Estimulación linguaxe ei

Page 1

ESTRATEXIAS PARA ESTIMULAR DENDE O FOGAR A LINGUAXE DOS NENOS E NENAS DURANTE A ETAPA DE INFANTIL

 Procurar

falar cunha pronunciación correcta

(para que o voso fillo ou a vosa filla teña

un bo modelo de linguxe).  Non é positivo imitar a súa linguaxe infantil nin

os seus erros

na pronunciación

dalgunhas palabras.  Cando teñan erros de pronunciación nalgúns

sons, a maneira de correxir ao neno é

facilitarlle o modelo axeitado. Por exemplo: “quero un pátano”. O adulto debe decir. “Vale agora che dou un

plátano” ou “toma aquí tes o plátano”.  En caso de correxilos/as os erros debe facerse unha vez soa en cada ocasión.  É bo deixar que se expliquen, non se debe intentar falar por eles.  Estruturar correctamente as frases. E esixirlle ao neno/a que tamén o faga.  Se se observa algún problema físico na boca comentádello ao pediatra.  É moi favorable facer xogos de discriminación auditiva como: 

Adiviñar a que corresponden os sons (imitar animais, teléfono, deixar caer as chaves…)

Xogar a “cazar” sons de letras, por exemplo, cada vez que se oia o son “RR” en unha palabra, levantamos a man.

 É moi positivo xogar con trabalinguas, xogar con rimas.  Pódese xogar tamén a decirlle algunha frase de 3 ou 4 palabras desordenadas e que o neno ou nena a diga de maneira ordenada. * Recordade que o contorno familiar é o mellor modelo que teñen os alumnos/as de como se debe usar a linguaxe. Por tanto falar correctamente, sen gritar, despacio, con frases comprensibles e ben ordenadas van a ser estratexias moi favorables para a estimulación da linguaxe do voso fillo/a.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.