IES AS LAGOAS_CURSO 2017/2018
GUÍA DE LECTURA
I. FICHA BIBLIOGRÁFICA CAJARAVILLE, Héctor Denébola a Roxa Baía Edicións Col. Meiga Moira, 29 A Coruña, 2016 197 pp. PEDREIRA, Ana (ILUSTRADORA) Premio Meiga Moira 2016
II. FICHA DE ANÁLISE 1. VOZ NARRADORA: Narrador omnisciente en 3ª persoa.
2. ESPAZO: I. Galicia: O Barbanza (pazo dos Mourentán) – Santiago (convento das monxas clarisas). II. Viaxe de Santiago a Sevilla: Santiago (convento de Santa Clara) – Pontevedra (convento de Santa Clara) – Tui – Braga – Castelo Branco – Estremadura Sevilla III. América - Diversos portos do Caribe. A Habana, Porto Mariel, Illotes Hueso e Boca Chica, illotes das Marquesa, Península da Florida, Gran Bahama, Portobelo (Panamá) IV. Viaxes comerciais entre América e Europa: Veracruz-Lisboa, Gaia (Portugal) V. Galicia: Pontevedra, Ribeira, Barbanza, pazo dos Mourentán (a 4 ou 5 horas de camiño desde Ribeira) VI. Cartago (Costa Rica): Villa Betelgeuse. 1
IES AS LAGOAS_CURSO 2017/2018
GUÍA DE LECTURA
3. TEMPO: • Tempo externo: século XVII (1599 –1607) ➢ Datas concretas: 31 decembro 1599 – 15 marzo de 1600 - 5 outubro de 1600 – xaneiro 1607… ➢ Outras referencias temporais: Fabián: 7 no inicio – 15 anos no remate. O reinado de Filipe III.
•
Tempo interno: a acción transcorre ao longo de varios anos. Comeza en decembro do ano 1599 e vai avanzando ata o seu remate, oito anos despois. Ao longo da novela hai numerosas referencias ao paso do tempo: “nestes dous meses pouca destreza conseguín” (páx. 39). “naqueles meses, o mozo Mauricio converteuse no mellor amigo de Denébole” (páx. 99), “fixeron falta dous meses para desenvolver a idea que Denébola lle espuxo ao Finés” (pá. 107). Tamén datas concretas que van marcando o avance temporal: “5 de outubro de 1600, sesenta e cinco días despois de partir desde Sevilla” (páx. 50) . “Era o 1 de marzo de 1601, festividade de San Rosendo” (páx. 111). “A finais de 1603, só dous anos despois de poñer en marcha a empresa” (pá. 155). “Naquel xaneiro de 1607” (páx. 168). “Só pasaran sete anos desde a última vez que puxera o pé fóra dela -a súa casa-” (páx. 177) Tamén alusións a un tempo pasado anterior ao comezo da historia (analepses): “O ano pasado chegaron outras dez clarisas” (páx. 53). Tamén a historia do barco pirata do Finés no capítulo 8 (“Piratas contra piratas, páx. 8384): “Aquilo acontecera no verán de 1590, dez anos antes de que o capitán pirata….”.
4. PERSONAXES -Protagonista: Denébola a Roxa. Caracterización física: cabelo roxo, idade (15 a 23 anos) Caracterización independente….
psicolóxica:
intelixente,
afouta,
valente,
2
IES AS LAGOAS_CURSO 2017/2018
GUÍA DE LECTURA
-Personaxes secundarios: • A familia de Denébola: o pai (Afonso Mourentán), a nai (Catarina), os irmáns (Fabián, Fernando, Afonso). Aia Estevaíña • As monxas (as de Santiago —madre Suceso, Sor Tránsito/Briolanxa, Sor Consolación/Denébola, sor Veneración—, as da Habana —madre Benilde—, as de Pontevedra —Sor Prudencia/Mencía—) / o padre Melchor. • Os piratas: O Finés, Marcus, Bunda o africano, Liam o cociñeiro irlándes, o vello Mustafá, Mauricio, Esplandián…
5. ESTRUTURA EXTERNA: ❖ Presentación bio-bibliográfica do autor. ❖ Dedicatoria. (“A todas as mulleres que renegan de que o seu destino estea escrito nas estrelas”) ❖ Mapa do Caribe. ❖ 16 capítulos con número e título. Divididos en varios bloques separados por tres asteriscos.
6. ESTRUTURA INTERNA: • Introdución (capítulo 1): presentación de Denébola e da súa familia. • Nó. Conflito (capítulos 2-16): convento –América –piratas – capitá pirata. • Desenlace (último bloque do capítulo 16): Cartago (Denébola decide como quere que sexa a súa vida) 7. TÍTULO: nome e alcume (caracterización física) da protagonista. Prexuízos e supersticións. 8. TEMAS: situación da muller no século XVII (papel secundario, obrigada obediencia ao pai, a imposición do convento), o amor entre irmáns, as guerras (de Flandres), a aventura, a explotación dos recursos americanos -o ouro-, o intercambio de produtos entre América e Europa,… 3
IES AS LAGOAS_CURSO 2017/2018
GUÍA DE LECTURA
9. VALORES: a importancia de contar cunha boa formación (a lectura, a universidade Fabio-); a necesidade de acadar a independencia persoal e de escoller o propio camiño; o respecto á identidade sexual. 10. REFERENCIAS HISTÓRICAS • Grace O’Malley: Muller pirata da Irlanda do século XVI (páx. 95) • Os reis Filipe II e Filipe III. • A Casa de Contratación de Sevilla (xunto con Cádiz, ostenta o monopolio do comercio oficial con América) 11. NOVELA DE AVENTURAS / NOVELA DE VIAXES / NOVELA INICIÁTICA ✓ Aventuras: Historia de piratas (perigos, tesouros, abordaxes) ✓ Viaxes ultramarinas. Illas do Caribe. América-Europa. (Paisaxes, costumes) ✓ Novela iniciática: Denébola adquire experiencias que a axudan a madurar e acadar os seus obxectivos (viaxe exterior / viaxe interior) 12. ACTIVIDADES 1. Elabora una descrición de Denébola que presente os datos identificativos (quen é?) no primeiro parágrafo; os aspectos físicos (como é?) no segundo; e trazos de personalidade (como se comporta?) no terceiro. 2. Redacta a valoración persoal do libro seguindo estas indicacións: ✓ No primeiro parágrafo (presentación da obra): título subliñado, autoría e editorial máis síntese do argumento sen desvelar o final. ✓ No segundo parágrafo: argumentación da opinión persoal, dando resposta a cuestión como: por que me gustou? Que aprendín? Que me pareceu interesante? Que me sorprendeu? Que me emocionou? Con que o relacionei?
Non esquezas anotar os teus comentarios no blog da biblioteca: http://unhalagoadelibros.blogspot.com. Localiza o libro na sección "Os lectores opinan" e comparte a túa valoración desta novela.
4