Hixiene vocal g

Page 1

CEIP Alfonso Rodríguez Castelao

CONSELLOS DE HIXIENE VOCAL A disfonía é un problema frecuente en nenos, que en moitas ocasións ten como causa un abuso ou mal uso da voz que ocasiona lesións nas cordas vocais. A continuación enuméranse unhas recomendacións que se poden utilizar para evitar a disfonía infantil: 1.

Falar de forma natural e doada, sen berros nin esforzos. Achegarse aos demais para falarlles. Cando a voz normal non é suficiente para chamar a atención, recorrer a outros métodos: xestos, palmadas ou asubíos.

2.

Falar no momento axeitado. Non falar cando outros están a falar, ou cando alguén está a escoitar con auriculares. Procurar gardar quenda para falar. Evitar falar moito en ambientes ruidosos (festas, discusións, etc)

3.

Imitar sen esforzo. Algúns nenos teñen o costume de imitar a voz doutros, o que xera un esforzo vogal excesivo, especialmente cando imitan as voces de adultos, ou sons laringoguturais de animais, monstros, coches, avións... debese evitar abusar destes sons.

4.

Manter a respiración libre. Non falar cando se está a facer exercicio físico.

5.

A tose ou o carraspeo continuo poden lesionar as cordas vocais. Evitalo no posible

6.

Evitar bebidas moi frías ou xeados, especialmente cando vai moita calor.

7.

Evitar a polución, ambientes con po, mofo e olores moi fortes porque irrita a mucosa do tracto respiratorio. Intentar respirar polo nariz para que así o aire se filtre e humedézase.

8.

Falar movendo ben os labios e articulando axeitadamente. Mentres se fala, intentar manter o colo recto, aliñando a cabeza co corpo.

9.

Cando se queira falar baixo hai que diminuír o volume, evitando falar mediante murmurio, porque isto lesiona máis as cordas vocais.

10. Procurar falar pouco cando a voz xa estea rouca.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.