Dร A DAS LETRAS 09 RECITADO DE 1ยบ ESO B IES SAN MAMEDE
ANTONIO NORIEGA VARELA O SOL E O MAR O sol e o mar á montaña ¡muito lle poden querer!, Coróalle o sol a testa e bícalle o mar os pés.
ANTONIO NORIEGA VARELA Tanto te escondiche, sol, que a duras penas te vexo; mais inda un raio che pido, rei da luz, ÂĄo derradeiro!, para que se rĂan os montes e se alegren os penedos.
LUÍS AMADO CARBALLO LÚA A lúa é velliña de brancos cabelos, de enrugas de ouro e de olliños cegos.
Envolveita en néboas hase de abrigar pois como vai vella tense de coidar.
Érguese do leito das foulas do mar palpando os espazos para camiñar.
Cando na outa noite brúa o temporal a lúa entre as tebras tápase a tremar.
Anda polo mundo sen ver a onde vai pois as estreliñas lévana da man.
E así que o mal tempo amainado vai asoma a faciana e espalla o luar.
MANUEL LUÍS ACUÑA O vento arrola luceiros no berce mol do luar. Teño de mercar o vento para teus ollos arrolar. O sol amoroso peita a bris azur do serán. Teño de mercar o sol para teus cabelos peitar. O sol. O luar. Teño de mercar o mundo. Teño de mercar o mar.
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO DEFINICIÓN A noite é o pranto do día, lágrima inmensa de sombra que escorre sobre a campía. O ventiño da mañán límpalle os ollos á aurora roxa de tanto chorar.
XULIO SIGÜENZA ESMOLA Vella de reuma e de anos A lúa quedouse cega. Anda a pedir polos ermos... ¡Leva de can unha estrela!
XULIO SIGĂœENZA SOL Sentado sobor do castro o sol que fica a folgar, coa palla do arco da vella bebe na cunca do mar.
MANUEL MARÍA O ARCO DA VELLA
O arco da vella no ceo chantado co seu colorín, co seu colorado.
O arco da vella no ceo subido co seu colorín, co seu colorido.
O arco da vella é un arco triunfal con sete guerreiros que a ninguén fan mal.
O arco da vella con sete colores que teñen, no ceo, beleza de flores.
O arco da vella de luz feito é. ¡Resulta un milagre que siga de pé!
MANUEL MARÍA O semáforo é un couso medio garda, medio monstro, medio espía. O semáforo é un ollo matemático, inflexíbel, inhumán, case terríbel. O semáforo é unha flor ateigada de ledicia, traspasada de color.
O SEMÁFORO
Os sinais do semáforo: verde-chumbo e vermellón ditan leis ao peón, ao turismo e ao camión. ¡O semáforo é unha luz, unha acesa claridade que ilumina docemente a tristura da cidade!
LUÍS PIMENTEL ENTERRO DO NENO POBRE Punteiros de gaita acompañábano. O pai, de negro; no mar, unha vela branca. Os amiguiños levábano. Non pesaba nada. Abaixo, o mar; o camiño no aire da mañá; El ía de camisa limpa e zoquiñas brancas. Os amiguiños levábano. Non pesaba nada.
HELENA VILLAR, XESÚS RÁBADE A LINGUA Chegou unha nena labrega coa boca cargada de mel á porta pechada da escola e non llo quixeron coller. Dicía: laranxa, pelouro, paxel, árbore, tixola, trepia, perixel. Volveu a meniña prá casa coa boca amarguexa de fel. ¡Coitado o meniño galego, se o mestre non fala como el!