1 minute read
Educación FísicaA MAR DE DEPORTES
A MAR DE DEPORTES
Paratriatlón: Susana Rodríguez Gacio
Advertisement
SUSANA RODRÍGUEZ GACIO
Imaxes: “La Voz de Galicia 2/9/2020” , “El Correo Gallego“ 12/9/2016 e 28/02/2014”
Susana é a nosa paisana, Galega, de Vigo máis internacional . Ten unha deficiencia visual grave debido ao albinismo. Iso non lle impide alcanzar os seus soños tanto como deportista como profesional (actualmente exerce a medicina en Santiago de Compostela).
Dende moi pequena sentiu que o deporte lle axudaba a realizarse como persoa ,empezou a nadar con 4 anos. Comezou a practicar Triatlón no ano 2010, cando se Confirmou que o Paratriatlón se incluiría como deporte nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro (2016).Neses Xogos representou ao noso país logrando a 5ª posición. Para saber algo máis dela podedes visitar a súa páxina web : susanarg.com.
Natación adaptada : Teresa Perales
É unha referencia mundial neste deporte. Posúe o título de ser a deportista que ten máis medallas na historia nos XOGOS PARAOLÍMPICOS. Nos últimos XOGOS en Río de Xaneiro gañou 4 medallas que sumadas as obtidas anteriormente fan un total de 26 medallas paralímpicas.
Imaxe obtida de “ Marca.com”
Piragüismo : Teresa Portela
Imaxe : “ Cadena Ser.com “ 25/08/209 ”
Galega, nace en Cangas do Morrazo o 5 de maio de 1982. Deportista especializada en PIRAGÜISMO na modalidade de AUGAS TRANQUILAS.
Gañou 15 medallas no Campeonato Mundial de piragüismo. Participóu en 5 Xogos Olímpicos de Verán, obtendo 5 diplomas olímpicos.
Actualmente xa ten unha praza garantizada para participar nos próximos Xogos en Tokio . Actualmente únese a campaña #yomequedoencasa
Actualmente as tres deportistas presentadas están preparándose para os próximos “XOGOS PARALÍMPICOS TOKYO 2020 “ , cancelados e aprazados debido a “Crise do Coronavirus”.
Estas deportistas entre outras, foron investigadas polo alumnado de 5º e 6º Curso de Educación Primaria. Estas foron algunhas das súas aportacións.