CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2016/17
NOTICIAS CIRCULAR INFORMATIVA DO INICIO DO CURSO 2016-17 HORARIO DE ATENCIÓN 2.PERSOAL DO-ÁS FAMILIAS
CENTE>
(para unha mellor atención concertar cita previa)
Dirección Luns 9h a 9h50 Mércores 9h a 9h50 Venres 13h10 a 14h
Xef. de Estudos Luns 13h10- 14h Mércores 9h a 9h50 Venres 9h a 9h50
Secretaría Luns, Martes e xoves 9h a 9h50
1
CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2016/17
1. INFORMACIÓN XERAL: ▪ Calendario Escolar. –Períodos de Vacacións: As clases comezan o 12 de Setembro de 2016 e rematan o 23 de Xuño de 2017. PERÍODOS DE VACACIÓNS: NADAL
22 Decembro-6 Xaneiro (inclusive)
ENTROIDO
27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017
SEMANA SANTA
Desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017(inclusive)
Establécese Día do Ensino o 31 de outubro de 2016 Hai un dia non lectivo neste curso escolar pendente de aprobación no Consello Escolar
EQUIPO DIRECTIVO Directora
Montserrat Martínez Cañas
Xefa De Estudos
MªTeresa Fernández Molares
Secretario
Miguel Hervás Pretel EQUIPO DOCENTE EDUCACIÓN INFANTIL Mestra de 3 anos
MªJosé Marín Leiro
Mestra de 4 anos
Patricia Rodríguez Hermelo
Mestra de 5 anos
Laura Bernardo Vila
Mestra apoio en infantil
Montserrat Martínez Cañas
EDUCACIÓN PRIMARIA Mestra de 1º
Pilar Calvo Ferrer
Mestra de 2º
Sali Vaqueiro Angueira
Mestra de 3º
Santiago Castiñeira Cousillas
Mestra de 4º
Celia Varela Barrera
Mestra de 5º
Lucía Gómez González
Mestra de 6º
Aránzazu Bugarín Silva
2
CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2016/17
ESPECIALISTAS ED.FÍSICA
Miguel Hervás Pretel
INGLÉS
Mónica Rodríguez González
MÚSICA
MªTeresa Fernández Molares
RELIXIÓN
Beatriz Pérez Montero
AUDICIÓN E LINGUAXE (mércores a partires das 12h, xoves e venres) PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA ORIENTADOR/A (mércores, xoves e venres)
Paula Rubido Janeiro MªLuisa Coego Vilariño Noelia Pérez Davila
2. NORMAS DE FUNCIONAMENTO E RECOMENDACIÓNS:
ENTRADAS E SAÍDAS O horario escolar do alumnado é de 9h a 14h durante todo o curso escolar. Ás 8h50 abrirase o recinto escolar para facilitar a entrada. Ata a hora en punto de entrada ás aulas as familias responsabilizaranse dos seus fillos/as. Para un bo funcionamento das clases, pregamos respectar o horario establecido de entrada e saída do colexio, insistindo na puntualidade. Para a entrada do alumnado hai unha flexibilidade de 10 minutos máximo, transcorrido este período quedará pechada a porta principal. (Lembrar que eses 10 minutos se considerarán imprevistos e non constarán no arquivo do alumnado como falta de puntualidade, pero aquelas familias que xeralmente chegan tarde, aínda que sexa nesa flexibilidade horaria dos 10 minutos constará no arquivo do alumnado como falta de puntualidade. non xustificada) Para acceder ao recinto deberá tocar o timbre e dirixirse a Secretaría onde deberá xustificar o retraso por escrito. Un membro do Equipo Directivo será o encargado de levar o alumno/a á aula; a familia non poderá acceder á aula unha vez teñan comezado as clases, nin a ningunha outra dependencia pedagóxica. POR MOTIVOS DE SEGURIDADE LEMBRÁMOSLLES QUE: Segundo a Orde da Consellería de Educación do 22 de xullo de 1997 (D.O.G. do 0207-97) "Non se poderá acceder ós espazos didácticos pedagóxicos, incluídos corredores, durante as horas de clase, sen a debida autorización".
3
CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2016/17
Na saída todo o alumnado ten que ser recollido pola súa familia ou persoa na que deleguen agás o alumnado de 5º e 6º de Primaria, sempre que a familia presente, por escrito, ante a Dirección do Centro, a correspondente solicitude de autorización para saír sós do centro. (Esta autorización nada máis é individual; o alumno non estará autorizado a recoller a outro alumno máis pequeno independentemente do seu parentesco.) Esta autorización NON serve para o alumnado de 5º e 6º de EP que fai uso do comedor nin das actividades extraescolares. Para que o alumno poida marchar só deberá contactar coa ANPA do colexio.
RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA ▪ Cambios: É moi importante que calquera cambio de domicilio, situación familiar, teléfono o fagades saber ás titoras e/ou á secretaría con tal de manter actualizado o arquivo de datos. É necesario podervos localizar en caso dunha urxencia. ▪ Reunións de aula do inicio de curso: ao inicio de curso prográmanse reunións nos diferentes niveis educativos. Nestas reunións informaranvos do desenvolvemento xeral do curso, saídas, proxectos. É moi importante a vosa asistencia. (A titora xa vos informará con antelación da data da reunión) Mentres as familias asisten ás reunións, o alumnado NON poderá quedar só nos patios nin no interior do colexio. (Lembrar que hai un servizo de Ludoteca que xestiona a ANPA) Os martes, das 16h ata as 17h as titoras ou especialistas atenderán ás familias para unha entrevista personalizada do alumno/a concertando cita con antelación.
SAÚDE ▪ A todas as familias agradeceríamos a vosa colaboración á hora das merendas. Unha das alumnas de primaria está incluída no programa ALERTA ESCOLAR da Xunta de Galicia por unha alerxia moi grave que padece, Concretamente no tema alimentario é moi perigoso, tanto por contacto corporal coma por inxestión, froitas que teñan oso como KIWI, PEXEGOS, MAZÁ VERMELLA, FROITOS SECOS E ZUMES. É por este motivo que agradeceríamos a sensibilización das familias con este tema e que nas merendas dos seus fillos e fillas substitúan ditas froitas por cítricos, plátanos, peras, mazá golden ou amorodos. Por outra banda tamén agradeceríamos á familia da nena en cuestión que sigan concienciándoa dos perigos que supón para ela a inxesta ou contacto con este tipo de alimentos. 4
CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2016/17
Na etapa de infantil tamén hai alumnado cunhas alerxias a ter presente. As titoras os informarán na reunión inicial de principio de curso para entre todos e todas acordar unhas medidas de seguridade. ▪ Se algún neno/a é alérxico/a ou ten algún problema de saúde, é necesario comunicalo, á titora e á secretaría do centro con tal de incluílo na súa ficha persoal ou poder tomar as medidas oportunas en beneficio dos cativos e cativas. ▪ Cando un alumno/a se poña enfermo(febre, mareo…) avisarase á familia con tal que se fagan cargo.No caso de enfermidade infecciosa (conxuntivite, xarampón, varicela…) o alumno non poderá asistir ao centro ata que se recupere. ▪ En caso de accidente farase a primeira cura na escola. Se se cre oportuno avisarase á familia. No caso de non localizala e se o accidente se considera grave levarase ao neno ao Centro de Saúde máis próximo ou avisarase ao 112. ▪ No caso que detectedes piollos pregamos que o comuniquedes á escola. Se o problema se detecta pola escola avisaremos o antes posible para que apliquedes o tratamento correspondente.
3. LIBROS DE TEXTO E OUTRAS AXUDAS: ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA que se beneficia do Fondo Libros. Agradecemos a vosa colaboración para unha boa conservación dos libros de texto e poder reutilizalos en vindeiros cursos (de continuar vixentes)
AXUDAS ALUMNADO NECESIDADES EDUCATIVAS. O prazo remata o 29/09/2016 ás 14h. Estas axudas nada máis son para o alumno que reúne as condicións establecidas na convocatoria. Para máis información consultar a páxina web do colexio. Para entregar a solicitude cumprimentada mellor pedir cita coa Orientadora. (Lembrar que nada máis estará no colexio os Mércores, xoves e venres) Grazas pola vosa colaboración, dámosvos a benvida a este novo curso escolar. Grazas. Un saúdo
A Directora. Montserrat Martínez Cañas Vigo, 16 de setembro de 2016
5
CEIP ALFONSO D.RODR’IGUEZ CASTELAO DE VIGO CURSO ESCOLAR 2016/17
CALENDARIO DE REUNIÓN INICIAL DE FAMILIAS POR CURSOS
CURSO Infantil 3 ANOS Infantil 4 ANOS Infantil 5 ANOS EP-1º EP-2º EP-3º EP-4º EP-5º EP-6º
DATA Martes, 4 de outubro Xoves, 29 de setembro Xoves, 29 de setembro Martes, 27 de setembro Martes, 27 de setembro Martes, 27 de setembro Martes, 27 de setembro Martes, 11 de outubro Martes, 4 de outubro
HORA 16h 16h 17h 17h 16h 17h 16h 16h 17h
6