El Cable n 46 Curso 2014/15
cOLEXIO La Milagrosa Revista Escolar do alumnado do C PR PlurilingĂźe La Milagrosa DepĂłsito Legal LU - 700 - 1983
EucarĂstia de Nadal Curso 2014 - 2015
2
CONTIDOS Páxina 2 Páxina 3 Páxina 4 Páxina 5 Páxina 6 Páxina 7 Páxina 8 e 9 Páxina 10 Páxina 11 Páxina 12 Páxina 13 Páxina 14 e 15 Páxina 16 Páxina 17 Páxina 18 Páxina 19 Páxina 20-24 Páxina 25 Páxina 26 Páxina 27 Páxina 28
Curso 2014 - 2015
Eucaristía de Nadal. Contidos. XMV. 60 anos de presas con Sor Amparo. Celebración día da PAZ 4º Infantil. Unha aventura asiática 5º Infantil. Vistas con Aris 6º de infantil. Spinderella. Xosé Filgueira Valverde. Avifauna 1º e 2º de primaria. Marcelle 3º e 4º de primaria. Entrevista a Ana . Contos . Chistes e poesía. Adiviñas recetas creativas. Canta con nós a canción misioneira. Algo de nós... Tamén foi noticia. Pasatempos e agradecementos. Sementadores de estrelas. Nove anos nos separan!
3
JMV Confirmacións:
Convivencia Marín 2015 Sara
Lucía
Curso 2014 - 2015
4
Sor Amparo e o mundo das présas 60 anos de vocación O 26 de xuño Sor Amparo cumpre 60 anos de vocación. Sor Amparo é unha relixiosa Filla da Caridade de San Vicente de Paul que está na comunidade do Colexio de “La Milagrosa”, a carón da Parroquia de San Froilán. Ver a Sor Amparo é moi difícil, porque anda sempre á velocidade da luz. Isto é o que fai que o tempo lle rinda o dobre. Podemos dicir que cumpre 120 anos de vocación e non 60. A súa paixón son os nenos do Colexio e as súas actividades pastorais con eles. Desvívese cada vez cada vez que temos algunha celebración especial cos nenos na parroquia. Sería impensable a celebración de san Vicente de Paul, o Nadal, a Coresma, o día de María, a clausura de curso… sen a presencia de Sor Amparo. Grazas, en boa medida, a Sor Amparo os nenos do colexio de “La Milagrosa” levan no seu interior una pequena semente que ao mellor un día agromará. É a semente da Fe en Xesucristo e o amor a María, a “Milagrosa”… E non é pouco nin calquera cousa que, nos tempos de hoxe uns nenos leven unha referencia ao transcendente na testemuña desta Filla da Caridade, que poda dar una maior consistencia á súa vida no día de mañá. Nestes catro anos que levo na parroquia tiven ocasión de compartir moitos momentos con Sor Amparo. Falamos do divino e du humano. E sei que estaría disposta a dar a vida para que ningún destes pequenos “se perda”… Sesenta anos de vocación e de virxinidade consagrada ao Señor, pero moi fructífera. A súa descendencia multiplicouse como as areas do mar. Grazas, Sor Amparo, por espabilarnos, por “meternos présa”, por falarnos de Deus. Miguel Ángel
Curso 2014 - 2015
5
O 30 de xaneiro, os nenos de 4Âş de Infantil celebraron o dĂa da PAZ
Curso 2014 - 2015
6
Menuda aventura introducirse na cultura asiรกtica, moi bo traballo fixeron os pequechos de catro anos.
Curso 2014 - 2015
7
De viaxe con Aris, para rematar a nosa etapa de infantil este ano a nosa mestra ensinounos un mundo descoĂąecido para nĂłs. Canto aprendemos!!!
Curso 2014 - 2015
8
Curso 2014 - 2015
9
Retomando o bo facer do ano pasado continuamos coa nosa sección en inglés.
SPINDERELLA On January 16th we went to Gustavo Freire Auditorium to see the play Spinderella, a modern musical version of Cinderella. The main character, Cindy, lives with her older sister Becky. Becky is very bossy and makes Cindy do all the housework. Everyday she has to sweep the floor, water the plants, dust the house, clean the plates, do the shopping and make a cup of tea for Becky´s breakfast. Becky loves chocolate biscuits and sugar. Cindy wants her to eat some fruit and vegetables but Becky hates healthy food. Cindy loves singing and she wants to be a famous pop star. Becky is a terrible singer but she is going to sing on The Karaoke TV Show. Cindy wants to go but Becky does not let her. Suddenly Cindy´s fairy godfather “The Karaoke King” appears and, by magic, transforms Cindy and takes her to the TV studio. Cindy wins the competition but when the clock strikes 12 the magic disappears. Cindy runs home. The next day there is a knock on the door. It is DJ Dave looking for the girl who won the competition. When the two sisters sing DJ Dave knows Cindy is the winner. We had a great time with Cindy´s adventures!
Raquel
Curso 2014 - 2015
10
Letras galegas 2015 Eva
Laura
Curso 2014 - 2015
11
Viaxe a Avifauna 1º e 2º de primaria.
Samuel
Raquel
Rubén Curso 2014 - 2015
Álvaro 12
Viaxe a Marcelle 3ยบ e 4ยบde primaria.
Carlota
Ana
Curso 2014 - 2015
13
Entrevista con... Ana Entrevistamos a Ana, exalumna do colexio que actualmente e xa dende fai varios anos traballa como misioneira en Bolivia. * Reporteiros: - Cantos anos levas como misioneira? E que te decidiu a facerte misioneira? * Ana: - Levo oito anos na misión de Bolivia. Porque descubrín que cando axudas aos demais somos felicies. *R: - Cal foi a túa maior dificultade na misión? *Ana: -Acompañar a moitas persoas ata a morte e mesmo enterralas. *R:Cal foi o teu momento preferido? * Ana: -A primeira vez que os nenos discapacitados e os nenos de IMAYNALLA KASANKI gañaron un concurso de debuxo en Cochabamba entre 3000 participantes. * R:- Que significa Misioneiros Laicos Vicencianos? * Ana: - É a rama da familia vic encia máis nova. Fíxose para organizar misións dos Laicos (laico é aquel membro da igrexa que non é relixioso). E teñen o carisma de San Vicente de Paúl. (Axudar aos pobres) * R: Eres feliz axundando aos pobres? * Ana: Si, moi feliz. * R: - Cal é o teu seguinte destino? * Ana: -Burna Patuca na Mosquita, Honduras. * R: - En que traballarás en Honduras? * Ana: -Primeiro teño que coñecer a realidade, pero andan na procura dunha emisora de radio e tamén traballaría moito na saúde, e supoño que tamén darei clases de debuxo. * R: -Cal era a túa comida preferida en Bolivia? * Ana: Charque (carne de llama seca e frita, sírvese con maíz, patacas, ovos e queixo fresco.
Curso 2014 - 2015
14
* R: - Cando estabas en Bolivia pensas que baixou o nivel de pobreza? * Ana: -Pois non sei se baixou o nivel de pobreza pero si sei que a xente se acercou a eles cambioulles a vida, xa que tiveron unha oportunidade. Só no cárcere nos últimos tres anos axudamos a 1300 persoas. * R: -Que é máis pobre, Bolivia ou Honduras? * Ana: -Según a PNUA é Bolivia, pero nas zonas nas que traballamos MISEVI en Honduras hai máis pobreza debido a que é unha zona moi alonxada, na que viven unhas das poboacións máis discriminadas. * R: - É máis dificil vivir nesas condicións de vida? * Ana: - Non, para vivir ben non se precisan moitas cousas, a min nunca me faltou nada. * R: - Hai algunha páxina web para a xente que quere axudar? * Ana: - A páxina Misevi España www.Misevi.es * R: - Cres que algún día se acabará a pobreza no mundo? * Ana: - Creo que é posible, pero sería necesario un cambio nos gobernos e na forma na que se organizan as sociedades. * R: - Do 1 ao 10 canto che preocupan os pobres? * Ana: - Un 10, de feito, por iso marchei
MOITAS GRAZAS Curso 2014 - 2015
15
CONTOS
A AVENTURA DE LAURA MAIS A SÚA CADELA Érase unha vez, unha nena chamada Laura. Tiña unha cadela chamada Brillantina. Un día os pais de Laura dixéronlle que ían de vacacións a Benalmádena por sacar boas notas e Laura, como nunca estivera alí, estaba moi ilusionada. Ao día seguinte, despois de doce horas, estaban no hotel,en Benalmádena. Logo de subir as cousas á habitación, fóronse á piscina. Cando se fixo de noite, Laura non tiña sono e foi ao miniclub. Alí fixo moitos amigos. Pasárono moi ben, estiveron xogando e cantando todos os días. O último día había un sorteo no que se rifaban un can máis dúas gatas. Laura quixo participar e tocoulle a rifa número 776. Ao cabo dun anaco, realizouse o sorteo e… saíu o número 776. Laura púxolles Iaqui, Manchiñas e Raia ás súas novas mascotas. Ao día seguinte Laura volveu a casa moi feliz porque tiña tres amigos novos.
Ruth
A PRINCESIÑA MALA Había unha vez, unha princesiña chamada Tamara. Un día, collendo amorodos no bosque, atopouse cunha nena e díxolle: - Como te chamas?.- Chámome Natalia, pero podes chamarme Nati; díxolle a nena. – Queres xogar comigo na miña casa? Tamara respondeu: - Sí! Irei esta tarde, ás cinco e media. Cando Tamara chegou á casa de Natalia, saudou á súa nai que era meiga. A nai de Natalia díxolle a Tamara que a feitizaría se non se portaba ben. As nenas comezaron a xogar e Tamara rompeu un xoguete de Nati. Nati, anoxada , díxollo á súa nai e ésta feitizou a Tamara. O feitizo fixo que Tamara deixase de ser mala.
Sofía
Curso 2014 - 2015
16
POESÍA Quero moito ao meu colexio, ningún hai coma el. É fermoso por dentro e por fóra, eu quero seguir nel. Somos todos unha familia porque é pequeniño e coñecémonos ben. Son do colexio da Milagrosa, e estou orgullosa de pertencer a el.
Tatiana
CHISTES
Hai un camioneiro e vai en dirección contraria. Por que non o para o policía? Porque vai andando!
Na clase de inglés, a mestra pregúntalle a Xoán que fixo o fin de semana: - Fun mercar un chándal a “ O gato longo ”. - A “ O gato longo” ? - Sí, ao : De- cath-lon (Decathlon, The-cat-long) - Non puiden mercar pan porque non había ninguén para atenderme…-E iso? – Non sei, estaban en “panadeiro descoñecido”…. Iria
Curso 2014 - 2015
17
ADIVIÑAS Crieime no campo, atada con verdes lazos, e aquel que chora por min estame partindo en anacos. (A cebola)
Frecuentemente a ves, pensa un pouco con astucia, cando está negra, está limpa, cando está branca, está sucia. (O encerado) Salta, salta, saltarín, que os teus saltos, non teñen fin. (O saltón) Nas mans das damas eu sempre estou, metido unhas veces, estirado e outras recollido. (O abanico) Teño unha fermosa plumaxe, grande e afiado pico, e todo o que me din, apréndoo e repito. (O loro)
RECETAS CREATIVAS
Clara
Curso 2014 - 2015
18
Canta con nรณs a canciรณn misioneira Pablo
Curso 2014 - 2015
19
ALGO DE NÓS
Curso 2014 - 2015
20
1 - Que che gustaría ser de maior? 2- Que che ensinou para a vida o teu paso polo colexio? 3 - En que che gusta máis pasar o tempo libre? 4 - Que foi o que máis e o que menos che gustou do colexio? 5 - Cales foron as saídas que máis che gustaron? 1 - Gustaríame ser pintor porque se me da ben debuxar. 2- A estar en grupo cos compañeiros. 3 - Andar en bici cerca da praia co meu pai. 4 - O que máis me gustou foron os compañeiros, o que menos algunhas materias. 5 - As dos Kars porque é moi divertida.
1 - De maior gustaríame ser futbolísta porque me gusta moito xogar ao fútbol. 23 - Xogar á ps vita cos amigos. 4 - Non me gustan as escaleiras. 5 - A de Km0 e a de Cerceda.
Martín
1 - De maior gustaríame ser científica porque me gusta moito investigar. 2- Todas as experiencias que vivín aquí foron importantes. 3 - Cantar, bailar, a ciencia, xogar ao tenis... 4 - O que máis me gustou foron os amigos, o que menos as escaleiras, ese cansancio tan terrible é o peor. 5 - Gustáronme todas pero as mellores as de 6º
1 - Gustaríame ser biólogo mariño. 2- Coñecer estes amigos tan grandes que teño. 3 - Xogar ao fútbol porque coñezo xente nova. E estar na casa coa miña nai. 4 - O que máis me gusta do cole son os mestres, o que menos as escaleiras. 5 - A de Km0 en 4º de primaria.
Carmen
1 - Gustaríame ser algo que tivese que ver coa xeografía, gústame todo o relacionado con este tema. 2- Gústame moito xogar ao fútbol e tamén aos videoxogos. 3 - Xogar ao fútbol porque o paso moi ben cos meus compañeiros. 4 - As excursións foron moi divertidas. 5 - A de Astorga e a de Cerceda.
Raúl
José Luis
Brais
1 - Gustaríame ser psicólogo porque sei escoitar moi ben ás persoas. 23 - Estar cos meus avós na aldea, porque me gusta moito estar cos animais. 4 - O que máis me gustou foron os mestres e os compañeiros. 5 - A de Km0.
Curso 2014 - 2015
21
Edgar
1 - A min gustaríame ser policía porque o meu pai xa o é, e xa teño experiencia. 2- A saída de Km0 porque por primeira vez me puxen sobre unha tabla de surf. 3 - A natación por influencia da miña nai. 4 - O que máis me gustou foron os profesores que son moi amables, o que menos as escaleiras. 5 - A de Km0 que o pasei, pipa, pero pipa pipa.E tamén a de Cerceda. 1 - Gustaríame ser arquitecta porque me gusta moito debuxar e diseñar e tamén as mates. 2- Os consellos dos meus profesores, ensináronme a ser diferente, nunca o esquecerei. 3 - Estar cos meus amigos, ir ó cine, nadar, facer deporte, unha das cousas que máis me gusta é ler. 4 - Gustáronme todos os momentos que pasei cos compañeiros e profes, rir, choros... non me gustaba cando os profes se enfadaban. 5 - Km0 e Cerceda.
Martín
1 - Gustaríame ser pediatra porque me gustan moito os nenos ou mestra de ballet porque me gusta moito bailar. 2- Costumes boas, boas experiencias... 3 - Bailar, bailo ballet desde pequeniña, e tamén bailo outras modalidades. 4 - O que máis me gustou foron as saídas e os meus compañeiros, o que menos as "queridas" escaleiras. 5 - A de Km0 e a de Cerceda grazas aos compañeiros de Ecovoz.
Raquel
1 - Gustaríame ser forense e tamén e neurociruxana . 2- O que máis me gustou foi coñecer a novos compañeiros e mestres. O que menos a tutorías, e ter que marchar tampouco me gusta. 3 - Gústame moito facer teatro porque podo expresarme. 4 - O que máis me gustou foron os meus amigos, o que menos as escaleiras. 5 - A de Km0 e a de Cerceda.
Helena
1 - Gustaríame dedicarme á música e ao deporte. 2- Os estudos. 3 - Xogar ler e escoitar música. 4 - O qué máis me gustou foi os compañeiros e os mestres e o que menos as escaleiras. 5 - A de Km0 e a de Cerceda. Brais Alex
Sara
1 - Gustaríame ser psicóloga, avogada, profe de karate 2- Traballar en grupo cos meus compañeiros. 3 - Cantar e bailar, porque me gustan moito. 4 - O que menos me gustou foron as escaleiras. 5 - A de Km0. 1 - De maior gustaríame ser futbolista. 3- Xogar ao fútbol. 4- O que máis me gusta é xogar cos meus compañeiros, o que menos estudar e facer os exercicios. Cambiaría ter un campo de fútbol para xogar. 5- Os Kars.
Curso 2014 - 2015
Lucía
22
1 - Gustaríame ser xogadora de baloncesto, porque o paso moi ben xogando. 23 - Debuxar e cantar, porque me axudan a expresar o que sinto. 4 - Gustoume todo do cole menos subir escaleiras. 5 - A de Km0 e a de Cerceda. 1 - Gustaríame ser mestre de 1º de primaria, porque parece divertido e axuar aos demais, como me axudaron os meus profes. 2- No baile de fin de curso aprendín a non ter vergoña de min mesma. 3 - Gústame xogar ao fútbol e os animais. 4 - O que máis me gustou foi ver películas cos meus compañeiros, rir na clase e xogar á pedra en Educación Física. 5 - A de Km0, a de Cerceda e Astorga.
Yashina
1 - Gustaríame ser xogador profesional de hockey. 2- A convivencia, ensinoume a traballar en equipo e tamén a respectar aos demais. 3 - Xogar ao fútbol porque o paso o rato cos compañeiros. 4 - O que máis me gustou foi Ecovoz, un concurso que disfrutei cos meus compañeiros, o que menos as escaleiras. 5 - A de Km0 porque aprendín a facer surf. 1 - Gustaríame ser médica para algún día poder salvar vidas. 2- Eu creo que a ser mellor persoa, compañeira ou amiga e tamén a ter máis empatía. 3 - Estar coa familia porque me sinto ben, e tamén xogar ao fútbol porque estou cos meus amigos. 4 - O que máis me gustou foron os amigos e os mestres, o que menos as escaleiras. 5 - Cerceda porque inda que non fomos, fixo que mo vou pasar moi ben.
Miguel
Sara
Andrea
1 - Policía porque me gusta axudar á xente. 23 - Xogar ao fútbol porque o paso moi ben cos meus compañeiros. 4 - O que máis me gusta do cole son os mestres, non hai nada que non me guste. 5 - A de Astorga e a de Cerceda. 1 - Policía ou bombeiro porque me gusta axudar á xente. 2- Fíxome ser mellor persoa 3 - Xogar ao fútbol porque o paso moi ben cos meus compañeiros. 4 - O que máis me gusta do cole son os mestres e os compañeiros, o que menos as escaleiras, 5 - A de Km0 e a de Astorga
Cesar
Laura Curso 2014 - 2015
Mario
1 - Gustaríame ser doutora e dentro desta rama pediatra, porque me gustan moito os nenos. 2- Aprender a valorar as cousas. 3 - A miña principal afición é o Voleibol, xa que me divirto moito e o pasoo moi ben cas compañeiras. 4 - O que máis me gustou foi a ensinanza e os profesores, o que menos as escaleiras e ter un ximnasio pequeno. 5 - Cerceda, porque promete. 23
1 - Gustaríame ser mestre de ximnasia para axudar aos que non teñen oportunidades. 2- A convivencia, ensinoume a traballar en equipo. 3 - Xogar ao fútbol porque o paso moi ben cos meus compañeiros. 4 - O que máis me gustou foi ver películas cos meus compañeiros, rir na clase e xogar á pedra en Educación Física. 5 - A de Km0 e a de Cerceda.
Nerea
1 - Bombeiro, para axudar aos demais. 2- Coñecín moitos compañeiros e mestres que me axudaron. 3 - Fútbol, patinaxe, a consola, saír en bici... 4 - O que máis me gusta do cole son os mestres e os compañeiros, o que menos as escaleiras. 5 - A de Km0 e a de Cerceda. 1 - Gústame a profesión de mestra, pero non o teño claro. 2- Aprendín a ser mellor persoa grazas aos meus profesores e os compañeiros axúdaronme a non ter tanta vergoña 3 - Ler aprendo moitas cousas novas. Tamén ver a tele, escribir e ver películas. 4 - O que máis me gusta do cole son os mestres e os compañeiros, o que menos non ter patio. 5 - O parque acuático de Cerceda.
Adrián
1 - Veterinario porque me gustan os animais. 23 - Xogar a videoxogos e informática, gústame a tecnoloxía. 4 - O que máis me gusta do cole son os compañeiros, o que menos as escaleiras. 5 - Cerceda, seguro que será fantástica.
Sara
1 - De maior gustaríame ser veterianrio porque me gustan os animais e tamén coidalos. 2 - Os estudos. 3 - Xogar ao fútbol porque o paso moi ben cos meus compañeiros. 4 - O que máis estar cos compañeiros e o que menos as escaleiras. 5 - As saídas que máis me gustaron foron Km0 e Cerceda.
Nicolás
María Curso 2014 - 2015
Erick
1 - Ou veterinaria, porque me gustan os animais, ou psicóloga porque me gusta saber porque as persoas pensas así. 2- As saídas melloraron a miña cultura e o meu comportamento. 3 - Tiro con arco, porque se me dá moi ben. 4 - O que máis me gustou foron os amigos e os mestres, o que menos as escaleiras. 5 - A de Astorga e a de Cerceda. 1 - Gustaríame ser médica porque me parecer un traballo moi gratificante. 2- A convivencia porque aprendín valores importantes. 3 - Estar coa miña familia e cos meus amigos e tamén me gusta a natación 4 - Gustoume todo, en especial estar cos meus amigos e ir ás excursións xuntos. 5 - Todas porque en todas aprendín cousas diferentes.
Eva
24
Tamén foi noticia... Este ano conseguimos impoñernos na final do Ecopreguntoiro.
Parabéns para o Ecoequipo do colexio: Sara Carreira, Sara Suárez, Raquel Cando, Andrea Orol e Miguel Carlos Rodríguez.
Lucía Castaño López gañou o concurso "Educar para previr". Parabéns!!!
Antía Miragalla e María Fernández gañaron respectivamente o concurso de postais de nadal de Begonte.
Tivemos dúas incorporacións ao claustro, Cristina e Paula xa forman parte do noso colexio. Antía
Os éxitos deportivos foron moi bos tamén este ano:
Eva Raquel Álvarez García conseguiu o campionato galego de tiro con arco en sala e aire libre, clasificándose así para o vindeiro campionato de España que se celebrará o próximo verán. Moita sorte!!
María
Eva
Raquel
Raquel Cando Santos competiu coa selección galega acadando un cuarto posto moi meritorio, Tamén participou no campionato galego de natación acadando: un ouro, tres platas e un bronce en diferentes probas, O próximo verán competirá polo campionato de España,
Moita Sorte!!
Temos desde este ano mascota na biblioteca. "Lucho" acompañaranos a partir do vindeiro curso nas nosas lecturas.
Miguel Carlos Rodríguez Fernández conquistou o campionato galego de Hokey Línea e tamén Laura Fraile Herrera conquistou este torneo pero en Voleibol. Parabéns para os dous! Laura
Raquel Miguel
Curso 2014 - 2015
25
Agradecementos. Pasatempos Ana
Ana
Laura
Curso 2014 - 2015
26
Sementadores de estrelas Curso 2014 - 2015
27
Entrastes no colexio sendo grandes proxectos e saídes sendo grandes persoas. Desexamos que todos estes anos queden grabados nos vosos corazóns pois... Recordade sempre que nunha ocasión fóstedes familia neste colexio no que cada compañeiro foi un irmán e cada mestre unha nai ou pai. Boa viaxe!!!!
Curso 2014 - 2015
28