![](https://assets.isu.pub/document-structure/200621103318-8c7c1f0feaa56d799740e868c888c7c8/v1/c77b488e880b935f9372e8083126e7ac.jpg?width=720&quality=85%2C50)
1 minute read
OS RETOS DO BERETIÑO (Dinamización
RETOS DO BERETIÑO
Este curso 2019-2020 dende o equipo de dinamización propuxéronse tres retos beretudos, pensados con moita ilusión e todos eles relacionados co noso proxecto Amar o mar. O primeiro reto consistiu en crear diferentes tipos de embarcacións e, des te xeito, investigar e coñecer datos sobre estas. O resultado foi espectacular, todos os traballos dende infantil a primaria foron expostos na entrada do colexio: Barcos piratas, veleiros, chalanas, buques, gamelas… e unha marabillosa lonxa cheiña de peixes e marisco moi apetecibles para celebrar O Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Foi todo un éxito!
Advertisement
A nosa equitativa Lonxa Mariñeira
![](https://assets.isu.pub/document-structure/200621103318-8c7c1f0feaa56d799740e868c888c7c8/v1/541bd41b42267f9089838d38e66020a1.jpg?width=720&quality=85%2C50)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/200621103318-8c7c1f0feaa56d799740e868c888c7c8/v1/0308727859f283bf3060356872fa28de.jpg?width=720&quality=85%2C50)
Gamela diseñada por Mateo (5º) Barcos piratas ,veleiros e batel (1º,5º curso )
Barco pesqueiro diseño de Infantil
![](https://assets.isu.pub/document-structure/200621103318-8c7c1f0feaa56d799740e868c888c7c8/v1/a335ce07e3fb4b86e2d685a87bc3b5e4.jpg?width=720&quality=85%2C50)
O reto do segundo trimestre estaba relacionado coa poesía, tan necesaria nestes tempos. Varios poemas para todos os niveis foron seleccionados para que o alumnado puidese xogar cos versos nas aulas e foi entón cando empezou o confinamento… pero iso non nos detivo xa que a poesía continuou e publicáronse presentacións online con poemas musicados relacionados co mar. Incluso tivemos a sorte de que o poeta Antonio García Teijeiro dedicara o poema Unha serea poeta do seu libro Paseniño Paseniño dando ánimos a tod@s nos momentos iniciais da pandemia, xustamente coincidindo co Día Mundial da Poesía . O terceiro trimestre propuxemos a creación de historias relacionadas coa mar utilizando entre outras técnicas o teatro de sombras. E aquí remataron os nosos retos, pero xa estamos argallando ideas para seguir co noso futuro proxecto para o curso que vén, non esquezades: Sentidiño e moita saúde!! ��
![](https://assets.isu.pub/document-structure/200621103318-8c7c1f0feaa56d799740e868c888c7c8/v1/48b1cfeafa6d3a2d8252fc4f9193f169.jpg?width=720&quality=85%2C50)
Hugo3º amosa o seu teatro de sombras Noa( 6ºI) inspirada por un poema de Antonio