Versos de mulleres

Page 1

VERSOS DE MULLERES QUE FALAN DE MULLERES 8 de Marzo, 2014

Día da muller Biblioteca IES de Poio


As mulleres de sal: Ana Romaní. Camiñan descalzas polas rochas, pantasmas de sal habitan as sombras, saben que as últimas mareas esqueceron na praia os restos do naufraxio. As mulleres recollen cada noite os tesouros de auga, líquidos e fráxiles, rebélanse contra a Historia, constrúen co mar as estatuas que nunca permanezan. As mulleres de sal, con argazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece. de Das últimas mareas (1994)


As mulleres que fan esquinas da rúa: Rosalía Fernández Rial Escena VII: (esquina) As esquinas da rúa Que fago pola noite Son as proas da cidade. Eu, o máis fermoso mascarón. Nacín madeira de serea; O meu canto fuma rosas dos ventos En solapas descoñecidas. Desorientadas xa. E os peixes que teño nos beizos Coñecen Todos os buratos do suburbio. Porque cada crepúsculo Atracan, nas miñas costas, Demasiados barcos desnortados. Din que me movo En danza oceánica; Que bico coa vertixe do nordés. Comprenden que cobre Por fabricar amor. Pero ninguén sabe con cantos piratas teño que deitarme antes de poder durmir. De Vinte en escena


As princesas que viven nas torres: Marga do Val A PRINCESA DA TORRE

ELA Única moneca nesta torre Garda Que ninguén vulnere o seu espazo E se deteña diante da máis feble das fronteiras A que leva ao país da soidade tantas veces elixido Fóra da cidade Nada importan os papeis ciscados polo chan Nin os libros pousados en zapatos de tacón A memoria dos obxectos revolve o seu armario Onde garda os pantalóns de Valie Export Ela Con arma na man sabe que a cidade aínda Debe vivir o Genitalpanik Ese ataque necesario de princesiñas das casas coma esta De Laurie Simmons Para quen cose a súa mamá costureiriña de aldea. De A cidade con roupa ao sol.


As mulleres que traen o mar nos ollos:

SOPHIA DE MELLO BREYNER ANDRESEN

Há mulheres que trazem o mar nos olhos Não pela cor Mas pela vastidão da alma E trazem a poesia nos dedos e nos sorrisos Ficam para além do tempo Como se a maré nunca as levasse Da praia onde foram felizes Há mulheres que trazem o mar nos olhos pela grandeza da imensidão da alma pelo infinito modo como abarcam as coisas e os Homens... Há mulheres que são maré em noites de tardes ... e calma de OBRA POÉTICA (Ed. Caminho, 2010)


As nais e a terra: Medos Romero Terra, nai, ou eu Ela e o ar danzaban sobre da terra fresca cando os anos se contaban polas colleitas. Sempre soubo da presada exacta da mao. Do seu avultado ventre nacía unha semente, do mesmo lugar fértil que me enxendrou e, exhausta, unha mañá me ía entregando á vida.

De Lenzo das madrugadas.


As mulleres tristes: Cecília Meireles Retrato de Mulher Triste Vestiu-se para um baile que não há. Sentou-se com suas últimas jóias. E olha para o lado, imóvel. Está vendo os salões que se acabaram, embala-se em valsas que não dançou, levemente sorri para um homem. O homem que não existiu. Se alguém lhe disser que sonha, levantará com desdém o arco das sobrancelhas, Pois jamais se viveu com tanta plenitude. Mas para falar de sua vida tem de abaixar as quase infantis pestanas, e esperar que se apaguem duas infinitas lágrimas. de Poemas (1942-1959)


As avoas: Ledicia Costas A miña avoa cría nas meigas alá polo 1984 ensinoume a facera apócemas con ortigas para acabar co mal de ollo pero levabamos a mala sorte incrustada na pel dos brazos como un sinal de nacemento e non había forma de despegala un día agarrei o esparto de mamá e freguei ata deixar os brazos enteiros vermellos de rabia e non marchou mala sorte seguiu dentro de nós empuxábanos para dentro da bufarda, tapábanos a boca con follas de eucalipto, inventaba goteiras para nos arrefriar a cabeza e a alma por iso decidín empezara construír e inventei o xardín de inverno: para gardar a tristura en bolsas de chuvia e manter á mala sorte ben afastada de nós. De Xardín de inverno.


As mulleres que non queren ser Barbies: Enma Pedreira ...En Europa todas as nenas levamos un 36 quenos manca (dalgunha maneira) De O libro das mentiras.

Yolanda Castaño: (RE)SER(VADO) B Cando deixo de ser flor, molesto. Pero o duro era ser, o infatigablemente aciago. Que eu contraese algunha seria doenza favorecería grandemente á miña obra literaria. Como non teña traballo, marcho para Las Vegas. Nos Estados Unidos son máis guapa que en ningún sitio. Pero teño sido agre e pretenciosa, teño sorrido por interese propia, a axetreada capitalista sexy; compensei polos meus días de impotencia. Ser é o difícil. Cando falei só contemplaron os meus labios. ¿Se me tomo un descanso iso faráme irresponsable? ¿se son vulnerable serei pisoteada? ¿se me fosen peor as cousas quereríadesme máis? Unha profusa navalla é o proxecto da identidade, un reiseñor mecánico a tarde. Tanto souvenir acabará con Notre Dame ¿Onde estabas cando te necesitei?


E o poeta que fala con voz de muller: Carlos Negro Seica rematou a miña temporada de veda. Son o trofeon da vitrina do escaparate, A boneca de porcelana vestida de azul. Agora toca andar á espreita polos paseos, Axexar romances desde as xanelas da comenencia. Pero danme medo os dardos torpes de Cupido, As frechas extraviadas por ventiños traidores. A familia amaña a voda en pautos de sofá, Negocia a miña honra con astucia de tratante. Non dan tempo a curtir a alma con graxa de cabalo, A acorazar o corazón contra os cuspes da louvanza. Vanme facer as beiras porque son a señorita, A doncela colibrí que liba bicos na alameda. Remelo ollos, pinto os beizos de vivo carmesí, Perfumo as miñas lindes con auga de colonia. Suxírolle a mamá que acicale o escenario, Que exhiba o imperio de porcelana sobre a mesa. Porque debo ser proclamada en sociedade Entre o resplandor de louza e frufrús de franela. Na salita onde reciben as mozas casadeiras. De Héleris.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.