CONTEXTUALIZACIÓN DO ALUMNADO Os nenos e nenas deste curso están en plena etapa do período de operacións concretas. Isto supón que razoan loxicamente, pero este razoamento está vinculado á manipulación dos obxectos ao que este razoamento se refire.
Son nenas e nenos que actúan cada vez máis automaticamente, fixándose eles mesmos as metas e as acción que deben levar a cabo para conseguilo.
Así mesmo, aínda que hai unha clara diverxencia nos xogos entre nenos e nenas, o grupo terá cada vez máis importancia e as actividades conxuntas convértense nun motor esencial do seu desenvolvemento.
Tamén se incrementa a súa relación co mundo que os rodea e o seu interese polo contorno máis próximo e o máis afastado.
A programación didáctica do 3º curso de Primaria vai dirixida a un grupo de alumn@s que reside maioritariamente na parroquia viguesa de Navia. O colexio Alfonso Daniel R. Castelao está situado nunha zona urbana dos arredores da cidade de Vigo, e con unha alta ocupación de alumnado.
Neste ano 2019/ 20 o 3º curso de Educación Primaria consta dun total de 12 nenos e 12 nenas; Algúns dos cales reciben reforzo da profesora de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe.
ÁREA DE CIENCIAS DA NATUREZA
CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS CLAVE
1. Identificarse como ser vivo coas particularidades que os diferencian doutros seres vivos. 2. Coñecer as partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o seu funcionamento. 3. Identificar, valorar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico, descanso... 4. Recoñecer e explicar, recollendo datos e utilizando aparatos de medida, as relacións entre algúns factores do medio físico (relevo, chan, clima, vexetación...) e as formas de vida e actuacións das persoas, mostrando unha actitude respectuosa cara á conservación do medio e o mantemento do equilibrio ecolóxico. 5. Identificar e clasificar animais e plantas, recoñecendo as características básicas de determinadas especies de acordo con criterios científicos. 6. Identificar, a partir de exemplos da vida cotiá, algúns dos principais usos que as persoas fan dos recursos naturais e algunhas das consecuencias negativas dos usos inadecuados. Analizar o proceso seguido desde a súa orixe ata o seu consumo. 7. Manipular e identificar algunhas máquinas e aparatos sinxelos, analizando o seu funcionamento, fixándose especialmente na enerxía que utilizan e valorando a importancia de facer un uso responsable da enerxía do planeta. 8. Montar, desmontar ou planificar e realizar un proceso sinxelo de construción dalgún obxecto ou aparato simple, mostrando actitudes de cooperación no traballo en equipo e de coidado pola seguridade.
9. Responder preguntas e resolver problemas do medio relacionados con feitos e fenómenos naturais, facendo predicións ou establecendo conxecturas, obtendo información relevante por medio da observación e/ou do manexo de fontes diversas e comunicando os resultados.
MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Competencia sociais e cívicas A área de Ciencias da Natureza pídenos o desenvolvemento de actitudes e valores vinculados ao respecto cara a un mesmo e cara aos demais, cara á natureza, cara ao traballo propio das ciencias e o seu carácter social, polo que vai axudar na consecución duns valores sociais e cívicos que permitirán o desenvolvemento das diversas capacidades que como persoas se deben conseguir. Competencia en comunicación lingüística. Na área de Ciencias Naturais preséntanse distintos tipos de información: textos expositivos, carteis, noticias, folletos etc., que permiten traballar a competencia lectora. Ademais, desenvólvense as habilidades de comunicación oral mediante actividades de intercambio de opinións sobre diversos temas. Competencia matemática e ciencia e tecnoloxía Desde a área de Ciencias Naturais, de maneira especial nos temas relacionados coas ciencias físicas, contribúese ao desenvolvemento da competencia matemática propoñendo a interpretación e aexpresión matemática dos feitos e dos fenómenos físicos.Neste curso trabállanse de maneira especial nocións relacionadas coa interpretación numérica do mundo físico (a medida do tempo, da distanciae a introdución á medición da materia). Competencia dixital Esta área contribúe ao tratamento da información a través de múltiples actividades de observación e descrición da realidade, igual ca de rexistro e de clasificación de información en distintos formatos -táboas, fichas, escritos….
Por outra parte, nesta área faise unha introdución ao ordenador e ao seu funcionamento. Competencia da conciencia e expresións culturais e artísticas Desde a área de Ciencias Naturais favorécese o coñecemento do propio corpo e o de outros organismos vivos que axudará a realizar creacións máis precisas e autónomas. Ademais contribúese ao desenvolvemento desta competencia, na medida en que a observación sistemática de fotografías e ilustracións forma parte das habilidades propias da educación artística. Na área de Ciencias Naturais tamén se realizan diversas actividades de creación plástica e anímase a desenvolver esta competencia a través dunha coidadosa selección, desde a perspectiva estética, das ilustracións e das fotografías. Competencia para aprender a aprender Nesta área trabállanse diferentes técnicas para seleccionar, organizar, interpretar e memorizar información. Ademais, proponse unha secuenciación coidadosa das actividades de aprendizaxe e ofrécense abundantes resumos e distintos tipos de gráficos e de organizadores gráficos. Ao comezo das unidades dáse a oportunidade de lembrar o que xa se sabe sobre o tema en cuestión, para vincular os coñecementos novos cos xa adquiridos. Competencia de iniciativa e espírito emprendedor En Ciencias Naturais, as múltiples actividades de aplicación de coñecementos e de solución de problemas da vida diaria -en especial a sección “ Pon a proba as túas competencias” promoven o desenvolvemento desta competencia. Igualmente, a forma en como están redactados os textos e as actividades permite que os alumnos realicen o seu traballo de forma autónoma.
METODOLOXÍA DIDÁCTICA O alumnado, debido ás experiencias cotiás e ao contacto continuado co medio, inicia o ensino primario cun conxunto de
ideas, representacións, coñecementos, habilidades, destrezas e disposicións adicionais e afectivas relacionadas co contorno. Posúe concepcións baseadas nas súas experiencias físicas, e sociais, con unhas ideas previas que lle permiten dar explicación a todo o que lle sucede ao seu redor.Coa aprendizaxe estes esquemas van sufrindo modificacións e van enriquecéndose, achegándose progresivamente a un coñecemento cada vez máis rigoroso e científico. As estratexias deseñadas para aprender deben proporcionarle ao alumnado oportunidades para realizar aprendizaxes significativas que partan da experiencia vivida, dos coñecementos previos e da utilidade individual e social do que se aprende. Tendo en conta estes aspectos, ademais da avaliación inicial a comezo de curso, realizarase na aula un debate introdutorio ao comezo de cada unidade didáctica co obxecto de saber os coñecementos previos do alumnado en relación coa materia a tratar e así poder axustar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Dito isto, unha correcta metodoloxía para a aprendizaxe desta área debe cumprir unha serie de requisitos que se tratarán de cumprir ao longo do ano académico, e son os seguintes: Débese partir das experiencias vividas polo alumnado. Cómpre partir do próximo e inmediato, de aspectos relacionados co seu contorno e abordar a resolución de problemas reais, evitando
propostas
centradas
en
situacións
artificiais
e
descontextualizadas. Debe tenderse a unha visión globalizadora, onde poidan concorrer varias áreas. Compre na área organizar os contidos e bloques de xeito globalizado arredor de proxectos, centros de interese, investigación no medio... O contexto no que se traballa nesta área, debe estar relacionada coa vida cotiá e que os coñecementos sexan relevantes e funcionais para o futuro. Para o achegamento do alumnado a esta materia trataranse algunhas das unidades didácticas a modo de proxecto,
fomentando así o traballo en grupo, a investigación, o descubrimento de novos conceptos e a exposición dos mesmos aos compañeiros. Así mesmo, serán uns recursos moi utilizados o recuncho informático e a biblioteca escolar como fonte de recursos para a obtención de información e elemento motivador.
ÁREA DE CIENCIAS SOCIAIS CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS CLAVE
1- Recoñecer O Sistema Solar e os seus elementos, así como as súas principais características. 2- Localizar o planeta Terra e o seu satélite, a Lúa, como formando parte do Sistema Solar, e as consecuencias dos seus movementos para a vida diaria. 3- Estudar e interpretar distintas formas de representación da Terra e o seu uso para moverse na súa contorna. 4- Orientarse no espazo próximo utilizando técnicas e instrumentos sinxelos. 5- Usar as nocións espaciais e a referencia aos puntos cardinais para situarse no medio, para localizar e describir a situación dos obxectos en espazos concretos e para utilizar planos e mapas para desprazarse e localizar determinados aspectos xeográficos, patrimoniais... 6- Interpretar sinxelos mapas do tempo da comunidade autónoma e facer observacións nunha estación meteorolóxica. 7- Coñecer o ciclo da auga na natureza e a relación que ten cos elementos da paisaxe da súa contorna. 8- Identificar algúns dos fenómenos atmosféricos máis comúns na comunidade autónoma. 9- Sinalar algunhas funcións das organizacións e institucións municipais e do medio próximo e a súa contribución ao funcionamento da sociedade, valorando a importancia da participación activa nelas a través de mecanismos democráticos. 10- Valorar os costumes, tradicións e sinais de identidade do patrimonio galego. Participar activamente en festas, xogos e costumes populares propios da comarca e de Galicia. 11- Responder preguntas e resolver problemas do medio relacionados con feitos e fenómenos sociais, facendo predicións ou establecendo conxecturas,
obtendo información relevante por medio da observación e/ou do manexo de fontes diversas e comunicando os resultados. 12- Utilizar as nocións de duración, sucesión e simultaneidade para situar feitos históricos relevantes relacionados con algún aspecto da vida cotiá. 13- Recoñecer algunhas das pegadas da nosa historia valorando a importancia da súa conservación.
MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Competencia social e cívica A área de Ciencias Sociais incide na comprensión da realidade social na que se vive, entre outras. Esta competencia axudaranos a desenvolver a comprensión sobre os trazos da sociedade actual, a súa crecente pluralidade e o seu carácter evolutivo. Desenvólvesetamén en mostrar un sentimento de cidadanía global compatible coa identidade local. Así mesmo, forman parte desta competencia aquelas habilidades sociais que permiten saber que os conflitos de valores e intereses forman parte da convivencia, resolvelos con actitude construtiva e tomar decisións con autonomía, empregando unha escala de valores construída mediante a reflexión crítica e o diálogo duns patróns culturais básicos. Competencia en comunicación lingüística. Na área de Ciencias Sociais preséntanse distintos tipos de información: textos expositivos, carteis, noticias, folletos etc., que permiten traballar a competencia lectora. Ademais, desenvólvense as habilidades de comunicación oral mediante actividades de intercambio de opinións sobre diversos temas. Competencia matemática. Desde a área de Ciencias Sociais, de maneira especial nos temas relacionados coas Ciencias físicas e coa Xeografía, contribúese ao desenvolvemento da competencia matemática propoñendo a interpretación e aexpresión matemática dos feitos e dos fenómenos. En 3º trabállanse de maneira especial nocións
relacionadas coa interpretación numérica da sociedade (demografía e actividades económicas). Tratamento da información e da competencia dixital. Esta área contribúe ao tratamento da información a través de múltiples actividades de observación e descrición da realidade, igual ca de rexistro e de clasificación de información en distintos formatos -táboas, fichas, escritos…-. Por outra parte, nesta área faise unha introdución ao ordenador e ao seu funcionamento. Competencia cultural e artística. Desde a área de Ciencias Sociais favorécese o coñecemento e a valoración de expresións culturais doutras sociedades e doutros momentos históricos. Ademais contribúese ao desenvolvemento desta competencia, na medida en que a observación sistemática de fotografías e ilustracións forma parte das habilidades propias da educación artística. Na área de Sociais tamén se realizan diversas actividades de creación plástica e anímase a desenvolver esta competencia a través dunha coidadosa selección, desde a perspectiva estética, das ilustracións e das fotografías. Competencia para aprender a aprender Nesta área trabállanse diferentes técnicas para seleccionar, organizar, interpretar e memorizar información. Ademais, proponse unha secuenciación coidadosa das actividades de aprendizaxe e ofrécense abundantes resumos e distintos tipos de gráficos e de organizadores gráficos. Ao comezo das unidades dáse a oportunidade de lembrar o que xa se sabe sobre o tema en cuestión, para vincular os coñecementos novos cos xa adquiridos. Competencia de iniciativa e espírito científico
En Ciencias Sociais, as múltiples actividades de aplicación de coñecementos e de solución de problemas da vida diaria - en especial a sección “ Pon a proba as túas competencias” promoven o desenvolvemento desta competencia. Igualmente, a forma en como están redactados os textos e as actividades permite que os alumnos realicen o seu traballo de forma autónoma.
ÁREA DE MATEMÁTICAS CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS CLAVE
1. Aplicar a situacións variadas e familiares os coñecementos adquiridos sobre o uso dos números de ata seis cifras e resolver problemas sinxelos en que sexa necesario lelos, escribilos, ordenalos, comparalos, representalos, serialos, descompoñelos... interpretando o valor de cada unha das súas cifras. 2. Resolver problemas diversos relacionados co medio que esixan certa planificación, control do proceso e actitude favorable, aplicando unha ou dúas operacións numéricas, contidos básicos de xeometría ou tratamento da información e usando estratexias persoais de resolución. 3. Realizar cálculos con números naturais, utilizando o coñecemento do sistema de numeración decimal, o procedemento máis axeitado, os recursos máis
convenientes
e
as
propiedades
das
operacións
(suma,
resta,
multiplicación e división por unha cifra), en situacións cotiás e funcionais de resolución de problemas. 4. Realizar medicións e estimacións (para resolver problemas relacionados cos contextos próximos e reais) escollendo,
entre as unidades (lonxitude,
capacidade, peso, tempo e as derivadas do sistema monetario) e instrumentos de medidausuais, os que mellor se axusten ao que se vaia medir. 5. Obter información puntual dunha representación espacial (bosquexo dun itinerario, plano dunha pista, maqueta do patio...), describila e representala sinxelamente tomando como referencia obxectos familiares coa finalidade de resolverproblemas elementais do medio próximo. Utilizar as nocións básicas de movementos xeométricos para describir e comprender situacións da vida cotiá e para valorar expresións artísticas. 6. Usar o coñecemento das formas e corpos xeométricos do espazo (polígonos, círculos, cubos, prismas, cilindros, esferas) para describir e resolver problemas do contexto próximo.
7. Resolver e formular problemas nos que interveña a lectura de gráficas e de táboas de datos sobre situacións cotiás.
Resolver problemas en que se
necesite: recoller datos sobre feitos e sobre obxectos da vida cotiá usando técnicas sinxelasde reconto, ordenar estes datos atendendo a un criterio de clasificación e expresar o resultado en forma de táboa ou de gráfica. 8. Empregar en situacións da vida cotiá e en xogos expresións típicas para describir incerteza, seguro, posible e imposible.Identificar algúns sucesos aleatorios do medio do alumnado. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Competencia matemática e ciencia e tecnoloxía Ser capaz de coñecer e valorar a presenza das informacións numéricas na vida cotiá, manexar os números nos seus diferentes contextos e empregalos con distintas finalidades. Ser capaz de realizar cálculos e estimacións con números, identificando situacións onde sexan necesarios e expresando o proceso seguido. Ser capaz de utilizar instrumentos de medida, estimar medidas de magnitudes e expresar os resultados na unidade adecuada. Ser capaz de recoñecer a presenza de liñas, formas e corpos xeométricos na realidade, aplicar as súas características para describir situacións e utilizalas con distintas fins. Ser capaz de utilizar e elaborar estratexias de resolución de problemas, elixir a máis adecuada en cada caso e aplicala seguindo un proceso de resolución ordenado. Ser capaz de recoller datos e informacións do contorno que o rodea, representar a información en distintas formas,
interpretala e producir
mensaxes con ela. Ser capaz de recoñecer a presenza e o papel das Matemáticas no noso mundo, valorar a importancia dacreatividade e o rigor ao utilizalas e confiar nas súas propias habilidades. Competencia en comunicación lingüística.
Para desenvolver esta competencia, ao traballar as Matemáticas os alumnos deben poñer atención especial na incorporación dos termos matemáticos na linguaxe usual e o seu uso correcto, na descrición verbal dosprocesos e na comprensión dos textos que se lles ofrecen (en especial, os problemas). Cómpre que os alumnos falen, escriban, escoiten eexpliquen o proceso seguido no seu traballo matemático. Nocións como a secuencia temporal dunha historia ou a numeración e a ordenación de viñetas relacionadas cos textos contribúen ao desenvolvemento de habilidades características desta competencia. Por outro lado, o coñecemento
de
determinadas
clases
de
palabras,
como
son
os
cuantificadores (numerais e indefinidos), contribúe ao desenvolvementodesta competencia desde a área de Lingua. Competencia dixital A área proporciona destrezas para a selección, comprensión e transmisión da información. As actividades de comprensión dos diferentes tipos de textos, as relacionadas coas imaxes ou a análise de cuestións tipográficas sinxelas contribúen favorablemente ao desenvolvemento desta competencia. Por outro lado, en moitas das actividades que se lles presentan aos alumnos proponse a posibilidade de realizar tarefas con ferramentas informáticas adecuadas á idade. Competencia social e cívica A lingua é a base da comunicación entre os seres humanos, de aí que desde a área de Lingua se poida contribuír
facilmente ao desenvolvemento desta
competencia básica, entendida como conxunto de habilidades necesarias para a convivencia. Neste sentido, que os nenos aprendan a comunicarse cos demais e a comprender o que os demais lles transmiten é fundamental para a súa formación como seres sociais. Ademais, a lingua tamén lles permite aos nenos tomar contacto con outras realidades diferentes da súa e facilita a erradicación de prexuízos e imaxes estereotipadas. Competencia cultural e artística.
Desde a área de Lingua contribúese ao desenvolvemento desta competencia mediante a lectura e a valoración de obras literarias infantís de diferentes épocas e culturas. Ademais, o traballo a partir dos debuxos e as fotografías que acompañan os textos permite desenvolver habilidades propias da educación artística. Ademais, inclúense propostas para realizar, a partir dos contidos lingüísticos, actividades de creación plástica. Competencia para aprender a aprender. O uso correcto da lingua é unha das ferramentas básicas da aprendizaxe. A lectura posibilita o acceso ao coñecemento, e a escritura permite a súa reelaboración e a súa asimilación persoal. Cuestións como mellorar a velocidade lectora ou a comprensión, así como a correcta expresión dos coñecementos, contribúen ao desenvolvemento desta competencia. Por outra parte, a presenza de actividades que permiten traballar a atención, a memoria ou a construción do sentido serven tamén para contribuír ao desenvolvemento da aprendizaxe. Competencia de iniciativa e espírito científico O traballo na área de Lingua preséntase para que poida ser realizado de forma autónoma, pedíndolles aos nenos que demostren o que son capaces de realizar cos coñecementos lingüísticos que posúen ata ese momento. Por outra parte, a proposta de actividades que obrigan aos nenos a poñerse no lugar doutros ou a decidir entre varias cuestións favorece o desenvolvemento desta competencia. .
ÁREA DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS CLAVE
1. Participar en situacións comunicativas que se dan na aula (reais ou simuladas) e que correspondan adiversa tipoloxía (conversación, expresión espontánea, asemblea, debate) e a diversos obxectivos comunicativos respectando as normas que rexen estas situacións. 2. Comprender textos orais de uso cotián extraendo o sentido global das mensaxes orais. Empregar estratexias elementais para comprender as mensaxes que escoitan as nenas e os nenos atendendo a sinais relevantes como o ton de voz, a entoación, os xestos e formulando preguntas coherentes que axuden á comprensión. 3. Producir textos orais (explicacións sinxelas, exposicións, narracións…) presentando coherentemente ideas, estados de ánimo, sentimentos, emocións, feitos, vivencias e opinións. 4. Memorizar e reproducir textos orais propios da literatura popular empregando a pronunciación e entoación axeitadas. 5. Detectar e comprender a información explícita en textos escritos (en soporte parpel ou dixital) realizando inferencias directas sobre o seu contido. 6. Interpretar as ideas contidas nos textos escritos habituais (expositivos, informativos, instrutivos e literarios), tanto en formato impreso como multimedia integrándoas nos seus propios esquemas de coñecemento. 7. Elaborar e reescribir textos escritos de diferente tipoloxía e formato (impreso e/ou multimedia) acordes a diversas situacións funcionais cotiáns (cartas, avisos, solicitudes, instrucións, normas, anuncios, noticias) e literarias (contos, poesías, cómics) empregando estratexias de planificación, de textualización e de revisión de escritos. 8. Ler expresivamente textos de tipoloxía variada (entre os traballados e/ou elaborados na aula) con fluidez e entoación axeitadas vencelladas á puntuación e á intencionalidade e coa velocidade apropiada segundo o tipo de
texto e o obxectivo lector (ler para deleitar a outras persoas, ler para dar a coñecer un texto propio, ler para compartir información dun texto único na aula). 9. Coñecer textos de literatura infantil (poesía, cómics, contos…) axeitados ao ciclo, coa finalidade de gozo coa lectura e de uso como modelo para as súas reescrituras, reelaboracións e producións escritas. 10. Empregar as bibliotecas de aula e de centro con certa autonomía como fonte de información e como lugar que proporciona recursos relacionados coa lectura por pracer. 11. Identificar en textos orais e escritos de uso cotián temas e usos que poidan supoñer discriminación. 12. Reflexionar sobre como algúns cambios nas palabras, enunciados e textos producen modificacións comprensivas e expresivas. 13. Empregar de maneira intuitiva terminoloxía relacionada coa tipoloxía textual, os tempos verbais (presente, futuro e pasado), os adxectivos cualificativos, os determinantes e algúns aspectos relativos á semántica como antónimos e sinónimos cando se realicen actividades de comprensión e de expresión oral e escrita. 14. Empregar as experiencias coas diversas linguas que coñece ou está a aprender para realizar análises e comparacións que lles permita establecer avances na súa expresión e comprensión. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Competencia en comunicación lingüística Ser capaz de comprender e producir mensaxes orais que teñen unha finalidade didáctica ou son de uso cotián. Ser capaz de participar activamente en intercambios comunicativos orais respectando as normas que os rexen. Ser capaz de comprender diferentes clases de textos escritos, incluíndo textos con finalidade didáctica, textos propios de situacións cotiás de relación social ou textos procedentes de medios de comunicación.
Ser capaz de poñer en práctica os coñecementos e as estratexias necesarias para escribir correctamente. Ser capaz de escribir textos relacionados co ámbito escolar ou con situacións cotiás de relación social, así como textos de información e de opinión. Ser capaz de ler e comprender de forma autónoma textos literarios adecuados á súa idade e aos seus intereses. Ser capaz de comprender e utilizar a terminoloxía lingüística propia do ciclo. Ser capaz de manifestar interese pola lectura e a escritura como instrumentos para relacionármonos cos demais e para aprender. Competencia matemática. Nocións como a secuencia temporal dunha historia ou a numeración e a ordenación de viñetas relacionadas cos textos contribúen ao desenvolvemento de habilidades características desta competencia. Por outro lado, o coñecemento
de
determinadas
clases
de
palabras,
como
son
os
cuantificadores (numerais e indefinidos), contribúe ao desenvolvemento desta competencia desde a área de Lingua castelá. Competencia dixital A área proporciona destrezas para a selección, comprensión e transmisión da información. As actividades de comprensión dos diferentes tipos de textos, as relacionadas coas imaxes ou a análise de cuestións tipográficas sinxelas contribúen favorablemente ao desenvolvemento desta competencia. Por outro lado, en moitas das actividades que se lles presentan aos alumnos proponse a posibilidade de realizar tarefas con ferramentas informáticas adecuadas á idade. Competencia social e cívica. A lingua é a base da comunicación entre os seres humanos, de aí que desde a área de Lingua se poida contribuír facilmente ao desenvolvemento desta competencia básica, entendida como conxunto de habilidades necesarias para a convivencia. Neste sentido, que os nenos aprendan a comunicarse cos demais e a comprender o que os demais lles transmiten é
fundamental para a súa formación como seres sociais. Ademais, a lingua tamén lles permite aos nenos tomar contacto con outras realidades diferentes da súa e facilita a erradicación de prexuízos e imaxes estereotipadas. Competencia cultural e artística. Desde a área de Lingua contribúese ao desenvolvemento desta competencia mediante a lectura e a valoración de obras literarias infantís de diferentes épocas e culturas. Ademais, o traballo a partir dos debuxos e as fotografías que acompañan os textos permite desenvolver habilidades propias da educación artística. Ademais, inclúense propostas para realizar, a partir dos contidos lingüísticos, actividades de creación plástica. Competencia para aprender a aprender. O uso correcto da lingua é unha das ferramentas básicas da aprendizaxe. A lectura posibilita o acceso ao coñecemento, e a escritura permite a súa reelaboración e a súa asimilación persoal. Cuestións como mellorar a velocidade lectora ou a comprensión, así como a correcta expresión dos coñecementos, contribúen ao desenvolvemento desta competencia. Por outra parte, a presenza de actividades que permiten traballar a atención, a memoria ou a construción do sentido serven tamén para contribuír ao desenvolvemento da aprendizaxe. Competencia de iniciativa e espíritu emprendedor O traballo na área de Lingua castelá preséntase para que poida ser realizado de forma autónoma, pedíndolles aos nenos que demostren o que son capaces de realizar cos coñecementos lingüísticos que posúen ata ese momento. Por outra parte, a proposta de actividades que obrigan aos nenos a poñerse no lugar doutros ou a decidir entre varias cuestións favorece o desenvolvemento desta competencia.
ÁREA
DE
LINGUA
GALEGA
E
LITERATURA CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS CLAVE
1. Participar en situacións comunicativas que se dan na aula (reais ou simuladas) e que correspondan a diversa tipoloxía (conversa, expresión espontánea, asemblea, debate)e a diversos obxectivos comunicativos, respectando as normas que rexen estas situacións. 2. Comprender textos orais de uso cotián, extraendo o senso global das mensaxes orais. Usar estratexias elementais para comprender as mensaxes que escoitan as nenas e os nenos atendendo a sinais relevantes como o ton de voz, a entoación, os xestos, e formulando preguntas coherentes que axuden á comprensión. 3. Producir textos orais (explicacións sinxelas, exposicións, narracións...) presentando coherentemente ideas, estados de ánimo, sentimentos, emocións, feitos, vivencias e opinións. 4. Memorizar e reproducir textos orais propios da literatura popular galega empregando a pronuncia e entoación adecuadas. 5. Detectar e comprender a información explícita en textos escritos (en soporte papel ou dixital) realizando inferencias directas sobre o seu contido. 6. Interpretar as ideas contidas nos textos escritos habituais (expositivos, informativos, instrutivos e literarios), tanto en formato impreso como multimedia, integrándoas nos seus propios esquemas de coñecemento. 7. Elaborar e reescribir textos escritos de diferente tipoloxía e formato (impreso e/ou multimedia) acordes a diversas situacións funcionais cotiás (cartas, avisos, solicitudes, instrucións, normas, anuncios, noticias) e literarias (contos, poesías, cómics) empregando estratexias de planificación, de textualización e de revisión de escritos. 8. Ler expresivamente textos de tipoloxía variada (entre os traballados e/ou elaborados na aula) con fluidez e entoación adecuadas vinculadas á
puntuación e á intencionalidade e coa velocidade apropiada segundo o tipo de texto e o obxectivo lector (ler para deleitar outras persoas, ler para dar a coñecer un texto propio, ler para compartir información dun texto único na aula). 9. Coñecer textos de literatura infantil galega (poesía, cómics, contos...) adecuados ao ciclo, coa finalidade de desfrutar coa lectura e de uso como modelo para as propias reescrituras, reelaboracións e producións escritas. 10. Empregar as bibliotecas de aula e de centro con certa autonomía, como fonte de información e como lugar que proporciona recursos relacionados coa lectura por pracer. 11. Identificar en textos orais e escritos de uso cotián termos e usos que poidan supoñer discriminación. 12. Comparar textos orais e escritos producidos en diferentes variedades da lingua galega. 13. Reflexionar sobre como algúns cambios nas palabras, enunciados e textos producen modificacións comprensivas e expresivas. 14. Utilizar, de xeito intuitivo, terminoloxía relacionada coa tipoloxía textual, os tempos verbais (presente, futuro e pasado), os adxectivos cualificativos, os determinantes e algúns aspectos relativos á semántica, como antónimos e sinónimos, cando se realicen actividades de comprensión e de expresión orais e escritas. 15. Usar as experiencias coas diversas linguas que o alumnado coñece ou está a aprender para realizar análises e comparacións que lle permitan establecer melloras na súa expresión e comprensión en lingua galega. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Competencia en comunicación lingüística Ser capaz de comprender e producir mensaxes orais que teñen unha finalidade didáctica ou son de uso cotián. Ser capaz de participar activamente en intercambios comunicativos orais respectando as normas que os rexen.
Ser capaz de comprender diferentes clases de textos escritos, incluíndo textos con finalidade didáctica, textos propios de situacións cotiás de relación social ou textos procedentes de medios de comunicación. Ser capaz de poñer en práctica os coñecementos e as estratexias necesarias para escribir correctamente. Ser capaz de escribir textos relacionados co ámbito escolar ou con situacións cotiás de relación social, así como textos de información e de opinión. Ser capaz de ler e comprender de forma autónoma textos literarios adecuados á súa idade e aos seus intereses. Ser capaz de comprender e utilizar a terminoloxía lingüística propia do ciclo. Ser capaz de manifestar interese pola lectura e a escritura como instrumentos para relacionármonos cos demais e para aprender. Competencia matemática e ciencia e tecnoloxía Nocións como a secuencia temporal dunha historia ou a numeración e a ordenación de viñetas relacionadas cos textos contribúen ao desenvolvemento de habilidades características desta competencia. Por outro lado, o coñecemento
de
determinadas
clases
de
palabras,
como
son
os
cuantificadores (numerais e indefinidos), contribúe ao desenvolvemento desta competencia desde a área de Lingua. Competencia dixital A área proporciona destrezas para a selección, comprensión e transmisión da información. As actividades de comprensión dos diferentes tipos de textos, as relacionadas coas imaxes ou a análise de cuestións tipográficas sinxelas contribúen favorablemente ao desenvolvemento desta competencia. Por outro lado, en moitas das actividades que se lles presentan aos alumnos proponse a posibilidade de realizar tarefas con ferramentas informáticas adecuadas á idade. Competencia social e cívica. A lingua é a base da comunicación entre os seres humanos, de aí que desde a área de Lingua se poida contribuír facilmente ao desenvolvemento desta
competencia básica, entendida como conxunto de habilidades necesarias para a convivencia. Neste sentido, que os nenos aprendan a comunicarse cos demais e a comprender o que os demais lles transmiten é fundamental para a súa formación como seres sociais. Ademais, a lingua tamén lles permite aos nenos tomar contacto con outras realidades diferentes da súa e facilita a erradicación de prexuízos e imaxes estereotipadas. Competencia de conciencia e expresións culturais Desde a área de Lingua contribúese ao desenvolvemento desta competencia mediante a lectura e a valoración de obras literarias infantís de diferentes épocas e culturas. Ademais, o traballo a partir dos debuxos e as fotografías que acompañan os textos permite desenvolver habilidades propias da educación artística. Ademais, inclúense propostas para realizar, a partir dos contidos lingüísticos, actividades de creación plástica. Competencia para aprender a aprender. O uso correcto da lingua é unha das ferramentas básicas da aprendizaxe. A lectura posibilita o acceso ao coñecemento, e a escritura permite a súa reelaboración e a súa asimilación persoal. Cuestións como mellorar a velocidade lectora ou a comprensión, así como a correcta expresión dos coñecementos, contribúen ao desenvolvemento desta competencia. Por outra parte, a presenza de actividades que permiten traballar a atención, a memoria ou a construción do sentido serven tamén para contribuír ao desenvolvemento da aprendizaxe. Competencia de iniciativa e espírito emprendedor O traballo na área de Lingua preséntase para que poida ser realizado de forma autónoma, pedíndolles aos nenos que demostren o que son capaces de realizar cos coñecementos lingüísticos que posúen ata ese momento. Por outra parte, a proposta de actividades que obrigan aos nenos a poñerse no lugar doutros ou a decidir entre varias cuestións favorece o desenvolvemento desta competencia.
ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS CLAVE
Establecer pautas para seguir o procedemento de observación de obras de carácter plástico-visualdestacando as calidades estéticas e visuais das mesmas. Describir as características de elementos presentes no contorno e as sensacións que as obras artísticas provocan. Usar adecuadamente algúns dos termos propios da linguaxe plástica en contextos precisos, intercambios comunicativos, descrición de procesos e argumentacións Interpretar e compartir coas compañeiras e cos compañeiros o contido de imaxes presentes no entorno. Clasificar texturas, formas, calidades e cores atendendo a criterios de similitude ou diferenza. Experimentar as posibilidades da cor en contrastes, variacións e combinacións, mesturando as cores primarias para obter outras cores, utilizando distintos materiais. Realizar producciones artísticas personais utilizando as posibilidades expresivas e estéticas de diferentes materias, obxectos e técnicas plásticas. Empregar instrumentos, técnicas e materiais axeitados ao produto artístico que se pretende. Planificar actividades plásticas e artísticas en grupo, participando de forma activa e mostrando actitudes de colaboración e respecto ás aportacións dos demais. Mostrar respecto e responsabilidade no traballo individual e colectivo con actividades plásticas. Disfrutar e valorar a riqueza e variedade de manifestaciones artísticas e plásticas do patrimonio e o entorno sociocultural de Galicia e de outras
culturas, mostrando actitudes de curiosidade, respeto e aprecio por todas aquelas que posúen valor como patrimonio artístico universal. Mostrar iniciativa na proposta de actividades artísticas respetando as aportaciónsalleas. Utilizar recursos dixitais para a observación, a búsqueda de información e a elaboración de producións propias, sexa de forma autónoma ou en combinación con outros medios e materiais. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Competencia da conciencia cultural e artística A área de Educación artística contribúe á adquisición da competencia cultural e artística directamente en todos os aspectos que a configuran. Ponse a énfase no coñecemento de diferentes códigos artísticos e na utilización das técnicas e os recursos que lles son propios, axudándolle ao alumnado a iniciarse na percepción e na comprensión do mundo que o rodea e a ampliar as súas posibilidades de expresión e comunicación cos demais. A posibilidade de representar unha idea de forma persoal, valéndose dos recursos que as linguaxes artísticas proporcionan, favorece a iniciativa, a imaxinación e a creatividade, ao mesmo tempo que ensina a respectar outras formas de pensamento e expresión. A área, ao propiciar o achegamento a diversas manifestacións culturais e artísticas, tanto do contorno máis próximo coma doutros pobos, dota osalumnos e as alumnas de instrumentos para valoralas e para formular opiniónscada vez máis fundamentadas no coñecemento. Deste xeito, poden ir configurando criterios válidos en relación cos produtos culturais e ampliar as súas posibilidades de lecer. Competencia de iniciativa e espírito emprendedor Ao facer da exploración e da indagación os mecanismos apropiados para definir posibilidades, para buscar solucións e adquirir coñecementos, favorécese de forma relevante a autonomía e a iniciativa persoal. O proceso que leva o neno desde a exploración inicial ata o produto final require dunha planificación previa e demanda un esforzo por alcanzar resultados orixinais, non-estereotipados. Por outra parte, esixe a elección de recursos tendo presente a intencionalidade expresiva do produto que se desexa lograr e a
revisión constante do que se fixo en cada fase do proceso coa idea de melloralo se fose preciso. A creatividade esixe actuar con autonomía, poñer en marcha iniciativas, barallar posibilidades e solucións diversas. O proceso non só contribúe á orixinalidade, á busca de formas innovadoras, senón que tamén xera flexibilidade pois ante un mesmo suposto poden darse diferentes respostas. Competencia social e cívica No ámbito da Educación artística, a interpretación e a creación supoñen, en moitas ocasións, un traballo en equipo. Esta circunstancia esixe cooperación, asunción de responsabilidades, seguimento de normas e instrucións, coidado e conservación de materiais e instrumentos, aplicación de técnicas concretas e utilización de espazos de maneira apropiada. O seguimento destes requisitos forma no compromiso cos demais, na esixencia que ten a realización en grupo e na satisfacción que proporciona un produto que é froito do esforzo común. En definitiva, expresarse buscando o acordo, pon en marcha actitudes de respecto, aceptación e entendemento, o que sitúa a área como un bo vehículo para o desenvolvemento desta competencia. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. Contribúese á apreciación do contorno a través do traballo perceptivo con sons, formas, cores, liñas, texturas, luz ou movemento presentes nos espazos naturais e nas obras e realizacións humanas. A área sérvese do medio como pretexto para a creación artística, explórao, manipúlao e incorpórao recreándoo para
darlle
unha
dimensión
que
proporcione
goce
e
contribúa
ao
enriquecemento da vida das persoas. Así mesmo, ten en conta outra dimensión igualmente importante, a que compete ás agresións que deterioran a calidade de vida, como a contaminación sonora ou as solucións estéticas pouco afortunadas de espazos, obxectos ou edificios, axudándolles aos nenos e ás nenas a tomar conciencia da importancia de contribuír a preservar un contorno físico agradable e saudable. Competencia para aprender a aprender.
Favorécese a reflexión sobre os procesos na manipulación de obxectos, a experimentación con técnicas e materiais e a exploración sensorial de sons, texturas, formas ou espazos, coa fin de que os coñecementos adquiridos doten os nenos e as nenas dunha bagaxe suficiente para utilizalos en situacións diferentes. O desenvolvemento da capacidade de observación presenta a conveniencia de establecer pautas que a guíen, co obxecto de que o exercicio de observar proporcione información relevante e suficiente. Neste sentido, a área axuda a adquirir competencia en aprender ao proporcionar protocolos de indagación e planificación de procesos susceptibles de seren utilizados noutras aprendizaxes. Competencia en comunicación lingüística. Pódese contribuír, como desde todas as áreas, a través da riqueza dos intercambios comunicativos que se xeran, do uso das normas que os rexen, da explicación dos procesos que se desenvolven e do vocabulario específico que a área achega. De forma específica, cancións ou sinxelas dramatizacións son un vehículo propicio para a adquisición de novo vocabulario e para desenvolver capacidades relacionadas coa fala, como a respiración, a dicción ou a articulación. Desenvólvese, así mesmo, esta competencia na descrición de procesos de traballo, na argumentación sobre as solucións dadas ou na valoración da obra artística. Competencia dixital Contribúese a través do uso da tecnoloxía como ferramenta para mostrar procesos relacionados coa música e as artes visuais e para achegar ao alumnado á creación de producións artísticas e á análise da imaxe e o son e das mensaxes que estas transmiten. Tamén se desenvolve a competencia na busca de información sobre manifestacións artísticas para o seu coñecemento e goce, para seleccionar e intercambiar informacións referidas a ámbitos culturais do pasado e do presente, próximos ou doutros pobos. Competencia matemática. Aínda que en menor medida, a área contribúe ao desenvolvemento da competencia matemática ao abordar conceptos e representacións xeométricas
presentes na arquitectura, no deseño, no mobiliario, nos obxectos cotiáns, no espazo natural, e naquelas ocasións nas que se necesitan referentes para organizar a obra artística no espazo. Así mesmo, cando en música se traballan o ritmo ou as escalas, estase facendo unha achega ao desenvolvemento da competencia matemática.
ÁREA
DE
VALORES
SOCIAIS
E
CÍVICOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS CLAVE
Construír un concepto de si mesmo baseado no respecto da dignidade e da igualdade das persoas. Iniciar o desenvolvemento da autonomía persoal para a toma de decisións tanto a nivel individual como en situacións colaborativas. Realizar exposicións de traballos e tarefas utilizando tanto a linguaxe positiva verbal e non verbal, para entrenarse nas habilidades sociais de expresar opinións e contrastalas con ideas e opinións deferentes dos demáis membros do grupo. Aprender a comunicarse practicando a comprensión, a escoita activa e a empatía. Traballar a educación para a convivencia, fomentando que o alumn@ tome conciencia da súa vinculación coa sociedade na que se desenvolve.. Aprender a resolver conflitos dunha maneira solidaria, altruista e tolerante, desde o respecto e a participación activa no entorno no que se desenvolve. Recoñecer e valorar a importancia dunhas normas de convivencia democráticas para desenvolverse en todos os ámbitos: escola, casa, sociedade… Identificar mediante supostos prácticos os prexuízos sexistas, de raza…, para iniciarse nun sistema de valores baseado na igualdade entre as persoas. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS CLAVE
Competencia matemática e ciencia e tecnoloxía O desenvolvemento desta competencia nesta área curricular permítenos utilizar, interpretar e expresar con claridade elementos e razoamentos matemáticos para enfrontarse a aquelas situacións cotiás que os precisan. Así mesmo, esta competencia ofrece a posibilidade de empregar o razoamento lóxico, analizar e axuizar a partir de conflitos, resolución de problemas e xuízos morais, os problemas sociais e históricos. Comunicación lingüística
Para o bo desenvolvemento desta competencia nesta área, será decisivo o fomento da lectura a través de libros e de fragmentos escollidos para comentar na aula con dúas finalidades: mellorar a comprensión lectora e a adquisición de destrezas para a expresión escrita e adquirir identidade sobre o que significa unha sociedade cívica para favorecer o coñecemento dos valores, os dereitos e os deberes destacados nos dereitos humanos... Trataremos desde esta área que adquiran as destrezas comunicativas tanto orais coma escritas. Competencia dixital Desenvolver a competencia dixital desde esta área axudaranos a manexar ferramentas que posibiliten o acceso ao coñecemento e á vez nos ensine o seu uso responsable; a devandita competencia favorecerá dous tipos de traballo: autónomo e participativo, nos que
se
fomentará
a
identidade
persoal
e
a
relación
interpersoal
respectivamente desde unhas bases sólidas nas que poidan empezar a xerar os seus propios criterios sobre situacións reais da sociedade na que viven. Competencia en conciencia e expresións culturais
A través desta competencia e desde esta área, posibilítase a adquisición de pautas sociais e cívicas persoais, interpersoais e interculturais para participar dunha forma eficaz e construtiva en sociedades cada vez máis diversificadas. Apreciar os sentimentos, a beleza, a emoción das obras artísticas , así como valorar e mostrar respecto polos traballos realizados por un mesmo e polos demáis, é unha maneira de adquirir competencias nesta área. Competencias sociais e cívicas A área de Valores Sociais e Cívicos pídenos que se facilite a construción da identidade individual e se potencien as relacións interpersoais para favorecer a convivencia de acordo con valores cívicos socialmente recoñecidos, polo que esta competencia fomentará todos aqueles aspectos que lle axuden ao alumnado a formarse como persoas e cidadáns participativos na mellora e no desenvolvemento dunha sociedade democrática. Competencia de sentido de iniciativa e espírito emprendedor O sentido de iniciativa e espírito emprendedor beneficiará o alumnado, xa que se iniciará no autocoñecemento a distintos niveis para poder desenvolver diferentes habilidades que o leven a tomar iniciativas emprendedoras que faciliten a asunción da complexa convivencia
social
propiciando
valores
de
interdependencia
positiva,
cooperación de acordo cos valores, os dereitos e os deberes da sociedade na que se desenvolven. Competencia aprender a aprender A competencia de aprender a aprender favorece a forma en que o proceso de ensino-aprendizaxe se vai consolidando no alumnado. As metodoloxías empregadas nesta área estarán relacionadas co traballo de investigación, de forma que a participación
e a implicación do alumnado sexa real así como o recoñecemento e a aceptación das normas sociais e de convivencia. Nesta área insistirase na relación entre o progreso persoal e o académico xa que iso supoñerá unha das bases para que se inicien na construción do seu propio proxecto persoal de vida. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
Técnicas e instrumentos de avaliación A avaliación será proceso flexible, por iso, os procedementos para desenvolvela serán variados. Para recoller datos nos serviremos de diferentes técnicas de avaliación: Informes previos dos alumnos. A observación sistemática. A análise das producións do alumnado. As probas orais e escritas A entrevista ao alumnado e ás familias. Rexistro do observado e avaliado. Os datos recolleranse en diversos instrumentos para a avaliación. Algúns oficiais (actas de avaliación, expediente académico, historial académico de educación primaria e informe persoal por traslado), outros persoais, de formato libre seleccionados ou construídos polo profesor ou equipo de profesores.
Momentos da avaliación Avaliación inicial Durante o primeiro mes do curso escolar, os titores realizarán unha avaliación inicial coa finalidade de adecuar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu proceso de aprendizaxe.. Esta avaliación incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou ciclo e a información obtida das familias.
A avaliación inicial será a base para o desenvolvemento do currículo nas programacións de aula, así como para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo e recuperación que se consideren oportunas. Avaliación continua, A avaliación continua terá carácter formativo e permitirá incorporar medidas de ampliación, enriquecemento e reforzo. Estas medidas adoptaranse desde o momento en que se identifiquen e en calquera momento do ciclo, e estarán dirixidas a garantir a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o proceso educativo. Ao longo de cada un dos cursos realizaranse, para cada grupo de alumnos e alumnas, polo menos tres sesións de avaliación. Serán recollidas en acta as cualificacións nas distintas áreas, o grao de desenvolvemento das competencias básicas e as decisións e os acordos alcanzados, tanto referidas ao grupo coma a cada alumna e alumno”.
Avaliación final, Ao final do curso o equipo de mestres que imparten docencia en cada grupo, na sesión final de avaliación, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión será adoptada de forma colexiada, e primará o criterio do titor. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Criterios de cualificación
obterase grazas a realización dunha proba escrita, dun proxecto (ao que se lle aplicará como instrumento unha rúbrica de avaliación) ou á media de ambas.
co tratamento dos materiais (10%) faga o alumno ou alumna (presentación, coidado materiais, caligrafía, limpeza...) e a outra metade co traballo diario ( 10% realización e calidade das tarefas). actitudes disruptivas senón tamén a presenza dunha actitude activa e positiva e de solidariedade cos compañeiros e compañeiras de aula.
-SU-BE-NT-SB. Tamén serán numéricas.
En cumprimento do Decreto 105/2014, do 4 de setembro de 2014, polo que se establece o currículo da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, os resultados da avaliación do alumnado expresaranse nos seguintes criterios de cualificación, aos que se lles achegará unha cualificación numérica: - Sobresaliente: 90% a 100%. - Notable: 70% a 80%. - Ben: 60%. - Suficiente: 50%. - Insuficiente: menos do 50%.
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E OS REFORZOS PARA LOGRAR DITA RECUPERACIÓN. Para lograr que os alumnos que non conseguen adquirir /asimilar ben o traballado nunha unidade determinada ou que teñen dificultades, en xeral, para acadar os obxectivos mínimos esixibles e porén o grao de adquisición das competencias clave, programaranse unhas actividades que lles faciliten a aprendizaxe. Entre estas actividades propóñense: Actividades adaptadas ao seu ritmo de traballo. Fichas de reforzo da unidade. Actividades de reforzo propostas polo profesor. Actividades en formato dixital. Actividades manipulativas. Adaptacións das avaliacións as necesidades do alumnado segundo as súas capacidades persoais. Estes reforzos faranse, tendo en conta a dispoñibilidade do centro, cos apoios na aula e os desdobres realizados nunha sesión semanal, así como coa colaboración das familias.
CRITERIOS
DE
PROMOCIÓN
AO
SEGUINTE CURSO. a) Si o alumno/a ten valoración positiva en tódalas áreas do curso. PROMOCIONA AO CURSO SEGUINTE
b) NO BLOQUE DE MATERIAS ESPECÍFICAS: O alumno/a nalgunha ou en todas as áreas PROMOCIONA AO NON ten valoración positiva que compoñen este bloque (Educación física/ Valores sociais CURSO SEGUINTE CON ou relixión/ Educación artística) MEDIDAS EDUCATIVAS COMPLEMENTARIAS. c) NO BLOQUE DE MATERIAS TRONCAIS E O BLOQUE DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA: PROMOCIONA AO
Si o alumno/a NON ten valoración positiva nunha das materias das seguintes áreas: CURSO SEGUINTE CON
LinguaCastelá/LinguaGalega//LinguaInglesa/Matemáticas/Cienciasda MEDIDAS EDUCATIVAS Natureza/Ciencias Sociais COMPLEMENTARIAS. ración positiva en dúas materias das seguintes áreas: Lingua Castelá/Lingua Galega/Lingua Inglesa/Matemáticas/Ciencias da NON PROMOCIONA Natureza/Ciencias Sociais (xa que teñen especial consideración polo seu carácter AO CURSO SEGUINTE instrumental) METODOLOXÍA DIDÁCTICA 5.2 Metodoloxía: lingua galega e castelá. O primeiro a ter en conta ao realizar a metodoloxía de lingua e literatura é que aprender lingua é aprender a usala con propiedade, é desenvolver as denominadas catro grandes habilidades que son: falar, escoitar, ler e escribir.
A adquisición da linguaxe ten que proporcionar ao alumnado unha capacidade de interpretación da realidade que o rodea e a súa propia identidade. Deste xeito, tratarase de fomentar na vida diaria da escola diferentes situacións de comunicación oral que permitan acadar os obxectivos da área como: comunicacións para planificar, chegar a consenso, poñer en común, tomar decisións, transmitir emocións… A participación activa require normas de interacción como: petición de palabra, uso do ton adecuado, respecto da quenda de intervención, respecto das opinións. Ademais require dunha serie de habilidades no alumnado que terá que ir adquirindo como: dar mensaxes con claridade, ordenadamente e co léxico adecuado. Cabe resaltar, neste senso, que na dinámica da aula realizarase unha asemblea semanal onde todos os alumnos e alumnas debaterán acerca das diferentes problemáticas da aula: conflitos, organización do material, cambios na organización da aula, cumprimento ou non das tarefas semanais de cada grupo... A nivel de comprensión oral: temos que ter en conta que é un proceso activo. As nenas e os nenos deben poder participar en actividades variadas de escoita de textos (relatos, mensaxes radiofónicas e televisivas…) de maneira a traballar sobre mensaxes reais e que chame a súa atención. Con respecto á expresión oral: o alumnado necesita desenvolver estratexias para potenciar a expresividade. Para isto é interesante traballar con recursos como os vídeos, os teatriños, a literatura popular (adiviñas, trabalinguas…). Este aspecto será impulsado ao longo de todo o ano gracias a disposición da aula en grupos de catro, a realización dunha
asemblea semanal que fomente os contactos comunicativos e o debate entre o alumnado, a utilización das Tic para escoitar os relatos introdutorios de cada tema así como a visualización de vídeos relacionados coa materia a tratar. Así mesmo participaremos en todos aqueles festivais que se promovan dende o centro (magosto, entroido, festival das letras galegas...), con pequenas actuacións (dramatizacións, cancións, poemas...) No ámbito da lectura, é importante que o alumnado vexa como len as persoas e os diferentes soportes que se utilizan: xornais, libros, ordenadores, carteis Para que o alumnado lea é imprescindible que queira ler. Para iso, é fundamental que os textos que utilicemos reflicten temas de interese para el@s. Ademais temos que ensinarlles a importancia do coñecemento dos autores dos textos para aumentar a bagaxe cultural. Neste ano académico continuarase cos 20 minutos diarios dedicados exclusivamente á lectura, sempre despois do recreo. Este tempo será empregado, ademais de para fomentar a lectura libre e compartida, que ten moito éxito no grupo, para levar a cabo as seguintes actividades relacionadas coa lectura: a) Lectura de historias realizadas na aula durante a semana polos nenos e nenas. b) Lectura de diarios que elaboran os nenos e nenas ao longo do ano. c) Presentación de noticias recollidas nos xornais pola comisión periodística. d) Lectura en alto de adiviñas. e) En caso de que o tempo o permita un día a semana será dedicado a un taller de poesía: creación de versos, rimas, coplas, xogos de palabras… Aproveitaranse as festividades para crealas e compartilas cos compañeiros.
Así mesmo, desenvolverase un préstamo de aula na que o alumnado contará cun recuncho onde se prestará os seus propios libros que, voluntariamente, vaian traendo da casa e xestionado por eles mesmos (grupo de préstamo). Semanalmente unha parella de nenos ou nenas irán á aula de 4º de Ed. Infantil á ler un conto acompañados, se hai posibilidade, de material complementario. Con respecto á escritura, debemos marcar tres fases que son: a planificación, a textualización e a revisión. -Planificación: require determinar o propósito polo que imos escribir, o destinatario do escrito, o contido e o rol da persoa que escribe. Tamén hai que ter en conta a estrutura que imos utilizar para lograr unha comunicación óptima (esquemas, diagramas, poesías, notas…). -Textualización: o alumnado ten que adquirir unhas habilidades que lle permitan controlar a lingüística (relación títulocontidoilustración, coherencia semántica, ortografía, orde e lexibilidade). -Revisión: tras a elaboración dun escrito, o alumnado ten que ser capaz de revisar e reflexionar sobre os seus escritos, empregando apoios que permitan resolver as súas dúbidas. Para tal efecto, o traballo en grupo é indicado en calquera momento. A interrelación do grupo favorece a discusión, a confrontación de ideas sobre o contido, as formas… Para favorecer o cumprimento destas tres fases daráselle especial importancia, entre as actividades dos libros de lingua galega e lingua castelá, á elaboración de textos ( poemas, cartas, narracións...) planificando o escrito mediante unha introdución feita en gran grupo. Así mesmo, a disposición en grupos da aula favorecerá a discusión e confrontación de ideas sobre o contido e
fomentarase a coavaliación entre o alumnado Á hora de elaborar textos todo o alumnado terá a súa disposición os dicionarios, a biblioteca escolar e o recuncho informático para facer calqueira consulta que precise e redactar mellor o seu escrito. 5.3: Metodoloxía: matemáticas. O achegamento aos contidos matemáticos apoiarase en actividades reais e na manipulación de obxectos concretos e familiares para avanzar progresivamente cara á formalización. A aprendizaxe significativa debe partir das concepcións previas do alumnado. As destrezas e actitudes deben ocupar na educación primaria un lugar predominante. O alumnado debe valorar a utilidade das matemáticas, adquirir actitudes de axuda e colaboración, ser perseverante na busca de solución, amosar flexibilidade para cambiar de punto de vista á vez que utiliza o erro como acicate e fórmula para seguir aprendendo. A matemática actual rexeita o cálculo rutineiro e a aprendizaxe memorística de fórmulas sen comprensión da realidade e propón o tratamento de problemas realmente prácticos e a utilización da resolución de problemas como método, facendo aparecer os coñecementos matemáticos como ferramentas que permitan solucionar diferentes cuestións. No campo dos espazos e das formas, os contidos xeométricos deberán tratarse desde o comezo da etapa a partir da curiosidade por descubrir os obxectos do contorno e as relación que existen entre eles. No campo do tratamento da información e do azar, o uso de experiencias familiares e repetibles, así como as lúdicas e motivadoras, diminuirá as dificultades para a aprendizaxe. Neste eido tamén son importantes a recollida de datos, a súa
análise e a súa representación, sempre referidas a datos do contorno. Neste senso formularanse ao alumnado diferentes problemas o máis próximos posibles a súa realidade e aproveitarase calquera situación que poida xurdir na aula (reparto de caramelos nun aniversario, reparto igualitario de encargados por semanas...) para promover a resolución de problemas reais e a utilización do cálculo matemático de xeito comprensivo. Así mesmo, empregaranse recursos o máis variados posibles para unha correcta aprendizaxe da materia: Convencionais: reloxo, moedas, transportador, compás, dados... Non convencionais: botellas, vasos e envases variados (capacidades); queixiños (fraccións), cilindros, bolas...( figuras xeométricas)... Materiais Tics: ordenador, recuncho informático, recursos sm, proxector... Metodoloxía: educación artística (plástica). Buscaremos a construción de aprendizaxes significativas que partan dos esquemas previos de coñecemento para modificalos, completalos ou reconstruílos. A aprendizaxe sobre as linguaxes artísticas é un proceso inacabado que se segue completando ao longo da vida, tentando sempre atopar solucións para chegar a resultados que supoñan un alto grao de elaboración persoal e a interpretacións e percepcións cada vez máis completas e ricas. A actividade do alumnado é fundamental para que esa aprendizaxe se produza. Non se trata só dunha actividade externa, senón dunha actividade mental que lle permita formular interrogantes e buscar estratexias para resolvelos, relacionar o que sabe co novo que se lle presenta e abordar novas propostas en que a percepción, expresión, reflexión e intercambio de ideas formarán parte
esencial do proceso de aprendizaxe. O traballo artístico deberá partir da experiencia persoal, dos saberes que o alumnado posúe social e colectivamente e da investigación e recoñecemento das propias características e posibilidades. A progresión de cada nena e de cada neno require de estratexias personalizadas que lle permitan avanzar e afianzar destrezas, coñecementos e actitudes no ámbito artístico. Neste contexto debe estar presente a loita contra os estereotipos e os roles preestablecidos, polo que se deben proporcionar oportunidades, alternativas e recursos múltiples que faciliten a reflexión e o desenvolvemento do xuízo crítico. A aprendizaxe sobre as linguaxes artísticas é un proceso inacabado que se segue completando ao longo da vida, tentando sempre atopar solucións para chegar a resultados que supoñan un alto grao de elaboración persoal e a interpretacións e percepcións cada vez máis completas e ricas. A actividade do alumnado é fundamental para que esa aprendizaxe se produza. Non se trata só dunha actividade externa, senón, e fundamentalmente, dunha actividade mental que lle permita formular interrogantes e buscar estratexias para resolvelos, relacionar o que sabe co novo que se lle presenta e abordar novas propostas en que a percepción, expresión, reflexión e intercambio de ideas formarán parte esencial do proceso de aprendizaxe. O traballo artístico deberá partir da experiencia persoal, dos saberes que o alumnado posúe social e colectivamente e da investigación e recoñecemento das propias características e posibilidades. A progresión de cada nena e de cada neno require de estratexias personalizadas que lle permitan avanzar e afianzar destrezas,
coñecementos e actitudes no ámbito artístico. Neste contexto debe estar presente a loita contra os estereotipos e os roles preestablecidos, polo que se deben proporcionar oportunidades, alternativas e recursos múltiples que faciliten a reflexión e o desenvolvemento do xuízo crítico. Metodoloxía de Valores Sociais e Cívicos están organizados arredor duns conceptos fundamentais vinculados a contexto real; será importante traballar a parte competencial de forma que o coñecemento se transforme en acción e aplicalo a proxectos reais próximos ao alumnado.
MEDIDAS
DE
ATENCIÓN
Á
DIVERSIDADE Entre os obxectivos que perseguiremos subliñamos: Favorecer a aceptación das diferenzas existentes entre o alumnado. Valorar a diversidade como fonte de enriquecemento. Dar unha resposta axeitada ás necesidades educativas de cada alumno a través de diversas propostas organizativas, metodolóxicas, de avaliación. Previr dificultades de aprendizaxe. Facilitar a colaboración e coordinación entre todos os membros da comunidade educativa. Potenciar unharesposta educativa de calidade. Equidade. Equilibrio entre a igualdade de oportunidades e a atención ádiversidade. Disposición de medios e recursos. Identificación e atención temperá das súas necesidades.
Normalización e inclusión. Participación das familias. En canto ás medidas para atender á diversidade, destacamos: Medidas xerais: son as estratexias reguladas por normativa e que o noso centro pon en marcha para adecuar os elementos prescritivos do currículo aoseu contexto particular, como por exemplo: a adaptación do currículo oficial ás características e necesidades do noso centro e alumnos, que se concretan en documentos como as Programacións docentes, o Proxecto lector, a Orientación escolar e persoal dos alumnos e as súas familias, a Acción Titorial, a organización e confección de horarios para coordinar o profesorado...; a adecuación dos criterios de avaliación e promoción para adaptarse ás características do alumnado, entre outras. Medidas ordinarias: son as estratexias de organización e as modificacións que realizamos respecto aosagrupamentos, métodos, técnicas, actividades e estratexias de ensino-aprendizaxe e avaliaciónco fin de atender ádiversidadesen modificar os elementos prescritivos do currículo. Entre elasatopamos: Flexibilización do horario e dos espazos para adaptalosaos diferentes agrupamentos. Medidas organizativas e metodolóxicas para adaptarnos aos diferentes ritmos, motivacións, intereses (estratexias de traballo indagatorias, de aprendizaxes cooperativas, titoría entre iguais, bancos de actividades graduadas, selección variada de materiais e recursos, diferentes agrupamentos: individual, pequeno e gran grupo). Actividades de recuperación: para facilitarllesao alumnado a recuperación das áreas non superadas en cursos anteriores.
Actuacións de apoio a alumnos con distintos ritmos de aprendizaxe: Actividades de reforzo: destinadas ao alumnado que pode seguir o currículo ordinario do curso, pero para logralo necesitan unha atención máis individualizada, tanto en aspectos curriculares coma en estratexias de aprendizaxe e pautas de traballo. Actividades de ampliación: para o alumnado que mostra un nivel alto na construción de contidos, desenvolveremos actividades como a proposta por Del Pozo, desinalado valor competencial e tamén relacionada co estímulo ás intelixencias múltiples. Adecuación dos elementos da programación ás características e necesidades dos alumnos: priorización de obxectivos e competencias básicas, selección de contidos, adecuación dos procedementos de avaliación, etc. Medidas de apoio: Esta medida está destinada ao alumnado que presente dificultades en competencias imprescindibles para posibilitar o avance curricular. Realizarase en atención especializada puntual fóra da aula ordinaria. Adaptacións non significativas do currículo: supoñen unha modificación non esencial de obxectivos, contidos, criterios de avaliación, así como da temporalización e outros aspectos organizativos. Agrupamentos flexibles: En función do nivel de competencia curricular do alumnado, estableceranseagrupamentos flexibles, que garantirán aos alumnos e alumnas a posibilidade de incorporarse, ao longo do curso, a grupos de nivel curricular diferente, dependendo da súa evolución. Medidas de afondamento e enriquecemento para alumnos con altas capacidades intelectuais.
Permanencia dun ano máis no curso : aplicarémoslles esta medida ao alumnado que ao finalizar o curso non alcanzasen os obxectivos e competencias correspondentes. Coordinación entre a escola e a familia, no horario de titoría establecido para iso (PAT). Valoración inicial e vías de actuación Co obxecto de nos axustar o máximo posible á realidade dos nosos alumnos, acordamos realizar unha valoración das súas características segundo os seguintes parámetros: Que valorar: - Rendemento do alumno no curso anterior. - Personalidade. - Afeccións e intereses. - Situación económica e cultural da familia. Como obter a información: - Informes de titores anteriores. - Entrevista cos pais e nais. - Entrevista coa orientadora do centro. Deste xeito, o centro prevé distintas vías de resposta ante o amplo abano de capacidades, estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses dos alumnos.
PROGRAMA
DE
EDUCACIÓN
EN
VALORES Tendo en conta que a escola é o medio onde se desenvolve unha relación entre todos os membros da comunidade educativa, a
educación en valores ten que estar presente en todos os procesos de ensinoaprendizaxe e por tanto en todas as áreas do currículo. Non se pode pensar nunha educación en valores illada, como unha materia máis , senón como unha situación que impregna todo o proceso educativo e que forma parte do transcurrir diario no ámbito escolar. Aquí neste contexto é onde se integran os seguintes valores : Educación moral e cívica -Colaborar na planificación e realización de actividades en grupo, aceptando e cumprindo as normas e regras que se establezan, respectando puntos de vista distintos e asumindo as responsabilidades que correspondan. -Establecer relacións equilibradas e construtivas cos demais membros da comunidade educativa.-Comportarse de maneira solidaria,recoñecendo e valorando as diferenzas de tipo social e rexeitando calquera discriminación de sexo, raza, crenzas, costumes, formas de vida… -Traballar a autoestima, aceptación e confianza en sí mesmo. Educación para a igualdade -Traballar a coeducación evitando a asignación de roles, estereotipos e comportamentos sexistas, coa axuda de programas como : “Camiña con nós pola igualdade” -Valoración dos xoguetes para tod@s. -Expresión de sentimentos e emocións en ambos sexos. Educación para a paz -Comprender que a paz é cousa de tod@s e que se pode conseguir co respecto e co diálogo.
-Resolución de conflitos de maneira pacífica e por medio do diálogo. -Valoración das diferenzas como algo positivo en canto a sexo, cultura, costumes,formas de vida… Educación para a saúde -Valoración da saúde non só como benestar físico senón tamén mental. -Promover
hábitos
saudables
de
alimentación,
hixiene,
previsión
de
accidentes… Educación ambiental -Traballar no coidado,respecto e protección do medio máis próximo(colexio e lugar onde viven) para pasar ao máis afastado.
-Valorar a importancia do medio como necesario para o benestar de tod@s. -Coñecer as normas de utilización dos espazos urbanos. Educación do consumidor -Fomentar o consumo responsable( distinguir entre o necesario e o superfluo). -Reducir o uso de materiais e reciclar e reutilizar sempre que sexa posible. -Aprender a reducir o uso das enerxías e coñecer as posibilidades de uso de enerxías non contaminantes. -A prender a ser críticos coa publicidade enganosa. Educación viaria -Coñecer e respectar as normas básicas para desprazarse como peónse como usuarios dos medios de transporte. Educación para o lecer -Aprender a utilizar o tempo de lecer con actividades como os xogos ou a lectura de diferentes textos e en diferentes formatos. -Usar as bibliotecas públicas e as ludotecas para actividades lúdicas e como espazos de relación social. -Interesarse pola utilización do tempo de lecer para visitas familiares aproveitando os recursos do entorno máis próximo.
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR. Dende a aula de 3º de primaria tratarase contribuír á consecución dos obxectivos do Proxecto Lector de Centro e do Plan Anual de Lectura promovendo as seguintes iniciativas e actividades: Actividades : Visita semanal á biblioteca do centro onde se levarán a cabo lecturas e préstamo de libros. 30 minutos de lectura diaria na clase, empregando libros da biblioteca da aula. Narracións por parte dos profesores. Por parellas irán quincenalmente a ler á aula de 4º de infantil B un conto. Quincenalmente haberá unha “comisión periodística” formada por un neno e unha nena que buscará unha noticia en formato papel ou dixital na biblioteca, a resumirá e expoñerá plasticamente (cartolina, recortado da imaxe, pé de foto...) e a exporá aos compañeiros. Elaboración dun conto entre todos oralmente. A mochila viaxeira (onde os alumnos levarán textos en diferentes formatos para toda a familia). Empregarase unha hora de lectura semanal a un taller de poesía. Aproveitaranse as festividades tales coma o Magosto, Samaín ou entroido para elaboralas e expoñelas aos compañeiros de centro. Lectura de diferentes tipos de textos ( poemas, rimas, contos, adiviñas, trabalinguas,…). Lectura de textos para aprender e para informarse: folletos informativos, publicitarios , prensa…
Representación teatral por parte dos alumnos dun conto lido. Audición de textos de diferentes xéneros e procedencias. Lectura en voz alta, entoando e pronunciando de producións propias no “Caderno de Bitácora” onde se irán escribindo semanalmente diferentes vivencias persoais, festividades... Ilustración dun cómic. Lectura compartida en grupo dos títulos literarios propostos como agasallo de Nadal. Elaboración dun gráfico de barras cos libros mellor valorados polos alumnos de cada nivel. Encontro con autores ou ilustradores dalgún dos libros lidos. Selección e promoción de lecturas para o itinerario lector.
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC. As formas máis habituais de utilización das novas tecnoloxías na aula son as que se detallan a continuación: 1. Exposición do profesor apoiada nas novas tecnoloxías Mediante o uso do ordenador o profesor mellora a exposición dos contidos ao ilustrar con maior claridade algúns conceptos e presentalos de forma máis atractiva. Ao mesmo tempo, coa utilización das novas tecnoloxías pódese mellorar a motivación cara á aprendizaxe da materia e cara ao uso de recursos informáticos. 2. Iniciación á informática Preténdese transmitir os coñecementos básicos necesarios para poder utilizar as tecnoloxías. Os contidos elementais que se deben desenvolver na aula son: - Utilización dos compoñentes básicos do contorno gráfico do ordenador.
- Apertura e peche de aplicacións. - Creación dun documento novo. - Acceso á información contida nun CD. - Acceso a páxinas web. - Impresión de documentos. - Utilización dun navegador. - Edición de documentos mediante procesadores de texto. 3. Exercitación mediante programas educativos Son programas que permiten a interactividade e a creatividade por parte do alumnado, favorecen un uso das novas tecnoloxías con máis posibilidades educativas.
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA. Despois de realizar unha análise da realidade social do centro e do contorno constátase que non existen grandes problemas de convivencia. A pesar do dito anteriormente, neste curso faranse una serie de actividades encamiñadas a mellorala. Elaboración, coa axuda dos propios nenos e nenas, das normas da aula e as correspondentes medidas en caso de non cumprilas. Fomentarase a xestión da aula por parte dos propios nenos e nenas. A cada un se lle designará un rol na aula (comisión periodística, encargado de cada grupo….) co fin de desenvolver a responsabilidade do alumnado sobre os materiais e dinámicas da aula. Todos os nenos se sentarán nas aulas en parellas ou grupos mixtos fomentando a relación entre os nenos e nenas, a
colaboración e cooperación entre grupos. Na asemblea do venres trataranse todas aquelas problemáticas ocorridas na aula durante a semana, co fin de que o alumnado aprenda a falar, debater e argumentar as súas posturas, desenvolvendo a capacidade empática e de diálogo e a resolución pacífica de conflitos. Traballo con materiais relacionados co respeto entre ambos sexos durante todo o ano, en especial, no Día contra a Violencia de Xénero. Participación nas actividades do Plan de Convivencia propostas pola Comisión de Convivencia do centro para este curso.
ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LINGÜÍSTICO Os alumnos de 3º participarán con diferentes actividades no P.D.I que se vai traballar durante todo o curso escolar promocionado polo equipo de Biblioteca. No noso centro é lingua predominante do alumnado é o castelán. Linguas empregadas nas diferentes áreas: Castelán: lingua castelá, matemáticas, alternativa a relixión e educación física. Galego: lingua galega, ciencias sociais, ciencias naturais, educación artística e relixión. Lingua estranxeira: Inglés. Repertorio de actuacións dinamizadoras para potenciar o uso do galego. Seguindo o Decreto 124/2007, a Lei de Normalización e o Plan llingüístico do Centro estas son as medidas de apoio e reforzo para fomentar o emprego do galego:
a) Usos lingüísticos cotiás orais. Emprego da lingua galega por parte do profesorado nas conversas que mantemos coas familias, co alumnado e co persoal non docente. Usar a lingua galega en todos os actos que organice o centro: reunión de pais, festivais, conferencias.. b) Accións centradas no uso do galego (oral e escrito). Actividades para impulsar a competencia práctica do galego con actitudes positivas e para que o alumnado sinta o galego como una lingua próxima: carteis na aula e nos corredores, circulares, horarios… e) Empregar o galego nos documentos de relación coas familias e co contorno social: correspondencia, boletíns de notas, publicacións, comunicados... f) Facer en galego toda a documentación administrativa e pedagóxica. g) Promover o uso da biblioteca de aula e do Centro con revistas e materiais en galego e fomentando o seu uso. h) Recomendación dun libro en galego na lectura de Nadal. h) Fomentar, a través de xogos e doutras actividades lúdicas, o uso do galego nas actividades informais do alumnado. Estas accións están encamiñadas a creación de actitudes positivas cara a lingua galega o e o respecto a súa cultura.
MATERIAIS
E
RECURSOS
DIDÁCTICOS INCLUÍDOS OS LIBROS DE TEXTO. CURSO 3º EP MATERIA ISBN TÍTULO DO LIBRO EDITORIAL 3º Ciencias Sociais 978-84-9972-637-3 Saber facer Santillana 3º Ciencias da Natureza 978-84-9972-418-8 Saber facer Santillana
3º Lengua 978-84-698-0649-4 Aprender es crecer Anaya 3º Lingua 978-84-678-8655-9 Aprender é crecer Anaya 3º Matemáticas 978-84-678-8574-3 Aprender es crecer Anaya 3º INGLÉS 978-0-230-73437-1 QUEST 3 PUPIL´S BOOK MACMILLAN CURSO 3º EP MATERIA ISBN TÍTULO DO LIBRO EDITORIAL 3º INGLÉS 978-0-230-73429-6 QUEST 3 ACTIVITY BOOK MACMILLAN Os criterios de selección dos materiais curriculares que foron adoptados por este equipo docente seguen un conxunto de criterios homoxéneos e xerais que responden ás propostas xerais de intervención educativa e ao modelo didáctico anteriormente propostos. Estes criterios xerais son: Adecuación ao contexto educativo do centro. Correspondencia dos obxectivos promovidos cos enunciados no Proxecto Educativo de Centro. Coherencia dos contidos propostos cos obxectivos. A acertada progresión dos contidos e obxectivos, a súa correspondencia co nivel e a fidelidade á lóxica interna de cada área. A adecuación aos criterios de avaliación do centro. A variedade das actividades, a diferente tipoloxía e a súa potencialidade para a atención ás diferenzas individuais. A claridade e a amenidade gráfica e expositiva. A existencia doutros recursos que facilitan a actividade educativa. Atendendo a estes criterios, fixemos a selección tendo en conta os seguintes indicadores. INDICADORES: 1. Encádrase con coherencia no Proxecto Educativo. 2. Cubre os obxectivos do currículo.
3. O número de unidades organiza adecuadamente o curso. 4. Os obxectivos están claramente explicitados. 5. Os contidos seleccionáronse en función dos obxectivos. 6. A selección de contidos está adecuada ao nivel de desenvolvemento psicoevolutivo dos alumnos. 7. A progresión é adecuada. 8. Contribúe ao desenvolvemento das competencias clave. 9. Parte dos coñecementos previos dos alumnos. 10. Asegura a realización de aprendizaxes significativas. 11. Esperta a motivación cara ao estudo e á aprendizaxe. 12. Potencia o uso das técnicas de traballo intelectual. 13. Presenta actividades de reforzo e de ampliación. 14. A cantidade de actividades é suficiente. 15. Permiten a atención á diversidade. 16. As actividades están ben diferenciadas dos contidos. 17. As informacións son exactas, actuais e cientificamente rigorosas. 18. A información e as explicacións dos conceptos exprésanse con claridade. 19.
Facilita
a
memorización
comprensiva
mediante
unha
adecuada
organización das ideas, destacando as principais sobre as secundarias. 20. A linguaxe está adaptada ao nivel. 21. As imaxes achegan aclaracións ou ampliacións ao texto. 22. Recórrese suficientemente á información gráfica mediante esquemas, táboas, gráficos, mapas etc
ACTIVIDADES
COMPLEMENTARIAS
E EXTRAESCOLARES
Nos centros educativos realízanse unhas actividades que sen ser estritamente académicas, contribúen o desenvolvemento integral do alumnado. Son as actividades complementarias e extraescolares. Os alumnos e alumnas de 3º E.P. participan tanto nas actividades programadas en horario lectivo (actividades complementarias) como nas de horario non lectivo (actividades extraescolares). Actividades complementarias Participarán contod@s @s alumn@s nas seguintes: Día do libro. Día contra a Violencia de Xénero. Magosto. Nadal. Día da paz. Entroido. Día das letras galegas. As nenas e nenos de 3º realizarán no 1º trimestre a saída “Educando no Monte”, no 2º trimestre a visita a biblioteca pública “Juan Compañel” de Vigo, e no 3º trimestre está sin determinar. Ao longo do curso valorarase a posibilidade de participar nalgunhas actividades máis das que sexan ofertadas e que poidan interesar pola súa relación cos contidos do currículo e/ ou do proxecto anual. Actividades extraescolares Realízanse polas tardes e son xestionadas pola ANPA do colexio, cumprindo tamén a súa función de complemento da aprendizaxe.
PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN Para avaliar a adecuación da programación cos obxectivos que se pretenden acadar valorarase o seguinte: Se os obxectivos e os contidos son os axeitados. Se os criterios de avaliación establecen o que se espera que aprendan os alumn@s Se contribúe á adquisición das competencias clave. Se a metodoloxía empregada e os libros e outro material é o axeitado. Se o uso das TICS se ve reflectido nas distintas áreas. Se as medidas de atención á diversidade recollen as necesidades do alumnado. Se a contribución ao proxecto lector, ao proxecto lingüístico e ao plan de convivencia vese reflectido nas actividades levadas a cabo. Se as actividades extraescolares e complementarias programadas é a axeitada para @s nos@s alumn@s. Se os procedementos e os instrumentos de avaliación son os axeitados. Se os criterios de promoción plantexados son os máis convintes. Se xurden problemas ou necesidades cando se aplica que habería que ter en conta. Para elo haberá que: Revisar a programación e correxir,se fose preciso, aqueles apartados que se considera que non funcionan como deberían. Recoller esta información para propoñer melloras nas futuras programacións. Táboa para a valoración da programación e tarefa da docente.