Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao de Vigo
ESPAZO FAMILIAS
“MÁIS QUE UN TEITO” Pilar Domínguez-Coordinadora del Equipo de Prevención Concello de Vigo
MARTES 20/01/2015 AULA DE USOS MÚLTIPLES DO COLEXIO. ÁS 17 H.
NORMAS E LÍMITES DESTINATARIOS
Esta conferencia está dirixida aos adultos.
É importante reseñar que dentro da familia é fundamental a existencia de normas para posibilitar a convivencia, establecer límites, transmitir valores e darlles seguridade aos seus membros. O seu establecemento non é sinxelo, xa que os límites se intentarán traspasar, mais é fundamental que os fillos e fillas coñezan as consecuencias do incumprimento das normas establecidas; asegurar o cumprimento das normas é, á vez, un dereito e un deber dos proxenitores.
Os obxectivos principais desta charla son: . Reflexionar sobre a importancia das normas no ámbito familiar e sobre as súas funcións educativas . Dotar aos participantes de ferramentas para o establecemento de normas dentro da familia.
Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao de Vigo
ESPAZO FAMILIAS
Prezadas familias: O vindeiro martes día 20 de xaneiro ás 17:00 horas haberá no centro unha conferencia relacionada coas “Normas e os límites” á que están convidadas todas as familias que o desexen. Ademáis, informarvos que o día 30 de xaneiro, Día da Paz, se as condicións climatolóxicas o permiten, celebrarase o Convivium da paz Ría de Vigo e Castelao. Como este ano os anfitrións somos nós necesitaríamos familias que poidan axudar a preparar aproximadamente 450 bocatas e tamén algunha familia que faga de paparazzi. As persoas que poidan axudar que se poñan en contacto con Montse, a directora do centro. Agradecemos de antemán a vosa colaboración A directora e a presidenta da ANPA do Ceip Alfonso D.Rodríguez Castelao de Vigo