Actividades 3º cuadrimestre do 2015

Page 1

Tfne. 676 80 02 27-.lugopatrimonio@lugopatrimonio.org.- www.lugopatrimonio.org

ACTIVIDADES PARA O ÚLTIMO CUATRIMESTRE DO 2015 Comunicado Na última reunión da Xunta Directiva celebrada o 8-07-2015, tomouse o acordo de non pasar a cobranza as cotas do ano 2012, e si as do 2013 e 2014, dada a cantidade alta que sumaría para as asociadas e asociados, e tamén ás dificultades que temos para o envío dos recibos. SETEMBRO Día 19, sábado Viaxe a Albá (Palas de Rei) da comarca da Ulloa, onde visitaremos a granxa familar, Granxa Arqueixal, dedicada á produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico. Ofrece tamén un grupo de casas rehabilitadas para turismo rural, ou para exemplo da vida labrega que se podía ver a principios do s. XX ou mesmo no s. XIX, como mostran de forma práctica na chamada casa da Rebordela. Comprobaremos así un novo xeito "de recuperar e salvagardar un proceso vivo, dinámico e sustentábel da cultura tradicional". Na súa páxina web, explican tamén que se utiliza o pasado "como un recurso renovábel, educacional, científico, artístico, promocional e económico". Xantar na propia granxa. Iniciamos, con esta visita, outro tipo de viaxes prácticas e didácticas para comprobar os diversos xeitos que podemos ver da unión de cultura, economía, arquitectura, tradición e modernidade. Para consultar: http://arqueixal.com/agro/quen.htm De permitilo o tempo faremos outras visitas desta comarca rica en todo tipo de vestixios, como é o exterior do Castelo de Pambre, Igrexa de Vilar de Donas... Saída ás 9,30 h. da mañá do lugar habitual. Anotacións o día 2 de setembro na Galería Sargadelos, de 19 a 20 h. Día 30, mércores: conferencia da Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, sobre Pintores e pintoras galegas do século XIX, entrando no XX, como parte do ciclo que levamos durante este ano. No salón de actos do Museo ás 20 h. OUTUBRO Día 17 e 18: Viaxe a Salamanca, Alba de Tormes e Ávila para ver as exposicións de "As idades do Home" baixo o seguinte Programa: Día 17, sábado: Saída ás 7 h. do lugar habitual con destino Salamanca onde chegaremos arredor das 12 h. A partir desta hora visitaremos o claustro renacentista das dominicas do convento de Las Dueñas e a Casa Lis. Xantar ás 14 h. e deseguido saída para Alba de Tormes. Visita ao capítulo V da exposición: "Filla da Igrexa". Basílica de Teresa de Xesús. 1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.