Taboleiro de novas

Page 1



TORNEO DE XADREZ

O día 17 de Xaneiro de 2017, comezamos o torneo de Xadrez. Participamos todos os alumnos de Primaria, xogando por cursos. Durante a súa celebración, tivemos no ximnasio un taboleiro xigante co que xogamos na clase de E. Física/ Psicomotricidade e en algúns recreos. Tamén foron xogar os alumnos de 5 anos. Ensináronlle os maiores e así cando eles sexan maiores ensinaránlle aos máis pequenos. Gañaron o torneo: 1eiro: Tere, 2º:Marcos ,3eiro: Alex Montesino, 4º: David S. , 5º: Yoel, 6º: Marcos

TODAS AS PARTIDAS ESTIVERON EMOCIONANTES PERO AS FINAIS FORON MOI GUAIS!!!


XADREZ NA ESCOLA

Dende o mes de Outubro participamos no programa proposto, dende o Concello de Redondela, “ Xadrez na Escola”. E

*Asistimos os alumnos de eiro 3 ,4º,5º,e 6º. *Aprendemos todo tipo de movementos. *Coñecemos aos mellores xogadores do mundo. *Xogamos un torneo entre nós. *Practicamos con diferentes programas nos ordenadores. *Xogamos co taboleiro xigante. - Chess zombies - Ajedrez sangriento - Troyis - Caballo negro ajedrez. - Buho 21 (on line) O xadrez válenos para mellorar as matemáticas, aprender a gañar e a perder, a manter a atención, a concentración...


“CROSS ZONAL, 2017”


CROSS PROVINCIAL 2017 Bos días a tod@s. Son Sofía de 6º e hoxe vouvos contar como foi a experiencia deste ano. O pasado ano só fomos 5º e 6º. Eramos poucos e iso tiña pros e contras. PROS: que non había que andar a ollar por ninguén. CONTRAS: que eramos poucos ao animar ao cole. Pero bueno, iso xa pasou, este ano fomos todos os alumnos dende 2º ata 6º. Iso tamén incluía que ao ser a primeira vez de algúns, estaban un pouco perdidos. Divisábase moita competividade

entre a xente nova. Os

clasificados desta proba acudirían á provincial e logo á autonómica e logo á nacional e así consecutivamente. Clasificámonos Dani 6º, Joel 5º, Sara 3º, Xián 2º e eu, Sofía 6º. Viaxamos ata San Miguel de Oia para competir na provincial. Ninguén de nós, aínda que quedamos en bos postos, pasou pero sempre recordaremos as fastidiosas choivas que sempre nos acompañan nesa carreira. O ano pasado, foi en Baiona e chovía tanto que había charcos que se metías o pé, afundías toda a perna ata a rodilla. Aquí deixovos un enlace para que vexades mellor a experiencia. https://www.youtube.com/watch?v=y2IuwFh4aw8 E aquí remata está noticia.

Un saúdo:


XORNADA COPA PROMOCIÓN DE BÁDMINTON Os alumnos de 3eiro,4º,5º e 6º participamos na 4º e 6ª Xornadas Copa Promoción de Bádminton 2017, celebradas no pavillón de Soutomaior o día 22 de abril, e no pavillón de Sárdoma- Moledo o día 13 de maio. Xogamos contra xogadores doutros colexios e clubes. Algúns alumnos deixánnos aquí a súa opinión: “Agasalláronnos cunha camiseta de XOGADE. Foi moi divertido. Esperemos que volvamos o próximo curso.” “Esta xornada gustoume moitísimo. Non gañei nin un só partido, pero para min o máis importante foi participar”. Ademais de xogar tamén arbitrei (13 partidos). Foi moi fácil arbitrar.Gustaríame participar o ano que ven neste tipo de actividades.” “Os xogadores contra os que xogamos eran moi bos,. Aínda así gañei 15/10 e perdín 10/ 15”.


XV CAMPIONATO DE E.F.: “ FÚTBOL, CORDA E BRILÉ “ Comezamos o campionato o día 20 de Marzo. Aínda que é moi divertido, mentras os alumnos de 3eiro non se acostumaron aos seus equipos, os alumnos só viñan a xogar ao fútbol e as alumnas ao brilé. Ao final os nosos compañeiros de terceiro adaptánrose moi ben a xogar con nós, os alumnos de 4º. Fixemos 6 equipos de 7 ou 8 xogadores.: “ Os chispiñas”, “Os campións”, “Os superguais”, “Os dragóns”, “ Os esbirros”, “ Os infernais” Os alumnos de 3eiro e 4º opinan: “O campionato de EF está chulísimo. Foi un pouco difícil ao principio pero despois estaba moi divertido”. “ Paseino moi ben co meu equipo. O importante é participar. Coñecín moitos amigos” “ En fútbol paseino mal, en corda menos mal y en brilé paseino ben” “ Este torneo foi moi divertido aínda que gañamos poucos partidos. Eu quedei un par de partidos penalizado porque non cumprin as normas.” “ Foi moi guai!” “ Gustoume porque fixen amigos” “ A min gustoume moito o fútbol, a corda non e o brilé un pouco” ESPERAMOS PARTICIPAR O PRÓXIMO CURSO!!!


XVI CAMPIONATO “ FÚTBOL, CORDA, BRILÉ E HÓCKEY ”

Durante

este

curso

os

alumnos de 5º e 6º, xogamos o XVI campionato de EF. Custounos poñernos dacordo desenvolvemento

no dos

xogos. Coma sempre o xogo que máis nos gusta xogar é o hóckey, Foi divertido, aínda que houbo moito debate por algunhas xogadas. Fixemos 3 equipos de 7/8 xogadores.


“VITAMÍNATE” SEMANA DA FROITA LUNS: AMORODOS MARTES: PLÁTANO MÉRCORES:PERA XOVES:MANDARINA VENRES: MAZÁ Durante a semana do 3 ao 7 de Abril, participamos no Plan de Consumo de Froitas e Verduras na escola, tanto os alumnos de E. Infantil coma de Primaria. Así que ademais de tomar cada día unha froita tamén: * Os alumnos de 6º agasallaron cunha froita de origami aos alumnos de 3 anos, ademais de ensinarlle a canción da froita *Todos os alumnos de Primaria reunímonos o día 6 de Abril no patio, para celebrar o Día da Actividade Física co xogo de mans inventado por antigos alumnos, para a nosa canción da froita "Vitamínate". * Os alumnos de 1eiro e algúns de 2º elaboraron o mural “ O ALMORZO”

Os alumnos opinan:  “ Gustoume moito esta iniciativa. Tamén todas as froitas. É unha forma de concienciar a todas as persoas de que o consumo de froita pode mellorar a nosa forma de vida.”  “ Gustoume moíto a semana da froita por saber que froita nos tocaba cada día. A min gustaronme todas as froitas excepto a fresa.O xogo de mans gustoume moito. Foi todo moi divertido! ”  “ Gustoume moito a semana da froita ,toda a froita estaba moito voa o xogo de mans foi moi divertido gustariame qué se repetise mais a miudo ”.  “ A semana da froita pareceume unha actividade fantástica, ainda que todos os días como froita, a que menos me gusta é a pera ”.  “ Gustoume tamén o xogo de mans "Vitaminate" porque o fixemos todos xuntos e nos divertimos moito ”.


“PAPA O VENTO COS PAPAVENTOS” Os alumnos de 3eiro,4º,5º,e 6º volvemos a participar ademais de na Modalidade de DAFIS, na de MÓVETE+. Baixo o tema proposto dende a Biblioteca “ Os cabeironautas de Porto-Cabeiro”, aprendemos dende EF que ademais de papaventos no espazo, tamén temos un xogo popular que son os “Papaventos”, así todos os alumnos do colexio construimos este xogo con diferentes formas, aprendemos a súa orixe, clasificación, como aparecen na pintura ou na escultura e o que máis nos sorprendeu foi descubrir os deportes nos que se usan papaventos, xa que só coñeciamos o que vemos practicar na praia de Cesantes.

Na clase de Música practicamos a coreografía de Móvete+ co retrouso: Móvete a Mercurio!, Móvete a Venus!... para facela no pavillón 3eiro,4º,5ºe 6º


TORNEO DE GOMA nNa primeira semana de Maio, comezamos o Torneo de Goma. Xogamos todos os alumnos de Primaria en equipos de 3,4 ou 5 xogadores segundo o número de alumnos de cada curso . Pasámolo ben, pero a algúns de nós gustaríanos que ao acabar comezara de novo o Xadrez, e a outros o torneo que máis nos gusta, que é o de Goma. Gústounos que nos viñeran a ver os alumnos de 5 anos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.