INVITACIÓN: ISIviaxamos? Encántame viaxar.Queres vir conmigo? Lévote a París, a Roma ou a Londres dende o sofá de casa, rodead@ da familia, mesmo, coa túa querida mascota.
Goza coa lectura destes libros, escóitaos e sénteos.
ISTO É LONDRES
ISTO É PARIS
ISTO É ROMA
ISI
Autor: Miroslav Sasek Ilustrador: Miroslav Sasek El patito Editorial Idade recomendada: de 0 a 100 anos
Viaxa pola Roma antiga e moderna, visita o museo do Louvre ou sobe á Tour Eiffel en París e toma un té no famoso Piccadilly en Londres. Asegúroche que che van encantar;e ao regreso, cóntasmo. SINOPSE: Estes álbumes ilustrados adicados ás cidades do mundo, presentan cunha mirada brilante e cargada de encanto, un percorrido por elas co que disfrutarán os pequenos lectores e se verán seducidos os adultos, cunha exposición directa e sinxela dos textos, e unhas sempre sorprendentes, divertidas e coloristas ilustracións; amosa os lugares más emblemáticos, capta a personalidade e a atmosfera da cidade e os costumes da súa xente.
INVITACIÓN: Escollín este libro de relatos curtos porque ten un conto que me emocionou hai
¿ME LEES UN CUENTO, POR FAVOR? Autores: AA VV
MANUEL
moitos, moitos anos, cando aínda era neno, e que me segue a emocionar cada vez que o leo . Tamén volo recomendo porque era o libro que lle lía ao meu fillo Alex antes de durmir e funcionaba moi ben. SINOPSE:
Ilustradora: Penny Dann
Este libro recolle dezasete preciosas historias de diferentes personaxes; xigantes,
Editorial Timun-más
sereas, bruxas ou fadas divertirán aos nenos e nenas e permitirán a toda a fami-
Idade recomendada: desde os 3 anos
lia compartir momentos inesquecibles antes de ir durmir ou en calquera hora do día. Hai contos para todas as idades e de diferentes duracións.
INVITACIÓN: Este libro contáballo eu ás miñas sobriñas cando eran pequenas. Gustábanos moito porque ten moita musicalidade e trata da necesidade que temos tod@s de ser atendid@s e querid@s.
JULIETA, ESTATE QUIETA! Autora: Rosemary Wells Ilustradora: Rosemary Wells Ediciones Altea Idade recomendada: desde os 3 anos
MARICA
SINOPSE: Pobre Xulieta! Ninguén lle fai caso! A súa nai sempre está ocupada con Salustiano, que aínda é un bebé, e o seu pai axuda a Flor, a irmá maior, a facer os deberes. Non é nada sinxelo ser a mediana de tres irmáns! E Xulieta está a piques de perder a paciencia...
Se queres velo en formato dixital, segue este enlace: http://colegios.pereiraeduca.gov.co/instituciones/galeriadigital/Espanol/ _Literatura/Doc_web/Libreria%20infantil1/sites/rincon/trabajos_ilce/julieta/
INVITACIÓN: Canto me gusta lérllelo aos meus pitiños!!!!
O PITO CAIRO Autora: Marisa Núñez
Este conto narra a aventura dun polo que atopou unha bolsa chea de moedas
Ilustradora: Helle Thomassen
de ouro picando na terra e decidiu entregarlla ao rei para obter a súa simpatía.
Editorial Kalandraka
Pero o rei era moi cobizoso e mesquiño, así que ao poliño non lle queda outra
Idade recomendada: desde os 4 anos
JUAN
SINOPSE:
que salvar diferentes situación grazas á súa astucia. É un relato no que se suceden acontecementos fantásticos, contados de xeito acumulativo e regresivo.
INVITACIÓN:
EL CABALLERO Y EL DRAGÓN Autora: Jane Clarke
ROSA
Ilustradora: Jane Massey Editorial SM Idade recomendada: de 3 a 5 anos
Este conto axuda a perder o medo aos monstros SINOPSE: Todas as noites, cando os seus pais os arrolan, o cabaleiro soña con dragóns que comen cabaleiros e o dragón soña con cabaleiros que comen dragóns. Pero unha noite fan un descubrimento sorprendente. E desde entón as noites volverán ser iguais. Un tranquilizador conto con solapas e páxinas despregables para que os máis pequenos vaian durmir tranquilos.
INVITACIÓN: Marabillosas ilustracións de Suzy Lee que evocan xogos da infancia e incitan a compartir momentos e crear ilusións.
LA OLA SOMBRAS Ilustradora: Suzy Lee
ANA
SINOPSE: En La Ola, este suxestivo libro sen palabras, Lee cóntanos a historia dunha nena nun día de praia. A impresionante simplicidade das ilustracións, en tan só dous tons de acuarela, crean un vibrante e inesquecible relato cheo de alegría e risas.
Bárbara Fiore Editora Idade recomendada: de 0 a 100 anos
En Sombras, o xogo da imaxinación é tan rico que uns cantos obxectos nun faiado poden transformarse nun mundo de fantasía, onde unha nena vive unha emocionante aventura que só se rompe cando a luz se apaga para baixar cear.
INVITACIÓN: Conto moi axeitado para nen@s, moz@s e maiores. Ten a fórmula máxica para defendernos de toda clase de monstros e medos, reais ou imaxinarios.
¡FUERA DE AQUÍ
HORRIBLE MONSTRUO VERDE!
Mª JOSE
Autor: Ed Emberly Ilustrador: Ed Emberly
SINOPSE: Ao abrir este sorprendente libro o primeiro que atopamos son dous grandes ollos amarelos. Ao dar a volta á páxina dámonos conta de que son os ollos dun monstro cunha horrible cara que vai aparecendo pouco a pouco ata desenmascaralo totalmente. Pero esta é só a metade da historia...
Editorial Océano Idade recomendada: de 5 a 8 anos
Se queres desenvolver co teu fillo ou filla algunha das actividades propostas polo seu autor e relacionadas co conto, segue estes enlaces: http://www.edemberley.com/pages/main.aspx?section=janActivities
http://www.edemberley.com/pages/print/monsterMask.pdf
INVITACIÓN: Coñecín este libro hai pouco, ensinoumo Román… e encantoume!! Era o seu conto preferido e leuno no cole para algúns de vós. É unha historia tenra e divertida, cunhas ilustracións preciosas. CREDES QUE UN VELLO LOBO E UNHA OVELLIÑA PODEN SER AMIGOS? Lede o libro e descubrirédelo.
LA OVEJITA QUE VINO A CENAR Autor: Steve Smallman
CRISTINA
Ilustradora: Joelle Dreidemy Editorial Beascoa Idade recomendada: de 5 a 8 anos
Recoméndovolo! Gustaralle a toda a familia! SINOPSE: Na casa dun vello lobo esfameado, sempre hai para cear unha miserable... so-
pa de verduras!!! Unha noite, un pobre cordeiriño perdido chama á porta da súa pequena cabana. O lobo empeza a planificar o suculento guiso co que encherá o estómago... Pero o cordeiro non quere converterse no manxar desa noite, o que quere é ser o
seu AMIGO! Se queres escoitalo, segue este enlace: http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2013/04/audiocuentos-la-ovejita-quevino-cenar.html
INVITACIÓN: Quen son eu? Como cheguei ata aquí? Dende pequenos todos nos facemos preguntas sobre nós mesmos e sobre o que nos rodea. Hai infinitas respostas, tantas como pensamentos. Aquiles danos unha delas. Por medio dun texto esteticamente moi coidado e unhas ilustracións fermosísi-
AQUILES
mas, o conto vainos levando ata unha de tantas respostas posibles.
O PUNTIÑO
Para disfrutar dos 5 anos en adiante. Eu disfruteino despois dos 50.
Autora: Guia Risari
LUZ
Ilustrador: Marc Taeger
SINOPSE:
Editorial Kalandraka
Un dos temas que máis curiosidade lles suscita aos lectores cando son moi no-
Idade recomendada: desde os 5 anos
vos é a orixe das cousas. A eterna pregunta do “porqué” acompáñaos dende a nenez ata a madurez. Aquiles representa á perfección ese papel inquedo, que o leva a transformarse continuamente: faise crecer os ollos, a boca, o nariz, as orellas, os brazos e as pernas; todos coa función de ir máis aló, de experimentar vivencias novas, de crecer como ser vivo e coñecer todo o que lle rodea.
INVITACIÓN: Este libro fala de princesas, pero non das que buscan un príncipe, soben ao seu cabalo e viven en grandes pazos rodeadas de riquezas, senón de princesas moi especiais que teredes que descubrir... “Princesas” namoroume nada máis ver a beleza dos seus textos e as incribles ilustracións de Rebecca Dautremer, unha das miñas ilustradoras favoritas...
PRINCESAS Autor: Philippe Lechermeier Ilustrador: Rébecca Dautremer
MARTA
Editorial Edelvives Idade recomendada: de 5 a 8 anos
Sen dúbida algunha, unha beleza na que mergullarse! SINOPSE: Este precioso álbum ilustrado recrea un mundo marabilloso de princesas esque-
cidas o descoñecidas. Concibida como unha pequena e informal enciclopedia, nas súas páxinas podemos atopar unha galería de retratos das máis curiosas princesas, así coma información específica sobre cada unha delas.
Se queres ver unha pinga do que te espera, segue este enlace: http://www.youtube.com/watch?v=GwsW1xaPysA#t=19
INVITACIÓN: Queredes saber que fai o Rato Pérez cos dentes que recolle? Nesta historia descubrirás unha pequena aventura para cumprir un desexo, un
gran desexo!
CARTAS A
GENI
SINOPSE:
RATÓN PÉREZ
Rato Pérez adicou toda a súa vida a facer un regalo a cambio dun dente, pero
Autora: Antonia Rodenas
desde que recibiu a primeira carta de Manchas Negras, un gato que soña con
Ilustradora: Carme Solé Vendrell Editorial Anaya Idade recomendada: de 5 a 8 anos
cantar, non vive tranquilo. Axudar a un gato que quedou sen dentes? Esta personaxe fundamental da infancia, vese envolta nunha perigosa aventura por axudar ao seu inimigo natural.
Se queres velo en formato dixital, segue este enlace: http://www.anayainfantilyjuvenil.com/catalogos/capitulos_promocion/ IJ00201801_9999980600.pdf
INVITACIÓN: Dous contos populares, un en galego e outro en castelán, con bonitas ilustracións e abundante colorido, para que...
O CASAMENTO DA POLA
SINOPSE:
O casamento... trata dun galo e a galiña que queren casar á súa filla; os ani-
Autor: Manuel Mouta Faria
mais da granxa vanse ofrecendo para participar no casamento achegando cada
Ir Indo Edicións
un o que mellor sabe facer: a araña tecerá o enxoval, o pardal levará o trigo, o
Idade recomendada: de 5 a 7 anos
MARINA
Pases un rato moi divertido!!!!!!
LAS BODAS DEL GALLO PERICO
burro fará de gaiteiro. Pero... Como remata unha voda cando un gato é o noivo e o padriño é un rato?
Las bodas... conta dun galo que estaba invitado ás ricas vodas do tío Perico, ga-
Autor: Ione Mª Artigas de Sierra lo igual ca el. Editorial Santillana Idade recomendada: de 5 a 7 anos
Vístese con coidado: traxe moi escuro, peteiro de seda, bastón e galeira... E ponse en marcha! Pero o camiño que debe seguir é un pouco longo e moi descoidado. Paciencia, amodiño... Prestade atención! Non vaia ensuciarse o seu arranxo de luxo!
INVITACIÓN: Este libro permítenos coñecer dous puntos de vista diferentes dun mesmo acon-
DIARIO SECRETO DE
CARLOTA
tecemento ou situación, o de Susi e o do seu amigo Paul. Que percepcións tan distintas pode haber dunha mesma cousa segundo a persoa! SINOPSE:
SUSI
Paul marchara vivir ao campo cos seus pais. Agora volve a Viena somentes coa
Autora: Christine Nostlinger
súa nai porque os seus pais separáronse e Paul lévao tan mal que non é capaz
Ilustradora: Christine Nostlinger
de falar con ninguén dos seus sentimentos.
Editorial SM
Susi era a mellor amiga de Paul cando este marchou. Agora que voltou, a Susi
Idade recomendada: de 9 a 12 anos
xa non lle cae tan ben. Cree que Paul é un farfallán, que sempre está a presumir das cousas que fai o seu pai.
INVITACIÓN: É un libro escrito por Roald Dahl, inglés de orixe norueguesa, no ano 1964. O libro da biblioteca é unha edición ilustrada de Xerais que ten 219 páxinas.
CHARLIE
Gústame o libro porque ao final triunfa a humildade, representada polo pro-
E
tagonista, sobre a envexa, a cobiza, a gula e a vaidade que son representadas
A FÁBRICA DE CHOCOLATE Autor: Roald Dahl
CARLOS
Ilustrador: Quentin Blake Editorial Xerais Idade recomendada: de 9 a 12 anos
polos antagonistas de Charlie. Unha boa lectura para calquera tempo, pero máis agora no Nadal.
Boas lecturas! SINOPSE: Charlie Bucket é un neno pobre, mesmo pasa fame. A pesares disto vive feliz cos seus pais e avós. O único capricho que se permite é unha onza de chocolate polo seu aniversario. Pero o deste ano vai ser especial, as cousas han cambiar para Charlie.
INVITACIÓN: Se es dos maiores do colexio xa podes botarlle unha ollada a A Historia Intermi-
nable; é unha novela chea de aventuras marabillosas e un sinfín de criaturas extraordinarias. SINOPSE:
A HISTORIA INTERMINABLE Autor: Michael Ende
EVA
Ilustradora: Roswitha Quadlieg Editorial Alfaguara Idade recomendada: de 10 a 12 anos
Na Historia Interminable coñeceredes a Bastián Baltasar Bux, un neno tímido, dotado dunha incrible imaxinación e que se pasa todo o día lendo. Un bo día, atopa un libro moi misterioso e agóchase no faiado do colexio para poder descubrir de que trata. Cando abre o libro, non podía imaxinarse que el mesmo, xunto co valente guerreiro Atreyu, tería que intentar salvar o reino de Fantasía da ameaza da Nada e converteríase nun dos protagonistas do relato que estaba lendo. ¿Entrarás ti no reino de Fantasía para axudar a Bastian e Atreyu?
INVITACIÓN: E para os máis pequenos, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na
cabeza. Tedes moita sorte porque a editorial Kalandraka fixo que puiderades gozar do conto tamén en galego. E de que vai, estaredes a preguntarvos, pois moi
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA
EVA
CABEZA Autor: Werner Holwarth Ilustrador: Wolf Erlbruch Editorial Kalandraka Idade recomendada: de 3 a 6 anos
sinxelo… As veces as cousas non saen como planeamos, verdade? E... A que moitas veces ao longo do día se nos ocorre… Tivese sido mellor non levantarme
da cama hoxe? Pois iso mesmo pensou a nosa toupiña... So podo adiantarvos que se a acompañades na súa viaxe, as risas irán en aumento.
BO NADAL! SINOPSE:
A toupiña espertou unha mañá cunha cousa moi estraña sobre a súa cabeza, Imaxinades que? Pode pasarlle a calquera, pero... Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?
Se queres velo en formato dixital, segue este enlace: http://issuu.com/kalandraka.com/docs/a-toupinha-g/5?e=0/1277120
INVITACIÓN: Divírtete coas simpáticas vivencias de Nicolás e os seus amigos e amigas do colexio.
EL PEQUEÑO NICOLÁS Autor: Rene Goscinny
ALBERTO
Ilustrador: Sempé Editorial Alfaguara Idade recomendada: de 8 a 10 anos
Unhas trasnadas e aventuras que eu nunca esquecín e coas que ti, quen sabe, podes sentirte identificado!! SINOPSE: O pequeno Nicolás pásao en grande no cole. Sempre armando líos cos seus compañeiros: Alcestes, o seu mellor amigo, Eudes, Godofredo, Aniano, María Eduvigis, que é fantástica, Joaquín, Rufo, Clotario. Pero non todo vai ser felicidade: chega o día de entrega de notas!
INVITACIÓN: Ola a todas e todos. Recoméndovos este libro porque é o favorito do meu neto Sergio e porque é moi entretido.
DINOMOMIA
SINOPSE:
Autor: Paul Lars Manning
Este libro fascinante conta a historia real do descubrimento recente dun dinosau-
Editorial MacMillan
CARMEN
Idade recomendada: de 8 a 12 anos
ro tan ben conservado que se pode acariciar a súa pel con escamas. Ademais do achado de esta dinomomia, relátase a escavación e o estudo que fan os científicos dos fósiles. Reconstrúese a vida e a morte deste dinosauro, bautizado Dakota. Tamén hai unha sección adicada a outras especies de dinosauros, con datos e curiosidades.
INVITACIÓN:
EL SECRETO DE LAS HADAS DEL LAGO
MAITE
Autor: Tea Stilton Ilustrador: Tea Stilton Editorial Planeta Idade recomendada: de 9 a 12 anos
Recoméndovolo porque fomenta a fantasía, o coñecemento de antigas lendas e a aprender a tomar decisións para solucionar o mellor posible os problemas que atopamos en distintas situacións vitais. SINOPSE: Unha viaxe sobre as ás da fantasía. O mítico Mundo de Erin está en perigo. Para salvalo, as rapazas do Clube de Tea terán que amosar o seu valor e resolver os enigmas das fadas. Axudaranas gnomos, elfos e animais máxicos, pero terán que defenderse de irritantes trasnos e terribles ogros. Unha aventura inesquecible, entre a fantasía e a realidade.
INVITACIÓN: Un autor moi especial, un tema que engancha...
Fantasía, maxia, aventuras a moreas!
LA MAGIA MÁS PODEROSA
NATALIA
Autor: Carlo Frabretti Ilustradora: Araceli Sanz Editorial Alfaguara Idade recomendada: de 9 a 12 anos
Ao remate quedarás con ganas de máis, pero non te preocupes... Este libro forma parte dunha triloxía, así que hai outros dous títulos! SINOPSE: O anano Ulrico sinte a insaciable curiosidade de coñecer os segredos da maxia e, levado polo seu enorme desexo de aprender, recorrerá o mundo en busca de ditos coñecementos. Na súa accidentada viaxe, princesas encantadas, bruxas, ananos e fadas cruzaranse no seu camiño e faranlle vivir as máis estrañas e divertidas situacións.
INVITACIÓN:
CAN YOU DO WHAT I CAN DO?
ÁNGELES
Autora: Graciela Castellanos Ilustradora: Sachiko Sawada Editorial Almadraba Idade recomendada: de 5 a 7 anos
Para que os máis pequenos se mergullen no inglés tamén na casa. SINOPSE: Nomea todo aquilo que pode chegar a facer un neno. Unha morea de actividades e tamén moitas emocións a sentir e a expresar.
Se queres escoitalo e velo en formato dixital, segue este enlace: http://issuu.com/hermeseditorageneral/docs/canyoudo?e=1715310/2750331
Se queres escoitar a canción e ler a súa letra, segue este enlace: http://www.hermeseditora.com/mm/wisefoxes/proud/
WHO'S COMING FOR TEA
JOANNE
Autora: Viv Lambert Ilustradora: Mo Choy Editorial Santillana Idade recomendada: de 7 a 9 anos
INVITACIÓN: É un conto curto, gracioso e moi doado de entender. SINOPSE: Trata sobre dous nenos que intentan pescudar quen chegará para cear. Será un monstro????