O VOCEIRO DE HÉRCULES
1
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
2
CURSO 2011-2012
Atención señoras e señores viaxeiros, próxima parada:
FIN DE CURSO.
Remata a viaxe que comezamos alá no mes de Setembro do ano pasado. Que lonxe queda esa primeira estación coa ledicia do reencontro cos compañeiros, as mochilas ben cargadas e os medos dos que emprenden o camiño dos “maiores”.
Pero este ano a viaxe foi moi especial, viaxamos polo mundo da ARTE, da COR, dos ARTISTAS. Foi unha viaxe de descubrimento de xeitos diferentes de ver e plasmar a realidade. Nas diferentes estacións polas que fomos pasando ó longo de todo o curso, iamos relacionando os contidos traballados coa arte. E para amenizar esta longa viaxe, todos os venres na Biblioteca, un contiño que nos deixaba voar polo mundo da fantasía no vehículo máis fermoso que temos “a nosa lingua galega”. Remataron as festas, excursións e tamén os exames e probas están a piques de rematar. Estamos preto da última estación e despois dunha viaxe tan longa e intensa, todos chegamos cansos, uns co ritmo dun lento tren, outros coma motos, algúns coma coches de carreiras e mesmo uns cantos coma avión a punto de despegar, e como o Depor e o Celta,dispostos a subir a outra división: o instituto.
Se miramos para atrás vemos moitos traballiños feitos, moitas cousas aprendidas, moitas festas disfrutadas e compartidas pero,sobre todo,dámonos conta que medramos por dentro e por fóra, de que somos MAIORES e MELLORES.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
3
CURSO 2011-2012
Todos levamos con nós as lembranzas do vivido podemos irnos ben ledos foi moito o que se fixo. Agora a descansar, témolo ben merecido. Aos que volven en setembro ata pronto lles dicimos e aos que marchan desexamos moita sorte e boa vida. Non esquezades que aquí tedes moitos amigos e amigas. Grazas a todos e a todas mestres, nenos e familias. E para o curso que ven Lembrade “cargar as pilas”.
FELIZ VERÁN! VÉMONOS O VINDEIRO CURSO
O VOCEIRO DE HÉRCULES
4
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
5
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
6
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
7
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE Hร RCULES
8
CURSO 2011-2012
No noso patio temos tres รกrbores das que vos imos falar
O VOCEIRO DE HÉRCULES
9
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
10
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
11
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
12
CURSO 2011-2012
CONTO DUNHA SOBREIRA
ÉRASE UNHA VEZ UNHA SEMENTIÑA DE SOBREIRA QUE MEDRABA E MEDRABA. MEDRABA POLA MAÑÁN...
... E MEDRABA POLA NOITE ATA QUE MEDROU E FOI TRANSPLANTADA
O VOCEIRO DE HÉRCULES
13
CURSO 2011-2012
E FOISE Á CASA DE DÚAS CHICAS, UN CHICO E UNHA GATA AS CHICAS CHAMÁBANSE LOLA E LUCHI. O CHICO CHAMÁBASE PEPE. Á GATA PUXÉRANLLE O NOME DOUTRO ANIMAL E CHAMÁBASE PARRULA
COMO NON TIÑA TERRA DABONDO DECIDIRON TRANSPLANTALA A OUTRA BONITA CASA, ONDE HABÍA UN CAN E MILLÓNS DE ÁRBORES.
ALÍ COÑECEU A UNHA PLANTA, QUE SE CONVERTIU NO SEU MELLOR AMIGO. E ALÍ CASARON, E TIVERON TANTAS SOBREIRIÑAS QUE AO FINAL O XARDÍN DA CASA FICOU NUN BOSQUE DE SOBREIRAS...
FIN
AUTORA: Lola López Leiro
O VOCEIRO DE HÉRCULES
14
CURSO 2011-2012
NESTE CURSO 2011-2012 @S NEN@S DE 5 ANOS EMPEZAMOS SENDO DINOSAURIOS E APRENDIMOS MOITÍSIMAS COUSAS SOBRE ELES, DESPOIS CONVERTÍMONOS EN TROGLODITAS...
E AGORA NON SEI O QUE SOMOS PERO ESTAMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS SOBRE OS BOSQUES: OS ANIMAIS E AS ÁRBORES QUE VIVEN NELES. NO CORREDOR CONSTRUIMOS UN PEQUENO BOSQUE CUNHA GRANDE ÁRBORE E ALGÚNS DOS ANIMALIÑOS QUE ESTUDAMOS:
O VOCEIRO DE HÉRCULES
15
CURSO 2011-2012
PERO NON SÓ TRABALLAMOS NO COLEXIO SENÓN QUE TAMÉN TRABALLAMOS NA CASA E TROUXEMOS ANIMALIÑOS PARA ADORNAR O NOSO BOSQUE E ADEMÁIS XUNTO COAS NOSAS FAMILIAS FIXEMOS UN FERMOSO "ARBOLCEDARIO " :
COMO O PROXECTO DA BIBLIOTECA DESTE ANO ERA SOBRE OS PINTORES, NÓS TAMÉN QUIXEMOS SER ARTISTAS E ENTRE OUTROS TRABALLAMOS A ALBERTO DURERO:
O VOCEIRO DE HÉRCULES
16
CURSO 2011-2012
E AGORA PARA QUE PASEDES UN RATO DISTRAIDO, A VER SE SODES CAPACES DE FACER ESTES PASATEMPOS QUE NÓS FIXEMOS NA AULA. 1.-DESCUBRE OS ERROS QUE HAI ENTRE ESTES DOUS DEBUXOS E COLOREA UN DELES:
O VOCEIRO DE HÉRCULES
17
CURSO 2011-2012
AXUDA Á ABELLA A ATOPAR AS FLORES.
ATOPA NESTA SOPA DE LETRAS OS SEGUINTES ANIMAIS PREHISTÓRICOS: CEBRA, ALCE, MAMUT, LEÓN, RENO, BISONTE, TIGRE.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
OS
ALUMNOS
DE
1º
18
FIXERON
AO
CURSO 2011-2012
LONGO
DO
CURSO
FOTOMONTAXES CON FOTOS, PINTURA E RECORTES DE REVISTAS, COMPOSICIÓNS
DE
COLLAGE
E
CREBACABEZAS.
TODOS
ESTES
TRABALLOS ESTÁN EXPOSTOS NO CORREDOR DA AULA EN FORMA DE MURAL FACENDO UNHA EXPOSICIÓN DE ARTE.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
19
CURSO 2011-2012
TAMÉN FIXEMOS UN TALLER DE PAPIROFLEXIA, TRABALLAMOS TODO TIPO DE FOLLAS DE PAPEL, REVISTAS, DE SEDA, PINOCHO, CELOFÁN. CONFECCIONAMOS FLORES DE TODAS AS CORES, FORMAS E TAMAÑOS. FIXERON BROCHES E DECORACIÓNS PARA O PELO. TEMOS DECORADA A CLASE COAS FLORES FEITAS NESTE TALLER.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
20
CURSO 2011-2012
FESTEXAMOS OS DÍAS DO PAI A NAI, OS AVÓS E O DÍA DE SAN VALENTÍN, COS AGASALLOS QUE FIXERON NO TALLER CREATIVO: XARRÓNS CON FLORES, PORTAFOTOS FEITOS CON MATERIAL DE RECICLAXE: COAS PINZAS DA ROUPA. FIXEMOS FELICITACIÓNS COAS TARXETAS FEITAS POR ELES.
NO
DÍA
DAS
LETRAS
GALEGAS FIXEMOS UN POEMA CANTADO NA HONRA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE ONDE TODOS CANTARON O ESTILO RAP.
UNHAS
ALUMNAS
DA
CLASE ANIMÁRONSE A CONTAR UN
CONTO
NA
BIBLIOTECA
DEBUXANDO
A
PORTADA,
QUEDOU
ESTUPENDO
E
RECIBIRON UN PREMIO.
E PARA A FESTA DE FIN DE CURSO ESTAMOS APRENDENDO UNHA CANCIÓN AO ESTILO RAP DOS ANOS 70 MESTURADO CON AIRE ANDALUZ QUE BAILAREMOS NO SALÓN DE ACTOS.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
21
CURSO 2011-2012
Durante este curso, na clase de 2º, traballamos sobre o pintor, escultor, muralista, ceramista … Joan Miró. Comezamos coñecendo a súa vida e obra cun pequeno conto en powerpoint
Fixemos crebacabezas dixitais dalgunha das súas obras e convertemos a porta da aula nun dos seus cadros, un que ten un título longuísimo (“El ala de la alondra aureolada de azul de oro llega al corazón de la amapola que duerme sobre el prado engalanado de diamantes”).
O VOCEIRO DE HÉRCULES
22
CURSO 2011-2012
No taboleiro da aula creamos o recanto de Joan Miró, no que fomos recollendo fotos, noticias, reproducións das súas obras …
No corredor do colexio reproducimos “O Entroido do arlequín”, nun mural no que colaboramos todos.
Fixemos unha copia de “Figuras invertidas” e unha reprodución libre de “O comezo do día”.
Con tantas cousas como aprendemos de Miró fixemos un caderniño individual para recoller algúns dos nosos traballos.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
VIAXANDO
23
CURSO 2011-2012
VIAXANDO A ÁFRICA QWERT
O VOCEIRO DE HÉRCULES
24
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
25
CURSO 2011-2012
No curso de 2º fixemos obradoiros literarios: no primeiro trimestre foi de poesía, no segundo de cómics e no terceiro de contos.
Textos: Marcos e Daniela. Ilustracións: Israel, Pablo e Paula.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
26
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
27
CURSO 2011-2012
Os Isipicassianos de 3º tivemos durante todo o curso unha clase de apoio a informática con Natalia. Co que aprendemos nela e co que aprendemos de Pablo Picasso na nosa clase, fixemos
unha
montaxe
para
tod@s
que
desexamos vos guste! As imaxes as copiamos de google, as fotos son nosas de todos…
e os textos un pouco
O VOCEIRO DE HÉRCULES
28
CURSO 2011-2012
Picasso foi un pintor Que pintaba con amor Seus cadros eran cubistas Coloridos e
surrealistas. Carlota
Agustín e Raquel
Facía caras raras, Poñía todo ao revés As bocas nas orellas E as cabezas nos pés. Carlota
Samuel
O VOCEIRO DE HÉRCULES
29
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
30
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
31
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
32
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
33
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
34
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
35
CURSO 2011-2012
O ENTROIDO A clase de 5º para ese día, tendo en conta o proxecto da Biblioteca “A pintura”, decidimos, entre os pintores que traballamos (Dalí, Luís Seoane, Juan Gris, Gómez de la Serna, Laxeiro e Velázquez) escoller un deles (Velázquez). Dándolle voltas á cabeza, pensamos en representar o cadro das Meninas. Os traxes (de época) confeccionounos a nai dunha alumna da clase. Tamén colaboraron outras nais noutras cousas e viñeron a axudarnos a vestirnos. O disfraz quedou fenomenal! Participamos todos os alumnos da clase e tamén a titora Reyes e o profe David. Xa o víchedes no desfile! Por se non vos acordades aquí tedes unha foto.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
36
CURSO 2011-2012
APRENDEMOS XOGANDO No mes de novembro, celebramos no colexio o día da Ciencia. Nós, os nenos e nenas de quinto fixemos dous experimentos: un aerodeslizador e unha lámpada de lava. Como o aerodeslizador é moi fácil de facer e moi divertido, poñémosvos os materiais e a súa elaboración, para que o fagades na casa, no verán. AERODESLIZADOR MATERIAIS
Un CD estropeado. Un tapón de chupar, de botella de auga. Pegamento Fixo.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
37
CURSO 2011-2012
ELABORACIÓN Pegamos o tapón no CD pola parte das letras (esperamos a que seque). Poñemos un globo enriba do tapón e o suxeitamos con cinta adhesiva ou fixo. Inflamos o globo, soprando por debaixo do CD. Agora o colocamos no chan e irase desprazando mentres lle quede aire ao globo.
Ana Cortés (5º EP)
O VOCEIRO DE HÉRCULES
38
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
39
CURSO 2011-2012
UN CACHIÑO DE NÓS QUEDA CON VÓS… …E UN CACHIÑO DE VÓS VÉNSE CON NÓS! Antía. “Lembranzas no colexio” En EI3 e EI4 recordo que nos daba clase Marisol. Gañamos o concurso de teatro coa obra “A Ratiña Presumida”. Quedamos no 1º posto. Recordo que Natalia, a profe de inglés, nos levaba á aula de informática e nos poñía un programa para debuxar. En 1º nos daba clase Eva que estivo moi pouco tempo por unha baixa . En 3º e 4º nos daba Fina, unha profe estupenda que de vez en cando nos vén dar unha visita. En 5º nos deu Isi, moi simpática e boa, que se cambiou de titoría para 3º. Agora en 6º nos dá Esther que estivo un trimestre e medio . Tivemos a Pablo, un profe simpatiquísimo que nos gustaba a todos , que nos contaba unhas historias moi boas . Agora temos a Alberto que é moi bo . Hai xente moi querida que tivo que marchar . Hai recordos bos e recordos malos que sempre os teremos na cabeza e no corazón. Os recordos nunca se irán do colexio, nin das nosas vidas.
Enrique. Os meus mellores recordos do colexio O día no que me enterei que ía vir vivir para aquí foi un día moi triste xa que ía deixar atrás a todos os meus compañeiros e amigos. Non me afacía á idea de vivir aquí. Pero foi un erro crer iso. O primeiro día de clase non me apetecía nada ir. Pero tiven que ir igual. Entrei e todos os meus compañeiros, que por certo, son marabillosos ,axudáronme a integrarme no colexio. Isto todo cando tiña catro anos. O tempo foi pasando e con el viñeron novos alumnos e novos profesores ,tamén marabillosos, aos que nos tivemos que adaptar. Había días malos nos que os teus compañeiros sempre estaban aí para axudarche. Recordo todas esas pelexas no patio do colexio que ao final acabábanse resolvendo co paso do tempo. Unha lección moi valiosa (que aprendín da miña profesora Natalia) é que ``Non todos somos amigos, pero todos somos compañeiros´´. Aínda que ao mellor non o poidan ver, gustaríame mandar un saúdo a todas as miñas profesoras que me axudaron a chegar ata aquí: María Luísa , Marta, Marisol, Fina, Don Manuel, Doña Charo, Julia, Gloria, Natalia, Isi, Esther, Pablo, Alberto, Reyes, Ángeles, Manuel, Carlos, Luz, Marina, Ana, Marica, David e María José.
Antón. “O noso cole” O primeiro día de colexio foi o mellor porque coñecín a moita xente nova e me fixen amigo seu. Deume igual que fosen doutro color, xitanos, estranxeiros... O importante era que coñecera a toda esa xente. As nosas profesor@s foron moitas a partir de tres anos; profes coma Fina, Natalia, María Luísa ou Marisol, aínda que agora haxa máis, pasámolo ben. En tres anos foi cando había outra xente coma Marillion, Kelly, Luís Miguel e Patricia e seguimos aceptándonos. Tamén aprendín ao máis importante para o que viña despois: LER E ESCRIBIR. Fun moi feliz neste colexio e espero seguir sendo amigo voso, moitas grazas polo voso coidado. Moitísimas grazas por estes anos de gloria.
Joel. Os meus anos no cole Os meus anos no cole foron xeniais. Coñecín a moitos profesores e o pasei moi ben e recordo que me deron clase: Natalia, Isi, María Luísa, Manuel, Pablo, Alberto, Esther, Fina, Marta e outros profesores que agora non recordo os seus nomes. Cando era máis pequeno non me portaba moi ben cos meus compañeiros e non me deixaban xogar con eles, pero agora xa cambiei un pouco a miña actitude e teño algúns amigos cos que xogo no recreo.
Seguro que hai máis aos que non nomeei pero a todos eses tamén quero dicirlles ``Grazas´´. E, por último, grazas a todos os meus compañeiros por facer que estes seis anos que levo aquí sexan marabillosos grazas a vós.
Aïcha. “Os meus pequenos recordos”. Cando cheguei ao cole pensei: “Guau!” e logo pensei: “Anda, mira, se ten forma de U”. Ao entrar tiven un pouco de medo pero pasóuseme cando todos me dixeron “OLA “. No primeiro recreo coñecín a Carolina, das mellores amigas que teño actualmente. É a persoa co pelo máis fermoso e brillante que vin na miña vida. Agora xa estou en sexto, XA MARCHO! Que mal! Non quero marchar, espero que o instituto sexa unha boa experiencia coma esta, que por suposto… ESPERO RECORDAR. Recordos a : FINA, NATALIA, ISI, ESTHER, PABLO, ALBERTO, MANUEL, ÁNGELES E MARINA . E TODOS OS DEMAIS !!!!!!!!!!!! Bicos !!!!!
O VOCEIRO DE HÉRCULES Anxo. “Anos no cole” Ola, son Anxo, un neno de sexto. Durante todos estes anos aprendemos moito, e nos divertimos. A min os cursos que máis me gustaron foron 5º y 6º, nestes dous cursos aprendemos máis do normal, porque nos tocaron profesores/as moi bos.En 5º tocounos a Isi, como profesora de Matemáticas e Coñecemento e Natalia de profesora de Lengua y Lingua,en 6º cambiáronos de profesora de Matemáticas e Coñecemento. A profesora nova chámase Esther pero estivo todo o ano de baixa como quen di. E viñeron outros profesores, un chamábase Pablo, que explicaba moi ben, e o que temos agora chámase Alberto e estamos todos moi contentos con el.
Carlos Sanjurjo. “De volta ao pasado” Aínda que estiven pouco tempo neste colexio, gustoume moito. De feito é mellor que o cole anterior. Un dos mellores momentos foi cando vin o proxector na aula, que me entusiasmou. Tivemos moitos profes: Esther, que estivo pouco tempo, Pablo e Alberto. Botarei de menos isto.
40
CURSO 2011-2012
Carlos Iglesias. “Lembranzas do meu colexio” Eu vin na metade do segundo trimestre, e a primeira profesora que tiven foi Isi. Tamén axiña fixen amigos: Daniel, Pablo, Kiko e tamén coñecía a un amigo que xa estivera no meu anterior colexio. En 6º tivemos una profesora que se chamaba Esther, tivémola durante un trimestre, pero botabamos de menos a Isi. No segundo trimestre Esther enfermou, primeiro estivo 15 días, pero leva moitas semanas… O substituto que nos tocara chamábase Pablo, pero logo dun tempo volveu Esther e botamos moito de menos a Pablo. Unha semana despois veu outro substituto que se chama Alberto; agora con este profe estamos a preparar unha canción para fin de curso. Tamén en 6º veu un alumno novo, era un amigo xa, porque viña do meu antigo colexio, da mesma clase ca min, chámase Carlos e xa eramos amigos
Milka. Miña vida no cole Cando cheguei ao cole en segundo, coa profesora Marisol, nos ensinou moitas cousas, sobre todo nas clases de alternativa. Daquela só eramos tres persoas . Pasabámolo moi ben. Pasei a 3º e tocoume coa profesora FINA e agora xa non esta e eu a boto de menos.Tamén en 4º tocoume con FINA. Pasei a 5º e tocoume cunha profesora marabillosa chamada ISABEL. Quéroa un montón, é a profesora que todo o mundo merece. É boa explicando e tamén fisicamente. Pasei a 6º e ISI non estaba, non entendíamos por qué. Logo nos enteramos de que estaba no titoría de 3º. Tocounos con ESTHER pero só estivemos o primeiro trimestre, no segundo trimestre veu pero púxose enferma e chamaron a un substituto chamado Pablo, no terceiro trimestre volveu poñerse enferma e chamaran a outro substituto chamado ALBERTO e dende aquí ata que acabe o curso con ALBERTO ensaiando para o baile de fin de curso.
Junior. “O meu paso polo colexio” Dende os tres anos estiven neste colexio e vivín moitas cousas felices e tristes. Cando cheguei, non quería vir, non me gustaba o colexio pero pouco a pouco fun acostumándome a estar no cole e fun facendo amigos e como agora sempre xogabamos ao fútbol. En catro anos un bo compañeiro e amigo chegou ao colexio, Enrique, pero nese mesmo ano a nosa mestra María Luísa retirouse, foi unha das mestras que máis cariño lle teño. En segundo Milka chegou ao cole pero non ía na nosa clase, ía en terceiro. Cando pasamos a terceiro chegaron Aarón, Aïcha e Milka. Nese ano nos tocou con Fina, a nosa mestra durante dous anos. En cuarto todos xa tiñamos os nosos amigos e sempre estabamos cos mesmos e, como non!, nós sempre ao fútbol. Nese ano Fina retirouse, fomos o ultimo curso que tivo como mestra e creo que falo polo nome de todos cando digo que lle temos moitísimo aprecio. En quinto nos deron clase Isi a Natalia, nese ano fixen moitos amigos de sexto dese ano. En sexto tivemos unha gran tristeza ao decatarnos que Isi non nos ía dar clase. Substituíndoa nos deu Éster, aínda que só nos deu un trimestre. Despois chegou Pablo que nos deu outro trimestre e agora estamos con Alberto. Falo por todos cando digo que botaremos de menos a Natalia e Isi aínda que na clase non o demostremos moito. Neste colexio vivín moitos bos momentos, moita xente chegou pero tamén outra se foi. Pero estou seguro de que levaremos sempre dentro o Sanjurjo de Carricarte e todos os seus bos recordos.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
41
CURSO 2011-2012
Kiko. “Os meus anos no cole” Eu levo no colexio dende os 3 anos e agora vou en sexto. Nos cursos de 3 ou 4 anos recordo que fixera unha obra de teatro chamada “A ratita presumida”, eu fixera de narrador e levamos un premio. A min déronme un diploma á parte. As excursións de fin de curso normalmente son a granxas; nelas fixemos pan, queixo e noutra montaramos a cabalo. En cuarto tivemos unha excursión en veleiro dende o porto do castelo de San Antón ata Santa Cruz. Teño moi bos recordos das saídas aos museos, os xardíns de Méndez Núñez, a concertos e algunha que outra ópera. As festas do colexio son moi divertidas (o magosto, o Entroido, o día no que veñen os alfareiros...). Teño bos recordos de case todos os meus compañeiros cos cales pasei momentos divertidos nos recreos, nas clases, facendo traballos... Os meus profesores foron e son: María Luísa, Marta, Ángeles, Fina, Isi, Natalia, Esther, Pablo, Alberto, David, Ángeles (inglés), Manuel (ximnasia) e Carlos (relixión) dos cales me levo un bo recordo.
Carlos Añón. “Os meus recordos do cole”
Vou en 6º de primaria, aínda que cheguei tarde a este colexio, cheguei neste curso. Neste colexio aprendín moito, e teño moitos amigos. As profesoras son moi boas. Entre elas a profesora Natalia que nos dá Lengua Castellana e Lingua Galega. Natalia explícanos moi ben, e ten moita paciencia. Sempre nos di que debemos ser responsables. Natalia sempre nos pon moitos deberes. E tamén nos mira os carpeblocs. Xamais vou olvidar este colexio. É o mellor de todo o mundo e tampouco olvidarei os meus amigos. No primeiro trimestre tocounos de profe Esther, pero púxose enferma. Veu un substituto chamado Pablo e despois veu outro substituto chamado Alberto. Alberto explica moi ben. Para o ano que vén marcho para o instituto de Zalaeta.
Carolina. “Miña vida no cole” A miña vida no cole foi marabillosa, tiñamos moitos profesor@s fantásticos e compañeiros, os mellores!!!!!! Teño moitos recordos, tanto impresos como na mente. Eu quero dedicar esta redacción a todas as persoas que viñeron por algún motivo ao cole. Estes son os titores que me deron ao longo desta etapa: Mª Luísa, Marta, Eva, Marisol, Fina e Isi. Este ano foi un pouquiño revolto porque tivemos 3 profesores, Esther, Pablo e agora Alberto. O colexio sempre vai estar no meu corazón.
Kelvin. “A VIDA NO COLE” Hola,son Kelvin. Eu levo no colexio Sanjurjo De Carricate desde os tres anos. Agora xa vou en sexto e o ano que vén vou para o instituto. A nosa responsabilidade coma nenos de sexto é dar un bo exemplo aos nenos pequenos. Este ano é moi difícil, ademais é un lío, xa tivemos tres profes; a primeira foi Ester que se puxo moi enferma e só estivemos un trimestre e medio con ela, e a botamos moito de menos. Logo veu Pablo que é un profe moi enrollado pero Esther volveu porque pensou que xa estaba ben. Ao segundo dia Ester xa no podía máis, estaba moi enferma aínda e coma Pablo xa estaba noutro colexio veu outro profesor chamado Alberto que tamén me gusta moito. En quinto nos deu Isi que era una profesora moi simpática, divertida e que nos gustaba moito a todos. En cuarto deunos Fina, que boa!, e nos gustaba moito e nunca a olvidaremos, a veces vén visitarnos. E en quinto e agora en sexto a nosa profesora de lingua e lengua, Natalia, a directora do colexio, nós a queremos moito; ela leva a cabo todas as actividades do colexio. Todos estes anos que estiven no colexio o pasei moi ben e nunca olvidarei este colexio nin a os profesores. Neste colexio somos moi privilexiados porque temos cosas coma unha biblioteca con moitos libros e ordenadores que podemos utilizar e tamén no cole celebramos moitos festas, e temos un patio para os pequenos con columpios e un patio para os maiores cunha pista de fútbol
MIGUEL. “A MIÑA EXPERIENCIA DO SANJURJO DE CARRICARTE” Para os dous anos que levo neste colexio a miña percepción é boísima. Os compañeiros son normalmente bos e divertidos, os/as profes nos ensinan moito. A que máis me gustou das profes é Isi, que conseguía ter todo baixo control. Nestes cursos divertinme moito en ximnasia co profe Manuel, en informática con Natalia, Manuel e Isi. Tamén cos meus compañeiros no recreo. Unhas das cousas que me pareceron novas que non vira foi a pantalla dixital en moitas aulas e a biblioteca tan colorida e variada.
Eu sentinme moi ben neste colexio tan completo.
O VOCEIRO DE HÉRCULES PABLO. “RECORDOS DO PASADO” Cando era pequeno acórdome que na clase case sempre só se xogaba, tamén había dous recreos nos que tamén xogaba moito, o que máis me gustaba do recreo era un recuncho con area que había antes. Acórdome da profesora María Luísa, que era unha profesora coa que faciamos moitas obras de teatro e iso gustábame, era a profesora de catro anos.Tamén me acordo da profesora Marta de cinco anos, era moi divertida e nos contaba contos, do que máis me acordo dela é que ao final de curso nos regalou unha torta de chuches moi ricas. Agora vou en sexto, neste curso tiven xa tres titores, xa estou no último trimestre e aínda non quero deixar o cole, gustaríame ir ao instituto e ter máis amigos e experimentar todas as novas materias, agora estou moi impaciente por saber se me quedo aquí ou paso para o instituto.
42
CURSO 2011-2012
DANIEL. “RECORDOS DO COLE” Eu son Daniel. Gustaríame volver a ver a Patricia, era moi boa compañeira. Charo era a miña profesora de ximnasia. Fina a mellor profesora de 3º e 4,º na miña opinión. Despois foi Isi; aínda que nos deixara en 6º , en 5º foi unha gran profesora e uns cursos antes Marisol. Estes son os meus agradecementos. Síntome moi afortunado por ter tido eses profesores. E uns profes moi especiais de 6º: NATALIA e ALBERTO. E, sobre todo, Ángeles, grazas por ser tan esixente.
ROBER. “A MIÑA VIDA NO COLE” Eu cheguei ao cole con 3 anos. Cando eu cheguei tiña medo porque non coñecía a ninguén, pero os nenos deste cole e as profesoras son coma unha segunda familia para min. Sobre todo aos nenos que estiveron comigo dende os 3 anos ata os 11, que son coma os meus irmáns. O que tamén me dá tristeza é que eu vou aos Salesianos e ninguén vai ir, dáme unha sensación de que me quitan á miña familia. Eu no cole vivín moitas cousas pero direi só algunhas. Cando tiña tres anos fixen unha obra de teatro cos meus compañeiros da ratiña presumida que foi un éxito. Rapidamente agora pasarei a 5º. En quinto xa non nos daba Fina que era unha profesora incrible. Isi tamén foi unha profe incrible que eu polo menos non olvidarei nunca. Natalia, que todos queremos moito, aínda nos segue dando clase. É unha das profes que máis se botará de menos. En sexto Isi xa no nos daba, veu unha mestra chamada Esther pero enfermou e veu un profe chamado Pablo que explicaba moi ben e era moi bo. Pero Esther volveu e Pablo tivo que irse. Esther volveu a enfermar e veu Alberto que é moi bo e explica ben. Cando eu me vaia do cole poñereime moi triste porque pode que non vexa a os meus compañeiros moi a miúdo e será moi raro. Este colexio é o mellor. A min fíxome ser mellor persoa e ensinoume moitas cousas. Eu non olvidarei a ninguén do colexio porque sempre para min serán coma a miña familia.
ANA. A vida na escola
Eu levo no colexio dende os 3 anos. A miña impresión da escola é moi boa xa que está moi avanzada en tecnoloxía. Cando eu era pequena tiven moitos recordos dos profesores e dos compañeiros aínda que algúns compañeir@s viñeron ao cole, pero despois duns anos marcharon. Con algunhas compañeir@s fíxenme moi amiga delas pero marcharon e a min deume moita pena. En primaria foron vindo máis nenos e tamén foron os nosos amigos, para algúns os mellores. Tamén tivemos moitas profes moi boas. No colexio celebramos moitas festas como o magosto, o Entroido etc .En cada unha destas festas sempre facemos como un mini espectáculo que é moi divertido. No magosto comemos castañas asadas que están moi boas. Os profes gravan en vídeo os espectáculos dos nenos para logo, a finais de curso, vendelos ás familias. Así cando os rapaces se vaian do colexio, terá un recordo deses días e dos compañeiros.
ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
O VOCEIRO DE HÉRCULES
43
CURSO 2011-2012
GAÑADORES DO III CERTAME LITERARIO
“XANELA” .
O VOCEIRO DE HÉRCULES
44
CURSO 2011-2012
Categoría especial: “O CARACOL FERNANDO” Autor: Román Cordero Bentos-Pereyra
HABÍA UNHA VEZ UNHA BRUXA VERDE QUE PEGABA AO CARACOL FERNANDO CANDO O VÍA. FERNANDO TIÑA MEDO DE PASAR POLA COVA DA BRUXA.
FOI XUNTO Á SUÁ NAI E DÍXOLLE: - ¡ MAMÁ, AXÚDAME! MAMÁ LLE DIXO: - NON TE PREOCUPES. EU VOU CONTIGO A FALAR CON ELA.
A MAMÁ DÍXOLLE Á BRUXA: - ¡BRUXA MALA! POR QUE LLE PEGASTE A FERNANDO? ISO NON SE FAI. LÁRGATE DE AQUÍ E NON VOLVAS.
A BRUXA DIXO: - O SINTO MOITO, TES RAZÓN. PERDÓAME FERNANDO. E A BRUXA FOI VIVIR A OUTRO LUGAR. O CARACOL FERNANDO QUEDOU FELIZ COA SÚA MAMÁ.
O VOCEIRO DE HÉRCULES
Conto Accésit: “O RATO DOS LONGOS BIGOTES” Autor: Pablo Ymia Fernández
45
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
Conto premiado: “ESCAMOTAS PÉRDESE” Autor: Marcos Moradillo Sebastián
46
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
47
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
48
Banda deseñada Accésit: “A VIAXE DE PARÍS E “A CORUÑA” ” AUTORA: Alba de Luz Pérez
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
49
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
50
Banda deseñada premiada: “A MAXIA DA PINTURA” Autora: Anna Schmelz Collado
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
51
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
52
CURSO 2011-2012
Texto teatral premiado: “O CHAL DA MONNA LISA” Autora: Aïcha Villaverde Ríos (6º EP)
MONNA LISA : Boa, guapa, persistente e terca .
LEONARDO DAVINCI : Intelixente, obedente, bo e cómplice .
GARDA: Dilixente, forte e cumpridor .
PERSOAXES SECUNDARIOS : Dous cadros e dúas esculturas .
O VOCEIRO DE HÉRCULES
53
CURSO 2011-2012
(Están no lugar onde foi pintada a Monna Lisa)
MONNA LISA: Ben, Leonardo, xa podes dar a primeira pincelada.
LEONARDO DAVINCI : Non sei, vexo algo raro. A primeira vez que te pintei... Non levabas un chal gris?
MONNA LISA : Si! É verdade, onde o deixaría?
LEONARDO DAVINCI : Miremos por algúns dos cadros do Louvre
(Péchase o telón e cámbiase o fondo do cadro polo fondo dun museo) (A Monna Lisa achégase á encaixadora)
MONNA LISA : Perdoa, viches o meu chal gris?
A ENCAIXADORA : Non, o único que vexo é a miña agulla, non vexo ningún chal señora!
MONNA LISA : Ben, aquí non houbo sorte.
LEONARDO DAVINCI : Tes razón. Miremos neste cadro
O VOCEIRO DE HÉRCULES
54
CURSO 2011-2012
(Entran no cadro) LEONARDO DAVINCI : Perdoen , viron o chal gris da Monna Lisa?
SANTOS DE XERÓNIMO : (Os dous á vez encollendo os ombros) Non, aquí non vemos o seu chal gris, señora.
MONNA LISA : Ben, aquí tampouco houbo sorte.
(Ven a estatua de Venus de Milo)
LEONARDO DAVINCI: Perdoe, viu vostede un fermoso chal gris?
VENUS DE MILO : Non, só vin o meu fermoso cabelo
(Achégase o garda con cara de enfado)
GARDA : Señoritos, volvan á súa pintura!
(O Garda agarra fortemente aos dous e péchase o telón)
(Cámbiase o fondo e ponse a paisaxe da Monna Lisa)
MONNA LISA : Pois volveremos saír!
O VOCEIRO DE HÉRCULES
55
CURSO 2011-2012
LEONARDO DAVINCI : Imos, eu axúdote. (Pon cara de forte e saca á dama) (Vólvese a cambiar o fondo e ponse de novo o do Louvre) (Aproxímase a unha estatua)
MONNA LISA :Perdoe, viu vostede un chal gris?
VICTORIA DE SAMOTRACIA : Si, un fermoso chal gris. Fíxese, téñoo nese cadro que está diante de min.
(A estatua sinala o cadro da Monna Lisa)
VICTORIA DE SAMOTRACIA : Eu vexo o chal gris, pero non vexo a fermosa dama con el .
MONNA LISA : 500 anos neste cadro metida e non me din conta de que mo deixei na cadeira!
LEONARDO DAVINCI : Dende logo, coma na casa en ningún sitio!
GARDA : E é como debe ser!
(Péchase o telón) Aïcha Villaverde Ríos (6º)
O VOCEIRO DE HÉRCULES
56
CURSO 2011-2012
O VOCEIRO DE HÉRCULES
57
CURSO 2011-2012
ÍNDICE Editorial …………………………………………………………………… páx 2-3 A clase dos LOBOS …………………………………………………... páx 4-7 A clase das TOUPAS ………..………………………………........... páx 8 -13 A clase dos DINOSAURIOS ………………………………………. páx 14-17 Os traballiños de primeiro curso ………………………………….. páx 18-20 Os traballiños de segundo curso ………………………………….. páx 21-24 Os traballiños de terceiro curso ……………………………………. páx 25-30 Os traballiños de cuarto curso …………………………………….. páx 31-34 Os traballiños de quinto curso ……………………………………. páx 35-38 Os traballiños de sexto curso ………………………………………. páx 39-42 Gañadores do III Certame literario “Xanela”…………………… páx 43-55 Portadas finalistas ……………………………………………………. páx 56
O VOCEIRO DE HÉRCULES
58
CURSO 2011-2012
Coordina o Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración de todo o alumnado e o profesorado do CEIP SANJURJO DE CARRICARTE de A Coruña.
Portada realizada pola alumna de 4º curso de educación primaria:
ANTONELA BELÉN PENSADO DE LUCA
O VOCEIRO DE HÉRCULES
59
CURSO 2011-2012