Un TANKA é un poema curto, unha breve canción; é unha composición poética de orixe xaponés que non ten rima. Cada TANKA é unha estrofa de cinco versos nas que se reparten trinta e unha sílabas (5/7/5/7/5).
Estrelas brillan No ceo color negro, Non parpadean E brillan sen parar, As estrelas vermellas. Blanca Besada, 1º ESO D. Bb BlanB
O amor é grande Se a ti che gusta, No río, no mar Ou na túa casa, Como prefiras.
Jorge Meijueiro, 1º ESO D
Hai máis de 1400 anos o TANKA usábase para comunicar mensaxes secretas entre os amantes. Enviábanse escritos nun abano ou amarrados a unha flor en botón. A temática pois era amorosa.
Míroa sen descanso, Esa fermosa flor De primavera, Alumea escuras Noites con ela. Iria Besada, 1º ESO D
Hai moitas árbores No bosque encantado Que pola noite Desperta totalmente A súa vida. Álvaro Martínez, 1º ESO D.
Co tempo o TANKA comezou a utilizarse para cancións de voda, encantamentos para as casas a estrear, o nacemento de nenos, negocios recén asinados... Auga fermosa, Linda e vital Para nós bela, Para eles fea, Contaminada, suxa, Pero hei depurala. Borja Martínez, 1º ESO D
O TANKA relaciónase co HAIKU, se a un haiku lle engadimos dous versos de sete sílabas teremos un TANKA.
O amarelo sol Brilla no verde prado Cheo de árbores, Con flores violetas Lindas e ledas. Juán Corredoira, 1º ESO D
Sei que cometes erros, Eu tamén cometo erros, Pero sei que podemos Cambiar mundos, Mentes para ben. Francisco Buceta, 1º ESO D
Na celebración do Aninovo, o Mikado (emperador do Xapón) e a súa familia cos cidadáns xaponeses escriben TANKAS sobre diversos temas e nunha cerimonia tradicional recítanos.
O cristal transparente Fai de espello da noite Reflexando na auga Do fermoso mar azul Que reflicte a lúa.
Jorje Meijueiro, 1º ESO D.
O TANKA chegou ser tan popular en Xapón que se organizaban concursos, de escritura ou de lectura de poemas. Escribiron TANKAS poetas de todas nacionalidades, en español Borges ou Octavio Paz, en galego son moi escasos.
O paxariño Namorado está Por unha pomba Atolondrada Buscando o alto mar Blanca Besada.
As estrelas do ceo Tranquilas e sereas Son moi fermosas, Namoran a calquera. Pero ti es a mellor. Álvaro Martínez.
O TANKA divídese en dúas unidades rítmicas: Unidade 1 5/7 5/7/5 5 5/7
Unidade 2 5/7/7 7/7 7/5 5/7
Unidade 3
7/7 7
Estas unidades deben estar unidas por un elemento, unha imaxe que serve de enlace, que relaciona ou liga as unidades.
Cando miro ao ceo, Miro o teu corazón. No río novo Eu sempre penso: O amor flúe. Alberto Domínguez. 1º ESO D
É un día fermoso, Os paxaros cantaban, bolboretas voaban. É primavera
A afección na grada,
Cando todos falaban.
Anima hoxe
Alejandro Albar.
Ao equipo goleador E os inchas animan Ao posible campión. Alberto
1º de ESO D. Coordina: Biblioteca do IES de Poio. ABRIL, 2014.