Andar ás apóutegas 18 edición

Page 1


andar as apoutegas.indd 1

07/11/2014 18:52:57


Andar ás apóutegas, de Rafa Lobelle, foi a obra gañadora da XVIII edición do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía, convocado polo Exmo. Concello da Estrada. O xurado estivo formado por: María Neves Soutelo, David Otero e Xosé Luna actuando como secretaria Noni Araújo.

andar as apoutegas.indd 2

07/11/2014 18:52:57


17 andar as apoutegas.indd 3

07/11/2014 18:52:58


andar as apoutegas.indd 4

07/11/2014 18:52:58


Rafa Lobelle

Andar ás apóutegas

EDICIÓNS FERVENZA

2014

andar as apoutegas.indd 5

07/11/2014 18:52:58


EDICIÓNS FERVENZA Director Editorial: XOSÉ LUNA SANMARTÍN Xerente / Administrador: MANUEL NÚÑEZ ESPIÑO

1ª edición novembro 2014 © do texto Rafael Lobelle González contacto autor: rflobelle@gmail.com © da edición: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, S.L. ilustración de portada e contraportada: Lucía Lobelle González DL: PO 639-2014 ISBN: 978-84-943036-0-9 Telfs.: 986 58 13 04 / 626 73 14 54 enderezo electrónico: info@edicionsfervenza.com GALICIA 2014

andar as apoutegas.indd 6

07/11/2014 18:52:58


a Rebeca, compás de estrelas no camiño das póutegas ós meus pais; labregos do tempo da fibra óptica, resistindo. a Lucía, que pintou poemas. ós amigos e amigas de mirada sincera porque tamén somos o que compartimos

andar as apoutegas.indd 7

07/11/2014 18:52:58


andar as apoutegas.indd 8

07/11/2014 18:52:58


Andar 谩s ap贸utegas

andar as apoutegas.indd 9

07/11/2014 18:52:59


andar as apoutegas.indd 10

07/11/2014 18:52:59


Abrente Apóutegas, póutegas, póutigas ai! meu ben… escorregadizas, fuxidías, pequerrechiñas sen pétalos cos que agasallar ao vento flor encarnada nada no cu do demo diminuto volcán con fol de veleno serea do monte que trabuca ao mariñeiro moeda do tesouro da illa Mel de raposo saborosa infernal alcachofa carnosa vagalume da noite bretemosa azafrán das apócemas afrodisíacas beizos carmesí da meiga chuchona ollo de sapo que viu dente de león dedos escamados da Xacia do río vieiro agatuñando o arco da vella cu de carriza fuxidía mel sen néctar peido de Nubeiro bola do dragón milagreiro luz dos novos tempos vou ás apóutegas 11

andar as apoutegas.indd 11

07/11/2014 18:52:59


I

Aviando o macuto

En los extravĂ­os nos esperan los hallazgos porque es preciso perderse para volver a encontrarse Eduardo Galeano

Un novo solpor anunciou a viaxe e fomos escuma na implacĂĄbel singradura de regresar partindo Rafa Villar

12

andar as apoutegas.indd 12

07/11/2014 18:52:59


Partida Na hora da partida eu son arela de min voarei como o paspallás na sega do centeo aviando o meu macuto de recantos para botarme a andar. Non hai panos das despedidas peiteando o ar Non hai falsos acenos ermos do adeus pasaxeiro só a friaxe nas papoulas enxoitas das miñas meixelas núas só os beizos resecos da xeada invernal e a tristura emigrante que navega no vento da fraga roéndome os pulmóns por dentro resistirei por enriba do bracuñar das pernas reflotando vellas promesas de palla naufragadas no bulleiro dos anos apertando ben contra o meu peito a túa foto en branco e negro partindo o silencio Coa fronte ergueita baixo o ceo borrallento da partida enxergarei o horizonte azul dende o fondo dos ollos son unha estampa do que dirán

13

andar as apoutegas.indd 13

07/11/2014 18:52:59


Precursores Ben o sabían vougo ben o sabían non eran babecos alí non había nada nada nada nada … … … e fórono buscar

14

andar as apoutegas.indd 14

07/11/2014 18:53:00


Horóscopo O futuro mantense aínda á espreita empolicado no alto das pólas da árbore pasada como anduriña viaxeira dos sete mares denantes de soltar amarras agardando que agromen no peito os xermolos dun novo sol senlleiro

15

andar as apoutegas.indd 15

07/11/2014 18:53:00


E = mc² Non somos o suficientemente conscientes da enerxía en repouso que contén cada corpo só polo feito de existir agardando a metamorfose agardando o preciso instante

16

andar as apoutegas.indd 16

07/11/2014 18:53:00


Muíño Eu camiñante cíclico como rodicio no inferno do muíño neste ronsel de cometa da auga batida que xira intacta luz e forza do meu andar como segorella para a moa

17

andar as apoutegas.indd 17

07/11/2014 18:53:00


Denantes Denantes de nacer o futuro xa estaba en min máis alá dos manidos tópicos presente, das escusas soñando un mar de peixes de ámbar soñando terras virxes de esmeralda ríos de diamante cruzando estepas do maxín a esperanza dunha vida xuntos soñaba Denantes de nacer choraba nos soños un pranto sen bágoas

18

andar as apoutegas.indd 18

07/11/2014 18:53:00


Alforxas Levaba a súa cara estampada no cartafol do colexio o póster na parede do dormitorio fondo de pantalla no móbil axenda escolar personalizada o seu corte de pelo as súas memorias obxectos fetiches as súas frases célebres no reverso dos cadernos e con todo de grande quería ser diferente

19

andar as apoutegas.indd 19

07/11/2014 18:53:00


Arañeira Seino ladran como eu ladrei atado á cadea non andan ás apóutegas viven na seguranza da retagarda pallas no palleiro ignorando a faísca. Ser só unha icona virtual unha máis unha pinga no vasto mar vivir na pantalla acesa da computadora. Cren que sigo aí Bruto á espera do seu César (virtual) afiando as coitelas da Revolución (virtual) mentres ignoramos a choiva que cae sobre os prados cunha maxia insospeitable

20

andar as apoutegas.indd 20

07/11/2014 18:53:00


Deconstruci贸n aos posmodernos Lei de Costas

21

andar as apoutegas.indd 21

07/11/2014 18:53:00


Tronada (Fin de etapa) Hai que sufrir para nacer sentir a dor de parir o estralo das entrañas fendidas palidecer O peregrino conta os meandros do camiño no descanso da pousada noite de tronada novenario Opaco estertor telúrico do deglutir de mil bocas que arrotan resón que retumba nun silencio de reloxo de area relustro silandeiro director de orquestra cairo de marfil bágoas abrindo físgoas cara o abismo Deus anda á procura dos seus zocos milenarios mentres eu sigo testán á procura das apóutegas un cheiro esquecido envólveme en pingas de suor o arco da vella bebe pousado na porraca das miñas mans raiola de abrente na gaiola de cemento cotiá e nada entendo aínda neste gatear de cueiros pero síntome ben

22

andar as apoutegas.indd 22

07/11/2014 18:53:00


II

Esmagar os toxos bravos cos pés

O camiño non eran tódolos pasos xuntos era o primeiro paso eran os pés María do Cebreiro

Cando morra dirán que fun pioneiro, pero leva morto tanta xente Camilo Franco

23

andar as apoutegas.indd 23

07/11/2014 18:53:00


Serpes no camiĂąo Camisa de serpe sensualidade a rebolos dos ventos ser coma un miĂąato coitado abofĂŠ que mira, pescuda, tenta, persevera e por fin desiste

24

andar as apoutegas.indd 24

07/11/2014 18:53:00


A crisálida e o verme Dinosauria, We. Charles Bukowski Están aí vellos cretinos arrastrándose polas migallas do banquete, aspirantes a ricos fachendosos, aprendices de explotadores asiduos aos rezos dominicais onde purgan os seus pecados. Agora murchan convertidos nunha morea de farrapos con balor sen ningún valor comercial para o sistema no que creron sen os valores morais que xa non tiñan. Antes dignos do mellor dos pedestais que reserva a chusma aos ídolos do parvulario agora son unha area no zapato do Progreso, un estorbo para os pasos dos correctos viandantes (aparta que te trepo!) tantos esforzos baldíos por chegar esquecéronos Foron obedientes como formigas obreiras na xerarquía da pirámide sostendo o edificio social que as está esmagando condenados como Atlas a cargar co peso do mundo mentres ignoran como é o inverno da carricanta. Onte, foron traballadores máis ou menos honrados, coma todos ambicionaron a riqueza dun futuro prometedor, coma todos en ocasións tiraron demasiado da manta e deixaron os pés ao frío, coma todos

25

andar as apoutegas.indd 25

07/11/2014 18:53:01


enganáronse a si mesmos crendo atopar o sentido oculto da felicidade, coma todos ignoran ser vítimas macabras do seu ego consumista alentado pola infernal adición emanada dos tubos de neon. Algúns teñen a cara dos renegados , dos desleigados, dos exiliados sen regreso dos esquecidos do progreso social que imaxinou a Ilustración no XVIII son a viva imaxe do lumpen proletariado do que renegaba Marx apátridas, onte heroes da patria ex-presidiarios , sen pisar nunca a cadea maltratados polo destino e hoxe tamén polos anos. Véxoos ollar para o chan entre un baile de pernas que se afastan semellan anciáns pero non son anciáns rin sen querer rir cando pasa algún neno agarrado da man dunha muller semella ser súa nai mais quen sabe… dubidan xa de todo, saúdan coa mirada avergoñada un día sentíronse Alguén e agora ao igual que o león máis vello do circo eles tamén perderon a esperanza. O mundo xira, a xente camiña pola rúa os mamuts extinguíronse fai miles de anos e o oso panda está en perigo de extinción.

26

andar as apoutegas.indd 26

07/11/2014 18:53:01


O río de Heráclito, cruel, non se detén. Sucamos por el inmersos nas burbullas que forma a corrente todos pasan esquecen a sorte dun fato de farrapos que envolven unha vida. Afirman que si, e as súas accións afirman que non Eu afirmo que si, e as miñas accións afirman que non a conciencia dorme cada noite en almofadas brancas. O certo é que sigo nas apóutegas placebo de mel de raposo ignorando que no macuto gardo un feixe de farrapos vellos para algún día quizais facer o meu traxe de remendos que me vista.

27

andar as apoutegas.indd 27

07/11/2014 18:53:01


Rexoubas Que non o é ho! que si, que si que o é nunca foi tal e il será tal? aínda cho pode ser. Mira como ven o lacazán, mira, mira xa se vía vir coas trazas que tiña Oooooii, ese mírache moito para onde mexa ándache ás apóutegas facerlle iso a quen o criou, desagradecido! meteuse onde non o chamaban tenche bo mal oh… que nos as buscara éche ben paifoco oh, non cambiou nadiña e parecía un paiolo e mira ti tra-pa-ra-pa-tra-pa-tra dixo que dixera que dixo. Bancos da Deputación á raxeira de poñente fros para fedellar no mar virtual caemos na rede social e pronto ha de vir por nós a araña

28

andar as apoutegas.indd 28

07/11/2014 18:53:01


A responsabilidade Os berros dos que desaparecen poden tardar anos en chegar ata aquí. Carolyn Forché No camiño sentes as consecuencias concéntricas sentes vergoña de ti, vergoña allea a vergoña do somos outros, non somos coma eles, non eran coma nós, non estabamos alí. O soldado do Exército Popular de Liberación non se sente responsable, só cumpre ordes do capitán de infantería o capitán de infantería só cumpre ordes do comandante o comandante cumpre ordes do coronel, o coronel do comité central o comité central non sería nada sen as armas dos contrabandistas locais os contrabandistas locais compraron a mercancía a outros contrabandistas foráneos os contrabandistas foráneos móvense nos sumidoiros do mercado de armas internacional no mercado de armas internacionais hai empresas coa pertinente autorización estatal o mercado é un ente abstracto o Estado somos todos os traballadores das fábricas de armas teñen fillos que alimentar queren manter a toda costa os seus postos de traballo

29

andar as apoutegas.indd 29

07/11/2014 18:53:01


os donos das fábricas de armas teñen fillos que alimentar queren vender a toda costa a produción da súa fábrica Nin uns nin outros se senten responsables do proceso da morte igual que o soldado do Exército de Liberación só dispara cumprindo ordes e non se responsabiliza das consecuencias.

30

andar as apoutegas.indd 30

07/11/2014 18:53:01


Nós, a Terra (I) Antes xogábamos en galego agora en galego podemos opositar á Xunta. O Leo Aldea nosa de sorrisos tristes aconchegada ó mar, ao abeiro do vento de Baixo canta dignidade na túa derrota! agarimosa, solidaria repartindo anacos de pan e de viño entre os teus fillos como os irmandiños Atlántida asolagada na indiferenza fría dos impasibles ollares dos explotados que te habitan nacendo, traballando, chorando, amando, morrendo sen ser donos do seu, minguados de seu cinguidos nun abrazo foráneo de tenaces que afogan milenario letargo mudo que nos fixeron crer e crémolo

31

andar as apoutegas.indd 31

07/11/2014 18:53:01


E non bailaremos a danza dos escravos arredor da luminaria porque tampouco temos conciencia de escravos quedaremos náufragos sen illa patria agarrados na torada á deriva lembrando a felicidade infantil dun carriño de madeira de amieiro felices de ir esquecendo aos poucos de onde vimos, a onde vamos sabedores de que as cinzas dos avós non son as da ave Fénix e os tempos mudaron e seica nós con eles aproveitamos as migallas do fondo da fardela bebemos as escorras do viño apicado da barrica mentres non se escoite un eco imos tirando Homes e mulleres desconfiados dunha man de Irmán fillos que non levan os nomes dos devanceiros esquecidos de si mesmos nun recuncho comesto da néboa dende o que din adeus á imaxe do espello facendo acenos coa man baleira e núa E en tanto non ha de ser no hálito do verme que roe a mazá un abrollar de primaveras ceibes

32

andar as apoutegas.indd 32

07/11/2014 18:53:01


Nós, as vacas (II) Eu andei ás apóutegas rabuñei as pernas todas cruzando os carreiros pechos de toxos vin a loita brava entre dúas vacas afiados cornos que furan sangue no pescozo, sangue nos fociños, sangue nas patas dous cans derredor, un pegureiro cun aguillón na man amago de couce nos fociños violento ofuscamento imperturbable E veume á lembranza Castelao cando dixera que a as vacas eran o símbolo da paz

33

andar as apoutegas.indd 33

07/11/2014 18:53:01


Nós, os mitos (III) Hai que colgar a tódolos vasalos dos carballos dicía don Pardo de Cela heroe nacional os vasalos eran os Irmandiños rebeldes heroes nacionais contradición? el falaba como ruín Señor que era daquel modo de produción feudal señor do Foro que tanto afogou ás nosas xentes na Historia Tódolos pobos escravos precisan os seus mitos fundacionais tanto como os pobos e as conciencias libres o crepúsculo dos ídolos

34

andar as apoutegas.indd 34

07/11/2014 18:53:02


Entroido de sereas (Revolución e desengano) Eu que tanto cría na Revolución a Revolución non creu en min eu que tanto cría na Revolución (Refrán) Súo Será pola calor Non é pola calor Non imos ser capaces, non imos ser capaces tranquilo, seremos. Que non o imos dar conseguido! Daremos Paréceme que ven alguén detrás si ese, vestido todo de negro cunha gadaña ás costas Boh! xa che leva tempo tras de nós, esquéceo, nada importa Ímolo conseguir Eu quixer … cando chegue o momento… quixer tecer niños multicolor para as anduriñas pendurados dos arcos da vella plantar caraveis de tódalas cores nos bicos dos albatros Ei! ei! ei!, para, para, para Chegarache ben unha soa cor, veña elixe, cal prefires e que eu… que cal prefires dixen! (Refrán) 35

andar as apoutegas.indd 35

07/11/2014 18:53:02


Balbino, un vello da aldea Eu son Balbino, un vello da aldea labrego do tempo da fibra óptica. E esmendréllome de risa cando falades de volver cando falades do enxebre, do auténtico cerne da Terra cando falades desa idílica Arcadia perdida na noite dos tempos dun Paraíso que foi e que se lembra morriñento. Falades dun tal matriarcado tradicional ese no que a muller remenda pantalóns e lava a louza despois de comer pan seco mentres o home vai á feira, come o polbo e cobra os cartos dos becerros ? Canto falades meu Deus, canto reivindicades! Vos que nunca collestes o sacho que si, seino, aquel día si, un día non fai mal Políticos, intelectuais, escritores, músicos e pensadores varios xentes urbanas de ben que tanto amades a vaca na bandeira galega falades moito e que pouco sabedes eu tampouco vos sei moito a dicir verdade pero seivos abondo do meu para dicir: Prefiro cen veces arar a leira co tractor que co arado de pau guiado por vacas que espuman sufrimento pola boca vos os defensores dos animais?

36

andar as apoutegas.indd 36

07/11/2014 18:53:02


Prefiro rozar coa segadora de gasolina que co fouciño e a gadaña Que non? Que seica contamina? Vide botar unha man ho... O esterco e non o xurro dicides pero o meu lombo sabe ben o que é un día de picaña. Que si, que isto non está tan mal non, ben o sei, bolboretiñas rebrincando no ar morno de Abril doce perfume das cerdeiras nas mañás de Maio arcos da vella entre abanicos de cores nas tardes de Outubro Volvede ver isto e volvede ver tamén como a vaca che da co rabo cheo de merda nos fociños mentres muxes como esvaras no esterco e caes de cu no ludro fresco como o frío de Xaneiro che entumece os dedos na terra xeada da mañá a suor caendo como bagoas polo rostro na sega da herba seca en Agosto si, si co ben que se está en Samil (que eu se puidera ben estaba á sombra e non torrándome ao sol). Falades de volver porque alá (na ciudá) seica estades fodidos e non volvestes ningún aínda A vida aquí non ten moito que ver coa casa de turismo rural, a esa si que volvedes pola ponte do Pilar

37

andar as apoutegas.indd 37

07/11/2014 18:53:02


a existencia milenaria dun pobo concentrada nunha casa nova de deseño imitando ao que non quere parecerse expostos no vello pallar o xugo e o arado de ferro a xeito de benvida eu téñoos no faiado da corte, agochados, lémbranme miserias. Verdes prados baixo verdes outeiros Heidy brincando nun campo de margaridas (Hostia, un tabán da merda! ) P.D. Grazas Balbino.

38

andar as apoutegas.indd 38

07/11/2014 18:53:02


Sinceridade Probablemente a palabra sinceridade é daquelas que a xente menos busca nos dicionarios, quen máis quen menos sabe o que significa. (algunha vez pensaches en buscar: “buscar”. Busca e atoparás, a palabra digo). Escritores de relatos curtos criticando o formato caduco das novelas poetas elevando a poesía a pedestais inalcanzables poñendo voz de circunstancia nos recitais grandes magnates destinando millóns para obras de caridade dirixidas aos obreiros que explotan cada día nas súas fábricas feministas de asemblea, ecoloxistas sen bicicleta revolucionarios de barra de bar machistas imbéciles cretinos ignorantes votantes desconfiando do candidato que vai no sobre do peto a inmaculada conciencia da clase media bágoas infames da almofada Xeneralidades que ocultan prexuízos recorremos a elas nos momentos de apuro coma min cando digo que o mar é fermoso sen ver tódolos mares… e outras veces, ás agachadas escríboche algún que outro poema de amor para facer máis soportábel a vergoña de quizais, non terte querido como merecías. 39

andar as apoutegas.indd 39

07/11/2014 18:53:02


Ela, si ela, a mesma Ninguén me prohibirá nunca estar soa. Lupe Gómez Hoxe son un imbécil porque no fondo, coma vós, nunca crin fun o mesmo cretino cruel do rabaño cómplice da sentencia entre a multitude estaba alí na hora do cadafalso no tempo do desterro cruel abrín a trapela ao esquecemento Hoxe era un día condenado a ser borralla nesta noite de inverno dun día negro de inverno apertando o frío os seus pés fabricando un eco enigmático que navega polas beirarrúas. Hoxe que ela vale máis ca tódalas miñas cativeiras poesías que vale máis ca tódalas vosas palabras falsas e baleiras Hoxe avergonzados de nós mesmos, da nosa hipócrita existencia vímola bailar co vento hai un vagalume que nos cega no escuro dos seus ollos

40

andar as apoutegas.indd 40

07/11/2014 18:53:02


Hoxe ela, si ela, a mesma mentres f贸ra o carazo da noite morde nas r煤as como un can doente.

41

andar as apoutegas.indd 41

07/11/2014 18:53:02


Lembranzas tristes Polo ferrollo da porta os rapaces asexĂĄbanlle as tetas ĂĄ Filomena mentres se mudaba cando aĂ­nda non se inventara a silicona

42

andar as apoutegas.indd 42

07/11/2014 18:53:02


III

O cheiro de castañas asadas ao lonxe

Nunca voltamos polos camiños que nos afastan de nós. Baldo Ramos Outono caído, demorada lagaña, sol miúdo no pano do pelo onde enxugar saloucos. Luís González Tosar

43

andar as apoutegas.indd 43

07/11/2014 18:53:03


Canto te quero e canto me costa dicirche, QUÉROTE

Está todo no título

44

andar as apoutegas.indd 44

07/11/2014 18:53:03


Maxia (no principio non foi o verbo porque non había suxeito) Hai ocasións desas nas que as palabras antóllansenos marondas no bautizo do aparente e entón ficamos mudos ante o arcano coma eu ante ti cando me miras coma as estrelas do ceo nas noites frías Un lene roce nunha beirarrúa agardando nun paso de peóns os raios do sol entre a barbaña da tardiña que se pousa na caluga unha mirada fuxidía entre o balbordo dos cafés un bico de cóxegas no ventre o abrente do día no cumio indemne un esbozo de sorriso apoucado o ombreiro afundido no que chorar unha cabeleira arrolada polo vento de Outubro un solpor soidoso á beira do mar e todo se torna infindo e arcano Mais alá do chapeu do mago existe a maxia sen truco

45

andar as apoutegas.indd 45

07/11/2014 18:53:03


Impotentes Como eran aquelas miradas no tempo das castañas (suspiro) como eran… a lentura daqueles ollos tristeiros está en tódalas amarguras do mundo. E eu non souben que dicir -no deserto nunca chove, só hai algún que outro oasis illadoOs nenos xogando naquel parque á tardiña un sorriso minguado e recatado que sabe, que comprende olladas baixas cargadas de algo tan denso que me afoga O mundo xira como unha buxaina que non se detén Caronte gobeludo voga na súa barca de madeira eterna E pasaron (porque todo pasa) atallando cara o solpor cando os nenos xa deixaran de rebrincar na carriola que seguía arrolicando nun triste ondear solitario no vento da tarde

46

andar as apoutegas.indd 46

07/11/2014 18:53:03


Cadorno Dende entón só poño cor ao regreso nos teus ollos porque aquí todo é metáfora de invernos grises e sempre teño as mans de xeo aterecidas cun glaciar por espiñazo que me erosiona o lombo de Norte a Sur. Lembro as tardes mornas dos eclipses de sol tan lonxe mentres renxo como trabe enxoita polo peso da ausencia as bolboretas azuis aniñan no peteiro do vento mareiro os pés afúndense na neve… e eu queréndote tanto nesta distancia.

47

andar as apoutegas.indd 47

07/11/2014 18:53:03


Praia dos cantís Non foi outro senón o vento adoecido quen varreu da area da praia dos cantís o pouso da miña sombra solitaria só quedará a borra dun antigo oasis. E eu non me din conta. Quizais querendo ser alicerce doutras dunas menos áridas trabuquei o camiño Quixen mirar aos ollos ós vendavais fracasei O certo é que agora deume por plantar cipreses e envólveme o eco dos pasos compartidos sinto un proído estraño no lombo, folla de metal índigo que me vai cravuñando o cerrizo sinto un eco profundo agatuñando por min será ela? Certos días noto ese nonseique retumbando polos comareiros da alma que vai caendo, caendo… E eu non teño xeitos de detective nin de catavento máis ben, son xa un vello cobizoso que arfa coas costas do camiño,

48

andar as apoutegas.indd 48

07/11/2014 18:53:03


a quen lle vai podendo a congoxa de non ter respostas e os vellos precisamos de respostas. Porque as horas pasan á presa (como aqueles veráns contigo), e teño medo de volver á esculca dun gran de millo, medo de volver a ese páramo de antigas farturas de verme cara a cara comigo mesmo ante a vasteza da desilusión e atoparme só na compaña do mar orfo batendo choroso contra os luídos cantís.

49

andar as apoutegas.indd 49

07/11/2014 18:53:03


Na congostra dos días Outro día no que esperto ansiando o regreso un nunca está seguro de cando é o momento axeitado para volver e hoxe non soñei cos teus ollos eses que me lembran o verde dos montes nos que medrei nin hoxe, nin onte nin tampouco antonte e xa comezo a preocuparme porque isto non é propio de alguén namorado dino os poetas , lino nos libros pero ás veces os poetas tamén menten o único que non mente é a angustia do mesmo xornal de onte sobre a mesa coas mesmas novas que xa son vellas

50

andar as apoutegas.indd 50

07/11/2014 18:53:03


A 谩rbore da vida Felicidade Autocontrol Reflexi贸n Soidade

Loucura Desesperaci贸n Impotencia Ser

Adaxio: O vento zoa abanea as verdes copas retando a resistencia das ra铆ces

51

andar as apoutegas.indd 51

07/11/2014 18:53:03


Solpor (Variaci贸n Oeste) Unha rea infinda de anduri帽as pousadas nun cable telef贸nico de costas ao solpor acordeime de ti

52

andar as apoutegas.indd 52

07/11/2014 18:53:03


Luns de Outubro As follas que caen no Outono semellan tanto ser o que non son… unha abella que se pousa nunha ramiña de romeu aproveita os cascallos das últimas flores estivais a carricanta cantaruxa á beira da corredoira, unha xoaniña conta devagar as súas pecas murchadas, os mozos despiden(se) o verán ollando para un sol canso que esmorece soterrado nun nicho de cónchega mariña deixando tras del un regueiro manso de cores. Comezan as tardes silandeiras os vellos fan a fotosíntese ao abrigo do Norte as castañas acomódanse no canizo futuros bullós enxoitos para o Entroido a píntega vai facendo cocho no caneiro… Volvo sendo o mesmo, sendo outro todo me ten un aire tristeiro búscome no espello das pozas

53

andar as apoutegas.indd 53

07/11/2014 18:53:04


O gran da mazaroca debullada Trae o vento un repenique de campás afastado trémenme os ósos coma a vara verde a responsabilidade do regreso as miñocas engordan no burato ignorando ser cebo. Crepitan as follas do Outono nas estremas dos eidos e non caen e non medran e non teñen pés que as esmaguen. Hai un moucho vello que leva lentes de sabio antigo e non é o Merlín de Cunqueiro porque os magos non teñen idade. O meu caxato cansado trabúcase xa nestes cavorcos retortos só sae indemne o vento avelaíño que bufa que trae canda el lembranzas dun pasado aborrecido, por iso, por ser pasado. Os recordos sempre son tristes cando dos anos só recordas os cabodanos.

54

andar as apoutegas.indd 54

07/11/2014 18:53:04


Versos ceibes (Liberación) Carafio! Cantigas do fiadeiro A túa melena mariñeira bordada de caramuxos un vento doente que me escaravella no cerrizo ti, eu, nós atafégame a cor dos teus beizos miolos frixidos con pan O badalo das campás dos xovencos noite de xolda baixo a luminaria da lúa de Outono Cal é a peneira dos soños? A Terra é un xeoide coitado coma un paxariño Somos o que facemos e non facemos nada Se volves… quen sabe

55

andar as apoutegas.indd 55

07/11/2014 18:53:04


Do boneco de neve que son Quizais non debería volver e sen embargo aquí estou. Teño as mans calosas de tanto sobrevivir a catástrofes inesperadas Fraquéanme as pernas delgadas coma xuncos ventan as próximas tempestades que as abanearán. Quizais non son ninguén para estar neste lugar entón Que fago aquí ? … Amar … Resistir … Morrer Son un vello boneco de neve que brilla chantado no deserto ao que se lle zafa a vida con cada gota que cae ao chan sedento que tamén agarda. E ninguén me vai vir buscar porque ninguén me despediu Ficarei aquí quedo ata que todo remate reducido a unha pequena poza de auga na area á que pronto zugará a terra que xa babexa por un grolo.

56

andar as apoutegas.indd 56

07/11/2014 18:53:04


E logo diso non quedar谩 case nada do boneco de neve que son s贸 o que sempre houbo para vos silencio e unha longa (moi longa) nariz de cenoria mentireira

57

andar as apoutegas.indd 57

07/11/2014 18:53:04


O empiricamente observable Velaquí un insecto pau de ferro un paso de cebra con cebras cruzando Velaquí a mazá de Newton en gravidade cero na macedonia da sobremesa dun astronauta Velaquí o fío da navalla que non atopa o ollo da agulla Velaquí o barril de Dióxenes cheo de tinto do Ribeiro Velaquí un cuco facendo o seu niño da palla dun medouco. Velaquí o tesouro dos mouros o Santo Grial en copa de Sargadelos. Velaquí a imaxe do inimaxinable Velaquí unha flor de camariña que non é de Camariñas Velaquí unha pita do monte nun cortello unha meiga que non é bruxa unha vella tecendo un arco da vella unha cabra que non tira ao monte un gnomo comendo un cerrote auga pasada movendo muíño. Velaquí un que brindou, non bebeu, e botou sete anos fodendo as ortigas curando dor de barriga as botas perdidas do gato un sapoconcho sen cuncha. Velaquí todo o que vin andando ás apóutegas. 58

andar as apoutegas.indd 58

07/11/2014 18:53:04


Volver Hai certas cousas que só entendes logo dun despois como cando volves o sol caendo infinito detrás do horizonte a friaxe do luscofusco dun día de Outono perseguíndoche as costas unha liña de corvos partindo o ceo camiño a algures o macuto resentido trala viaxe as pernas rabuñadas polos toxos bravos canso como sempre é o regreso. E entón sucede mainiño, vai chegando o lene cheiro de castañas asadas ao lonxe e apúralo paso mentres todo vai cobrando sentido.

59

andar as apoutegas.indd 59

07/11/2014 18:53:04


andar as apoutegas.indd 60

07/11/2014 18:53:04


andar as apoutegas.indd 61

07/11/2014 18:53:04


ÍNDICE Abrente.............................................................................................................11 I Aviando o macuto............................................................................................12 Partido..............................................................................................................13 Precursores......................................................................................................14 Horóscopo.......................................................................................................15 E=mc2..............................................................................................................16 Muíño..............................................................................................................17 Denantes..........................................................................................................18 Alforxas...........................................................................................................19 Arañeira...........................................................................................................20 Deconstrución..................................................................................................21 Tronada (Fin de tempada)...............................................................................22 II Esmagar os toxos bravos cos pés.....................................................................23 Serpes no camiño............................................................................................24 A crisálida e o verme.......................................................................................25 Rexoubas.........................................................................................................28 A responsabilidade..........................................................................................29 Nós, a Terra (I)................................................................................................31 Nós, as vacas (II).............................................................................................33 Nós, os mitos (III)...........................................................................................34 Entroido de sereas (Revolución e desengano).................................................35 Balbino, un vello de aldea...............................................................................36 Sinceridade......................................................................................................39 Ela, si ela, a mesma.........................................................................................40 Lembranzas tristes...........................................................................................42

andar as apoutegas.indd 62

07/11/2014 18:53:05


III O cheiro de castañas asadas ao lonxe..............................................................43 Canto te quero e canto me costa dicirche, QUÉROTE......................................44 Maxia...............................................................................................................45 Impotentes.......................................................................................................46 Cadorno............................................................................................................47 Praia dos cantís................................................................................................48 Na congostra dos días......................................................................................50 A árbore da vida..............................................................................................51 Solpor (Variación Oeste).................................................................................52 Luns de Outubro..............................................................................................53 O gran da mazorca debullada..........................................................................54 Versos ceibes (Liberación)..............................................................................55 Do boneco de neve que son.............................................................................56 O empiricamente observable...........................................................................58 Volver...............................................................................................................59

andar as apoutegas.indd 63

07/11/2014 18:53:05


andar as apoutegas.indd 64

07/11/2014 18:53:05


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.