CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO r/ Pedra Seixa, 35 36212 VIGO TEF/FAX 986241585 www.edu.xunta.es/centros/ceipalfonsorodriguezcastelao e-mail: ceip.castelao.vigo@edu.xunta.es
CIRCULAR INFORMATIVA DE ABRIL 2015 O 23 de abril celebramos o Día do libro. Contamos coa colaboración dunha familia de 3 anos que dramatizou o conto de NADARIN para os tres cursos de infantil. Foi toda unha ledicia! Grazas familia. O alumnado de 6º celebrou este día cunha visita a ALENTO e APAMP, onde voluntarios/as desta clase, explicaron o conto de ¿A QUÉ SABE A LÚA? e BAILANDO NAS NUBES. Os compañeiros de APAMP nos emocionaron co conto ELISA NO PAÍS DAS MARABILLAS; despois nos agasallaron cunha edición plástica realizada por eles e coa entrega do video onde explica a súa elaboración. ¡Foi unha experiencia moi enriquecedora tanto para o alumnado coma para o profesorado! O alumnado de 5º de Primaria conmemorou esta data coa lectura de traballos plástico literarios nas aulas de infantil de 4 e 5 anos e na aula de 6º de primaria. O 30 de abril tivemos no noso colexio a visita da escritora FINA CASALDERREY onde nenos/as de 4º de Primaria tivo un encontro literario coa autora. CIRCULAR INFORMATIVA DE MAIO 2015 Prezadas familias: Queremos informarvos das actividades programadas que imos desenvolver este mes. MAIO 2015 DÍA 6 7 11 13
ACTIVIDADE Visita NATURNOVA Visita escritor FRAN ALONSO Remata o prazo das axudas municipais para comedor, libros e material curso 2015-16 Visita escritor ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO CONVIVIUM RÍA DE VIGO-CASTELAO
LUGAR Vigo
DESTINATARIOS/AS Infantil 5 anos
colexio + info secretaría
6º EP Familias
colexio colexio
1º EP Alumnado e profesorado de ambas comunidades educativas Familias de nova incorporación
15
18
18 -22 22
Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para o curso 2015-16 Visita escritor JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO (o alumnado de 5º EP fará unha lectura dramatizada e a presentación dun álbum con traballos sobre o libro traballado) PROXECTA: Semana da Froita Festival das Letras Galegas 2015
Web taboleiro colexio
2º-3º-5º EP
colexio colexio
Infantil e 1º-2º-3º-4º de EP Comunidade Educativa
Continuamos co proxecto CON + CIENCIA onde as clases de infantil e primaria elaboraron “O Corredor da Ciencia” con varias lámpadas onde recollen información dun científico/a e do seu invento ou descubrimento.