DAVID RUBÍN e SANTIAGO GARCÍA.
BEOWULF Vigo, Sábado 28 Decembro 2013. Tertulia no Café LA HISTORIA e firma de libros na librería BANDA DESEñADA. Autorretrato
Despois de facer El Héroe II, David Rubín non pensaba meterse noutra historia de heroes, pero algo pasou. Cruzouse o interese de Santiago García co seu, e con grande ilusión, despois de ter falado con Javier Olivares –de quen en gran medida era a semente deste traballo que quedara truncado, ademáis de recoñecer a súa influenzaestá agradecido de desenvolver este proxecto e partir do traballo de Santiago García e Javier Olivares para facer algo persoal, novo, dende o seu propio estilo. Con Santiago tivo en todo momento unha comuñón total e traballaron moi conectados, aínda sendo David un autor completo que por pura loucura decidiu colaborar con este guionista recoñecido. Complementáronse porque el é dinamita e Santiago era quen de cálmalo, segundo as súas palabras. Formalmente quería xogar con planos que nunca fixera: partir dun plano microscópico a un plano xeral, usar planos multiplicados... Significaba remontar a súa obra anterior: El Héroe; era volver sobre esta temática, pero ir maís alá. Santiago García colleu todo isto e foi capaz de tomar a Beowulf e renovalo 10 anos despois da súa propia obra e cambiar a concepción do personaxe. Hai que ter en conta que este de agora é un momento diferente, en que a novela gráfica explosionou e actúa como condicionante a favor para poder facer unha historia maís extensa, coas páxinas que cada autor necesite. As editoriais aceptan e arriscan, como acaba de facer Astiberri coa obra de 400 páxinas, Papel estrujado, dun autor novísimo, Nadar (Pep Domingo). Hai uns anos sería impensable publicar unha obra tan extensa. Pensa Rubín que este contexto axudou a facer dun xeito libre a súa obra. O material elaborado pedía un formato grande para que as imaxes puideran respirar,
como pensaba Santiago. Deste xeito van atreverse a propoñerlle á Editorial Astiberri un cambio de formato para facer unha novela gráfica de 200 páxinas, e aceptaron. Ante a pregunta de como se complementaba o traballo de imaxe co do guión de Santiago e que aportou este ao seu deseño de imaxe, Rubín responde que foi un traballo de equipo total, xa dende as numerosas conversas previas. Santiago colleu todas as ideas, reescribiu o guión e despois mandoulle o guión con todos os detalles das viñetas, deixándolle liberdade total para tomalo, darlle forma e finalizalo. Ambos os dous pensan que un guión é como un storyboard, un guión técnico que serve de pauta para soster a creación das imaxes. É obra dos dous e o resultado da obra é o importante. Funciona porque o fixeron dous tíos en perfecta comuñón, con conexión total. Iso non é impedimento para as discusións produtivas, que levaban non a desencontros, senón a mellorar a historia. Sobre o personaxe, pensa que Beowulf é un pouco cretino, ten un ego crecido, quere ser recordado polo que fai. David recoñece que el mesmo ten moito ego, pero o considera positivo para esixirse o máximo e ter seguridade no que fai. Esta historia ten de particular que non hai voces en off nin pensamentos interiores nin retrospectivos dos personaxes, non hai cadroas narrativos. Un tercio do libro é mudo, sen diálogos. Iso reforza a idea de guión apoiado nas imaxes. Xogaron a espirse ao máximo, que o lector sinta todo pola expresión corporal dos personaxes, polos encadres, co xogo do ritmo, cunha técnica puramente cinematográfica. O tratamento dos personaxes está en función de complementar ao heroe Beowulf, tanto a súa némesis, Grendel, como a súa nai. De fondo hai unha boa mestura do medieval, pero tamén unha estética pop actual. David fixo un deseño previo dos personaxes principais, para que Santiago percibise que os dous ían polo mesmo camiño.
Pretendían facer uns monstros que fosen monstros de verdade, monstros sen rastro humano. Por exemplo, para crear a Grendel inspirouse no estudo dos movementos de insectos, reptís, felinos, para mesturalos e deixar ao lector sen referentes claros. O seu obxectivo foi crear uns monstros carentes de moral, de ética, que actúan como tales, que se moven por fascinación, por excitación pola caza, por pulsión homo-erótica, escapando as súas accións ao raciocinio humano. Querían facer algo abstracto, que xerara no lector algo atávico, moi primario. Non é só un tipo que mata monstros, consegue ser totalmente terrorífico, non só brutal, demostrando que o ser vivo é só carnaza nas súas gadoupas, é perigoso de verdade. É ese medo que escapa ao noso entendemento. Funciona porque non se explica, porque non hai motivos entendibles ante el. É un tipo implacable que te desborda, como cando as cousas se te escapan das mans, de aí esa impotenca do lector. Falando das interpretacións de fondo sobre o tratamento desta historia, poden sacarse lecturas políticas, coa crise de fondo; pode pensarse que é para diversión a base de terror; calquera interpretación é posible e iso, pensa Rubín, é o que enriquece a historia. Algunha sorprendeulle, como aquela que fixo un estudo sesudo de comparación das actitudes humanas cos personaxes. Parécelle intersante que a BD leve a pensar ou reflexionar. Para David caquera reseña que se faga dunha obra é o mellor pago do público. Preguntado pola figura que aparece ao principio e final do libro, explica que ten que ver co cadáver dun chinés que viu nunha exposición en Arxentina, chamoulle a atención e daquela fixo unhas fotos que despois adaptou e manipulou para esta ocasión, relacionando a idea dos monstros que ven os humanos como anacos de carne con tendóns, e a visi ón dos cadáveres levouno a relacionar esta imaxe. A promoción da obra por todo o país pensa que forma parte da obra tamén, pois estar debuxando oito meses sen saír, tanto traballo, se non se promociona e publicita non chega á xente, só a uns poucos fieis. Hai que defender a obra, sobre todo no cómic español, onde non hai unha dinámica de boas promocións. Porén, para David, se entras no xogo das presentacións do libro, moves a túa obra, pero tamén a industria do cómic. Coa obra El Héroe, empregou catro anos da súa vida renunciando a cousas mellor remuneradas, pero el defendeu este empeño e currou a súa defensa e promoción.
O “crowdfunding” (financiación colectiva) parécelle un bo método para que un autor poida ser valorado, pero é un sistema que funciona para vender fanzines porque vai coa natureza deste medio, o que non acepta é desvirtuar o crowdfunding. Conta que cando comezaron en Polaqia, puxeron cada un dos autores algún euro, e non perderon diñeiro e mantiveron o fanzine, porque o seu medio é sosterse a si mesmo. Cando colabora nun crowdfunding, asegúrase de que sexa un proxecto serio, pensa que é unha boa ferramenta para sacar adiante proxectos, pero corre o perigo de adulterarse o invento.
Para finalizar, como non, falou de futuro, do seu próximo proxecto Battling Boy: The Rise of Aurora West, do que Rubín xa ten falado a través da Rede. Trátase, di, de algo moi distinto a isto, con protagonista feminina, relacionado co TVO de acción e aventuras a saco, moi retro, como as pelis cutres de Hollywood dos anos 40, como Frankenstein, os TVOs de superhéroes dos 70, con monstros, como un Disney escuro, pero divertidos; coa finalidade de recuperar os cómics pensados para rapaces. Pretende recuperar ese estilo, mais dende a vangarda e a contemporaneidade. Porque o antigo e o moderno no teñen que estar confrontados, senón que se retroalimentan. Está encantado e divírtese con estes personaxes luminosos, baseado no guión de Paul Pope e JT. Perry, onde en cada páxina pasan cousas, a historia avanza porque pasan cousas. Cre que é un modo de entrar no mercado americano que lle interesa, da man dun tipo respectado como Paul Pope.
(Paula Fdez. Bañuelos, transcribe as palabras de David Rubín. As imaxes son autoría de David Rubín e de Banda Deseñada, incorporadas para uso escolar.)