CURSO 2012/2013
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
CEIP ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO DE VIGO.
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
INDICE PÁX 1. Introdución.
4
2. Obxectivos específicos para o curso académico.
4
2.1 – Medidas a desenvolver para a súa consecución.
5
2.2 – Recursos previstos para o efecto.
6
3. Concreción anual do proxecto educativo (PE) 3.1 – Modificación do PE.
6 6
4. Estratexias metodolóxicas e organizativas de atención ao alumnado con N.E.E.
7
5. Cadro de organización pedagóxica.
8
5.1 - Adscrición funcional para o curso 12-13
8
5.2 - Horarios de grupos e especialistas
9
5.3 - Horarios de salas comúns
16
5.4 - Cadro de sustitucións.
16
5.5 - Horario de dedicación do profesorado.
16
6. Plan de actuación dos órganos colexiados.
18
7. Plan de actuación do equipo directivo.
19
8. Xornada escolar e horario do centro.
22
8.1 – Calendario escolar.
23
8.2 - Quendas de vixilancia dos recreos.
24
9. Programación e calendario das reunións dos órganos de goberno.
24
9.1 – Claustro de profesores.
24
9.2 - Consello Escolar.
25
9.3 - Observatorio da Convivencia Escolar.
28
10. Programación e calendario das reunións dos órganos de coordinación docente.
31
10.1
– Equipos de ciclo.
31
10.2
– Comisión de coordinación pedagóxica.
32
10.3
– Equipo de normalización e dinamización lingüística.
33
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 2
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 – Equipo de actividades complementarias e extraescolares.
34
10.5 – Composición e calendario de reunión dos órganos de coordinación docente. 11. Participación do profesorado do centro en programas de innovación educativa. Perfeccionamento do profesorado. 12. Addenda do proxecto lingüístico.
36
13. Programas e actividades que se van desenvolver para o fomento e dinamización da lingua galega. 14. Libros de texto.
40
15. Programa anual de actividades complementarias e extraescolares.
44
16. Plan de autoprotección do centro.
45
17. Plan de organización e coordinación das tarefas do persoal non docente.
46
18. Horario de atención ó público do equipo directivo.
48
19. Plan para a potenciación e organización das relacións da comunidade coa familia.
48
20. Regulamento da organización do comedor.
50
21. Plan de utilización das instalacións do centro.
50
22. Plan de actividades propostas pola A.N.P.A.
51
23. Plan xeral de avaliación do centro.
52
24. Proxecto lector de centro. Plan anual de lectura.
54
25. Plan de introdución das TIC.
56
26. Guía de intervención para a mellora, elaborada a partir da análise dos resultados da avaliación de diagnóstico. 27. Anteproxecto de xestión económica.
56
28. Plan de orientación.
58
10.4
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
37 40
41
57
Página 3
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 1. INTRODUCCIÓN.
A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, no seu artigo 125, especifica a obriga dos centros de elaborar ao principio de cada curso escolar unha programación xeral anual que recolla todos os aspectos relativos á organización e funcionamento do centro, incluídos os proxectos, o currículo, as normas, e todos os plans de actuación acordados e aprobados. A presente PXA, está elaborada en base á memoria aprobada no curso anterior, e con relación ás propostas de mellora expresadas na mesma. Ao comezo deste curso 2012-13, e no marco do plan de actuación de dirección, este equipo directivo (que este ano conta cunha nova directora) pretende continuar coa consecución dun centro participativo, flexible e receptivo ás propostas do entorno ,mantendo a traxectoria pedagóxica iniciada nos cursos anteriores.
Segundo o Artigo 98 do Decreto 374/96 do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria; o Apartado 3 da Orde de 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria; os Anexos IV e V do Decreto 130/2007 polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, elaboramos a presente Programación Xeral para o curso 2012/2013.
2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO ACADÉMICO.
Tanto a Educación Infantil coma a Educación Primaria configúranse como un período decisivo na formación da persoa, xa que nestas etapas é cando se asentan os fundamentos, non só para unha sólida aprendizaxe das habilidades básicas en lingua, cálculo e lingua estranxeira, senón que tamén se adquiren, para o resto da vida, hábitos de traballo, lectura, convivencia ordeada e respecto cara os demais.
OBXECTIVOS.
-
Garantir unha igualdade de oportunidades para o pleno desenvolvemento da personalidade a través da educación, no respecto ós principios democráticos e ós dereitos e liberdades fundamentais.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 4
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
-
Transmitir valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade social, mellora das sociedades, igualdade de dereitos entre sexos, que axuden a superar calquera tipo de discriminación, práctica da solidariedade. Actuar como elemento compensador das desigualdades persoais e sociais. Fomentar a participación dos distintos sectores da comunidade educativa, no ámbito das súas competencias e responsabilidades, no desenvolvemento da actividade escolar, promovendo un clima de convivencia e respecto, fundamental en toda relación humana.
Entendemos a educación coma un proceso permanente, estando o seu valor presente ó longo de toda a vida. Consideramos a responsabilidade e o esforzo como elementos esenciais do proceso educativo. Flexibilidade para adecuar a estrutura e organización ós cambios, necesidades e demandas da sociedade, e ás diversas aptitudes, intereses e personalidade dos/as nenos/as. Desenvolver nos/as nenos/as a capacidade para confiar nas súas propias aptitudes e coñecementos, desenvolvendo valores e principios básicos de creatividade, iniciativa persoal … 2.1 – Medidas a desenvolver para a súa consecución. A través do Claustro de Profesores, Comisión de Coordinación Pedagóxica, Departamento de Orientación, equipos docentes e Consello Escolar, revisarase o PEC. Revisar o Plan de Autoprotección para actualizalo e completalo, e sometelo á aprobación do Claustro e Consello Escolar. Elaboración do anteproxecto de xestión anual polo Secretario. Serán a Comisión Económica e o Consello Escolar quen aproben e xustifiquen este proxecto. Informarase ao Claustro do mesmo. Revisar, cos profesores, orientadora, especialistas de PT e AL, un protocolo de acollida do alumnado novo. Elaborar por parte do Departamento de Orientación xunto coa CCP e o profesorado, un listado das necesidades de atención a alumnado de EP con dificultades, así como das necesidades nas aulas de E. Infantil. Identificación e valoración dos alumnos susceptíbeis de apoio e adopción de medidas, ACS… Incrementar a atención aos alumnos con dificultades ou de altas capacidades mediante un intensivo plan de apoios no aula. Dinamizar a Biblioteca do centro a través dun equipo de biblioteca do que formen parte o profesorado tanto de E. Infantil como de E. Primaria. Potenciar o uso da lingua galega nun medio maioritariamente castelán-falante coma é o noso. Publicación revista “As nosas Cousas” e realización de enquisas anuais sobre o uso do idioma. Revisar que as programacións inclúan medidas conducentes a unha educación para a igualdade.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 5
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Implicar ás institucións e a toda a comunidade educativa no proxecto educativo do centro e na súa consecución dotando ao centro de mellores medios materiais e humanos.
2.2 – Recursos previstos para o efecto.
Os recursos económicos cos que conta o centro son os que proveñen da Consellería de Educación.
Os recursos humanos son o persoal docente, e non docente.
Alén diso contamos co servizo de madrugadores, con persoal da ANPA, e co servizo de comedor escolar, con persoal da empresa SERUNIÓN.
Pola tarde nas actividades extraescolares contamos cos monitores propostos pola ANPA.
Recursos materiais. Solicitamos cada ano material de renovación de mesas, encerados, cadeiras, armarios e material informático.
Para pequenos arranxos contamos coa colaboración do Concello de Vigo.
3. CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO (PE).
3.1 – Modificación do PE. O Centro conta cun documento que recolle os sinais de identidade e o modelo organizativo do centro. É preciso actualizar o citado documento adaptándoo ao disposto no Decreto 130/2007. Temporalidade e responsábeis: Partiremos do documento que existe actualmente, incluíndo as modificacións que sexan necesarias. Os equipos de ciclo formularán as propostas de modificación no primeiro trimestre. Durante o segundo trimestre a Comisión de Coordinación Pedagóxica será quen supervise a coherencia do novo documento para sometelo á aprobación do Claustro e o Consello Escolar antes do remate do curso actual.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 6
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
4. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON N.E.E. Previndo a incorporación de alumnos con necesidades educativas especiais, débese contar e proporcionar a cada alumno a resposta ás súas necesidades.. Estes alumnos beneficiaranse dun tratamento individualizado con adaptacións curriculares dependendo do diagnóstico previo do departamento de orientación. A integración do alumnado con necesidades educativas especiais e a concreción das adaptacións curriculares será posible grazas a: a cualificación do profesorado, a metodoloxía utilizada, espazos (supresión de barreiras arquitectónicas...) tempos (dependendo do alumno e a flexibilidade horaria). Realizaranse adaptacións que potencien o máximo desenvolvemento das competencias básicas segundo as diferenzas individuais. Poden ser de dous tipos: -
Adaptacións curriculares non significativas sobre a programación xeral que non afectan aos aspectos prescriptivos do currículo, facilitan o proceso educativo.
-
Significativas para o alumnado con necesidades educativas especiais. Se existen serias dificultades implicarán un novo deseño do currículo, eliminando unha parte dos contidos e obxectivos xerais e modificando os criterios de avaliación.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 7
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
5. CADRO DO ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA. 5.1 – Adscrición funcional para o curso 2.012-2.013
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 8
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
5.2– Horarios de grupos e especialistas. CURSO 12-13 // ED. INFANTIL – 3 ANOS TITOR/A: AROA BLANCO LORES LUNS
MARTES
9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20
Apoio en aula
Rel. /Altern. (Substituc.)
11:20 – 12:10
Apoio en aula (Psicom.)
12:10 – 13:00
MÉRCORES
XOVES
VENRES
R E C R E O Ing. Mús. (Substituc.)
Mús. Ing. (Substituc.)
Apoio en aula
13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
Apoio en aula
R E C R E O Apoio en aula
Apoio en aula
CURSO 12-13 // ED. INFANTIL – 4 ANOS TITOR/A: LAURA BERNARDO VILA
9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20
LUNS Rel./Altern. (Substituc.)
MARTES
MÉRCORES
13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
VENRES Apoio en aula (Psicom.)
R E C R E O
11:20 – 12:10 12:10 – 13:00
XOVES
Apoio (Substituc.) Apoio en aula
Mús. Ing. (Substituc.)
Ing. Mús. (Bibl.)
Apoio en aula R E C R E O
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 9
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 CURSO 12-13 // ED. INFANTIL – 5 ANOS TITOR/A: Mª JOSÉ MARÍN LEIRO . LUNS
MARTES
9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11.00 – 11:20
Apoio en aula
VENRES
Apoio en aula (Psicom.) Mús.
Apoio (Substituc.)
Ing. (Substituc.)
Ing. Mús. (Coord.)
Apoio en aula
13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
XOVES
R E C R E O
11:20 – 12:10 12:10 – 13:00
MÉRCORES Rel./Altern. (Substituc.)
R E C R E O Apoio en aula
CURSO 12-13 // ED. INFANTIL – APOIO MESTRA: PATRICIA RODRÍGUEZ HERMELO.
9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
LUNS Altern. I-4 Apoio en aula I-3
MARTES Bibliot. Altern. I-3
MÉRCORES Altern. I-5 Apoio en aula I5
XOVES
VENRES
Substituc.
Bibliot.
Psicom. I-5
Psicom. I-4
Bibliot.
Bibliot.
Apoio en aula I-3
Apoio en aula I-5
Apoio en aula I-3
Apoio en aula I-3
R E C R E O Psicom. I-3 Apoio en aula I-4
Apoio I-5 Apoio en aula I-4
Apoio I-4 Apoio en aula I3 R E C R E O
Apoio en aula I-5
Substituc.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Bibliot.
Página 10
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 CURSO 12-13 // 1º de Primaria. TITOR/A: PILAR CALVO FERRER. LUNS 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10
Matemáticas L. Castelá
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
L. Castelá
Matemáticas
Matemáticas
Matemáticas
C. Medio
C. Medio
C. Medio
L. Castelá
E.F. (Substituc.)
C. Medio
L. Galega
Música (Substituc.)
R E C R E O Inglés
Inglés (Subs.)
Mat.
Rel./Altern. (Coord.)
(Bibl.) Mat.
Inglés
12:10 – 13:00
C. Medio
L. Galega L. Castelá
13:00 – 13:10
R E C R E O
13:10 – 14:00
L. Galega
Inglés
E.F. (Substituc.)
Plástica
L. Galega L. Castelá
Grupo A (vermello) Grupo B (verde)
CURSO 12-13 // 2º de Primaria. TITOR/A: SALI VAQUEIRO ANGUEIRA. 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
L. Castelá
Matemát(*)
L. Castelá
Matemáticas
L. Castelá
Matemáticas
L. Castelá
Matemát(*)
Inglés (Substituc.)
Matemáticas
L. Galega
C. Medio
C. Medio
E.F. (Substituc.)
Plástica
L. Galega
R E C R E O C. Medio
Rel./Altern.
Rel./Altern.
L. Galega
Música (Altern. 1º) E.F. (Substituc.) R E C R E O
Inglés (Substituc.)
C. Medio
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
L. Galega
Página 11
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 CURSO 12-13 // 3º de Primaria. TITOR/A: CELIA VARELA BARRERA. 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES Inglés (apoio 4º)
Matemáticas
L. Castelá
L. Galega
L. Castelá
C. Medio (*)
Matemáticas
Matemáticas
Matemáticas
L. Castelá
R E C R E O Rel./Altern.
L. Galega
C. Medio
C. Medio
E.F. (Substituc.)
L. Galega
Inglés (Coord.)
L. Castelá
L. Galega
C. Medio
Música (Substituc.)
Plástica
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Matemáticas
L. Galega
Matemát(*)
Inglés (Apoio 2º)
L. Galega
L. Castelá
R E C R E O E.F. (Substituc.)
Inglés (Substituc.)
C. Medio
CURSO 12-13 // 4º de Primaria. TITOR/A: CARMEN FIDALGO CARBALLO. LUNS 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
L. Castelá L. Castelá
MARTES Inglés (Apoio 2º) Matemáticas
R E C R E O C. Medio
L. Castelá
C. Medio
Matemáticas
C. Medio
E.F. (Substituc.)
Rel./Altern.
Música (Substituc.)
C. Medio
L. Galega
E.F. (Substituc.)
Inglés (Substituc.)
R E C R E O Rel./Altern.
L. Galega
Plástica
CURSO 12-13 // 5º de Primaria. TITOR/A: LUCÍA GÓMEZ GONZÁLEZ. 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
LUNS
MARTES
L. Galega
Matemáticas
Inglés (Apoio 3º)
Matemáticas
MÉRCORES Inglés (Substituc.)
XOVES
VENRES
Matemáticas
L. Castelá
Matemáticas
L. Castelá
L. Castelá
L. Galega
C. Medio
Rel./Altern.
E.F. (Substituc.)
Inglés (Substituc.)
L. Galega
Plástica
L. Castelá R E C R E O
L. Galega C. Medio
Música (Apoio 1º) E.F. (Substituc.)
R E C R E O C. Medio
C. Medio
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
C. Medio
Página 12
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 CURSO 12-13 // 6º de Primaria. TITOR/A: ARANCHA BUGARÍN SILVA. 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
LUNS Inglés (Substituc.) L. Galega
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
L. Castelá
L. Castelá
L. Galega
L. Castelá
Inglés (Substituc.)
Matemáticas
E. Cidadanía
Matemáticas
R E C R E O Música (Bibl.)
E. Cidadanía
E.F. (Coord.)
Matemáticas
C. Medio
L. Galega
Matemáticas
C. Medio
Inglés (Substituc.)
Plástica
C. Medio
E.F. (Substituc.)
R E C R E O C. Medio
Rel./Altern.
Rel./Altern.
CURSO 12-13 // INGLÉS. MESTRA: MÓNICA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ. 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13.10 13:10 – 14:00
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
6º
4º
5º
Biblioteca
3º
5º
6º
4º
2º
Substitución
R E C R E O 1º I-5 I-3
1º
Substitución
3º
1º
I-3
I-4 I-4
I-5
6º
5º
1º
4º
R E C R E O 2º
Substitución
3º
CURSO 12-13 // EDUCACIÓN FÍSICA. MESTRE: MIGUEL A. HERVÁS PRETEL 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Secretaría
Substituc.
Secretaría
Secretaría
Secretaría
Secretaría
Secretaría
Secretaría
Substituc.
Substituc.
R E C R E O Apoio 1º
Secretaría
6º
1º
3º
4º
5º
2º
5º
2º
4º
6º
R E C R E O 3º
1º
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Secretaría
Página 13
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 CURSO 12-13 // EDUCACIÓN MUSICAL. MESTRA: Mª TERESA FERNÁNDEZ MOLARES. LUNS Xefatura estudos Xefatura estudos
9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
MARTES Xefatura estudos
MÉRCORES Xefatura estudos
Substituc.
Substituc.
XOVES
VENRES Xefatura estudos Xefatura estudos
Substituc. Xefatura estudos
R E C R E O 6º
5º
I-3 I-5
I-4
2º
Xefatura estudos
I-5 I-3
4º
I-4
Xefatura estudos
1º
3º
Coord.
R E C R E O Xefatura estudos
Xefatura estudos
Bibliot.
CURSO 12-13 // RELIXIÓN. TITOR/A: BEATRIZ PÉREZ MONTERO. 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
LUNS I-4
MARTES Substituc.
MÉRCORES I-5
Substituc.
I-3
Substituc.
XOVES
VENRES
R E C R E O 3º
2º
1º
2º
4º
5º R E C R E O
4º
6º
6º
CURSO 12-13 // PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA. MESTRA: Mª LUISA COEGO VILARIÑO. LUNS 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
MARTES
1º
2º e 3º
2º
1º
MÉRCORES
XOVES
1º
VENRES
1º 6º
1º 2º e 3º
Substituc.
3º 5º
1º 6º
R E C R E O Substituc.
3º
5º
2º
5º
3º
2º
3º
1º
3º
Coord.
1º
R E C R E O 5º
5º
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Substituc.
Página 14
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 CURSO 12-13 // AUDICIÓN E LINGUAXE. TITOR/A: Mª JOSÉ GANCEDO FERNÁNDEZ LUNS
MARTES
MÉRCORES
9:00 – 10:00
XOVES Infantil
VENRES 1º
10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
1º e I-5
Substituc. 1º e I-5
3º
Infantil
R E C R E O Hora itinerancia 1º Adq. linguas
Obradoiro I-5
1º
Obradoiro I-4
Obradoiro I-3
5º
Adquisición linguas
R E C R E O Infantil
CURSO 12-13 // ORIENTACIÓN. MESTRA: MONTSERRAT MARTÍNEZ CAÑAS. 9:00 – 10:00 10:00 – 11:00 11:00 – 11:20 11:20 – 12:10 12:10 – 13:00 13:00 – 13:10 13:10 – 14:00
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Dirección
Dirección
Orientac.
Dirección
Substituc.
Substituc.
Dirección
Orientac.
Coord.
Dirección
R E C R E O Dirección
Substituc.
Dirección
Orientac.
Dirección
Orientac.
Orientac.
Dirección
Orientac.
Orientac.
Dirección
Orientac.
R E C R E O Orientac.
Orientac.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Dirección
Página 15
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
5.3 – Horarios de salas comúns.
Tanto para o uso da biblioteca coma da sala de informática elabórase un horario mensual de reserva de aula, de xeito que cada mestre apunta a súa clase no día e hora que desexe utilizar ditas instalacións.
5.4 – Cadro de sustitucións.
CURSO 2.012 – 2.013 // CADRO DE SUBSTITUCIÓNS Laura Arancha
Bea Miguel Patricia (Bibl.)
Mª José M. Lucía
Patricia Maite Mónica (Bibl.)
Bea Montse
Aroa Maite Arancha Mª José M. Montse Pilar (Bibl.)
Bea Maite
Sali Miguel Montse (Coord.) Pilar Aroa Laura Patricia (Bibl.) Lucía Arancha
Pilar Marisa Arancha (Bibl.) Aroa Carmen Mª José M.(Coord.) Sali Celia
Lucía Celia (Coord.) Pilar Patricia Mónica
Mónica Laura Pilar (Coord.) Arancha (Coord.) Carmen Sali Marisa Celia Patricia (Bibl.) Maite (Bibl.)
Celia Carmen Marisa (Coord.)
Marisa Montse Mª José G. Patricia (Bibl.) Miguel Mónica Mª José M. Celia Patricia (Bibl.) Laura (Bibl.) Sali Pilar Lucía Arancha Carmen Maite (Coord.)
5.5 – Horario de dedicación do profesorado. O horario de entrada no centro para o profesorado durante tódolos días lectivos será ás 8.45 horas e o de saída ás 14.10 co obxecto de levar a cabo as tarefas de preparación de material e recollida do mesmo, segundo o caso, recepción e despedida dos alumnos e igualmente para planificación das substitucións, se as houber. Aínda que o noso centro non conta con transporte escolar, co fin de facilitar aos pais a entrada ao centro de xeito escalonado, ábrese o recinto escolar ás 8.50 horas, establecéndose quendas de garda por parte do profesorado que se sitúa en distintas zonas do patio. CADA DÍA DE LUNS A VENRES, agás os martes, un/unha profesor/a permanecerá no centro dende as 16:00 ata as 18:00 horas, ostentando a representación oficial do mesmo, e realizando as actividades tendentes á consecución dos obxectivos previstos na programación xeral anual do centro e a traballo de aula, e mesmo de titoría, garantíndose o funcionamento da biblioteca do centro e o seguimento do axuste do C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 16
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
desenvolvemento das actividades extraescolares ó plan incluído no proxecto pedagóxico-didáctico. Estas quendas computaranse pola dirección do centro. Nas quendas que se establezan, e que se farán por sorteo, garantirase mediante un mecanismo de correquendas, a presenza, para o caso de baixas ou imprevistos, dun profesor no centro no horario establecido. TÓDOLOS MARTES os/as profesores/as permanecerán SIMULTÁNEAMENTE durante dúas horas e media no centro, dende as 16:00 ata as 18:30 co fin de conseguir a máxima coordinación, e de xeito que se garanta a realización das actividades seguintes: -
Entrevistas con nais, pais ou titores. A esta función destinarase unha hora semanal, de 16 :00 a 17:00, da que terán adecuada información todas as familias. Asistencia a xuntanzas de equipos de ciclo. Programación da actividade de aula, realización de actividades extraescolares e complementarias e asistencia a reunións do equipo de actividades complementarias. Asistencia a xuntanzas de coordinación e seguimento co orientador do centro e/ou co profesorado de apoio ás necesidades de educación especial. Asistencia a reunións da comisión de coordinación pedagóxica. Actividades de perfeccionamento no posto de traballo ou de perfeccionamento incorporado ó posto de traballo e investigación educativa. Asistencia a reunións do equipo de normalización lingüística. Calquera outra actividade establecida na programación xeral anual ou relacionada coa función docente.
O resto da xornada semanal, sete horas e media, de non obrigada permanencia no centro, destinaranse á preparación da actividade docente, preparación e corrección dos traballos individuais do alumno, deseño e elaboración do material didáctico, preparación, dirección e realización de actividades extraescolares, que terán carácter voluntario, participación en actividades de perfeccionamento e formación, estudo persoal e atención doutras actividades inherentes á función docente.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 17
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
6. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS. Os órganos de goberno e os órganos de participación no control e xestión do centro realizarán as reunións pertinentes para o cumprimento das súas funcións e desenvolvemento o seu traballo. O calendario de reunións será polo menos de tres por curso, facendo coincidir a primeira co inicio do curso e a última co remate do mesmo. Tanto o Consello Escolar como o Claustro de profesores reuniranse tantas veces como se estime oportunas. O horario dos claustros será preferentemente ás 17´00 horas dos martes. Os Consellos Escolares celebraranse en día e hora que posibiliten a asistencia de todos os membros, preferentemente o mesmo día da realización do claustro. O plan de actuación do equipo directivo estará baseado no consenso para a toma de decisións e no traballo de xeito coordinado para o desempeño das súas funcións. Para iso conta con dúas horas semanais de coordinación. Un dos obxectivos do equipo directivo será lograr o maior benestar de todos os membros da comunidade educativa, atendendo na medida do posible as necesidades de cada persoa. Por outra banda tentarase que os espazos de traballo estean o máis ordenados e acolledores posible. Así mesmo, tratarase de crear un ambiente cómodo e amigable para o traballo. O Claustro de Profesores e o Órgano propio de participación destes no goberno do Centro e ten a responsabilidade de planificar, coordinar, informar e, se é o caso, decidir sobre tódolos aspectos educativos do centro.(ver punto 9.1.) O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da Comunidade Educativa: Profesores, pais, representantes da Administración e Servizos e representante Municipal.( ver punto 9.2.) O Equipo Directivo Adicará a atención das súas respectivas funcións. Reunirase unha vez a semana
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 18
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
7. PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO.
Revisión dos documentos lexislativos elaborados polo Centro, así como da nomenclatura utilizada para adaptalos á LOE. Redacción do proxecto de xestión segundo o artigo 123 da Lei Orgánica, 2/2006, do 3 de maio de Educación. A concreción anual deste obxectivo céntrase nas seguintes actuacións: * O Equipo Directivo realizará un anteproxecto do Proxecto Educativo de Centro para o seu estudo e discusión nos equipos de ciclo, CCP, Claustro e Consello Escolar. * Elaborar a Programación Xeral Anual segundo o disposto pola Administración Educativa a partir do artigo 125 da LOE. Dinamizar os órganos de goberno e de coordinación docentes para facelos máis efectivos. A concreción anual deste obxectivo céntrase nas seguintes actuacións: * Creación das comisións ou equipos que se precisen para o bo funcionamento do centro. * Planificar as reunións necesarias establecendo un calendario anual. * Marcar obxectivos moi definidos. * Discusión primeiro nos equipos de ciclo elevando propostas á Comisión de Coordinación Pedagóxica ou viceversa.
Crear uns sinais fortes de identidade do Centro.
En relación a este obxectivo cabe sinalar que a súa consecución estará en función da medida en que se vaian cumprindo os demais obxectivos, xa que son todas as actividades e proxectos que se programan nun centro educativo, así como as actitudes e os valores nas que se cre, son as que van formando a súa identidade. E esta será tanto mais forte canto mais afianzados estean os programas que se desenvolvan. Nesta lina de actuación pódese sinalar o emprego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) nos procesos de ensino-aprendizaxe e do recoñecemento exterior como centro de referencia no uso das TIC. Centraremos esforzos na continuación do Plan TIC facilitando a formación do profesorado no centro. Tamén a necesidade de adoptar novos modelos de ensino, adaptados ás tecnoloxías da información e comunicación, pasa por incentivar a formación dos docentes para o dominio das ferramentas básicas da Web 2.0, como son blogues, wikis, Jclics, Procuras do Tesouro, webquests, Lim, , etc... Existe un importante labor de autoformación. Neste sentido tentaremos potenciar a formación do profesorado grazas á dinamizadora da comisión TIC. Así mesmo, queremos potenciar en todo o centro, o contorno dixital, teremos que seguir incentivando os esforzos por facer da web do centro unha fonte de recursos para toda a Comunidade Educativa.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 19
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Recoñecer e valorar o Departamento de Orientación como un órgano dinamizador e fundamental da vida do Centro. A concreción anual deste obxectivo céntrase nas seguintes actuacións: * Facilitar o traballo do Departamento de Orientación en canto a dispoñibilidade de espazos, tempos ou materiais. * Colaborar coas propostas do Departamento de Orientación para así fomentar a participación do resto do profesorado. Fomentar o respecto entre todos os membros da Comunidade Educativa e motivar a recuperación da autoridade (que non autoritarismo) das mestras e mestres no seu significado real e pleno. A concreción anual deste obxectivo centrase nas seguintes actuacións: * Impulsar o dialogo coas familias dos alumnos e das alumnas co fin de que asuman a importancia da súa participación na vida do centro e actitude cara a escola na propia valoración que os seus fillos e fillas fan da mesma. * Asesoramento as familias sobre as condutas a evitar na casa e cales incentivar. * Divulgar entre os membros da Comunidade Educativa as Normas de Organización e Funcionamento.
Fomentar a participación activa das familias do alumnado nas actividades do Centro. A concreción anual deste obxectivo centrase nas seguintes actuacións:
* Establecemento de reunións periódicas coa xunta directiva do ANPA, e coa representación das familias no consello escolar. * Propiciar a participación das familias na eleccións dos seus representantes no Consello Escolar asistindo en calidade de presidenta do consello escolar ás actividades organizadas pola ANPA. Potenciar a formación e o traballo en equipo do profesorado. Especialmente nas novas tecnoloxías. Respectar e cumprir os artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. A concreción anual deste obxectivo centrase nas seguintes actuacións: * Prestar especial atención á linguaxe sexista cando se elabore calquera nota, circular, etc. dirixida as familias. O mesmo nas circulares internas do Centro. * Eliminar dos documentos existentes no centro a linguaxe sexista. * Conmemorar o Dia Internacional da Muller Traballadora prestando especial atención a sensibilización de toda a Comunidade Educativa ante esta problemática.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 20
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Respectar os principios básicos de xustiza, solidariedade, tolerancia, respecto, igualdade ou calquera outro vital na formación do ser humano. A concreción anual deste obxectivo centrase nas seguintes actuacións: * Incentivar a programación de actividades encamiñadas a fomentar o respecto, tolerancia, igualdade, etc. * Establecer un protocolo de resolución pacifica de conflitos. Facelo a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica. * Conmemorar os días establecidos no calendario a estes efectos: Dia da Paz, dos Dereitos Humanos... Articular medidas de actuación que favorezan a integración das diferentes minorías existentes no Centro: etnias, inmigrantes, alumnado con necesidades especias de apoio educativo. Promover e impulsar o coñecemento da cultura galega e o uso do noso idioma en todos os ámbitos.
A concreción anual deste obxectivo centrase na seguintes actuacións: * Colaborar na posta en practica do Proxecto Lingüístico do Centro. * Propiciar a celebración da Semana das Letras Galegas. Dinamizar o funcionamento da Biblioteca do Centro como mediateca do centro e como elemento clave no desenvolvemento docente e cultural do Centro. A concreción anual deste obxectivo centrase na seguintes actuacións: * Acondicionar o espazo da biblioteca as necesidades da comunidade educativa. * Potenciar o uso da biblioteca escolar como mediateca do centro educativo, facilitando o emprego de todo tipo de soportes de consulta. Continuamos no plano de mellora de bibliotecas (PLAMBE). En canto á elaboración dos horarios fixéronse coa idea de acometer un programa contrato para a mellora da lectoescritura e do cálculo, procurando que algunhas aulas de primaria contasen, alomenos, con dúas horas de apoios para o desenvolvemento deste programa1. Tamén debemos salientar que nos horarios do presente curso se facilitou o desdobramento do grupo-clase de 1º de primaria para traballar a lingua inglesa, de 3º curso de primaria para reforzo e ampliación mediante o emprego das TIC e de 4º curso de primaria para reforzo do cálculo mental e o razoamento matemático. Tampouco contamos con apoio para facer fronte a todos os trámites administrativos (Comedor, libros de texto, matrículas...) que só grazas ao voluntarismo poden ser resoltos nos prazos axeitados. A adscrición dun administrativo, aínda que fose compartido entre varios centros da zona, sería dunha grande axuda para levar a cabo as
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 21
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
tarefas burocráticas, e por esta razón demandaremos da administración educativa a dotación destes profesionais aos centros. A seguir detallamos outros obxectivos referidos a diferentes ámbitos de traballo para este curso escolar: Ámbito organizativo
Capacitar a todo o profesorado no programa de xestión informática da biblioteca escolar. Dotar de ordenadores para a procura de información á biblioteca En canto ao plano de auto-protección, realizaremos un simulacro de evacuación no horario lectivo. Optimizar o aproveitamento dos recursos por parte de todo a comunidade escolar
Ámbito institucional
Solicitar ao Concello a instalación urxente de marquesiñas nas paradas do transporte urbano e sinalización coas sinais de tráfico correspondentes para facilitar a entrada e saída no recinto escolar. Solicitar ao Concello a instalación dun chan para o parque infantil na zona de Ensino Infantil. Solicitar á Xunta melloras nas aulas de Educación de 3 e 5 anos, respectivamente, da separación do tabique do WC da aula e a incorporación dunha fiestra para que as mestras podan ter unha maior visualización do alumnado e poder así garantir a seguridade dos máis cativos. Solicitar axudas para melloras no centro, así como para publicacións, adquisicións, subvencións a visitas, etc... a distintas institucións.
8. XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO. As actividades docentes do noso centro realízanse en xornada única de mañá, comezando as clases ás 9 horas e rematando ás 14 horas. Este horario vese ampliado polas seguintes actividades organizadas pola A.N.P.A. e que contan coa correspondente autorización por parte das autoridades educativas: Aula matinal. Os/As pais/nais que o precisen, poderán deixar os seus/súas fillos/as no centro antes do comezo das clases. Poderán facelo dende as 8 horas da mañá. Os/As nenos/as estarán coidados por unha persoa encargada e contratada pola A.N.P.A. Comedor. Desenvólvese no horario entre as 14 horas e as 16 horas. Actividades extraescolares. Diversas actividades organizadas pola A.N.P.A. se desenvolven ó longo da semana entre as 16 e as 18 horas.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 22
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
8.1 – Calendario escolar.
Segundo o disposto na Orde de 13 de xuño de 2.012 (DOG de 22 de xuño de 2.012), o curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2.012 ata o 31 de agosto de 2.013. No segundo ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria, as actividades propiamente lectivas comezarán o día 12 de setembro de 2.012 e rematarán o 21 de xuño de 2.013. Inicio do curso. Desde o comezo do curso ata o inicio das clases o profesorado, ben individualmente, ben formando parte dos órganos de coordinación didáctica correspondentes, baixo a dirección dos seus responsables, colaborará na elaboración da programación xeral anual e na revisión do PEC e do PCC, participará nas xuntanzas de ciclos, claustros e en cantas outras actividades estean relacionadas coa organización do curso. Períodos vacacionais. Nadal: as vacacións de Nadal abranguerán desde o día 22 de decembro de 2.012 ata o día 7 de Xaneiro de 2.013, ámbolos dous inclusive. Semana Santa: abranguerán desde o día 25 de marzo ao 1 de abril de 2.013, ambos os dous inclusive. Entroido: considéranse períodos non lectivos o luns, martes e mércores (días 11, 12 e 13 de febreiro de 2.013).
Días non lectivos. Serán os así declarados a nivel estatal, autonómico e local. Tamén será non lectivo o establecido como Día do Ensino, que no curso 2.012/13 celebrarase o 2 de novembro de 2.012. Días non lectivos de libre disposición.
O Consello Escolar, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica, poderá solicitar ata dous días non lectivos que deberán aprobarse ó tempo desta programación xeral anual e solicitarse á Delegación antes do día 31 de outubro de 2.012.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 23
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
8.2 – Quendas de vixilancia dos recreos.
Zona alta: Educación Infantil. Zona baixa: Educación Primaria.
Os recreos de Educación Infantil estarán atendidos por tres profesoras, das cales, alomenos unha será titora deste ciclo educativo, e que se ubicarán en distintas partes da zona de recreo. O horario será das 11:00 ás 11:20 e das 13:00 ás 13:10 horas. De tódolos xeitos este horario é flexible, e adaptado ás condicións meteorolóxicas, dado que non existe patio cuberto, nin aula de psicomotricidade, para os días de chuvia. Nestes casos, o recreo como tal non existe, facéndose actividades de xogo na aula. En Educación Primaria haberá dous recreos. O primeiro terá unha duración de 20 minutos (das 11:00 ás 11:20 horas) e o segundo de 10 minutos (das 13:00 ás 13:10 horas ). Os profesores de Educación Primaria vixiarán os seus nenos/nenas na zona baixa, establecendo quendas diarias rotativas de tres persoas, e colocándose tamén en distintas zonas do patio.
9. PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DE GORBERNO.
9.1 - Competencias do claustro de profesores:
a) Formular ao equipo directivo e ao consello escolar propostas para a elaboración dos proxectos do centro e da programación xeral anual. b) Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos proxectos e da programación xeral anual. c) Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos. d) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro. e) Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e participar na selección do director nos termos establecidos pola Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. f) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos. g) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro. h) Emitir informe sobre as normas de organización e funcionamento do centro. C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 24
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
i) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se ateñan á normativa vixente. j) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro. k) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa ou polas respectivas normas de organización e funcionamento.
Datas de xuntanzas: Setembro: 1ª quincena.
Xaneiro: 1ª quincena.
Outubro: 1ª quincena.
Abril: 2ª quincena.
Decembro: 1ª quincena.
Xuño: 2º quincena.
Ademáis faranse todas aquelas de carácter extraordinario que se convoquen no seu momento.
9.2. Competencias do Consello escolar:
O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da Comunidade Escolar. O Consello Escolar do noso Centro está composto polos seguintes membros: - A Directora, como Presidenta. - A Xefa de Estudos. - Cinco mestres. - Cinco representantes dos/as pais/nais de alumnos/as. - O Secretario do Centro, que actuará como Secretario do Consello, con voz pero sin voto. - Un representante do persoal de admón. e servizos. - Un representante do Concello.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 25
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Atribucións do Consello Escolar: a) b)
c) d)
e)
f)
g)
h) i) j)
k)
l)
Aprobar e avaliar o proxecto educativo, o proxecto de xestión e as normas de organización e funcionamento do centro. Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de profesores, en relación coa planificación e organización docente. Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos. Participar na selección do director do centro nos termos que establece a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais membros do equipo directivo. De ser o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director. Decidir sobre a admisión de alumnos con suxeición ao establecido na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación e disposicións que a desenvolvan. Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o consello escolar, por instancia dos pais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social. Promover a conservación e renovación das instalación e quipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios. Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos. Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro. Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa súa calidade. Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.
No seo do Consello Escolar existirá unha comisión económica, integrada pola Directora, un mestre/a, un pai/nai de alumno, o representante do Concello e o Secretario. Así mesmo, poderán constituírse outras comisións para asuntos específicos, nas que estarán presentes, polo menos, un mestre e un pai/nai dun alumno.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 26
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Composición do Consello Escolar: Presidenta: Montserrat Martínez Cañas.
Representantes dos pais e nais:
Xefa de Estudos:
Mª del Pilar Fernández Soto.
Mª Teresa Fernández Molares.
Mar González Davila.
Secretario:
Marta Albaladejo Iglesias.
Miguel Ángel Hervás Pretel.
Liliana N. Monetti Rodríguez.
Representantes dos profesores:
Teresa Cabral Costas.
Lucía Gómez González.
Representante do persoal non docente:
Patricia Rodríguez Hermelo.
Eduardo Pérez Da Silva.
Balbina Celia Varela Barrera.
Representante do Concello:
Aránzazu Bugarín Silva.
Ignacio Ojea Pérez.
Laura Bernardo Vila.
No presente curso 2012/13 haberá que proceder á renovación parcial deste Consello Escolar, dacordo co calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos reflectido na Resolución de 7 de setembro de 2012.
Datas de xuntanzas: Outubro: 1ª quincena.
Abril: 2ª quincena.
Xaneiro: 1ª quincena.
Xuño: 2ª quincena.
Ademais celebraranse todas aquelas xuntanzas que sexan precisas ó longo do curso escolar.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 27
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Composición da Comisión Económica: Presidenta: Montserrat Martínez Cañas. Rep. pais e nais:Mar González Davila. Rep. profesores: Balbina Celia Varela Barrera. Secretario: Miguel Ángel Hervás Pretel. Rep. do Concello: Ignacio Ojea Pérez.
A Comisión Económica reunirase con anterioridade ás xuntanzas do Consello Escolar.
9.3. Competencias do Observatorio de Convivencia:
O Observatorio da Convivencia Escolar é un órgano colexiado, que se constitúe no seo do Consello Escolar e que funciona en Pleno. Manterá tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre, e con carácter extraordinario cantas veces sexa convocado pola súa presidencia, por iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus membros. Terá como funcións específicas as seguintes: a) A participación na dinamización do plan de convivencia do centro e na mediación escolar. b) A elaboración dun informe anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no seu ámbito, así como sobre as iniciativas a nivel centro. Este informe será trasladado ao Observatorio da Convivencia Escolar a nivel provincial. c) A coordinación de actuacións conxuntas dos ámbitos implicados e relacionadas coa mellora da convivencia. d) Propoñer á Administración educativa todas aquelas medidas que se consideren oportunas para a mellora da convivencia escolar no centro. e) Aqueloutras que lle sexan encomendadas pola Administración educativa ou polo Observatorio da Convivencia Escolar a nivel provincial. O Observatorio da Convivencia Escolar no nosos centro está composto por: Directora: Montserrat Martínez Cañas, a quen lle corresponde a presidencia. Xefa de Estudos: Mª Teresa Fernández Molares, actuando como secretaria. Orientadora: Montserrat Martínez Cañas. C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 28
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Dous representantes do profesorado: Laura Bernardo Vila e Aránzazu Bugarín Silva. Un representante da A.N.P.A.: Mar González Davila. Un representante do persoal non docente: Eduardo A. Pérez da Silva.
Funcións da presidencia do Observatorio da Convivencia Escolar nos centros educativos: a) A representación do observatorio, segundo corresponda, actuando como seu voceiro/a. b) Acordar a convocatoria das sesión ordinarias e extraordinarias, así como a fixación da orde do día. c) Presidir as reunións e moderar o desenvolvemento destas. d) Garantir o cumprimento das disposicións legais establecidas no decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e se regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar.
Funcións dos membros do Observatorio da Convivencia Escolar nos centros escolares: a) Asistir ás reunións e participar nos debates, expoñendo a súa opinión e formulando as propostas que consideren convenientes. b) Propoñerlle á presidencia, a través da secretaría, a inclusión de puntos na orde do día das sesións ordinarias e formular rogos e preguntas. Cando a proposta de inclusión na orde do día sexa presentada por un terzo dos membros, o tema incluirase na devandita orde do día.
Actuacións previstas no Plan de Convivencia para o presente curso: Actividade. Presentación do Plan de Convivencia ó principio de curso ás familias e aos profesores.
Responsables: Equipo directivo, titores. Recursos: Contido do Plan de Convivencia e Normas de convivencia na páxina web do centro e no ordenador da sá de profesores. Metodoloxía: Durante o curso, informarase aos pais/nais de que poden atopar o Plan na páxina web do colexio. Inclusión da presentación do Plan de convivencia no P.A.T. (plan de acción titorial). Informarase do Plan ao profesorado no claustro de principio de curso. Espazos físicos: aulas de titoría. Sá de profesores. Temporalización: primeiro trimestre.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 29
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Actividade. Presentación das Normas de Organización e Funcionamento a tódolos membros da comunidade educativa.
Responsables: Equipo directivo.as Recursos: material impreso do documento e instalado no ordenador da sá de profesores e na páxina web do colexio. Metodoloxía: convocarase ao claustro de profesores para a presentación do documento e posibles modificacións, posteriormente, en sesión extraordinaria, ao Consello Escolar co fin de aprobalo. Unha vez aprobado, instalarase o seu contido no ordenador da sá de profesores e colgarase na páxina web do centro. Espazos físicos: sá de profesores. Temporalización: primeiro trimestre.
Actividade. Comentario nas aulas das normas de convivencia incluídas nas Normas de Organización e Funcionamento.
Responsables: titores. Recursos: material impreso coas normas de convivencia para cada curso. Metodoloxía: cada titor na súa aula comentará cos alumnos e alumnas as normas de convivencia de xeito adaptado a cada idade. Espazos físicos: aulas de titoría. Temporalización: primeiro trimestre.
Actividade. Celebración do Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Responsables: titores. Recursos: material impreso, videográfico, pósterss, murais … Metodoloxía: os titores traballarán cos seus alumnos os contidos da Declaración dos Dereitos Humanos do xeito máis adaptado á súa idade. Elaboración de murais e manualidades alusivas ó tema. Espazos físicos: aulas de titoría. Temporalización: 1ª semana de decembro e 10 de decembro.
Actividade. Celebración do “Día Escolar da Paz e a Non Violencia”. (Este curso faremos unha celebración conxunta no CEIP Ría de Vigo nas instalacións do noso centro).
Responsables: todo o profesorado. Recursos: documentos escritos e audiovisuais que falen da paz e a non violencia. Metodoloxía: con anterioridade ao 30 de Xaneiro, cada titor lembrará aos seus alumnos esa data como a de celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e realizará algunha actividade relacionada con esta celebración. O día 30 de Xaneiro todos os alumnos e profesores do centro celebrarán no patio esta efeméride, xunto co alumnado e profesorado do CEIP Ría de Vigo. Espazos físicos: aulas de titoría. Sá de profesores. Patio do colexio.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 30
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Temporalización: 2ª quincena de Xaneiro e 30 de Xaneiro.
Actividade. Participación na campaña “Camiña con nós pola igualdade” organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixida as alumnos de educación infantil e 6º curso de primaria.(Dependendo da convocatoria do programa).
Responsables: titores dos cursos participantes. Monitores da campaña. Recursos: material aportado polos monitores da campaña. Metodoloxía: as monitoras da actividade virán ao colexio en tres ocasións ó longo do curso (unha por trimestre) para realizar, cos alumnos dos cursos ós que vai dirixida a campaña, diversas actividades relacionadas co tema: charlas, obradoiros … Espazos físicos: aulas de titoría. Temporalización: 3 sesións ó longo do curso
10. PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE. 10.1
– Equipos de ciclo.
Os equipos de ciclo son os órganos encargados de organizar e desenvolver, baixo a supervisión do xefe de estudos, as ensinanzas propias do ciclo. Os equipos de ciclo reuniranse alomenos unha vez cada mes. Competencias de Equipo de ciclo. a) Formular propostas ó equipo directivo e ó claustro relativas á elaboración do proxecto educativo e programación xeral anual. b) Formular propostas á comisión de coordinación pedagóxica relativas á elaboración dos proxectos curriculares de etapa ou á modificación deles. c) Manter actualizada a metodoloxía didáctica. d) Elaborar a programación didáctica das ensinanzas que ten encomendadas, seguindo as directrices xerais establecidas pola comisión de coordinación pedagóxica. e) Cada equipo estará dirixido por un coordinador. Corresponde ó coordinador de ciclo: a) Dirixir e coordinar as actividades académicas do equipo de ciclo. b) Convocar e presidir as xuntanzas do equipo de ciclo. c) Participar na elaboración do proxecto curricular de etapa e elevar á comisión de coordinación pedagóxica as propostas formuladas a este respecto polo equipo de ciclo.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 31
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
d) Coordinar as funcións de titoría dos alumnos do ciclo. e) Coordinar a ensinanza no correspondente ciclo dacordo co proxecto curricular de etapa. f) Responsabilizarse da redacción da programación didáctica. g) Responsabilizarse de que se levante acta das xuntanzas e de que se elabore a memoria final de curso. h) Coordinar a organización de espazos e instalacións e velar pola correcta conservación do equipamento específico do equipo. i) Aqueloutras funcións que lle encomende o xefe de estudos na área da súa competencia, especialmente as relativas ó esforzo educativo, adaptación curricular e actividades complementarias. j) Colaborar co secretario na elaboración e actualización do inventario. A programación didáctica dos equipos de ciclo incluirá: a) Os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación, con especial referencia ós mínimos esixibles. b) As competencias básicas ás que a área ou unidades didácticas contribúen a desenvolver. c) A metodoloxía didáctica que se vai aplicar. d) Os procedementos de avaliación da aprendizaxe dos alumnos. e) As actividades de recuperación e os reforzos para lograr dita recuperación. f) Os materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar, incluídos os libros para uso dos alumnos. g) A programación correspondente ós temas transversais. h) As actividades complementarias e extraescolares que se pretenden realizar desde o equipo de ciclo. i) As medidas de atención á diversidade, e se é o caso, as adaptacións curriculares para os alumnos que as precisen.
10.2
– Comisión de Coordinación Pedagóxica.
A comisión de coordinación pedagóxica terá as seguintes competencias: a) Elevar propostas ó claustro co fin de establecer os criterios para a elaboración dos proxectos curriculares. b) Velar para que a elaboración dos proxectos curriculares de etapa e o plan de acción titorial se realice conforme ós criterios establecidos polo claustro. c) Asegurar a coherencia entre o proxecto educativa de centro, os proxectos curriculares de etapa e a programación xeral anual. d) Establecer as directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos equipos de ciclo e do plan de acción titorial, así como das adaptacións curriculares e dos programas de diversificación curricular incluídos no proxecto curricular. e) Propoñer ó claustro de profesores os proxectos curriculares para a súa aprobación. f) Velar polo cumprimento e posterior avaliación dos proxectos curriculares de etapa. C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 32
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
g) Canalizar as necesidades de formación do profesorado cara ó Centro de Formación e Recursos. h) Realizar, de ser o caso, a proposta ó xefe de estudos co fin de que se designe o responsable do equipo de actividades complementarias e extraescolares. i) Propoñer os profesores que han de formar parte do equipo de normalización lingüística.
A Comisión de Coordinación Pedagóxica reunirase, cando menos unha vez ao mes, e sempre que sexa preciso.
10.3
– Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Para potenciar o uso da lingua galega nos centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria constitúese un Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, que actúa baixo a supervisión da dirección do centro e que está formado por profesorado, por representantes do alumnado, agás no ensino infantil e primario, e do persoal non docente. Os membros do equipo son designados pola dirección do centro do seguinte xeito: a) O profesorado, por proposta do claustro de profesores. b) O alumnado, por proposta das súas asociacións máis representativas. c) O persoal non docente, por proposta deste persoal. A composición do equipo de normalización e dinamización lingüística para cada tipo de centro, as súas competencias, e o nomeamento, cesamento e competencias do seu coordinador serán establecidas nos regulamentos orgánicos dos centros educativos. Os equipos de normalización e dinamización lingüística deben ter un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de normalización lingüística nos centros educativos, tal e como se prevé no Plan Xeral de normalización da lingua galega. Coa finalidade de coordinar os equipos de normalización e dinamización lingüística constituiranse comisións territoriais. A súa composición e funcións específicas serán determinadas, conxuntamente, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, de acordo coas directrices da política lingüística da Xunta de Galicia.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 33
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Competencias do coordinador: a) Colaborar na elaboración dos proxectos curriculares de etapa. b) Responsabilizarse da redacción dos plans que han de ser propostos á comisión de coordinación pedagóxica. c) Convocar e presidir as xuntanzas de equipo. d) Responsabilizarse da redacción das actas de xuntanzas, así como da redacción da memoria final de curso, na que se fará unha avaliación das actividades realizadas, e que se incluirá na memoria do centro. e) Proporcionarlle ós membros da comunidade educativa información sobre as actividades do equipo e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados coa realidade galega. O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística reunirase unha vez cada mes, aumentando a periodicidade se así fose preciso.
10.4
– Equipo de actividades complementarias e extraescolares.
Terán carácter de complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen un carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan. Así cabe considerar as visitas, traballos de campo, conmemoracións e outras semellantes. Terán carácter de extraescolares aquelas que, sendo organizadas polo centro e figurando na programación xeral anual, se realizan fóra de horario lectivo. A participación nelas será voluntaria.
Son funcións do equipo: b) Elaborar o programa anual destas actividades para o que terán en conta as propostas dos equipos de ciclo, dos profesores e dos pais, e as orientacións do claustro e comisión de coordinación pedagóxica. c) Programar cada unha das actividades especificando obxectivos, responsables, momento e lugar de realización, repercusións económicas e xeito de participación do alumnado. d) Proporcionarlles ós alumnos e ós pais a información relativa ás actividades do equipo. e) Promover e coordinar as actividades culturais e deportivas en colaboración co claustro, a comisión de coordinación pedagóxica, os equipos de ciclo e a asociación de pais. f) Coordinar a organización dos intercambios escolares e calquera tipo de viaxes que se realicen con alumnos. g) Distribuír os recursos económicos, destinados para o efecto, procedentes de achegas de institucións, asociacións ou do propio centro, logo da aprobación polo consello escolar.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 34
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
h) Elaborar unha memoria final de curso coa avaliación das actividades realizadas, que se incluirá na memoria do centro. i) Presentar propostas ó equipo directivo para a realización e intercambio de actividades cos centros do seu entorno. Para o desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares que se realicen fóra da localidade onde está situado o centro, deberase contar cos seguintes requisitos: a) Aprobación do consello escolar. b) Autorización escrita do titor legal.
O equipo de actividades complementarias e extraescolares reunirase unha vez cada mes.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 35
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
10.5 – Composición e calendario de reunión dos órganos de coordinación docente.
CALENDARIO DE REUNIÓNS CURSO 2.012-13 COMPOSICIÓN DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Coordinador: Montserrat Martínez SETEMBRO:25 Membros: Miguel Hervás OUTUBRO:23 Sali Vaqueiro NOVEMBRO:13 Laura Bernardo DECEMBRO: 11 Beatriz Pérez XANEIRO:15 Lucía Gómez FEBREIRO:26 Aroa Blanco MARZO:19 Carmen Fidalgo ABRIL: 23 Mónica González MAIO: 14 Mª José Gancedo XUÑO: 4 Eduardo Pérez COMPOSICIÓN DO EQUIPO DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA Presidenta: Montserrat Martínez SETEMBRO:25 Secretaria: Mª Luisa Coego OUTUBRO:23 Membros: Pilar Calvo NOVEMBRO:20 Mª José Marín XANEIRO:22 Celia Varela FEBREIRO:26 Aránzazu Bugarín ABRIL:2 Mª José Gancedo MAIO: 21 Patricia Rodríguez XUÑO: 18 Mª Teresa Fernández COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS DE CICLO. E.I. Coordinadora: Mª José Marín Membros: Patricia Rodríguez Laura Bernardo Montserrat Mtnez. Aroa Blanco 1º CICLO Coordinadora: Pilar Calvo SETEMBRO:18 Membros: Sali Vaqueiro OUTUBRO:16 Mª Luisa Coego NOVEMBRO:6 Mª José Gancedo DECEMBRO: 11 (Aval.) Beatriz Pérez XANEIRO:15 FEBREIRO:5 2º CICLO Coordinadora: Celia Varela MARZO:12 (Aval.) Membros: Carmen Fidalgo ABRIL: 16 Miguel Hervás MAIO: 28 Mª Teresa Fdez. XUÑO: 11 (Aval.) 3º CICLO
Coordinadora: Membros:
Aránzazu Bugarín Lucía Gómez Mónica Rguez.
REUNIÓN INTERCICLOS E.I. – 1º CICLO PRIMARIA: 26 de xuño.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 36
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013 COMPOSICIÓN DO EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. Xefa do equipo: Mª Teresa Fdez. SETEMBRO:25 OUTUBRO:23 Membros: Mª José Marín NOVEMBRO:13 Pilar Calvo DECEMBRO:11 Celia Varela XANEIRO:15 Aránzazu Bugarín FEBREIRO:19 MARZO:12 ABRIL: 23 MAIO: 7 XUÑO: 11
11. PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO DO CENTRO EN PROGRAMAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA. PERFECCIONAMENTO DO PROFESORADO. Os compoñentes do claustro que a continuación se nomean, teñen solicitada a súa participación en diversos programas de formación organizados por diferentes organismos da administración educativa.
-
Aroa Blanco Lores Bibliotecas escolares. Uso didáctico. Creación, reutilización y difusión de contenidos. El cine como recurso didáctico. JCLIC. Creación de actividades. TIC en Educación Infantil. Iniciación. Bibliotecas escolares. A xestión informatizada da biblioteca escolar. Proxecto MEIGA. Creación de actividades en liña con ARDORA. Uso didáctico. Desenvolvemento da expresión plástica a través das TIC. Filosofía para nenos e nenas. LIM e o proxecto XOGAMOS. Aplicación didáctica. Métodos innovadores na xestión de aula de primaria.
-
Aránzazu Bugarín Silva. TIC en Educación Primaria. Iniciación. Internet aula abierta 2.0. Iniciación. Matemáticas con Descartes. Curso básico.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 37
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
-
Pilar Calvo Ferrer. IV Xornadas de bibliotecas ecolares de Galicia. TIC en el área de Matemáticas. Iniciación. Iniciación a la informática. Matemáticas con Descartes. Curso básico Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) Nivel B1.
-
Mª Teresa Fernández Molares. Nivel Intermedio II de Inglés. E.O.I. Biblioteca escolar. Educación documental I. IV xornadas de bibliotecas escolares de Galicia. Investigación documental na biblioteca escolar, a través das TIC (Educación documental II). A literatura infantil e xuvenil na biblioteca escolar. A xestión informatizada da biblioteca escolar. Proxecto Meiga. Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN.
-
Mª José Gancedo Fernández A pensar tamén se aprende. Ferramentas de vídeo. Edición Abalar. Uso didáctico de MOODLE. Edición Abalar. Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) Nivel A2. Atención na aula a alumnado con N.E.E. A diversidade na aula.
-
Miguel A. Hervás Pretel. O proxecto artístico no noso centro dende a E.F. e a Música. Convivencia e participación nos centros educativos. Atención na aula a alumnado con N.N.E.E. A diversidade na aula. Emocionalmente competentes. Plan PROXECTA. Programa XOGADE. Fomento actividade física no ámbito educativo.
-
Mª José Marín Leiro. Filosofía para nenos e nenas. Proxectoterra. Da casa á escola. Curso de voz para docentes.
-
Montserrat Martínez Cañas. JOOMLA. A web en entornos educativos. WEBQUEST. Aplicacións educativas. Recursos tecnolóxicos para a educación do alumnado con N.N.E.E. JCLIC. Creación de actividades. Nivel Básico I de Inglés. E.O.I.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 38
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
-
Beatriz Pérez Montero Dirección y organización escolar de centros educativos.
-
Mónica Rodríguez González. Curso de voz para docentes. O proxecto artístico no noso centro dente a educación física e a música. Investigación documental na biblioteca escolar, a través das TIC. Lectoescritura na era dixital. Achegas das novas aplicacións dixitais ás linguas estranxeiras.
-
Patricia Rodríguez Hermelo. Bibliotecas escolares. Uso didáctico. Iniciación a la informática. TIC en Educación Infantil. A pensar tamén se aprende. A literatura infantil e xuvenil na biblioteca escolar. Investigación documental na biblioteca escolar, a través das TIC. IV xornadas de bibliotecas escolares de Galicia. Nivel Intermedio II de Inglés. E.O.I.
-
Saladina Vaqueiro Angueira. Tecnoloxías da información e da comunicación. Creación de actividades en liña con ARDORA. LIM e o proxecto XOGAMOS. Aplicación didáctica. Educación Primaria. Unha forma divertida de aprender matemáticas. Multimedia y Web 2.0 Sonido y música con el ordenador.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 39
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
12. ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO.
1.Enquisa sobre a LINGUA MATERNA PREDOMINANTE ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL O resultado da pregunta aos pais, nais, titores/as ou representantes legais para obter información respecto da lingua materna predominante entre o alumnado de Educación Infantil, ofreceu os seguintes resultados: Dos 25 alumnos/as que se incorporan ao centro, 19 manifestan que a súa lingua materna é o castelán , 5 que a súa lingua materna é o galego, 1 manifesta que é bilingüe.
lingua predominante 20 18 16 14 12 10
lingua predominante
8 6 4 2 0 castelán
galego
bilingüe
13. PROGRAMAS E ACTIVIDADES QUE SE VAN DESENVOLVER PARA O FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
(Preséntase como ANEXO I a esta PXA).
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 40
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
14. LIBROS DE TEXTO. Curso/ etapa
ÁREA
Autor, título, editorial, ano publicación e ISBN
Lingua edición
EI3
GLOB.
APRENDO A PENSAR CON EL LENGUAJE S.M. NIVEL 2 978-84-675-4510-4 Y NIVEL 3 978-84675-4491-6
Castelán
EI3
MÚSICA
EI3
GLOB.
EI4
GLOB.
EI4
GLOB.
EI4
MÚSICA
EI5
GLOB.
EI5
GLOB.
1º EP
LENG. C.
1º EP
MAT.
1º EP
MEDIO
1º EP
MÚSICA
1º EP
INGLÉS
1º EP
RELIXIÓN
2º EP
LENG.C
2º EP
LECTURAS
Susa Herrera Ruiz/ Gloria Mosquera. GALINOVA2010.Miau miau 978-84-9737-128-5 Mira como miro conceptos básicos matemáticos 1. Ed. Infantil.ANAYA. 978-84-667-4495-9 APRENDO A PENSAR CON LAS MATEMÁTICAS.NIVEL 5. LAS PREGUNTAS DE FELIPE. S.M. 978-84-6754-487-9 PROYECTO “VAMOS A COMPRAR ALIMENTOS” ED. ALGAIDA. 978-84-9877-722-2
Susa Herrera, Gloria Mosquera. Bau Bau Musica 2. Galinova 2010. 978-84-9737-129-2 ¡Qué idea! 2º Trimestre 5 años. ANAYA.978-84678-1558-0 Leo con Alex. Cuaderno 1. EVEREST. 978-84241-8262-5 Sagrario Luna( PAUTA). Primeros Pasos 2011.Santillana. 978-84-680-0040-4. CUADERNOS LOS CAMINOS DEL SABER PAUTA. 1º-2º-3º TRIMESTRES.978-84-2944792-7/978-294-5496-3/978-84-680-0009-1 Cristina Díaz, Trini Ferri. Matemática 1. Proyecto una a una. Anaya 2011. 978-84-667-9706-1. Cuadernos una a una 1º2º3º Trimestres. 978-84667-9791-7/978-84-667-9792-4/ 978-84-6679793-1 Proxecto Pixel. C.Medio 1. Ed. Rodeira. 978-848349-280-2 Susa Herrera, Ana López. Xograr 1. Seculo XXI. Galinova 2010. 978-84-9737-116-2 Carol Read Ana Soberon. Macmillan 2.009. Bugs World1. Pupil´s book.978-0-2307-1886-9 Religión Católica 1.Tobin. Grupo Edebé. 978-84236-7148-9 Asunción Honrado. Proy. Los caminos del saber.Santillana 2011. 978-84-680-0197-7 Cuadernos Proy. Los caminos del saber. 3 TRIMESTRES. 978-84-680-0108-1/978-84-6800109-8/978-84-294-0800-3 Proxecto Os camiños do saber.A nave dos libros Lectura 2. Obradoiro.Santillana. 978-84-9472085-2
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Galego Castelán Castelán Castelán Galego Castelán Castelán
Castelán
Castelán
Galego Galego Ingles Castelán
Castelán
Galego
Página 41
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Curso/ etapa
2º EP
2º EP
ÁREA
MAT.
L.GALEGA
2º EP
MEDIO
2º EP
MÚSICA
2º EP
INGLÉS
2º EP
RELIXIÓN
3º EP
L. CASTELÁN
3º EP
MAT.
3º EP
L. GALEGA
3º EP 3º EP
MEDIO RELIXIÓN
3º EP
ALTERNATIVA
3º EP
MÚSICA
3º EP
INGLÉS
4º EP
L. CASTELÁN
4º EP
MAT.
4º EP
L. GALEGA
4º EP 4º EP
MEDIO RELIXIÓN
4º EP
MÚSICA
4º EP
INGLÉS
5º EP
Autor, título, editorial, ano publicación e ISBN Cristina Díaz, Trini Ferri. Matemática 2. Proyecto una a una. Anaya 2011. 978-84-667-9708-5. Cuadernos una a una 1º2º3º Trimestres. 978-84667-9794-8/978-84-667-9795-5/ 978-84-6679796-2 Begoña Pérez. Estela Martínez. Lingua 2º Unha a unha .Anaya 2011. 978-84-667-9950-8 Proxecto Pixel. C.Medio 2. Ed. Rodeira. 978-848349-281-9 Susa Herrera, Ana López. Xograr 2. Seculo XXI. Galinova 2010. 978-84-9737-117-9 Carol Read Ana Soberon. Macmillan 2.009. Bugs World2. Pupil´s book.978-0-2307-1899-9 Religión Católica 2.Tobin. Grupo Edebé. 978-84683-0050-4 Proyecto Los caminos del saber. Santillana. 97884-294-7741-2 Luis Berenguer.Proyecto Conecta 2.0.S.M. 978846-755-3888 Proxecto Os camiños do saber. Santillana. 978-849972-068-5 Píxel.Rodeira.Edebé. 978-84-8349-337-3 Equipo Edebé. 2008. EDEBÉ. 84-236-8909-5 Carlos Díaz. “Mi mundo y yo”. Cuaderno de Educación en valores. Ed. ICCE. 84-7278-286-7 Patricia Fernández García e outros. Xograr Século XXI. Galinova. 978-84-9737-185-8 Jeanette Corbett. “Quest 3” MACMILLAN.PUPIL´S BOOK. 978-0-230-73437-1. ACTIVITY BOOK 978-0-23042290-2
Lingua edición
Castelán
Galego Galego Galego Inglés Castelán Castelán Castelán Galego Galego Castelán Castelán Galego Inglés
Proyecto Los caminos del saber. Santillana. 978Castelán 84-294-7770-2 Luis Berenguer.Proyecto Conecta 2.0.S.M. 978Castelán 846-755-4571 Proxecto Os camiños do saber. Santillana. 978-84Galego 9972-073-9 Píxel.Rodeira.Edebé. 978-84-8349-338-0 Galego Equipo Edebé. 2008. EDEBÉ. 84-236-8910-1 Castelán Patricia Fernández García e outros. Xograr Século XXI. Galinova. 978-84-9737-186-5 Jeanette Corbett. “Quest 4” MACMILLAN.PUPIL´S BOOK. 978-0-230-73452-4. ACTIVITY BOOK 9780-230-42441-8
Luis Ferrer y otros Abre la puerta. Anaya. 978-84MATEMÁTICAS 667-7910-4
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Galego Inglés Castelán
Página 42
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Curso/ etapa
ÁREA
5º EP
LENGUA
5º EP
LINGUA
5º EP
MEDIO
5º EP
PLÁSTICA
5º EP
INGLÉS
5º EP
MÚSICA
5º EP
RELIXIÓN
5º EP
ALTERNATIVA
6º EP
L.GALEGA
6º EP
MAT.
6º EP
MEDIO
6º EP
L.CASTELÁN
6º EP
MÚSICA
6º EP
RELIXIÓN
6º EP
ALTERNATIVA
6º EP
INGLÉS
6º EP
E. CIDADANÍA
Autor, título, editorial, ano publicación e ISBN Carmen Bello e outros. Abre la puerta. Anaya. 978-84-667-7899-2 Equipo Carabeiro. Abre a porta. Anaya. 978-84667-8067-4 Ricardo Gómez e outros. Abre a porta. Anaya. 978-84-667-8084-1 Enma Gimeno e outros. Xerme. S.M. 978-849854-161-8 Mark Ormerod e outros. Pupil´s book Find out 5. Macmillan 2007. 978-1-4050-7849-8+Activity book Find out 5.Macmillan 2007.978-1-40507848-1. Patricia Fernández García e outros. Xograr. Galinova. 978-84-9737-065-3 Mercedes Asunción Pastor e outros. Edebé. 2009. 978-84-236-7199-2 Rosa García de Blas. Santillana.Piensa que te piensa.84-294-9103-1 Equipo Carabeiro. Abre a porta. Anaya. 978-84667-8070-4 Luis Ferrer y otros.Abre la puerta. Anaya. 978-84667-7915-9 Ricardo Gómez e outros. Abre a porta. Anaya. 978-84-667-8087-2 Carmen Bello e outros. Abre la puerta. Anaya. 978-84-667-7904-3 Patricia Fernández García e outros. Xograr. Galinova. 978-84-9737-066-0 Pilar López Andrés e outros. Edebé 2009.978-84236-9454-9 Rosa García de Blas.Santillana.Piensa que te piensa. 84-294-9104-X Mark Ormerod e outros. Pupil´s book Find out 6. Macmillan 2007. 978-1-4050-7859-7+Activity book Find out 6. Macmillan 2007. 978-1-40507860-3 José Manuel Mateos e outros. Abre a porta.Anaya.978-84-667-8105-3
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Lingua edición Castelán Galego Galego Galego
Inglés
Galego Castelán Castelán Galego Castelán Galego Castelán Galego Castelán Castelán
Inglés
Galego
Página 43
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
15. PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
A comisión de actividades complementarias e extraescolares está coordinada no presente curso por Mª Teresa Fernández Molares, Xefa de Estudos, e integrada polos profesores: Coordinadora de E. Infantil: Mª José Marín Leiro. Coordinadora do 1º ciclo: Pilar Calvo Ferrer. Coordinadora do 2º ciclo: Balbina Celia Varela Barrera. Coordinadora do 3º ciclo: Aránzazu Bugarín Silva.
OBXECTIVOS: -
Integra-los contidos transversais no currículo das distintas áreas educativas. Formar integralmente o alumnado a través do enriquecemento que supón a participación activa e voluntaria nas actividades propostas.
ACCIÓN PREVISTAS PARA O PRESENTE CURSO. SAÍDAS ESCOLARES. As saídas escolares son propostas polos ciclos, tendo en conta os obxectivos de tódolos niveis. Solicitáronse as actividades ofertadas por Novagaliciabanco. Asimesmo están confirmadas as datas da charla para 5º curso, e da saída ao parque infantil de tráfico do Castro para 6º curso, que se desenvolverán dentro da campaña de Educación Viaria, organizada pola Policía Local de Vigo, na que o noso centro ven participando nos últimos cursos. Como norma xeral, faráse calquera saída que se considere axeitada e interesante para os/as alumnos/as das que vaian xurdindo ó longo do curso, e das que se dará conta ó Consello Escolar. FESTAS. As festas serán programadas por este equipo co tempo necesario e coas aportacións e propostas de todo o profesorado. O equipo de actividades complementarias traballará en estreita colaboración co equipo de normalización e dinamización lingüística para levar a cabo as seguintes actividades: C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 44
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
-
Magosto: 9 de novembro de 2.012. Festa de Nadal: 21 de decembro de 2.012. Entroido: 8 de febreiro de 2.013. Letras Galegas: 16 de maio de 2.013. Fin de curso: 21 de xuño de 2.013.
Segundo acordo tomado en xuntanza de profesores do 20 de setembro de 2.011, e recollido no claustro celebrado o 18 de outubro de 2.011 , decidiuse celebrar todas as festividades arriba sinaladas en horario lectivo de mañá. -
CONMEMORACIÓNS. Conmemoración da Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia: do 1 ao 11 de decembro. Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos: 10 de decembro. Día da Paz: 30 de Xaneiro. Día Internacional da Muller Traballadora: 8 de marzo. Día Mundial dos Dereitos do Consumidor: 15 de marzo. Semana da Prensa: do 8 ao 12 de marzo. Día do Libro: entre o 12 e o 30 de abril. Día Mundial da Saúde: 7 de abril. Día de Europa: 9 de maio. Semana das Letras Galegas: do 9 ao 16 de maio. Día Mundial do Medio Ambiente:5 de xuño.
Para o desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares que se realicen fóra da localidade onde está situado o centro, debemos contar con :
Aprobación do Consello Escolar. A autorización escrita do titor legal d@ alumn@. Comunicación á Inspección Educativa.
16. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN DO CENTRO.
O centro ten un Plano de Autoprotección que foi realizado fai dous cursos pola empresa Gestores de Prevención S.L., aínda que quedan uns puntos pendentes de finalizar para posteriormente ser aprobado polo Consello Escolar. Neste plano detállanse as instalacións e posibles saídas de emerxencia, están localizadas as caixas de urxencias, co equipamento preciso para atender primeiros auxilios, a situación dos extintores, luces de emerxencia, planos do colexio, fotos das distintas sinais de emerxencia, etc., etc. O colexio está debidamente sinalizado, para facilitar unha evacuación rápida como se demostrou co exercicio de evacuación feito os cursos pasados. C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 45
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Disponse na Secretaría dunha lista de números telefónicos de urxencia, así como as chaves que só se usarán en caso de emerxencia. Para que todas as persoas que forman a comunidade educativa coñezan a existencia do plano e os mecanismos da súa posta en funcionamento, unha vez que o devandito plano sexa aprobado polo Consello Escolar, farase un resumo dos puntos fundamentais e repartirase a cada un dos ensinantes, persoal non docente e A.N.P.A. Mentres tanto, continúa vixente o anterior plano de autoprotección co que contaba o centro. En canto á seguridade en horas non lectivas, compre lembrar que o Concello destinou un porteiro-vixiante que compatibiliza o seu destino coa vixilancia do Centro en xornada de tarde, pois vive no mesmo.
17. PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO PERSOAL NON DOCENTE.
O servizo de limpeza está coordinado dende o propio Concello. O porteiro-vixiante dispón de vivenda no centro e pertence a outro Servizo do Concello de Vigo (Parques e Xardíns), é dicir, realiza a súa función noutras dependencias municipais, polo que non ten dedicación exclusiva ó centro. En compensación a ter vivenda gratuíta, realiza as tarefas complementarias que se especifican de seguido, e de vixianza das instalacións escolares fóra da xornada escolar, pola noite e durante as vacacións do colexio, excepto no mes no que lle corresponden as súas (xullo ou agosto). (Segundo Acordo da Comisión de Goberno do Concello de Vigo, adoptado na sesión ordinaria de 14 de maio de 1999, relativo ás obrigas dos vixiantes-porteiros dos colexios públicos de primaria de Vigo): 1. Obrigas relacionadas coa función portería: O horario para desenvolver esta función será o que teña o centro escolar,tanto se ten xornada continua como se non a ten, abrindo e pechando as portas do centro coa diferenza horaria que o director ou directora considere oportuna. Prender e apaga-la calefacción do centro nos días lectivos e no horario que determine a dirección do mesmo. O porteiro-vixiante non ten como obriga a apertura e peche do centro escolar no caso de actividades extraescolares, de actividades desenvolvidas pola ANPA, ou por calquera outra asociación ou grupo. Nestes casos, na obrigatoria petición para desenvolver actividades, dirixida á dirección do centro, deberase indica-la persoa responsable da actividade e da apertura e de peche do mesmo.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 46
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
2. Obrigas relacionadas coa función vixilancia: Coidade e vixilancia do recinto e do edificio escolar, especialmente durante a xornada non lectiva e a noite. As mesmas obrigas do apartado anterior durante os meses no que o centro permanece pechado por vacacións, excepto no mes (xullo ou agosto) no que o porteiro-vixiante ten as súas vacacións regulamentarias. Coidado e mantemento xeral das instalacións do centro, que inclúe as zonas axardinadas e de arboreda, o valado e peche do centro, aramados, limpeza de canos e canetas, etc. Avisar á dirección dos desperfetos que se observen nas instalacións (inmoble, xardíns, etc.) Efectuar pequenas reparacións de tipo bricolaxe: persianas, cisternas, pechaduras, portas, ventás, colocación de cristais, albanelería, carpintería, pintura, fontanería, etc. Efectua-los traballos de mantemento preventivo nos colexios que pida realizar unha soa persoa: substitución de tramos de aramado, pintado de columnas e estruturas metálicas, etc. No caso de traballos que non poida realizar, notificará á dirección do centro os traballos concretos de mantemento preventivo que é necesario acometer. Todas aquelas tarefas que, nunha interpretación racional, non poidan ser realizadas por unha soa persoa, ou que precisen dunha capacitación técnica que o porteiro-vixiante non posúa, deberán ser afrontadas polo Departamento de Educación ou polo sistema de autoxestión, segundo proceda. Será causa de perda da vivenda, e polo tanto de desaloxo da mesma nun prazo de 15 días, o non cumprimento das obrigas indicadas ou do seu cumprimento defectuoso, a xuízo da Comisión de Goberno, previo informe do Consello Escolar do Centro.
A coidadora ten como función preferente a atención de nenos e nenas con NEAE graves e problemas de mobilidade.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 47
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
18. HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO DO EQUIPO DIRECTIVO.
Por motivos de organización do centro establécese o seguinte horario de atención ó público por parte do equipo directivo. Para casos urxentes atenderase ós interesados coa maior brevidade posible.
DIRECCIÓN
XEFATURA DE ESTUDOS SECRETARÍA
MARTES 9 - 10 h. XOVES 13:10 – 14 h. VENRES 9 – 10 h. LUNS 13:10 – 14 h. MÉRCORES 9 – 10 h. VENRES 13:10 – 14 h. LUNS 9 – 10 h. MÉRCORES 13:10 – 14 h. XOVES 9 – 10 h.
19. PLAN PARA A POTENCIACIÓN E ORGANIZACIÓN RELACIÓNS DA COMUNIDADE COA FAMILIA.
DAS
A relación do membros do claustro coas familias debe basearse na comunicación e a coordinación. Este clima desenvolvese sobre todo nas reunions de titoria, con motivo de informar e recabar informacións das familias que favorezan o desenvolvemento do proceso educativo As relacións entre a Comunidade Educativa e as familias funcionan con fluídez a diferentes niveis 1.- Titoría Realízase unha reunión a inicios de curso con tódolos pais para establecer contacto e intercambio de informacións. Trátanse os seguintes temas: • Normas xerais de réxime interno. • Organización do Curso. • Obxectivos xerais do Ciclo. • Criterios de avaliación • Recomendacións sobre hábitos de traballo • Entrega de documetación común ( autorización saídas, xustificante de faltas...) • Quenda de preguntas por parte dos pais O profesorado ten un horario de atención individual ós pais, previa cita, o martes de 16.00 a 17.00 horas.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 48
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
2.- Nivel ou Ciclo Ó longo do Curso pídese colaboración ós pais para realizar determinadas conmemoracións: Samaín, Magosto, Entroido, Nadal, Festa do libro ... 3.- Equipo directivo Asiste a tódalas reunións de presentación de Infantil e Primaria para poñerse a disposición das familias e informalos de aqueles criterios organizativos que estamos a seguir e nos que é importante a súa colaboración para crear un clima de boa convivencia e respecto entre os membros da Comunidade Educativa. Os membros do Equipo Directivo teñen un horario de atención as familias nas primeiras e últimas sesións da mañá. 4.- Anpa Atende as demandas dos pais na oficina que teñen no Centro. Envían con regularidade circulares con informacións varias. 5.- Canles de Información Para informar ás familias de xeito claro e directo de aqueles temas que consideramos de importancia temos as seguintes canles: • Circulares informativas sobre un tema concreto • Circulares informativas e propostas de lecturas para as familis do equipo de biblioteca do Centro. • Correo electrónico do Centro: ceip.castelao.vigo@edu.xunta.es • Revista dixital “ As Nosas Cousas” • Páxina Web do Centro: http://centros.edu.xunta.es/ceipalfonsorodriguezcastelao •Blogues do colexio: infantil, primeiro ciclo de primaria, biblioteca, normalizaicón.
DATAS DE REUNIÓNS XERAIS COS PAIS-NAIS. EDUCACIÓN INFANTIL
PRIMARIA
TRES ANOS -------23-10-2012
PRIMEIRO CURSO---------2-10-2012
CATRO ANOS -----9-10-2012
SEGUNDO CURSO ---------25-9-2012
CINCO ANOS ------9-10-2012
SEGUNDO CICLO----------2-10-2012 TERCEIRO CICLO----------9-10-2012
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 49
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
20. REGULAMENTO DA ORGANIZACIÓN DO COMEDOR. (Preséntase como ANEXO IV a esta P.X.A.)
21. PLAN DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO.
O Centro dispón das seguintes instalacións: - Sete aulas de Educación Primaria (unha habilitada para Biblioteca) - Tres aulas de Educación Infantil. - Un aula de Pedagoxía Terapéutica. - Aula de informática. - Un ximnasio. - Sala de profesores. - Tres titorías (unha para uso dos especialistas, outra para gabinete médico e para uso do gabinete pedagóxico e a terceira para despacho da A.N.P.A.) - Despacho de dirección. - Secretaría. - Almacéns (tres no andar inferior e un no primeiro andar) - Sala de caldeiras. - Vestiario e servizo hixiénico, correspondente ó profesor de Educación Física. - Servizos hixiénicos para uso do profesorado. - Servizos hixiénicos nos dous andares para os alumnos. Vestiarios para os alumnos. - Servizo hixiénico para discapacitados (habilitado como servizo, vestiario e almacén das traballadoras da limpeza). - Ascensor (non está en funcionamento). Salas de uso común. - Laboratorio (empregado como comedor). - Aula de Pretecnoloxía (empregada como aula de Música e de Inglés).
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 50
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
- Biblioteca (empregada como tal, sala de vídeo e para actividades de animación á lectura). - Sala de usos múltiples (empregada para as celebracións conxuntas, conferencias, proxeccións, sala de xogos para as actividades de comedor, ludoteca e aula matinal). - Unha aula dividida á metade para uso da sala de informática e de aula de artística (esta última usarase tamén este ano coma comedor).
* Instalacións adicadas ás actividades extraescolares: Usaranse as pistas deportivas, o ximnasio, a aula de informática, a sala de xogos e outras, se fosen solicitadas pola A.N.P.A., para impartir actividades extraescolares. Así mesmo, a A.N.P.A. usará para as súas asembleas a sala de usos múltiples nas condicións acordadas polo Consello Escolar.
22.
PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA A.N.P.A.
16-17 h.
17-18 h.
LUNS -Ludoteca/ Predeporte -Xadrez -Teatro -Inglés 1ºP. -Ludoteca -Inglés 2ºP
MARTES -Ludoteca -Informática -Batuka -Inglés 3ºP
MÉRCORES XOVES -Ludoteca -Ludoteca -Kung fu -Natación -Inglés infantil
-Ludoteca -Inglés 4ºP
-Ludoteca -Ludoteca -Kung fu -Natación -Inglés 5º e 6ºP
VENRES -Ludoteca/ Artísticas -Fútbol -Baile Inf.+1ºP -Ludoteca -Baile 2ºP6ºP
Dentro das actividades organizadas pola ANPA atópase a viaxe de fin de curso do alumnado de 6º curso de educación primaria. Esta actividade para poder ser desenvolvida deberá reunir algunha das seguintes premisas:
De realizarse antes do remate do curso escolar (21 de xuño de 2013) deberá contar coa presenza dalgún representante do claustro. Como a participación do claustro nesta actividade non ten carácter obrigatorio, enténdese que de non haber ningún voluntario dita actividade non poderá realizarse nese período lectivo do curso actual.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 51
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
23.
Se a actividade desenvólvese despois do último día lectivo para o alumnado (21 de xuño de 2013) , necesitará para ser aprobada da presenza dos pais/nais, sempre tendo en conta o número de alumnado/adulto e contando coa previa notificación ao Xefe Territorial da zona.
PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO.
Cada Ciclo, Comisión ou Departamento fará un seguimento da parte que lle corresponda directamente nesta Programación. En canto ós demais proxectos e plans do Proxecto Educativo, cada unha das equipas de traballo reseñadas valorará a parte que teña encomendada. No primeiro trimestre definirán aspectos avaliables e instrumentos de avaliación, para posteriormente aplicalos e presentar os resultados ó Claustro e posteriormente ó Consello Escolar. Nos claustros de valoración de resultados de cada avaliación, o equipo directivo presentará un informe sobre o grao de desenvolvemento da Programación Xeral Anual recollendo todas as aportacións de mellora. Na memoria, a fin de curso figurará unha valoración e recolleranse as aportacións do claustro e do Consello Escolar. As suxestións serán propostas a estudar de cara a incluílas na programación xeral do seguinte curso. Ó longo do curso, poderemos incorporar propostas a esta programación sempre que previamente sexan informadas polo Claustro e posteriormente as corrobore o Consello Escolar. A finalidade sera propicia-la reflexión e toma de decisións que permitan a mellora da calidade educativa do centro. Para logralo, basearémonos: a) Nas programacións didácticas. b) Na metodoloxía docente. c) Na avaliación do alumnado. d) No clima escolar e de aula. e) Nos resultados académicos. f) Nos resultados da Avaliación Diagnóstica. Avaliación curso 2.012-13. datas. Primeira avaliación: xuntanza, o 11 de decembro; entrega cualificacións, o 21 de decembro. Segunda avaliación: xuntanza, o 12 de marzo; entrega cualificacións, o 22 de marzo. Terceira avaliación: xuntanza, o 11 de xuño; entrega cualificacións, o 21 de xuño.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 52
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
Criterios de promoción. Na Educación Infantil promocionan, segundo imperativo legal, todos/as os alumnos/as. Os casos excepcionais de repetición de etapa, serán estudados de xeito individual no momento que estes se presenten. No Primeiro ciclo de Primaria: Os/as alumnos/as promocionarán se acadan os obxectivos mínimos en dúas das seguintes áreas: matemáticas, linguas e coñecemento do medio. No Segundo ciclo de Primaria: Os/as alumnos/as promocionarán se acadan os obxectivos mínimos nas áreas de linguas, matemáticas e coñecemento do medio. Non promocionarán se non acadan os obxectivos mínimos de dúas destas áreas. No Terceiro ciclo de Primaria: Os/as alumnos/as promocionarán se acadan os obxectivos mínimos nas áreas de lingua, matemáticas e coñecemento de medio. Non promocionarán se non acadan os obxectivos mínimos de dúas destas áreas.
Criterio xeral de promoción. Proporase a repetición no ciclo no que se detecten os problemas. Tratarase de xeito diferenciado os/as alumnos/as con A.C.S., respectando o grupo no que estean integrados/as socialmente.
En canto á avaliación de diagnóstico correspondente ó curso 2.012-13 estase á espera de que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dite as instrucións para o seu desenvolvemento.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 53
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
24.
PROXECTO LECTOR DE CENTRO. PLAN ANUAL DE LECTURA.
O PROXECTO LECTOR do noso centro foi definido polo claustro no curso 2009/2010 e, posteriormente, en cada curso académico, é sometido á reflexión conxunta avaliando tanto os aspectos que dan mellor resultado coma os que atopan dificultades na súa posta en marcha. Baseado nos aspectos lexislativos vixentes, o Plan Lector está sostido por tres obxectivos xerais: -
Fomentar o gusto pola lectura.
-
Potenciar o hábito lector.
-
Mellorar a comprensión lectora.
A nosa incorporación á rede de centros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia , no pasado curso 2011/2012 , supuxo un enorme pulo cara á adquisición destes tres obxectivos: No referido ao fomento do gusto pola lectura , adquiríronse títulos de calidade , houbo contacontos , a visita dun recoñecido autor como é Jacobo Fernández Serrano , dinamizouse o fondo da biblioteca , traballamos coa Maleta de Poesía do cefore de Vigo no mes de maio (neste curso 2012 /2013 a recolleremos neste mes de outubro)….actividades que deron moi bo resultado e que terán continuidade no curso que comeza e , a maiores , proporemos e avaliaremos como funcionan na aula varios títulos que poderán formar parte de vindeiros Itinerarios Lectores.Tamén seguen o seu percorrido polos fogares as MOCHILAS VIAXEIRAS, que cada ano teñen mellor acollida, foron revisadas no seu contido e contan agora con libros de cociña e música ademais dos que xa tiñan. No referido a potenciar o hábito lector , voltaremos a recurrir as actividades encamiñadas ao obxectivo LER EN FAMILIA contan tamén co recurso da BIBLIOTECA DE FAMILIAS, reubicada na entrada do colexio , para mellor dispoñibilidade e reforzada neste curso polo RECUNCHO DE LECTURA PARA FAMILIAS , que conta con libros , revistas , publicacións do centro feitas con trabalos
elaborados co alumnado …. Tamén segue funcionando o PRÉSTAMO DE LIBROS: no C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 54
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
pasado curso ofertamos o servizo de préstamo tamén polas tardes , e saíron do centro 507 libros , dato que podemos mellorar este ano xa que adquiriremos máis mobiliario que mellorará a ubicación e localización e fondos máis atractivos para as diferentes idades. A HORA DE LER
é un recurso imprescindible. Cada ano resulta máis
significativo e necesario. Neste curso que comeza, segue contando cun tempo, espazo e recursos exclusivos e planificados mantendo o horario de cursos pasados. Sabedores da importancia que ten para o alumnado de todas as idades do centro Mellorar a Comprensión lectora , presentamos un proxecto para formar parte dos CONTRATOS-PROGRAMA e o centro planificou horarios e recursos para poder levar as actividades a cabo. Nesta data , aínda non se fixo pública a relación de centros seleccionados. Esteamos ou non na lista , os recursos persoais e materiais do centro están repartidos de xeito tal que esperamos acadar unha mellora neste senso. Tamén levarán un pulo as actividades de Formación de Usuarios que permitan ao alumnado de diferentes niveis mellora a súa búsqueda de información e os recursos ao alcance para notar avances na comprensión lectora o que , se dúbida , repercutirá positivamente no rendemento academico. Dentro do PLAN ANUAL DE LECTURA , existen uns títulos recomendados en Nadal que se traballan ao longo o segundo e terceiro trimestre do curso e que complementan as lecturas programadas no traballo diario de aula . No pasado curso , por vez primeira , un ciclo recomendou un título de coñecemento ( non de literatura infantil e xuvenil ) e tivo moi boa a collida por parte de alumnado e familias , polo que esta posibilidade está a ser sopesada tamén para este curso. Estas son as propostas que forman a matriz do traballo de lectura do centro pero nas dinámicas diarias de aula hai moitas outras , relacionadas coa narración , a expresión oral , a escritura creativa , etc, … que complementan o aquí exposto.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 55
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
25.
PLAN DE INTRODUCIÓN DAS TIC.
(Preséntase como Anexo II a esta P.X.A.)
26. GUÍA DE INTERVENCIÓN PARA A MELLORA ELABORADA A PARTIR DA ANÁLISE DOS RESULTADOS DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO.
A Comisión de Coordinación da avaliación diagnóstica para o curso actual está composta polas seguintes persoas:
Montserrat Martínez Cañas (Directora e Orientadora) MªTeresa Fernández Molares (Xefa de Estudos) Carmen Fidalgo Carballo ( Titora de 4º de EP)
Terase en conta a aplicación das medidas correctoras suxeridas polos resultados da Avaliación Diagnóstica. MEDIDAS
Revisión e aplicación de medidas correctoras propostas pola comisión de supervisión ao fío dos resultados da avaliación diagnóstica 2011-12.
RECURSOS
Profesorado do centro. Programacións didácticas Resultados Avaldía 2011-12 Informe da Comisión de Coordinación Pedagóxica.
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 56
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
27. ANTEPROXECTO DE XESTIÓN ECONÓMICA.
Tendo en conta os ingresos recibidos no Centro, por parte da Xefatura Territorial de Educación e O.U. o derradeiro curso, que ascenderon a 14.445 € e contando para o actual cunha cantidade aproximada, a previsión de gastos é a seguinte:
MATERIAL DE OFICINA + MANTEMENTO FOTOC....... 2.600. GASTOS TITORÍAS............................................................... 2.100. SUBSCRIPCIÓNS..................................................................
250.
CONMEMORACIÓNS...........................................................
678.
TELÉFONO.............................................................................
132 .
MATERIAL HIXIÉNICO-SANITARIO................................
985.
LIBROS E MATERIAL AUDIOVISUAL............................. 2.700. GASÓLEO…………………………………………………... 5.000.
A previsión de gastos suma un total de: 14.445 €
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 57
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2012/2013
28. PLAN DE ORIENTACIÓN.
(Preséntase como Anexo III a esta P.X.A.)
C.E.I.P. ALFONSO D. RODRÍGUEZ CASTELAO
Página 58