Parque natural Estableceuse como Sitio Natural de Interese Nacional en 1935. Os terreos pertencen á entidade local menor de Pazos de Reis e á Comunidade Veciñal de Montes en mancomún de Rebordáns.
Monumentos Capela se San Xiao reconstruída no 1713 sobre un templo románico. Casa forestal que ten deseño realizado polo enxeñeiro Rafael Areses. Nova casa forestal e sede da Xunta Reitora. Restos do protohistórico, no Alto dos Cubos.
Tradición O primeiro domingo de xullo celébrase o xubileo, unha peregrinación dedicada á Virxe das Angustias. O primeiro domingo de agosto celébrase a romaría de San Fíns.
Lendas Unha lenda di que as eguas do Aloia son fecundadas polo vento, e que na cama de San Xiao non medra a herba. Todas elas dan unha idea do carácter mítico que sempre tivo para os tudenses o monte Aloia, perdéndose o rastro da súa orixe na noite dos tempos.