-2007-tanto dos departamentos didácticos como da propia biblioteca-, non é ata o curso 2008-2009 cando xorde un equipo de profesores voluntarios para a redacción dun primeiro borrador do mesmo, coordinado polo equipo da biblioteca. Nel plásmase a análise da situación da lectura e da escritura no centro, as metodoloxías empregadas e algunhas propostas. O resultado das reunións preséntouse ante a Comisión Pedagóxica para que os xefes de Departamento o superviseran, estudaran a viabilidade das propostas e aportasen outras. Despois, levouse ao Claustro e ao Consello Escolar para a súa aprobación. No curso 2009-2010 o Equipo da biblioteca, a responsable do Departamento de Normalización e Dinamizacíon Lingüística e algúns profesores coordinados pola responsable da biblioteca levan a cabo a revisión e redacción do borrador, tras algúns acordos acadados nunha nova CP. Finalmente, volve a presentarse no Claustro e no Consello Escolar. 2.2.7. Modo de difusión e apoios necesarios Unha vez redactado, envíase ao resto do profesorado e aos membros do Consello Escolar para a súa discusión e aprobación, se procede. Como se expón nos artigos 19.2/24.7/25.5 do currículos de Primaria/Secundaria: “Sen prexuizo do seu tratamento específico nalgunhas áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da comunicación e da información e a educación en valores traballaranse en todas as áreas” cómpre que tódolos profesores, independentemente das materias que impartan, comprendan a importancia do PL e se impliquen no seu desenvolvemento, entendendo o proxecto como unha reflexión conxunta para mellorar a práctica educativa e as competencias básicas do alumnado. Cada curso, en comisións pedagóxicas, reunións de profesores por nivel e nas reunións de titores acordaranse os puntos que se desenvolverán ao longo do mesmo, especificados tamén nas distintas programacións dos departamentos. Ditas actividades, concretaranse no Plan anual de Lectura que se incorporará á Programación Xeral Anual. Os puntos máis importantes do Proxecto Lector e o Plan Anual lembraranse no claustro de principio de curso e a totalidade do mesmo estará a disposición de tódala comunidade educativa a través da páxina web do instituto e no blog da biblioteca.


3.

Intervencións :

En tódalas áreas procurarase que todos os alumnos desenvolvan estratexias de comprensión lectora como: Lectura consciente, previa á realización de calquera actividade. Axuda do contexto para chegar a resolver as dúbidas de vocabulario. Elaboración de resumos e esquemas de xeito que aprendan a discernir as ideas principais das secundarias. Realización de borradores, bocetos, guións, etc. antes de elaborar un traballo. Realización de glosarios que os axuden a ampliar o vocabulario. 3.1.1. Fomento de hábitos de lectura: A principio de curso, farase unha reunión onde os departamentos chegarán a un acordo sobre os libros de lectura que se esixirán en cada nivel, procurando que non sexan demasiados e intentando que sexan susceptibles de ser traballados en distintas áreas. Proporase e valorarase a lectura voluntaria dunha listaxe de libros que figurarán nas programacións de tódalas áreas. Para avaliar esta lectura, o alumno poderá facer unha curta exposición oral do libro lido ante os seus compañeiros. O profesorado recomendará libros, películas, webs, revistas, etc. relacionados coa materia que se estea a impartir nese momento. Propiciaranse ambientes lectores no centro: clubes de lectura, mochilas viaxeiras, lecturas compartidas e intercambio de libros entre profesores e alumnos. Incidirase na práctica da lectura en voz alta nas clases co fin de mellorar a fluidez, entoación e dición. As celebracións de datas e as actividades relacionadas coa lectura serán asumidas por todo o claustro (Día da Paz, Día contra a Violencia de Xénero, Día das Letras Galegas, Día do Libro...) O equipo da biblioteca cooperará cos departamentos no que se refire a peticións de libros, difusión das actividades, información sobre as novas adquisicións e sobre o funcionamiento da biblioteca e do seu blog. Nas aulas abordarase a lectura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes e con todo tipo de finalidades. Tratarase de transmitir a idea da lectura por pracer.


3.1.2. Actividades de educación documental (educación en información). Integración das TIC Na reunión que se realizará a principio de curso acordarase a distribución dos Proxectos Documentais Integrados 3nos distintos niveis, procurando que sexan proxectos interdisciplinares que poidan ser valorados en distintas áreas. Previamente á realización de calquera traballo os profesores especificarán: 1. Tema 2. Guión. 3. Fontes de documentación: bibliografía, enlaces (incidindo naqueles que están a súa disposición na biblioteca). 4. Normas e prazos de presentación 5. Baremo de valoración. O guión contemplará os seguintes puntos: 1. Portada 2. Índice 3. Introdución 4. Desenvolvemento do tema 5. Conclusión ou reflexións personais. 6. Bibliografía Non admitir en ningún caso traballos realizados mediante o método de copia e pega. Insistirase na necesidade da elaboración de textos propios así como na importancia de comprobar a fiabilidade das fontes e respectar a autoría. Valorarase en todas as probas escritas de todas as asignaturas aspectos como a ortografía, a redacción, o léxico, o uso de vocabulario específico e a presentación. Todos os departamentos farán constar nas súas programacións e comunicarán aos seus alumnos en que medida estes aspectos incidirán nas súas calificacións. Incorporar nas aulas, ademais do libro de texto outros materiais(dicionarios, prensa, publicidade) e outros formatos (páxinas web, blogues, webquests, wikies, audiovisuais). 3.1.3. Implicación das familias e do contorno A principio de curso, realizarase unha enquisa para coñecer os hábitos de lectura das familias do alumnado de nova incorporación.

3

Proxecto interdisciplinar no que se inclúen actividades de fomento da lectura, busca documental e traballo curricular.


Na reunión inicial que se celebra cos pais dos alumnos, informaráselles dos fondos cos que conta a biblioteca relativos a educación dos fillos, resolución de conflitos, técnicas de estudo a través dunha guía de pais. Ofreceráselles tamén, por parte do departamento de Orientación e os titores, unhas pautas para colaborar activamente na aprendizaxe dos seus fillos. Ao longo do curso, os materiais e as guías citados anteriormente estarán a disposición dos titores na sala de reunión cos pais, para poder ofertarllelos e xestionar o seu empréstito, intentando darlles a máxima publicidade posible. Nas distintas materias, tentarase levar a cabo actividades nas que sexa necesaria a participación das familias como a procura de información para a realización de traballos, a oferta de lecturas compartidas, etc. Dende a biblioteca, continuarase implicando as familias coas mochilas viaxeiras, as guías de lectura, os intercambios de libros, celebracións de datas sinaladas e a súa participación nalgún dos proxectos que se deseñen. Procurarase a cooperación cos centros e bibliotecas escolares da zona e coa Biblioteca Municipal.

4. Criterios e procedementos de avaliación

Os primeiros cursos de cada ciclo realizarán unha proba de lectura na que se valorará a fluidez, a dicción, a articulación e a comprensión lectora en lingua castelá e galega. Esta proba levarase a cabo durante a primeira semana do curso, preferentemente nas titorías ou clases de linguas pero tamén, nas clases onde os profesores queiran colaborar. A mesma proba repetirase ao final do curso e valorarase a evolución. O Departamento de Orientación será o responsable de elaborar e valorar as probas, e contará coa axuda dos titores dos cursos implicados. Os resultados da proba inicial comunicaranse ao profesorado destes niveis a fin de que os teñan en conta para implementar as estratexias lectoras no alumnado que presente dificultades ou ben, ofertar textos de maior complexidade a aqueles alumnos máis avanzados. Ademais, haberá unha serie de indicadores para comprobar se o PL se está a desenvolver correctamente: En canto ao alumnado: utilizan nas aulas as ferramentas dixitais con maior soltura, acadan unha maior autosuficiencia na procura da información, coñecen como está organizada a biblioteca e os recursos cos que conta, , len máis e mellor, participan activa e voluntariamente nas propostas relacionadas coa lectura, coidan os aspectos formais nas súas redaccións… En canto ao profesorado: utilizan o espazo da biblioteca para impartir clases e empregan os fondos desta tanto para uso persoal como para preparar a súa materia, participan activamente na elaboración e no desenvolvemento de propostas de fomento da lectura, incorporan os medios informáticos e audiovisuais do centro na súa práctica diaria e concretan nas súas programacións os acordos plasmados neste documento.


Valoración por medio de enquisas de actividades do proxecto como a Hora de Ler. Estatística de préstamo por grupos durante un ano. Estatísticas do programa de xestión bibliotecaria Meiga do préstamo anual. O índice de participación nos clubes de lectura e outros ambientes lectores de toda a comunidade educativa. Cada departamento comentará nas avaliacións as dificultades e os logros do alumnado e plasmará os resultados e conclusións das súas achegas ao Proxecto Lector nas memorias finais de curso.

IES Pino Manso, O Porriño, Xuño 2010


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.