CEIP SOFÍA CASANOVA
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
“LECTORES VIAXEIROS”
TÍTULO DO PROXECTO: “Lectores viaxeiros”
INTRODUCIÓN: “Cando non se coñece persoalmente a individuos doutros grupos étnicos, relixiosos o culturais, é moi doado crer cousas horribles deles e terlles medo” “Cuando no se conoce personalmente a individuos de otros grupos étnicos, religiosos o culturales, es muy fácil creer cosas horribles de ellos y tenerles miedo”
"When you do not personally know individuals from other ethnic, religious or cultural groups, it is very easy to believe horrible things about them and fear them"
«Quand vous ne connaissez pas personnellement des personnes d'autres groupes ethniques, religieux ou culturels, il est très facile de croire des choses horribles à leur sujet et les craindre" "Quan no es coneix personalment individus d'altres grups ètnics, religiosos o culturals, és molt fàcil creure coses horribles d'ells i tenir-los por"
"As jy nie persoonlik ken mense van ander etniese, godsdienstige of kulturele groepe, is dit baie maklik om verskriklike dinge oor hulle te glo en vrees hulle” “當你不親自知道其他族裔, 宗教或文化群體的個人, 這是很容易相信關於他們可怕的事情, 怕他們” «Όταν δεν ξέρεις προσωπικά άτομα από άλλες εθνοτικές, θρησκευτικές ή πολιτισμικές ομάδες, είναι πολύ εύκολο να πιστέψει φρικτά πράγματα γι 'αυτούς και να τους φοβούνται"
MICHAEL LEVINE XUSTIFICACIÓN:
O traballo que a continuación se describe realizarase no CEIP Sofía Casanova situado na localidade coruñesa de Vilaboa, no concello de Culleredo. Para o curso que vén o centro contará con 7 unidades de educación infantil e 13 unidades de educación primaria.
CEIP SOFÍA CASANOVA
“LECTORES VIAXEIROS”
A idea de traballar nun proxecto de centro que ten como eixo principal a Biblioteca xorde coa necesidade de mellorar as competencias en comunicación lingüística, comunicación matemática, coñecemento e interacción có mundo físico, competencia cultural e artística, competencia dixital e tratamento da información, competencia para aprender a aprender, e competencia social
e
cidadá do alumnado. Levamos tres anos traballando con proxectos documentais integrados que xorden dende a biblioteca. Isto provocou unha nova maneira de ver a biblioteca: -Como facilitadora de aprendizaxes. -Como fonte de propostoas dinamizadoras -A Biblioteca como centro de recursos. Este ano, seguiremos coa mesma dinámica que tan ben funciona e traballaremos os “Pobos do Mundo” partindo do alumnado inmigrante que temos no centro. O proxecto desenvolverase ao longo do curso 2014-2015.
NECESIDADES MÁIS URXENTES:
Grazas ao traballo nestes últimos anos contamos cun espazo adecentado e adicado exclusivamente á biblioteca escolar. Este ano fixemos a compra dunha estantería cun expositor, un moble para os libros de banda deseñada e recuperamos un expositor vello para a entrada da biblioteca.Sen embargo, o espazo adicado à biblioteca quédanos un pouco escaso: cada vez temos máis nenos e nenas. A nosa biblioteca segue a ser un espazo frío, necesitamos convertelo nun lugar donde a estancia sexa máis cómoda e agradable. Aínda que este curso aumentamos a colección todavía temos que seguir dotando a nosa biblioteca de libros de consulta, xa que estos non son suficientes É imprescindible facer un gran expurgo xa que hai moitos libros que non teñen movemento dentro da biblioteca, e teremos que renovalos.
CEIP SOFÍA CASANOVA
“LECTORES VIAXEIROS”
Necesitamos mellorar a xestión de recursos documentais de centro para poder ofrecer información inmediata sobre a súa localización e dispoñibilidade. Non contamos con ningún libro electrónico entre o noso equipo. Un dos nosos puntos febles é a banda deseñada, xa que, aínda que temos títulos, só contamos no noso catálogo cos máis tradicionais (Super Humor, Tintín, Zipi e Zape...). É imprescindible coñecer máis a fondo este tipo de literatura e adquirir novos fondos. Contamos coa suscripción a varias revistas “Caracola”, “Reportero DOC”, “Leo Leo”, “I Love english Junior” E este ano continuamos coa compra de DVDs, que teñen unha grande acollida, pólo que pensamos que é necesario adquirir novos fondos. Tamén sería necesaria a compra de estanterías novas. E un par de postos informáticos, xá que solo temos un posto para a consulta e está un pouco obsoleto Necesitamos ampliar o espazo adicado aos lectores máis novos, o curso que vén abrimos unha unidade máis de infantil, e necesitamos que os libros non estén tan xuntos. Por outra banda, gustaríanos poder contar cun espazo de lectura informal, o cal non podemos crear polas pequenas dimensións da nosa BE. É moi urxente poñer un aceso para persoas con movilidade reducida. Non queremos esquecer a importancia da formación do equipo de biblioteca a través dun proxecto de centro, e que poidan facer os cursos ofertados pólo Cefore, xa que ainda que o solicitan, sempre quedan fora. Para todo isto necesitamos un horario o suficientemente amplo de dispoñibilidade do profesorado encargado da B.E para acometer todas estas reformas.
OBXECTIVOS: a) OBXECTIVOS XERAIS DA B.E: -
Promover o gusto pola lectura
-
Reformar a biblioteca para convertela nun espacio cálido, vivo, aberto ao goce da lectura e da búsqueda de información.
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
-
Visualización da biblioteca e das súas actividades na comunidade escolar.
-
Adquisición de fondos documentais relacionados coa interculturalidade
-
Mochilas viaxeiras: poñer en funcionamento esta actividade.
-
Catalogar e rexistrar os fondos existentes por toda a escola e centralizalos na B.E.
-
Queremos difundir entre o alumnado e o profesorado a información en diferentes soportes para satisfacer as necesidades curriculares, culturais e
complementarias,
ofrecéndolles
asistencia
e
orientación
para
conseguir que a biblioteca sexa un verdadeiro centro de recursos. -
Organizar e deseñar actividades encamiñadas a plans de fomento de lectura.
b)OBXECTIVOS PARA O ALUMNADO Queremos que o alumando goce do pracer da lectura Queremos que o alimnado utilice a biblioteca como unha ferramenta útil para a súa aprendizaxe. Potenciar entre o alumnado a bvusca de información como un xeito de resolución de problemas nun contexto dado e cun sentido crítico. Converter a lectura e a busca de información nun xeito de canalizar as expresións artísticas e plásticas do alumnadop por medio das ilustracións, a banda deseñada... Queremnos converter a biblioteca como un punto de encontro entre o alumnado de tódalas idades, con intercambio de experiencias e informacións. Queremos conseguir a integración e disminuir as desigualdades do alumnado máis desfavorecido. c)OBXECTIVOS PARA O PROFESORADO: Queremos que o profesorado sexa capaz de dotar ao alumnado das capacidades básicas para manexar distintas fontes de información, utilizando estratexias de busca, almacenamento ou tratamento da mesma.
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
Queremos que a biblioteca artelle o proxecto global estando presente en tódolos departamentos ou ciclos como cento de actividades. Queremos habituar ao alumnado e profesorado á utilización das bibliotecas
con
fins
recreativos,
informativos
e
de
educación
permanente. Queremos dotar ao profesorado e ao alumnado de asesoramento técnico e pedagóixico para o uso da B.E. Queremos deseñar actividades relacionadas co P.A.T (Plan de Acción Titorial) que posibiliten a igualdade de oportunidades con fins coeducativos e de integración social. Queremos que a biblioteca sexa unha peza fundamental da mellora educativa. d)OBXECTIVOS DE CENTRO: Queremos implicar a comunidade educativa na dinamización da B.E e no pracer da lectura, ampliando as propostas de actividades ás familias. -
Revisión e actualización do Proxecto Lector de Centro.
TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
a)Respecto ao profesorado: Somos varias as persoas do Equipo da Biblioteca cunha coordinadora; o Equipo de Biblioteca será o encargado , a principio de curso, de deseñar as actuacións a levar a cabo na BE. Nese momento, confeccionarase unha axenda de actuacións e unha asignación de tarefas. Este equipo presentará as súas propostas á C. Pedagóxica e ao Equipo Directivo, para debatelas nos ciclos e a súa forma de levalo á práctica. É necesario salientar que, para realizar este proxecto, contamos coa implicación de todo o profesorado, senón non sería factible. Funcións e tarefas do Equipo da Biblioteca: como xa vimos realizando en anos anteriores terá que coordinar os horarios de cada titoría na utilización da Biblioteca e o uso que se fai dela; repasar as normas de funcionamento para a Biblioteca, tanto en período lectivo como nas actividades extraescolares.
CEIP SOFÍA CASANOVA
“LECTORES VIAXEIROS”
Ademais será o Equipo quen realice as seguintes tarefas: -
Publicacións de boletíns (un por trimestre).
-
Guías de lectura de determinados libros.
-
Listado de libros recomendados polo Nadal e nas vacacións de verán.
-
Presencia da BE na revista escolar.
-
Propostas para a mellora do Plan Lector.
-
Actualización do blog : “Diario dun Bufolector”
-
Actualización da páxina web do cole, na sección da biblioteca
O xeito de realizar os préstamos debe de ser revisado e ampliado na medida das posibilidades horarias do profesorado. A renovación da Biblioteca realizarase no primeiro trimestre do vindeiro curso polo que será necesario artellar medidas para que durante ese tempo os fondos pasen para as aulas e non parar toda a actividade bibliotecaria.
b) Respecto ao alumnado: Temos que salientar que a proposta de actividades que se relatan a continuación estarán, ou ben adaptadas a cada nivel por medio de secuenciacións de dificultade, ou ben ,cando se trate dunha unidade didáctica, facela globalizada coas áreas curriculares de cada curso. Noso centro de interese para o vindeiro curso será OS POBOS DO MUNDO pero para provocar unha maior motivación entre o alumnado conectarémolo directamente coa súa propia experiencia e, sobre todo, co aspecto emocional para poder relacionalo co Plan de Acción Titorial A nosa mascota: seguirá sendo o Bufolector, da man del o alumnado recibirá cartas periodicamente con propostas de actividades, ademáis será el quen renove a biblioteca e nos mostre as novidades literarias.
ACTUACIÓN POR TRIMESTRES a) XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN
A idea principal dentro deste apartado é facer unha remodelación en profundidade da biblioteca existente ampliando o espazo.
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
Ademáis realizaremos un gran expurgo e ambientaremos a biblioteca con motivos de diferentes culturas. A idea é encher a biblioteca de imaxes e obxectos que provoquen curiosidade nos nenos e nenas e os inviten á busca de información. Ademáis propoñemos actividades orientadas cara ao profesorado e outras encamiñadas ao coñecemento da biblioteca por parte do alumnado: 1º TRIMESTRE -
Distribución de parte dos fondos nas aulas mentres se acondiciona o novo espacio.
-
Acondicionamento da biblioteca
(pintado, sinalización, conexións á
rede, traslado de mobiliario, traslado dos fondos etc..) -
Asesoramento e aprendizaxe por parte do profesorado novo do sistema de clasificación e catalogación Proxecto MEIGA de
Bibliotecas
Escolares de Galicia. -
Posta en contacto coa Biblioteca Pública de Culleredo para seguir programando actividades conxuntas.
-
Posta en contacto coas Bibliotecas Públicas de Coruña para seguir organizando visitas do alumnado de 3º ciclo e intercambios e préstamos de fondos.
-
Expurgo dos fondos obsoletos.
-
Realizar as operacións básicas da cadea documental: selección de documentos, adquisición, tratamento material, catalogación e difusión da información.
-
Centralización dos fondos existentes por toda a escola.
-
As actividades encamiñadas á formación no uso da BE: normas, tipos de busca, etc.,serán realizadas na medida en que a nova biblioteca estea preparada.
-
Adquisición de fondos relacionados coa temática a traballar neste curso.
2º TRIMESTRE -
Operacións básicas da cadea documental.
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
-
Difusión dos fondos: expandir os libros por recantos, exposicións temáticas, etc..
-
Actualización dos fondos.
-
Adquisición de novo mobiliario
3º TRIMESTRE -
Operacións básicas da cadea documental.
-
Clasificar soportes diversos.
-
Plan de adquisición de novos fondos.
b)DINAMIZACIÓN
-Formación de usuarios: a biblioteca: un universo organizado
1º TRIMESTRE Visitas guiadas de tódolos cursos para coñecer a nova distribución da Biblioteca Escolar. Xogos para descubrir a colocación e as cores dos diferentes niveis de lectura. Xogos para coñecer a sinalización da Biblioteca Os/As maiores explican e guían pola biblioteca aos/as máis pequenos/as. O alumnado do terceiro ciclo coñece e comeza a utilizar o Meiga.
2º TRIMESTRE Coñecemos a Biblioteca de Culleredo e outras (Cambre, Coruña…) Axudar a colocar un conxunto de libros no seu lugar correspondente. Publicación dunha guía da nova Biblioteca coas normas, formas de utilización, etc.
3º TRIMESTRE Coñecemos outras bibliotecas a través da rede ( ReBeca, Biblioteca Virtual Galega, etc..)
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
C) -Educación para o acceso á información ( educación documental) O traballo estará encamiñado a conseguir paulatinamente o concepto de biblioteca integrada a través do proxecto de traballo, o que supón aprender a investigar un tema dende un enfoque relacional con ideas claves e metodoloxías de diferentes disciplinas. Desenvolvemento do traballo centrando sempre as actividades nun eixe central. Este apartado versará fundamentalmente na busca da información e do material necesario para desenvolver posteriormente determinados traballos creativos e de investigación.
1º TRIMESTRE Elaboración de murais e carteis explicando que é o que se ve nas imaxes ou obxectos que estarán colocados pola biblio sobre a temática: cada curso buscará a información sobre o que lle toque investigar e fará un mural explicativo. En colaboración co equipo de Normalización Lingüística organizar o Día do Magosto, engadindo aos nosos xogos tradicionais xogos do Mundo. Poñerlle ás aulas nomes de pobos do mundo e facer un pequena reseña de onde está situado ese lugar e as súas características máis salientables. Recompilación de contos e fábulas de diferentes lugares e comparalas coas que xa coñecemos. Actualización constante do blog da Biblioteca. Elaborar un recetario sobre os platos típicos de Nadal no mundo
2º TRIMESTRE Xogaremos co libro “A volta ao mundo en 80 días” de Julio Verne. Da man de Phileas Fogg descubriremos
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
outras culturas, visitando diferentes continentes e a riqueza dos seus pobos. Buscaremos outros título deste autor e a súa relación cos pobos do mundo. Xogo de pistas na biblio para atopar outros libros que teñan unha temática parecida. Trivial para o terceiro ciclo sobre o libro “A volta ao mundo en 80 días” Día da Muller Traballadora: investigaremos sobre o papel da muller nas diferentes culturas. En todas se valora igual o seu traballo? Creación de Mini –quests e Web-quests Actualización constante do blog da Biblioteca. Semana do cine: proxeción de películas para toda a escola. Día da poesía: os Haiku Día do libro: Análise da presenza das outras culturas na prensa española.
3º TRIMESTRE Busca e tratamento de información para facer unha exposición no centro (bailes, comidas, tradiciónss…) de todas as culturas presentes na nosa comunidade escolar. Actualización constante do blog da Biblioteca. Como peche de proxecto organizar un evento de danzas do mundo.
Proxecto Lector de Centro. Fomento da lectura
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
Neste proxecto prímase a idea de lectores/as polivalentes , é dicir, formar lectores que non sexan meros/as consumidores/as de libros, senón suxeitos capaces de variar os seus modos de lectura segundo os seus intereses e necesidades. O Plan Lector, que implica a todo o profesorado e a tódalas áreas, decide as liñas de mellora prioritarias para cada curso e as estratexias para levalas a cabo, entre as que está contemplado o uso da BE como tarefa transversal e o seu uso específico para a aprendizaxe de cada área. Así, no Plan Xeral e nas programacións didácticas queda reflectido este uso. En liñas xerais, no Plan Lector configúrase a organización de: .- Fixar itinerarios lectores. .- Coas actividades abaixo reseñadas, mellora da producción de textos orais e escritos. .-Sesións de lectura semanal en cada titoría, con actividades programadas de uso da biblioteca e mellora da comprensión lectora. .- Tódolos cursos farán a HORA DE LER, onde diariamente todo o centro (profes e alumnos) adicaranse a ler. Esto organizarase de varias maneras: lectura en voz alta compartida (todos lendo o mismo libro), lectura en voz baixa, lectura por placer, lectura comprensiva (con actividades para antes, durante e despois da lectura), lectura de imaxess, lectura de prensa, lectura dixital…
1º TRIMESTRE O alumnado do terceiro ciclo contará contos ao alumnado de infantil. Escolma de libros sobre diferentess lugares do mundo. Binomio fantástico. Crear historias sobre un título determinado. Que pasa despois da palabra FIN? CrearInventar un conto lido dun xeito incompleto. madriñas/padriños lectores entre o alumnado de diferentes niveis.
2º TRIMESTRE
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
Día da Poesía : lectura de poemas e cantigas doutros lugares. Somos capaces de ler noutros idiomas? Escribimos un folleto turístico sobre algún lugar que non conocemos
3º TRIMESTRE No mes abril celebramos “O Día do Libro”. Creación de rimas Contos bilingües: lectura simultánea de contos en dúas linguas. Normalización Lingüística: Revista Escolar e Letras Galegas
- Apoio ao estudio ou a outras actividades desde a Biblioteca para a compensación das desigualdades sociais. -
Elaboración de materiais de apoio para a mellora dos aspectos xerais da aprendizaxe.
-
Facilidades de préstamo de fondos e de acceso ás novas tecnoloxías ao alumnado máis desfavorecido social e/ou economicamente.
-
Selección de materiais e fondos específicos para o alumnado de orixe e cultura diferente e como complemento dos contidos das distintas áreas.
-
Procura de materiais para documentar diferentes actividades: saídas, visitas a museos, actuacións, festas conmemorativas, etc..
-
Elaboración
e divulgación de materiais encamiñados á mellora das
técnicas de estudio e á comprensión lectora. -
Estreita colaboración co Departamento de Orientación para: recibir asesoramento sobre temas relacionados coa comprensión lectora e as súas estratexias.
o Aplicación de probas de comprensión lectora e a súa posterior avaliación. o Fomentar o uso da literatura na educación emocional e na resolución de conflictos.
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
o Envío continuo ao claustro sobre información relacionada co Plan Lector, enderezos web de interese, actividades da biblioteca, etc.. Accións para a integración da cultura impresa /cultura dixital Dende a biblioteca buscaremos a difusión entre o alumnado e o profesorado da información en diferentes soportes para satisfacer as necesidades
curriculares,
culturais
e
complementarias,
ofrcéndolles
asistencia e orientación para conseguir que a biblioteca sexa un verdadeiro centro de recursos. Motivar ao profesorado para que actualice o blog da biblioteca con información e traballos propios. Tentaremos que o alumnado teña de referencia o “Diario dun Bufolector” como fonte de recursos e información. Consideramos a posibilidade de mercar algún libro dixital para o seu uso na B.E. Actualizar os equipos informáticos da biblioteca e poñer carpetas informativas, de xogos, etc. Traballo na aula co xornal.
Difusión dos recursos dispoñibles na BE
Pretendemos que a B.E estea presente en toda a comunidade escolar. Para isto deseñamos actividades para todos os niveis e departamentos do centro. Ademáis
contamos
co
blog
da
biblioteca
“Diario
dun
Bufolector”
(http://bufolector.blogspot.com.es/) Na páxina web do centro aparece información e recursos da B.E Mantemos unha estreita relación coas familias a travñes dunha biblioteca aberta a toda a comunidade escolar: contacontos, cartas, actividades, recomendacións lectoras, O Pregón do Bufolector...)
CEIP SOFÍA CASANOVA
“LECTORES VIAXEIROS”
- Outros O Programa de Mellora do Éxito Escolar en centros para o terceiro ciclo de E. Primaria implica unha determinada maneira de aprendizaxe das linguas e das matemáticas, buscando mellorar os aspectos nos que o alumnado acadaba menor rendemento. O papel da Biblioteca Escolar será determinante nun novo concepto de aprendizaxe relativo á comprensión lectora e á producción de textos.
Actividades propostas pola escola para realizar coas familias:
Posibilidade de facerse socios da Biblioteca.
Implicar ás familias na BE e no goce pola lectura.
As familias tamén contan: sesións de contacontos a cargo das familias
“Ensínanos o teu Mundo”: propoñer ás familias que nos veñan a falar das súas culturas.
HORARIO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA: A biblioteca permanecerá aberta de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 de luns a venres. A coordinadora disporá de 2-3 horas e o equipo de apoio de 6-10 horas AVALIACIÓN: o Grao de presenza da biblioteca escolar e do seu proxecto nas distintas áreas curriculares e ciclos. o Análise dos fondos cos que conta a BE para a realización do proxecto o Análise do uso das diferentes seccións da BE por parte do alumnado. o Uso real da BE: préstamos, lecturas, consultas… o Contribución do proxecto á consecución dos obxectivos pedagóxicos de cada una das áreas e ciclos así como de adaptacións curriculares o Aumento da lectura e goce coa busca de información por parte do alumnado o Avance por parte do alumnado na comprensión, competencia e lectura de textos
“LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA
o Análise en colaboración co Departamento competencia lingüística do alumnado
de
Orientación
da