3 minute read

6º Educación PrimariaARTE E MATEMÁTICAS

ARTE E MATEMÁTICAS

6º DE PRIMARIA

Advertisement

Este ano foi un curso estrano, comezamos cunha titora nova, e cando empezabamos a encaixar coma as pezas do lego, tivemos que quedarnos na casa, aínda así foi un curso no que investigamos e traballamos xuntos dixitalmente. aquí van algúns dos nosos exemplos. Descubrimos que nos monumentos que hai no mundo hai múltiples figuras xeométricas e investigamos sobre aqueles que nos chamaron a atención.

A TORRE DE HÉRCULES

É un monumento situado na cidade da Coruña que ten forma xeométrica pola parte de abaixo unha circunferencia e a torre ten forma rectangular Unha das súas curiosidades é que mide 58 metros de altura e ten 242 escadas.

O Arco do Triunfo

E un rectángulo con picos enriba, no centro ten un semicírculo. Esta en París (Francia). Unha das curiosidades é que nas paredes brancas baixo a bóveda figuran os nomes das 128 batallas da primeira República Francesa e do Imperio de Napoleón.

A Torre de Pisa

A torre de Pisa atópase en Italia e se estima que poda chegar a pesar 17.000 toneladas e pode medir 56.67 m dende a base e no lado máis alto e 55,86 m dende a base no lado máis baixo.

Museo do Louvre A entrada a este museo é unha pirámide. Mide 21 m de alto e 34 de ancho ,é unha estrutura de aluminio que sostén un total de 666 paneis de vidro transparentes, 603 deles son rombos e 63 triángulos, ten a mesma inclinación que a pirámide de KEOPS , Exipto ,51 grados .

Curiosidades: é o museo máis grande e visitado del mundo . Para ver todas as salas e todas as súas obras necesitaríanse 100 días seguidos. Na Segunda Guerra Mundial foi convertido en almacén. Foi un palacio dos máis importantes de París no século Xll. Antes de chamarse LOUVRE foi chamado museo de NAPOLEÓN. O LOUVRE custodia o único exemplar do Código de HAMMURABI do mundo (primer conxunto de leis da historia ). Ten o cadro máis famoso de tódolos tempos (A Gioconda). Mario.

O Atomium

Museo de Bruxelas que mide 102 m. de altura e foi construído para a exposición xeral de primeira categoría de 1958. Representa un cristal de ferro ampliado 165 mil millóns de veces. Está formado por 9 esferas de aceiro de 18 metros de diámetro cada unha. Está ubicado no parque de Heysel.

As pirámides de Exipto

Teñen forma piramidal e a súa base é cuadrangular, cada cara da pirámide é un triángulo isósceles.

A Pirámide de Guiza: considerada unha das 7 marabillas do mundo, é a maior das pirámides de Exipto e a máis antiga, cunha altura de 146,7m e lonxitude de 230,36m. Atópase a 20km do Cairo, situada na meseta de Guiza e foi construída polo faraón Keops como tumba funeraria. Cerca dela está tamén a pirámide de Micerinos e Kefrén, e na roca da meseta esculpiuse a gran Esfinxe de Guiza, que ten forma de cabeza humana e corpo de león.

As pirámides de Mayas

As pirámides mayas .Principalmente coñecidas como o Castelo de Kukulkán .Atópanse en Yucatán (México) ,se construíronse no ano 1.000 a.c. Representan a afirmación do poder e a conexión co mundo dos deuses .

O Taj Mahal

Está situado na cidade de Agra (India). É un dos palacios máis belos. Ë moi famoso polo carácter romántico da súa construción, un emperador musulmán mandouno construír para a súa esposa favorita. A parte máis coñecida é o mausoleo cuberto por unha cúpula branca pero esta construción ocupa 17 hectáreas.

This article is from: