Circular familias inicio 201415 2

Page 1

CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2014/15

NOTICIAS CIRCULAR INFORMATIVA DO INICIO DO CURSO 2014-15

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS (PARA UNHA

MELLOR ATENCIÓN CONCERTAR CITA PREVIA)

Dirección

!

LUNS: 13h10 a 14h VENRES: 9 a 9h50

! !

! !

Xefatura de Estudos

!

!

MARTES: 13h10 a 14h MÉRCORES: 9 a 9h50 XOVES: 13h10 a 14h

Secretaría

!

LUNS: 9h a 9h50 MARTES: 9 a 9h50 XOVES: 9 a 9h50

Profesorado

!

MARTES: 16h a 17h (con previa cita)

! !1


CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2014/15

!

1.INFORMACIÓN XERAL

!

▪ Calendario Escolar. –Períodos de Vacacións: As clases comezan o 10 de Setembro de 2014 e rematan o 19 de Xuño de 2015.

!

PERÍODOS DE VACACIÓNS: NADAL

22 Decembro-7 Xaneiro (inclusive)

ENTROIDO

16,17 e 18 de febreiro de 2015

SEMANA SANTA

Do 30 de marzo ata o 6 de Abril (inclusive)

Establécese do Día do Ensino o 31 de outubro de 2014 Hai dous días non lectivos neste curso escolar pendentes de aprobación no Consello Escolar

! !

2.PERSOAL DOCENTE

! EQUIPO DIRECTIVO

!

Directora

Montserrat Martínez Cañas

Xefa De Estudos

MªTeresa Fernández Molares

Secretario

Miguel Hervás Pretel

! EQUIPO DOCENTE EDUCACIÓN INFANTIL Mestra de 3 anos

Laura Bernardo Vila

Mestra de 4 anos

MªJosé Marín Leiro

Mestra de 5 anos

Patricia Rodríguez Hermelo (PODERIA VARIAR)

M e s t r a d e a p o i o e n Montserrat Martínez Cañas ( PODERIA VARIAR) infantil EDUCACIÓN PRIMARIA Mestra de 1º

Pilar Calvo Ferrer

!2


CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2014/15 Mestra de 2º

Sali Vaqueiro Angueira

Mestra de 3º

Celia Varela Barrera

Mestra de 4º

Carmen Fidalgo Carballo

Mestra de 5º

Lucía Gómez González

Mestra de 6º

Aránzazu Bugarín Silva ESPECIALISTAS

ED.FÍSICA

Miguel Hervás Pretel

INGLÉS

Mónica Rodríguez González

MÚSICA

MªTeresa Fernández Molares

RELIXIÓN

Beatriz Pérez Montero

AUDICIÓN E LINGUAXE

Isabel Ramos Arias (nada máis os xoves e venres)

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

MªLuisa Coego Vilariño

ORIENTADOR/A

sen cubrir

! NOTA IMPORTANTE:

!

Estamos pendentes dunha reunión en Santiago a vindeira semana, a petición da Dirección do colexio, ante a Consellería de Educación para solicitar que envíen a unha profesora de educación infantil e desta maneira a Directora poida compaxinar as tarefas de Dirección e Orientación. De non concederse, contaríamos cun profesor/a menos que afectaría a cuestións organizativas e pedagóxicas do centro, e especialmente aso programas de innovación educativa que viñamos desenvolviendo e á dinamización e xestión da biblioteca. Manterémosvos informados!

" !3


CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2014/15

!

! !

3.CALENDARIO DE REUNIÓNS INICIAIS TITORA-FAMILIAS

!

CLASE

DATAS

HORARIO

1º ED.PRIMARIA

16 SET

16 h 15

3º ED.PRIMARIA

16 SET

17 h

2º ED.PRIMARIA

23 SET

17 h

4ºED.PRIMARIA

23 SET

16 h 15

5ºED.PRIMARIA

30 SET

16 h

INFANTIL 4 ANOS

30 SET

16h15

INFANTIL 5 ANOS

30 SET

17 h

INFANTIL 3 ANOS

7 OUT

16 h 30

6º ED. PRIMARIA

7 OUT

17 h

! !

Polos temas de interese a tratar nestas reunións pregamos que veñades sen os vosos fillos e fillas. Lembrar que a Anpa ten o servizo de Ludoteca xa que ningún alumno/a pode quedar só nas instalacións ou dependencias do colexio.

! 4. NORMAS DE FUNCIONAMENTO E RECOMENDACIÓNS. ! !!

ENTRADAS E SAÍDAS

O horario escolar do alumnado é de 9h a 14h perante todo o curso escolar. Ás 8h50 abrirase o recinto escolar para facilitar a entrada. Ata a hora en punto de entrada !4


CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2014/15

ás aulas as familias responsabilizaranse dos seus fillos/as. Para un bo funcionamento das clases, pregamos respectar o horario establecido de entrada e saída do colexio, insistindo na puntualidade. Para as entradas, excepcionalmente, hai unha flexibilidade de 10 minutos máximo, transcorrido este período quedará pechada a porta principal. (Lembrar que eses 10 minutos se considerarán imprevistos e non constarán no arquivo do alumnado como falta de puntualidade, pero para aquelas familias que xeralmente chegan tarde, aínda que sexa nesa flexibilidade horaria dos 10 minutos faremos constar no arquivo do alumnado dito retraso como falta de puntualidade. non xustificada) Para acceder ao recinto deberá tocar o timbre e dirixirse a Secretaría onde deberá xustificar o retraso por escrito. Un membro do Equipo Directivo será o encargado de levar o alumno/a á aula; a familia non poderá acceder á aula unha vez teñan comezado as clases. Na saída todo o alumnado ten que ser recollido pola súa familia ou persoa na que deleguen agás o alumnado de 5º e 6º de Primaria, sempre que a familia presenten, por escrito, ante a Dirección do Centro, a correspondente solicitude de autorización para saír só do colexio. (Esta autorización nada máis é individual; o alumno non estará autorizado a recoller a outro alumno máis pequeno independentemente do seu parentesco)

! ! ! !! !

!! !! !

RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA

▪ Cambios: É moi importante que calquera cambio de domicilio, situación familiar, teléfono o fagades saber ás titoras e/ou á secretaría con tal de manter actualizado o arquivo de datos. É necesario podervos localizar en caso dunha urxencia. ▪ Reunións de aula do inicio de curso: ao inicio de curso prográmanse reunións nos diferentes niveis educativos. Nestas reunións informaranvos do desenvolvemento xeral do curso, saídas, proxectos. É moi importante a vosa asistencia. Os martes, das 16h ata as 17h as titoras ou especialistas atenderán ás familias para unha entrevista personalizada do alumno/a concertando cita con antelación. ▪ Lembrar que a canle comunicativa correcta é : falar primeiro coa titora, despois coa xefa de Estudos e , de non haber consenso, coa directora

SAÚDE

▪ É necesario que os nenos e nenas veñan almorzados antes de ir á escola. Unha !5


CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2014/15

boa alimentación antes de poñerse a traballar favorece o rendemento nas actividades que desenvolven na clase ao igual que unha boa calidade de descanso. Se algún neno/a é alérxico/a ou ten algún problema de saúde, é necesario comunicalo, á titora e á secretaría do centro con tal de incluílo na súa ficha persoal ou poder tomar as medidas oportunas en beneficio dos cativos e cativas. Cando un alumno/a se poña enfermo(febre, mareo…) avisarase á familia con tal que se fagan cargo.No caso de enfermidade infecciosa (conxuntivite, xarampón, varicela) o alumno non poderá asistir ao centro ata que se recupere. En caso de accidente farase a primeira cura na escola. Se se cre oportuno avisarase á familia. No caso de non localizala e se o accidente se considera grave levarase ao neno ao Centro de Saúde máis próximo ou avisarase ao 112. No caso que detectedes piollos pregamos que o comuniquedes á escola. Se o problema se detecta pola escola comunicaríamos o antes posible para que apliquedes o tratamento correspondente.

Non queremos rematar esta primeira circular informativa sen agradecer, moi especialmente,a todas aquelas persoas que dun xeito desinteresado puxeron unha gran ilusión e interese para mellorar os xardíns da escola e, ás familias que nos axudaron a arranxar o invernadoiro. Parabéns!

!! ! ! ! !

Grazas pola vosa colaboración, dámosvos a benvida a este novo curso escolar e lembrar…”PARA EDUCAR É NECESARIA TODA A TRIBU” (J.M Marina)

Un saúdo

A Directora Montserrat Martínez Cañas Vigo, 10 de setembro de 2014

!6


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.