VELAÍ VAI O PAPAVENTOS - Guía de lectura

Page 1

Celia Díaz Núñez


Tamテゥn dispoテアible en formato e-book en Amazon

BOOK TRAILER de Celia Parra Dテュaz (en Youtube e Vimeo)

Pテ々INA DE FACEBOOK: velaivaiopapaventos


ÍNDICE 1. PRESENTACIÓN DA OBRA ............................................................................................ Ficha bibliográfica ............................................................................................................ A autora ................................................................................................................................. A ilustradora .......................................................................................................................

2 2 2 2

2. ANTES DE LER ................................................................................................................... A portada .............................................................................................................................. O título ................................................................................................................................... Sinopse .................................................................................................................................. As ilustracións ....................................................................................................................

3 3 3 3 3

3. COÑECEMOS A OBRA ...................................................................................................... Obra teatral ......................................................................................................................... Personaxes .......................................................................................................................... Espazo .................................................................................................................................... Tempo .................................................................................................................................... Temas e valores ................................................................................................................. Cancións e recitados ........................................................................................................

4 4 5 5 5 6 6

4. ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA .......................................................

7

5. OPINIÓN ...............................................................................................................................

7

6. ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL ....................................................................... Lectura silenciosa ............................................................................................................. Lectura en voz alta ........................................................................................................... Lectura dramatizada ....................................................................................................... Representación .................................................................................................................. Teatro de monicreques ..................................................................................................

8 8 8 8 8 9

7. OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA ................................................................... Debuxos ................................................................................................................................ Cómic ..................................................................................................................................... Marcapáxinas ..................................................................................................................... Broches e colgantes ......................................................................................................... Monicreques ....................................................................................................................... Papaventos ..........................................................................................................................

10 10 10 10 10 11 11

8. OBRADOIRO DE ESCRITURA ....................................................................................... Contos .................................................................................................................................... Diálogos teatrais ...............................................................................................................

12 12 12

9. OBRADOIRO MUSICAL ...................................................................................................

12

10. PASATEMPOS ....................................................................................................................

13

11. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS ......................................................................................

14

12. SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS..........................................................

16


1. PRESENTACIÓN DA OBRA FICHA BIBLIOGRÁFICA Autora: Celia Díaz Núñez Ilustradora: Marina Seoane Pascual Autoedición Ano de publicación: 2014 Lugar de publicación: Ourense Número de edición : 1ª Número de páxinas: 63 Xénero: Teatro. Idade: A partir 10 anos. ISBN:978-84-616-8769-5 Distribúe: Consorcio Editorial Galego

A AUTORA Celia Díaz naceu no Páramo en 1961. Licenciada en Filoloxía GalegoPortuguesa, Filoloxía Hispánica e Maxisterio, exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura. Foi tamén profesora de Didáctica da lingua galega na Universidade de Vigo e actualmente imparte clase no Máster de Intervención multidisciplinar na diversidade en contextos educativos. Ten publicadas varias obras de literatura infantil e xuvenil: Adeliña (premio I Premio Pura e Dora Vázquez 2004), Rugando ((IX premio Pura e Dora Vázquez 2012). Tamén a obra teatral Cataventos e cía. Ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta (Premio Barriga Verde de Teatro de monicreques para nenos., 2004. Baía Edicións). É tamén autora de relatos, obras de ensaio e materiais didácticos. Páxina persoal

http://celiadiaz.net celia.diaz.716

Correo:

celiadiazn@gmail.com @CeliaDiazN

A ILUSTRADORA

Páxina persoal:

Marina Seoane (Madrid, 1957) é licenciada en Escultura pola facultade de Belas Artes de Madrid. Comeza a súa traxectoria profesional como ilustradora en 1980, traballando para numerosas editoriais. Ten publicados máis de 85 títulos en conto e novela e numerosos libros de texto. Tamén escribiu e ilustrou varios contos propios que foron publicados por Anaya, Bruño, San Pablo e Edimáter. Outra faceta artística é a realización de esculturas, tapices e monicreques. www.marinaseoane.com Correo: marina.seoane.pascual@gmail.com

Marina-Seoane-Pascual "

@Marina_seoane


2. ANTES DE LER A PORTADA A cuberta ou portado dun libro proporciónanos moita información acerca da obra que imos ler.  Describe a ilustración da cuberta.  Anota a información que transmite acerca da historia.  Fíxate expresión do papaventos. Como che parece que será o seu carácter? E o seu estado de ánimo nese momento?

O TÍTULO Tendo en conta o título e a imaxe da portada, cal cres que será tema da obra?  De que tipo cres que será a historia que se vai contar? Fantástica, de aventuras, misteriosa, arrepiante, simpática…?

SINOPSE Na contraportada podemos ler o resumo argumental da historia: Berto é un papaventos que soña con voar libremente, percorrer mundo e vivir aventuras. Coa axuda dos seus amigos consegue fuxir e inicia unha viaxe na que coñecerá seres amables e agarimosos, pero tamén outros violentos e crueis que porán en perigo a súa vida. Experiencias felices e adversas, mais sempre enriquecedoras que lle axudarán a coñecerse mellor a si mesmo e a valorar a importancia da amizade. Ver booktrailer: “Velaívai o papaventos”, de Celia Parra, en vimeo e youtube.

AS ILUSTRACIÓNS A beleza e plasticidade das ilustracións axudan a comprender a historia, enriquécena e compleméntana. Cal é a túa ilustración favorita? Que aspectos che resultan máis atractivos esteticamente? Identifica os personaxes representados.


3. COÑECEMOS A OBRA OBRA TEATRAL Velaí vai o papaventos é unha obra de teatro e, polo tanto, foi escrita pensando na súa representación sobre un escenario ante uns espectadores. A obra divídese en 3 actos. Cada acto, á súa vez, divídese en escenas. 

Completa o cadro co tema de cada escena:

Acto I -PRESENTACIÓNActo II -VIAXE-

Acto II -DESENLACE-

Escena 1 Escena 2 Escena 1 Escena 2 Escena 3 Escena 4 Escena 5 Escena 6 Escena 7 Escena 8 Escena 9 Escena 1

Berto quere voar Partida

Escena 2

Partida

Regreso

Nas obras de teatro, o diálogo é o soporte principal da acción. Mediante as súas palabras, coñecemos como son os personaxes, cales son os seus desexos e os seus problemas, cal é a súa relación cos outros personaxes. As anotacións ou didascalias son unha guía para a lectura e representación da obra. Consisten en indicacións dirixidas ao director teatral e aos actores e actrices que representen a obra. Informan acerca de: -O espazo e o decorado. -Os elementos escenográficos (pantalla, xogos de luces e sombras, etc) e de atrezzo necesarios para a posta en escena. -As entradas e saídas dos personaxes da escenario. -A xestualización e o ton de voz cos que os personaxes expresan sentimentos, emocións, etc. 

Analizade as anotacións da escena 1 do acto I.


PERSONAXES O protagonista principal desta obra de teatro é Berto, un papaventos que comparte o cuarto dos xoguetes de Antía cunha morea de compañeiros. Os seus mellores amigos son a boneca Carlota, o oso Celeste e o pallaso Tristán. Despois, irán aparecendo outros personaxes: Un cataventos, o vento, unha andoriña, o sol, unha aguia, unha nube, a lúa e as estrelas, unha bolboreta. Todos eles daranlle a Berto a oportunidade de vivir situacións emocionantes. 

Completade esta ficha coas características de cada personaxe

PERSONAXE: Trazos físicos Personalidade, carácter Desexos, temores, ilusións Relación co papaventos

ESPAZO Na obra combínanse espazos interiores e exteriores, ben diferenciados en cada acto. No Acto II trátase dun espazo itinerante. 

Completade a información deste cadro: Escenario/s

Acto I Acto II

Interior. Exterior

Acto III

Exterior

Descrición

TEMPO A historia transcorre nunha época indeterminada, que podería ser agora mesmo.  

Canto tempo cres que puido pasar desde o comezo? Pasado, presente e futuro combínanse. Completa este cadro:

Pasado: Acto I Presente

Acto II Acto III

Futuro

Remate da obra

As lembranzas de Berto. Que episodio anterior recorda? Cando sucedeu? COMEZO DA Que sucede? VIAXE VIAXE Canto tempo cres que dura? RETORNO Canto tempo cres que transcorreu desde a fin do acto I? Que sucederá despois do “Fin”? Como interpretas o título?


TEMAS E VALORES Voar papaventos é unha diversión que gusta por igual a nenos e a grandes. Nesta historia poñemos na pel de un e sabemos que é o que sente cando eleva o voo; coñecemos cales son os seus desexos e temores; vemos como aprende a ver o mundo coa ollada dos outros para comprendelos mellor e descubrir as súas ilusións, frustracións e esperanzas. Os temas principais desta historia son:

A viaxe como fonte de aventuras, non sempre agradables, pero sempre enriquecedoras. Unha viaxe iniciática que lle fará vivir experiencias importantes e que lle axudarán a crecer e desenvolver a súa personalidade. O Berto que regresa non é xa o mesmo que partiu.  Que elementos simbólicos expresan a aprendizaxe?

A liberdade Berto expresa o seu desexo de voar. Séntese atado e pechado entre as catro paredes do seu cuarto e arela fuxir para sentirse libre e independente.  Fíxate na canción que pecha o Acto I.

A amizade A importancia dos amigos queda ben patente xa desde o acto I. Son eles os que lle axudan a Berto a cumprir o seu desexo máis intenso. E son tamén os amigos que vai atopando no camiño os que interveñen para que a súa viaxe sexa ventureira. Sen amigos, Berto non vería realizados os seus soños, nin tería con quen compartir a súa felicidade ou a súa dor.  Quen é o mellor amigo/a de Berto? Por que?

A natureza O papaventos expresa moitas veces o abraio ante a fermosura da paisaxe que contempla desde o ceo, aprendendo tamén a respectala e protexela.  Fíxate na escena 1 do Acto III e identifica os lugares concretos visitados por Berto.

Os soños Berto deixa claro a importancia dos soños: nunca hai que renunciar a eles, senón que hai que esforzarse por realizalos.  Cal é o soño principal de Berto? E o de Carlota?

AS CANCIÓNS E RECITADOS As palabras dos personaxes van acompañadas en moitos momentos de cancións e recitados que lle dan ao texto dinamismo. A música e a danza poden acompañarse con variados instrumentos e converter a representación nun espectáculo musical.  

Localiza no texto unha cantiga de roda. Con que música a interpretarías? E os arrolos?

O voo do papaventos acompáñase de cancións, unha no remate do acto I e outro na fin do acto III.  Que idea principal transmiten? Que diferenza hai entre ambas?


ACTO I 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7.

4. COMPRENSIÓN LECTORA LLECTORALECTORA

Por que razón Berto non participa dos xogos dos compañeiros? Que soñou Berto? Por que está tan triste ao espertar? Que consello lle dá Carlota ao seu amigo? Como se sente Carlota ao ver a Berto erguer o voo? Cales son os desexos e proxectos de Berto cando comeza a viaxe? Que información transmiten as escenas que se proxectan na pantalla?

ACTO II 8. Quen é o primeiro personaxe aéreo co que se atopa Berto? Onde está? Por que se enfada co papaventos? Que personaxes o visitan para transmitirlle noticias? 9. O vento é un personaxe moi fachendoso. Por que? 10. A onde se dirixe a andoriña? Con quen viaxa? Que experiencia comparte con Berto? 11. Que papel desempeña o sol en relación co papaventos? 12. O sol actúa como un axente protector. Por que? 13. A aguia é o personaxe máis malvado da obra. Que sentimento experimenta ao ver a Berto? Como actúa ante el? Que dano lle provoca? 14. Que personaxe salva a Berto do grave perigo no que se encontra? 15. Mentres Berto dorme, que personaxes velan o seu sono? Quen o arrola? Que soña Berto? ACTO III. 16. Por que Berto non atopa inicialmente a Carlota? 17. Carlota, unha vez máis, actúa como unha gran amiga. Por que? 18. Que soño comparten Berto e Carlota? Conseguen realizalo?

      

5. OPINIÓN LLECTORALE Que che pareceu a historia? Cal é a escena que che gustou máis? Cal é o personaxe máis simpático? CTORAE o máis antipático ou malvado? Que che pareceu máis interesante? Que cambiarías da historia? Como interpretas o desenlace? Que queres que sucederá no futuro? Relaciónao co título. Debate sobre algún tema da historia (a amizade, a importancia da liberdade, necesidade de esforzarse para conseguir os soños...)


6. ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL LECTURA SILENCIOSA Le en silencio o texto para achegarte á historia e aos personaxes. Consulta as palabras das que non coñezas o significado.

LECTURA EN VOZ ALTA Ler coa entoación e a expresividade adecuadas ao contido do texto é fundamental para comprender adecuadamente o texto e para que os que escoiten interpreten correctamente a mensaxe. Lede colectivamente algunha escena, repartindo os personaxes. Alguén debe ocuparse tamén de ler as anotacións para visualizar mentalmente as accións que os personaxes realizan. Poden gravarse podcast para rexistrar as intervencións e valoralas posteriormente.

LECTURA DRAMATIZADA Escollede unha escena e realizade unha lectura dramatizada. Traballádea en grupo, léndoa en voz alta, fixándovos na xestualización e entoación que corresponden. A palabra será a ferramenta fundamental, por iso debedes traballar ben a voz e proxectala para que soe co ton adecuado a cada situación (agarimoso, potente, ameazante...) Caracterizádevos con vestiario e maquillaxe. Unha vez ensaiada, presentádea ao resto do grupo.

REPRESENTACIÓN TEATRAL Que mellor remate de lectura que a representación da obra sobre o escenario? Trátase dun labor complexo, que require un bo reparto de tarefas pois hai traballo para todos. 1. Caracterización dos personaxes Fixádevos ben nas anotacións e escribide como debe ser o vestiario e a maquillaxe, anotando entre parénteses as palabras do texto que así o indican. Poden engadirse outros elementos que contribúan a caracterizar o personaxe. Pode cubrirse unha ficha para cada personaxe con todas as indicacións que serán seguidas polo equipo encargado da maquillaxe, peiteado, etc. Carlota

Vestiario

Maquillaxe

Roupa vella (Leva un vestido esfarrapado. Fáltalle un zapato)

(Cabelo alborotado)


2. Escenografía Fai referencia a todos os elementos visuais que conforman a escenificación: decorados, atrezzo, iluminación. Escenario Escena 1 Acto I Escena 2

Atrezzo

Iluminación

Interior Baúl, caixas, xoguetes (coche, Cuarto dos xoguetes chapeu, pelota), chifre Unha ventá no lateral xigantesco, pesas Proxección na pantalla do voo de papaventos

penumbra

3. Música Identificación dos elementos sonoros das distintas escenas: música, cancións, bailes. Elección dos elementos sonoros adecuados en cada caso. Música Escena 1 Acto I

Escena 2

Sinfonía dos xoguetes, de Mozart Música leda

Canción

Baile

Canción de roda Canción do papaventos

4. Actores Logo do reparto de papeis dos actores e actrices que representarán os distintos personaxes, cómpre aprender o texto e ensaialo repetidas veces. Tamén hai que practicar as entradas e saídas de escena e interactuar cos outros actores e actrices. 5. Director/a É a persoa que controla a montaxe da obra, supervisa, unifica todos os aspectos da produción. Guía os ensaios e está atento ao movemento dos actores, a calidade das súas voces, a iluminacións... e propón todas as modificacións ou melloras necesarias para obter o resultado desexado. Unha vez todo preparado, representade a obra no salón de actos do voso centro.

TEATRO DE MONICREQUES Tamén podedes representar a obra –ou unha escena concreta- con monicreques. Precisaredes un teatriño, os monicreques (mellor se os facedes vós). Tamén podedes debuxar fondos en cartolinas para suxerir os distintos espazos. Ou pode ser un teatriño de sombras, con axuda dunha pantalla. Gravade en vídeo a vosa representación.


7. OBRADOIRO DE CREACIÓN PLÁSTICA DEBUXOS, COLAXES Escollede o personaxe que máis vos gustou e representádeo coa técnica pictórica, o material e o formato que prefirades. Ou debuxade unha escena co fondo e os personaxes que nela interveñan. Expoñede os vosos debuxos na aula, nos corredores ou en calquera outro lugar do centro. Tamén podedes convertelo en imaxe dixital e realizar presentacións, álbums, etc.

MARCAPÁXINAS Con cartolinas de colores, rotuladores e materiais diversos (botóns, fíos, teas, arames...) podedes crear fermosos marcapáxinas para indicar o punto de lectura. Por un lado, o título do libro e unha imaxe que represente ao protagonista. Pola parte posterior, unha frase ou texto da obra que recolla o sentido global da historia.

CÓMIC Convertede unha escena en cómic. A obra ten un total de doce escenas. Repartídeas entre toda a clase e entre todos poderedes crear un novo libro.

BROCHES E COLGANTES Con fíos e doas de colores, podedes crear colgantes, broches, pulseiras, chaveiros, ou outros elementos, deixándovos guiar pola imaxinación. Algúns exemplos.

Ver vídeo explicativo:

http://www.youtube.com/ watch?v=82f9pr0c6ZI:


MONICREQUES Cartolinas, teas, feltro, goma eva, fíos, las, doas de colores... son os elementos que precisaredes para crear os personaxes desta historia. Poden ser monicreques de man, de dedo, de guante, de variña... Poden ser siluetas recortadas e pegadas a unha variña.

Vídeos:http://www.youtube.com/watch?v=van1cBzWT4E

PAPAVENTOS E por que non vos atrevedes a construír os vosos propios papaventos? Só precisaredes un par de finas variñas, unha bolsa de plástico ou un anaco de papel, fío, tesoiras, lazos e pegamento.

ver vídeo explicativo: http://www.youtube.com/watch?v= x4mAdeizZkw

Despois aproveitade un día de vento e botádeos a voar, deixando que axiten alegremente os seus lazos de cores.


8. OBRADOIRO DE ESCRITURA CONTOS Transformamos o texto teatral nun conto que recolla os elementos argumentais principais desta obra. Unha vez finalizado, transcribídeo en varias páxinas e ilustrádeas con debuxos ou outras creación plásticas (colaxes, recortables, etc.) e xa tedes o voso propio conto ilustrado. Inventade un conto protagonizado por un dos personaxes secundarios desta historia: un cataventos amarrado a un tellado, unha aguia que coida do seu niño, unha nube viaxeira... Imaxinade o que senten.

DIÁLOGOS TEATRAIS Engadide un novo personaxe e creade unha nova escena para o Acto II. Pensade cal vai ser a súa relación con Berto (amizade, protección, rivalidade, enfrontamento...). Lembrade que o diálogo dos personaxes acompañarase das anotacións correspondentes a accións, tons de voz, etc.

Podedes converter as vosas creación literaria nun texto dixital (issu, calameo, lim, etc) e subilo ao blog ou facebook do centro.

9. OBRADOIRO MUSICAL Algunhas escenas levan un acompañamento musical. -Escoitade as composicións musicais indicadas. -Escollede outras adecuadas ao contido do texto. Creade un ritmo musical para as cancións e arrolos e interpretádeas acompañándovos dalgún instrumento musical. Representade a escena final, escollendo unha música que se adapte ao ton alegre e emotivo do desenlace.


10. PASATEMPOS ENCADEADO Localiza neste encadeado as palabras que corresponden ás definicións. Para axudarte, hai xa algunhas letras colocadas. 1. Suave coma o algodón, pode converterse nun leito agarimoso para botar unha soneca. 2. O protagonista desta historia. 3. Empoleirado no cume do tellado, procura estar ben informado de canto pasa polo mundo. 4. Prepotente e malvada, non quere que ninguén máis transite polo ceo. 5. Funga, bufa ou brúa, segundo lle pete. 6. Este Lourenzo é un tipo agarimoso que dá calor e lentura. 7. A amiga e confidente que todos quixeramos ter. 8. Ilumina o ceo nocturno. 9. A este pallaso gústalle facer trasnadas, como zurrichar auga aos compañeiros. Acompañan ao personaxe do número 8.

N

T

T

G T C

T U

S

A N

CANCIÓN Completa a canción de Berto: Son libre coma o v........... e podo ao fin v..........., ............... as miñas fitas o ancho ........... sucar.

V............... outras ......................., por todo o m..................... irei, ................................................, voarei, v....................


11. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS OBXECTIVOS XERAIS Disfrutar coa lectura dunha obra teatral. Desenvolver a expresión oral. Comprender o texto. Enriquecer o vocabulario. Crear textos literarios . Crear producións plásticas e musicais. Reflexionar sobre a importancia da amizade, a liberdade, o esforzo para acadar os soños...

COMPETENCIAS BÁSICAS Competencia en comunicación lingüística

Competencia cultural e artística

Autonomía e iniciativa persoal

Competencia social e cidadá Competencia dixital

Competencia para aprender a aprender

Utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita. Expresar emocións, vivencias e opinións. Formarse un xuízo crítico. Gozar escoitando, lendo e expresándose de forma oral e escrita. Coñecer, apreciar e valorar criticamente textos literarios Apreciar o feito cultural en xeral. Practicar recursos de expresión artística. Cultivar a capacidade estética e creadora. Adquirir valores e actitudes de responsabilidade, e autocrítica. Desenvolver a capacidade de elixir con criterio propio, propoñer proxectos e levalos adiante. Participar en proxectos colectivos e responsabilizarse para levalos adiante. Comunicarse en distintos contextos. Expresar as propias ideas e escoitar as alleas. Tomar decisións. Coñecer e usar diferentes ferramentas tecnolóxicas. Coñecer distintos soportes comunicativos: oral, impreso, audiovisual, dixital e multimedia. Adquirir conciencia das propias capacidades e das estratexias necesarias para desenvolvelas.


ÁREA: LINGUA GALEGA E LITERATURA OBXECTIVOS

CONTIDOS

PROCEDEMENTOS

Gozar coa lectura da obra

A literatura, fonte de diversión

 

Comprender o texto

O argumento ou tema principal A estrutura da obra Temas e valores

Elementos do texto dramático

 

Coñecer o texto dramático

 

Lectura expresiva. Representación da obra ou dalgunhas escenas. Identificación das ideas principais. Identificación das partes. Recoñecemento e análise dos temas e valores do texto. Recoñecemento das partes do texto teatral (actos, escenas) Diferenciación de diálogos e anotacións.

ÁREA: EDUCACIÓN ARTÍSTICA OBXECTIVOS 

CONTIDOS

Desenvolver a  capacidade de creación  artística    Coñecer os elementos  precisos para unha representación teatral.

Debuxo. Cómic. Marcapáxinas Monicreques. Papaventos. Escenografía.

PROCEDEMENTOS 

Creación de obras plásticas.

Creación de decorados, vestiario e maquillaxe para a posta en escena da obra.

TEMAS TRANSVERSAIS OBXECTIVOS  

Valorar o comportamento dos personaxes. Recoñecer actitudes positivas e negativas nas relacións interpersoais.

CONTIDOS     

A amizade. A liberdade. O valor do esforzo. respecto polos demais. amor pola natureza.

PROCEDEMENTOS  

Comentario dos temas principais da obra. Debates sobre os valores que transmite.


12. SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS TEMAS: Acto I -PRESENTACIÓNActo II -VIAXE-

Acto II -DESENLACE-

Escena 1 Escena 2 Escena 1 Escena 2 Escena 3 Escena 4 Escena 5 Escena 6 Escena 7 Escena 8 Escena 9 Escena 1

Berto quere voar. Axuda dos amigos. Partida. Ilusión. Encontro cun cataventos moi ben informado A provocación e burla do vento. Voo en compañía do vento. Encontro coa andoriña viaxeira. O baño no mar. O sol agarimador Unha aguia airada e violenta Un sono reparador arrolado por unha nube maternal Viaxe de volta Regreso. Reencontro cos amigos.

Escena 2

Partida

ANOTACIÓNS DA ESCENA 1 DO ACTO I. Significado: -Anotación inicial: caracterización do escenario (iluminación, atrezzo), personaxes en escena, elementos musicais, -Movemento e xestualización dos personaxes: Carlota sae do baúl e enreda con Celeste. Celeste dá un chimpo. Os personaxes xogan. Tristán aperta unha flor. Fai flexións. Ponse en pé e comezar a bracear, imitando o voo dos paxaros. Achéganse todos. Baten palmas. Os catro corren. Danse unha aperta. Sinalando coa man. Etc. -Ton de voz, estado de ánimo, actitude: Contento e animoso. Cariñosa. Decepcionado. Comprensiva, Con tristeza.Entusiasmado. Burlándose. etc. -A dirección da conversa: Ao papaventos. A Berto. A Carlota. Ao público. -Elementos sonoros: aumenta a intensidade da música. Finaliza a música. ESPAZO Escenario/s

Descrición

Acto I

Interior.

Acto II

Exterior

Acto III

Exterior

Cuarto dos xoguetes de Antía. Hai unha morea de caixas, un baúl e unha ventá que dá á rúa. Espazo celeste. Escenario aéreo no que se van incorporando personaxes: un tellado, nube, sol, estrelas, lúa.. Unha rúa diante da casa de Antía. Hai un contedor de lixo e ao fondo a fachada da casa.

TEMAS E VALORES O traxe esfarrapado representa os perigos e dificultades vividas durante o voo. Aínda que os seus fíos estean rotos, Berto está satisfeito. “A miña pel está vella e estragada, pero o meu corazón está contento” Carlota dille que o seu corpo está esfarrapado, a pel esburacada e case non lle quedan lazos na cola. Berto di que mereceu a pena porque a súa pel está vella e estragada pero o seu corazón está contento. Carlota é a amiga perfecta: agarimosa, escoita con interese as confidencias e está sempre disposta a satisfacer os desexos dos amigos. Os cumes máis altos. Lagos e ríos. O mar. Carballeiras. Outeiros. Solpores. Prados. Bosques... O soño de ambos é viaxar e ver mundo. CANCIÓNS E RECITADOS As cancións do remate do Acto I e do Acto III expresan o voo feliz do papaventos, que voa en liberdade. Na canción primeira, Berto voa en soidade. Na última voa acompañado de Carlota, por iso os verbos están en plural.


PERSONAXES -Carlota: unha vella boneca esfarrapada cun corazón inmenso. -Celeste: un oso de peluche durmiñón -Tristán: un pallaso que gusta de gastar bromas para facer rir aos seus amigos. -Un cataventos empoleirado no cume dun tellado, desexoso de coñecer as novas que suceden polo mundo adiante. -O vento, burleiro, gusta de demostrar os seus poderes. -A andoriña, viaxeira incansable dun continente a outro. -O sol, agarimoso e protector. -A aguia, fachendosa e prepotente. -A nube, amorosa e suave. -A lúa e as estrelas, que enchen de luz o ceo nocturno. -Bolboreta, compañeira silenciosa de viaxe. COMPRENSIÓN LECTORA 1. Papaventos está moi melancólico e triste porque desexa voar libremente. 2. Berto soñou que Antía o levaba a voar, el conseguía escapar e comezaba unha longa viaxe 3. Séntese frustrado porque todo foi un soño. 4. “Nunca hai que renunciar aos soños” 5. Emociónase e despideo cun poema recitado, desexándolle felices experiencias na viaxe. 6. Coñecer mundo, ver outras paisaxes, facer novos amigos 7. Estas escenas describen e resumen o percorrido de Berto. A través das imaxes proxectadas e das enumeracións, coñecemos os lugares que foi visitando e as experiencias vividas. 8. primeiro personaxe é un cataventos, empoleirado no cume dun tellado. Enfádase porque considera que Berto é un preguntón. Visítano a cegoña e o vento. 9. vento considérase moi importante porque sen el o mundo pararíase: os paxaros non poderían voar, os avións non se sosterían no aire, os papaventos non poderían desprazarse. 10. Voa cunha bandada de andoriñas en dirección a África. Berto ve por primeira vez o mar e báñase nas ondas. 11. sol actúa como un axente protector: seca o seu corpo mollado. 12. A aguia móstrase airada porque o seu espazo vital está sendo invadido por obxectos voadores que perturban a súa tranquilidade. Búrlase do papaventos e arráncalle varios lazos da súa cola. 13. Unha nube oculta a papaventos e consegue despistar a aguia. 14. A nube, a lúa e as estrelas velan o sono de Berto, mentres a nube o arrola. Berto soña cos seus amigos e decide volver a visitalos. 15. Carlota está tirada nun contedor do lixo. 16. Escoita interesada as experiencias de Berto, compadécese do seu sufrimento, repara o seu traxe estragado. 17. Os dous soñas con viaxar. Na última escena os dous saen collidos da man e inician unha longa viaxe xuntos.

ENCADEADO:

C

C

A G U I A

T

A

R

L U A E

V E N T O

S

N

U

E

N

T R I S T A N

A

R

B E R T O

E

O

S O L

E

L

A

S

CANCIÓN: Son libre coma o vento / e podo ao fin voar, movendo as miñas fitas / o ancho ceo sucar. / Verei outras paisaxes / por todo o mundo irei / viaxarei sen pausa / voarei / voarei.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.