Programación 6º e prim curso 2014 15

Page 1

Programacións didácticas 3º ciclo de Educación Primaria

Curso 2.014-15

C.E.I.P. Alfonso D. Rodríguez Castelao Navia. Vigo


INDICE 1.- Introdución e contextualización. 2.- Obxectivos. 2.1 – Obxectivos xerais de etapa. 2.2 – Obxectivos para o 3º ciclo. 2.2.1 – Área de Matemáticas. 2.2.2 – Área de Coñecemento do Medio. 2.2.3 – Área de Lingua Castelá. 2.2.4 – Área de Lingua Galega. 2.2.5 – Área de Educación Plástica. 2.2.6 – Área de Educación para a Cidadanía.. 2.2.7 – Área de Lingua Inglesa. 2.2.8 – Área de Educación Física. 2.2.9 – Área de Educación Musical. 2.2.10 – Área de Relixión. 3.- Contidos. 3.1 – Área de Matemáticas. 3.2 – Área de Coñecemento do Medio. 3.3 – Área de Lingua Castelá. 3.4 – Área de Lingua Galega. 3.5 – Área de Educación Plástica. 3.6 – Área de Educación para a Cidadanía.. 3.7 – Área de Lingua Inglesa. 3.8 – Área de Educación Física. 3.9 – Área de Educación Musical. 3.10 – Área de Relixión. 4.- Criterios de avaliación con referencia ás competencias básicas. 4.1 – Área de Matemáticas. 4.2 – Área de Coñecemento do Medio. 4.3 – Área de Lingua Castelá. 4.4 – Área de Lingua Galega. 4.5 – Área de Educación Plástica. 4.6 – Área de Educación para a Cidadanía.. 4.7– Área de Lingua Inglesa. 4.8 – Área de Educación Física. 4.9 – Área de Educación Musical. 4.10 – Área de Relixión. 5.- Mínimos esixibles para o logro das competencias básicas. 5.1 – Área de Matemáticas. 5.2 – Área de Coñecemento do Medio. 5.3 – Área de Lingua Castelá.

PÁX. 4 8 8 10 10 12 15 17 20 22 24 25 26 30 33 33 40 45 50 55 59 63 67 69 71 74 74 77 80 84 87 87 89 92 93 98 101 101 106 108 2


5.4 – Área de Lingua Galega. 5.5 – Área de Educación Plástica. 5.6 – Área de Educación para a Cidadanía. 5.7 – Área de Lingua Inglesa. 5.8 – Área de Educación Física. 5.9 – Área de Educación Musical. 6.- Procedementos de avaliación. 6.1 – Áreas de Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Castelá, Lingua Galega, Educación Plástica e Educación para a Cidadanía. 6.2 – Área de Lingua Inglesa. 6.3 – Área de Educación Física. 6.4 – Área de Educación Musical. 7.- Directrices e instrumentos para a realización de avaliación inicial. 8.- Criterios de cualificación. 8.1 – Áreas de Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Castelá, Lingua Galega, Educación Plástica e Educación para a Cidadanía. 8.2 – Área de Lingua Inglesa. 8.3 – Área de Educación Física. 8.4 – Área de Educación Musical. 9.- Actividades de recuperación e os reforzos para lograr a dita recuperación. 10.- Metodoloxía didáctica. 11.- Medidas de atención á diversidade. 12.- Adaptacións curriculares. 13.- Programación da educación en valores. 14.- Accións de contribución ao proxecto lector. 15.- Accións de contribución ao plan TIC 16.- Accións de contribución ao plan de convivencia. 17.- Accións de contribución ao proxecto lingüístico. 18.- Materiais e recursos didácticos incluídos os libros de texto. 19.- Actividades complementarias e extraescolares. 20.- Procedementos para avaliar a propia programación.

111 114 117 119 120 125 130 130 134 135 137 139 140 140 143 144 145 146 148 156 161 162 165 173 176 178 179 183 185

3


1.- INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.

Toda programación didáctica é un instrumento de planificación, desenvolvemento e avaliación de cada unha das áreas do currículo, na que se concretan os obxectivos, as competencias básicas, os contidos, os diferentes elementos que componen a metodoloxía, os criterios e procedementos de avaliación, a atención á diversidade etc., así como os concernentes ao plan lector e ao plan das tecnoloxías da información e da comunicación, no caso que nos ocupa, para o 3º Ciclo de Educación Primaria.

As programacións didácticas intégranse na Programación xeral anual, de acordo co disposto no artigo 125 da Lei Orgánica 2/2006 e desenvolverán o currículo establecido para a Educación Primaria no Decreto 130/2007, de 28 de xunio, polo que se establece e ordena o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Como sabemos, unha programación deberá orientarse a planificar, de forma coherente e axeitada, as actividades que serán levadas a cabo durante o proceso de ensino – aprendizaxe para que @s nen@s sexan capaces de aprender a aprender e, así, posúan autonomía e iniciativa persoal na vida. Toda alternativa de programación precisará seguir o principio de racionalización do esforzo e do traballo, e estar orientada á práctica. Para realizar un ensino axeitado tomamos como referencia o “Proxecto Educativo” e o “Proxecto Curricular de Centro”, así como as actuais leis: -Lei Orgánica de Educación 2/2006, do 3 de maio. -Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na Comunidade Autònoma de Galicia.

4


-Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. -Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o regulamento orgánico das escolas de Educación infantil e os colexios de Educación Primaria. -0rde do 22 de xullo de 1997 (Cap. II). -Anexo IV do Decreto 130/2007 (DOG do 9 de xullo). A programación terá un carácter aberto e flexible, para así afrontar as dificultades que poidan presentarse nas aulas. Trátase de contribuír ao desenvolvemento integral d@s nos@s alumn@s, a conquerir as competencias básicas, a desenvolver un axeitado grao de madurez e a estimula-la súa socialización, nun intento de que @s alumn@s realicen aprendizaxes funcionais e significativas, sen esquece-la atención á propia diversidade.

O C.E.I.P.”Alfonso D. Rodríguez Castelao”, de titularidade pública, está situado na parroquia de Navia, pertencente ao Concello de VIGO, na zona oeste da cidade e nas cercanías da ría do mesmo nome. A extensión aproximada da parroquia é de 200 Ha, presentando estruturas semirrurais influenciadas pola gran urbe da que fai parte. O colexio, ubícase en “Pedra Seixa”, antiga zona rural na que se está a desenvolver un proxecto urbanístico que ven transformando tanto o espazo físico como o carácter do lugar, desenvolvemento que incide directamente sobre o centro , xa que nos derradeiros cursos obsérvase un considerable incremento nas solicitudes de matrícula. A meirande parte d@s alumn@s do 3º Ciclo de Educación Primaria pertencen a familias de clase media que teñen un bo concepto do colexio e colaboran abertamente co mesmo, tanto no referente á educación d@s

5


seus fill@s coma no desenvolvemento das actividades complementarias organizadas polo centro. A lingua empregada polo alumnado, na súa maioría, é o castelán. O uso do galego e do castelán no entorno familiar e na comunidade educativa atópase recollido no Proxecto Lingüístico do Centro. O idioma estranxeiro que se está impartindo é o inglés. O horario de titorías adicado ás familias é de 16 a 17 horas, os martes pola tarde, aínda que é flexible a atención noutro horario previa solicitude ao titor/-a.

PROFESORADO integrante do 3º CICLO de Educación Primaria: Unha titora que imparte as materias seguintes: Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Coñecemento do Medio, Educación Plástica, Atención Educativa e Educación para a Cidadanía. Especialista en Idioma (inglés) Especialista en Educación Musical Especialista en Educación Física Especialista en Pedagoxía Terapéutica. Especialista en Audición e Linguaxe Profesora de Relixión Católica. Na Hora de Ler, titora e tres profesoras máis.

No 3º ciclo contamos con 22 alumn@s matriculados. En 6º nivel temos 22 alumn@s, ninghún de nova matrícula. Deles, un alumno que ten cualificación IN na área de Coñecemento do Medio do

6


segundo ciclo e outro alumno con cualificacións IN en Lingua Castelá e Lingua Estranxeira (Inglés) do mesmo ciclo. Faise un desdobre semanal para traballar Contidos curriculares a través das TICs.

O centro de ensino secundario ao que se encontra adscrito o colexio é o “I.E.S. Álvaro Cunqueiro”.

7


2.- OBXECTIVOS. 2.1 – Obxectivos xerais de etapa. Os obxectivos establecen as capacidades que os alumnos e as alumnas deben conseguir ao finalizar o proceso educativo, refiríndose, como mínimo, a cinco grandes tipos de capacidades humanas: cognitivas ou intelectuais, psicomotrices, afectivas, de relación interpersoal e de actuación e inserción social. Para a súa mellor organización, administración, definición e axuste á realidade educativa, están estruturados en diferentes niveis, desde os máis xerais (etapas, ciclos e áreas) aos máis específicos (terminais ou didácticos). Secuenciamos por ciclos os obxectivos da etapa polas seguintes razóns: adaptalos ás características evolutivo-madurativas específicas do alumnado e facilitar así a súa adquisición; telos presentes no momento de organizar e secuenciar os contidos, e como indicadores á hora de establecer os criterios de avaliación final de cada ciclo, marcando os niveis que deben alcanzar os alumnos, e facilitar a coordinación e orientación do profesorado con referencias concretas sobre as necesidades do alumnado. Os obxectivos de ciclo propostos expresan as capacidades que deberán adquirir os alumnos e as alumnas ao final da etapa, e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas. A Educación Primaria contribuirá a desenvolver nos alumnos e alumnas as capacidades que lles permitan: a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe. c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lle permitan desenvolverse con autonomía no 8


ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais con que se relaciona. d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e de mulleres e a non-discriminación de persoas con discapacidade. e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura. f ) Adquirir en, polo menos, unha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que lle permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás. g) Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo, coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser capaz de aplicalos a situacións da súa vida cotiá. h) Coñecer e valorar o seu contorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e de coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia. Coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galegas. i ) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que recibe e elabora. l ) Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais. m) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar e aprender a coidar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social. n ) Coñecer e valorar a flora e a fauna, en especial a presente na Comunidade Autónoma de Galicia, e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado. ñ) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, o valor da corresponsabilidade no traballo doméstico e no coidado das outras

9


persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas. o) Fomentar a educación vial e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.

2.2 – Obxectivos para o 3º ciclo. 2.2.1 – Área de Matemáticas. -

Valorar la necesidad e importancia de las matemáticas en la vida cotidiana.

-

Mostrar interés y perseverancia en la búsqueda de soluciones a situaciones problemáticas y apreciar lo que tienen de positivo los errores cometidos.

- Manifestar creatividad en la exploración de distintas alternativas en la resolución de problemas cada vez más complejos. - Disfrutar con las diferentes posibilidades de representación de datos de forma numérica y gráfica. - Recoñecer situacións que poidan ser resoltas coa axuda de códigos, números naturais, fraccións e números decimais. - Resolver situacións cun tratamento que requira máis de dúas operacións elementais de cálculo, utilizando os algoritmos correspondentes e interpretando o resultado. - Detectar e resolver problemas do contorno cotián, mediante operacións de xeometría e de lóxica. - Valorar a necesidade e importancia das matemáticas na vida cotiá. -

Empregar o coñecemento matemático para comprender, valorar e producir informacións e mensaxes sobre feitos e situacións da vida cotiá.

- Mostrar sensibilidade e gusto polo rigor e a precisión na realización de cálculos cada vez máis complexos e pola representación ordenada e clara do proceso e dos resultados. 10


-

Manifestar satisfacción polo progreso dos seus coñecementos matemáticos.

-

Afrontar con autonomía situacións problemáticas cada vez máis complexas, sen abandonar as tarefas ata telas concluído.

- Comparar cantidades cada vez máis complexas, tanto estimando coma contando, e expresar o resultado. -

Efectuar operacións de cálculo mental cada vez máis complexas mostrando confianza nas propias capacidades.

- Elaborar e utilizar estratexias persoais de estimación, aproximación e cálculo mental, e de orientación espacial para a resolución de problemas sinxelos a partir do seu coñecemento dos números e das operacións. - Utilizar os medios tecnolóxicos para o cálculo de medidas de lonxitude, capacidade, masa e tempo, os seus múltiplos e divisores. -

Explorar e utilizar instrumentos de cálculo (calculadora de catro operacións), analizando a súa adecuación, vantaxes e inconvenientes, e revisando os resultados.

- Explorar e utilizar instrumentos de medida (regra graduada, compás, unidades de lonxitude, capacidade e masa, reloxo, etc.), decidindo sobre a pertinencia e vantaxes que implica o seu uso e revisando os resultados. -

Recoñecer no contorno obxectos e espazos con diferentes formas xeométricas e expresalo con claridade e precisión.

-

Comprender mellor o propio contorno e desenvolver novas posibilidades de acción sobre este, utilizando os seus coñecementos sobre as formas xeométricas, as súas propiedades e tamaños, describindo apropiadamente posicións e traxectorias de obxectos no espazo.

- Definir de forma precisa a propia situación e a dos obxectos utilizando diferentes puntos de vista e sistemas de referencia apropiados. - Construír e interpretar esbozos, planos, mapas e maquetas recoñecendo neles elementos importantes e percorridos. 11


- Utilizar técnicas de recollida de datos da realidade cotiá, organizando os resultados en táboas e gráficos. -

Observar e tomar datos sobre feitos, fenómenos e situacións da realidade cotiá para clasificalos e cuantificalos, formándose xuízos sobre eles en función da súa probabilidade e plausibilidade, e representándoos gráfica e numericamente.

- Representar datos mediante diagramas de barras e interpretar táboas e gráficas similares contextualizadas.

2.2.2 – Área de Coñecemento do Medio. - Aplicar na vida cotiá os hábitos de saúde e coidado corporal que se derivan do coñecemento do corpo humano e das súas posibilidades e limitacións. - Procurar que os hábitos de saúde e o coidado corporal sirvan de satisfacción persoal e de exemplo aos demais. -

Amosar unha actitude de aceptación e respecto cara a todas as diferenzas individuais (idade, sexo, características físicas e psíquicas, etc.).

- Identificar os principais elementos do seu contorno natural, analizando as súas características máis relevantes. - Situar e representar espacialmente os elementos máis significativos de Galicia e de España, establecendo semellanzas e diferenzas entre as distintas comunidades e valorando a diversidade e riqueza do conxunto. - Desenvolver unha actitude de encontro, coñecemento e respecto entre todas as comunidades de España, as súas culturas e tradicións. -

Recoñecer e apreciar a súa pertenza a uns grupos sociais con características e trazos propios, promover un sentimento de pertenza a unha comunidade nacional (Galicia), a un estado histórico (España) e a unha cultura universal, respectando e valorando as diferenzas con 12


outros grupos sociais e rexeitando calquera clase de discriminación baseada nestes feitos - Desenvolver unha actitude de respecto e valoración das achegas propias e dos demais. - Desenvolver actitudes que contribúan activamente á conservación e mellora do medio ambiente e do patrimonio cultural. - Valorar a entrega daquelas persoas que se dedican de forma altruísta ao coidado e mellora do patrimonio natural e cultural. - Recoñecer e apreciar á súa pertenza a uns grupos sociais determinados (Galicia, Estado Español, Unión Europea), con características e trazos propios (normas de comportamento, valores, lingua, cultura, etc.). - Desenvolver unha actitude de respecto cara ás características e trazos propios doutros grupos valorando as diferenzas e rexeitando calquera tipo de discriminación. -

Propiciar o encontro con persoas de grupos diferentes, para o coñecemento e o intercambio de opinións respecto a gustos, afeccións, etc.

-

Identificar, cuestionarse e resolver problemas relacionados cos elementos máis significativos do seu contorno natural e social, empregando estratexias cada vez máis sistemáticas e complexas de busca, recollida, análise, almacenamento e tratamento da información, de formulación de hipóteses, de posta a proba destas, de extracción de conclusións e de proposta doutras alternativas.

- Practicar as calidades básicas do pensamento científico: obxectividade, reflexión, planificación, rigor, causalidade, etc. -

Desenvolver actitudes de valoración positiva dos traballos ben planificados, executados e avaliados, propios e alleos.

-

Comprender, expresar e representar mediante diferentes códigos (cartográficos, numéricos, gráficos, técnicos, etc.) sucesos ideas e situacións do seu contorno social, natural e cultural. 13


- Observar e apreciar o valor de diferentes elementos (cartográficos, numéricos, gráficos, técnicos; museos, bibliotecas, arquivos, etc.) do legado histórico social, natural e cultural de Galicia e de España, que representan os feitos, conceptos, procedementos e actitudes. -

Desenvolver unha actitude comunicativa e crítica na realización, valoración, exposición e presentación dos traballos realizados aplicando criterios propios de autoavaliación e analizando a súa importancia, práctica, lúdica e formativa.

- Participar en actividades de grupo de modo construtivo, responsable e solidario, respectando os principios básicos establecidos (quendas de palabra, atención nas intervencións, achega de ideas e consideración das decisións e acordos tomados). - Desenvolver unha actitude de respecto e valoración das achegas propias e dos demais. - Analizar o impacto dalgunhas actividades humanas no contorno natural e social (paisaxe urbana, paisaxe agrícola, alteración do curso dos ríos, depósitos de lixo, contaminación, etc.) distinguindo nelas as accións positivas e as negativas. -

Adoptar actitudes que contribúan activamente á conservación do ambiente e do patrimonio natural.

- Valorar a entrega daquelas persoas que se dedican, de forma altruísta, ao coidado e mellora do patrimonio cultural e natural. - Recoñecer o impacto dos cambios e transformacións provocados polo paso do tempo en Galicia, España e Europa. - Analizar as relacións de simultaneidade, sucesión e causalidade nos cambios sociais das distintas etapas históricas. -

Adoptar unha actitude de respecto polo legado histórico, social e cultural que recibimos.

14


- Deseñar, construír e avaliar dispositivos e aparellos cun fin determinado, empregando o coñecemento das propiedades elementais dos materiais, substancias e obxectos que se van empregar. - Analizar e enumerar as propiedades dos materiais, as substancias e os obxectos que se van empregar. - Desenvolver actitudes de respecto as normas de coidado, hixiene e seguridade na realización dos traballos e na manipulación das substancias e os aparellos. - Recoñecemento das aplicacións dos obxectos e das máquinas, e da súa utilidade para facilitar a realización de determinadas actividades humanas. - Identificar algúns obxectos e recursos tecnolóxicos significativos do contorno e sinalar a súa contribución para satisfacer determinadas necesidades humanas, valorando a súa orientación cara a usos pacíficos e para unha mellor calidade de vida. - Comprender e valorar a súa utilidade na vida do home e da comunidade. -

Desenvolver actitudes de aprecio e respecto cara aos obcectos e recursos tecnolóxicos que se aplican na vida cotiá e que contribúen á mellora da calidade de vida.

-

Valorar as aportacións tecnolóxicas desde unha perspectiva ética, distinguindo entre aportacións beneficiosas e prexudiciais.

2.2.3 – Área de Lingua Castelá. - Comprender discursos orais e escritos axeitadamente, tendo en cota as características dos diferentes contextos. - Expresarse oralmente e por escrito axeitadamente, tendo en conta as características das diferentes situacións de comunicación. - Utilizar de forma adecuada os aspectos normativos da lingua. - Utilizar un léxico adecuado e potenciar o uso creativo da lingua. 15


- Expresar con claridade, ordenada e coherentemente: vivencias, ideas, observacións, sentimentos, etc. - Elixir as formas de comprensión e expresión axeitadas ás diferentes situacións e intencións comunicativas. - Valorar e aceptar as achegas propias e os dos demais, respectando as normas do intercambio comunicativo. - Buscar, recoller e procesar información mediante o emprego eficaz da lingua. -

Coñecer a estrutura dos textos propios do ámbito académico (cuestionarios, resumos, informes, descricións, explicacións…), e aplicar estes coñecementos á comprensión e produción de textos para comunicar coñecementos, experiencias e necesidades.

- Producir textos escritos propios da vida social da aula, como modo de comunicar coñecementos, experiencias e necesidades (normas, notas, cartas, avisos, solicitudes…) de acordo coas características propias destes xéneros. -

Comprender textos do ámbito escolar, producidos con finalidade didáctica ou de uso social (folletos, descricións, instrucións e explicacións), para aprender e para informarse, comparando, clasificando, identificando e interpretando os coñecementos e as informacións para ampliar as aprendizaxes.

-

Utilizar, de maneira dirixida, as tecnoloxías da información e da comunicación e os diferentes tipos de bibliotecas (de aula e de centro), amosando respecto polas súas normas de funcionamento, coa finalidade de obter información e modelos para a composición escrita.

- Compoñer textos de información e de opinión propios dos medios de comunicación social sobre acontecementos que resulten significativos, con especial incidencia na noticia e nas cartas ao director, utilizando soportes do ámbito escolar e algúns medios de prensa local.

16


-

Usar as bibliotecas da aula e do centro e os seus diferentes departamentos con autonomía suficiente, comprendendo como se organiza, e colaborando no seu coidado e avance.

- Desenvolver o hábito e o gusto pola lectura, dedicándolle parte do tempo libre dispoñible. - Ler en voz alta e en silencio e utilizar a lectura como medio de diversión e de aprendizaxe. - Desenvolver o gusto literario e a capacidade estética, de maneira que facilite a comprensión e expresión de ideas e sentimentos. - Explorar e aplicar as posibilidades expresivas básicas da lingua oral e escrita, adquirindo seguridade nas propias habilidades comunicativas e usos persoais da linguaxe. - Compoñer por escrito, de forma cada vez máis complexa, ordenada e coherente, ideas, vivencias, sentimentos, feitos reais e fantásticos, tanto en prosa como en verso. - Escribir e falar de forma axeitada e correcta utilizando os coñecementos adquiridos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico. - Comprender mensaxes orais e escritas e outras realizadas con signos de diferentes códigos, en diferentes contextos. -

Analizar o valor da lingua como instrumento de transmisión de diferentes valores.

- Rexeitar os usos discriminatorios no emprego da lingua oral e escrita. - Utilizar a lingua para destacar os valores das diferentes culturas do ámbito.

2.2.4 – Área de Lingua Galega. - Comprender discursos orais e escritos axeitadamente, tendo en conta as características dos diferentes contextos. 17


- Expresarse oralmente e por escrito axeitadamente, tendo en conta as características das diferentes situacións de comunicación. - Utilizar de forma axeitada os aspectos normativos da lingua. - Utilizar un léxico axeitado e potenciar o uso creativo da lingua. - Expresar con claridade, ordenada e coherentemente: vivencias, ideas, observacións, sentimentos, etc. - Elixir as formas de comprensión e expresión axeitadas ás diferentes situacións e intencións comunicativas. - Valorar e aceptar as contribucións propias e as dos demais, respectando as normas do intercambio comunicativo. - Buscar, recoller e procesar información mediante o emprego eficaz da lingua. -

Coñecer a estrutura dos textos propios do ámbito académico (cuestionarios, resumos, informes, descricións, explicacións…), e aplicar estes coñecementos á comprensión e produción de textos para comunicar coñecementos

- Producir textos escritos propios da vida social da aula, como modo de comunicar coñecementos, experiencias e necesidades (normas, notas, cartas, avisos, solicitudes…) de acordo coas características propias destes xéneros. -

Comprender textos do ámbito escolar, producidos con finalidade didáctica ou de uso social (folletos, descricións, instrucións e explicacións), para aprender e para informarse, comparando, clasificando, identificando e interpretando os coñecementos e as informacións para ampliar as aprendizaxes.

-

Utilizar, de maneira dirixida, as tecnoloxías da información e da comunicación e os diferentes tipos de bibliotecas (de aula e de centro), amosando respecto polas súas normas de funcionamento, coa finalidade de obter información e modelos para a composición escrita.

18


- Compoñer textos de información e de opinión propios dos medios de comunicación social sobre acontecementos que resulten significativos, con especial incidencia na noticia, utilizando soportes do ámbito escolar e algúns medios de prensa local. -

Usar as bibliotecas da aula e do centro e os seus diferentes departamentos con autonomía suficiente, comprendendo

- Apreciar a lectura como canle para a aprendizaxe do léxico, da ortografía e, en xeral, para a mellora da súa competencia lingüística. - Valorar a lectura como fonte de lecer, goce, diversión e aventura. - Utilizar a lectura como un medio de acceso a outras culturas e formas de vida distintas. - Desenvolver o gusto literario e a capacidade estética, de maneira que facilite a comprensión e expresión de ideas e sentimentos. - Explorar e aplicar as posibilidades expresivas básicas da lingua oral e escrita, adquirindo seguridade nas propias habilidades comunicativas e usos persoais da linguaxe. - Compoñer por escrito, de forma cada vez máis complexa, ordenada e coherente, ideas, vivencias, sentimentos, feitos reais e fantásticos, tanto en prosa coma en verso. - Valorar e estimar a lingua de Galicia, facendo uso dela con normalidade en todas as situacións de comunicación. - Respectar aqueles interlocutores que usen unha lingua diferente. - Escribir e falar de forma axeitada e correcta utilizando os coñecementos adquiridos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico. - Comprender textos orais e escritos e outros realizados con signos de diferentes códigos, en diferentes contextos. -

Analizar o valor da lingua como instrumento de transmisión de diferentes valores.

- Rexeitar os usos discriminatorios no emprego da lingua oral e escrita. 19


- Utilizar a lingua para destacar os valores das diferentes culturas.

2.2.5 – Área de Educación Plástica. - Aprender a valorar creacións artísticas con sentido estético. - Desenvolver o xuízo crítico e posicionamento pluralista na aproximación ás obras artísticas e aos seus creadores. - Coñecer as posibilidades do son, a imaxe, o xesto e o movemento para expresar ideas, sentimentos ou vivencias. - Analizar imaxes en función dos sentimentos que transmiten. - Expresar con xestos e movementos ideas e sentimentos, tanto individual como colectivamente, en situacións de comunicación e de xogo. - Ter confianza nas propias realizacións artísticas e gozar co proceso creativo. -

Explorar e utilizar materiais plásticos diversos coñecendo as súas propiedades.

- Coñecer as posibilidades de utilización de diferentes materiais con fins comunicativos, lúdicos e creativos. -

Coñecer as calidades (tamaño, forma, cor, peso, textura, etc.) de materiais e obxectos manipulables presentes no ámbito, como resultado dunha exploración multisensorial e lúdica.

- Seleccionar aquelas características que se consideren máis útiles e axeitadas para o desenvolvemento das actividades artísticas expresivas. - Observar, analizar e aplicar as características artísticas significativas que nos ofrece a realidade cotiá, representándoas de forma autónoma, espontánea e creativa. - Aplicar os coñecementos sobre as características visuais, plásticas e de relación espacial de situacións e obxectos do ámbito, para mellorar a actividade expresiva e de comunicación icónica. 20


- Expresar libremente ideas e sentimentos a través da elaboración de obras artísticas creativas. -

Ter confianza nas elaboracións artísticas propias apreciando a súa contribución ao goce e ao benestar persoal.

- Gozar creando obras artísticas propias. - Valorar a experiencia e a percepción da vida que os creadores proxectan nas súas obras. - Coñecer os medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación nos que se utilizan a imaxe e o son. - Coñecer os contextos nos que operan a imaxe e o son nos medios de comunicación. - Desenvolver a capacidade crítica respecto á expresión e á estética dos medios de comunicación que utilizan a imaxe e o son. - Aplicar os coñecementos artísticos á observación das características máis significativas dos medios de comunicación como receptores de imaxes e son. - Disfrutar de las obras de arte que ofrecen el entorno y Galicia. - Conocer los elementos más destacados del patrimonio cultural. - Conocer las costumbres populares a través de las canciones y danzas tradicionales gallegas. - Demostrar sensibilidad y gusto por lo bello y lo creativo. - Gozar das obras de arte que ofrece o patrimonio cultural doutros pobos. - Valorar o enriquecemento que supón o intercambio con persoas de diferentes culturas que comparten un mesmo medio. - Expresar libremente ideas e sentimentos a través da elaboración de obras artísticas creativas. -

Ter confianza nas elaboracións artísticas propias apreciando a súa contribución ao goce e ao benestar persoal. 21


-

Realizar producións artísticas colectivas, sendo conscientes da complementariedade dos diferentes papeis nunha obra común.

- Valorar e respectar as achegas dos demais na produción dunha obra artística común. - Representar colectivamente diferentes papeis e situacións da vida cotiá e do mundo da fantasía e do xogo utilizando os recursos expresivos do corpo. - Recoñecer e aceptar con naturalidade as capacidades e limitacións propias e os dos compañeiros, tomando conciencia da importancia do esforzo individual e colectivo. - Coñecer algunhas das profesións dos ámbitos artísticos, interesándose polas características do traballo das artistas e dos artistas e desfrutando como público na observación e recreación das súas propias producións.. - Propoñer intervencións artísticas que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas. - Analizar que espazos esteticamente agradables están presentes no medio próximo.

2.2.6 – Área de Educación para a Cidadanía.. - Identificar e aceptar a propia identidade e desenvolver a confianza nun mesmo, a afectividade e a autonomía persoal na vida cotiá, nas relacións de cada alumna ou alumno coas demais persoas e como integrante dos grupos sociais en que participa. - Amosar actitudes contrarias á violencia, aos estereotipos (de xénero, lingüísticos, relixiosos, culturais, físicos...) e aos prexuízos, sendo quen de defender os propios puntos de vista mediante o diálogo e a argumentación. - Desenvolver e facer uso de habilidades emocionais, comunicativas e sociais para actuar con progresiva seguridade e autonomía na vida cotiá e para participar activamente nas relacións de grupo, amosando 22


actitudes comprensivas, cooperativas, xenerosas e construtivas e sendo quen de autorregular emocións e condutas. - Coñecer e apreciar os valores e normas de convivencia, obrar de acordo con elas asumíndoas como propias e participar activamente na elaboración das normas do centro educativo (da aula, relativas ao uso de instalacións e materiais, nos regulamentos de actividades, etc.). - Utilizar estratexias de resolución pacífica dos conflitos desde o diálogo e a mediación. - Recoñecer e valorar a diversidade (de xénero, física, cultural, lingüística, étnica, relixiosa, etc.) como feito enriquecedor, valorar a contribución de cada quen ao enriquecemento dun grupo, amosar respecto polos costumes e modos de vida de persoas e de poboacións distintas á propia e esforzarse por contribuír á mellora das relacións, interesándose por compartir espazos, tempos, actividades, materiais, experiencias, etc. - Coñecer, asumir e valorar os dereitos e deberes que como neno ou nena lle corresponden ao alumnado e os que lle corresponderán como persoa adulta, manexar os documentos onde están recollidos e interesarse polas iniciativas que os defenden, participando, no caso de existir a posibilidade, nalgunha delas. -

Coñecer os mecanismos fundamentais de funcionamento das sociedades democráticas, fundamentalmente nos ámbitos máis próximos á realidade do alumnado, valorar o papel das administracións na garantía dos servizos públicos e a obriga dos cidadáns e das cidadás de contribuír ao seu mantemento mediante a asunción dos seus deberes e compromisos sociais.

- Fomentar iniciativas de participación democrática e responsable no propio centro, asumindo os papeis que correspondan en función da situación e participando, tamén activamente, en actividades fóra do centro. - Identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, de inxustiza e de discriminación, na vida cotiá do alumnado e noutras realidades e amosar sensibilidade polas necesidades das persoas e dos grupos máis 23


desfavorecidos, desenvolvendo comportamentos solidarios e favorecedores da convivencia e participando, na medida das súas posibilidades, en iniciativas que buscan cambiar estas situacións. - Ser quen de analizar a situación do medio natural no contorno próximo, tomar conciencia da situación a niveis máis amplos, recoñecer a incidencia das propias accións no seu coidado ou na súa deterioración, desenvolver actitudes comprometidas para a súa conservación e mellora e asumir comportamentos (vida saudable, consumo responsable, seguridade...) que contribúan á sustentabilidade.

2.2.7 – Área de Lingua Inglesa. 1. - Escoitar e comprender mensaxes en interaccións verbais variadas, utilizando as informacións transmitidas para a realización de tarefas concretas relacionadas coa súa experiencia. 2. - Expresarse e interactuar oralmente en situacións sinxelas e habituais que teñan un contido coñecido, utilizando procedementos verbais e non verbais e adoptando unha actitude respectuosa e de colaboración. 3. - Escribir textos diversos con finalidades variadas sobre temas previamente tratados na aula, e coa axuda de modelos. 4. - Ler de forma comprensiva textos diversos, relacionados coas súas experiencias e intereses, extraendo información xeral e específica de acordo cunha finalidade previa. 5. - Aprender a utilizar con progresiva autonomía todos os medios ao seu alcance, incluída as novas tecnoloxías, para obter información e para comunicarse na lingua estranxeira. 6. - Valorar a lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencia e culturas diversas, e como ferramenta de aprendizaxe de distintos contidos. 7. - Manifestar unha actitude receptiva e de confianza na propia capacidade de aprendizaxe e de uso da lingua estranxeira. 24


8. - Utilizar os coñecementos e as experiencias previas con outras linguas para unha adquisición máis rápida, eficaz e autónoma da lingua estranxeira. 9. - Identificar aspectos fonéticos, de ritmo, acentuación e ton, así como estruturas lingüísticas e aspectos léxicos da lingua estranxeira e usalos como elementos básicos da comunicación. 10. - Utilizar procedementos verbais e non verbais para comunicarse en situacións concretas. 11. - Identificar e reproducir aspectos do ton, o ritmo, a pronunciación e a acentuación característicos da lingua estranxeira. .

2.2.8 – Área de Educación Física. 1. Identificar as principais características e funcións do esqueleto humano e dos principais músculos das extremidades. 2. Recoñecer os beneficios que o exercicio físico supón para o organismo e analizar as condutas saudables e prexudiciais para a saúde. 3. Valorar os beneficios do quecemento para evitar algunhas das lesións máis frecuentes na práctica deportiva e a necesidade do entrenamento para mellorar o rendemento individual. 4. Coñecer a técnica e a táctica básicas de diferentes deportes habituais na escola para iniciarse no seu perfeccionamento. 5. Analizar e diferenciar as calidades e capacidades físicas que condicionan o noso rendemento motor, mostrando unha actitude tolerante e respectuosa cara ás diferenzas e limitacións de un mesmo e dos demais. 6. Aplicar as normas básicas de actuación ante diversas lesións e accidentes que se poden presentar no desenvolvemento d as actividades físicas. 7. Apreciar a importancia e relevancia dos Xogos Olímpicos, interiorizar e pór en práctica os valores deportivos, culturais e sociais que proclaman. 8. Recoñecer a importancia da expresión corporal como medio de comunicación de ideas, sentimentos e estados de ánimo. 9. Valorar os xogos tradicionais como unha actividade física que permite a vinculación coa cultura á que se pertence. 10. Descubrir as posibilidades que ofrecen os xogos de orientación e iniciarse no uso correcto dos materiais e instrumentos habituais neste tipo de prácticas deportivas. 11. Coñecer a orixe e a historia dalgúns dos deportes colectivos de maior difusión social, así como as súas principais características e regras de 25


xogo. 12. Descubrir as posibilidades das novas tecnoloxías da información e dos medios de comunicación para a procura, consulta e análise de datos. 2.2.9 – Área de Educación Musical. 1. Utilizar os distintos elementos da linguaxe musical para expresar ideas, sentimentos e emocións dunha forma creativa e divertida. 2. Explorar e procesar informacións sobre manifestacións artísticas do patrimonio cultural propio e doutras culturas, de acontecementos, creadoras e creadores e outras persoas relacionadas ca música. 3. Recoñecer músicas do medio social e cultural propio e doutras épocas e culturas. 4. Axustar a propia acción á das outras persoas do grupo na interpretación de pezas musicais e de danzas. 5. Usar e coñecer a función das novas tecnoloxías da información e da comunicación para a creación de producións musicais sinxelas. 6. Identificar manifestacións musicais propias de Galicia. 7. Ler, escribir, facer ditados rítmicos ou melódicos co fin de recoñecer algúns elementos da linguaxe musical convencional e non convencional. 8. Aplicar as vivencias e experiencias cos parámetros do son na realización de variacións sonoras en situacións de improvisación e xogo. 9. Crear a necesidade de comunicarse a través de mensaxes escritas. 10.Identificar esquemas rítmicos e melódico–rítmicos entre varios escoitados. 11.Interpretar esquemas rítmicos coas figuras musicais traballadas. 12.Recoñecer

os

diferentes

elementos

da

linguaxe

musical 26


convencional

e

non

convencional

e

reproducilos

oral

e

graficamente. 13.Practicar a interpretación e representación dos sons musicais en linguaxe non convencional. 14.Identificar o silencio como elemento privilexiado para a súa relación cos demais, especialmente nas actividades musicais de grupo. 15.Percibir os sons como resultado de diferentes fontes sonoras. 16.Gozar coa produción de sons tanto dos instrumentos corporais como dos instrumentos de pequena percusión. 17.Gozar da actividade instrumental en grupo, valorando as achegas individuais propias e alleas. 18.Utilizar os instrumentos habituais en clase para o acompañamento de cancións. 19.Experimentar as posibilidades expresivas e estéticas de diferentes materiais, aparellos, obxectos e técnicas musicais na realización de producións propias. 20.Recoñecer e clasificar os instrumentos escolares en familias. 21.Acompañar cancións e textos con xestos e movementos rítmicos. 22.Acompañar cancións e recitados con instrumentos de percusión de altura indeterminada. 23.Reforzar a práctica con instrumentos corporais de sinxelos exercicios rítmicos e acompañamento de cancións e recitados. 24.Acompañar as cancións con xestos, movementos (desprazamentos, rotacións, elevacións…) ou exercicios rítmicos de instrumentación corporal. 25.Improvisar ou interpretar individual ou colectivamente coa voz ou con instrumentos musicais cancións e fragmentos rítmicos e 27


melódicos con e sen texto. 26.Recitar estrofas con esquemas rítmicos propostos. 27.Coñecer

e

practicar

diferentes

exercicios

de

respiración,

vocalización e pulsación. 28.Interpretar cancións adaptadas á súa tesitura, de xeito colectivo acompañadas de xestos e movementos. 29.Participar en actividades individuais e de grupo: canto, expresión instrumental e movemento. 30.Gozar coa escoita, manipulación, experimentación e reprodución de sons do contorno. 31.Desenvolver a percepción auditiva e gozar coa audición de fragmentos musicais asociados a narracións infantís. 32.Adquirir o hábito da audición musical. 33.Ser quen de gozar coas manifestacións musicais do medio socio cultural da nosa comunidade. 34.Desenvolver o gusto pola música clásica. 35.Participar activamente na audición de narracións musicais a través da percusión, o mimo, o movemento rítmico, a dramatización e o xogo. 36.Mostrar interese para conseguir precisión e harmonía no movemento. 37.Identificar as diferentes posibilidades do son, a imaxe, o xesto e o movemento como elementos de expresión e comunicación cos demais. 38.Montar e bailar danzas. 39.Reforzar o coñecemento do esquema corporal e da lateralidade. 40.Descubrir as posibilidades do movemento do propio corpo a través 28


do baile libre e a través da danza escolar. 41.Explorar as posibilidades e recursos expresivos do propio corpo, utilizando o xesto e o movemento para a expresión, a representación e a comunicación. 42.Desenvolver a percepción espacial a través de sinxelas coreografías. 43.Empregar os recursos expresivos do corpo (voz, percusión, mimo, movemento rítmico, dramatización) para a realización de sinxelas coreografías adaptadas da cancións infantís populares da nosa comunidade e doutras culturas. 44.Coordinar diversos recursos expresivos na interpretación vocal, instrumental e corporal: vocalización, ritmo, percusión, movemento rítmico e danza. 45.Expresar sentimentos, ideas, sensacións e vivencias musicais persoais, a través da voz, do corpo e dos instrumentos. 46.Facer experimentos no contorno que nos rodea relativos aos feitos musicais e propoñer posibles avances. 47.Explorar o medio próximo ao centro no que traballamos identificando os elementos plásticos, visuais, musicais e dramáticos que haxa. 48.Valorar o papel da música nos medios de comunicación da nosa comunidade máis difundidos (radio, televisión e cine). 49.Mostrar actitudes de respecto e de apreciación cara ás manifestacións artísticas propias, así como cara aos doutras culturas, realizadas por mulleres e homes. 50.Empregar a gravación como recurso para valorar as interpretacións realizadas. 51.Fomentar unha actitude de atención e curiosidade ante os sons que 29


nos rodean. 52.Asistir a actividades e manifestacións musicais dentro e fóra do centro. 53.Gozar de manifestacións musicais doutras culturas, mostrando actitudes de curiosidade e respecto por todas como integradoras do patrimonio artístico musical universal. 54.Identificar algunhas das profesións vinculadas, desde distintas perspectivas, ao ámbito artístico–musical, interesándose polas características do seu traballo e determinando algúns aspectos relativos á súa cooperación ao desenvolvemento da cultura musical. 55.Participar na planificación e execución de producións musicais en grupo mostrando sempre actitudes de colaboración e respecto cara ás achegas dos demais.

2.2.10 – Área de Relixión. 1. Reflexionar sobre os grandes interrogantes acerca da vida humana e do sentido último. 2. Diferenciar as explicacións científicas sobre a orixen do mundo da interpretación relixiosa. 3. Coñecer as diferentes teorías sobre a orixen do mundo nas outras relixións. 4. Descubrir o proceso de formación da Biblia e saber o menos tengo que son os evanxelios apócrifos. 5. Repasar a estructura da Biblia e das súas partes e libros. 6. Identificar os principios xéneros literarios que se empregan na Biblia. 7. Respetar a Biblia como libro sagrado dos cristiáns. 8. Coñecer os distintos Deuses das mitoloxias existentes (Grega, Romana, Exipcia e Mesopotámica), a súa historia, signos e símbolos que os caracterizan. 30


9. Identificar as características xerais das grandes relixións da humanidade. 10.Respetar as distintas actitudes humanas ante os feitos das distintas relixións. 11.Coñecer as distintas representacións artísticas das diferentes relixións, sabendo interpretar ante que relixión estamos e cales son os símbolos que a caracterizan. 12.Realizar investigacións en equipos en formato dixital e en papel sobre as grandes relixións monoteístas. 13.Coñecer a diferencia entre relixión monoteista e politeísta. 14.Repasar a figura da Virgen María como modelo para os cristiáns. 15.Repasar os relatos bíblico da anunciación e da visitación de María 16.Coñecer as principais festas dedicadas á Virxen María e as diferentes acepción que recibe. 17.Identificar situación de mal físico e moral. 18.Interesarse pola simboloxía do relato do pecado orixinal como resposta a un interrogante 19.Recoñecer a mensaxe de Xesús en facer o ben e valorar a actitude dos cristiáns e cristiás en seguir o exemplo de Xesús. 20.Participar nun debate sobre temas como o consumismo, a sociedade actual, reflexións sobre a vida e a morte, sobre os pecados capitais mais común etc… 21.Identificar os grupos sociais da época de Xesús e analizar os motivos que os levaron a condear a Xesús. 22.Reconstruír os principais feitos da condea e norte de Xesús. 23.Valorar a alegría da resurrección de Xesús como triunfo da vida sobre a morte. 24.Interesarse por preguntas que abren á transcendencia. 25.Coñecer como se calcula no calendario actual e de años posteriores, fijándose nas luas os días de carnaval, cuaresma, domingo de ramos etc… 31


26.Recoñecer a actitude de Xesús ante a desigualdade e as inxustizas de seu tempo. 27.Identificar a actitude inconformista, compasiva e optimista dos cristiáns e cristiás ante a desigualdade. 28.Coñecer e valorar as persoas que loitaron para igualdade do ser humano. 29.Coñecer os elementos fundamentais do ano litúrxico. 30.Identificar as principais festas e os tempos do ano litúrxico, coñecer o significado de cada un deles e as cores que lle representan. 31.Coñecer as características do arte Romático, Gótico e Barroco. 32.Coñecer a historia de Santiago de Compostela e do apostol. 33.Analizar a catedral de Santiago e outros monumentos galegos e españois. 34.Clasificar a arquitectura emblemática do noso país según o seu estilo arquitectónico.

32


3.-CONTIDOS. 3.1 – Área de Matemáticas. QUINTO CURSO 1. Espazos e formas - Clases de ángulos: recto, agudo, obtuso, plano e completo. - Medida de ángulos: o grao - Ángulos complementarios e suplementarios. - Figuras con eixe de simetría. - Os polígonos. - Elementos dun polígono. - Perímetro dun polígono. - Ángulo central dun polígono regular. - Clasificación de triángulos segundo os seus lados e segundo os seus ángulos. - Clasificación de cuadriláteros. - A circunferencia e o círculo. Elementos. - Lonxitude da circunferencia. - Figuras circulares: semicírculo, sector circular, segmento circular e coroa circular. - Medida de superficies: a área. - Unidades de superficie: metro cadrado, decímetro cadrado e centímetro cadrado. - Área do cadrado. - Área do rectángulo.

33


- Área do triángulo. - Área de polígonos irregulares. - A nosa posición no espazo. - Os xiros no espazo. - A cuadrícula no plano. - A escala. 2. Cantidades - O noso sistema de numeración. - Valor de posición das cifras. - Comparación e ordenación de números. - A suma. Significados. - Propiedades conmutativa e asociativa da suma. - A resta. Significados. - Relacións entre os termos da resta. - Sumas e restas combinadas. Uso da paréntese. - A calculadora. - A multiplicación e os seus termos. - Propiedades conmutativa e asociativa da multiplicación. - Propiedade distributiva. - Prioridade da multiplicación. - Práctica da multiplicación. - A división exacta. Equivalencias fundamentais. - A división inexacta. Proba da división. - A división con divisores de tres cifras. 34


- A división: ceros intermedios ou finais no cociente. - As décimas. - As centésimas. - As milésimas. - Descomposición de números decimais. - Comparación e ordenación de decimais. - Aproximación de números decimais. - Suma e resta de números decimais. - Multiplicación dun número decimal por un número natural. - División de número enteiro con cociente decimal. - Multiplicación e división dun decimal por 10, por 100, etc. - Termos dunha fracción. Lectura e escritura. - Comparación e ordenación de fraccións. - Comparación de fraccións coa unidade. - Fraccións decimais. - Fraccións equivalentes. - A fracción dunha cantidade. - Suma e resta de fraccións de igual denominador. - Suma e resta de unidades e fraccións. - Produto dunha fracción por un número enteiro. - As unidades de lonxitude: múltiplos e submúltiplos. - Cambios de unidade. - Expresións complexas e incomplexas. - Sumas e restas de medidas de lonxitude 35


- As unidades de peso: múltiplos e submúltiplos. - A tonelada. - Expresións complexas e incomplexas. - Operacións con medidas de capacidade e de peso - O tempo histórico. - As horas, os minutos e os segundos. - Expresións complexas e incomplexas. - Operacións con unidades de medida de tempo. 3. Tratamento da información e azar - Táboas de frecuencias. - Diagramas de barras. - A moda. - Gráficas de liñas e gráficas dobres. - Gráficas de sectores. - A media. SEXTO CURSO 1. Espazos e formas - As unidades de superficie. - Operacións con unidades de superficie. - Área do rectángulo. - Área do cadrado. - Área do rombo. - Área do romboide. - Área do triángulo. 36


- Área de polígonos regulares. - Área do círculo. - Estimación da área de figuras planas non poligonais. - Os poliedros: prismas, pirámides e outros poliedros. - Os poliedros regulares. - Relación entre a circunferencia e o seu diámetro. - Lonxitude da circunferencia. - Figuras circulares: semicírculo, sector circular, segmento circular e coroa circular. - Os corpos de revolución: conos, cilindros e esfera. 2. Cantidades - Sistema de numeración decimal. - Os millóns. - A numeración romana. - A numeración exipcia. - A suma e a resta. Propiedades. - A multiplicación. Práctica e propiedades. - Práctica da división. - A xerarquía nas operacións combinadas. - As potencias. - Cadrados e cubos. - Potencias de base dez. - Raíz cadrada. - A relación de divisibilidade: múltiplos e divisores. 37


- Divisores dun número. - Múltiplos dun número. - Múltiplos comúns a dous números: mínimo común múltiplo. - Criterios de divisibilidade. - Números positivos e negativos. - Décima, centésima e milésima. - Aproximación de números decimais. - Suma e resta de números decimais. - Multiplicación de números decimais. - División dun número decimal entre un enteiro. - Propiedade fundamental da división. - División de números decimais. - A fracción como parte dun todo. - A fracción como cociente de dous números. - Fraccións equivalentes. - Redución de fraccións a común denominador. - Suma e resta dun número natural e unha fracción. - Suma e resta de fraccións de igual denominador. - Suma e resta de fraccións de distinto denominador. - Produto dun número natural por unha fracción. - Produto de fraccións. - Cociente dun número natural por unha fracción. - Cociente de fraccións. - Magnitudes directamente proporcionais. 38


- Resolución á unidade e regra de tres. - Magnitudes directamente proporcionais. - Redución á unidade. - O tanto por cento ou porcentaxe. - Porcentaxes e fraccións: equivalencias. - Suma de ángulos. - Resta de ángulos. - Ángulos complementarios e suplementarios. - As unidades de medida de lonxitude: múltiplos e submúltiplos. - Operacións con medidas de lonxitude. - A medida da superficie. - As unidades de medida de superficie: múltiplos e submúltiplos. - Operacións con medidas de superficie. - A medida do volume. - Unidades de volume. - Suma dos ángulos de triángulos e cuadriláteros. 3. Tratamento da información e azar - Experiencias aleatorias. - O seguro, o probable, o imposible. - A probabilidade dun suceso. - Variables estatísticas: cuantitativas e cualitativas. - Frecuencia absoluta e relativa. - O histograma e o polígono de frecuencias. - A media, a mediana e a moda. 39


- Interpretación de gráficas.

3.2 – Área de Coñecemento do Medio. QUINTO CURSO 1. Os seres humanos e a saúde - A alimentación e a dixestión no ser humano: os alimentos, a dixestión, o aparato dixestivo, a saúde alimentaria. Identificación, localización e funcionamento básico dos principais órganos e aparatos. - A circulación: o transporte de substancias no ser humano, o aparato circulatorio. Identificación, localización e funcionamento básico dos principais órganos. -

A respiración: o aparato respiratorio. Identificación, localización e funcionamento básico dos principais órganos.

-

A excreción: o aparato excretor. Identificación, localización e funcionamento básico dos principais órganos.

- A saúde: factores e prácticas que a favorecen ou a prexudican; a alimentación e as súas repercusións; bos hábitos e abusos. 2. As plantas e os animais - Clasificación dos seres vivos: os cinco reinos. - A nutrición nos animais e nas plantas. -

Morfoloxía das primeiras especies de plantas e animais: árbores, arbustos e herbas; estudo comparativo entre diversas especies de animais vertebrados e invertebrados, relación da anatomía coa función e co medio

3. A vida en sociedade - A poboación de Galicia e do Estado español.

40


- A mobilidade natural (nacementos e mortes) e a mobilidade espacial (migracións) en Galicia e no resto de España. - Razóns físicas da maior ou menor concentración de poboación en Galicia e no resto de España. - As actividades económicas. Os problemas económicos. - Os traballos máis comúns en Galicia e no Estado e a súa relación coa economía da zona. -

Relacións entre os diferentes sectores de produción de Galicia: a agricultura, o turismo, a industria, o comercio, etc.

4. O medio físico: espazo e materiais - O aire e a auga no planeta Terra. - As rochas e o relevo na configuración da paisaxe, os compoñentes do solo e a utilidade das rochas para o ser humano. Minerais e rochas. - A auga e as súas características físicas. O ciclo da auga, a configuración da paisaxe e os seres vivos. Os usos e abusos da auga: consumo, rega, industrias, ocio, etc. - Elementos físicos que configuran o relevo de Galicia e do territorio español. - As principais unidades paisaxísticas naturais galegas e españolas. - Elementos introducidos polos grupos humanos na paisaxe. - Trazos fundamentais e principais elementos que configuran as paisaxes rurais e urbanas. - Relacións entre as actividades económicas e os elementos do medio físico. - A materia inorgánica e os seres vivos. - A materia. Estados da materia. - Cambios físicos básicos observables da materia. 41


- Cambios químicos básicos. - A calor e os cambios na materia. - As forzas e os cambios na materia. - A enerxía, as súas formas e as súas transformacións. - As fontes de enerxía. - O ser humano e o consumo de enerxía. 5. O paso do tempo - As grandes épocas históricas: a Prehistoria, a Idade Antiga, a Idade Media. - Feitos e personaxes relevantes da historia de Galicia e de España. - Vestixios do pasado no noso contorno, con especial referencia a Galicia como testemuñas da forma de vida e a historia noutras épocas. - Fontes históricas para o estudo e a reconstrución do pasado. - Principais fitos do patrimonio artístico da humanidade, con especial referencia ao patrimonio artístico español e de Galicia. 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías - Algunhas máquinas e os aparellos de uso máis frecuente no contorno: as súas principais características e normas básicas de utilización. - Máquinas para aproveitar a enerxía. - Máquinas para comunicar información. - O uso da información como recurso e medio de comunicación. SEXTO CURSO 1. Os seres humanos e a saúde - As funcións de relación no ser humano: sentidos, sensacións, sistema nervioso e movementos, o cerebro humano. Identificación, localización e funcionamento básico dos principais órganos e aparatos. 42


- O movemento do ser humano. Os ósos e os músculos, o movemento e as articulacións, o aparato locomotor. Identificación, localización e funcionamento básico dos principais órganos e aparatos. - A reprodución no ser humano. A función de reprodución. O aparato reprodutor feminino. O aparato reprodutor masculino. Fecundación, embarazo e parto. -

A saúde: hábitos que a favorecen e hábitos que a prexudican; a alimentación e as súas repercusións: os bos hábitos, os abusos e os principais coidados do corpo.

2. As plantas e os animais - A reprodución dos animais. Identificación, localización e funcionamento básico dos principais órganos e aparatos. - A reprodución das plantas. Identificación, localización e funcionamento básico dos principais órganos e aparatos. - Utilidade dos animais e plantas na vida do ser humano (alimentación, vestidos, convivencia, economía, etc.). - A función dos animais e as plantas no medio. - Relacións alimentarias dos animais e das plantas. - A dimensión social dos seres vivos. -

As comunidades de seres vivos: poboacións vexetais e animais. Asociacións intra e interespecíficas.

3. A vida en sociedade -

A poboación española: número total, densidade de poboación e diferenciación por sexos, idades e cultura ou relixión.

- A mobilidade natural (nacementos e mortes) e a mobilidade espacial (migracións) da poboación española. - Razóns físicas que derivan nunha maior ou menor concentración de poboación en España. 43


- A poboación europea. Características xerais da poboación en Europa. -

Os sectores económicos españois. Características dos sectores de producción.

- Os sectores económicos europeos. Características xerais da economía europea. - O traballo e o problema do paro. A explotación dos nenos, as mulleres, os pobres, emigrantes, etc. O traballo feminino no fogar e fóra del, e o reparto das tarefas domésticas. A atención á infancia e ás persoas anciás. Causas que provocan a marxinación social. - Divisións administrativas: a organización política e social do Estado Español. - A organización política e social da Unión Europea. 4. O medio físico: espazo e materiais - Elementos físicos que configuran o relevo de España. Características máis importantes. - Elementos físicos que configuran o relevo de Europa. Características máis importantes. - Características dos diferentes tipos de clima de España. - Características dos diferentes tipos de clima de Europa. - Características da hidrografía española. - Características da hidrografía europea. - Relacións entre as actividades económicas e os elementos do medio físico e o seu papel na configuración das paisaxes. -

Principais factores e actividades que contaminan e degradan o ambiente.

- A enerxía e as súas fontes. As transformacións de enerxía - A luz. A luz como forma de enerxía: fontes luminosas. 44


- O comportamento da luz: reflexión e refracción. - A descomposición da luz: o color. - A electricidade e o magnetismo. A electricidade como forma de enerxía. - A electricidade estática e a corrente eléctrica. - A produción de electricidade e o seu aproveitamento. - Os recursos enerxéticos. -

O coñecemento do universo no estado actual das investigacións científicas.

5. O paso do tempo - As grandes épocas históricas: a Idade Moderna, a Idade Contemporánea. - Feitos e personaxes relevantes da historia de España e de Galicia. - Formas da vida cotiá nas sociedades das grandes épocas históricas. - Fontes históricas para o estudo e reconstrución do pasado. - Principais fitos do patrimonio artístico da humanidade, con especial atención ao patrimonio artístico español e de Galicia. 6. Máquinas, aparatos e tecnoloxías - Algunhas máquinas e aparatos de uso máis frecuente no medio: as súas principais características e normas básicas de utilización. - Máquinas para aproveitar a enerxía. - O uso da informática como recurso e medio de comunicación.

3.3 – Área de Lingua Castelá. QUINTO CURSO 1. Escoitar e falar

45


- A necesidade da expresión oral no medio habitual do alumnado nas diferentes situacións de comunicación. - Situacións e intencións comunicativas. Distintos tipos de textos orais: conversación, rutinas lingüísticas (presentacións e saúdos), relato natural, lectura expresiva, conversacións formais e formularios orais (preguntas e respostas), textos dialogados ficticios (diálogo teatral), textos expositivos, resumos, rimas, procedementos para opinar e emitir xuízos, argumentación oral (debate), reformulación, paráfrase, cambio de rexistro, anécdotas, contos, refráns, recitado de poemas, narracións colectivas, diálogos teatrais, comentario dun texto escrito e resumo de películas. - A linguaxe oral como fonte de información, diversión, pracer, lecer, enriquecemento e perfeccionamento da propia lingua, e como expresión de valores sociais e culturais. - A linguaxe oral e outros elementos non lingüísticos que o acompañan (pronunciación, ritmo, ton, xestos, posturas, movemento corporal, etc.). Expresividade e ton. 2. Ler e escribir - A necesidade da expresión escrita no medio habitual do alumnado nas diferentes situacións de comunicación. - Situacións e intencións comunicativas. -

Textos informativos, titulares de noticias, cómics, contos, textos informativos sinópticos, descrición de imaxes, textos retóricos, textos publicitarios escritos, narración en terceira persoa, textos narrativos e instrutivos (fábulas, sentenzas e refráns), textos expositivos e textos informativos de carácter práctico. Estilo directo e indirecto. Poesía. Prosificar versos.

- Expresión escrita de diversos textos. - A linguaxe escrita como fonte de información, diversión, pracer, lecer, enriquecemento e perfeccionamento da propia lingua, e como expresión de valores sociais e culturais. 46


- A linguaxe escrita e outros elementos non lingüísticos que o acompañan (ilustracións, fotografías, esquemas, etc.). -

Técnicas de estudo: a prelectura, o subliñado, ideas principais e secundarias, o esquema, o resumo, fichas e documentación.

-

A literatura como instrumento de transmisión, creación e enriquecemento cultural.

- A literatura como estética. Verso e prosa. Textos realistas e textos fantásticos. -

Estrutura de diferentes tipos de textos (por exemplo do relato: formulación, nó e desenlace, etc.).

- Os textos literarios: formas e análise dalgúns recursos literarios. -

Características da literatura de interese infantil e xuvenil (temas, personaxes, linguaxes, etc.).

- A biblioteca: organización, funcionamento e uso. 3. Reflexionar sobre a lingua - Vocabulario: O dicionario. Sinónimos. Antónimos. Polisemia. Palabras homófonas. Prefixos. Sufixos. Palabras derivadas e compostas. Frases feitas e refráns. Formación de substantivos e adxectivos. Comparacións e metáforas. Xentilicios. Campo semántico. Tecnicismos. Uso coloquial e culto. - Gramática: A comunicación. A linguaxe e as linguas. A oración: suxeito e predicado. O substantivo: clases. Xénero e número do substantivo. Determinantes: artigos e demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos. O adxectivo: graos. Pronomes persoais. O verbo: concepto, conxugacións, persoa, número, tempo, modo (formas simples e compostas). Adverbios. Preposicións. Texto e parágrafo. -

Ortografía: A sílaba: tónica e átona. Clases de palabras. O til nas palabras agudas, graves e esdrúxulas. Ditongo. Acentuación. Hiato. O punto. Maiúsculas. A coma e o punto e coma. O guión e a raia. Uso de b, de v, de g (diéreses), de j, de h, de e de ll, de r e de rr, e de c e de cc. 47


SEXTO CURSO 1. Escoitar falar - A necesidade da expresión oral no medio habitual do alumnado nas diferentes situacións de comunicación. - Situacións e intencións comunicativas: opinións comentario de poemas, biografías, memorias, caricaturas, lectura de imaxes, recitación de poemas, resumo e ampliación da información dunha película unha novela ... entrevistas, poemas encadeados, argumentacións, diálogos, cuñas publicitarias, dramatizacións, construción de historias con distintos elementos narrativos. -

A linguaxe oral como fonte de información, diversión, pracer, entretemento, enriquecemento e perfeccionamento da propia lingua e como expresión de valores sociais e culturais.

- A linguaxe oral e outros elementos non lingüísticos que o acompañan (pronunciación, ritmo, ton, xestos, posturas, movemento corporal, etc.). Expresividade e ton. 2. Ler e escribir - A necesidade da expresión escrita no medio habitual do alumnado nas diferentes situacións de comunicación. - Situacións e intencións comunicativas: textos publicitarios nos diferentes medios audiovisuais, o slogan. A poesía: estrofas, ritmo e rima. A noticia. Diálogos teatrais, coloquiais, espontáneos. O caligrama. Expresión de sentimentos. Enquisas e entrevistas. O monólogo. Reclamacións escritas. A montaxe. - A linguaxe escrita como fonte de información, diversión, pracer, lecer, enriquecemento e perfeccionamento da propia lingua, e como expresión de valores sociais e culturais. -

A literatura como instrumento de transmisión, creación e enriquecemento cultural.

48


- A literatura como estética. Verso e prosa. Textos realistas e textos fantásticos. -

Estrutura de diferentes tipos de textos (por exemplo do relato: formulación, nó e desenlace, etc.).

- Os textos literarios: formas e análise dalgúns recursos literarios. -

Características da literatura de interese infantil e xuvenil (temas, personaxes, linguaxes, etc.).

- A biblioteca: organización, funcionamento e uso. 3. Reflexionar sobre a lingua - Vocabulario: Tipos de dicionarios. Sinónimos e antónimos. Homónimos. Parónimos. Lexema e morfemas. Palabras primitivas e derivadas. Definición e formación de nomes. Definición e formación de adxectivos. Definición e formación de verbos. Despectivos. Campo semántico. Estraxeirismos. Neoloxismos. Sentido propio e figurado. Siglas e abreviaturas. Metáforas. Palabras relacionado con outras áreas. - Gramática: Texto, parágrafo, oración e palabra. O nome: clases, xénero e número. Determinantes. O adxectivo: graos. Pronomes: persoais, demostrativos e posesivos. O verbo: regulares e irregulares. Verbos auxiliares. Os adverbios. Preposición. Conxunción. Oración: suxeito e predicado. Grupo do suxeito. Grupo do predicado. Predicado nominal. O atributo. O predicado verbal. O complemento directo e indirecto. O complemento circunstancial. Interxección. Clases de oracións segundo a actitude do falante. As linguas de España. - Ortografía: Regras de acentuación. Acentuación en ditongos, tritongos e hiatos. Acentuación de monosílabos. Acentuación en palabras compostas. O til en palabras interrogativas e exclamativas. O punto, a coma e o punto e coma. Dous puntos e puntos suspensivos. Comiñas e paréntese. Palabras con b/v con ll/e, con g/j con c/cc, con z/d, con x/s; palabras homófonas con h.

49


3.4 – Área de Lingua Galega. QUINTO CURSO 1. Escoitar e falar - Formas básicas da comunicación oral segundo a intención comunicativa (a conversa, o diálogo, o conto, a poesía...). - Estrutura e características das mensaxes orais: partes, léxico utilizado, entoación, recursos expresivos, etc. - Elementos non lingüísticos que acompañan a comunicación oral: a expresividade. - Modalidades e rexistros lingüísticos na lingua oral. - A tradición oral popular. A súa importancia en Galicia. Formas que presenta: lendas, contos, trabalinguas, refráns, adiviñas... - A necesidade da expresión oral no medio habitual do alumnado nas diferentes situacións de comunicación. - Situacións e intencións comunicativas. Distintos tipos de textos orais: conversa, rutinas lingüísticas (presentacións e saúdos), relato natural, lectura expresiva, conversas formais e formularios orais (preguntas e respostas), textos dialogados ficticios (diálogo teatral), textos expositivos, resumos, rimas, procedementos para opinar e emitir xuízos, argumentación oral (debate), reformulación, paráfrase, cambio de rexistro, anécdotas, descricións, contos, refráns, recitado de poemas, narracións colectivas, comentario de textos escritos e de textos procedentes da tradición oral. -

A linguaxe oral como fonte de información, diversión, pracer, entretemento, enriquecemento e perfeccionamento da propia lingua, e como expresión de valores sociais e culturais.

- A linguaxe oral e outros elementos non lingüísticos que o acompañan (pronuncia, ritmo, entoación, xestos, posturas, movemento corporal, etc.). Expresividade e entoación. 50


2. Ler e escribir - Peculiaridades da comunicación escrita: convencionalismo, dirección da escritura, linealidade, separación de palabras, posibilidade de comunicación con interlocutores non presentes, permanencia, fixación do pensamento, posibilidade de revisión. - Linguaxe literaria e non literaria. - Diferentes soportes da linguaxe escrita: libros, tarxetas de felicitación, diarios, cartas... -

Necesidade da comunicación escrita como medio privilexiado de diversión, formación e información (xeroglíficos, xogos de palabras, o dicionario).

- Diferentes tipos de textos escritos: contos, poemas, cómics, diarios, cartas... - A biblioteca escolar e a biblioteca persoal. - Situacións diferentes de comunicación escrita: número de emisores e receptores, intención comunicativa, distancia espazo-temporal, etc. - As formas elocutivas na comunicación escrita: narración, descrición, diálogo, exposición... - A necesidade da expresión escrita no medio habitual do alumnado nas diferentes situacións de comunicación. - Situacións e intencións comunicativas. - Expresión escrita de diversos textos. -

A linguaxe escrita como fonte de información, diversión, pracer, entretemento, enriquecemento e perfeccionamento da propia lingua, e como expresión de valores sociais e culturais.

- A linguaxe escrita e outros elementos non lingüísticos que o acompañan (ilustracións, fotografías, esquemas, etc.).

51


-

Técnicas de estudo: a prelectura, o subliñado, ideas principais e secundarias, o esquema, o resumo, fichas e documentación.

-

A literatura como instrumento de transmisión, creación e enriquecemento cultural.

-

Estrutura de diferentes tipos de textos (por exemplo, do conto: formulación, nó e desenlace, etc.).

- Os textos literarios: formas e análise dalgúns recursos literarios. 3. Reflexionar sobre a lingua - Vocabulario: O dicionario. Sinónimos. Antónimos. Polisemia. Palabras homógrafas e homófonas. Lexemas e morfemas. Prefixos. Sufixos. Palabras primitivas e derivadas. Xentilicios. Palabras compostas. Familia léxica. Castelanismos. Parónimos e falsos amigos. Campo semántico. - Gramática: A linguaxe e as linguas. Tipos de enunciados: a frase e a oración. A oración: suxeito e predicado. Clases de palabras. O substantivo: clases. Xénero e número do substantivo. Determinantes: artigos, demostrativos, posesivos, numerais e indefinidos. O adxectivo: graos. Pronomes persoais. O verbo: concepto, conxugacións, persoa, número, tempo, modo. Adverbios. Preposicións. - Ortografía: Fenómenos dialectais: o seseo e a gheada. Sílabas tónicas e átonas. Acentuación. O ditongo e o hiato. O acento diacrítico. O punto e as maiúsculas. A coma e o punto e coma. O guión. Palabras con nh. Uso do b, do v, do x, do h, e do ll e do i. Grupos consonánticos cultos: -pt-, pc- e b + consoante. Os sufixos -nza e -ncia.

SEXTO CURSO 1. Escoitar e falar - Formas básicas da comunicación oral segundo a intención comunicativa (a conversa, a exposición, o debate, a enquisa, a entrevista...). 52


- Estructura e características das mensaxes orais: partes, léxico utilizado, entoación, recursos expresivos, etc. - Elementos non lingüísticos que acompañan a comunicación oral: a expresividade. - Modalidades e rexistros lingüísticos na lingua oral. - A tradición oral popular. A súa importancia en Galicia. Formas que presenta: lendas, contos, romances, refráns, adiviñas... 2. Ler e escribir - Peculiaridades da comunicación escrita: posibilidade de comunicación con interlocutores non presentes, permanencia, fixación do pensamento, posibilidade de revisión... - Linguaxe literaria e non literaria. - Diferentes soportes da linguaxe escrita: libros, manuais de instrucións, periódicos... -

Necesidade da comunicación escrita como medio privilexiado de diversión, formación e información (xeroglíficos, xogos de palabras, o dicionario).

- Diferentes tipos de textos escritos: contos, relatos, noticias periodísticas, entrevistas, enquisas, folletos turísticos... - As formas elocutivas na comuicación escrita: narración, exposición, monólogo teatral... - Afianzamento no uso de programas informáticos de procesamento de texto e no manexo de ferramentas que proporciona a rede: creación dun blog. -

A literatura como instrumento de transmisión, creación e enriquecemento cultural.

- A literatura como estética. Verso e prosa. Textos realistas e textos fantásticos. 53


- Estrutura de diferentes tipos de textos (por exemplo, do relato: marco, historia ou trama e solución, etc.). - Os textos literarios: formas e análise dalgúns recursos literarios. -

Características da literatura de interese infantil e xuvenil (temas, personaxes, linguaxes, etc.).

- A biblioteca: organización, funcionamiento e uso. 3. Reflexionar sobre a lingua - Vocabulario: Tipos de dicionarios. Sinónimos e antónimos. Palabras polisémicas e homónimas. Palabras primitivas, derivadas e compostas. Definición de substantivos, adxectivos e verbos. Campo semántico. Neoloxismos e estranxerismos. Siglas e abreviaturas. Abreviacións. Palabras comodín. Palabras tabú e eufemismos. Sentido propio e figurado: a ironía e a retranca. -

Gramática: O nome: clases, xénero e número. Determinantes. O adxectivo: graos. Pronomes: persoais, indefinidos, demostrativos, posesivos e numerais. O verbo: regulares e irregulares. Adverbios e locucións adverbiais. Preposicións e conxuncións. Tipos de enunciados: a oración e a frase. Oración: suxeito e predicado. Grupo do suxeito. Grupo do predicado. Predicado nominal. O atributo. Predicado verbal. Complementos do predicado verbal: directo, indirecto e circunstancial. Clases de oracións. A interxección. Historia da lingua galega.

-

Ortografía: Regras xerais de acentuación. Casos especiais de acentuación. Acentuación de ditongos, tritongos e hiatos. Os monosílabos e o til diacrítico. Familias léxicas regulares e irregulares. O punto e a coma. O punto e coma, os dous puntos e os puntos suspensivos. Comiñas e parénteses. Palabras con b/v, con c/ct/cc e con z/zz/s. Palabras que rematan en -cia/-za, -cio/-zo. Palabras que comezan por ca-, cua- e co- Palabras con es-/ex- e estra-/extra-. Palabras que se poden escribir xuntas ou separadas.

54


3.5 – Área de Educación Plástica. QUINTO CURSO 1. Observación plástica - O rostro humano. - A figura humana en movemento, en repouso e en movemento. - Animais en perspectiva. - Animais de especies diferentes. - Simetría: o escaravello e a avespa. - Cuberta de mamíferos. - Cabezas de tigre e de león. - Aves e réptiles. - As plantas: o tronco das árbores - Os froitos. - Simetría nas plantas. - Elementos da natureza. - Bodegón de froitas. - A luz e a cor nos obxectos polo día ou pola noite. - Proporción dos obxectos. - O punto de vista: obxectos en diferentes posicións. - Paisaxe de campo. - Debuxo a lapis: casa no campo. - Árbores en perspectiva. - Luces e sombras: paisaxe en diferentes momentos do día e con figura en perspectiva. 55


- Distintas paisaxes. - Composición ao estilo de Piet Mondrian. - Composición con tramados. - Pintores: Van Gogh, Goya, Murillo e Cézanne. 2. Expresión e creación - Debuxo e coloreado de figuras humanas en distintas posicións a partir dos esquemas corporais. - Pintura con ceras. - Trazado e sombreado dun ollo en posición de fronte e de perfil. - Trazado e coloreado das metades simétricas dun insecto. - Trazado e coloreado de cubertas de diferentes mamíferos. - Debuxo e coloreado de dous cans, en perspectiva, nun medio natural. - Coloreado de obxectos segundo a luz do día ou da noite. - Debuxo e coloreado de obxectos establecendo a proporción de tamaño que teñen na realidade. - Debuxo e coloreado de obxectos observados desde diferentes puntos de vista. - Composición, mediante colaxe, de árbores en perspectiva. - Elementos da natureza observados a través de lentes. - Pintura con ceras: o arco da muralla. - Pintura con témperas: o faro. - Realización de colaxe ao estilo de Piet Mondrian. - Composición con variantes de tramados. - Representación dunha paisaxe con figura, en diferentes posicións do sol. - Sombreado dunha paisaxe con lapis de grafito. 56


- Pintura con témperas. - Composición de cores dunha paleta mediante mestura de tons. - Coloreado dun cadro segundo o orixinal e con outra variante. SEXTO CURSO 1. Observación plástica - A proporción da figura humana. - O rostro humano: situación das faccións. - A cabeza humana de perfil. - Formas básicas: mamíferos e aves. - Debuxo a lapis: animais, obxectos e plantas. - Partes das plantas: as follas, as flores, as froitas. - Árbores e arbustos. - Os obxectos: bodegóns. - Elementos da paisaxe. - A luz e a sombra na paisaxe. - Cores opostas. - Paisaxe en perspectiva. - O retrato. - Composición con tramados. - Composición da cor. - Cores frías e cores cálidas. - Pintores: Velázquez, Sorolla, Brueghel, Picasso e Anker. 2. Expresión e creación

57


- Trazado e sombreado da cabeza humana e das faccións en posición de perfil. - Debuxo e sombreado de faccións no seu lugar correspondente. - Debuxo e sombreado dun paxaro, coas ás estendidas, mediante o sistema de cuadrícula. - Debuxo e coloreado dun papagaio nunha póla. - Trazado e coloreado dunha perdiz segundo os pasos indicados. - Pintura con ceras: camaleón. - Debuxo, trazado e coloreado de froitas e flores. - Debuxo e coloreado de árbores e arbustos coa proporción de tamaño que teñen na realidade. - Debuxo e coloreado dunha paisaxe con elementos de tres modelos diferentes. - Trazado e coloreado dunha casa de campo co seu medio. - Coloreado dunha paisaxe tendo en conta a posición do sol. - Coloreado dunha paisaxe con cores opostas a un modelo concreto. -

Trazado e coloreado dunha rúa en perspectiva segundo os pasos indicados.

- Debuxo e coloreado dun bodegón. - Debuxo e coloreado dunha paisaxe en perspectiva. - Representación dunha paisaxe mariñeira. - Debuxo e coloreado dun edificio en perspectiva. - Pintura con témperas dunha paisaxe. - Composición con tramados combinando os modelos ofrecidos ou con formas semellantes. - Composición de paleta de cores. 58


- Composición con cores cálidas e con cores frías. - Pintura contemporánea: retrato. - Elaboración dun quebracabezas dun cadro de J. Sorolla. - Coloreado dun cadro de Brueghel. - Coloreado dun cadro de Picasso. - Coloreado dun cadro de Anker.

3.6 – Área de Educación para a Cidadanía. 1. Identidade persoal - Identificación das características persoais e dos trazos de identidade (as propias capacidades e necesidades). - Desenvolvemento da autonomía persoal e da confianza nun mesmo (seguridade en si mesmo e en si mesma, autonomía para a acción, confianza nas propias posibilidades, sentimento de importancia, valoración da historia persoal e das contribucións alleas á súa construción). - Análise de situacións na escola e fóra dela que producen sentimentos positivos ou negativos no alumnado. Causas e consecuencias das accións propias (accións que poden facer sentirse ben ou mal a outras persoas). Responsabilidade polos propios actos. Agradecer, desculparse, presentar unha queixa, aprender a dicir non, aprender a recuperarse e responder ao fracaso. A intelixencia emocional. - Identificación, recoñecemento, verbalización, manexo e control dos sentimentos propios (que me ocorre, por que me ocorre, que podo facer cando me sinto así). - Valoración da liberdade e da responsabilidade na toma de decisións con criterios de eficacia e de xustiza. Responsabilidade na planificación do futuro inmediato. 59


-

Recoñecemento das diferenzas de sexo como un elemento enriquecedor. Análise de medidas que contribúen a un equilibrio de xénero e a unha auténtica igualdade de oportunidades. A contribución das mulleres ao longo da historia e á situación actual do mundo. A vida das mulleres galegas no pasado e no presente e as súas achegas á sociedade. Redes de apoio de mulleres. Identificación e rexeitamento de desigualdades entre mulleres e homes no mundo laboral e na vida cotiá. Valoración da igualdade de dereitos de homes e de mulleres na familia e no mundo laboral e social. Características de veciñanza.

-

Aplicación de condutas responsables no uso das TIC (autonomía, autocontrol, seguridade, sentido ético) e análise da realidade que presentan os medios de comunicación para desenvolver a capacidade de elección crítica e responsable.

- Sensibilización, visibilización e rexeitamento do sexismo, do racismo, da homofobia... dentro da perspectiva da defensa dos dereitos humanos e do respecto á identidade persoal. 2. Identidade social -

Identificación coas colectividades en que se desenvolve a vida do alumnado: escolar, familiar, local, comarcal e autonómica. Recoñecemento das vantaxes que supón pertencer a estes colectivos e das achegas que se poden facer individualmente a cada un deles.

- Importancia do recoñecemento dos dereitos e deberes do alumnado no centro escolar. - Identificación, recoñecemento e valoración dos dereitos de todas as nenas e de todos os nenos do mundo, así como os dereitos das persoas recoñecidos nas declaracións universais, no Estatuto de autonomía de Galicia e na Constitución. Coñecemento de organizacións que loitan por que eses dereitos se respecten e do traballo que desenvolven. - Valoración da convivencia pacífica en sociedade e recoñecemento dos valores en que se apoia: respecto, tolerancia, solidariedade, xustiza, compromiso, cooperación e cultura da paz. Identificación, 60


recoñecemento e análise de actuacións que posibilitan e que dificultan a convivencia e o benestar dos grupos socias. -

Aplicación de habilidades, de estratexias e de procedementos que contribúen a xerar relacións de entendemento e de convivencia pacífica. Habilidades de comunicación e de relación tanto interpersoais como intrapersoais. Identificación, recoñecemento e análise de hábitos que facilitan e dificultan a relación e a comunicación.

- Desenvolvemento da vontade, da flexibilidade e da dispoñibilidade para resolver conflitos. Aplicación do diálogo e da mediación como forma de resolución pacífica dos conflitos. - Valoración da colaboración e das diferentes posibilidades de traballo cooperativo. Identificación do proceso de toma de decisións de grupo. Identificación e uso dos mecanismos de participación no funcionamento da aula e da escola. - Aplicación dos valores cívicos e do exercicio dos dereitos e deberes nas situacións de convivencia no contorno inmediato entre iguais e nas relacións interxeracionais. - Valoración da igualdade dentro das diferenzas. A diversidade física, social, cultural e relixiosa. - Recoñecemento, valoración, tolerancia e respecto polos costumes e modos de vida distintos ao propio. - Recoñecemento de costumes, de tradicións e de estilos de vida propios e os das compañeiras e compañeiros. Valoración das celebracións e manifestacións culturais como signos de identidade e de cohesión social. - Identificación das situacións de marxinación, de discriminación e de inxustiza social. -

Desenvolvemento de actitudes de comprensión, de superación de prexuízos e de estereotipos, de cooperación e de solidariedade ante problemas e necesidades doutras persoas. Protección e amparo das persoas máis desfavorecidas. 61


3. Compromiso social -

Valoración da necesidade de normas compartidas que regulan a convivencia frutífera no ámbito social. Elaboración de normas de convivencia da aula e do centro positivas, facilitadoras e asumidas polo grupo e pola comunidade. Práctica de normas cívicas, como por exemplo as de circulación viaria, e asunción de roles por medio do xogo e da simulación.

- Recoñecemento dos principios de convivencia que establecen o Estatuto de autonomía de Galicia e a Constitución española. - Reflexión sobre as características que debe posuír unha sociedade democrática. - Análise de mensaxes, de declaracións, de imaxes, etc. procedentes de medios de comunicación, de páxinas web, de publicidade... diferenciando información veraz e contrastada de simples opinións persoais. - Identificación, aprecio, respecto, responsabilidade, coidado e mellora dos bens comúns e dos servizos públicos. Normas de uso e accións que contribúen ao seu axeitado funcionamento. -

Valoración dos impostos como un medio para corresponsabilizarse socialmente.

- Identificación e rexeitamento das causas que provocan situacións de marxinación, de discriminación e de inxustiza social. - Identificación de servizos e de persoas que interveñen en casos de situacións de emerxencia (accidentes, lumes, inundacións, terremotos, guerras...) e daquelas persoas e organizacións que contribúen desinteresadamente a mellorar situacións de desvantaxe social, de pobreza, de marxinación, de fame, de explotación da infancia, de enfermidade... Busca de formas de apoio a elas e de contribución ao seu funcionamento. - Reflexión sobre a repercusión social, no presente e no futuro, de accións individuais e colectivas. Identificación de actitudes e de estratexias 62


persoais e colectivas de consumo responsable, de coidado do medio, de prevención de riscos viarios e de promoción de formas de vida saudable. Reflexión sobre as posibilidades de cambio nas rutinas individuais para mellorar a calidade de vida.

3.7 – Área de Lingua Inglesa. Bloque 1. Escoitar e falar  Comprensión de mensaxes orais (instrucións, peticións e explicacións) de progresiva complexidade para realizar tarefas dentro ou fóra da aula, emitidas polas persoas presentes ou a través de gravacións nos diferentes soportes.  Comprensión de mensaxes orais de progresiva complexidade relacionadas cos intereses dos rapaces e das rapazas e cos seus sentimentos, desexos e gustos (entrevistas a persoas coñecidas; contos; lendas; sucesos; adiviñas; relato oral do que se está facendo, vendo ou escoitando; relato da vida diaria doutros nenos e doutras nenas da súa idade que viven de xeito diferente...), emitidas en soporte audiovisual e informático, para obter información global e específica.  Exploración das posibilidades expresivas de textos orais a través da imitación, da recitación, da dramatización e da representación.  Participación en situacións reais de comunicación ou simuladas empregando expresións cada vez máis complexas baseadas en modelos e en estruturas lingüísticas coñecidas (para falar da familia e doutras persoas, do tempo atmosférico, da roupa, dos libros, dos xogos, das películas...), con adecuación ao contexto, con progresiva autonomía e con reforzo de linguaxe non verbal.  Participación activa en situacións cotiás de comunicación producidas dentro da aula (decidir sobre un asunto, facer peticións, organizar a actividade, traballar en equipo, pedir aclaracións ou axuda, exponer un tema...), respectando e empregando as convencións propias do proceso comunicativo: prestar atención á persoa que fala, usar adecuadamente das quendas de palabra, manter o contacto visual, amosar actitude positiva e adecuar a resposta á intervención.  Recoñecemento de estruturas para afirmar, negar, cuantificar...  Sensibilidade ante a importancia da comunicación oral en linguas estranxeiras.

63


 Valoración do diálogo entre iguais como medio de aprendizaxe compartida.  Emprego da lingua estranxeira como instrumento para unha aprendizaxe integrada, coa finalidade de acadar novos coñecementos non puramente lingüísticos (taller de solidariedade, obradoiro de educación viaria, dunha nova técnica artística...).  Afianzamento e confianza nas estratexias básicas para apoiar a comprensión e a expresión oral: uso do contexto visual e non verbal e dos coñecementos previos sobre o tema ou sobre a situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece o alumnado á lingua estranxeira, así como solicitude de repeticións e de reformulacións para asegurar a comprensión.  Valoración positiva das intervencións orais propias e alleas na lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e coñecer outras culturas.  Interese por empregar a lingua estranxeira e por aprender o seu uso en novas situacións de comunicación de progresiva complexidade, atendendo á corrección e á adecuación das expresións.  Interese pola pronuncia coidada, polo ritmo, pola entoación e pola acentuación adecuadas, tanto nas participacións orais como nas imitacións, recitacións e dramatizacións.  Valoración das actividades realizadas fóra da aula en que a lingua empregada sexa a lingua estranxeira (asistencia a unha obra de teatro, xantar con persoas doutros países, demostración dalgunha habilidade e explicación...)  Valoración das linguas como medio para comunicarse e relacionarse con compañeiros e compañeiras doutros países, como recurso de acceso á información e como instrumento de enriquecemento persoal ao coñecer culturas e maneiras de vivir diferentes.  Actitude crítica ante as discriminacións amosadas nas mensaxes procedentes dos diferentes medios de comunicación social, audiovisuais e multimedia.  Uso dos coñecementos en lingua estranxeira para interpretar mensaxes presentes no propio medio. Presenza da lingua estranxeira en Galicia. Bloque 2- Ler e escribir  Asociación de grafía, pronunciación e significado a partir de modelos escritos e de expresións orais coñecidas, así como consolidación das

64


 

asociación grafía-son das mensaxes empregadas en situación funcionais de comunicación. Lectura e comprensión de diferentes mensaxes significativas (entrevistas de personaxes de interese, instrucións dun novo xogo, mensaxes de correo, narración dun suceso...) en soporte papel e dixital, adaptadas á competencia lingüística do alumnado, para utilizar información global e específica, no desenvolvemento dunha tarefa ou proxecto ou para disfrutar da lectura. Uso progresivamente autónomo de estratexias de lectura (utilización dos elementos do contexto visual e dos coñecementos previos sobre o tema ou sobre a situación de comunicación transferidos desde as linguas que coñece), identificando a información máis importante, deducindo o significado de palabras e de expresións non coñecidas e empregando diccionarios ou tradutores dixitais. Exploración das posibilidades expresivas da lectura de mensaxes en que a expresividade sexa ingrediente fundamental para a comprensión e para o disfrute destas (breves obras de teatro, chistes, poemas, cancións, conversas da vida cotiá...) Actitude crítica ante as mensaxes procedentes dos medios de comunicación social e da internet e identificación de valores e de ideas subliminais que supoñan calquera tipo de discriminación ou manipulación. Autonomía lectora e identificación e selección de lecturas (contos, folletos, revistas e cómics en lingua estranxeira) na biblioteca da aula e na do centro. Interese pola lectura autónoma de textos en lingua estranxeira para obter información e para gozar con eles. Lectura e escritura de textos propios de situación comunicativas habituais de relación social e dos medios de comunicación, así como de textos para aprender e para informarse. Valoración da lingua estranxeira como instrumento para aprender costumes e aspectos culturais propios dos países onde se fala a lingua estranxeira e doutros onde esta se estuda (manifestacións artísticas e musicais, danzas, festivais, paisaxe, climatoloxía, patrimonio histórico, comidas, deportes, xogos tradicionais e actividades de lecer...). Produción de textos escritos sobre temas de interese elaborados de forma cooperativa, seguindo as secuencias do proceso de produción (planificación, xeración de ideas, textualización e revisión), utilizando as tecnoloxías da información para a súa produción, e asegurando que o

65


resultado se acade a través da negociación entre o grupo. Interese por compartir os textos producidos (exposición na aula ou no centro).  Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos propios e alleos valorando o seu sentido estético.  Composición de textos de creación propia asociados a distintas situacións de comunicación, progresivamente máis extensos e ricos en léxico e en estruturas, seguindo as secuencias do proceso de produción (planificación, xeración de ideas, textualización - organización en parágrafos-, e revisión), con diversas intencións comunicativas (contar experiencias, sentimentos, preferencias, regular normas, informar de acontecementos, invitar a actuar con responsabilidade ecolóxica...).  Interese por empregar as TIC para producir textos e presentacións coa finalidade de transmitirlles a outros rapaces e a outras rapazas aspectos relacionados coa nosa identidade cultural (adaptando ou creando poemas, lendas, cancións e describindo lugares do contorno, personaxes da nosa cultura, xogos e festas populares...). Bloque 3. Reflexión sobre a lingua e consciencia intercultural  Uso de estratexias como a repetición; a imitación; a memorización; a asociación de palabras e de expresións con xestos, imaxes ou sons; a observación de modelos; a lectura de textos; a utilización de soportes multimedia e de dicionarios para a adquisición de novo léxico, formas e estruturas da lingua.  Interese por revisar e autocorrixir os textos, comparando os procedementos lingüísticos máis frecuentes utilizados coa mesma finalidade nas distintas linguas.  Confianza na propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira, aceptando o erro como parte do proceso e valorando o traballo cooperativo como forma de acadar obxectivos de aprendizaxe individuais e colectivos.  Activación e reflexión dos coñecementos lingüísticos desenvolvidos nas outras linguas para favorecer a comprensión das mensaxes escritas na lingua estranxeira (relacionar elementos do texto, prescindir de comprender o significado de palabras que non son esenciais, deducir o sentido de palabras e de estruturas).  Identificación dos propios problemas de comprensión e progresiva superación destes a través de toma de notas en producións orais, da atención ao contexto, da repetición, da memorización... 66


 Recoñecemento do uso e da funcionalidade dalgunhas formas e estruturas básicas propias da lingua estranxeira previamente utilizadas.  Actitude receptiva cara ás persoas que falan outra lingua e teñen culturas, hábitos, crenzas, opinións e formas de vida diferentes á propia.

3.8 – Área de Educación Física. Bloque 1. O corpo: imaxe e percepción. * Interiorización da imaxe e do esquema corporal, representación e uso dos elementos orgánico-funcionais no movemento. * Control corporal en situacións motrices complexas: utilización da capacidade de tensión e de relaxación. * Adquisición dunha axeitada mecánica respiratoria, valorando a súa importancia. * Adaptación da postura ás necesidades expresivas e motrices de xeito eficiente, fluído e harmónico. * Execución de movementos de certa dificultade cos segmentos corporais dominantes e non dominantes. * Realización de equilibrio estático, dinámico e con obxectos en situacións complexas e descoñecidas. * Estruturación e organización espacio-temporal en accións e en situacións motrices complexas. * Valoración e aceptación da propia realidade corporal, reflexionando criticamente acerca das mensaxes proporcionadas polos medios de comunicación. * Seguridade, confianza e autonomía persoal. Bloque 2. Habilidades motrices. * Adaptación das habilidades motrices básicas e específicas a diferentes situacións. * Uso das habilidades motrices básicas aplicadas a actividades deportivas e rítmicas complexas con eficiencia e creatividade. * Aplicación de habilidades específicas en iniciación deportiva de maneira óptima. * Dominio motor e corporal, seguridade e autonomía en medios diversos: natural, acuático, a neve... * Acondicionamento físico xeral orientado á mellora da execución das habilidades motrices. * Práctica de coordinacións globais e específicas en situacións complexas. * Valoración do traballo ben executado desde o punto de vista motor.

67


* Disposición favorable para participar en actividades físicas diversas, esforzándose e aceptando as diferentas no nivel de habilidade. Bloque 3. Actividades físicas artístico-expresivas. * Concienciación e uso axeitado das posibilidades expresivas e comunicativas da linguaxe corporal. * Elaboración de composicións grupais representando situacións variadas e atendendo a diferentes estímulos. * Expresión e comunicación de sentimentos e de emocións individuais e grupais a través do corpo, do xesto e do movemento. * Representacións e improvisacións artísticas por medio da linguaxe corporal e coa axuda de obxectos e materiais. * Composición de movementos variados a partir da combinación de estímulos rítmicos e musicais. * Execución de bailes e de danzas e elaboración de coreografías. * Participación desinhibida en situacións de comunicación corporal e de respecto ante as execucións alleas. * Valoración da expresión e da comunicación corporal como importantes para a educación integral. Bloque 4. Actividade física e saúde. * Autonomía na hixiene corporal e adquisición de hábitos posturais axeitados na vida cotiá e na actividade física. * Busca de información e análise crítica sobre aspectos alimentarios (proteínas, carbohidratos, lípidos...) para unha vida saudable. * Recoñecemento dos efectos beneficiosos da actividade física na saúde, identificación e rexeitamento das prácticas pouco saudables. * Incremento da condición física co obxectivo de mellorar a saúde. * Prevención de lesións na actividade física: quecemento, dosificación do esforzo, recuperación/relaxación, primeiros auxilios... * Utilización correcta e respectuosa do contorno, adoptando medidas de seguridade e de prevención de accidentes na actividade física. * Actitude favorable cara á actividade física con relación á saúde. Bloque 5. Xogos e deportes. * Recoñecemento do xogo e do deporte como fenómenos sociais e culturais: tipos de xogos e de actividades deportivas. * Aceptación e respecto cara ás normas, cara aos regulamentos, cara ás estratexias e cara ás persoas que participan no xogo, así como cara ao papel que corresponda desempeñar. * Realización de xogos e de actividades deportivas de diversas modalidades e de dificultade crecente. * Recompilación de información sobre xogos e deportes populares, autóctonos e tradicionais de Galicia e práctica destes. * Utilización axeitada e valoración das estrategias básicas do xogo: cooperación, oposición e cooperación/ oposición.

68


* Valoración do esforzo persoal e do colectivo nos diferentes tipos de xogos e actividades deportivas á marxe de preferencias e de prexuízos. * Aprecio do xogo e do deporte como medio de desfrute, de relación, de saúde e de ocupación do tempo de lecer. 3.9 – Área de Educación Musical. Bloque 1. Escoita -

Identificación e comentario da variedade de sons, de músicas, de movementos do corpo e de tecnoloxías que se poden utilizar cando se fai expresión musical, partindo da observación no contorno e incorporando unha

terminoloxía cada vez máis

adecuada. -

Indagación sobre as posibilidades comunicativas das TIC, da interacción de diferentes medios e linguaxes artísticas, das familias e das agrupacións intrumentais e vocais.

-

Identificación e apreciación de formas musicais sinxelas, das calidades dos sons, de agrupacións intrumentais e vocais en pezas musicais.

-

Análise dos parámetros do son: altura, intensidade, duración e timbre.

-

Gravación, escoita e comentario da música interpretada na aula e suxestión de posibilidades de mellora persoal e colectiva.

-

Utilización dos medios de comunicación e da internet para a busca de información, en soporte papel e dixital, sobre instrumentos, compositoras e compositores, intérpretes e eventos musicais de interese.

-

Investigación sobre as relacións entre as producións musicais e coreográficas e as realidades persoais e sociais onde naceron. 69


-

Valoración dos instrumentos populares galegos como integrantes do noso patrimonio cultural.

-

Valoración e interese pola música de diferentes épocas e culturas.

-

Identificación de agresións acústicas e da súa influencia na calidade de vida das persoas, e contribución activa á súa diminución e ao benestar persoal e colectivo.

-

Actitude atenta, silenciosa e respectuosa durante a audición de música e/ou na asistencia a diferentes representacións musicais.

Bloque 2. Interpretación e creación musical - Exploración das posibilidades sonoras e expresivas da voz, do corpo, dos obxectos, dos instrumentos, dos medios audiovisuais e tecnolóxicos para comunicar de forma sonora e corporal pensamentos, sensacións, emocións e experiencias. - Interpretación, memorización e improvisación guiada de cancións (da cultura galega e doutras) a unha ou varias voces desenvolvendo progresivamente a dicción, a afinación e a técnica vocal. - Improvisación, individual e/ou colectiva, de motivos, frases e pequenas formas, rítmicas e melódicas, como forma de acompañamento. - Interpretación de danzas coidando a coordinación tanto individual coma colectiva. - Incorporación e utilización progresiva dalgunha terminoloxía propia da linguaxe musical, adecuándoa á actividade. - Creación de mensaxes combinando elementos sonoros e corporais diversos para comunicar emocións, sensacións, experiencias e 70


sentimentos. - Interese pola participación en eventos e celebracións de contido musical, formulando opinións sobre eles. - Incorporación e utilización progresiva das grafías convencionais na lectura, na escritura e na interpretación de cancións e de pezas intrumentais sinxelas. - Asunción de responsabilidades na interpretación en grupo, e respecto ás achegas das demais persoas e á persoa que asuma a dirección. - Interese pola mellora do proceso de interpretación e do resultado final, cun nivel progresivo de confianza e de seguridade. - Utilización guiada dos medios audiovisuais e dos recursos informáticos para a sonorización de imaxes, de contos, de poesías, de refráns e de ditos, de pezas dramáticas... e para a creación de producións propias. - Invención de coreografías sinxelas para canción e de pezas musicais de diferentes estilos. - Traballo cooperativo, asumindo as responsabilidades que lle correspondan e respectando as achegas das demais persoas do grupo. - Actitude de constancia e de progresiva esixencia na interpretación musical.

3.10 – Área de Relixión. - A teoría científica e relixiosa sobre a orixen do mundo. 71


- A vida humana e do seu sentido último. - As diferentes teorías sobre a orixen do mundo no resto das relixións. - A historia da formación da biblia e os evanxelios dos apócrifos. - Os xeneros literarios na Biblia. - Análisis e manexo dos textos bíblicos. - Respeto polo libro sagrado dos cristiáns. - Os Dioses das distintas mitoloxías (Gregas, Romanas, Exipcias e Mesopotámicas): aspecto físico, historia, fins, signos e símbolos. - Manifestacións da estrutura do fenómeno relixioso na antigüidade (Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma). - Oracións, ritos, lugares, templos e libros sagrados das grandes relixións monoteistas. - Diferenciación entre relixións monoteistas e politeistas. - Expresión artísticas das distintas relixións dadas - As respostas ás grandes preguntas do ser humano no Xudaísmo, o Cristianismo e o Islam. O sentido e alcance da fe e as boas obras. - O ser humano, o sentido da súa vida e a súa salvación no Hinduísmo e o Budismo. - A presenza da Virxe María no Evanxeo e nos Feitos dos Apóstolos. - Os feitos sobre a anunciación e a visitación. - Festas dedicadas a Virxen, sentido e significado. - Interpretación

das

obras

artísticas

de

carácter

relixioso

relacionadas coa Virxen María. - A existencia do Ben e do Mal. - O relato do pecado orixinal. - A tentación de Xesús no deserto. - A actitude cristiá a favor do Ben.

72


- Análise da simboloxía en pinturas relixiosas. - Interpretación da simboloxía de textos bíblicos. - Interese por loitar contra o mal e as inxusticias facendo o ben. - Lugares relacionados e causas da condena a morte de Xesús. - Paixón, morte e resurrección de Xesús. - Grupos sociais en tempos de Xesús. - Análise crítica da condea a morte de Xesús. - Interés por descubrir a mensaxe da resurrección de Xesús. - A igualdade. - Os grupos relixiosos e políticos en tempos de Xesús. - A mensaxe de Xesús a favor da igualdade. - As actitudes cristiás ante adesigualdade e a discriminación. - Actitud crítica ante a discriminación e a desigualdade. - Coñecemento do traballo que fan as persoas que loitan sobre a igualdade (asociación, organizacións non gubernamentais etc…) - Elaboración dun calendario litúrxico. - Busqueda de información sobre as festividades das grandes religións do mundo. - O ano litúrxico. - Identificación das festas e os tempos do ano litúrxico. - Simboloxía da liturxia. - O arte Romático, Gótico e Barroco. - Historia de Santiago de Compostela, do apostol Santiago e do ano Compostelano. - Os monumentos galegos e españois e a súa arquitectura. 73


4.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS. 4.1 – Área de Matemáticas. QUINTO CURSO - Utiliza ordenadamente a linguaxe numérica, xeométrica, gráfica e de medida, argumentando e razoando as súas solucións. -

Relata experiencias propias incluíndo espontaneamente na súa narración medidas de espazo e tempo, números naturais ou fraccións, palabras relativas a comparacións e ás operacións aditivas e multiplicativas, etc.

- Interpreta documentos e mensaxes sobre fenómenos da vida cotiá que conteñen números e operacións, descricións de figuras, situacións no espazo ou itinerarios, etc.; e é capaz de utilizar este tipo de documentos para realizar pequenas investigacións ou apoiar argumentos en discusións sobre temas do seu interese. - Coñece o uso dos números como código. -

Estima unha solución razoable a un problema antes de resolvelo, selecciona e aplica pertinentemente as operacións necesarias cos datos dispoñibles e contrasta o resultado coa estimación realizada, interprétao en función do enunciado, revisándoo e corrixíndoo en caso necesario.

- Estima magnitudes (lonxitude, superficie, capacidade, masa e tempo) antes de medilas e contrasta os resultados obtidos coa estimación previa. -

Realiza as medicións con coidado, escolle entre as unidades e instrumentos de medida dispoñibles os que mellor se axusten á natureza do que se desexa medir, e expresa correctamente as medidas realizadas manexando múltiplos e submúltiplos.

-

Elixe un procedemento de cálculo numérico adecuado á situación concreta nun contexto de resolución de problemas, con números de

74


varias cifras, e executa con corrección dito procedemento, revisándoo se o resultado non coincide coa estimación prevista. - Coñece os elementos e propiedades máis importantes de corpos e figuras, axudándose delas para crear as súas propias composicións estéticas ou utilitarias. - Describe desprazamentos con relación ao punto de referencia elixido e utiliza sinxelos sistemas de coordenadas no plano, para localizar e describir puntos nel. - Interpreta unha representación espacial (esbozo de itinerario, plano ou maqueta), referente a espazos do seu contorno e identifica os elementos máis importantes. - Identifica que datos é preciso tomar cando recolle información para un propósito concreto e aplica a técnica adecuada. - Interpreta e elabora táboas de datos con pulcritude e precisión. -

Manifesta satisfacción polo progreso dos seus coñecementos matemáticos, pola autonomía que lle proporcionan eses coñecementos, así como pola crecente socialización que implica a linguaxe matemática.

- Aplica os coñecementos matemáticos a situacións lúdicas e identifica situacións do seu contorno familiar onde se utilizan. - Afronta con autonomía as situación problemáticas, sen pedir axuda ante a primeira dificultade, é consciente dos seus puntos débiles e esfórzase por superalos. -

Explora distintas representacións dunha situación concreta, contemplando as posibilidades das distintas linguaxes matemáticas (gráfica, numérica, etc.).

SEXTO CURSO - Utiliza ordenadamente a linguaxe numérica, xeométrica, gráfica e de medida, argumentando e razoando as súas solucións.

75


-

Relata experiencias propias incluíndo espontaneamente na súa narración medidas de espazo e tempo, números naturais ou fraccións, palabras relativas a comparacións e ás operacións aditivas e multiplicativas, etc.

- Interpreta documentos e mensaxes sobre fenómenos da vida cotiá que conteñen números e operacións, descricións de figuras, situacións no espazo ou itinerarios, etc.; e é capaz de utilizar este tipo de documentos para realizar pequenas investigacións ou apoiar argumentos en discusións sobre temas do seu interese. - Coñece o uso dos números como código. -

Estima unha solución razoable a un problema antes de resolvelo, selecciona e aplica pertinentemente as operacións necesarias cos datos dispoñibles e contrasta o resultado coa estimación realizada, interprétao en función do enunciado, revisándoo e corrixíndoo en caso necesario.

- Estima magnitudes (lonxitude, superficie, capacidade, masa e tempo) antes de medilas e contrasta os resultados obtidos coa estimación previa. -

Realiza as medicións con coidado, escolle entre as unidades e instrumentos de medida dispoñibles os que mellor se axusten á natureza do que se desexa medir, e expresa correctamente as medidas realizadas manexando múltiplos e submúltiplos.

-

Elixe un procedemento de cálculo numérico adecuado á situación concreta nun contexto de resolución de problemas, con números de varias cifras, e executa con corrección dito procedemento, revisándoo se o resultado non coincide coa estimación prevista.

- Coñece os elementos e propiedades máis importantes de corpos e figuras, axudándose delas para crear as súas propias composicións estéticas ou utilitarias. - Describe desprazamentos con relación ao punto de referencia elixido e utiliza sinxelos sistemas de coordenadas no plano, para localizar e describir puntos nel. 76


- Interpreta unha representación espacial (esbozo de itinerario, plano ou maqueta), referente a espazos do seu contorno e identifica os elementos máis importantes. - Identifica que datos é preciso tomar cando recolle información para un propósito concreto e aplica a técnica adecuada. - Interpreta e elabora táboas de datos con pulcritude e precisión. -

Manifesta satisfacción polo progreso dos seus coñecementos matemáticos, pola autonomía que lle proporcionan eses coñecementos, así como pola crecente socialización que implica a linguaxe matemática.

- Aplica os coñecementos matemáticos a situacións lúdicas e identifica situacións do seu contorno familiar onde se utilizan. - Afronta con autonomía as situación problemáticas, sen pedir axuda ante a primeira dificultade, é consciente dos seus puntos débiles e esfórzase por superalos. -

Explora distintas representacións dunha situación concreta, contemplando as posibilidades das distintas linguaxes matemáticas (gráfica, numérica, etc.).

4.2 – Área de Coñecemento do Medio. QUINTO CURSO - Obtén información concreta e relevante sobre feitos ou fenómenos previamente delimitados a partir da consulta de diversos documentos. -

Identifica e localiza os principais órganos implicados no desenvolvemento das funcións vitais do corpo humano, establecendo relacións entre estas e determinados hábitos alimentarios, de hixiene e de saúde.

- Identifica e practica os hábitos de alimentación, postura, hixiene e descanso máis adecuados para favorecer a saúde.

77


-

Aplica criterios que permiten identificar, comparar e clasificar as diferentes clases de animais e plantas.

- Identifica e describe os principais usos dos recursos naturais, sinalando as súas vantaxes e inconvenientes. - Formula conxecturas para explicar as relacións entre algúns factores do medio físico e algunhas características dos seres vivos. -

Aborda problemas sinxelos, extraídos do contorno inmediato, recollendo información de diversas fontes (enquisas, cuestionarios, imaxes, documentos, etc.), elaborando a información recollida (táboas, gráficos, resumos, etc.) extraendo conclusións e formulando posibles solucións.

- Identifica e describe os principais elementos que configuran a paisaxe da Galicia, do Estado Español e de Europa. - Recompila información sobre as características observables e regulables de Galicia e de España, seguindo criterios e pautas de observación sistemáticas. - Coñece os diferentes tipos de organizacións gobernamentais e sábese pertencente a unha comunidade autónoma (Galicia), a un Estado histórico (España) e a unha cultura universal. -

Emprega convenientemente as nocións espaciais para recoñecer e representar en planos e mapas, os lugares e os obxectos máis significativos de Galicia e de España.

- Coñece as características máis importantes dos grupos sociais aos que pertence para establecer semellanzas e diferenzas entre eles e clasificalos. - Describe as relacións de necesidade e complementariedade entre os diferentes traballos de Galicia e de España. - Identifica e clasifica as principais actividades económicas do contorno asociándoas aos sectores de produción e a algunhas características do medio natural. 78


- Ordena temporalmente os feitos históricos máis importantes ocorridos en Galicia e en España, referidos á evolución política e social. - Emprega os principios básicos do funcionamento democrático para superar os conflitos e rexeitar calquera tipo de discriminación por pertenza a grupos sociais. SEXTO CURSO - Obtén información concreta e relevante sobre feitos ou fenómenos previamente delimitados a partir da consulta de diversos documentos. -

Identifica e localiza os principais órganos implicados no desenvolvemento das funcións vitais do corpo humano, establecendo relacións entre estas e determinados hábitos alimentarios, de hixiene e de saúde.

- Identifica e practica os hábitos de alimentación, postura, hixiene e descanso máis adecuados para favorecer a saúde. -

Aplica criterios que permiten identificar, comparar e clasificar as diferentes clases de animais e plantas.

- Identifica e describe os principais usos dos recursos naturais, sinalando as súas vantaxes e inconvenientes. - Formula conxecturas para explicar as relacións entre algúns factores do medio físico e algunhas características dos seres vivos. -

Aborda problemas sinxelos, extraídos do contorno inmediato, recollendo información de diversas fontes (enquisas, cuestionarios, imaxes, documentos, etc.), elaborando a información recollida (táboas, gráficos, resumos, etc.) extraendo conclusións e formulando posibles solucións.

- Identifica e describe os principais elementos que configuran a paisaxe da Galicia, do Estado Español e de Europa. - Recompila información sobre as características observables e regulables de Galicia e de España, seguindo criterios e pautas de observación sistemáticas. 79


- Coñece os diferentes tipos de organizacións gobernamentais e sábese pertencente a unha comunidade autónoma (Galicia), a un Estado histórico (España) e a unha cultura universal. -

Emprega convenientemente as nocións espaciais para recoñecer e representar en planos e mapas, os lugares e os obxectos máis significativos de Galicia e de España.

- Coñece as características máis importantes dos grupos sociais aos que pertence para establecer semellanzas e diferenzas entre eles e clasificalos. - Describe as relacións de necesidade e complementariedade entre os diferentes traballos de Galicia e de España. - Identifica e clasifica as principais actividades económicas do contorno asociándoas aos sectores de produción e a algunhas características do medio natural. - Ordena temporalmente os feitos históricos máis importantes ocorridos en Galicia e en España, referidos á evolución política e social. - Emprega os principios básicos do funcionamento democrático para superar os conflitos e rexeitar calquera tipo de discriminación por pertenza a grupos sociais.

4.3 – Área de Lingua Castelá. QUINTO CURSO - Participar en situacións de comunicación, dirixidas ou espontáneas, respectando as normas da comunicación: quenda de palabra, organización do discurso, escoita e incorporación das intervencións dos demais. -

Expresarse de forma oral para transmitir feitos, coñecementos e opinións ou para levar a cabo as diferentes funcións comunicativas, utilizando un vocabulario preciso e unha estrutura coherente. 80


- Comprender o sentido global dos textos orais, recoñecendo as ideas principais e secundarias e identificando ideas ou valores non explícitos. - Ler en silencio valorando o progreso na velocidade e na comprensión, memorizar e reproducir textos. -

Interpretar e integrar as ideas propias coas contidas nos textos, comparando e contrastando informacións diversas, e amosar a comprensión a través da lectura en voz alta coa entoación e coa fluidez adecuadas.

- Narrar, explicar, describir, resumir e expoñer opinións e informacións en textos relacionados con situacións cotiás e escolares, de forma ordenada, adecuada, relacionando os enunciados entre si, usando de forma habitual os procedementos de planificación e revisión dos textos así como as normas gramaticais e ortográficas e coidando a caligrafía, a orde e a presentación. - Ler por propia iniciativa como fonte de pracer textos literarios da tradición oral e da literatura infantil adecuados ao ciclo, para coñecer as características da narración e da poesía e para facilitar a escritura dos ditos textos. - Utilizar estratexias (de lectura e de escritura) para planificar traballos, localizar e recuperar información, realizar inferencias, esquemas. Resumir os textos lidos reflectindo a estrutura e as ideas principais e secundarias. -

Utilizar textos científicos en diferentes soportes para recoller información, ampliar coñecementos e aplicalos en traballos persoais.

-

Usar e manexar con soltura as bibliotecas, videotecas, etc. e comprender os mecanismos e procedementos de organización e selección de obras e outros materiais. Colaborar no coidado e na mellora dos materiais bibliográficos e outros documentos dispoñibles na aula e no centro.

- Identificar cambios que se producen nas palabras, nos enunciados e nos textos ao realizar segmentacións, cambios na orde, supresións e 81


insercións que fan mellorar a comprensión e a expresión oral e escrita. - Comprender e utilizar a terminoloxía gramatical e lingüística propia do ciclo nas actividades de produción e comprensión de textos. - Coñecer e valorar a diversidade lingüística de Galicia e de España. -

Estimar o galego, estar motivado cara ao seu dominio e usalo progresivamente en situacións informais e formais, para comunicarse e para aprender.

- Usar habilidades lingüísticas e estratéxicas relacionadas coas áreas non lingüísticas para construír coñecementos, procesar información e expoñer conclusións e resultados mediante textos orais e escritos. - Interpretar e traducir textos breves en situacións nas que o destinatario da mensaxe non coñece a lingua do texto. - Utilizar textos das diferentes linguas do currículo, de acordo coa súa competencia, para elaborar un pequeno traballo nunha destas linguas. - Utilizar programas informáticos para a elaboración e presentación de textos. SEXTO CURSO - Participar en situacións de comunicación, dirixidas ou espontáneas, respectando as normas da comunicación: quenda de palabra, organización do discurso, escoita e incorporación das intervencións dos demais. -

Expresarse de forma oral para transmitir feitos, coñecementos e opinións ou para levar a cabo as diferentes funcións comunicativas, utilizando un vocabulario preciso e unha estrutura coherente.

- Comprender o sentido global dos textos orais, recoñecendo as ideas principais e secundarias e identificando ideas ou valores non explícitos. - Ler en silencio valorando o progreso na velocidade e na comprensión, memorizar e reproducir textos. -

Interpretar e integrar as ideas propias coas contidas nos textos, 82


comparando e contrastando informacións diversas, e amosar a comprensión a través da lectura en voz alta coa entoación e coa fluidez adecuadas. - Narrar, explicar, describir, resumir e expoñer opinións e informacións en textos relacionados con situacións cotiás e escolares, de forma ordenada, adecuada, relacionando os enunciados entre si, usando de forma habitual os procedementos de planificación e revisión dos textos así como as normas gramaticais e ortográficas e coidando a caligrafía, a orde e a presentación. - Ler por propia iniciativa como fonte de pracer textos literarios da tradición oral e da literatura infantil adecuados ao ciclo, para coñecer as características da narración e da poesía e para facilitar a escritura dos ditos textos. - Utilizar estratexias (de lectura e de escritura) para planificar traballos, localizar e recuperar información, realizar inferencias, esquemas. Resumir os textos lidos reflectindo a estrutura e as ideas principais e secundarias. -

Utilizar textos científicos en diferentes soportes para recoller información, ampliar coñecementos e aplicalos en traballos persoais.

-

Usar e manexar con soltura as bibliotecas, videotecas, etc. e comprender os mecanismos e procedementos de organización e selección de obras e outros materiais. Colaborar no coidado e na mellora dos materiais bibliográficos e outros documentos dispoñibles na aula e no centro.

- Identificar cambios que se producen nas palabras, nos enunciados e nos textos ao realizar segmentacións, cambios na orde, supresións e insercións que fan mellorar a comprensión e a expresión oral e escrita. - Comprender e utilizar a terminoloxía gramatical e lingüística propia do ciclo nas actividades de produción e comprensión de textos. - Coñecer e valorar a diversidade lingüística de Galicia e de España. -

Estimar o galego, estar motivado cara ao seu dominio e usalo 83


progresivamente en situacións informais e formais, para comunicarse e para aprender. - Usar habilidades lingüísticas e estratéxicas relacionadas coas áreas non lingüísticas para construír coñecementos, procesar información e expoñer conclusións e resultados mediante textos orais e escritos. - Interpretar e traducir textos breves en situacións nas que o destinatario da mensaxe non coñece a lingua do texto. - Utilizar textos das diferentes linguas do currículo, de acordo coa súa competencia, para elaborar un pequeno traballo nunha destas linguas. - Utilizar programas informáticos para a elaboración e presentación de textos.

4.4 – Área de Lingua Galega. QUINTO CURSO - Estima a lingua de Galicia e úsaa como canle de transmisión das súas propias experiencias en todas as situacións de comunicación. - Compara textos, orais e escritos, producidos nas diferentes variedades da lingua galega. - Participa de forma construtiva en situacións comunicativas propias da vida escolar, integrando as normas que posibilitan o intercambio nestas situacións. - Comprende o senso de mensaxes orais de uso habitual e interpreta a función de elementos non explícitos que modifican ou varían a intención comunicativa. -

Reproduce textos orais empregando a pronunciación, o ritmo e a entoación adecuados.

-

Produce textos orais nos que se presenten de forma ordenada e coherente os feitos, as ideas ou as vivencias. 84


-

Comprende un texto lido, utilizando estratexias de comprensión e métodos adecuados para resolver as dúbidas que se presenten.

- Le textos de diverso tipo con fluidez, empregando a pronunciación, a entoación e o ritmo adecuados. -

Valora positivamente o texto escrito como instrumento de comunicación e como fonte de pracer e de información. Tamén, manifesta preferencias na selección de lecturas e expresa as propias opinións sobre elas.

- Redacta textos escritos de diferente tipo empregando a estructura textual correspondente e utilizando os procedementos básicos que dan cohesión ao texto. - Integra nos textos escritos as normas ortográficas e emprega apoios, que no proceso de produción dun texto, permitan resolver dúbidas ortográficas. - Identifica os elementos básicos que integran a oración simple, coñece a concordancia na frase e utilízaos para mellorar as propias producións. - Comprende unha mensaxe, oral ou escrita, na que se integren os distintos códigos, verbal e non verbal, e analiza as súas características. - Identifica, en textos orais e escritos habituais, determinados temas e usos da lingua que supoñan unha discriminación social, racial, sexual ou doutro tipo. SEXTO CURSO - Estima a lingua de Galicia e úsaa como canle de transmisión das súas propias experiencias en todas as situacións de comunicación. - Compara textos, orais e escritos, producidos nas diferentes variedades da lingua galega. - Participa de forma construtiva en situacións comunicativas propias da vida escolar, integrando as normas que posibilitan o intercambio nestas situacións. 85


- Comprende o senso de mensaxes orais de uso habitual e interpreta a función de elementos non explícitos que modifican ou varían a intención comunicativa. -

Reproduce textos orais empregando a pronunciación, o ritmo e a entoación adecuados.

-

Produce textos orais nos que se presenten de forma ordenada e coherente os feitos, as ideas ou as vivencias.

-

Comprende un texto lido, utilizando estratexias de comprensión e métodos adecuados para resolver as dúbidas que se presenten.

- Le textos de diverso tipo con fluidez, empregando a pronunciación, a entoación e o ritmo adecuados. -

Valora positivamente o texto escrito como instrumento de comunicación e como fonte de pracer e de información. Tamén, manifesta preferencias na selección de lecturas e expresa as propias opinións sobre elas.

- Redacta textos escritos de diferente tipo empregando a estructura textual correspondente e utilizando os procedementos básicos que dan cohesión ao texto. - Integra nos textos escritos as normas ortográficas e emprega apoios, que no proceso de produción dun texto, permitan resolver dúbidas ortográficas. - Identifica os elementos básicos que integran a oración simple, coñece a concordancia na frase e utilízaos para mellorar as propias producións. - Comprende unha mensaxe, oral ou escrita, na que se integren os distintos códigos, verbal e non verbal, e analiza as súas características. - Identifica, en textos orais e escritos habituais, determinados temas e usos da lingua que supoñan unha discriminación social, racial, sexual ou doutro tipo.

86


4.5 – Área de Educación Plástica. -

Comprende e utiliza as posibilidades de expresión da imaxe e interrelaciona as linguaxes sonoras e corporais cos plásticos.

- Utiliza a súa actividade gráfica para representar en imaxes as súas vivencias e experiencias persoais. - Representa imaxes da realidade cotiá e do ámbito, seleccionando as técnicas máis apropiadas e os materiais axeitados. - Comunícase mediante signos e símbolos visuais pertencentes á linguaxe icónica. -

Intervén cooperativamente en traballos de creación artística, bidimensional e tridimensional, organizando e coidando o material utilizado.

- Utiliza, valora e distingue liñas, cores e texturas na representación das súas creacións, e analiza, interpreta e valora as producións alleas. - Explora as calidades dos materiais (plásticos, metálicos, téxtiles e de refugallo) e as súas posibilidades expresivas. - Mostra interese pola calidade na execución das súas creacións e goza coa súa realización, explicando as súas intencións expresivas. - Conserva e respecta o medio e as formas artísticas do contorno.

4.6-.Área de Educación para a Cidadanía. - Amosar respecto polas diferenzas e características persoais propias e dos compañeiros e compañeiras. Valorar as consecuencias das propias accións e responsabilizarse delas. -

Argumentar e defender as propias opinións, escoitar e valorar criticamente as opinións das demais persoas, amosando unha actitude de respecto e comprendendo que o que se axuíza ou desautoriza son opinións ou actuacións, nunca persoas. 87


- Participar colaborativamente na elaboración das normas, aceptalas, asumilas como propias e incorporalas aos propios patróns de conduta. Reflexionar sobre as normas existentes na comunidade e sobre a súa importancia -

Familiarizarse con algúns dos dereitos humanos recollidos na Declaración universal dos dereitos humanos e na Convención sobre os dereitos da infancia e cos principios de convivencia que recollen o Estatuto de autonomía e a Constitución española. Identificar os deberes máis relevantes asociados a eles. Recoñecer situacións en que non son respectados e participar en iniciativas (reais ou simuladas) de mellora delas.

-

Recoñecer e rexeitar prexuízos, situacións de discriminación, de marxinación e de inxustiza e interesarse por identificar os factores sociais, económicos, de orixe, de xénero ou de calquera outro tipo que as provocan, así como por atopar posibles vías de mellora para as persoas que as sofren. Valorar a importancia das accións individuais, pero entendendo que se necesitan accións colectivas.

- Identificar o funcionamento dos servizos públicos presentes na vida cotiá do alumnado e a súa relación con diferentes institucións e mais recoñecer a necesidade de que toda a poboación contribúa ao seu correcto funcionamento, mantemento e mellora a través de comportamentos responsables e solidarios (uso deses servizos, pagamento de impostos...). Por extensión, familiarizarse con outros servizos non tan próximos ao alumnado, pero tamén presentes de maneira directa ou indirecta na súa vida. - Ser consciente da transcendencia presente e futura de accións habituais na vida cotiá do alumnado e da necesidade de realizalas seguindo pautas que teñen a súa base na reflexión e na análise individual e colectiva deses comportamentos. -

Concienciarse da influencia que poden exercer os medios de comunicación, a Internet ou a publicidade nas decisións e opinións das persoas. 88


4.7 – Área de Lingua Inglesa.

* Valorar a lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e para achegarse a rapaces e rapazas doutras culturas que teñen formas de vida diferentes da propia e para descubrir algúns aspectos culturais diferentes e semellantes á identidade galega través de diferentes canles de comunicación. Con este criterio avaliarase a actitude positiva de respecto cara á aprendizaxe dunha nova cultura e o interese por descubrir semellanzas e diferenzas coa identidade propia. Valorarase tamén o esforzo por empregar a lingua estranxeira para establecer relación persoais a través de correspondencia escolar utilizando as novas tecnoloxías, tanto na interacción oral como na elaboración de comunicacións escritas.

* Empregar a lingua estranxeira como instrumento para a construción de novas aprendizaxes que non sexan puramente lingüísticas (obradoiro de solidariedade,de educación viaria, aprendizaxe e práctica dun xogo deportivo, dunha técnica artística...). Trátase de valorar a capacidade para empregar e identificar a lingua estranxeira non só como instrumento de comunicación e de convivencia, senón tamén como medio de acceso ao coñecemento.

* Comprender o sentido global de mensaxes orais significativas e identificar informacións específicas destas emitidas en diferentes situacións de comunicación, procedentes de distintas fontes e en diversos formatos. Avalíase con este criterio a capacidade de comprender mensaxes, informacións e conversas claras e sinxelas emitidas en diferentes contextos situacionais e mediante diversos formatos e fontes; mensaxes, informacións e conversas en que se utilicen as expresións e o vocabulario máis frecuente sobre o contorno persoal e familiar básico, 89


os xogos, os deportes, os contidos abordados noutras áreas e outros temas actuais do interese do alumnado. Avaliarase tamén a utilización de estratexias para comprender os textos orais, tales como relacionar elementos do texto e do contexto, prescindir de comprender o significado de palabras que non son esenciais e deducir o sentido de vocábulos e de estruturas.

* Manter conversas cotiás sobre temas de interese coñecidos e traballados con anterioridade en situación de comunicación funcionais, respectando as normas básicas dos intercambios, como esperar a quenda, escoitar e mirar a quen fala e interesarse polas intervencións alleas. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado é quen de comunicarse en situacións habituais sobre temas coñecidos e traballados previamente para expresar necesidades inmediatas como facer peticións, organizar a actividade, traballar en equipo, pedir aclaracións ou axuda. Avalíase a capacidade de utilizar expresións e enunciados para falar en termos sinxelos sobre a súa familia e outras persoas, sobre o tempo atmosférico, a roupa, os libros, os xogos e sobre contidos das diferentes áreas. Tamén se valorará a actitude coa que participa nos intercambios e se manifesta interese polas intervencións das demais persoas.

* Localizar en mensaxes escritas en diversos formatos, e relacionadas cos intereses dos rapaces e das rapazas, información explícita e realizar inferencias directas baseadas no contexto. Este criterio avalía a capacidade de ler e de identificar e entender información ou ideas relevantes explícitas en textos, máis complexos e extensos ca nos ciclos anteriores, que traten temas do interese do alumnado. Tamén se valora a habilidade para transcender o significado superficial e facer inferencias directas baseadas no texto e no contexto, así como para transferir coñecementos doutras linguas. 90


* Compoñer mensaxes escritas significativas atendendo ás persoas a quen van dirixidas, ao tipo de texto e á finalidade, tanto en soporte papel como dixital, e elaboradas de forma cooperativa. Avaliar a capacidade do alumnado de producir, a partir de modelos, textos curtos e diversos sobre temas relacionados cos seus intereses atendendo aos diferentes elementos da comunicación. Valorarase especialmente a atención prestada ás fases de produción do texto (planificación, xeración de ideas, textualización-organización en parágrafos e revisión) e a negociación no grupo para chegar ao resultado final.

* Usar formas e estruturas básicas propias da lingua estranxeira, incluíndo aspectos de ritmo, de acentuación, e de entoación en diferentes contextos comunicativos de forma significativa. Trátase de coñecer a capacidade de producir progresivamente, con maior corrección e intelixibilidade, aspectos fonéticos, de ritmo, de acentuación e de entoación da lingua estranxeira durante a participación activa en actividades diversas a partir de modelos. * Empregar algunhas estratexias para aprender a aprender, como facer preguntas pertinentes para obter información, pedir aclaracións, utilizar diccionarios bilingües e monolingües, acompañar a comunicación con xestos, buscar, recompilar e organizar información en diferentes soportes, utilizar as TIC para contrastar e comprobar información e identificar algún aspectos que axudan ao alumnado a aprender mellor. Este criterio pretende avaliar a utilización de estratexias básicas que favorecen o proceso de aprendizaxe. Tamén se avaliará a capacidade de ir valorando os propios progresos e de identificar recursos e estratexias que lle axudan ao alumnado a aprender mellor. * Amosar comprensión, tolerancia e respecto cara ás diferenzas de todo tipo, adoptando unha actitude positiva ante culturas e opinións alleas. Trátase de comprobar o coñecemento e a valoración do alumnado sobre a realidade plural do mundo onde vive e a súa actitude aberta e positiva cara ás diferenzas. 91


* Aplicar estratexias que favorezan a creatividade na produción de mensaxes próximas ao alumnado a partir dun contexto concreto e utilizando a educación artística, as tecnoloxías da comunicación e da información... Preténdese avaliar a capacidade dos nenos e das nenas de crear as súas propias mensaxes comunicativas, tomando como exemplo modelos actuais dos diferentes medios e empregando as diversas linguaxes que posibilitan a comunicación: verbal, non verbal, artística, audiovisual e informática. * Recoñecer, identificar e valorar algúns aspectos socioculturais do país ou países onde se fala a lingua estudada, identificando semellanzas e diferenzas coa nosa realidade. Demostrar curiosidade e interese por buscar información a través de diferentes medios. Preténdese comprobar se o alumnado coñece, identifica e localiza algúns aspectos socioculturais dos países onde se fala a lingua estranxeira e se é quen de establecer comparacións construtivas coa cultura propia, avanzando nunha conciencia intercultural. * Amosar confianza e interese por transmitir diferentes aspectos da propia cultura a outros nenos e nenas empregando o idioma estranxeiro oralmente e por escrito e valorando positivamente o que desde a nosa cultura podemos ofrecer. Trátase de que o alumnado sexa consciente da importancia da súa propia identidade e de que amose confianza ao transmitir aspectos significativos desta.

4.8 – Área de Educación Física. 

Axustar as accións do corpo aos cambios nas condicións da actividade, de maneira económica e eficaz, incidindo nos mecanismos de percepción, de decisión e de control motor.

Adaptar os desprazamentos, saltos e xiros a diferentes contornos que poidan presentar incerteza, sexan coñecidos ou descoñecidos.

Lanzar, pasar e recibir pelotas ou outros móviles de maneira controlada nos xogos ou actividades motrices e deportivas que o requiran,

92


axustándose axeitadamente á situación no terreo de xogo, ás distancias e ás traxectorias. 

Incrementar globalmente a condición física, axustando a súa actuación ao coñecemento das propias posibilidades e limitacións corporais e de movemento.

Construír composicións grupais interaccionando coas demais persoas, utilizando os recursos expresivos do corpo e do movemento, dos materiais e dos obxectos e atendendo a estímulos musicais, plásticos ou verbais.

Identificar algunhas das relacións que se establecen entre a práctica correcta e habitual da actividade física e a mellora da saúde e da calidade de vida e actuar de acordo con elas.

Actuar coordinada e cooperativamente coas persoas que compoñen o propio equipo para resolver retos ou opoñerse ás do equipo contrario nun xogo ou actividade deportiva colectiva, establecendo relacións construtivas e equilibradas.

Identificar como valores fundamentais dos xogos e das actividades deportivas o esforzo persoal e as relacións co grupo, resolvendo de forma crítica as situacións conflitivas que poidan xurdir.

Coñecer, practicar e valorar xogos e deportes populares tradicionais de Galicia, recompilando información sobre eles e interesándose pola súa conservación. 4.9 – Área de Educación Musical. - Explorar con coidado e seguridade materiais, obxectos e instrumentos, especialmente os singulares da nosa comunidade, identificando as súas principais características e calidades musicais (altura, intensidade, timbre, duración). - Ser capaz de manipular adecuadamente materiais, obxectos e instrumentos propios doutras culturas identificando as súas principais características e calidades. - Recoñecer instrumentos corporais e utilizalos como medios de 93


expresión musical. - Clasificar e agrupar os instrumentos escolares de percusión de altura indeterminada por familias: parche, metal e madeira. - Recoñecer os instrumentos escolares de percusión pola súa forma e polo seu timbre. - Acompañar cancións co acento e co pulso utilizando instrumentos corporais e de percusión de altura indeterminada. - Expresar as sensacións producidas polo manexo de diferentes tipos de materiais, instrumentos e obxectos propios da comunidade. - Acompañar exercicios rítmicos con instrumentos corporais. - Realizar adecuadamente os acompañamentos instrumentais. - Interpretar motivos rítmicos escritos en linguaxe non convencional, con instrumentos de percusión corporal e de altura indeterminada. - Diferenciar distintos tipos de voces, instrumentos, variacións e contrastes de velocidade, intensidade e forma, mediante a audición de obras musicais. - Asociar as distintas partes das audicións propostas co debuxo correspondente dentro do musicograma que se relaciona con eles. - Expresar mediante producións musicais improvisadas as vivencias, emocións e situacións da nosa vida como medio de comunicación cos demais. - Ser capaz de usar os recursos expresivos do propio corpo (voz, xestos corporais, movementos e desprazamentos) para responder a estímulos auditivos que percibe do medio no que está o centro.

94


- Discriminar auditivamente sons que representan contaminación acústica. - Discriminar sons do contorno escolar. - Desenvolver a capacidade de atención e a dinámica de escoita activa. - Comprender as variacións dos sons pola súa duración, a súa intensidade, a súa altura e o seu timbre. - Desenvolver a capacidade de distinguir os sons pola súa duración, a súa intensidade, a súa altura e o seu timbre. - Recrear con sons unha imaxe ou situación concreta seleccionando os máis idóneos e combinándoos de forma apropiada para lograr o efecto desexado. - Clasificar instrumentos da clase nas súas familias de P.A.D. e P.A.I., e á súa vez, en madeira, metal e parche e manexar a súa interpretación. - Empregar o propio corpo, os obxectos e os instrumentos dos que dispomos para realizar acompañamentos de diversas cancións e melodías e interpretar estas coa frauta doce e a voz. - Situar, orientar e mover o propio corpo polo espazo coñecido, empregando diferentes formas de desprazamento. - Ser capaz de interesarse por incorporar ás producións propias o percibido na exploración sensorial de materiais, obxectos e instrumentos e na observación efectuada de imaxes de medios diferentes. - Elaborar producións musicais sinxelas de xeito desinhibido e 95


pracenteiro mostrando confianza en si mesmo. - Discriminar liñas melódicas ascendentes e descendentes. - Escribir o nome das notas. - Recoñecer, escribir e interpretar as figuras redonda, branca, negra, corchea e semicorchea (cos seus silencios correspondentes) combinándoas entre si. - Repetir e escribir convencionalmente ritmos con todas as figuras estudadas. - Participación en audicións de manifestacións musicais da nosa comunidade expresando, de forma respectuosa con elas, as sensacións, ideas e emocións que transmiten. - Identificar algunhas das manifestacións musicais do noso contorno relacionándoas cos acontecementos que evocan. - Ser capaz de apreciar a capacidade de coordinación e axuste de percusións nos exercicios de ritmo. - Expresar a través da voz, da percusión e do movemento corporal elementos, accións e sucesos significativos do medio no que está o centro educativo. - Cantar as cancións coa entoación adecuada e interpretar correctamente as coreografías asociadas ás mesmas. - Utilizar adecuadamente os recursos expresivos da voz para o canto e para a imitación de sons. - Entoar correctamente a escala ascendente e descendente así coma os saltos interválicos.

96


- Describir, a través da súa exploración auditiva, calidades do son producidas pola voz ou instrumentos. - Escoitar e interpretar sons de distinta duración. - Ler e interpretar secuencias métrico–rítmicas con sons e silencios. - Explorar por medio das audicións os sons producidos por obxectos, instrumentos musicais, etc..., propios do noso patrimonio. - Escribir de forma non convencional un ritmo. - Valorar manifestacións musicais da nosa comunidade e de distintas culturas coa axuda das novas tecnoloxías da información, recoñecendo o papel que a expresión vocal, instrumental e corporal ten nelas. - Participar na escoita, audición e interpretación de obras musicais sinxelas mostrando actitudes de respecto e colaboración cos demais. - Desenvolver a percepción auditiva a través da audición de fragmentos musicais. - Empregar as distintas posibilidades expresivas do propio corpo en coordinación cos demais para realizar representacións musicais colectivas de forma lúdica. - Interpretar cancións populares e cultas, axustando a súa voz á do grupo prestando atención ao carácter, á expresión, á dicción e á dinámica. - Realizar acompañamentos sinxelos de diversas cancións e melodías a través do propio corpo, dos obxectos e dos instrumentos do noso contorno. 97


- Interesarse por coñecer músicas de distintas características apreciando os elementos creativos e innovadores destas e valorando o patrimonio musical. - Identificar, entre varios motivos melódico–rítmicos sinxelos, un motivo

escoitado

e

relacionalo

coa

súa

representación

convencional. - Entoar e acompañar con xestos, desfile, movementos ou danzas as cancións de cada unidade. - Participar en danzas da nosa comunidade e doutras culturas. - Interpretar unha danza coas cancións de cada unidade con movemento e percusión corporal. - Interpretar coa frauta doce melodías populares e cultas do noso repertorio con coidado e precisión - Investigar e aportar datos sobre os temas tratados empregando as TIC. - Asimilar e recoñecer os diferentes estilos musicais e agrupacións que temos tanto Galicia como noutras rexións e culturas así como familiarizarse cos instrumentos que os integran. - Coñecer, interpretar e elaborar coplas propias do noso folclore para as diferentes épocas do ano tratadas 4.10 – Área de Relixión. -

Narrar as diferentes teorías (científica e relixiosa) da orixen do mundo. Dar a súa opinión sobre a vida humana e do seu sentido último. Saber as diferentes teorías sobre a orixen do mundo no resto das relixións. 98


-

-

Saber manexar a Biblia, sendo capaces de buscar distintos relatos bíblicos. Explicar o proceso de formación da Biblia e a existencia dos evanxelios dos apócrifos. Saber enumerar e recoñecer os distintos textos literarios que aparecen na Biblia. Saber enumerar e recoñecer os distintos Dioses das diferentes mitoloxías, cales eran os seus cometidos e a súa historia Saber identificar algúns signos e símbolos representativos do fenómeno relixioso na antigüidade. Relacionar as grandes relixións vixentes, descubrindo as súas principais semellanzas e diferenzas. Recoñecer a que relixións pertencen as distintas representacións artísticas dadas pola temática e os símbolos alí plasmados. Distinguir o sentido último da vida segundo as relixións monoteístas. Saber diferenzas as concepcións sobre a salvación do home no Hinduísmo e o Budismo. Respetar e valorar as distintas actitudes relacionadas con cada unha das relixións dadas. Colaborar activamente na búsqueda de información sobre os diferentes traballos plantexados. Recoñecer os distintos relatos bíblicos sobre o persoaxe de María Nombrar algúns días festivos relacionados coa Virxen María. Situar e valorar a presenza da Virxe María nos momentos culminantes da vida de Cristo, recoñecendo que ocupa un lugar especial na salvación. Recoñecer nas distintas representacións artísticas os momentos puntuais sobre a vida da Virxen. Saber diferenciar sobre actitudes positivas e negativas para o ser humano e a convivencia en xeral.

- Identificar o relato do pecado orixinal. - Enumerar os sete pecados capitais. - Enumerar os grupos sociais da época e comparalos coa época actual. - Saber elaborar un mapa cronolóxico sucedido ata a súa resurrección. 99


- Saber indicar os días señalados nun calendario. - Desarrollar unha opinión crítica sobre temas filosóficos e sociais. - Participar activamente nas dinámicas de grupos e debates. - Enumerar actitudes de desigualdade que ten a sociedade actual. - Enumerar as festividades do resto das relixións. - Saber diferenciar entre o arte Románico, Gótico e Barroco - Contar a historia de Santiago de Compostela e do Santiago Apostol. - Sinalar as diferencias entre os distintos estilos arquitectónicos.

100


5.-MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS. 5.1 – Área de Matemáticas. Competencia matemática - Recoñecer distintos usos dos números e utilizar códigos numéricos para identificar obxectos, situacións... - Recoñecer a utilidade das operacións para resolver problemas. - Recoñecer a utilidade do cálculo mental no manexo das moedas e billetes de curso legal. - Resolver problemas que impliquen o manexo do diñeiro. - Recoñecer as fraccións, os seus termos, a súa representación e a súa nomenclatura. -

Aplicar a situacións cotiás, o cálculo do valor dunha parte dunha cantidade que se dividiu en partes iguais.

- Utilizar as unidades de medida de lonxitude para enfrontarse a situacións nas que empregar as matemáticas fóra da aula. -

Desenvolver o gusto pola precisión e o rigor na utilización dos instrumentos de medida.

- Establecer relacións e equivalencias entre as distintas unidades de tempo. - Aplicar en distintos contextos os conceptos relativos aos distintos tipos de liñas, ás súas posicións relativas e aos ángulos. - Ser capaz de utilizar os conceptos relativos aos triángulos, cuadriláteros, circunferencia e círculo en distintos contextos: analizar, describir, clasificar, interpretar, as formas dos obxectos que nos rodean. - Adquirir coñecementos e destrezas matemáticas. - Mostrar interese por utilizar modos matemáticos de pensamento. 101


Comunicación lingüística - Incorporar os números á linguaxe habitual, como elementos con valor expresivo e interpretar mensaxes que conteñen números. - Describir verbalmente os razoamentos e procesos matemáticos que interveñen nas distintas operacións matemáticas. -

Incorporar á súa linguaxe habitual a terminoloxía das distintas operacións matemáticas.

-

Utilizar unha linguaxe precisa e clara na descrición, localización e organización de feitos ao longo do tempo.

- Incorporar as fraccións á linguaxe habitual, como elementos con valor expresivo. - Incorporar á súa linguaxe habitual a terminoloxía do sistema métrico decimal. - Utilizar o vocabulario axeitado en situacións familiares de medida de capacidade e de peso. - Incorporar á súa linguaxe habitual a terminoloxía do sistema monetario. - Incorporar á linguaxe habitual a terminoloxía xeométrica aprendida. - Valorar a terminoloxía xeométrica como recurso expresivo. - Describir verbalmente os procesos matemáticos que interveñen na elaboración de táboas e gráficas. - Incorporar á súa linguaxe habitual a terminoloxía elemental estatística. Coñecemento e interacción co mundo físico -

Recoñecer a utilidade dos números para expresar cantidades das magnitudes que manexamos todos os días.

- Facilitar unha mellor comprensión do contorno. -

Utilizar as distintas operacións matemáticas para enfrontarse a situacións cotiás nas que empregar as matemáticas fóra da aula. 102


-

Recoñecer a utilidade das fraccións para expresar cantidades das magnitudes que manexamos todos os días.

- Utilizar o sistema monetario para enfrontarse a situacións cotiás nas que empregar as matemáticas fóra da aula. - Describir o contorno de xeito máis axustado á realidade. - Localizar no tempo as propias vivencias: ao longo do día, do mes, do ano, etc. -

Aplicar os conceptos e nomenclatura relativos aos elementos xeométricos para analizar, describir e comprender o contorno real.

-

Transmitir informacións precisas sobre aspectos cuantificables do contorno.

Tratamento da información e competencia dixital - Proporcionar destrezas asociadas ao uso dos números. - Facilitar a comprensión de informacións que incorporen cantidades e medidas. - Iniciarse no uso de calculadoras e de ferramentas tecnolóxicas para facilitar a comprensión de contidos matemáticos. -

Iniciarse no uso de cronómetros e reloxos dixitais para facilitar a comprensión de contidos matemáticos.

- Utilizar Internet como recurso para a busca de información e para a obtención de figuras e representacións xeométricas. - Utilizar a linguaxe gráfica e estatística para interpretar a información sobre a realidade. Social e cidadá -

Valorar a utilidade dos números como recurso para analizar os elementos e relacións da sociedade na que vivimos.

103


- Desenvolver a colaboración cos demais e mostrar actitudes de axuda co fin de resolver situacións problemáticas nas que interveñan as distintas operacións matemáticas. -

Valorar a utilidade das fraccións como recursos para cuantificar e resolver situacións cotiás.

- Desenvolver a colaboración cos demais e mostrar actitudes de axuda co fin de resolver situacións problemáticas nas que interveña o diñeiro. - Desenvolver a colaboración cos demais e mostrar actitudes de axuda co fin de resolver situacións problemáticas nas que interveña as unidades de medida de lonxitudes. - Planificación dos produtos que se van consumir antes de comprar. - Valorar a puntualidade como algo positivo para a convivencia. -

Aceptar outros puntos de vista diferentes ao propio ao utilizar estratexias de resolución de problemas.

Aprender a aprender - Recoñecer a utilidade das representacións gráficas para fixar e aclarar conceptos e relacións nos números. - Verbalizar o proceso seguido na aprendizaxe das distintas operacións matemáticas, para potenciar o desenvolvemento de estratexias que faciliten a aprendizaxe autónoma. - Realizar debuxos ou esquemas que lle axuden á busca da solución a un problema. - Potenciar o desenvolvemento de estratexias que faciliten a aprendizaxe autónoma. -

Desenvolver a habilidade para comunicar con eficacia, os propios resultados.

- Recoñecer a utilidade das representacións gráficas para fixar e aclarar conceptos e relacións nos números fraccionarios 104


- Recoñecer a utilidade de utilizar debuxos ou esquemas que lle axuden á busca da solución a un problema. -

Potenciar unha actitude experimentadora cara á utilización de diferentes instrumentos e unidades de medida.

- Verbalizar o proceso seguido na aprendizaxe, para reflexionar sobre como se aprende. - Recoñecer e aplicar a manipulación, a construción e a representación como métodos de investigación e descubrimento en xeometría. Autonomía e iniciativa persoal - Seguir un método como estratexia para ter unha maior seguridade na resolución de problemas. - Desenvolver a confianza para enfrontarse con éxito a situacións incertas. - Xestionar os recursos para optimizar os procesos de resolución de problemas, utilizando distintas operacións matemáticas. - Xestionar os recursos para optimizar os procesos de resolución de problemas nos que interveña a medida do tempo. - Trazar un plan, buscar estratexias e tomar decisións para resolver problemas. - Mostrar curiosidade por coñecer a utilidade das aprendizaxes novas. - Resolver problemas no ámbito das fraccións - Enfrontarse a novas situacións con maior posibilidade de éxito, tendo en conta a valoración dos resultados obtidos en situacións similares. - Mostrar interese por descubrir diferentes formas de construción e representación dos elementos e figuras xeométricos. - Xestionar os recursos para optimizar os procesos de resolución de problemas, utilizando as unidades de medida de lonxitude.

105


Cultural e artística -

Valorar o coñecemento matemático como contribución ao desenvolvemento cultural dos pobos.

-

Recoñecer as relacións e formas xeométricas axuda na análise de producións artísticas.

- Utilizar os envases de refugallo para realizar producións artísticas. - Utilizar algunhas obras de arte para traballar contidos matemáticos.

5.2 – Área de Coñecemento do Medio. Comunicación lingüística - Aumentar a riqueza no vocabulario específico da área. - Ser rigoroso no emprego dos termos específicos desta área. - Saber construír un discurso: ser coidadoso na precisión de termos, encadeamento de ideas, expresión verbal. - Adquirir a terminoloxía específica sobre seres vivos, e sobre obxectos e fenómenos naturais. - Comprender textos informativos, explicativos e argumentativos. - Transmitir ideas en informacións sobre a natureza. Matemática - Utilizar ferramentas matemáticas tales como medidas, escalas, táboas ou representacións gráficas. - Utilizar a linguaxe matemática para cuantificar fenómenos naturais, expresar datos. Coñecemento e interacción co mundo físico - Interpretar o mundo físico a través dos conceptos aprendidos. - Saber definir problemas, estimar solucións e elaborar estratexias. 106


- Deseñar pequenas investigacións. - Analizar resultados e comunicalos. - Observar o mundo físico, obter información e actuar de acordo con ela. - Coñecer o propio corpo e as relacións entre os hábitos e as formas de vida e a saúde. - Coñecer as implicacións da actividade humana no medio natural. - Buscar solucións para avanzar cara ao logro dun desenvolvemento sostible. - Participar na toma de decisións en torno a problemas locais e globais formulados. Tratamento da información e competencia dixital - Utilizar distintos procedementos de busca, selección, organización e aplicalos na área. - Saber utilizar un ordenador de forma básica. - Saber buscar en internet de forma guiada. - Mellorar nas destrezas asociadas á utilización de esquemas, mapas conceptuais. - Utilizar as tecnoloxías da comunicación e a información para ter unha visión actualizada da actividade científica. Social e cidadá - Coñecer sentimentos e emocións en relación cos demais. - Desenvolver actitudes de diálogo e de resolución de conflitos. - Aceptar e elaborar normas de convivencia. - Asentar as bases dunha futura cidadanía mundial, solidaria, participativa e demócrata. - Comprender a realidade social na que se vive. 107


- Ser conscientes do papel da sociedade no avance da ciencia. - Coñecer como se produciron debates esenciais para o avance da ciencia para entender a evolución da sociedade. Cultural e artística - Coñecer as manifestacións culturais do noso contorno. - Valorar a diversidade cultural do noso contorno. - Recoñecer as manifestacións culturais que forman parte do patrimonio cultural de Galicia. Aprender a aprender - Desenvolver técnicas para aprender, organizar, memorizar e recuperar a información. - Facer resumos, esquemas ou mapas mentais. - Reflexionar sobre o que e como se aprendeu. - Adquirir conceptos esenciais ligados ao noso coñecemento natural para incorporar información proveniente da propia experiencia ou de escritos ou audiovisuais. - Adquirir procedementos de análise de causas e consecuencias. Autonomía e iniciativa persoal - Tomar decisións desde o coñecemento dun mesmo (no ámbito escolar e nas actividades de ocio). - Participar na construción de solucións. - Ter habilidade para iniciar e levar a cabo proxectos.

5.3 – Área de Lingua Castelá. Competencia en comunicación lingüística

108


-

Comprender e producir mensaxes orais que conteñan feitos, coñecementos e opinións.

- Adquirir técnicas de redacción aplicables a calquera escrito. - Ler e comprender de forma autónoma textos literarios en prosa e en verso. - Participar activamente en intercambios comunicativos orais respectando as normas que os rexen. - Comprender e utilizar a terminoloxía propia do ciclo: tipos de textos, clases de palabras, mecanismos básicos de formación do léxico. - Mostrar interese pola lectura e pola escritura como instrumentos para relacionarse cos demais e para aprender. - Adaptar o significado das palabras ao contexto. - Buscar, recompilar e procesar a información. - Valorar os textos literarios como forma de comunicación, fonte de coñecemento e recurso de gozo persoal. - Expresar adecuadamente ideas e emocións. - Poñer en práctica os coñecementos e estratexias para escribir correctamente, mediante o estudo das normas ortográficas básicas, das normas de puntuación e acentuación e do estudo de todas as clases de palabras. - Comprender e saber comunicar as normas de uso da linguaxe. - Utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita. Autonomía e iniciativa persoal - Desenvolver a autoestima ante a creación dos propios textos. - Comunicarse cun mesmo, analizar problemas, elaborar plans e tomar decisións. - Empregar a linguaxe para organizar o pensamento, comunicar afectos, regular emocións.

109


Competencia para aprender a aprender - Manexar de xeito eficaz os recursos do traballo intelectual. - Favorecer a motivación e o gusto por aprender - Xestionar de forma eficaz os procesos de aprendizaxe. - Acceder ao saber e á construción de coñecementos mediante a linguaxe. Tratamento da información e competencia dixital - Consultar un dicionario en internet. - Transformar a información en coñecemento. - Valorar o coñecemento científico. - Buscar, seleccionar e rexistrar a información. - Traballar en contornos de colaboración. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico - Localizar e obter a información. - Valorar o coñecemento científico. - Mostrar actitude de respecto ante as normas. - Ter habilidade para interactuar co espazo circundante. - Mostrar actitudes de respecto cara aos demais e cara a un mesmo. Competencia social e cidadá - Crear un sistema de valores propio baseado no respecto. - Utilizar a lingua como destreza para a convivencia, o respecto e o entendemento. -

Aprender a comunicarse cos demais e a comprender o que estes transmiten.

- Valorar todas as linguas como aptas para a comunicación. - Acabar cos usos discriminatorios da linguaxe. 110


Competencia artística e cultural - Ler, comprender e valorar as obras literarias. - Usar de forma responsable os recursos da biblioteca. - Comprender, apreciar e valorar as manifestacións culturais e artísticas. - Expresarse con imaxinación e creatividade. - Ser consciente da importancia dos factores estéticos na vida cotiá. - Apreciar a creatividade a través dos diferentes medios artísticos.

5.4 – Área de Lingua Galega. Competencia en comunicación lingüística - Coñecer a orde das palabras no dicionario. -

Interpretar, comprender e utilizar a información que aparece no dicionario.

- Comprender e saber aplicar as normas ortográficas e gramaticais da lingua. - Comprender o sentido figurado de expresións feitas. - Desenvolver a atención para resolver xogos lingüísticos. - Aprender a coñecer a biblioteca recoñecendo as normas polas que se rexe. - Buscar, recompilar e procesar a información. - Utilizar a lingua como instrumento de comunicación oral e escrita. - Producir textos orais e escritos. - Discriminar diferentes tipoloxías textuais. - Comprender, compoñer e utilizar textos narrativos, expositivos, poéticos e teatrais. 111


- Coñecer e utilizar os recursos necesarios para a descrición de animais, persoas e paisaxes. - Coñecer técnicas sinxelas para estruturar e redactar un conto. - Recoñecer e saber aplicar as características propias da lingua poética. - Expresar axeitadamente ideas e emocións. Autonomía e iniciativa persoal - Desenvolver a autoestima ante a creación dos propios textos. - Tomar a iniciativa de participar na dramatización de textos propios ou alleos. - Adquirir a necesaria confianza nun mesmo para interactuar cos demais e tomar decisións propias. - Utilizar a lingua para organizar o pensamento, comunicar afectos e opinións, regular emocións. Competencia para aprender a aprender - Adquirir e aplicar uns hábitos de traballo. - Acceder ao saber e á construción de coñecementos mediante a lingua. - Utilizar recursos de carácter lúdico na adquisición de conceptos. - Desenvolver e aplicar a lóxica para establecer relacións semánticas ou gramaticais. - Saber abstraer e sistematizar as ideas esenciais dun texto para elaborar un esquema. Tratamento da información e competencia dixital - Consultar un dicionario en Internet. - Visitar bibliotecas virtuais e acceder á información que achegan. - Buscar, seleccionar e manexar os datos obtidos en Internet ou noutras fontes de información. 112


- Crear unha páxina web. - Desenvolver a capacidade para interpretar as noticias que achegan os medios de comunicación e opinar sobre elas. - Saber utilizar o correo electrónico para se comunicar. - Recoñecer o particular rexistro lingüístico das SMS e comprender que non se axusta ás normas gramaticais. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico - Aprender a desenvolverse no contorno e a respectalo. - Desenvolver a conciencia de pertencer ao mundo e reparar nos cambios que se producen no contorno e nos seres vivos de forma periódica. - Coñecer e valorar a fauna e a flora propias da nosa comunidade. - Recoñecer a lingua como o principal medio de comunicación entre os seres humanos e utilizala para establecer relacións cos demais. -

Coñecer outras formas de vida e outras culturas e aprender a respectalas.

Competencia social e cidadá - Crear un sistema de valores propio baseado no respecto. -

Entender a lingua como a base da convivencia, o respecto e o entendemento.

-

Recoñecer a diferenza entre os seres humanos como un valor enriquecedor.

-

Aprender a comunicarse cos demais e a comprender o que estes transmiten.

- Valorar todas as linguas como aptas para a comunicación. - Recoñecer as variantes da lingua como fenómenos da fala e respectalas. - Desenvolver actitudes de consumo responsable. Competencia artística e cultural 113


- Ler, comprender e valorar as obras literarias. - Coñecer e valorar as tradicións propias da nosa comunidade. - Comprender, apreciar e valorar as manifestacións artísticas, propias e alleas. - Coñecer algúns persoeiros claves da cultura galega. - Usar de forma responsable os recursos da biblioteca. - Expresarse con imaxinación e creatividade. - Poder apreciar nun texto literario e noutro tipo de creacións os trazos que contribúen á súa estética.

5.5 – Área de Educación Plástica. Competencia en comunicación lingüística - Valorar a obra artística. - Buscar a orixinalidade narrativa e formal. - Obter información relevante e suficiente a partir da observación. - Describir procesos de traballo e argumentación de solucións. - Desenvolver capacidades relacionadas coa fala, como a respiración, a dicción e a articulación. - Adquirir un vocabulario específico da área. - Xerar intercambios comunicativos. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico - Aproveitar a información xestual ofrecida polo contorno humano e modélico. - Utilizar con fruición as técnicas plásticas. - Explorar de maneira sensorial os espazos. 114


- Tomar conciencia da importancia de contribuír a preservar un contorno físico agradable e saudable. - Utilizar o medio como pretexto para a creación artística. - Mostrar actitudes de respecto cara aos demais e cara a un mesmo. - Apreciar o contorno a través de cores, formas, sons, texturas, etc., presentes na natureza e nas obras realizadas polo home. Competencia matemática - Representar xeometricamente os esquemas de debuxo e as formas de seres e obxectos cotiáns. - Poñer en práctica procesos de razoamento e identificar a validez destes. - Valorar o grao de certeza dos resultados derivados do razoamento. - Seleccionar as técnicas adecuadas para calcular os pulsos. Tratamento da información e competencia dixital - Transmitir información mediante técnicas plásticas. - Analizar a imaxe e a mensaxe que transmite. - Usar a tecnoloxía para o tratamento de imaxes visuais. - Analizar a imaxe, o son e as mensaxes que estes transmiten. - Buscar, seleccionar e intercambiar información sobre manifestacións artísticas para o seu coñecemento e goce. - Usar a tecnoloxía para mostrar procesos relacionados coa música e coas artes visuais. Competencia social e cidadá - Indagar e planificar procesos. - Coidar e conservar materiais e instrumentos. - Ter flexibilidade ante un mesmo suposto. 115


- Traballar en equipo cooperando e asumindo responsabilidades. - Aplicar técnicas concretas e utilizar os espazos de maneira apropiada. - Seguir as normas e as instrucións dadas. - Expresarse buscando o acordo con actitude de respecto, de aceptación e de entendemento. Competencia cultural e artística - Ter interese polo coñecemento dos materiais. - Experimentar con técnicas e materiais. - Explorar os materiais cromáticos e gozar cos resultados obtidos. - Intercambiar información sobre imaxes de calquera época e cultura. - Representar formas presentes no espazo natural. - Coñecer diferentes códigos artísticos e utilizar as técnicas e os recursos que lles son propios. - Facilitar a expresión e a comunicación. - Coñecer, valorar e manter unha actitude crítica ante as manifestacións culturais e artísticas. - Promover a iniciativa, a imaxinación e a creatividade. - Apoiar e apreciar as iniciativas e as contribucións alleas. Competencia para aprender a aprender -

Ter curiosidade respecto do resultado final dunha actividade manipulativa.

- Valorar o potencial creativo contido nas formas sinxelas. - Indagar e planificar procesos. - Esforzarse por alcanzar resultados orixinais. - Reflexionar sobre o proceso de iluminación. 116


- Observar co obxecto de adquirir información relevante e suficiente. -

Reflexionar sobre os procesos na manipulación de obxectos, a experimentación con técnicas e materiais e a exploración sensorial de sons, texturas, formas e espazos.

- Utilizar os coñecementos adquiridos en situacións diferentes. Autonomía e iniciativa persoal - Manipular materiais e adquirir bagaxe plástica expresiva. - Experimentar e gozar co uso de técnicas e materiais. - Desenvolver iniciativas e solucións diversas. -

Favorecer a creatividade levando a cabo iniciativas e barallando diferentes posibilidades.

- Fomentar a orixinalidade e a busca de novas formas innovadoras no proceso creativo. - Elixir os recursos tendo en conta a intencionalidade expresiva do que se desexa lograr. -

Planificar o proceso creativo e esforzarse por alcanzar resultados orixinais.

- Adquirir coñecementos e buscar solucións a partir da exploración e da indagación.

5.6- Área de Educación para a Cidadanía. Competencia social e cidadá - Propiciar a adquisición de habilidades para vivir en sociedade e para exercer a cidadanía democrática. - Reforzar a autonomía, a autoestima e a identidade persoal. - Favorecer o espírito crítico para axudar á construción de proxectos persoais de vida. 117


- Impulsar os vínculos persoais baseados en sentimentos. - Afrontar as situacións de conflito, ao propoñer a utilización sistemática do diálogo. - Coñecer os principios contidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, na Convención dos Dereitos do Neno e na Constitución Española. -

Coñecer os fundamentos e modos de organización das sociedades democráticas.

-

Interiorizar valores de cooperación, solidariedade, compromiso e participación.

- Consolidar as habilidades sociais. Autonomía e iniciativa persoal - Participar, tomar decisións e comportarse con responsabilidade. - Dialogar como modo de aproximar as diferenzas sociais, culturais e económicas. - Construír un pensamento propio. - Fortalecer a autonomía para analizar, valorar e decidir. Comunicación lingüística - Coñecer termos e conceptos propios da área. - Exercitarse na escoita, na exposición e na argumentación. Competencia de aprender a aprender - Estimular as habilidades sociais, o impulso do traballo en equipo, a participación e o uso sistemático da argumentación. - Ser quen de sintetizar as ideas propias e alleas, e de presentar de modo razoado o propio criterio.

118


5.7 – Área de Lingua Inglesa.

1. Manter conversacións cotiás e familiares sobre temas coñecidos en situacións de comunicación predicibles, respectando as normas básicas do intercambio como escoitar e mirar a quen fala. 2. Captar o sentido global e identificar informacións específicas en textos orais variados emitidos en diferentes situacións de comunicación. 3. Ler e localizar información explícita e realizar inferencias directas en comprender textos diversos sobre temas de interese. 4. Elaborar textos escritos atendendo o destinatario, ao tipo de texto e á finalidade, tanto en soporte papel como dixital.

5. Usar formas e estruturas propias da lingua estranxeira incluíndo aspectos sonoros, de ritmo, acentuación e ton en diferentes contextos comunicativos de forma significativa. 6. Usar algunhas estratexias para aprender a aprender, como facer preguntas pertinentes para obter información, pedir aclaracións, utilizar dicionarios, acompañar a comunicación con xestos, buscar, recompilar, e organizar información en diferentes soportes, utilizar as TIC para contrastar e comprobar información, e identificar algúns aspectos que a axuden a aprender mellor. 7. Valorar a lingua estranxeira como instrumento de comunicación con outras persoas, como ferramenta de aprendizaxe, e mostrar curiosidade e interese cara ás persoas que falan a lingua estranxeira. 8. Identificar algúns trazos, costumes e tradicións de países onde fala a lingua estranxeira. 119


9. O respecto polas opinións dos demais, a organización dos materiais de estudio, e o fomento do traballo cooperativo.

5.8 – Área de Educación Física. QUINTO CURSO 1. Coñecemento e interacción co mundo físico – Identificar a función e utilidade do carné deportivo. – Coñecer diferentes hábitos saudables relacionados coa actividade física. – Identificar as partes do corpo, os seus nomes e funcións. – Saber orientarse, coñecer e identificar as relacións espaciais e topolóxicas básicas. – Coñecer a historia dos deportes, algunhas regras e o vocabulario asociado aos deportes de base. – Utilizar a expresión corporal como medio para comunicar sensacións, ideas ou sentimentos. – Coñecer as normas básicas de educación vial e interpretar os sinais verticais. 2. Competencia social e cidadá – Describir situacións e vivencias persoais partindo de preguntas pautadas sobre o tema. – Desenvolver as habilidades sociais de respecto cara aos demais sen discriminación por diferenzas corporais físicas, sociais ou sexuais. – Valorar a importancia de colaborar á hora de resolver exercicios e realizar actividades colectivas. – Respectar as regras do xogo e adquirir o hábito do xogo limpo nas actividades deportivas. – Apreciar o valor social que pode ter o deporte como medio para facilitar a integración, o respecto e a relación entre as persoas. – Utilizar a actividade deportiva e as actividades expresivas para facilitar a relación, a integración e o respecto e a cooperación cos demais. – Aprender a convivir respectando e cumprindo as normas viais. 3. Competencia artística e cultural – Apreciar as manifestacións culturais tradicionais relacionadas coa actividade física e co deporte. – Realizar debuxos e aplicar diferentes técnicas plásticas. – Representar a figura humana en distintas posicións articulares e tendo en conta os diferentes segmentos que a forman. – Valorar a riqueza cultural que determinan a historia e as manifestacións deportivas. 120


– Realizar traballos manuais seguindo as instrucións que se propoñen. – Representar mediante un debuxo a información dun texto. – Coñecer e valorar as manifestacións artísticas que se fundamentan na expresividade corporal. 4. Autonomía e iniciativa persoal – Expresar as preferencias persoais en materia de xogos e deportes. – Coñecerse a un mesmo e as posibilidades do movemento articular. – Interactuar co espazo circundante, moverse nel e resolver problemas nos que interveñan obxectos. – Aprender e desenvolver autonomamente hábitos de coidado persoal relacionados coa actividade física e coa saúde. – Coñecer a forma de actuar nun caso de accidente ou lesión leve. – Asumir a propia responsabilidade nas regras dun xogo. – Autoavaliar o seu propio comportamento en relación ás normas viais. 5. Competencia para aprender a aprender – Entender e valorar a educación física como un elemento indispensable para preservar a saúde. – Establecer correspondencias entre as diversas informacións traballadas no tema. – Aplicar os conceptos do tema para desenvolverse no medio. – Argumentar e comprender as razóns a favor ou en contra de determinados comportamentos relacionados coa saúde. – Valorar os novos coñecementos como un elemento que enriquece a vida persoal e social. – Diferenciar distintos deportes e xogos a partir do material que se utiliza neles. – Interesarse por coñecer e aplicar os novos coñecementos. 6. Tratamento da información e competencia dixital – Analizar e cubrir un modelo de cuestionario. – Observar ilustracións analizando a información que nos transmiten e aplicando a discriminación visual. – Clasificar datos seguindo determinados criterios. – Usar a Internet para a procura e compilación de información. – Interpretar datos da vida cotiá presentados en forma de táboas. – Asociar unha imaxe á súa etiqueta correspondente. – Iniciarse na procura de certas informacións e datos coa axuda do/a mestre/a ou consultando outras fontes. 7. Competencia en comunicación lingüística – Expresarse correctamente, de xeito oral e escrito, aplicando o vocabulario específico do tema. – Ler e comprender o contido dun texto, ampliando o vocabulario 121


– – – – –

específico sobre o tema. Expresar oralmente o observado nunha imaxe e respectar as intervencións dos/as compañeiros/as. Localizar nun texto a información suficiente para responder as preguntas que se formulan. Describir e definir as características básicas dos diferentes deportes de base. Narrar de xeito coherente e ordenado un acontecemento, unha experiencia, un conto, unha historia, etc. Acompañar a expresión oral con outros elementos comunicativos non verbais como os xestos, a postura, a intensidade da voz, ou a entoación.

8. Competencia matemática – Utilizar táboas e gráficos estatísticos para a presentación e a análise de diversos datos. – Identificar as simetrías e proporcións corporais. – Utilizar os segmentos corporais como escala de medida. – Orientarse no espazo próximo seguindo unha secuencia de instrucións, tomando de referencia o propio corpo e as referencias topolóxicas. – Utilizar o cálculo matemático para coñecer o ritmo cardiaco e resolver problemas sinxelos. – Interpretar as distintas formas de anotación de puntuacións en diferentes deportes. – Comparar as formas xeométricas de diferentes sinais viais. SEXTO CURSO 1. Coñecemento e interacción co mundo físico – Identificar a función e utilidade do carné deportivo. – Identificar os músculos das extremidades e a súa funcionalidade a nivel físico. – Coñecer os factores que determinan o desenvolvemento corporal e observar o propio ritmo evolutivo. – Reflexionar sobre medidas hixiénicas, a prevención de enfermidades e a súa implicación na actividade física. – Coñecer e identificar as habilidades e destrezas básicas. – Comprender a importancia do quecemento previo á actividade física, coñecer diferentes clases de lesións e os seus coidados. – Coñecer a historia dos deportes e interesarse polos que se practican na natureza. 2. Competencia social e cidadá – Desenvolver as habilidades sociais de respecto cara aos demais sen discriminación por diferenzas corporais físicas, sociais ou sexuais. – Participar de forma activa en diversas tarefas colectivas respectando as ideas e achegas dos demais. – Descubrir a importancia da colaboración no traballo en grupo, 122


– – – –

respectar as regras do xogo e desenvolver o sentimento de competencia ou eficacia persoal. Valorar os XX.OO. como un medio de encontro, convivencia e colaboración entre culturas e países distintos. Analizar a importancia dun código de regras ou normas para facilitar a práctica dun deporte. Utilizar a actividade deportiva e as actividades expresivas para facilitar a relación, a integración e o respecto e a cooperación cos demais. Valorar a actividade física na natureza como ocupación do tempo libre e recreativa das persoas.

3. Competencia artística e cultural – Apreciar as manifestacións culturais tradicionais relacionadas coa actividade física e co deporte. – Aplicar as técnicas plásticas na realización de diversas actividades. – Identificar e representar a imaxe corporal desde o seu estudo evolutivo persoal. – Realizar traballos manuais seguindo as instrucións que se propoñen. – Debuxar e aplicar cores de forma creativa. – Representar mediante un debuxo a información dun texto. – Valorar a riqueza cultural que determina a historia deportiva, os deportes, a danza e outras técnicas expresivas. 4. Autonomía e iniciativa persoal – Expresar as preferencias persoais en materia de xogos e deportes. – Coñecerse a un mesmo e reflexionar sobre os cambios no tempo. – Ser conscientes das características do noso corpo e dos coidados que necesita. – Coñecerse a un mesmo e as propias posibilidades e limitacións no desenvolvemento das habilidades básicas. – Aprender as normas básicas de actuación nun caso de accidente ou lesión. – Asumir a propia responsabilidade nas regras dun xogo. – Explicar experiencias e vivencias persoais. 5. Competencia para aprender a aprender – Relacionar novas aprendizaxes cos que xa posuímos por telos traballado con anterioridade. – Adquirir os hábitos cívicos de conduta implícitos no xogo limpo e hábitos saudables de hixiene e de coidado do corpo. – Utilizar de forma eficaz os recursos e as técnicas adquiridas respecto ás habilidades motoras en situacións diferentes. – Tomar conciencia das medidas de seguridade no uso de materiais e espazos. – Valorar os novos coñecementos como un elemento que enriquece a vida persoal e social. 123


– Interpretar e aplicar correctamente as instrucións necesarias para completar un proceso. – Diferenciar os deportes de base segundo o coñecemento das súas regras. 6. Tratamento da información e competencia dixital – Observar ilustracións e detectar a información, sentimentos ou mensaxes que nos transmiten. – Usar a Internet para a procura e compilación de información. – Interpretar correctamente os sinais arbitrais en diversas modalidades deportivas. – Valorar e criticar as mensaxes e estereotipos relacionados coa práctica deportiva procedentes dos medios de comunicación. – Asociar unha imaxe á súa etiqueta correspondente. – Iniciarse na procura de certas informacións e datos coa axuda do/a mestre/a ou consultando outras fontes. – Clasificar, organizar, presentar e analizar datos en forma de ficha informativa. 7. Competencia en comunicación lingüística – Expresarse oralmente e por escrito aplicando o vocabulario específico do tema e tendo en conta a información máis relevante que se quere comunicar. – Ler ou interpretar o contido dun texto. – Respectar as normas básicas que facilitan as conversas colectivas. – Explicar de forma ordenada unha historia representada nunha secuencia de imaxes. – Localizar nun texto a información suficiente para responder as preguntas que se formulan. – Narrar de xeito coherente e ordenado un acontecemento, unha experiencia, un conto, unha historia, etc. – Acompañar a expresión oral con outros elementos comunicativos non verbais como os xestos, a postura, a intensidade da voz, ou a entoación. 8. Competencia matemática – Resolver problemas aplicando o procedemento de resolución de problemas e a comparación de datos. – Elaborar e interpretar táboas e gráficos estatísticos. – Utilizar os números para identificar e secuenciar imaxes. – Comparar espazos de xogo e o número de xogadores/as de diferentes deportes. – Interpretar a información expresada en porcentaxes. – Establecer correspondencias entre diversas cantidades de alimentos e as calorías correspondentes. – Calcular as calorías inxeridas e o gasto enerxético realizado.

124


5.9 – Área de Educación Musical. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜISTICA - Aplicar o vocabulario relacionado cos contidos da educación musical para posibilitar o avance do intercambio comunicativo e a expresión de emocións e opinións persoais. - Escribir e ler os nomes das notas. - Aprender un repertorio de cancións (orais e escritas) referidas ao tema da unidade didáctica. - Ter curiosidade cara ás fontes sonoras dos instrumentos que manexa na escola e os que soan nas audicións de música culta. - Utilizar a voz e o corpo como instrumentos de expresión e comunicación. - Expor de forma ordenada valoracións relacionadas cos intereses musicais dos nosos compañeiros/as.

COMPETENCIA MATEMÁTICA - Traballar a escritura musical. - Escribir con precisión os elementos da notación musical. - Traballar as figuras musicais e o silencio e a súa duración proporcional. - Repasar os compases. - Identificar e reproducir fórmulas e esquemas rítmicos. - Traballar visual e auditivamente e interpretar a proporción 125


matemática utilizada nos ritmogramas e a súa relación coa lonxitude da melodía. - Traballar as figuras xeométricas coas coreografías que acompañan as cancións e as danzas.

COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO - Coñecer, valorar e gozar do medio natural, social e cultural; as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación deste. - Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL - Manexar os aparellos e soportes de tecnoloxía analóxica e dixital de son: radiocasetes, CD, ata os mais modernos soportes de repro-dución: midi, mp3, mp4… - Utilizar métodos audiovisuais para ver e escoitar sons, instrumentos propios da comunidade e doutras culturas. - Utilizar con precaución e coidado os materiais, instrumentos e aparellos útiles para a escoita, a interpretación e a creación musical. - Discriminar e describir de xeito ordenado e significativa instrumentos clásicos. 126


- Discriminar e describir de xeito significativo instrumentos musicais propios da nosa cultura das outras.

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ - Desenvolver habilidades de cooperación para conseguir un resultado do grupo satisfactorio. - Comprender a realidade da pluralidade social actual coa que convivimos e aprender a respectarnos. - Respectar e ter actitude de escoita nas intervencións individuais dos compañeiros. - Aceptar nas danzas e coreografías os compañeiros/as sen discriminar a ninguén. - Ser capaz de valorar as obras musicais procedentes doutras comu-nidades españolas, europeas ou universais. - Participar na escoita, audición e interpretación de obras musicais sinxelas, mostrando actitudes de respecto e colaboración cos demais. - Gozar coa audición e contemplación de manifestacións artístico–

musicais da nosa comunidade valorándoas como

elementos signifi-cativos do patrimonio cultural propio.

COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA - Ampliar as posibilidades de comunicación cos demais e de 127


expresión persoal mediante a utilización de recursos musicais. - Escribir e interpretar os elementos da notación musical. - Ter curiosidade cara ás fontes sonoras dos instrumentos que manexa na escola e os que soan nas audicións de música culta. - Valorar as cancións populares como expresión cultural dos pobos, enriquecendo a súa bagaxe cultural. - Escoitar e aprender a música culta mediante a participación activa, fomentando o interese pola música dos nosos devanceiros. - Escoitar e aprender outros tipos de música mediante a participación activa, fomentando o interese pola música actual. - Valorar as manifestacións culturais do folclore da nosa comunidade e doutras culturas. COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER - Coordinar diversos recursos expresivos (canto, mimo, movemento rítmico e danza) nas producións musicais propias e colectivas. - Aprender a ter capacidade autocrítica, reflexionando sobre o esforzo e logros conseguidos. - Ser capaces de elaborar preguntas coherentes sobre os elementos que caracterizan a linguaxe musical e manexar a diversidade de respostas. - Traballar a iniciativa individual e a cooperación nas montaxes coreográficas acomodadas ao seu nivel de desenvolvemento. - Ter curiosidade e interese individual na aprendizaxe de conceptos musicais e interdisciplinares. - Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para a procura e organización de informacións relacionadas coa música. 128


- Elaborar algunha ficha en grupo ou por parellas para aprender uns doutros na posta en común, respectando as opinións dos compañeiros/as. - Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe. AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL - Ampliar as posibilidades de comunicación cos demais e de expresión persoal mediante a utilización de recursos musicais. - Desenvolver a confianza en si mesmos mediante as dramatizacións e as coreografías (en grupo), ademais de fomentar o espírito de superación nas actividades individuais, grazas aos eloxios e ánimos do profesorado. - Valorar e coidar a voz, cantando sen forzar as cordas vocais, de forma natural e desinhibida. - Adquirir habilidades para a prevención e resolución pacífica de conflitos que poidan xurdir ao formar parellas, grupos, quendas de xogo… - Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.

129


6.-PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. 6.1 – Áreas de Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Castelá, Lingua Galega, Educación Plástica e Educación para a Cidadanía.. Entendemos a avaliación como un elemento fundamental e inseparable da práctica educativa, que permite recoller, en cada momento, a información necesaria para poder realizar os xuízos de valor oportunos que faciliten a toma de decisións respecto do proceso de ensino-aprendizaxe. Por tanto, non se pode circunscribir a un só aspecto ou momento, senón que se debe estender ao longo de todo o proceso educativo de forma global e sistemática; por unha parte, indicando que obxectivos se conseguen e cales non, e, por outra, en que grao de profundidade e ónde, como, cando e por que se producen os problemas ou erros. En calquera caso, sempre é bo ter presente que debe ser a avaliación e cales as súas funcións, os seus obxectivos e as súas modalidades máis convenientes. Concepto - Análise dos datos cuantitativos e cualitativos recollidos na posta en práctica do proxecto curricular, co fin de tomar as decisións que permitan a súa máxima eficacia. Funcións - Diagnóstico: Información sobre a marcha do desenvolvemento do currículo, os alumnos e as alumnas e os profesores e as profesoras. - Prognóstico: Avance de expectativas sobre que pode ocorrer, para previr e resolver problemas. - Adaptación: Acomodación dos diferentes métodos e recursos aos distintos ritmos de aprendizaxe dos alumnos e das alumnas, con miras á máxima personalización do proceso educativo. - Orientación: Guía, paso a paso, do camiño que se debe seguir en cada momento do desenvolvemento curricular. 130


- Regulación: Facilitación e harmonización de elementos persoais, materiais e funcionais para garantir o grao de eficacia do desenvolvemento do currículo. - Control: Certificación da calidade e cantidade dos logros obtidos. Obxectivos - Pescudar a necesidade, a viabilidade, a idoneidade, a oportunidade, o aproveitamento e a rendibilidade do deseño e do desenvolvemento curricular. - Actuar en función do alumno e da alumna, atendéndoos como persoas, tanto individual coma socialmente. - Proporcionar datos de todos os participantes no proceso educativo: alumnado, docentes, deseños e desenvolvementos curriculares, etc., para poder decidir o que mellor conveña. - Obter información cuantitativa e cualitativa sobre a asimilación do programa e, xa que logo, sobre a súa eficacia. - Constatar que se van adquirindo e desenvolvendo as capacidades previstas nos obxectivos curriculares. - Avaliar axeitadamente o aproveitamento docente-discente para poder orientalo da mellor maneira. - Coñecer exhaustivamente os elementos que integran o proceso educativo, en especial o alumnado, para poder elaborar diagnósticos o máis axustados posible. - Informar á comunidade educativa, sobre todo aos pais, e solicitar a súa axuda. - Motivar con vistas ao proceso de ensino-aprendizaxe. - Facilitar información ás institucións recoñecidas que o requiran. - Prognosticar e orientar as posibilidades dos alumnos e das alumnas e previr o fracaso escolar. 131


- Coñecer a calidade da actuación docente, individual e grupal, e do sistema educativo. - Establecer programas de reciclaxe ante a detección de malos resultados. - Superar a antiga concepción da avaliación como único control. Modalidades - Avaliación inicial, que facilita a valoración dos coñecementos previos, as capacidades e as actitudes do alumnado, co obxecto de adecuar o proceso de ensino-aprendizaxe á realidade das súas posibilidades. - Avaliación formativa continua, que pretende coñecer se se van logrando os obxectivos propostos, cando aínda se pode intervir modificando o camiño para conseguilos; é dicir, avaliación do proceso e como proceso. Este tipo de avaliación ten un especial carácter regulador, orientador e autocorrector do proceso educativo desde o seu comezo, o que require unha avaliación inicial previa. - Avaliación sumativa, que estima os méritos ao finalizar o currículo (máis cuantitativa), na que se valora, sobre todo, o dominio das capacidades adquiridas; isto é, avaliación do resultado. Principios - Que sexa un medio, non un fin en si mesma. - Que constitúa un proceso continuo, progresivo e sistemático. - Que atenda ás diferenzas individuais. - Hai que partir do que se quere avaliar e despois avalialo. - Traballar en equipo á hora do seu deseño. - Ter flexibilidade ao elixir os criterios ou probas. - Debe basearse en criterios claros e o máis obxectivos posibles. - Hai que dotala dun mínimo de requisitos para a súa realización. 132


- Debe tratar aspectos cualitativos e cuantitativos. - Ten que recoller ao máximo todos os aspectos da personalidade. - Reflectir de maneira clara: que, como e cando debe realizarse. - Propiciar ao seu termo o proceso de reorganización específico e global (feed-back). A avaliación do proceso de ensinanza Non só debe avaliarse o proceso de aprendizaxe do alumno, senón tamén o proceso de ensinanza. Neste sentido, aos datos aportados pola avaliación continua dos alumnos será necesario engadir outros datos referentes á validez da programación das actividades de ensinanza deseñadas, dos recursos materiais e persoais empregados, dos tempos e espazos previstos, da agrupación de alumnos, dos criterios de avaliación aplicados e da propia actuación do profesor. A avaliación da propia práctica docente do profesorado, ben sexa de forma individual ou do conxunto do equipo docente, revélase como unha das estratexias de formación máis potentes para mellorar a calidade da ensinanza e aprendizaxe. A avaliación da intervención educativa debe ser continua, por iso, convén tomar datos ao longo do proceso para facer os cambios axeitados no momento oportuno. Non obstante, dadas as características dos diferentes elementos do proceso e dos documentos en que se plasman, podería dicirse que hai momentos especialmente indicados para recoller a información. Os instrumentos de avaliación deben cumprir os seguintes requisitos: - Ser moi variados, de modo que permitan avaliar os distintos tipos de capacidades e de contidos curriculares. - Dar información concreta do que se pretende avaliar sen introducir variables que distorsionen os datos. -

Utilizar distintos códigos (verbais, icónicos, gráficos, numéricos, audiovisuais,...) de modo que se adecúen ás distintas aptitudes sen que o código obstaculice o contido que se pretende avaliar. 133


- Ser aplicables en situacións estructuradas da actividade escolar. - Permitir avaliar a transferencia das aprendizaxes a contextos distintos daqueles nos que se adquiriron, comprobando así a súa funcionalidade.

6.2 – Área de Lingua Inglesa. Ao entender a avaliación como parte esencial do proceso de ensinoaprendizaxe, utilizarémola como instrumento moi válido na nosa labor docente, detectando os progresos e dificultades, e buscando formas de intervención axustadas ás necesidades concretas de cada alumno/a.

A avaliación que levaremos a cabo con respecto ao proceso de ensinoaprendizaxe será continua e constará dos seguintes momentos: - Avaliación inicial, para coñecer o punto de partida. - Avaliación formativa, para coñecer os logros e dificultades no momento mesmo de producirse. - Avaliación final, para coñecer o nivel alcanzado ao termo de cada momento de ensino-aprendizaxe. Utilizaranse, entroutras:

-

Laminas de autoavaliación. Láminas de avaliación de cada unidade por parte do profesor. Tests de avaliación inicial ou diagnóstica. Tests de final dos trimestres. Tests de final de curso.

Directrices e instrumentos para la realización de avaliación inicial Para a recollida de información desta avaliación inicial utilizaremos: 134


Observación directa e sistemática do alumnado. Seguimento dos traballos realizados. Comprobación da participación nas actividades. Entrevistas ou diálogos directos cos alumnos, a nivel do grupo-clase ou de forma particular e individual. - Revisión das láminas de autoavaliación. - Rexistro dos datos. -

6.3 – Área de Educación Física. INTRODUCIÓN A avaliación entendémola coma unha descrición dos resultados do proceso de aprendizaxe, observando e valorando os cambios obtidos ao longo deste proceso. Para lévala adiante tentaremos dar resposta a catro preguntas básicas:

Que avaliar? O proceso, os compoñentes do proceso ensino-aprendizaxe: obxectivos, metas que deben alcanzar os alumnos a partir duns contidos, a través de actuacións (actividades), que se estruturan e organizan dunha maneira determinada (métodos), utilizando medios adecuados (recursos).

A quen avaliar? -Ao alumno (obxectivos e contidos). -Ao profesor (actividades, métodos e recursos).

135


Cando? -Ao alumno: Con referencia ao alumno realizaremos tres tipos de avaliación: inicial, continua e final. -Ao proceso: A través dun proceso que implique tres fases: diagnóstica, formativa e sumativa.

Como? Atendendo a unhas pautas e a uns criterios que imos redactar a seguir.

EXPLORACIÓN INICIAL OU AVALIACIÓN PREVIA

As actividades de avaliación inicial realizadas para dictaminar o nivel dos alumn@s, a partir das cales deseñarei as actividades de ensinoaprendizaxe, revelan un nivel alto en canto á consecución de obxectivos de tipo procedimental, destacando o bloque de habilidades e destrezas e o dos xogos. Con todo, o nivel de consecución de obxectivos de tipo conceptual e actitudinal, parece, polo observado na realización destas actividades, bastante deficiente. PAUTAS DE AVALIACIÓN -Avaliación personalizada dos nenos observando a progresión dentro das capacidades individuais dos mesmos.

136


-Ter en conta a asistencia, o material e a actitude na clase. -Ficha de seguimento do proceso de aprendizaxe na área. -Realización de diversos tests (motores e físicos). -Marcar os criterios de avaliación por ciclos.

SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN. INSUFICIENTE: non acadados de maneira suficiente o 50% dos criterios. SUFICIENTE: acadados de forma suficiente o 50% dos criterios. BEN: acadados bastante ben máis do 50% dos criterios. NOTABLE: acadados ben máis do 75% dos criterios. SOBRESALIENTE: acadados moi ben máis do 75% dos criterios.

6.4 – Área de Educación Musical. A avaliación debe abranguer tanto a actividade de ensinanza coma a de aprendizaxe e debe constituír un proceso continuo, sistemático, flexible e integrador. Este proceso ten como obxectivos: - Coñecer a situación de partida dos compoñentes que inciden no proceso no momento en que se propón a avaliación. - Facilitar a formulación dun modelo de actuación adecuado ao contexto, en función dos datos anteriores.

137


- Seguir a evolución do desenvolvemento e aprendizaxe dos alumnos. - Tomar as decisións necesarias para adecuar o deseño e desenvolvemento da nosa acción educadora ás necesidades e logros detectados nos alumnos nos seus procesos de aprendizaxe. Se a avaliación constitúe un proceso flexible os procedementos terán que ser de diversa índole, entre outros, contemplaremos: - A observación de comportamentos e actitudes. - Seguimento do traballo individual no libro de cada alumno/a. - Probas configuradas como síntese dos contidos máis significativos traballados no proceso de ensinanza aprendizaxe Na folla de rexitro de cada trimestre aparecen as seguintes consignas:  MB : significa que realiza de xeito satisfactorio todas as actividades propostas.  B : significa que realiza de xeito safistactorio máis dun 80% das actividades propostas.  Rg : significa que realiza de xeito satisfactorio entre un 50% e un 80% das actividades propostas.  M : significa que realiza de xeito satisfactorio menos do 50% das actividades propostas

138


7.-DIRECTRICES E INSTRUMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL. Co obxecto de garantir unha axeitada transición do alumnado entre as etapas e ciclos de Educación Infantil e de Educación Primaria, no mes de setembro celebrarase unha reunión entre os profesores dos equipos docentes saínte e entrante e a Xefatura de Estudos co fin de trasladar e analizar a información e a documentación académica correspondente ao alumnado que comeza este novo nivel. Ademais da información recibida, o novo profesor titor aplicaralle ao alumnado unha proba inicial coa que se determinará o punto de partida dende o que este inicia as novas aprendizaxes, e o equipo docente tomará as decisións relativas ao desenvolvemento do currículo e á súa adecuación ás súas características e o seu nivel de coñecementos. Do mesmo xeito, estes datos servirán de base para adoptar as medidas necesarias de atención á diversidade recollidas no plan correspondente a aqueles alumnos e alumnas que o precisen co fin de facilitarlles a continuación do seu proceso de aprendizaxe e o acceso ao currículo.

139


8.-CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. 8.1 – Áreas de Matemáticas, Coñecemento do Medio, Lingua Castelá, Lingua Galega, Educación Plástica e Educación para a Cidadanía. 8.1.1- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Nas avaliacións outorgámoslle ao alumnado unha nota que recolle a avaliación dos seguintes aspectos nas porcentaxes que quedan indicadas.

MATEMÁTICAS NUMERACIÓN 15% CÁLCULO 25% RESOLUCIÓN PROBLEMAS 25% MAGNITUDES-MEDIDAS 15% XEOMETRÍA e ESTATÍSTICA 10% ACTITUDE ANTE A MATERIA 10% Grao de esforzo, traer e coidar o material, rematar os traballos, traballar ben en equipo..

COÑECEMENTO DO MEDIO OS SERES HUMANOS E A SAÚDE 20% AS PLANTAS E OS ANIMAIS 15% A VIDA EN SOCIEDADE 10% O MEDIO FÍSICO: ESPAZO E 20% MATERIAIS O PASO DO TEMPO 20% MÁQUINAS, APARELLOS E 10% TECNOLOXÍAS ACTITUDE ANTE A MATERIA 5% Grao de esforzo, traer e coidar o material, rematar os traballos, traballar ben en equipo

140


LINGUAS ORAL LECTOR LECTURA MECÁNICA ORAL EXPRESIÓN ESCRITA COÑECEMENTO Vocabulario DA LINGUA gramática, ortografía ACTITUDE ANTE Grao de esforzo, A MATERIA traer e coidar o material, rematar os traballos, traballar ben en equipo… COMPRENSIÓN

EDUCACIÓN MUSICAL EDUCACIÓN PLÁSTICA

CASTELÁ 25%

GALEGA 30%

5% 30%

5% 25%

30%

30%

10%

10%

EDUCACIÓN ARTÍSTICA A nota intermedia ou a máis favorable.

EDUCACIÓN PLÁSTICA OBSERVACIÓN PLÁSTICA 45% EXPRESIÓN e CREACIÓN 45% ACTITUDE ANTE A MATERIA 10% Grao de esforzo, traer e coidar o material, rematar os traballos, traballar ben en equipo…

141


EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA IDENTIDADE PERSOAL 30% IDENTIDADE SOCIAL 30% COMPROMISO SOCIAL 30% ACTITUDE ANTE A MATERIA 10% Grao de esforzo, traer e coidar o material, rematar os traballos, traballar ben en equipo…

En cumprimento coa Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na Educación Primaria, os resultados da avaliación do alumnado expresaranse nos termos seguintes: .- Sobresaliente: 90% a 100% .- Notable: 70% a 80% .- Ben: 60% .- Suficiente: 50% .- Insuficiente: menos do 50% Considerarase cualificación negativa o Insuficiente e positivas as restantes.

8.1.2. CRITERIOS DE PROMOCIÓN DE CICLO E DE ETAPA. Tal como queda recollido na P.X.A. do centro, os criterios para a promoción do terceiro ciclo son os seguintes: Os/as alumnos/as promocionarán se acadan os obxectivos mínimos nas áreas de Lingua castelá, lingua galega, matemáticas e coñecemento do medio. Non promocionarán se non acadan os obxectivos mínimos de dúas destas áreas. 142


8.2 – Área de Lingua Inglesa. CRITERIOS DE CALIFICACIÓN 3º CICLO DE PRIMARIA 70% Expresión/ Comprensión Oral 20% Expresión/ Comprensión Escrita · Iniciativa á hora de participar e respecto á intervención dos outros. · A produción oral: novo vocabulario, correcta formación gramatical da frase… · Fluidez e recursos á hora de improvisar unha resposta. · Esforzo realizado para poderse comunicar con éxito. · Comprender as ordes do día a día e as novas aprendidas. · Seguir historias narradas. · Anotación correcta do vocabulario novo Sobre a calificación final e por medio da observación directa do seguimento do alumno, poderase modificar a nota tendo en conta os seguintes aspectos: - Regularidade e constancia no traballo do día a día. -Participación de cada alumno nas actividades diarias. -Motivación e interese do alumnado hacia a aprendizaxe da lingua inglesa. Tendo en conta estes criterios, evaluarase a comprensión e a expresión oral por medio dunha observación directa e individualizada. En canto á expresión e comprensión escrita, tomarase nota da realización diaria das actividades realizadas e do material de reforzo e ampliación empregado. 143


10% Actitude ante a materia - Interese - Atención e Participación. Respecto á área de Inglés e ós materiais.

En cumprimeto da Orde do 23 de novembro de 2007, pola que se regula a avaliación na Educación Primaria, os resultados da avaliación do alumnado expresaranse nos seguintes criterios de cualificación: - Sobresaliente (90% ou 100%) - Notable (70% ou 80%) - Ben (60%) - Suficiente (50%) - Insuficiente (menos do 50%)

8.3 – Área de Educación Física. ITEMS 3º CICLO Comprensión e asimilación dos 20% contidos Realización e execución das 60% actividades Esforzo e interés por superarse 10% Cumprimento das normas e respeto 10% aos materiais En E.F. valorarase fundamentalemnte a realización das actividades, xa que eesencia é un traballo práctico con algúns conceptos básicos de teoría e fundamentalmente o xogo dominará a maioría das actividades.En cumprimeto da Orde do 23 de novembro de 2007, pola que se regula a avaliación na Educación Primaria, os resultados da avaliación do alumnado expresaranse nos seguintes criterios de cualificación: - Sobresaliente (90% ou 100%) 144


- Notable (70% ou 80%) - Ben (60%) - Suficiente (50%) - Insuficiente (menos do 50%)

8.4 – Área de Educación Musical. Nas avaliacións trimestrais otórgaselle ao alumnado unha nota que recolle a avaliación dos seguintes aspectos nas porcentaxes que quedan indicadas: * Actitude positiva ante a materia, achegando cada día o material e prestando atención ó traballo de aula. (40%) * Traballo individual dos contidos do currículo da área. (30%) * Respecto polos dereitos dos demais, valorando as súas achegas e produccións artísticas. (10%) * Acabado dos traballos, presentándoos de xeito claro e limpo e valorando unha execución coidadosa. (20%) En cumprimeto da Orde do 23 de novembro de 2007, pola que se regula a avaliación na Educación Primaria, os resultados da avaliación do alumnado expresaranse nos seguintes criterios de cualificación: - Sobresaliente (90% ou 100%) - Notable (70% ou 80%) - Ben (60%) - Suficiente (50%) - Insuficiente (menos do 50%

145


9.-ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E OS REFORZOS PARA LOGRAR A DITA RECUPERACIÓN. Como consecuencia da obrigatoriedade do ensino, xorde a escola comprensiva, que ofrece un mesmo currículo básico para todos os alumnos e todas as alumnas e minimiza as súas diferenzas a través do principio de igualdade de oportunidades, co fin de compensar así as desigualdades sociais. Ademais, suscítase como proporcionar unha resposta educativa axeitada a un colectivo de estudantes con necesidades de formación moi diversas, escolarizados dentro dun mesmo centro educativo e cun currículo, en parte, común. Nas nosas aulas promovemos unha escola comprensiva mediante as seguintes estratexias: 1.ª Adoptar organizacións flexibles dentro da aula, con respecto polos principios básicos da organización e do funcionamento dos grupos, practicando estratexias inter e intragrupais, para potenciar o traballo con grupos heteroxéneos de alumnos e alumnas. 2.ª Realizar as adaptacións curriculares necesarias para asegurar que se poida manter unha escola na que teñan cabida todos, sexan cales fosen as súas necesidades educativas ou intereses persoais específicos. 3.ª Levar á práctica un programa de orientación e acción titorial no centro.

Por conseguinte, a nosa actividade docente busca: 1.º Facilitar, consolidar e desenvolver a socialización do alumnado, o que significa ensinarlle a aprender a convivir e a comportarse adecuadamente en grupo, a ser solidario, a cooperar e a respectar as normas; para isto, imponse a posta en práctica das teorías de grupo e de dinámica de grupo, aplicando os modelos, as estratexias e os estilos máis adecuados en cada caso.

146


2.º Realizar adaptacións curriculares encamiñadas a dar resposta aos distintos estilos de aprendizaxe ou dificultades transitorias do alumnado (non significativas) e para aqueles casos nos que as diferenzas e as dificultades de aprendizaxe son máis permanentes ou graves (significativas). 3.º Planificar e desenvolver un programa coherente de orientación e acción titorial que facilite a resposta educativa ás súas necesidades específicas, permanentes ou transitorias.

O profesorado utilizará os seguintes recursos como medidas de reforzo e de atención ao alumnado con necesidade de apoio educativo: - Fichas de reforzo de cada unidade. - Fichas de comprensión lectora. - Fichas de ampliación de cada unidade.

Na área de inglés Ao longo do curso se prestará especial atención ao alumnado que o necesite , facendo fincapé nos contidos nos que teñen máis dificultades. Para iso utilizaranse materiais de reforzo que resulten innovadores e motivadores en cada trimestre escolar.

147


10.- METODOLOXÍA DIDÁCTICA. 10.1- Principios metodolóxicos. Os principios metodolóxicos nos que nos baseamos son os seguintes: Desde a perspectiva coñecemento:

epistemolóxica

das

diferentes

áreas

de

- Non todos coñecemos igual en todo momento. - En cada momento hai influencias sobre o coñecemento que proveñen das experiencias previas e das situacións novas. - O coñecemento é o resultado da interacción entre as experiencias previas e as situacións novas; polo que, máis que transmitirse, constrúese mediante a práctica, co cal se pon de relevo o seu carácter construtivista, social e interactivo. -

Calquera coñecemento pode ter diferentes lecturas, significados e presentacións, que poden ser todos obxectivos. Ensinar/aprender supón contrastar perspectivas, enriquecer esquemas conceptuais con novas contribucións por parte de todos, superar as lagoas e emendar os erros.

- O ensino debe buscar interaccións cada vez máis ricas e significativas entre os elementos proporcionados por diferentes soportes (textos, audiovisuais, etc.), mediadores (docentes, compañeiros, pais), métodos (didácticas: xeral e especiais) e situacións ou feitos (da vida cotiá, descubrimentos, centros de interese, etc.). Desde a perspectiva psicolóxica: a) Partir do nivel de desenvolvemento do alumnado. - Das súas características evolutivo-madurativas específicas, en xeral. - Do seu nivel de competencia cognitiva e metacognitiva. - Dos coñecementos previamente construídos. b) Asegurar aprendizaxes construtivas e significativas.

148


- Diagnosticando os coñecementos previos que posúe. - Conectando e integrando os contidos e estratexias previos cos novos por vivir e aprender. O alumnado, co que sabe e grazas á maneira como o profesor ou a profesora lle presentan a información, reorganiza o seu coñecemento entrando en novas dimensións, transferindo ese coñecemento a outras situacións, descubrindo os principios e procesos que o explican, mellorando a súa capacidade organizativa comprensiva para outras experiencias, ideas, valores e procesos de pensamento que vai adquirir dentro e fóra da aula. c) Favorecer a aprendizaxe autónoma. - Desenvolvendo o profesorado un modelo curricular de natureza procesual que asegure que os alumnos e as alumnas realicen aprendizaxes significativas por si mesmos, aprendendo a aprender, adquirindo estratexias cognitivas e metacognitivas que favorezan o asentamento dunha boa memoria comprensiva (semántica). Modelo que, partindo do establecemento de redes conceptuais que permitan representar toda a estrutura da materia de xeito sinxelo e claro, das cales se poidan formar os esquemas conceptuais e cognitivos oportunos, permita a xeración de mapas cognitivos que establezan relacións entre os distintos contidos e faciliten a percepción da súa estrutura ao dar resposta adecuada aos tres interrogantes que a ciencia se fai: que (descrición) e os seus detalles (cales, como, onde e cando), por que (explicación) e para que (intervención). - Modificando progresivamente os esquemas previos do coñecemento dos alumnos e das alumnas, desde o saber cotián ata o saber científico. d) Potenciar a actividade. - Facilitando a reflexión á hora da acción. - Posibilitando que o alumno e a alumna cheguen a facer aquelas actividades que aínda non son capaces de realizar sos, pero si coa axuda conveniente (zona de desenvolvemento potencial). 149


Desde a perspectiva pedagóxica: a) Partir da avaliación inicial, específica e global. - Das súas aptitudes e actitudes. - Das súas necesidades e intereses. - Dos seus coñecementos previos, xerais e por áreas. b) Motivar axeitadamente. - Creando situacións que conecten cos seus intereses e expectativas, partindo das súas propias experiencias. - Propiciando un clima de comunicación, cooperación e harmonía nas relacións. - Espertando unha motivación intrínseca que potencie o gusto por aprender, especialmente a través dunha atribución causal positiva, tanto do profesorado como do propio alumnado. c) Analizar os esquemas previos de coñecemento. - Asegurando que se posúen os requisitos básicos para poder abordar a seguinte nova aprendizaxe. - Reforzando os conceptos previos máis débiles e sensibles. d) Fomentar a zona de desenvolvemento potencial na adquisición dos novos coñecementos. - Incorporando mediante a actitude docente o exemplo adecuado que se debe seguir (currículo implícito ou latente). - Facilitando que poida desenvolver a súa actividade coa mínima axuda necesaria. - Consolidando os enlaces entre os coñecementos previos e os novos. - Estruturando e dosificando os novos contidos conceptuais de forma apropiada (redes, esquemas e mapas).

150


-

Promovendo a funcionalidade das aprendizaxes, aplicándoas e transferíndoas a outras situacións ou contidos diferentes.

- Tendo moi en conta os coñecementos de cada materia, respectando a súa estrutura epistemolóxica, a súa lóxica interna específica e os avances do momento.

Especificamente, estes principios deben facilitar: a) A conexión co nivel de desenvolvemento real e potencial dos alumnos e das alumnas, atendendo ás súas diferenzas individuais e partindo do próximo para chegar ao afastado. Esta atención á diversidade requirirá a elaboración de programas específicos que asuman a función compensadora que pretende a Educación Primaria. b) A comunicación a través do diálogo e a apertura a outras formas de pensar e obrar. c) Un clima afectivo rico en vivencias baseadas no respecto mutuo, que procure a motivación necesaria para espertar, manter e incrementar o interese dos alumnos e das alumnas. d) O progreso do xeral ao particular, de forma cíclica, en función do pensamento globalizado do alumno e da alumna, integrando as áreas coa formulación de contidos conceptuais, procedementais e actitudinais comúns, tendo en conta a transversabilidade do currículo. e) A adaptación da acción educativa ás diferenzas persoais (capacidade, intereses e ritmo de aprendizaxe), como base do desenvolvemento integral e autónomo. f ) O espírito de grupo co exercicio da participación e a cooperación, practicando a aprendizaxe grupal, a interacción e a interrelación de iguais e de discentes e docente. g) A organización de contidos, de xeito que exista harmonía entre as metas e os medios que se utilizan para acadalas.

151


h) A actividade constante do alumno e da alumna, xa que se entende como ferramenta básica da aprendizaxe autorregulada. i ) A flexibilidade adecuada nas diversas situacións de aprendizaxe, tanto na selección da metodoloxía máis aconsellable en cada caso como nos aspectos organizativos espazo-temporais. l ) A aprendizaxe construtivo-significativa, partindo da consolidación do saber anterior e do reforzo daquel que permita enlazar os organizadores previos co novo coñecemento que se debe adquirir. m) O xogo como elemento motivador fundamental na construción da moralidade, xa que regula o paso da heteronomía á autonomía persoal e social. n) A creatividade de alumnos e de alumnas e de docentes, como forma diversificada e enriquecedora de comunicación. ñ)

O tránsito desde a formación de conceptos e a aplicación de procedementos á construción de hábitos e á definición de actitudes, que culmine a consolidación de valores e o respecto polas normas.

o) O contacto escola-familia como marco afectivo-efectivo de relacións e, por extensión, de toda a comunidade educativa.

10.2- Agrupamento dos alumnos O agrupamento dos alumnos é unha esixencia da diversidade e un indicador da autonomía do centro, e ten como finalidade garantir que todos os alumnos aprendan e consigan os obxectivos educativos marcados. A diversidade de agrupamentos proporciona unha mellor explotación das actividades escolares e constitúe un instrumento de adecuación metodolóxica ás necesidades dos alumnos. Os criterios de distribución do alumnado por aulas son moi diversos e deben ter en conta aspectos como o punto de partida dos alumnos ao chegaren ao inicio do ciclo e de cada curso, as peculiaridades educativas do centro e a natureza da área ou actividade. Estes son os criterios máis empregados na agrupación de alumnos: 152


- Idade cronolóxica. - Equilibrio nos grupos entre alumnos e alumnas. - Rendemento académico. - Ritmo de aprendizaxe. - Intereses. - Motivación. - Natureza da área ou da actividade. O agrupamento de alumnos non ten porque limitarse a un único modelo, xa que supón limitar o potencial enriquecedor do proceso educativo. Establecer diferentes agrupamentos facilita a aprendizaxe entre iguais, a cooperación e o traballo colaborativo, a cohesión do grupo, o traballo por proxectos, a atención á diversidade, a pertenza ao centro, a mediación en conflitos e a relación co contorno e cos servizos da comunidade. Segundo as características e necesidades do alumnado, e segundo a natureza disciplinar da actividade ou área, os tipos de agrupamentos máis empregados son: - Aula. - Gran grupo. - Pequeno grupo. - Talleres. - Equipos de traballo cooperativo. - Grupos de actividade.

10.3- Organización dos espazos Desde unha perspectiva de etapa, o contido das decisións relativas á organización do espazo pode referirse a:

153


- Espazos propios do grupo (aula). Cada titor organizará o espazo na súa aula como crea conveniente para o desenvolvemento da actividade lectiva; será conveniente ter en conta variables como idade e agrupamento de alumnos, mobiliario, iluminación, temperatura, materiais existentes na aula, etc. Se nunha aula imparten actividades lectivas outros mestres ademais do titor, han de preocuparse, ao concluír a clase, de que material e espazos se encontren na distribución planificada por este.

- Espazos compartidos polos alumnos. Os alumnos de Primaria comparten espazos con alumnos de outras etapas educativas dentro do centro e, asemade, utilizan habitualmente outros espazos, tanto interiores do centro educativo como exteriores. Algúns destes espazos son os seguintes: - Biblioteca. - Laboratorio. - Talleres. - Sala de informática. - Sala de usos múltiples. - “A Auliña”.

10.4.- Organización dos tempos As previsións de traballo na aula e no centro escolar deben axustarse realmente ao tempo dispoñible. Por iso, é preciso realizar unha temporalización que inclúa a elaboración dun horario xeral, co correspondente desenvolvemento das áreas, e dun horario de actividade docente, no que se terán en conta as restantes actividades organizativas do centro. 154


A metodoloxía na área de inglés, estará baseada nos seguintes principios metodolóxicos:

- Coñecer o nivel de desenvolvemento psicolóxico dos nosos alumnos/ás . - Favorecer a creación de procesos de aprendizaxe significativos. - Promover o desenvolvemento da actividade mental dos nosos alumnos/ás. - Desenvolver a capacidade de aprender a aprender. . • A través dunha metodoloxía psicoevolutiva, investigadora, creativa, activa e participativa: - Fomentaremos unha aprendizaxe activo e autónomo. - Favoreceremos a socialización do alumnado traballando todos os tipos de agrupamentos : individual, po parellas, pequeno e gran grupo, dependendo do traballo a realizar. -

Fomentaremos á cooperación e o afán de superación.

- Proporcionaremos guías e estratexias de aprendizaxe, o respeto as normas do colexio, e proporcionaremos oportunidades de traballar coas tics e tamén na biblioteca do centro. - Partir dos coñecementos previos do alumno, así como o desenvolvemento dos nenos e a súas características psicoevolutivas

155


11.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. A atención á diversidade supón un concepto amplo de acción educativa que intenta dar resposta ás dificultades de aprendizaxe, ás discapacidades sensoriais, físicas, psíquicas e sociais, aos grupos de risco, ás minorías étnicas, ao alumnado superdotado, aos inmigrantes, ao alumnado con intereses especiais e a calquera outra necesidade educativa diferenciada e especializada. A diversidade é unha realidade facilmente observable, e a súa adecuada atención é un dos piares básicos no que se fundamenta o sistema educativo. Cada alumno e cada alumna teñen unha ampla gama de necesidades educativas, debidas á presenza de múltiples factores persoais e sociais (xénero, idade, etapa de desenvolvemento madurativo, motivación, intereses, estilos de aprendizaxe, expectativas, procedencia socioeconómica e cultural, orixe étnica, etc.), que deben ser satisfeitas. En consecuencia, o noso ciclo ten que estar en condicións de: 1. Adaptarse ás características individuais e sociais de cada alumno ou alumna. 2. Ofrecer unha cultura común, respectando as peculiaridades de cada cultura propia. 3. Adoptar una metodoloxía que favoreza a aprendizaxe de todo o alumnado na súa diversidade. 4. Partir dunha avaliación inicial do alumnado en cada núcleo de aprendizaxe que permita detectar os seus coñecementos previos, para facilitar a significatividade dos novos contidos que se deben aprender. Como consecuencia da obrigatoriedade do ensino, xorde a escola comprensiva, que ofrece un mesmo currículo básico para todos os alumnos e todas as alumnas e minimiza as súas diferenzas a través do principio de igualdade de oportunidades, co fin de compensar así as desigualdades sociais. Ademais, suscítase como proporcionar unha resposta educativa axeitada a un colectivo de estudantes con necesidades de formación moi 156


diversas, escolarizados dentro dun mesmo centro educativo e cun currículo, en parte, común.

No noso ciclo tratamos de promover unha escola comprensiva mediante as seguintes estratexias: 1. Adoptar organizacións flexibles dentro da aula, con respecto polos principios básicos da organización e do funcionamento dos grupos, practicando estratexias inter e intragrupais, para potenciar o traballo con grupos heteroxéneos de alumnos e alumnas. 2. Realizar as adaptacións curriculares necesarias para asegurar que se poida manter unha escola na que teñan cabida todos, sexan cales fosen as súas necesidades educativas ou intereses persoais específicos. 3. Levar á práctica un programa de orientación e acción titorial no centro.

Por conseguinte, plantexámonos os seguintes obxectivos de atención á diversidade: 1. Facilitar, consolidar e desenvolver a socialización do alumnado, o que significa ensinarlle a aprender a convivir e a comportarse adecuadamente en grupo, a ser solidario, a cooperar e a respectar as normas; para isto, imponse a posta en práctica das teorías de grupo e de dinámica de grupo, aplicando os modelos, as estratexias e os estilos máis adecuados en cada caso. 2. Realizar adaptacións curriculares encamiñadas a dar resposta aos distintos estilos de aprendizaxe ou dificultades transitorias do alumnado (non significativas) e para aqueles casos nos que as diferenzas e as dificultades de aprendizaxe son máis permanentes ou graves (significativas). 3. Planificar e desenvolver un programa coherente de orientación e acción titorial que facilite a resposta educativa ás súas necesidades específicas, permanentes ou transitorias. 157


Utilizaremos os seguintes recursos como medidas de reforzo e de atención ao alumnado con necesidade de apoio educativo: - Fichas de reforzo de cada unidade. - Fichas de comprensión lectora. - Fichas de ampliación de cada unidade.

Atender á diversidade na aula na área de inglés. Os alumnos teñen diferentes estilos de aprendizaxe e preferencias. Ademais traen a clase unha bagaxe de experiencias distinta. As diferenzas en habilidade, coñecemento e actitude son evidentes en clase. Esta diversidade traballarase do seguinte xeito: - Proporcionar en clase un ambiente de cooperación e axuda. - Ofrecer unha grande variedade de actividades que activen os diferentes estilos de aprendizaxe e preferencias. - Permitir aos alumnos participar nas actividades a diferente nivel. - Motivar os alumnos para personalizar a súa linguaxe segundo as súas experiencias e coñecementos previos. - Proporcionar actividades de reforzo e ampliación de acordo ao nivel dos nosos alumnos/ás.

Actividades adicionais para os nenos que traballan máis á presa ou para aqueles que necesitan máis apoio.

158


-Fast finishers: Empréganse cos nenos que rematan as tarefas antes que os seus compañeiros ou para consolidar o traballo que xa fixeron.

-Reinforcement worksheets: Para os alumnos que requiren máis práctica ou necesitan un reforzo.

Desenvolvemento das destrezas de "escoitar e falar". Os alumnos son capaces de entender moitas mensaxes pero alghúns deles aínda móstranse remisos a usar a linguaxe aprendida. Se deben proporcionar modelos necesarios para que sigan os alumnos, sentíndose así seguros da súa participación.

Desenvolvemento das destrezas de "ler e escribir". Estas destrezas son desenvolvidas gradual e sistemáticamente proporcionando unha grande variedade de textos que incorporan a linguaxe e vocabulario aprendido e serven, ademais, como modelo para a produción.

Pronunciación. A habilidade dos alumnos para pronunciar ben ten que ver coa súa habilidade para escoitar ben. O traballo de pronunciación intégrase co resto das destrezas, proporcionando modelos que teñen que reproducir tanto de forma guiada como espontánea. 159


Coñecemento de Gramática. As regras gramaticais.

"Learning to learn". Un dos principais obxectivos é desenvolver as destrezas e o coñecemento necesario para unha futura aprendizaxe. Desenvólvense estratexias de aprendizaxe que perseguen a autonomía e a autocorrección.

160


12.- ADAPTACIÓNS CURRICULARES. Segundo a Orde do 6 de Outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículo na nosa comunidade, as adaptacións curriculares son modificacións dun ou máis elementos prescritivos do currículo para atender as necesidades educativas. Neste curso, non contamos con ningunha Adaptación Curricular no terceiro ciclo.

161


13.- PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES. A educación en valores preséntase como un conxunto de contidos de ensino-aprendizaxe que, sen referencia directa ou exclusiva a ningunha área curricular concreta, nin a unha idade ou etapa educativa particular, interactúa en todas as áreas do currículo, desenvolvéndose ao longo de toda a escolaridade obrigatoria. Non se trata dun conxunto de ensinanzas autónomas, senón máis ben, dunha serie de elementos da aprendizaxe integrados dentro das diferentes áreas de coñecemento. Por iso, atendendo aos principios educativos esenciais, e, en especial, ao desenvolvemento das competencias básicas para lograr unha educación integral, a educación en valores deberá formar parte de todos os procesos de ensino e aprendizaxe, por ser un dos elementos de maior relevancia na educación do alumnado. Podemos considerar que a aprendizaxe destes contidos pretende , no caso d@s alumn@s do 3º CICLO de Educ. Primaria, conseguir as finalidades seguintes: 1. Localizar e criticar os aspectos inxustos da realidade cotiá e das normas vixentes. 2. Deseñar formas de vida máis xustas no plano persoal e social. 3. Elaborar autónoma, racional e democráticamente os principios xerais de valor que axuden a axuizar a realidade de forma crítica e con xustiza. 4. Facultar aos mozos para adquirir comportamentos coherentes coas normas elaboradas por eles mesmos e coas dadas pola sociedade democraticamente, buscando a xustiza e o benestar social.

As liñas mestras de intervención que conforman a EDUCACIÓN en VALORES no 3º CICLO de Educ. Primaria do noso centro docente son as seguintes: - Estimular o diálogo como principal vía para resolución de conflitos entre persoas e grupos; facilitar o encontro entre persoas cuxos intereses non 162


necesariamente sexan coincidentes, e desenvolver actitudes básicas para a participación comprometida na convivencia, a liberdade, a democracia e a solidariedade. - Desenvolver a capacidade dos alumnos para regular a súa propia aprendizaxe, confiar nas súas aptitudes e coñecementos, así como para desenvolver a creatividade, a iniciativa persoal e o espírito emprendedor. - Crear hábitos de hixiene física e mental, que permitan un desenvolvemento san, un aprecio do corpo e o seu benestar, unha mellor calidade de vida e unhas relacións interpersoais baseadas no desenvolvemento da autoestima. - Apreciar os roles sexuais e o exercicio da sexualidade como comunicación plena entre as persoas. - Desenvolver a igualdade de dereitos e oportunidades e fomentar a igualdade efectiva entre homes e mulleres. - Coñecer, valorar e respectar os dereitos humanos, como base da non discriminación, o entendemento e o progreso de todos os pobos. - Adquirir respecto cara aos seres vivos e o medio, en particular ao valor dos espazos forestais e o desenvolvemento sostible. -

Participar decidida e solidariamente na resolución dos problemas ambientais.

- Coñecer e respectar as normas establecidas para a mellor organización e uso da circulación viaria. - Proporcionar os instrumentos de análise e crítica necesarios que permitan unha opinión e actitude propias fronte ás ofertas da sociedade de consumo, e que capaciten para tomar conciencia ante o consumo de produtos innecesarios. - Desenvolver hábitos e actitudes de curiosidade, respecto e participación cara ás demais culturas do contorno.

163


- Respectar e coñecer a pluralidade lingüística e cultural de España valorando a interculturalidade como un elemento enriquecedor da sociedade. - Promover actitudes que valoren axeitadamente o peso específico da educación como motor de desenvolvemento dos pobos. - Utilizar instrumentos de análise e crítica necesarios para construír unha opinión propia, libre, xusta e democrática.

Accións, todas, encamiñadas á preparación d@s alumn@s do 3º CICLO de Educ. Primaria do noso centro educativo para o exercicio da cidadanía e da participación activa na vida económica, social e cultural, con actitude crítica e responsable e con capacidade de adaptación ás situacións cambiantes da sociedade do coñecemento.

164


14.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR. Neste último ciclo de Educación Primaria, xa temos lectores formados e agora é o momento de conseguir grandes lectores. Nesta etapa o alumnado é moi receptivo á lectura e a lectura como divertimento e pracer ten moita importancia. Por iso as actividades dedicadas a esta actividade resultan fundamentais cara o futuro do alumnado como lectores.

.- Obxectivos: 1.-Fomentar o gusto pola lectura: - Utilizar adecuadamente a biblioteca (biblioteca central e de aula) como fonte de recursos variados para o deleite e o pracer de ler. - Utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal, e aproximarse a obras relevantes da tradición literaria galega e castelá para desenvolver hábitos lectores. - Seleccionar textos adecuados aos gustos e intereses do grupo. 2.-Potenciar o hábito lector: - Utilizar adecuadamente a biblioteca e os seus diferentes departamentos(biblioteca central e de aula) como fonte de recursos variados para a obtención de informacións variadas. - Utilizar os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación para obter, interpretar e valorar informacións e opinións diferentes. - Dar sentido á lectura dos textos(para que lemos). - Recoller noticias de prensa(en formato impreso e dixital). - Potenciar o uso das TIC na busca de información.

165


3.-Mellorar a comprensión lectora: - Comprender e expresarse oralmente e por escrito de xeito adecuado nos diferentes contextos da actividade social e cultural cotiá. - Comprender textos literarios de xéneros diversos procedentes da literatura infantil e xuvenil galega e castelán, adecuados en canto a temática e complexidade e iniciarse no coñecemento das convencións específicas da linguaxe literaria. - Memorizar poemas. - Resumir textos. - Buscar, localizar e identificar informacións na biblioteca do centro e na biblioteca de aula, nas enciclopedias e na internet. - Usar os dicionarios e enciclopedias para buscar información. - Identificar as diferentes partes dun texto.

.- Metodoloxía: 1. Actuacións comúns en todas as áreas: Cada vez que o alumnado vaia realizar unha lectura deberemos integrar as estratexias arriba citadas(antes, durante e despois), clarificando a intención da lectura así como a forma de enfrontala (en voz alta, en silencio, colectiva…). Isto afecta tanto á lectura dun libro, dun tema ou aos enunciados das diferentes actividades dos libros de texto. Será fundamental nas primeiras sesións que o profesor/a modelice o proceso, guiando os pasos a seguir, procurando paulatinamente que este vaia sendo asumido polo alumnado.

166


2. Selección de textos: Á hora de elaborar as programacións teremos en conta os diferentes tipos de textos que queremos traballar , e se estes se encontran suficientemente representados e debidamente seleccionados nos libros de texto de uso do alumnado. De non ser así, os complementaremos cunha selección persoal ou de nivel ou ciclo. No mesmo sentido evitaremos no posible a reiteración excesiva dos tipos de texto nas diferentes áreas, focalizando algúns tipos de textos naquelas áreas máis apropiadas a tal fin(o traballo dos textos informativos pode tratarse moito mellor e máis sistematicamente en coñecemento do Medio, os gráficos e diagramas teñen máis sentido en matemáticas ou coñecemento do medio que en lingua galega,etc). (Esta revisión dos textos nos facilitará a decisión de continuar ou cambiar as editoriais, no momento en que se dea a posibilidade ). Traballaremos textos continuos e textos descontinuos, tanto impresos como en formatos dixitais. Descrición:  De persoas  De animais  De lugares Narración:  Contos  Novela  Cómic

167


3. Tempos de lectura: - Cada día dedicarase un tempo á lectura nas diferentes áreas (lectura de libros, textos, enunciados…) atendendo ás actividades e estratexias xa mencionadas.

Contamos coa Biblioteca de aula e a Biblioteca do centro, ámbalas dúas con material continuamente renovado, ademais do deleite individual e familiar dos libros contidos na Mochila viaxeira.

Os libros que a continuación se sinalan formarán parte do ITINERARIO LECTOR que se establecerá no “plan anual de lectura”.

TÍTULO

AUTOR

EDITORIAL

Cyrano

Rebecca Dautremer

Edelvives

El herbario de las hadas

Benjamín Lacombe

Edelvives

Mathilda

Roal Dahl

Alfaguara

Mil cousas poden pasar I e II

Jacobo

Fernández Xerais

Serrano Cidades

Fran Alonso

Os amigos de Archimboldo Roque

Jacobo

Xerais

Fernández BD Banda

Serrano Palabras de caramelo

Anxo Moure

Xerais

.- Actividades: 1. De búsqueda de información. - Lectura de textos procedentes dos medios de comunicación social: webs infantís e xuvenís, noticias ,… 168


- Lectura de textos para aprender e para informarse:  Folletos informativos.  Folletos publicitarios.  Prensa. - Lectura de informacións procedentes de diferentes soportes: gráficos, esquemas, ilustracións, hipertextos. - Uso dirixido das TIC para a localización, selección, interpretación e organización da información. - Uso das bibliotecas, incluíndo as virtuais, para obter información. 2. De textos literarios. - Lectura silenciosa e en voz alta de obras adecuadas á idade e intereses:  Contos  Cómic  Novela - Lectura guiada de textos narrativos da literatura infantil, adaptacións de obras literarias clásicas e literatura actual en diversos soportes:  Impreso  DVD  Libros virtuais  Internet - Lectura comentada polo profesor de poemas, relatos e obras teatrais. - Lectura guiada polo profesor para a aprendizaxe do uso das estratexias de control do proceso lector:  Anticipación 169


 Formulación de hipóteses  Relectura…

ACTIVIDADES  Visitas guiadas á biblioteca escolar.  Formación de Usuarios da Biblioteca.  Identificar as partes dun libro e analizar a información que aporta cada unha.  Buscar fondos que ofrezan información sobre un tema.  Lectura silenciosa e individual de material bibliográfico.  Recomendar os libros que máis gustaron.  Identificar a estructura do texto.  Recoñecer a finalidade do texto.  Facer un resumo organizado secuencialmente as ideas principais.  Facer pequenos traballos sobre obras literarias.  Elaborar murais.  Encontros con autores.  Colaborar na selección de títulos para a biblioteca.  Buscar información en libros informativos (enciclopedias, dicionarios, monográficos…), revistas, periódicos, internet…  Lectura dramatizada de textos teatrais, poéticos…

.- Recursos: BIBLIOTECA DE AULA.

170


Cada aula contará cunha biblioteca de aula , cun fondo permanente de consulta e un fondo temporal que se establecerá a principio de cada curso e poderá ser renovado trimestralmente mediante intercambio entre aulas ou a través da biblioteca do centro. Os titores, consultado todo o profesorado da aula e procurando unificar criterios dentro do ciclo, solicitarán ao equipo de biblioteca os libros que consideren convenientes así como as novas adquisicións que lles parezan oportunas.

.- Plan de escritura: - Participar na elaboración da revista escolar “AS NOSAS COUSAS”. - Obradoiro de escritura-LINGUA:  Ortografía,

morfoloxía,

sintaxe,

semántica,

creatividade (composición).  Técnicas de estudo: subliñado, esquema, resumo,…  Xogos coa lingua (oral/escrita). - Obradoiro de escritura-LITERATURA:  Actividades escritas sobre os títulos propostos como agasallo de Nadal e/ou itinerarios lectores.

.- Tempo mínimo diario para a lectura: No anexo IV do decreto 130/2007 polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, regúlase o Proxecto lector de centro. No seu cumprimento débese determinar a dedicación real dun tempo mínimo diario para a lectura. No noso centro chamámolo A hora de ler, que quedou establecida no seguinte horario: de 12:00 a 12:20 tódolos días, en tódalas aulas, todo o alumnado ao mesmo tempo. 171


Na área de inglés Ademáis dos vinte minutos adicados á lectura na hora de ler , tamén utilizamos a biblioteca , mínimo unha vez ao mes, como recurso informativo e de fomento do traballo en grupos.

En todas as clases de inglés lemos sempre, posto que para o aprendizaxe dunha lingua é imprescindible ler e comprender o que se le, para contribuir así un desenvolvemento da autonomía lectora do noso alumnado e a unha valoración do texto literario como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos culturas, como feito cultural e como recurso de disfrute persoal.

Debido á diversidade do alumnado que hai nas nosas aulas, en ocasións escollo lecturas que aínda no pertenezan ao grupo de idade dos alumnos, nos permiten adecuarnos aos distintos niveis de habilidades lectoras que teñen os nen@s.

172


15.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC. As formas máis habituais de utilización das novas tecnoloxías nas aulas do noso terceiro ciclo son: 1. Exposición do profesor apoiada nas novas tecnoloxías. - Mediante o uso do ordenador o profesor mellora a exposición dos contidos ao ilustrar con maior claridade algúns conceptos e presentalos de forma máis atractiva. Ao mesmo tempo, coa utilización das novas tecnoloxías pódese mellorar a motivación cara á aprendizaxe da materia e cara ao uso de recursos informáticos.

2. Iniciación á informática. - Preténdese transmitir os coñecementos básicos necesarios para poder utilizar as tecnoloxías. Os contidos elementais que se deben desenvolver na aula son: - Utilización dos compoñentes básicos do contorno gráfico do ordenador. - Apertura e peche de aplicacións. - Creación dun documento novo. - Gravación e recuperación de documentos. - Acceso á información contida nun CD. - Acceso a páxinas web. - Impresión de documentos. - Utilización do disco duro e uso de dispositivos externos. - Utilización dun navegador. - Utilización de bases de datos sinxelas. - Edición de documentos mediante procesadores de texto. - Elaboración de presentacións multimedia ou páxinas web sinxelas. - Utilización dun buscador.

3. Exercitación mediante programas educativos. - Esta modalidade permite unha serie achegas para a aprendizaxe do alumnado, dependendo dos criterios didácticos e pedagóxicos cos 173


que se constituíse o programa. Os programas que permiten a interactividade e a creatividade por parte do alumnado, favorecen un uso das novas tecnoloxías con máis posibilidades educativas.

4. Aprendizaxe por investigación. - Trátase de fomentar a aprendizaxe activa e o máis autónoma posible por parte do alumnado, que se ve confrontado a tomar decisións en torno a como proceder na aprendizaxe, que recursos utilizar, como seleccionar e elaborar a información atopada, como organizar e repartir o traballo entre os membros do grupo, como presentar o produto resultante, etc. - Esta modalidade de traballo supón un modelo educativo valioso en si mesmo, que se enriquece aínda máis coa incorporación das TIC.

Accións contribución Plan Tics na área de inglés

Páxina web

É un valioso compoñente extra porque inclúe todo o vocabulario clave e as estruturas gramaticais do curso, e pódese utilizar en clase ou na casa.

Curso dixital online

É un valioso recurso que permite proxectar o contido na lousa dixital e anima os alumnos a interactuar. Todas as actividades clave se poden ampliar. Hai vínculos de audio para as actividades de comprensión oral.

174


CD-ROM de contos animados Contén versións animadas dos contos e actividades sobre eles, así como outras relacionadas co vocabulario e a gramática de cada unidade. Con el os alumnos poden ver na casa os contos que escoitan en clase e disfrutar realizando as actividades que os acompañan.

DVD O DVD engade outra dimensión ao curso porque utiliza o inglés que se ensina nas leccións dentro dun auténtico contexto británico. No multi ROM do profesor hai worksheets para facer actividades sobre o DVD.

175


16.-ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. Actividade. Presentación do Plan de Convivencia ó principio de curso ás familias e aos profesores.  Responsables: Equipo directivo, titores.  Recursos: Contido do Plan de Convivencia e Normas de convivencia na páxina web do centro e no ordenador da sala de profesores.  Metodoloxía: Durante o curso, informarase aos pais/nais de que poden atopar o Plan na páxina web do colexio. Inclusión da presentación do Plan de convivencia no P.A.T. (plan de acción titorial). Informarase do Plan ao profesorado no claustro de principio de curso. Actividade. Presentación das Normas de Organización e Funcionamento a tódolos membros da comunidade educativa.  Responsables: Equipo directivo  Recursos: material impreso do documento e instalado no ordenador da sala de profesores e na páxina web do colexio.  Metodoloxía: convocarase ao claustro de profesores para a presentación do documento e posibles modificacións, posteriormente, en sesión extraordinaria, ao Consello Escolar co fin de aprobalo. Unha vez aprobado, instalarase o seu contido no ordenador da sala de profesores e colgarase na páxina web do centro. Actividade. Comentario nas aulas das normas de convivencia incluídas nas Normas de Organización e Funcionamento.  Responsables: titores.  Recursos: material impreso coas normas de convivencia para cada curso.  Metodoloxía: cada titor na súa aula comentará cos alumnos e alumnas as normas de convivencia de xeito adaptado a cada idade. Actividade. Celebración do Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. 176


 Responsables: titores.  Recursos: material impreso, videográfico, posters, murais…  Metodoloxía: os titores traballarán cos seus alumnos os contidos da Declaración dos Dereitos Humanos do xeito máis adaptado á súa idade. Elaboración de murais e manualidades alusivas ó tema. Actividade. Celebración do “Día Escolar da Paz e a Non Violencia”. (Este curso faremos , como en cursos anteriores, unha celebración conxunta co CEIP Ría de Vigo ).  Responsables: todo o profesorado.  Recursos: documentos escritos e audiovisuais que falen da paz e a non violencia.  Metodoloxía: con anterioridade ao 30 de Xaneiro, cada titor lembrará aos seus alumnos esa data como a de celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e realizará algunha actividade relacionada con esta celebración. O día 30 de Xaneiro todos os alumnos e profesores do centro celebrarán esta efeméride, xunto co alumnado e profesorado do CEIP Ría de Vigo.  Temporalización: 2ª quincena de Xaneiro e 30 de Xaneiro. Actividade. Participación na campaña “Camiña con nós pola igualdade” organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixida as alumnos de educación infantil e 6º curso de primaria.(Dependendo da convocatoria do programa).  Responsables: titores dos cursos participantes. Monitores da campaña.  Recursos: material aportado polos monitores da campaña.  Metodoloxía: as monitoras da actividade virán ao colexio en dúas ocasións ó longo do curso para realizar, cos alumnos dos cursos ós que vai dirixida a campaña, diversas actividades relacionadas co tema: charlas, obradoiros…  Temporalización: 2 sesións ó longo do curso

177


17.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LINGÜÍSTICO.

O noso país, como membro da Unión Europea, comprométese no fomento do coñecemento doutras linguas comunitarias e pola súa parte, o Consello de Europa no marco de Referencia Común Europeo para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, establece directrices tanto para a aprendizaxe de linguas coma para a valoración da competencia nas diferentes linguas dun falante.

O proxecto do noso centro, na área de lingua estranxeira ( inglés) enmárcase nas directrices lexislativas da Área de Linguas estranxeiras e o obxectivo curricular das cales non é ensinar unha lingua en si mesma, senón ensinar a comunicarse con ela mediante o seu uso, así como no establecido no Consello de Europa no marco de referencia común europeo para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, segundo o cal os alumnos e alumnas deberán ser capaces de efectuar progresivas tarefas de comunicación para desenvolver gradualmente a competencia comunicativa nas devanditas linguas.

Participaremos no P.D.I “CON+CIENCIA” , desde a área de lingua estranxeira e en todas aquelas actividades que se propoñan tanto desde a equipa de Normalización Lingüística como desde a equipa da biblioteca do centro.

178


18.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUÍDOS OS LIBROS DE TEXTO. 18.1. MATERIAIS DIDÁCTICOS. Libros de texto, cadernos de traballo, cadernos de ortografía, fichas de reforzo e de ampliación, de comprensión lectora, de comprensión de textos orais.

18.2. RECURSOS DIDÁCTICOS. - Biblioteca de aula e de centro. - Aula de informática. - Recursos didácticos interactivos para cada unidade. - Actividades en inglés: teatro, charlas, percorridos culturais. - Auditorio Centro Cultural Afundación : teatro, cine, música. - Museos: Verbum, Liste, Quiñones de León, Marco, ... - Revista escolar AS NOSAS COUSAS. - Participación en festividades, campañas, celebración, etc., tales como:           

Magosto Festa de Nadal. Día da Non Violencia e a Paz. Festa de Entroido. Campañas de animación á lectura. Campaña de Educación Viaria. Campaña de Teatro infantil entre centros. Campaña Camiña con Nós pola Igualdade. Día do Libro. Festival das Letras Galegas. Festival de despedida do curso.

179


18.3. LIBROS DE TEXTO. 5º EP

MATEMÁTICAS

5º EP

LENGUA

5º EP 5º EP 5º EP 5º EP 5º EP 5º EP 5º EP 6º EP 6º EP 6º EP

LINGUA MEDIO PLÁSTICA INGLÉS MÚSICA RELIXIÓN ALTERNATIVA L.GALEGA MAT. MEDIO

6º EP

L.CASTELÁN

6º EP

INGLÉS

6º EP

E. CIDADANÍA

Luis Ferrer y otros Abre la puerta. Anaya. 978-84667-7910-4 Carmen Bello e outros. Abre la puerta. Anaya. 97884-667-7899-2 Equipo Carabeiro. Abre a porta. Anaya. 978-84-6678067-4 Ricardo Gómez e outros. Abre a porta. Anaya. 97884-667-8084-1 Enma Gimeno e outros. Xerme. S.M. 978-84-9854161-8 Mark Ormerod e outros. Pupil´s book Find out 5. Macmillan 2007. 978-1-4050-7849-8+Activity book Find out 5.Macmillan 2007.978-1-4050-7848-1. Patricia Fernández García e outros. Xograr. Galinova. 978-84-9737-065-3 Mercedes Asunción Pastor e outros. Edebé. 2009. 978-84-236-7199-2 Rosa García de Blas. Santillana.Piensa que te piensa.84-294-9103-1 Equipo Carabeiro. Abre a porta. Anaya. 978-84-6678070-4 Luis Ferrer y otros.Abre la puerta. Anaya. 978-84667-7915-9 Ricardo Gómez e outros. Abre a porta. Anaya. 97884-667-8087-2 Carmen Bello e outros. Abre la puerta. Anaya. 97884-667-7904-3 Mark Ormerod e outros. Pupil´s book Find out 6. Macmillan 2007. 978-1-4050-7859-7+Activity book Find out 6. Macmillan 2007. 978-1-4050-7860-3 José Manuel Mateos e outros. Abre a porta.Anaya.978-84-667-8105-3

Castelán Castelán Galego Galego Galego Inglés Galego Castelán Castelán Galego Castelán Galego Castelán

Inglés Galego

180


Na area de inglés

Pupil 's Book Activity Book Grammar and Writing Diary Story cards Flashcards Word cards

Pósteres de CLIL Estes pósteres teñen unha tripla utilidade: presentar, ampliar e repasar os conceptos e o vocabulario. Manual do profesor

Multi ROM Este material proporciona todas as worksheets adicionais.

Páxina web Hai unha páxina web para os alumnos con múltiples actividades para que practiquen e consoliden o que aprenden en clase. É un valioso compoñente extra porque inclúe todo o vocabulario clave e as estruturas gramaticais do curso, e pódese utilizar en clase ou na casa.

Curso dixital online O material é moi doado de usar e moi motivador para os nenos.

CD de cancións

181


CD-ROM de contos animados

DVD

Recursos dispoñibles no centro  Vídeo e TV  Reprodutor de CD/ Casete  Cámara de fotos.  Ordenadores  Pizarras dixitais Interactivas……

182


19.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. Ao longo do presente Curso Escolar, o 3º CICLO de Educación Primaria levará a cabo as seguintes actividades complementarias.

* Campaña de Educación Viaria. Charla e vídeo (5º Curso) presentado pola Policía Local de Vigo e visita/ actividade no Circuito de Educación Viaria do Castro (6º Curso).

* Programa de Actividades para Escolares “ Afundación”, que sexan de interese.

* Colaboraremos na nova edición da REVISTA ESCOLAR “As Nosas Cousas”.

* O 3º CICLO participará na CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA do presente curso mediante as Actividades seguintes:

- Préstamos de fondos da Biblioteca do colexio conmemoración do “Día das Bibliotecas” (24 de outubro).

e

- Programa “Mochilas Viaxeiras” (libros e material audiovisual). - Posibilidade de Visitas de artistas (escritores – ilustradores) ou Animacións no colexio, segundo as dispoñibilidades. Ao longo do curso, as actividades que programaremos xirarán entorno á temática do PDI: CON + CIENCIA 183


* Habituais conmemoracións...( Magosto, Nadal, Día da Paz, Carnaval, Letras Galegas, Día do Libro, Fin de Curso, etc.,), cada unha cos seus correspondentes Programas de Actividades.

184


20.- PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN. A observación do traballo diario dos alumnos e do nivel dos obxectivos alcanzados por estes levaranos á avaliación da nosa metodoloxía, motivando a revisión da nosa práctica docente a curto prazo, e do proxecto curricular a un prazo maior. Como resultado da devandita observación, coa conseguinte reflexión, tanto a nivel persoal de cada profesor coma a nivel colectivo de equipos docentes e claustro de profesores, analizaremos anualmente a nosa práctica docente e o proxecto curricular do centro, buscando mellorar o quefacer educativo do noso centro. Na área de inglés Avaliarase: • Os resultados das avaliacións, da marcha diaria das clases e do porcentaxe do alumnado que supera os contidos da materia. • O nivel de competencia alcanzado, vocabulario adquirido, destreza no uso de programas informáticos e no uso da biblioteca de aula e de centro.

185


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.