DÍA DAS LETRAS 09

Page 1



Nace en Armea (Lรกncara, Lugo) o 31 de maio de 1915.


Rapaz reflexivo, aproveitaba os momentos de soidade, coma cando tornaba as vacas na Namela, para as súas conversas interiores.

Seu pai ensinoulle a ler, ortografía e as “catro regras”, antes de mandalo á escola, e Ramón practicaba a escritura cun garabullo ou unha palla mollada en auga.


En 1924 marchou a Lugo para estudar o bacharelato elemental e obter o título de bacharel. Descubriu tamén o pracer da lectura. Comezou por revistas infantís e novelas para rapaces e acabou mercando clásicos coma Dante ou Petrarca.

En 1928, con trece anos cumpridos, volve para Armea.


Interésase pola política tras asistir a un mitin de Lois Peña Novo en 1931 e participa na fundación das Mocidades do Partido Galeguista en 1932.


Tralo alzamento militar de xullo de 1936, vese obrigado a participar na guerra no bando franquista.


Rematada a Guerra Civil, comeza a estudar FilosofĂ­a e Letras en Santiago e dende 1943 participa na reorganizaciĂłn clandestina do Partido Galeguista e ponse en contacto cos nacionalistas vascos e catalĂĄns.


En abril de 1946 ĂŠ detido e permanece tres anos na cadea.


Ao saír establécese en Santiago de Compostela. Defende a loita cultural fronte á loita política e participa na auto disolución do Partido Galeguista.

Rúa Xelmírez, 15


En 1950 participa na fundaci贸n da Editorial Galaxia, que en pleno franquismo publica libros en galego sobre asuntos relacionados con Galicia.

Dirixiu a editorial e traballou nela ata 1966.


O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega co discurso titulado “As linguaxes e as língoas” que é contestado por Domingo García-Sabell, tamén membro de Galaxia.


Politicamente, tiña como obxectivo que todos os líderes galegos asumisen o galeguismo. Para iso mantén contactos cos representantes culturais e políticos de todos os partidos na clandestinidade, que non deixaron de pasar pola famosa “mesa-camilla”.


Coa chegada da democracia, forma parte do Parlamento Galego ao saír elixido deputado pola provincia d’A Coruña como independente nas listaxes do Partido Socialista de Galicia. Destaca o seu labor de relator da Lei de Normalización Lingüística de 1983.


N贸s, os galegos -e xustamente como galegos-, somos unha desas unidades naturais en que a Humanidade se realiza. Porque somos un pobo dotado dunha lingua e polo mesmo, dunha cultura, somos unha realidade orixinal dentro do patrimonio humano. Somos os responsables de que prospere ou fracase unha creaci贸n que a vida humana expresa a trav茅s de n贸s.


Podemos considerar a realidade humana como unha gran agra composta de moitas leiras, cada unha delas cos seus propios froitos. N贸s somos unha desas leiras. O noso destino -a nosa responsabilidade- 茅 cultivala e ofrecerlle os seus froitos orixinais ao patrimonio cultural humano.


En 1983 ĂŠ elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que desempeĂąou ata o seu pasamento o 27 de agosto de 1990.

En 1985 recibe a Medalla Castelao.


OBRA Céntrase, totalidade, saudade.

case na súa na filosofía da


OBRA Publicou numerosos artigos en Grial, onde asinou ás veces baixo o pseudónimo de Luís Veiga do Campo, así como colaboracións en obras colectivas e proemios de numerosos libros de Novoneyra, Masside, Méndez Ferrín, Lugrís...


OBRA A súa correspondencia publicouse en Cartas para os amigos, 1992 e Un epistolario de Ramón Piñeiro, 2000.


O pobo é a unidade natural de convivencia, a cultura é a súa forma e a lingua o seu vehículo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.