DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2013

Page 1

BIBLIOTECA ESCOLAR “CEIP A PONTE” documental

Formación de

"No debería existir el Día Internacional de la Mujer si se cumpliera de verdad la Constitución Española. No queremos celebrar un día, queremos justicia." ( Olga Matesanz Escribano, en El País ).

CURSO 2012-2013

1


BIBLIOTECA ESCOLAR “CEIP A PONTE” documental

Formación de

A orixe desta celebración remóntase a 1857 cando en Nova York houbo unha marcha de mulleres traballadoras dunha fábrica téxtil en protesta polas malas condicións de traballo. Pero o feito polo que se celebra o 8 de marzo ten relación co ocorrido en 1908 tamén en Nova York, cando un grupo de costureiras industriais de grandes fábricas decláranse en folga para protestar por las condicións laborais, pedindo un aumento de salario, redución da xornada laboral e o fin da explotación laboral dos nenos e nenas. Durante esta folga pacífica 129 mulleres morreron queimadas nun lume provocado polos donos da fábrica. Este foi o xurdimento do movemento denominado feminista, que procura a igualdade de dereitos e social entre homes e mulleres. En España esta loita polos dereitos das mulleres xa ven de antigo, sendo un feito importante a consecución do dereito a voto da muller en 1931, gracias ao esforzos feitos por Clara Campoamor. Outras loitas mais ala do voto foron polo dereito a estudar o mesmo que os homes, nas mesmas condicións, que non houbese traballos diferentes para homes e mulleres, .... Na actualidade este día da muller traballadora continua tendo moita vixencia, en diferentes aspecto como soldos, traballos diferentes para homes e mulleres, reticencias ao estudio ou traballo das mulleres, ... Con motivo da celebración do Día da Muller dende a Biblioteca propoñemos as seguintes actividades:

Para reflexionar e debater: -

Ti que pensas?

-

As mulleres deben poder traballar e estudar o mesmo que os homes?

-

Pensas que hai traballos que as mulleres non deberían facer?

-

Hai traballos de homes e de mulleres?

-

Quen plancha na túa casa? axudan os homes nas tarefas do fogar?

-

……………….

Para a hora de ler: na entrada da biblioteca hai unha selección de posibles lecturas para a hora de ler.

CURSO 2012-2013

2


BIBLIOTECA ESCOLAR “CEIP A PONTE” documental

Formación de

Entrevistas: unha entrevista a unha muller que represente un oficio característico. Na medida do posible, será unha muller do entorno próximo. Adxúntase esquema textual do xénero ENTREVISTA.

Biografías: reconstruír a biografía dunha muller que destacase na pintura, ciencia, oficio característico, música…. ou que desperte interés por algunha outra razón. Exemplos: Maruja Mallo, Susana Seivane, Isabel Barreto, Pinito del Oro, Clara Campoamor, Marie Curie, Ada Lovelace,Maria Wonenburguer….. Adxúntase esquema textual do xénero BIOGRAFÍA.

Mulleres anónimas: Unha carta, unha poesía, unha entrevista, unha biografía…. a quen...? Pois a unha muller anónima (á túa nai, á túa avoa, á veciña do 5º, á panadeira...). Unha muller que non sae na prensa nin nas revistas do corazón, pero que, coa súa tarefa diaria, fai cousas grandes, xenerosas gratuítas que facilitan e aledan a vida das persoas que as rodean. Adxúntase esquema textual do xénero A CARTA.

Pes de foto: cada alumn@ traerá unha foto dunha muller ou mulleres do seu entorno (nai, avoa, tía, madriña, irmán, ...) pola que sinta un afecto moi especial. Despois nas aulas traballaráse para pórlle un pé de foto.

Páxinas con recursos: -

CEIP Milladoiro. Malpica

-

Recursos CEIP Victor Saenz

-

https://sites.google.com/site/diadasmulleres/

Esquema estructura BIOGRAFIA •

Introducción (orde cronolóxica) – Nome e apelidos – Data e lugar de nacemento – Traballos e estudos realizados

CURSO 2012-2013

3


BIBLIOTECA ESCOLAR “CEIP A PONTE” documental

Formación de

– Morte •

Corpo – Engordar con detalles algún dos puntos anteriores – Carácter, temperamento,gustos, habilidades – Anécdotas

• Conclusión

– Valoración sobre a vixencia das súas aportacións.

Bibliografía (incluir

fontes orais e tódolos

documentos consultados)

Esquema estructura ENTREVISTA Conversa (non interrogatorio) con intención de RECOLLER unha informacion determinada.

• Antes: -

Definir con antelación QUE queremos saber.

-

Escribir as posibles preguntas. Evitar as de índole persoal que non afectan ao tema do que buscamos informarnos. As preguntas poden ser: • pechadas: cando buscamos un dato moi concreto. Adoitan comezar por un pronome interrogativo (Quen..., Canto... Onde.... Que....) • abertas: cando buscamos que o entrevistado se extenda na explicación. Adoitan comezar cun verbo ( consideras necesario,… prefires,…traballas,…farías,…levas…)

• Durante: CURSO 2012-2013

4


BIBLIOTECA ESCOLAR “CEIP A PONTE” documental

Formación de

-

Crear un ambiente de cordialidade. Preguntar con tacto.

-

Reformular preguntas que non estaban escritas pero completan as respostas.

• Despois: •

Transcribir fielmente.

Bibliografía (incluir toda a documentación consultada na preparación)

Esquema estructura CARTA -

Lugar e data.

-

Saúdo.

-

Corpo da carta: explicamos por qué escribimos a carta, escribimos todo o que queremos contar, expresamos os nosos sentimentos…Emprega palabras auténticas, escapa das manidas e correntes, acude ao diccionario.

-

Despedida.

CURSO 2012-2013

5


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.