As nosas cousas,1º trimestre 2017

Page 1

AS NOSAS

Revista escolar CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA)

COUSAS 1º trimestre

CURSO 2017/2018

Portada finalista infantil 3 anos

C o n tid o : O SAMAÍN

2

INFANTIL

3

NOTICIAS

4

MAIS NOTICIAS 5 1º, 2º, 3º E.P.

6

BIBLIOTECA

7

INGLÉS/ E.F.

8

MAGOSTO

9

4º, 5º, 6º E.P.

10

SAÍDAS

11

DEP.ORIENT.

12

Pie de imagen o gráfico.

Portada finalista LARA 4 anos

DEBUXO REALIZADO POR LÍA BALLESTEROS (INFANTIL 5 ANOS)


Celebramos o Samaín!!! O 31 de outubro o noso colexio transformouse nun lugar terrorífico, cheo de sorpresas e disfraces arrepiantes. Pasámolo de MEDO!!!

E ademais a festa seguiu cunha... MERENDA DE MEDO!!! Grazas familias pola colaboración.

Montamos no ximnasio do colexio o “Circo dos Terrores” con moitos sustos e sorpresas.

AS NOSAS COUSAS

Páxina 2


O 1º trimestre nas aulas INFANTIL 4 ANOS

INFANTIL 3 ANOS

INFANTIL 5 ANOS

Os nenos e nenas da clase de 4 anos comezaron o curso con moitas ganas.

Os nenos/as de 3 anos chegaron ao cole con moita ilusión…

Na clase de 5 anos ademais de xogar e experimentar...

Pintaron cadros,

Despois de moitos xogos, xogaron ás apertas, ás estatuas….

risas e algún choro…

Xa estamos adaptados e gozando do cole!!

1º trimestre

tamén investigamos e aprendemos sobre os animais.

E celebramos o Día dos animais o 4 de outubro

Páxina 3


NOTICIAS DO TABOLEIRO “A NOSA LINGUA” 20 de novembro recordamos nun lápiz xigante que os “Dereitos dos nenos” tamén son das nenas, e son de todos os nenos e nenas de todas as partes do mundo.

O

Realizada polos alumn@s de Valores de 2º e 3º de primaria

Os nenos/as de 5 anos logo de vivir unha fin de semana catastrófica de incendios que foron vistos polos seus inocentes ollos, mostran neste cadro a gravidade do que aconteceu e a tristeza da xente do lugar.

LUMES, NUNCA MAIS !!

ESTAMOS DE NORABOA!!!

Título del artículo interior

Recoñecemento ao noso colexio pola concesión do SELO DE VIDA SAUDABLE O día 24 de setembro de 2017, Día Nacional da loita contra a obesidade e o sobrepeso, o

Estedeartículo puede inmejora elamensaje que la 41 Ministerio Educación e Ciencia ratificou concesión do SeloUna de vez Vidaseleccionada Saudable aos 75-125 colexioscluir dos 225 quepalabras. se presentaronintenta en todatransmitir. España.

imagen, colóquela cerca del artículo. Asegúrese selección de imágePublisher EstaLa boa nova coñecémola o día 23 de xuño. incluye Trátasemiles dun recoñecemento a todas as comude que el pie de imagen nes o gráficos es imporde imágenes prediseñanidades educativas que fomente a aprendida saúestá próximo azaxe la misa la hora de agredasaque puede importar de tante no ámbito educativo, así como asunción ma. contenido al boletín. su boletín, degar prácticas de vida saudable eaunha educa- además de herramientas ción física que permita o adecuado desen- para dibuPiense en el artículo y y símbolos. volvemento persoal e social jar ao formas longo da pregúntese si la imagen escolarización dos alumnos.

Elaborado pola mestra de Educ. Física.

AS NOSAS COUSAS

Páxina 4


O DÍA DO ALMORZO SAUDABLE O martes 17 de outubro viñemos ao colexio en xaxún, cun cepillo de dentes e pasta . Lavamos as mans e baixamos ao comedor. Encontrámonos a uns papás, profes e a unha sanitaria chamada Josefa que nos deu unha charla antes de almorzar, ensinounos a rolda dos alimentos e como deberiamos comer variado. Despois almorzamos unha torrada con xamón, tomate maduro e aceite de oliva, unha mandarina e un vaso de leite con cacao. Por último, Josefa trouxo unha amiga chamada Tomasita, (era unha mandíbula) e un cepillo de dentes, para explicarnos como lavar correctamente os dentes cepillando de arriba a abaixo, de abaixo a arriba e de diante para atrás cada lado 5 veces, por fóra e por dentro. Ao rematar agasalláronnos cun mantel coas 5 comidas do día e fomos ao cuarto de baño, lavamos os dentes e sacudimos o cepillo coma dixo Josefa.

SORPRESA FANTÁSTICA!!!

UNS PREMIOS INESPERADOS TOMA XAAAAA.....

O primeiro día do colexio, o luns 11 de setembro estabamos preparando as cousas para a seguinte asignatura cando veu a profe Ánxela á clase para darnos unha sorpresa: “ Chegou un paquete, un paquete misterioso e todos nos preguntabamos que podería haber dentro”. Nós os alumnos de 4º participamos nun concurso de debuxo no mes de abril do curso pasado e quedamos subcampións. Era o concurso “Enfocarse en: La Tierra”, da Estación Espacial Europea. Sentímonos moi orgullosos!. A profe Anxela abriu un paquete e dentro había moitos agasallos da ESA: unha libreta, unha pelota da Terra, un pin, un chaveiro que algúns colocamos nas nosas mochilas, unhas pegatinas e unha carta dándonos as felicitacións.

Elaborada polos nen@s de 4º primaria

Día contra a violencia de xénero Na materia de Valores, o 25 de novembro visualizamos nun mural a xeito de Zapatilla lila e lazo simbólico coa lacra dos malos tratos á muller, reflexionamos sobre elo aportando as actitudes que amosan e non amosan cariño e comprometéndonos a ter e reinvindicar un bo trato.

1º trimestre

Páxina 5


O 1º trimestre nas aulas 1º PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1° chegamos a primaria con moita ilusión.

Podedes atoparnos buscando nesta porta tan circense.

RECITANDO A GARCÍA TEIJEIRO Os nenos e nenas de terceiro quixeron render unha homenaxe ao escritor vigués ANTONIO GARCÍA TEIXEIRO que este ano recibiu o Premio Nacional

de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, polo seu libro de poesía POEMAR O

PRIMARIA

MAR. Na clase traballamos distintos poemas da súa obra recitándoos en grupo como ….auténticos poetas!!!!.

2º PRIMARIA

Na clase de 2º “VESTIMOS O COLE DE CIRCO”, plasmando o que averiguamos sobre él ao longo dun Macromural no corredor. Pintamos unha carpa no centro e incorporamos os artistas de circo a tamaño natural prestándolle as nosas siluetas. Realizamos a “Caravana do circo”, e en catro grandes roulottes organizamos a información sobre o proxecto deste ano.

Teo fundou un ”Clube de lectura”,fixo un decálogo de normas e unha insignia

AS NOSAS COUSAS

Páxina 6


A BIBLIOTECA e o proxecto “Damas e cabaleiros...con todos vostedes o circo de Porto Cabeiro” EXPOSICIÓN “PASEN E VEXAN”: Con libros e materiais de elaboración propia sobre o circo que visitamos todos os cursos.

“O CIRCO NO BLOG”: Na Páxina O Circo temos documentais, vídeos, materiais de elaboración propia e as actividades feitas. SEGUÍDENOS!

E ademais... NOVEMBRO: MES DA CIENExperiCIA EN GALEGO.

“CIRCOTECA”:

Un novo espazo de lectura, que axudaron a montar os voluntarios/as da Biblioteca.

MURAL “PASEN E VEXAN”: Con fotos e un Mapa Conceptual do circo. Se aínda non o coñecedes…

VOTACIÓN:

Preguntamos ao alumnado: De ser artista do circo, gustaríache ser… Cada un escribiu a profesión que máis lle gustaba nunha papeleta. E a máis votada foi a de… PALLASO/A.

“DÍA DAS BIBLIOTECAS” (24 de outubro): Celebrámolo cunha Maratón de lectura, en Infantil e Primaria, con libros do circo.

mentos coa axuda da mestra de Infantil, Ari, e de Gabriel, da Universidade de Vigo.

“MOCHILAS VIAXEIRAS”: O 3 de novembro, nove “ Mochilas”, saíron ás casas para ler en familia. A gozar da súa lectura!!!

1º trimestre

Páxina 7


Na SECCIÓN BILINGÜE que se imparte nas clases de Plástica en 5º e 6º de primaria, este trimestre fixemos... Sección bilingüe

O CÍRCULO CROMÁTICO

O PASADIZO PARA O CIRCO DOS TERRORES E TAMEN DECORAMOS OS CONOS PARA O MAGOSTO

Visita o noso blog de inglés : http:// cabeirolovelyenglish. blogspot.com.es/

Educación Física O xoves, 16 de outubro viñeron ao colexio durante a clase de EF, Juan e Jorge, para xogar con nós ao bádminton, pertecentes á Federación Española de Bádminton.

Na área de INGLÉS e aproveitando que está AMY (a auxiliar de conversa procedente de Londres), este trimestre traballamos diversos aspectos culturales relacionados co Reino Unido.

O B Á D M I N T O N

Fixemos entre todos unha exposición “Os trompos circenses”, uns colaboramos aportando trompos pintados de personaxes de circo e mesmo carpas e outros debuxamos o público que asiste ao espectáculo.

Chegou o día do Magosto e con el o TORNEO DO TROMPO. Despois de practicar comezamos o día 14 de novembro. Participamos os alumn@s de Primaria.

N O C O L E

AS NOSAS COUSAS

Páxina 8


O MAGOSTO

O DÍA 9 DE NOVEMBRO CELEBRÁMOLO NO COLE.

GRAZAS ANPA POLA PREPARACIÓN DAS CASTAÑAS E DO CHORIPAN. ESTABA TODO DELICIOSO!! E logo de comer castañas quentiñas, un choripan delicioso e os maiores mancharlle a cara a tod@s, os nen@s de primaria foron a dalo todo nuns xogos moi circenses logo de escoitar unha canción dos nen@s de infantil.

1º trimestre

Páxina 9


O 1º trimestre nas aulas

4º PRIMARIA

Os nenos e nenas de 4º E.P. realizamos varios experimentos relacionados coas funcións vitais d a s p l a n t a s . Individualmente ou en pequenos grupos observamos como os talos e as follas das plantas medran buscando a luz; e como as raíces necesitan absorber a auga para v i v i r . Observamos como os pétalos brancos dos caraveis se tinguían de azul ou de vermello porque a través dos vasos condutores ascendía a auga coloreada na que estaban metidos os seus talos. Na clase tamén facemos experimentos!

Os alumnos/as de 6º curso, empregando

os recursos da Aula Abalar, completamos unha Liña do Tempo do Circo dende as

PRIMARIA

súas orixes, hai 3.500 anos antes de Cristo ata a actualidade. Cada un de nós encargouse dunha etapa da historia e, logo de imprimir as fichas coa información, elaboramos un Mural que colocamos no corredor diante da nosa aula para que poida ser consultado. Tamén o podedes ver nos Blogs Abalar e da Biblioteca .

Polo Samaín, os alumn@s de 5º fixemos moitas actividades, así como un obradoiro de escritura c r e at iv a: c o nt o s , t e a t r i llos...daban medo!! Arrepiante!!

PRIMARIA OS TRABALLOS DE CIENCIAS

AS NOSAS COUSAS

Páxina 10


SAÍDAS O DÍA 5 DE DECEMBRO TODOS OS ALUMN@S E MESTRAS DO CENTRO FOMOS AO AUDITORIO MAR DE VIGO A GOZAR DO ESPÉCTÁCULO CIRCENSE “GALTUK” . PUIDEMOS VER EN DIRECTO AOS ARTISTAS DO CIRCO REALIZANDO AS SÚAS ACROBACIAS, MALABARES,ETC..

CROSS EN ZAMÁNS

SAÍDA A VIGO

O xoves, 30 de Novembro participamos xunto con 16 colexios de Vigo, Mos, Porriño e Redondela no cross zonal. Fomos os alumnos de 3º,4º,5º,e 6º . Foi divertido, pero un pouco cansado!

NOS VISITARON... Charla sobre a Compostaxe

trimestre

Os nen@s de 1º, 2º e 3º bailaron ao son das percusións dos pallasos do “Circopeta”

O 15 de novembro veu á nosa clase un señor chamado Xesús Bravo (Técnico de Medio Ambiente do Concello de Redondela) a explicarnos, sobre todo, a compostaxe. É importante para os cultivos dos campos, para que as plantas crezan adecuadamente e mellora a calidade do chan. O compós é un abono orgánico, sólido, produto asimilable polas plantas. Procede do esterco, refugallos de cociña e tamén dos pastos verdes. Explicounos tamén cales eran as tres erres: reutilizar, reciclar e reducir. A regra máis importante é reducir, porque hai menos gases contaminantes, nocivos ou tóxicos que producen a intoxicación animal ou vexetal do entorno. A segunda erre máis importante é reutilizar, é dicir, facer que un obxecto teña unha segunda vida útil, por exemplo encher botellas. A última erre é reciclar, ou sexa, usar envases de materiais reciclables, como plásticos ou bricks. Por caso, o vidro e a maioría pódense reciclar quentándoos ata que se funden dándolles unha nova forma. Dunha botella de vidro pódese obter outra botella. (Beatriz López 4º E.P.)

Páxina 11


Educación respectuosa baixo os principios da Disciplina positiva A disciplina positiva é unha filosofía que proporciona ferramentas ás familias para guialos no proceso de educación dos seus fillos e fillas de forma efectiva e duradeira, para ser firmes e agarimosos ao mesmo tempo. Ten as súas orixes nos anos 20 nas ideas de Adler, Psiquiatra infantil, xunto con Dreikurs. Foi sistematizada a partir dos anos 80 por JaneNelsene ata o momento actual, compróbase o beneficio desta maneira de educar. Os cinco criterios a ter en conta segundo a autora JaneNelsen son: 1- Ser amable e firme ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora) 2- Axuda aos nenos para sentirse importantes (Conexión) 3- É eficaz a longo prazo 4- Insignia valiosas habilidades para a vida (Respecto, habilidade para resolver problemas, participación, colaboración, responsabilidade…) 5- Axuda a que os nenos desenvolvan as súas capacidades e sexan conscientes de elas

No mes de xaneiro iniciaremos un obradoiro para familias para coñecer estas ferramentas a través da realización de actividades prácticas. O pasado curso iniciamos esta andaina, e este ano precisamos de novo a vosa axuda e colaboración para continuar no camiño da convivencia feliz e amábel nos vosos fogares. Estades

todos invitados. Esperámosvos. Departamento de Orientación

t ro s u a l c o e o v i t c e r i oD p i lle u n q a E x é s O e od r i e b a C to r o P P n I a E m r o f do C ue q s a i l i am f s a s a o d a a to d v i t a uc d E e d a nid u m o C a … o r t n e c noso S A T S E F S E C I L E F NOTA: As vacacións do Nadal abranguen dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro, polo que volvemos ao colexio o LUNS 8 DE XANEIRO. Portada finalista IKER C. 5 anos

Portada finalista ALLAN 4 anos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.