“ FOLERPAS CONFINADOS 2020 “
ARTE E MATEMÁTICAS 6º DE PRIMARIA Este ano foi un curso estrano, comezamos cunha titora nova, e cando empezabamos a encaixar coma as pezas do lego, tivemos que quedarnos na casa, aínda así foi un curso no que investigamos e traballamos xuntos dixitalmente. aquí van algúns dos nosos exemplos. Descubrimos que nos monumentos que hai no mundo hai múltiples figuras xeométricas e investigamos sobre aqueles que nos chamaron a atención. A TORRE DE HÉRCULES
É un monumento situado na cidade da Coruña que ten forma xeométrica pola parte de abaixo unha circunferencia e a torre ten forma rectangular Unha das súas curiosidades é que mide 58 metros de altura e ten 242 escadas. O Arco do Triunfo
E un rectángulo con picos enriba, no centro ten un semicírculo. Esta en París (Francia). Unha das curiosidades é que nas paredes brancas baixo a bóveda figuran os nomes das 128 batallas da primeira República Francesa e do Imperio de Napoleón.
11