16
corpos transitivos.indd 1
25/11/2013 13:23:54
corpos transitivos, de Elvira Riveiro Tobío, foi a obra gañadora da XVII edición do Premio Avelina Valladares Núñez de Poesía, convocado polo Exmo. Concello da Estrada. O xurado estivo formado por: María Xesús Nogueira, David Otero e Xosé Luna actuando como secretaria Noni Araújo
corpos transitivos.indd 2
25/11/2013 13:23:54
16 corpos transitivos.indd 3
25/11/2013 13:23:55
corpos transitivos.indd 4
25/11/2013 13:23:55
elvira riveiro tobío
corpos transitivos
EDICIÓNS FERVENZA
2013
corpos transitivos.indd 5
25/11/2013 13:23:55
EDICIÓNS FERVENZA Director Editorial: XOSÉ LUNA SANMARTÍN Xerente / Administrador: MANUEL NÚÑEZ ESPIÑO
1ª edición novembro 2013 © do texto Elvira Riveiro Tobío © da edición: Edicións Fervenza - Técnicas & Gramaxe, S.L. ilustración portada: L’avioneta DL: PO 555-2013 ISBN: 978-84-96368-83-5 Telfs.: 986 58 13 04 / 626 73 14 54 enderezo electrónico: info@edicionsfervenza.com GALICIA 2013
corpos transitivos.indd 6
25/11/2013 13:23:55
na memoria de Fernando PĂŠrez, sarriĂĄn pola lucidez e a amizade
corpos transitivos.indd 7
25/11/2013 13:23:55
corpos transitivos.indd 8
25/11/2013 13:23:55
Wolę śmieszność pisania wierszy od śmieszności ich niepisania Prefiro o ridículo de escribir poemas ao ridículo de non escribilos
Wisława Szymborska
Saberei dizer-te a insuficiência da palabra Alexandre Teixeira Mendes
Otros os engañáis con la esperanza Antonio Gamoneda
corpos transitivos.indd 9
25/11/2013 13:23:55
corpos transitivos.indd 10
25/11/2013 13:23:55
Prólogo Non hai melodía amable neste poemario de Elvira Riveiro. Si un inquedante ruído de fondo, algún crack previo á dislocación destes versos coma canóns. Escoitamos a música rota dimanante da mellor poesía, a que abre fendas na ditadura da linguaxe. Porque Os corpos transitivos son unha expropiación da portavocía imperante, non se esgotan no silencio da espera. Escollen o rídículo de existir ao ridículo de calar. Deste xeito atravesan as páxinas os versos, instalados na deriva necesaria, transmutan. E nós podemos acompañalos. Onde. Resulta que territorio, gorida, sofá ou xardín xa non hai. Expulsáronnos. Se cadra era algún anuncio. Vemos como desterran os corpos ante calquera tipo de pertenza, como os poemas non se orientan ao esquezo, senón ao tránsito. Uns e outros foxen do espello e da páxina, apenas palabras que nos desacougan coa súa beleza e retrucan este tempo de abismo na caluga. Elvira descobre, precisa, o lugar destes poemas: están entre os cascallos. A escrita non nos salva dos incendios pero tira abaixo as portas para pórmonos en marcha, nómades, trashumantes, corpos transitivos. Velaquí a mutación que nos agarda e, afouta, rexeita a esperanza, ese monstro inútil. E hai xente detrás destes poemas: a que lle non ten medo ao cataclismo prodixioso nin chora polo que se esboroa. A que vive no motín e esculca nestes poemas coitelas comunais. Si, falamos dun suxeito político expulsado dun lugar que nunca foi de seu, silenciado por unha linguaxe convertida nun outro ben de consumo. Prepárase para despois da épica, recoñécese na mudanza. Os ecos da escrita rebelde insírense na nosa mellor tradición satírica, creba no idioma para nos demostrar que a linguaxe poética non esgotou as súas posibilidades; o humor tamén trashumante percorre o texto a paso de andadura, galopa sobre as cinzas.
corpos transitivos.indd 11
25/11/2013 13:23:55
Elvira, ao cabo, non se acomoda na escrita. Reflexiona sobre ela ao tempo que berra que todo está definitivamente roto e proclama que non hai que facer por recompoñelo. Por iso a súa lectura reconforta, convida a camiñar sobre as cachizas dos espellos e convéncenos, coa súa potencia lírica, de que o futuro nos pertence. E isto non é pouco. Iago Castro Buerger Outono 2013
corpos transitivos.indd 12
25/11/2013 13:23:55
corpos transitivos
corpos transitivos.indd 13
25/11/2013 13:23:55
corpos transitivos.indd 14
25/11/2013 13:23:55
o que tes nas mans desiste xa da épica resiste no sieiro persiste no motín non existe sen a dor coa que nos coseron as pálpebras parte da engrenaxe dunha máquina de transformar o desexo dos corpos en corpos do desexo resolve aspirar a unha dislocación se a tocas ponse en marcha …………………………………………….. unha máquina centrífuga a caixa será a metonimia que a designe o teu papel na estrea será o de pandora
15
corpos transitivos.indd 15
25/11/2013 13:23:55
o poema abrirá pola cerna a carne do real entrará alí onde non se atreve o colono non nos salvará dos incendios pero poranos na boca un resorte un estalido o seu escalpelo deixará á vista a tripallada toda a fascinación da luz cando rexorde unha cambra na gorxa un lategazo na lingua o poema no seu afanoso labor de vivisección tronzará as uñas cuspirá sobre a certeza preferirá o transversal e tamén escollerá o ridículo de existir ao ridículo de calar un resorte un estalido
16
corpos transitivos.indd 16
25/11/2013 13:23:56
de sermos algo de aquí en diante xa só poderemos recoñecernos na mudanza alén de do outro lado pasando a través indo máis alá entre o non territorio e o cruzamento cara a desprazad@s metamórfic@s trans …………………………………………….. unha multitude de corpos situada nas derregas transcribe a fraude apunta cara ao centro engatíllase decide o transverso o verso atravesado
17
corpos transitivos.indd 17
25/11/2013 13:23:56
o que pisamos non é un territorio é un extenso inmensurábel campo de concentración
18
corpos transitivos.indd 18
25/11/2013 13:23:56
o bordo desapareceu o mesmo día en que fomos expulsad@s do sofá o bordo da casa do territorio o bordo do corpo que agora vaga nómade sen servizos informativos aos que aferrarse e sen bordos como non sucumbir á vertixe? a terra a terra é un cadullo inmenso e xa sen nome un órgano cirrótico contra a evidencia que traïamos nas enciclopedias a terra é vasta de máis desde o día o día en que fomos expulsad@s do sofá
19
corpos transitivos.indd 19
25/11/2013 13:23:56
o territorio estรก desterritorializado quen o reterritorializarรก? o reterritorializador ou reterritorializadora que o reterritorialice bo reterritorializador ou boa reterritorializadora serรก
20
corpos transitivos.indd 20
25/11/2013 13:23:56
no oco do lugar emerxe o non lugar isto é nin centro nin estremas nin sequera xeografía nin historia nin idioma esta insistencia en balbucir o non lugar é a transterra un limbo de bordos de farelo unha desposesión de trazos esenciais a creba onde antes o alicerce de todo argumento en balde fica un resto de cada fundamento apenas fica un xesto unha charamela o seu legado …………………………………………….. aquí onde nunca seremos o que proxectaron que fósemos tramamos a linguaxe esoutra allea ao portavoz
21
corpos transitivos.indd 21
25/11/2013 13:23:56
cumprirá proverse dun refuxio para ocasións non propicias facer un depósito da ira acumulada desprenderse da perda que levamos cosida nas membranas convocar o que reste aínda da capacidade de dicir cumprirán noites enteiras cos seus días e non será fácil ollarse nos espellos en pleno proceso de mutación
22
corpos transitivos.indd 22
25/11/2013 13:23:56
tanto tempo investido en chegar a neolĂticas para acabar outra vez de transhumantes
23
corpos transitivos.indd 23
25/11/2013 13:23:56
temos as vísceras poboadas de formigas por iso recuperamos a axilidade na pel e non nos doe o esforzo do tránsito sen descanso compensamos a impericia cun estrondo de pétalos nos dentes somos dunha tribo en que a orfandade nunca supuxo indicios de esperanza nas nosas mans en cachizas o silencio víransenos sólidas as lesmas na boca ou se prefires un bosque de freixos sediciosos para describir que a palabra desdí falamos da teimosía de posibilitar o non posible mesmo no profundo da lameira a porfía sérvese en cuncas de samargo
24
corpos transitivos.indd 24
25/11/2013 13:23:56
non sempre fomos nómades algún día tivemos un xardín e criámonos indemnes
25
corpos transitivos.indd 25
25/11/2013 13:23:56
tiña un coágulo na cabeza a protagonista? si o territorio a prensa di que tiña un coágulo na cabeza a terra? si o non lugar que lle foi extirpado que non era inocuo que non hai amputación sen dor que podía estenderse moverse mutar que podía ser consciente do seu desprazamento e mostrar indicios non desexados reaccións adversas que podía trans formarse estenderse moverse mutar que lle foi extirpado o coágulo o poema
26
corpos transitivos.indd 26
25/11/2013 13:23:56
na lingua acumulo sinais do estrago resisto a acritude e envío a esperanza non me seduce mesmo na fraqueza que delata o preámbulo da vellez incluso na desidia amoreada entre as sabas ou no cansazo mesmo no receo podo constatar coa firmeza que dá o inchazo das bochas nunca cauterizadas que a esperanza monstro inútil non me seduce
27
corpos transitivos.indd 27
25/11/2013 13:23:56
pido un armisticio cos verbos malmandados de ser posible recato na adxectivación que poida o amor alcanzarnos nas feridas e tamén no estrañamento un bisturí por teclado pido acaso unha chave mestra que a palabra non deixe de asistirme no medio do desconcerto invernos algo máis amables para a desapiadada falta de calefacción pido afluencia de negrura na brancura da pantalla desobediencia a varrer varrer toda compracencia tamén por favor paciencia con este poema a tombos pido en fin que a foto do cambio no mundo non teña máis a cara perfectamente barbeada de Bill Clinton 28
corpos transitivos.indd 28
25/11/2013 13:23:57
xa non hai circo que nos borre da boca o alarido mudamos por coitelas a depresi贸n posparty
29
corpos transitivos.indd 29
25/11/2013 13:23:57
o noso nomadismo ten afinidades con sementes voadoras ou cunha turba espida pola neve tan fermosa como temible olla senón esta ala que me nace e me impón a travesía da sámara da sámara que deserta do pradairo transita ceiba pola codia río abaixo e vai dar a calquera porto non seguro así a nosa solta da certeza dese xeito desasimos o infalible no inseguro navegamos trastallando sempre amantes dunha historia irresoluta
30
corpos transitivos.indd 30
25/11/2013 13:23:57
o aeroporto veu substituĂr o peirao mais o terriblemente certo ĂŠ que non hai voos baratos que cheguen para tanto corpo transitivo
31
corpos transitivos.indd 31
25/11/2013 13:23:57
a decisión de vivirmos no motín parte deste presente pluscuanimperfecto onde a evidencia se esboroa e o espolio non admite non como resposta parte da endemia a decisión de desamarrar parche en ollo e botarse á vida como quen se bota dun cantil e ollar cara a cara o desastre pois non hai desastre que resista tanto cadáver nin sesta que dure eternamente
32
corpos transitivos.indd 32
25/11/2013 13:23:57
de repente volvémonos criaturas carentes de gorida un día chímpante da casa do barrio da escola do hospital da rúa do centro de saúde do parque da biosfera sen máis exprópiante do sitio do posto do asento do chan do ar das nubes da vontade da linguaxe e ala aprende a danzar sobre o arame sen botar conta da altura nin da gula dos crocodilos e aprendemos alimarias asegura o réxime dunha mutabilidade feroz afirma monstros bicéfalos residuos nocivos obscenos inútiles nefastos insalubres necrófilos noxentos mutantes monstros en todo caso ratifica e aprendemos tatexando a fundar linguaxe sen gorida a furar tobeiras sen vontade a inventar desexo aprendemos que os mansos deben gardarse de nós da nosa ousadía transhumana
33
corpos transitivos.indd 33
25/11/2013 13:23:57
en todo aquilo que se esboroa procuramos coma crianzas nos vertedoiros de Atenas ou por ser menos crúa digamos menos ingrata á sensibilidade dalgúns padais como cando tras a vendima iamos aos rebuscos compulsivamente cun afán meticuloso e que nada se perda se é que algo paga a pena en todo aquilo que se derruba con ese ímpeto infantil próximo á demencia á devoración na procura do reverso da sombra da beleza do insensato do que queda da carne tras o caos dos lexemas que subsistan ao baleiro na procura dun berro unha folerpa fulgor etcétera
34
corpos transitivos.indd 34
25/11/2013 13:23:57
poderemos vernos de abismo ata a caluga as pernas indefensas fronte ás trabadas dos insectos a boca rota poderemos osmar de preto o arrepío afirmar que no medio da ruína decote medran sabugueiros enfermos sobrevivir ás réplicas en todo caso aí estaremos apañando migallas entre a broza termando do rescatable en todo aquilo que se esborralla sen remedio
35
corpos transitivos.indd 35
25/11/2013 13:23:57
o futuro pertĂŠncenos a sĂşa ignorancia ĂŠ a nosa mellor aliada vostedes non saben do que somos incapaces
36
corpos transitivos.indd 36
25/11/2013 13:23:57
aquí o poema é un voo a rente o incendio un deus prófugo na neve un animal ambulante unha estación de asombro un corpo tendido ao raso un apeadoiro violento un tropel alucinado unha proxenie famenta unha trabada na lingua un funámbulo sen rede un mar aberto ao desexo unha árbore torcida unha tafur tras a sorte un salto no precipicio un depósito de dúbidas unha sima como leito unha voz desobediente unha palabra estrugada un silencio sedicioso (un poema entre cascallos)
37
corpos transitivos.indd 37
25/11/2013 13:23:57
Ana Salgado devolveume a Rachael
e en favor da súa acollida debería pórlle cara ao poema porque se ten cara será máis fácil de amar reflectirse nos seus ollos atopar nos seus labios a palabra aínda impronunciada desexar telo quizais no cabeceiro estendelo sobre o mesado á beira da masa do pan revisitalo en momentos de entusiasmo mais que cara ha de ser baixo o signo da caída baixo o estrondo transhumante da mudanza? non debería ser a cara dunha meniña un pouco sucia e bastante espeluxada xa está ben de usar crianzas desvalidas en captatio benevolentiae e outros latinismos tampouco podería ser o rostro do guerreiro négome a darlle unha relevancia que non require ao aceiro á dureza ao gume á batalla todos eles igualmente sometidos a unha revisión como símbolos de resistencia de ningún modo convén a cara da heroína clásica 38
corpos transitivos.indd 38
25/11/2013 13:23:57
dun tempo a esta parte xa se excedeu a cota de afoutas ilustres valentes protagonistas femininas e xa non quedan nomes na mitoloxía grecorromana xudeocristiá na tradición oral europea que non supoñan unha viaxe epigonal non apetecida a pesar destas e doutras dificultades en canto a caras se refire cumpriría pórlle un rostro non condescendente ao poema un rostro turbador coma esta era algo que inquiete o bifronte serviría se non fose a mala prensa que ten a dobre cara así que finalmente será Rachael a túa cara a beleza o desacougo a beleza o desacougo un cincuenta por cento ben ponderado para un poema replicante Rachael un poema un non poema unha mutante para amar na perturbación o desasosego que se agocha na saliva dun beixo mutilado
39
corpos transitivos.indd 39
25/11/2013 13:23:57
agora poderรกn amarte reflectirse nos teus ollos atopar nos teus labios a palabra impronunciada acomodarte baixo o cabezal colocarte na mesa รก hora da comida revisitarte naqueles momentos que cumpran versos tronzados de rostro doce abominable
40
corpos transitivos.indd 40
25/11/2013 13:23:58
polisemia o presente aprema listaxe de necesidades perentorias primeira a consigna convén facerse inmediatamente coa consigna cal a consigna onde a consigna a consigna por favor mais desculpe entendeume mal non se equivoque deixe que lle explique que a consigna da que andamos á procura non é o mandado prescrito polo partido é o lugar onde deixar a caduca maleta que recibimos legado putrefacto dos estertores dun tempo disonante
41
corpos transitivos.indd 41
25/11/2013 13:23:58
polisemia 2 deste libro varios poemas foron desafiuzados non por pobres por enfermos
42
corpos transitivos.indd 42
25/11/2013 13:23:58
e se todo cae como efectivamente sucede non serei eu quen se apresure ao amparo na derriba non termarei dos cachotes nin botarei man aos rebos non empecerei o que entra polos ollos cal donicelas en festa non serei eu quen tire do carro quen arrime o ombro quen ofreza os brazos quen tolla a destrución este cataclismo prodixioso non hei de ser quen evite o resultado previsto na síndrome do edificio enfermo non porei diques ao mar muros de contención contrafortes machóns tentemozos non protexerei a presa non aguantarei o tipo para aguantar dos tabiques non casarei coa desgraza a fendedura da corrupta viga mestra non reforzarei alicerces non farei o que fan os súbditos ante o risco da muralla non levarei a cabo en fin ningunha das accións anteditas nin outros coidados paliativos para estes casos tomarei en cambio unha distancia prudente coma cun cadro inmenso contemplarei feliz o espectáculo e sen ira deitarei a cinza dun compracido cigarro sobre a cinza podre dos podres cimentos
43
corpos transitivos.indd 43
25/11/2013 13:23:58
coloque as palabras onde cumpra a __________ non pode agardar pola palabra exacta (a _________ axexa) por moito que incumpra as expectativas o poema lido non admite ___________ transvolución involución devolución evolución [pronuncie aquí o excedente de cota]
44
corpos transitivos.indd 44
25/11/2013 13:23:58
orxía preposicional corpos transitivos á valga ante a fenda após a historia até a transparencia baixo a ollada da delación canda as feras cara a unha beira intransitada con negróns na boca por divisa contra a inercia de lingua afeita á disfonía desde as cicatrices durante o frío en propagación entre o balbordo malia as mancaduras razón mediante onda as cárcavas do poema para a audacia pola nosa gran culpa segundo aquí foi explicado sen estremas sobre o atroz tras o rostro do poema xunta as barrancas do poema somos corpos transitivos
45
corpos transitivos.indd 45
25/11/2013 13:23:58
o poema transmutado ĂŠ de todo tatabexo titubea sen tutela totalmente trastornado sen estado e en estado terminal
46
corpos transitivos.indd 46
25/11/2013 13:23:58
anuncio a linguaxe vén de esgotar as súas capacidades xa non poderemos ser recoñecid@s nos corpos que antes habitamos avanza sen pausa o desenvolvemento da mutación tres dous un
47
corpos transitivos.indd 47
25/11/2013 13:23:58
corpos transitivos.indd 48
25/11/2013 13:23:58
corpos transitivos.indd 49
25/11/2013 13:23:58
corpos transitivos.indd 50
25/11/2013 13:23:58
ÍNDICE o que tes nas mans desiste xa da épica............................................................15 o poema abrirá pola cerna..............................................................................16 de sermos algo de aquí en diante....................................................................17 o que pisamos non é un territorio...................................................................18 o bordo desapareceu.......................................................................................19 o territorio está desterritorializado................................................................20 no oco do lugar emerxe o non lugar...............................................................21 cumprirá proverse dun refuxio........................................................................22 tanto tempo investido en chegar a neolíticas..................................................23 temos as vísceras poboadas de formigas.........................................................24 non sempre fomos nómades.............................................................................25 tiña un coágulo na cabeza...............................................................................26 na lingua acumulo sinais do estrago................................................................27 pido................................................................................................................28 xa non hai circo que nos borre da boca..........................................................29 o noso nomadismo ten afinidades con sementes voadoras.............................30 o aeroporto veu substituír o peirao..................................................................31 a decisión de vivirmos no motín.......................................................................32 de repente volvémonos criaturas carentes de gorida......................................33 en todo aquilo que se esboroa..........................................................................34 o futuro perténcenos........................................................................................36 aquí o poema é.................................................................................................37 e en favor da súa acollida...............................................................................38 polisemia.........................................................................................................41 polisemia 2......................................................................................................42 e se todo cae como efectivamente sucede........................................................43 coloque as palabras onde cumpra....................................................................44 orxía preposicional..........................................................................................45 o poema transmutado é de todo tatabexo........................................................46 anuncio.............................................................................................................47
corpos transitivos.indd 51
25/11/2013 13:23:59
A Pinguela Teatro Escolar
PUBLICACIÓNS
1.- PELEXA NO SOUTO. Olimpio Arca Caldas. 2.- SALA DE ESPERA. Xosé Vázquez Pintor. 3.- DIÁLOGO ENTRE UN PEREGRINO QUE SE DIRIGE A COMPOSTELA Y UN LABRIEGO. Avelina Valladares Núñez. E versión teatral de Xosé Lueiro Lemos. 4.- O ENTROIDO EN PERRUSCALLOS. Avelino Pousa Antelo. 5.- CARTA DA HABANA. Manuel García Barros. Introducción, estudio da obra e edición de Carlos Loureiro. 6.- OS REIS DO PANCHIÑO. Olimpio Arca Caldas. 7.- OLLO COS ESTUDANTES. Manuel Bergueiro López. Prólogo, análise lingüística, edición e unidade didáctica de Xosé Luna Sanmartín. 8.- CLAVE ROSA. Fernando González Graña. Prólogo, David Otero. 9.- O MILAGRE DE BAÍÑAS. Xesús Pisón. 10.- Teatro para nenos de infantil. MARIÑEIROS NO NADAL. Esther da Silva. 11.- O ENFERMO 4 M. Olimpio Arca Caldas. 12.- PISTA OU PESTE. Manuel Daniel Varela Buxán. Introducción, unidade didáctica e cronoloxía, Xosé Luna. 13.- SANTO DOMINGO DE LA CALZADA, ONDE CANTOU A GALIÑA DESPOIS DE ASADA. Xesús Negreira Blanco. Prólogo, Xoán Xosé Fernández Abella. 14.- O CIRIDONIO. Manuel García Barros. Adaptación, David Otero. 15.- MÁGOAS DE CAMPESIÑOS E SEÑORITOS. Olimpio Arca Caldas. 16.- A FRAGA ENCANTADA. Xosé Vázquez Pintor. 17.- A LECCIÓN MÁIS SOLIDARIA. Xosé Durán. 18.- SÁLVESE QUEN POIDA. Fernando González Graña. Prólogo, Héitor Picallo. 19.- CONVERSA ENTRE ARRIEIROS. Marcial Valladares Núñez. Edición crítica e cronoloxía, Xosé Luna. Prólogo, Héitor Picallo. 20.- O CEGO DE FORNELOS. Manuel Daniel Varela Buxán. Prólogo, Xosé Vázquez Pintor. 21.- SOPRAR A TEMPO. Olimpio Arca Caldas. 22.- A SOMBRA DA MEMORIA. Xosé Vázquez Pintor. 23.- FALANDO CON BALAS. Xoán Carlos Garrido. 24.- O XUÍZO DE ROXELIO PARDIÑAS, “O CUCUTRUXO”. Mario Pousa Díaz. Prólogo, Avelino Pousa Antelo. 25.- A DOMEADORA. Antón Losada Diéguez. Edición ao coidado de Carlos Loureiro Rodríguez. Estudos preliminares de X.C. Garrido, David Otero e Carlos Loureiro. 26.- TRISTE CHEGADA. Manuel Daniel Varela Buxán. Edición ao coidado de Carlos Loureiro Rodríguez. 27.- CARTA DE AMÉRICA. Bernardo Rodríguez Ribeira. Adaptación, Olimpio Arca Caldas. 28.- PARASITOS NA ESCOLA. Olimpio Arca Caldas. 29.- PERSPECTIVAS OU FOLERPAS. Cristina Gómez Silva. Introdución, Lourenzo Álvarez Ruíz. 30.- A DANZA DAS BRUXAS. Miguel Carbajal. 31.- O RETÁBULO DAS MARABILLAS NO PAÍS DO CHAPAPOTE. Xoán Carlos Riobó Pose. 32.- AUTO DE NADAL. Segundo Ventín Cerviño. 33.- O SOÑO DE LEILA. Teresa González Costa. 34.- QUEN DIXO BOMBÓNS? Teresa González Costa.
corpos transitivos.indd 52
25/11/2013 13:23:59
35.- UNHA NOITE DE MEDO... TRICOLOR. Teresa González Costa. 36.- SALAIOS DUN VELLO LABREGO. Manuel Daniel Varela Buxán. Edición ao coidado de Xosé Luna. Inclúe conversa con Francisco Pillado Maior. 37.- MANUEL LUGRÍS FREIRE. Francisco Pillado Maior. 38.- ECLIPSE. Fernando González Graña. 39.- COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO. Fernando González Graña. 40.- CASA DURMIDA. Xosé María Álvarez Cáccamo. 41.- O INDIANO. Olimpio Arca Caldas. 42.- A MEU PAI. Manuel Daniel Varela Buxán. Edición ao coidado de Carlos Loureiro Rodríguez. 43.- A SEREA. Francisco Antonio Vidal Blanco. 44.- NA ESTRADA DA VIDA. Antón Losada Diéguez. Tradución, Carlos Loureiro Rodríguez. Prólogo, Mercedes Losada Espinosa. 45.- OS QUE SOÑAN. Antón Losada Diéguez. Tradución, Mari Carmen Otero Otero. 46.- VIRILIDADE. Antón Losada Diéguez. Tradución, Valentín García Gómez. 47.- A RÚA DOS SOÑADORES. Teresa González Costa. 48.- AGAMENÓN EN ÁULIDE (contos troianos). Manuel Lourenzo. 49.- MENELAO AFLITO (contos troianos). Manuel Lourenzo. 50.- ILLA (contos troianos). Manuel Lourenzo. 51.- CAMIÑO DE VOLTA. Paco Lareo. 52.- A PRIMAVERA CONTINUARÁ... Manuel Fragoso. 53.- CANDO OS LIBROS TOMAN TÉ. Teresa González Costa. 54.- FELISA. Xoán Xesús González. Introdución e edición, Marcos Seixo. 55.- AS FALSAS CONFIDENCIAS. Marivaux. Tradución e adaptación, Carlos Loureiro. 56.- GRAZAS PADRE RAMÓN. Manuel Daniel Varela Buxán. Tradución e adaptación, Xosé Luna. 57.- ESTRELAMAR. Carlos Labraña. 58.- OS RATOS. Carlos Labraña. 59.- O MISTERIO DAS GANAS DE DURMIR. Teresa González Costa. 60.- CHEGARON NO TREN DAS 7,30 (western teatral). Teresa González Costa. 61.- TEATRO DO PATACÓN. OS PÉS DO VENTO. Xosé Vázquez Pintor. 62.- HOXE NACEU UN NENO. Olimpio Arca Caldas. 63.- O PARTIDO DE FÚTBOL DO SÉCULO. Fernando González Graña. 64.- A FEIRA DO CINCO. Xosé Lois García 65.- O RELOXO DE MEREXILDO. Xosé Lois García 66.- O MISTERIO DO CHAPEU DO MAGO. Teresa González Costa 67.- A XUSTIZA DUN MUIÑEIRO. Manuel Daniel Varela Buxán. Edición a cargo de Carlos Loureiro 68.- RECICLAXE. Fernando González Graña. 69.- MIRAFENTOS. Xosé Lois García. 70.- O MISTERIO DA SOMBRA. Teresa González Costa. 71.- REPETIMOS. ACCIÓN! Concha Blanco. 72.- QUE LLE PASOU A COELLIÑO. Anisia Miranda. 73.- UN BEN... CON OUTRO BEN. Anisia Miranda. 74.- O MÁXICO E TOLO CAMIÑO A COMPOSTELA. Fernando González Graña. 75.- GALIÑA, POMBA E RATO. Anisia Miranda. 76.- UNHA LAGARTA EN AVIÓN. Anisia Miranda. 77.- OS AMIGOS. Anisia Miranda. 78.- PAQUIÑO, A SEMENTE E A AUGA. Anisia Miranda. 79.- XANCIÑO COÑECEU A LÚA. Anisia Miranda. 80.- O MISTERIO DA RISA. Teresa González Costa. 81.- TULIPÁNS VERMELLOS. Xosé Luna. 82.- O CANTEIRO E O DEMO. Francisco Rozados “Rochi”. 83.- A RÁ QUE PERDEU O CHARCO. Anisia Miranda.
corpos transitivos.indd 53
25/11/2013 13:23:59
A Fontenla
Colección Humor Gráfico
1.- O PRIMEIRO PARTIDO DE FÚTBOL Fernando Iglesias “Tacholas” - Mar García 2.- O GRILO GRILEIRO Olimpio Arca Caldas
1.- PEOR QUE ONTE, PERO MELLOR QUE MAÑÁN Pepe Carreiro
Os Nosos Mananciais As Nosas Fontes biografías 1.- MANUEL GARCÍA BARROS Xoan Carlos Garrido Couceiro 2.- ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS Martín Veiga Alonso 3.- CHANO PIÑEIRO Francisco Rozados, “Rochi” 4.- XESÚS GOLMAR Manuel Igrexas
Orballo 1.- O DIARIO DE DANIEL Fernando González Graña 2ª Edición
corpos transitivos.indd 54
1.- DICIONARIO DE ESCRITORES DE TABEIRÓS-TERRA DE MONTES Carlos Loureiro Rodríguez 2.- DICIONARIO DE ESCRITORES DE DEZA Gracia Santorum
Tilirín o meu primeiro dicionario 1.- TILIRÍN E OS PAXAROS Héitor Picallo 2.- TILIRÍN E OS PEIXES Héitor Picallo 3.- TILIRÍN E O UNIVERSO Héitor Picallo 4.- TILIRÍN E OS ESCRITORES DAS LETRAS Héitor Picallo 5.- TILIRÍN E AS CONSTRUCIÓNS GALEGAS Héitor Picallo 6.- TILIRÍN E OS INSECTOS Héitor Picallo 7.- TILIRÍN E A POESÍA DE HOXE Héitor Picallo 8.- TILIRÍN E A MITOLOXÍA GALEGA Héitor Picallo
25/11/2013 13:23:59
Outras Augas 1.- AS COMETAS DA VIDA (narrativa) Xosé Luna Sanmartín 2.- O ANO DAS MIMOSAS (narrativa) Xosé Luna Sanmartín 3.- MEMORIA DE TRASDOMONTE (narrativa) Francisco Rozados, “Rochi” 4.- A ESTRADA. Xente e Paisaxe (ensaio) Román Rodríguez González 5.- O TREN (narrativa) Olimpio Arca Caldas 6.- NARRATIVA CONTEMPORÁNEA TABEIRÓS - TERRA DE MONTES (narrativa) Coordinador, Carlos Loureiro Rodríguez 7.- A ESTRADA, IMAXES PARA A LEMBRANZA Varios autores 8.- PARAVEA NO INFERNO Plácido Betanzos 9.- O BESTIARIO MÁXICO DO ABADE ELISEO, E OUTRAS NARRACIÓNS INSÓLITAS Francisco Rozados “Rochi” 10.- UN MÉDICO NA ALDEA Manuel Reimóndez Portela Ed. conmemorativa 20 aniversario
corpos transitivos.indd 55
O Cartafol de Vilancosta collectione 1.- PARA ISO ESTÁ O FUTURO David Otero 2.- MEU BRADO MAINIÑO Xosé Couceiro Prólogo, David Otero 3.- MEMORIAS DO CAIRO Xosé Luna Epílogo, Miro Villar 4.- AS CERVICAIS DA MEMORIA Olalla Cociña Lozano Prólogo, Xosé María Álvarez Cáccamo 5.- POEMAS ESTRADENSES E CATORCE POEMAS MÁIS Xoán Xosé Fernández Abella Prólogo, Baldomero Iglesias Dobarrio, “Mero” 6.- POESÍA CONTEMPORÁNEA TABEIRÓS - TERRA DE MONTES Coordinador, Carlos Loureiro Rodríguez 7.- AS BÁGOAS DOS SERES PEQUENOS Jorge Armesto Rodríguez Prólogo, Eduardo Bonachera 8.- NOVE María Lado Prólogo, Suso Bahamonde 9.- DENTRO Berta Dávila 10.- O BERCE DAS MAREAS Celia Parra 11.- SalGada Andrea Porto 12.- A COITADA LÚA Rosalía Morlán 13.- RONCA O MAR María Canosa 14.- ESTRELAS DE AZUCRE Rosalía Morlán 15.- INTERMITENCIA DA CIDADE Helena Salgueiro
25/11/2013 13:23:59
corpos transitivos.indd 56
25/11/2013 13:23:59