CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CEIP PORTO-CABEIRO (PONTEVEDRA)
e-mail:ceip.porto.cabeiro@edu.xunta.es
Estrada. de Porto-Cabeiro 5, Barrio Millarada 36815 Vilar de Infesta - REDONDELA – Tel:886110674- Fax: 886110677
Estimadas familias: Neste curso imos celebrar no noso centro a Festa dos Maios, na que ademais de elaborar un Maio de xeito conxunto, cada curso recitará coplas. Para poder levar a cabo esta Festa precisamos da vosa axuda na elaboración dunha ou dúas coplas, das que logo se fará unha selección para cantar no día da celebración, arredor do Maio. As coplas as traballaremos no colexio cos nen@s, polo que precisamos que as mandedes o martes 18 de abril, á volta das vacacións de Semana Santa. Moitas grazas pola vosa colaboración O Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Exemplos de Coplas Como deben ser as coplas, según manda a tradición teñen que ir cheas de sorna de retranca e de humor
Se o futuro son os coches Entón imos apañadas Temos que coidar a terra E deixarnos de parvadas.
Neste primeiro de Maio sempre con moita ilusión día de flores e coplas festexando a tradición.
Os maios de Redondela Mundialmente coñecidos Axudamos a mantelos As veciñas e os veciños
Que día tan agradable un pracer estar con vós para o ano voltaremos con máis coplas e cancións
Temos que reivindicar a nosa lingua galega orgullo de idioma propio tristura de quen renega.